CONCURSOS 2016
1
BASES DO CONCURSO DE CACHELAS 2
Co obxecto de promocionar unha das inflamables. Nas proximidades deberá manifestacións culturais máis dispoñerse de extintores, mangueira, importantes da celebración do San Xoán e cubos de auga ou outros medios para o recuperar unha tradición popular, a control do lume. Os/as integrantes do Asociación Cultural San Xoán, entidade grupo son responsables do cumprimento organizadora das Festas de San Xoán das normas de seguridade precisas. 2016, organiza o XXIX Concurso de Non poderán estar elaboradas con Cachelas, no que poderán participar os/as materiais plásticos, botes de spray, concursantes que cumpran as seguintes pneumáticos, gomaespuma, artificios bases: pirotécnicos e en xeral calquer producto inflamable, explosivo ou materiais onde PRIMEIRA.- Poderán concorrer todos os interveña o plástico, nin tampouco se grupos que o desexen, que deberán poderán utilizar árbores autóctonas, inscribirse no Museo de Bergantiños (981 como carballo, acevo, loureiro, 702 077) antes das 13.00 h do día 18 de castiñeiro... xuño de 2016. Coa inscrición cada equipo deberá entregar unha declaración na que se fará SEGUNDA.- As cachelas deberán situarse constar que coñecen e aceptan as bases no casco urbano de Carballo ou zonas deste concurso, que cumprirán coas limítrofes (en caso de dúbida consultar normas de seguridade que se establezan e coa organización). que eximen de responsabilidades á organización polos accidentes ou Situaranse onde non supoñan ningún contratempos que puideran ocasionar e perigo para o contorno, a unha distancia os que puideran sufrir os membros do prudencial, segundo o volume da equipo. Os/as menores de idade cachela, de edificios, coches, tubaxes de entregarán tamén unha declaración gas, mobiliario urbano e nunca debaixo asinada polo pai, nai, titor/a, de liñas eléctricas, nin próximas a autorizándoos/as a participar. Estes rastroxos, árbores ou outras zonas impresos facilitaránselle coa inscrición. 3
TERCEIRA.- As 20 primeiras cachelas inscritas que participen no Concurso e non resulten premiadas correspóndelle unha axuda de entre 20 e 50 €, segundo determine o xurado en función da súa calidade. Se o xurado considera que a súa calidade non é suficiente poderán non ter dereito a esta axuda. CUARTA.- O xurado estará composto por membros da Comisión de Festas ou persoas designadas por esta. QUINTA.- A valoración das cachelas realizarase, antes da súa queima, entre as 19.30 h e as 23.00 h do día 23 de xuño. Para realizar a valoración das cachelas o xurado terá en conta a orixinalidade do deseño e a súa elaboración (tamaño, materiais empregados, calidade da execución...).
SEXTA- As cachelas gañadoras recibirán os premios que se sinalan a continuación, e poderá o xurado deixar deserto algún deles se o estima oportuno: 1º Premio: 600 € (aplicaráselle a retención fiscal correspondente) 2º Premio: 250 € 3º Premio: 175 € 4º Premio: 125 € Así mesmo o xurado poderá outorgar accésits por un valor de 150 € se o considerase pertinente. SÉTIMA.- A entrega das subvencións pola participación nesta convocatoria realizarase durante a visita do xurado ás cachelas e os premios entregaranse despois do percorrido. OITAVA.- A participación nesta convocatoria supón a plena aceptación destas bases.
ORGANIZA: COMISIÓN DE FESTAS SAN XOÁN 2016 COLABORA: CONCELLO DE CARBALLO 4
INSCRICIÓNS ATA O 18 DE XUÑO MUSEO DE BERGANTIÑOS De martes a venres de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 h Sábados e domingos de feira de 12.00 a 14.00 h
SUBVENCIÓN POR PARTICIPAR
20€ / 50€ 1º PREMIO: 600
€ 2º PREMIO: 250 € 3º PREMIO: 175 € 4º PREMIO: 125 € 5
BASES DO DESCENSO DO ANLLÓNS 6
Co obxecto de recuperar o protagonismo que o Río Anllóns ten na celebración das Festas de San Xoán e ofertar actividades que combinen o carácter lúdico co participativo, a Asociación Cultural San Xoán, entidade organizadora destas Festas, convoca o XIX Descenso do Anllóns, no que poderán participar todos aqueles equipos que cumpran as seguintes bases:
PRIMEIRA.- Poderán concorrer os equipos compostos por tres ou máis membros que se inscriban no Museo de Bergantiños (981 702 077) antes das 13.00 h do día 18 de xuño de 2016. Coa inscrición cada equipo deberá entregar unha declaración na que farán constar que coñecen o percorrido, que aceptan as bases deste concurso, que cumprirán coas normas de seguridade que se establezan e que eximen de responsabilidades á organización polos accidentes ou danos que puideran ocasionar ou que puideran sufrir os membros da embarcación. Os/as menores de idade entregarán tamén unha declaración asinada polo pai, nai, titor/a, autorizándoos/as a participar.
Estes impresos facilitaránselle coa inscrición. Os/as menores de 6 anos non poderán participar no desceso. Os menores con idades comprendidas entre 6 e 10 anos deberán ir acompañados por un adulto cada catro nenos/as. SEGUNDA.- As embarcacións deberán estar construídas artesanalmente e poderán ser propulsadas por calquera medio (remo, vela, pedais, etc.), exceptuando a propulsión mecánica a motor. Recoméndase que os participantes leven os pés e o corpo cuberto co fin de evitar rozaduras e dispoñan de prendas secas para cambiarse ao final do percorrido.
Durante o percorrido os membros da embarcación manterán unha conducta respetuosa co río e co seu contorno e procurarán non causarlle ningún dano preservando o medio natural. Non poderán deixar restos da embarcación no río. No caso de que algunha parte desta se desprenda, os participantes serán responsables da súa retirada do cauce do río e das súas inmediacións. 7
TERCEIRA.- Os/as participantes deberán percorrer o tramo do Río Anllóns comprendido entre o inicio do Bosque do Añón (Ponte de Bértoa) e o Parque do Anllóns. No circuíto haberá varias metas voantes e os participantes deberán efectuar varias probas de habilidade. O Descenso farase o día 25 de xuño a partir das 18:00 horas.
CUARTA.- É obrigatorio que, como mínimo, a metade dos membros de cada embarcación permanezan sobre ela durante todo o percorrido. De ser imprescindible para salvar algún obstáculo determinado, permitirase o descenso de todos os membros só durante trinta segundos. O xurado poderá decidir se o incumprimento dá lugar ou non a algunha penalización ou descalificación. QUINTA.- Haberá dúas metas. Na primeira, no inicio do Parque do San Martiño, puntuarase a velocidade da embarcación, e na segunda, no Parque do Anllóns, a súa orixinalidade e a simpatía da tripulación.
Para a valoración da embarcación e da tripulación teranse en conta tamén, aínda que de forma secundaria, o seu estado ao inicio do percorrido. As embarcacións que non alcancen a segunda meta nun tempo máximo de 90 minutos, poderán ser descalificadas, se o xurado así o considera oportuno. SEXTA.- As 25 primeiras embarcacións inscritas que finalicen o percorrido no tempo establecido, recibirán unha subvención por un importe de 30 €. SÉTIMA- O xurado estará composto por membros da Comisión de Festas ou persoas designadas por esta.
OITAVA.- As embarcacións que cheguen á meta optan aos seguintes premios que se sinalan a continuación, podendo o xurado deixar deserto algún deles se o estima oportuno: 1º Premio á embarcación máis orixinal: 300 € 2º Premio á embarcación máis orixinal: 200 € 3º Premio á embarcación máis orixinal: 100 € 8
1º Premio á tripulación máis simpática: 200 € 2º Premio á tripulación máis simpática: 100 € Premio ás probas de habilidade: 100 € Premio patrocinado por ALQUILERES RENEYMAR Premio á embarcación máis veloz: 100 € Premio patrocinado por CASA FRANCISCO O xurado poderá outorgar accésits por un valor de 250 € Colabora Mercadona NOVENA.- A entrega das subvencións e dos premios de participación nesta convocatoria realizarase con posterioridade á celebración do descenso. DÉCIMA.- A participación nesta convocatoria supón a plena aceptación destas bases.
ORGANIZA: COMISIÓN DE FESTAS SAN XOÁN 2016 COLABORA: CONCELLO DE CARBALLO
9
INSCRICIÓNS ATA O 18 DE XUÑO MUSEO DE BERGANTIÑOS de martes a venres de 12.00 a 14.00 h e de 17.00 a 19.00 h sábados e domingos de feira de 12.00 a 14.00 h
SUBVENCIÓN 30 €
2100 €
PARA AS 25 PRIMEIRAS EMBARCACIÓNS INSCRITAS
EN PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Síguenos
www.facebook.com/sanxoancarballo/
@FestasCarballo
SANXOANCARBALLO
10