14/06/2016
9:02
Pรกgina 2
SAN XOAN 2016
portada16:portadasanxoan16
portada16:portadasanxoan16
14/06/2016
9:02
Pรกgina 1
1
SAÚDO DO ALCALDE SAN XOÁN 2016
Lume novo Hoxe é o lume novo noite de San Xoán ¡As ledas fogueiras acesas están...! ¡Que gusto, rapaces, saltar as fogueiras, dar brincos, rebrincos e pinchacarneiras! ¡Que gusto, rapaces, correr e saltar, dar brincos e pulos, volver a brincar! ¡Que gusto, que ben saltar as fogueiras coas chamas subindo, medrando lixeiras! A mañá, o borrallo terase apagado... ¡E sobre el despacio, pasará o gado...! ¡Pasará o gado tripando o borrallo para que non o pille o mal do meigallo!
Evencio Ferrero Rodríguez Alcalde de Carballo
“Lume novo”, de Manuel María en Os soños na gaiola
C
hega a agardada festa do comezo do, tamén agardado, verán. E cando algo é dobremente agardado, a ilusión coa que se vive sempre é maior. Pola festa, si. Polo comezo do verán, si. Pero tamén polos encontros. Pois o San Xoán é, sobre todo, xente, persoas, saúdos, sorrisos, apertas. Encontro. Se a primavera é ilusión, o verán suma a ela alegría. Por iso desexamos tanto celebralo, e por iso se argalla en Carballo esta festa de benvida con cachelas contra meigallos e troulas para a diversión. Por iso a comisión de festas intenta cada ano sorprendernos. Pola importancia da máxica noite, a expectación da cidadanía, a ilusión coa que é agardada e o entusiasmo da rapazada. E por iso procuramos converter a vila en espazo amable de festa, de xuntanza, de encontro, de sorrisos e de saúdos. Por iso. Por vós. Por nós. Por cada veciño e veciña. Por cada visitante. Carballesas e carballeses, manteñamos a imprescindible tradición, escorrentemos meigallos nas cachelas, coa auga e herbas que nos purifican. Compartamos unhas sardiñas. Deámoslle a benvida a outro verán. Vexámonos na festa! Viva o San Xoán! Viva Carballo!
SAN XOÁN 2016
2
SAN XOÁN 2016
3
SAÚDO DA COMISIÓN
hegou o tempo do San Xoán, dos días longos e as noites curtas, das colleitas, dos primeiros días de praia..., o tempo das nosas festas. E un ano máis queremos convidarvos a vivilas intensamente, a gozar de todas e cada unha das pequenas e grandes citas que nos agardan durante o mes de xuño. Porque o San Xoán é moito máis que a Semana Grande de Carballo, é unha forma de festexar a chegada do verán, un escaparate que nos amosa ao mundo, unha oportunidade de poñer en valor o noso orgullo de carballeses e carballesas.
C
Ese orgullo é o que nos empuxa a traballar durante todo o ano para que, ao chegar estas datas, Carballo se converta nese lugar no que todas e todos queremos estar. Os de aquí e os de fóra. Os nosos veciños da comarca de Bergantiños e os de moito máis lonxe. As persoas coas que nos cruzamos durante todo o ano e eses carballeses polo mundo que regresan á casa polo San Xoán. Para todas e todos intentamos deseñar o mellor programa posible dentro das nosas posibilidades.
SAN XOÁN 2016
4
Na Asociación Cultural San Xoán traballamos durante moitos meses para estas festas. Para que a mocidade poida gozar do rock máis alternativo no Rockin’ ou do pop latino de toda unha estrela musical como Carlos Baute. Para que novos e maiores saquen todo o ritmo que levan dentro nas espectaculares verbenas ou para que revivan os grandes éxitos dun grupo que, como é o caso de ABBA, xa forma parte da historia da música. Traballamos para que o esforzo investido na confección das impresionantes cachelas teña a súa recompensa, para que a diversión baixe polo río no Descenso do Anllóns, ou para que celebremos en familia, e como unha gran familia, a nosa tradicional Festa do Bosque, que este ano alonga a homenaxe ao patrón ata os primeiros días de xullo. A organización das festas é un traballo colectivo no que todo o mundo ten cabida. Este ano chegou a renovación ao equipo que fomos configurando nos últimos tempos, e que sempre ten as portas abertas ás persoas e ás propostas que contribúen a enriquecer a nosa festa. Por iso, unha vez máis, queremos convidar dende estas páxinas a toda a cidadanía, aos veciños do centro, dos barrios e das parroquias, a arrimar o ombreiro para conseguir que o San Xoán sexa cada vez máis un proxecto colectivo, de todas e de todos os que compartimos o sentimento de orgullo de ser carballeses e carballesas. Dende estes primeiros días de xuño respiramos a fragrancia do San Xoán. Saímos á rúa para andar en bicicleta, para xogar, para pasear e para relaxarnos en calquera das terrazas que salpican a nosa vila. Saiamos tamén a celebrar a nosa festa. Que sexa un motivo de alegría, de orgullo, de reencontro e de confraternidade. Bo San Xoán!
SAN XOÁN 2016
5
SAN XOÁN 2016
6
SAN XOÁN 2016
7
LUÍS FRAGA
PREGÓN DAS FESTAS DE SAN XOÁN DO 2015 Carballo, 22 de xuño 2015
Queridos carballeses! Visitantes de Carballo! Autoridades locais! As miñas primeiras palabras ¬–é unha obriga para min– son para os membros da comisión de festas de San Xoán. Teño que dicirvos unha cousa: “Sodes ben riquiños, oh”. Levades dende a comisión tantos anos convidándome a dar este pregón que xa non lembro cal foi o San Xoán no que me chamades por primeira vez. Mesmo é posible que, daquela, Evencio Ferrero fose un neno, eu aínda non nacera e vós xa estabades tentando de convencerme para que vencera a miña timidez e fora quen de facer… o que estou a facer. Porque ese é, queridos carballeses, o meu defecto. (Teño máis, pero non veñen a conto agora mesmo). Quen ben me coñece sabe que son un home coitado, de poucas palabras. Xa sei, xa sei, non debería selo. Como xornalista suponse que estou feito a falar cara á xente. Pero nun plató de televisión, un fálalle á cámara e SAN XOÁN 2016
8
non ve a ninguén. Ademais temos todo escrito nun aparatiño que chamamos teleprompter. Nun pregón todo é distinto. Tes o público ao teu carón e ves as súas caras. Se ves alguén bocexar, ou escoitas que alguén di iso tan noso de “marcho que teño que marchar”… Se ves ou escoitas algo así, digo, ti veste abaixo. E por iso eu –cando recibía esa chamada–, ano tras ano dicía que non. Poñía unha desculpa que era ás veces certa e ás veces non (e por estas últimas pido perdón á comisión). Eu pensaba: Se non son quen de falar “en familia”, como vou falar en Carballo? Diante da miña familia, dos meus amigos! E nas festas de San Xoán! Imposible. Mais este ano, aquí me vedes, dixen que si. Por dous motivos. Primeiro: veño de dar un pregón en Muimenta, en Lugo. Alí fun o día do acto por primeira vez na miña vida, sen ter familiares nin amigos nin nada. Despois de Muimenta, a ver quen dicía que non a Carballo! Os da comisión deixarían de chamar! Segundo motivo e aínda máis importante: Entendín que eu teño a obriga de devolver a Carballo o que Carballo me deu. Porque eu son quen son e como son grazas, en boa parte, a Carballo ou a persoas e escenarios relacionados coa capital de Bergantiños: Carballo deume para comezar a praia de Razo e Baldaio. Nese cachiño do planeta que vai da Cabreira á Pedra do Sal vivín moitos momentos de felicidade plena. Cada ano da miña infancia producíase un ritual: Remataba o curso escolar. Os meus pais e mais eu collíamos en Ferrol
SAN XOÁN 2016
9
SAN XOÁN 2016
10
P o rq ue Ra z o é pa r a m i n , c o mo v o s d ix e n , sinónimo de felicidade. Un lugar no espazo e no tempo ao que ás veces, d e ad ul t o, n ec e si t o r eg re sar . Can do t eñ o q ue t o m a r un ha d e c isión importante, vou a Razo
un bus que nos deixaba na estación da Coruña. Dende alí un segundo bus levábanos á estación vella, onde saía outro bus, o trole de “Transportes Finisterre” que nos deixaba ao fin e cansados como mulas, en Carballo. Aquí pasabamos o San Xoán. Lembro con cariño, daqueles anos, o “Tren Popof” –eu fun un deses nenos aos que lles fascinaba a “profesión” que tiñan os rapaces que se prenden da fiestra e asustan aos nenos que pasan por abaixo no vagón–; lembro tamén as fabas fritas que vendía unha muller, e “a muller sen corpo” que se exhibía nunha atracción cando as barracas estaban aquí, no xardín. Tantas e tantas cousas…
E despois do San Xoán, aínda quedaba un bus que coller. Ou, por ser preciso, un camión. O do meu tío. El, os meus primos Sandra e Vicente, os meus pais, os meus avós e eu, iamos nese camión que, por certo, aínda existe. Resistiu mais anos mesmo que a propia tenda para a que traballaba: “Muebles Pombo”, na rúa Doutor Fleming. Viaxar alí metido non era unha experiencia cómoda. Había que compartir espazo cos víveres que necesitabamos para vivir en Razo case tres meses. Pero iso a nós non nos importaba. Tampouco as limitacións do pequeno apartamento de aluguer que tiñamos no bar El Cordobés. Era unha vivenda moi modesta. Tan modesta que a porta principal chegaba so á altura das cadeiras, como as das películas do oeste. Alí zoaba o vento, entraban os mosquitos e cando viña unha tormenta de verán anegábase a casa. Pero alí non podiamos ser máis felices. Como escribín hai uns poucos meses nun artigo no xornal, pescar lorchos na Cabreira; ir de “excursión” a Baldaio; loitar cos teus primos por facerse co rosco do molete de pan; anunciar a berros a chegada da furgoneta de Panadería Seoane; ou pedir permiso ás nosas nais para poder tomar un baño despois de facer a dixestión, todas aquelas pequenas cousas… eran as nosas “grandes preocupacións”. Por non preocuparse, nin nos preocupabamos polo sol. Os nenos daquel tempo andabamos todo día ao sol e, como moito, botábannos ao comezo do día un pouco de Nivea… e tira millas. En fin, quen me dera agora ese tipo de problemas! Ben, había que ter certo respecto ao mar de Razo que, como todos sabedes, ten o seu xenio. Comprobeino cando xogaba a pasar o balón na auga con outros nenos. Algúns deses rapaces estades hoxe aquí, xa convertidos en adultos. Había un mar de fondo do demo. Sen tempo a reaccionar vímonos envoltos pola marea e os socorristas tiveron que entrar na auga a por nós. Isto que vos conto, e a vez que caín a rolos
SAN XOÁN 2016
11
SAN XOÁN 2016
12
Mirade, eu creo que na vida hai que ser feliz coas cousas pequenas. E eu quero aproveitar o pregón de hoxe para ser feliz.
polas escaleiras do Cordobés, son os únicos reproches que lle podo facer a Razo. Pero polo demais estou moi agradecido.
Porque Razo é para min, como vos dixen, sinónimo de felicidade. Un lugar no espazo e no tempo ao que ás veces, de adulto, necesito regresar. Cando teño que tomar unha decisión importante, vou a Razo, baixo ás escaleiras que hai xunto á caseta dos socorristas, camiño e, á volta, teño a decisión tomada. Fíxeno fai poucos meses. Despois de dezaoito anos nunha canle de televisión chamáronme doutra para traballar. Eu estaba entón moi cómodo no traballo, moito tempo facendo o mesmo, e necesitaba un cambio. Xa sabedes, necesitaba “saír da zona de confort” que din agora os especialistas en recursos humanos. E vaia se saín. Saín correndo. Menudo “carallazo” (con perdón) levei. A miña aventura nesa outra canle durou tres meses. Pero fun a Razo. Din un dos meus paseos e vin como novo. Isto dá pé a falarvos doutro motivo polo que eu estou agradecido a Carballo. A miña carreira no xornalismo comezou aquí, na emisora chamada daquela Antena 3 Bergantiños, hoxe Radiovoz. Eu tiña 14 anos e xa tiña clara a miña vocación: a radio. Gravei nunha cinta casete un programa coa miña voz e engadín un currículo no que, por suposto, ocultei a miña idade e os meus estudos. Non tiña aínda nin a idade nin a formación necesaria para traballar. Pero tiven sorte. E voulles contar por qué: Dicía Ryszard Kapuscinsky que para ser xornalista hai que ser boa persoa. Porque, por exemplo, se un informador é boa persoa, a xente á que entreviste sentirase mais cómoda, confiará nel, e a entrevista será mais rica, mais sincera. Pois ben, eu tiven a sorte de dar, naquela emisora, con profesionais que eran tamén boas persoas. Kapuscinsky estaría orgulloso deles. Foron tan bos que recibín deles a miña primeira oportunidade para falar de xeito profesional por un micrófono. E iso que era un neno ben rariño, un “friki” que se di agora. Un exemplo: A min gustábame ler as notas necrolóxicas. O motivo? Entre as notas que anunciaban os falecementos e as que avisaban dos funerais, era posible que houbera que ler, así dun golpe, unhas quince ou vinte notas necrolóxicas seguidas. E iso que o programa chamábase “¡Viva la Gente!”. Que ironía, non? Pero iso para min representaba unha fabulosa oportunidade para falar polo micrófono. E tamén para familiarizarme coa xeografía carballesa xa que, ademais das identidades do morto e dos seus familiares, lía o percorrido que levaba o bus para o enterro. E así fun memorizando o nome das nosas dezaoito parroquias. A saber: Aldemunde, Ardaña, Artes, Berdillo, Bértoa, Cances, Carballo, Entrecruces, Goiáns, Lema, Noicela, Oza, Razo, Rus, Rebordelos, Sísamo, Sofán e Vilela. A praia de Razo, os meus primeiros pasos nos medios de comunicación… Aínda hai un motivo máis polo que eu hoxe vin dar as grazas a
SAN XOÁN 2016
13
SAN XOÁN 2016
14
Carballo. É o mais importante: A miña familia. En Carballo naceron os meus avós; os meus pais, Estrella e Luis; a miña irmá María Herminia Cristina, máis coñecida por moitos de vós como “Menena”; tíos, primos, sobriños e demais familia, ruegan una oración por su alma y la asistencia al sepelio que… glups, perdoade, oh!, fóiseme o santo ao ceo cos notas necrolóxicas. Dicía que toda a familia por parte de nai e pai é made in Carballo. Se os veráns eran para Razo, o Nadal era para Carballo. Momentos de felicidade naquel baixo do número 10 da rúa de Vázquez de Parga. A casa de Julia e Paco, os meus avós maternos. Non vou insistir moito neste punto porque vou chorar, seino, e parecería que no lugar de Luís Fraga estaría pronunciando este discurso Manuel Fraga. Pero só quero lembrar con especial cariño á miña avoa Julia, pola súa fortaleza e capacidade de traballo. Como ela, outras mulleres da súa xeración traballaron a reo, de sol a sol, nas feiras que aínda hoxe, afortunadamente, sobreviven en Carballo. Precisamente no lugar onde estamos. A miña homenaxe a todas esas carballesas, as vosas avoas ou nais, polo que traballaron por nós. A noite do 24 de decembro en Carballo era –nese baixo da Vázquez da Parga– o segundo momento máis feliz do ano. Tamén aquí había unha liturxia que se repetía. Primeiro ceabamos. Despois o meu tío cantaba a canción de Julio Iglesias “Río rebelde” (xa saben, aquela que dicía tiré tu pañuelo al río, para mirarlo como se hundía…). Papa Noel chegaba na sobremesa. E finalmente, viñan as visitas. Unha desas persoas que viña á nosa casa era Loli. Loli, daquela, era a solista do grupo Xocaloma. Cando xa os nenos xogabamos cos xoguetes, os adultos berraban: Que cante Loli! Que cante Loli! E Loli, que é mais boa que as pesetas, cantaba. E sempre a mesma canción: “Airiños, airiños aires”, de Rosalía de Castro. Mirade, eu creo que na vida hai que ser feliz coas cousas pequenas. E eu quero aproveitar o pregón de hoxe para ser feliz, de novo, recreando aquelas noitevellas da infancia na Vázquez de Parga. E porque os sonos cúmprense, quero pedirlle a Loli, a Dolores Plata, que cante. Axudádeme todos: Que cante Loli! Que cante Loli! Que cante Loli! [E Loli saíu de sorpresa e cantou Airiños, airiños aires] Grazas Loli por este momento de felicidade. Xa vos contei que toda a miña familia naceu en Carballo. Eu non tiven esa sorte. Os meus pais emigraron a Bremen, Alemaña. E á volta, establecéronse en Ferrol. Naquel Ferrol dos anos 70 onde se vivía, e vivía ben, construíndo barcos. Hoxe aínda quedan moitos carballeses en países europeos e americanos. Que a historia non se repita. Estes últimos anos vemos como moitos novos sen traballo deben marchar fora. Que os fillos de carballeses nazan e vivan en Carballo –se queren– porque os seus pais non tiveron que emigrar. Traballemos por Carballo.
SAN XOÁN 2016
15
SAN XOÁN 2016
16
Materia prima, haina: Hai un Carballo de “ilustres carballeses” como Alfredo Brañas. Hai un Carballo que mata o feísmo derrubando muros con pintura. Hai un Carballo que acolle os recoñecidos festivais FIOT –de teatro– e INTERPLAY –de contidos dixitais–. Pero para traballar hai tempo. Deixémolo para despois do San Xoán. Agora, estes días, a saltar a cachela e a comer sardiñas, a bailar coas orquestras convidadas, a poñer o fiúncho nas portas e fiestras das nosas casas, a descender o Anllóns, a fartarse na Festa do Bosque, a vivir o mellor San Xoán das nosas vidas. E que nisto non remate no San Xoán. Por que non prolongar estas intencións durante todo o ano? Por que non ser conscientes de que ser de Carballo é un privilexio? Confiade en vós. Que ninguén ten dereito a dicirvos que non sodes quen de facer o que vos propoñedes. Que sodes carballeses! Quedan oficialmente abertas as festas do San Xoán en Carballo. Ano de 2015. Grazas, Carballo! Viva Carballo!
SAN XOÁN 2016
17
SAN XOÁN 2016
18
IMAXEN ALBERTO FERREIRO 1
Ilustraciรณn
Alberto Varela Ferreiro
SAN XOร N 2016
19
JOSÉ MANUEL PÉREZ
FÚTBOL ai na Coruña dúas institucións centenarias que botaron a andar nos albores do século XX, alá polo ano 1906. Unha é un club de fútbol, Deportivo da Coruña, a outra, Hijos de Rivera, unha fábrica de cervexa. Nos últimos anos estas dúas institucións decidiron camiñar da man, pois a marca Estrella de Galicia figura no peito das camisetas branquiazuis do Dépor. Pero na miña biografía (como na de tantos outros deportivistas) foi así dende moitísimo antes, pois nun pasado cada vez máis afastado, tanto un como a outra, foron causa e/ou consolo de incontables penas e alegrías.
H
SAN XOÁN 2016
20
Baldaio, bo tempo.
Antonio Fernรกndez
SAN XOร N 2016
21
JOSÉ MANUEL PÉREZ
JAZZ on lembro moi ben onde –Naumburg, Conques ou quizais Luarca– e apenas cando tivo lugar aquel concerto memorable. O que si teño moi vivo na memoria é o son do piano, puro, íntimo, sutil, intenso, vivo, alegre e descarado, que enchía o local con esencias de canela, xenebra e herba seca. Foi entón cando descubrín que o equilibrio ten moitos puntos de apoio posibles e que se a música flúe da alma as notas cobran vida e convértense en bolboretas, morcegos ou estorniños. E tamén que o jazz, un caos no que sempre me custou nadar, pode chegar a ser algo extraordinariamente fermoso. Os dedos que aloumiñaban as teclas daquel piano, longos e coas uñas pintadas dun vermello intenso, algo tiveron que ver na maxia daquel momento, pois desprazábanse polo teclado coa elegancia, levedade e graza dunha prima ballerina. E era tal a sintonía entre músico e piano que un chegaba a dubidar se eran os dedos os que facían mover as teclas o ao contrario. Contan que despois daquel concerto o piano xa nunca máis volveu soar igual, nin con jazz, nin con soul, nin flamenco, nin fado, nin blues. Di a canción que para un tango vinte anos non son nada, pero para una rancheira son toda unha eternidade.
N
SAN XOÁN 2016
22
SAN XOÁN 2016
23
A festa do patrón É a festa do patrón agardada o ano enteiro ¡Se a banda está tocando, está calado o gaiteiro! ¡Son as festas do patrón! ¡As campás a repicar! ¡Foguetes de sete estalos polo ceo a retumbar! Todo o pobo está no adro que é a festa do patrón. ¡E San Xoán vai moi ufano presidindo a procesión! ¡É a festa do patrón! ¡É a festa de San Xoán! ¡Bailan os mozos e as mozas! ¡Moi ledos todos están! ¡É a festa do patrón, do patrón do meu lugar! Todo é hoxe diversión e mañá, ¡a traballar! “A festa do patrón”, de Manuel María en
Os soños na gaiola
SAN XOÁN 2016
24
XAN FRAGA
PANCHO PUSKAS EN CARBALLO
V
exo que agora escriben Puskas (1927-2006) con acento no “a”. Puskás. Nós sempre diciamos Puskas. Este xogador húngaro, do que se cumpren agora dez anos do seu pasamento, membro da mítica selección que perdeu a final contra Alemaña no mundial de 1954, ficharía no Real Madrid, onde se cansou de gañar títulos e pichichis. Cando fichou no club de Bernabeu xa pasaban da decena os quilos que lle sobraban. Aínda así foi o que foi. Considerado o máximo goleador do século XX. Cóntame o internacional deportivista Manolete que a súa zurda era unha luva finísima. Despois de retirarse como xogador dedicouse algo os negocios de salchichas. En Carballo tiña como distribuidor a José Carracedo, o pai do noso amigo Coutiño, que tan ben xogaba ao fútbol. Na foto que axuntamos pode verse a Puskas en Riazor en 1965 entre Manolete e Jaime Blanco, ao final dun encontro entre o Deportivo e o Real Madrid. O bandullo do húngaro, logo nacionalizado español, é de moito respecto.
SAN XOÁN 2016
25
SAN XOÁN 2016
26
SAN XOÁN 2016
27
SAN XOÁN 2016
28
ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL
BARRO Como un desvío na contorna dos reloxos funcionamos en espiral. A contratempo. Improvisando fluídos corporais sobre este ondear excitante: ti terra, eu auga. A nosa pel vive no esvaro do presente; para existir danza.
Poema inédito recitado oralmente no disco Barro, proxecto sonoro, fotográfico e escénico que autora comparte con outros artistas.
SAN XOÁN 2016
29
SAN XOÁN 2016
30
Foto gañadora do concurso O TEU SAN XOÁN EN INSTAGRAM 2015 Autora: Almu Rey Domínguez - Título: A noria Queres participar na edición 2016? Envíanos as túas fotos das festas a sanxoancarballo@gmail.com e síguenos en Instagram
SAN XOÁN 2016
31
SAN XOÁN 2016
32
SAN XOÁN 2016
33
SAN XOÁN 2016
34
ALBERTO VARELA FERREIRO
SAN XOÁN DE TUNGSTENO *
L
ondres 1939, é unha mañá gris e chuviosa. Nunha das oficinas da sección VI da Military Intelligence, máis coñecida como MI6 hai unha xuntanza de varios axentes secretos co seu mando que lles está a amosar un gran mapa despregado na alongada mesa da sala: -Nestas coordenadas está a vila de Carballo... E moi preto, na costa..., as minas de Monte Neme... Un pouco máis ao sur o porto de Balarés... Case ao mesmo tempo, a centos de quilómetros, na Reichssicherheitshauptamt (R.S.H.A.) ou Servizos Centrais de Seguridade do Reich, de Berlín media ducia de axentes sinalaban tamén distintos puntos nun mapa da península ibérica: -Esta é a zona onde se localiza unha das explotacións de wolfram máis importantes, que controlamos coa nosa empresa Estudios y Explotaciones mineras Santa Tecla moi preto da vila de Carballo, onde residen os socios propietarios da concesión. Manter a produción libre de interferencias inimigas é un obxectivo estratéxico para o Alto Comando Alemán, señores, esta é a nosa misión... Heil Hitler! O coronel Arnold Fuchs recibira unha chamada persoal do Ministro de Armamento a tarde anterior. Co obxectivo de crear blindaxes indestrutibles, en particular para reforzar tanques, avións, e proxectís perforantes era necesario conseguir máis mineral tungsteno, tamén coñecido como wolfram, un raro e escaso metal de extrema resistencia. Había en particular un proxecto militar en marcha para incrementar e mellorar a produción dos tanques modelo Panzer, aos que o alto mando quería converter no compoñente principal dun novo concepto de guerra, a Blitzkrieg ou “guerra lóstrego”, unha táctica innovadora que requiría velocidade, manexabilidade e unha boa blindaxe, para as novas Panzer-Divisionen. Ata este intre Alemaña trouxera o mineral da India, China ou Birmania, pero a urxencia e o bloqueo naval británico fixo que se buscaran alternativas. Por sorte para os alemáns, algunhas das principais explotacións mineiras en Europa non estaban demasiado lonxe e nun país amigo: en España, que xusto viña de rematar a súa guerra civil na que Franco recibira moita axuda do goberno nazi e contraera débedas que agora debían cobrarse... *** Bibian estaba un pouco cabreada... Era unha muller ambiciosa e de acción pero non se sentía valorada. Fora unha das primeiras estudantes da súa promoción en Cambridge en Dereito e Relacións Internacionais,
SAN XOÁN 2016
35
SAN XOÁN 2016
36
ademais de capitá do equipo de voleyball.
Un mes despois preto De carácter e aventureira, deseguida reci-
bira ofertas de traballo nas Forzas Armadas da súa Maxestade, en concreto para os servizos de intelixencia, recrutada nun primeiro momento para a seguridade dous avións interior no MI-5, pronto se promocionou Wellington da RAF, o polo seu coñecemento de varias linguas estranxeiras para a intelixencia exterior no HX518 e o HX423, ían MI-6. Por iso esperaba un mellor destino para a súa primeira misión... desde a súa base en París, Roma..., Madrid, Lisboa? Non! tiña que tocarlle Santiago de Compostela, unha vella cidade de provincias, nunha apartada Cornualles e pobre rexión española. Unha cidade chea (Inglaterra) con desti- de curas, de estudantes universitarios e de pailáns. Aló chegou baixo a identidade de no a Oriente Medio. Rosemary M. Douglas nun luxoso coche, cunha nurse, un feixe de equipaxe e un par de bulldogs para aloxarse no hotel Compostela, facendo o papel dunha rica herdeira británica que ía estudar Medicina... Rubia e moi atractiva a súa chegada foi un acontecemento que non pasou desapercibido na cidade. O seu obxectivo era crear unha rede de contactos sociais ao máis alto nivel, aquela era unha sociedade pequena, cunha gran masa rural e unha pequena poboación urbana, onde todos se coñecían e non lle sería difícil deseguida ser invitada a festas e eventos, onde poder captar posibles alianzas e controlar os movementos dos franquistas e pronazis.
das illas Sisargas
*** J.F. Buchanan, alto cargo na delegación do Anglo-South American Bank Ltd, no Cantón Pequeno da Coruña, saíra aquela mañá moi cedo do seu domicilio en Riego de Agua nº 27, e dirixiuse rapidamente ao garaxe onde gardaba o seu vehículo, nesa xornada tiña que facer unhas xestións e non ía traballar na oficina. O día anterior recibira unha chamada de Londres, o xefe de contas e depósitos quería que fose coñecer ao dono da conta 43.1816-7.8922. Por suposto, aquel número eran unhas coordenadas xeográficas. Unha clave na que se lle encomendaba unha misión de observación e control. Segundo o seu mapa tiña que ir ao contorno de Guitiriz, en Lugo, onde se sabía da existencia dunha pista de aterraxe secreta do exército alemán, para comprobar se eran certas as últimas informacións que falaban da presenza de varias unidades da Luftwaffe. J.F. era outro dos axentes do MI-6 activados en Galicia desde antes da guerra. Xa en pleno 1942 a súa actividade confidencial fora en aumento, sobre todo en labores de vixilancia e control das forzas nazis nas costas, onde se sabía da presenza dos submarinos U-Boot, que buscaban frecuentemente abastecemento e refuxio nas rías galegas, tamén había varias pistas de aterraxe preparadas para acoller avións alemáns, así como varios centros de comunicación con antenas usadas pola Wehrmacht. Eran xa case as doce do mediodía, “A hora do Angelus”, pensou Buchanan cun sorriso cando chegou ata o punto sinalado nas coordenadas. Dunha bolsa de coiro que levaba colgada cunha correa que lle cru-
SAN XOÁN 2016
37
SAN XOÁN 2016
38
zaba o peito, sacou uns prismáticos. Sobre un pequeno e despexado outeiro rodeado dunha cerca de arame había un par de construcións, unha delas parecía un hangar, pero non podía ver ben se había algo sobre a pista, así que saíu do seu agocho entre as silvas e buscou un punto de observación máis elevado.... Agora podía ver a pista de aterraxe enteira... Un avión alemán Junkers Ju-88 relucía ao sol. Rapidamente J.F. trocou os seus prismáticos por unha cámara fotográfica que tamén gardaba na bolsa... Apenas fixera un par de tomas cando oíu que alguén lle berraba: -EH! VOSTEDE! ALTO! Henry Guyatt, o cónsul británico na Coruña chegou xa case de noite á sede do consulado na rúa Linares Rivas. Oficialmente viña de facer unha das súas frecuentes visitas de inspección de súbditos, pero antes fora dar unha volta polo porto para ver un novo barco alemán que acababa de atracar, e como sempre, levaba a súa cámara fotográfica... Oficialmente era moi afeccionado á fotografía, como outros compatriotas naquela Galicia de posguerra civil, desde o punto de vista artístico claro... Cando abriu a porta do despacho o teléfono empezou a soar. Un inspector de policía preguntaba sobre a identidade dun tal Buchanan, súbdito inglés sorprendido en Guitiriz vixiando instalacións militares. Sen dúbida era un malentendido, pois Mr. Buchanan era un respectable banqueiro moi coñecido... -É un gran afeccionado á botánica e seguramente andaba á procura dalgunha especie endémica... *** Rosemary Douglas fixera abondosas amizades na facultade de Medicina, era unha das escasas mulleres e por riba inglesa, rica e moi sedutora. A través daqueles mozos de familias acomodadas tecera unha rede de contactos por todo o territorio. Un dos seus obxectivos era conseguir contactos para obter toda a información posiAgora podía ver a pista ble dun médico de Carballo, o doutor Abelenda, e por medio deste controlar o de aterraxe enteira... Un seu socio, o xuíz Jacinto Amigo, alias Chinto, propietarios das minas de volfraavión alemán Junkers mio de Monte Neme. Así, grazas aos seus encantos, posición e Ju-88 relucía ao sol. gracioso acento inglés, conseguiu achegarse ata Carballo en varias ocasións onde Rapidamente J.F. trocou logrou trabar amizade co doutor. Pola súa banda, o cónsul británico na os seus prismáticos por Coruña fixo as xestións correspondentes para que o banqueiro Buchanan se puxera unha cámara fotográfi- en contacto co xuíz Chinto. Oficialmente tiña interesantes negocios de ca que tamén gardaba inversións que ofrecer... A súa misión como axente do MI-6 era boicotear o subministro das minas de Monte Neme para a na bolsa.. Wehrmacht.
SAN XOÁN 2016
39
SAN XOÁN 2016
40
Naquel San Xoán do ano 1942, a banda de música tocaba as alboradas marchando polas rúas da vila que lentamente espertaba co aroma das fogueiras da noite anterior e do fiúncho estrado nas rúas, mentres na luxosa casa de Chinto a servidume se afanaba nos preparativos do convite, moi especial este ano pois había moitos invitados, algúns estranxeiros como os alemáns da mina e un par de ingleses... *** Un mes despois preto das illas Sisargas dous avións Wellington da RAF, o HX518 e o HX423, ían desde a súa base en Cornualles (Inglaterra) con destino a Oriente Medio. Escolleran a ruta máis longa pero máis segura... Aínda que ían precavidos: tiñan informes moi recentes do MI-6 da presenza de avións alemáns naquela zona da península ibérica, polo que levaban as armas preparadas... Aínda así non puideron evitar que a unhas 40 millas ao N.O. de A Coruña un Ju-88 aparecera de repente entre as nubes e descendera en picado sobre eles disparando as súas metralladoras, danando gravemente ao HX518, que caeu derribado aínda que o Junkers atacante resultou abatido polo fogo defensivo do HX423. “O piloto, Karl Stoeffler, e o seu observador, August Moller, morreron. O único supervivente, o radiotelegrafista August Werner, foi rescatado no mar polo pesqueiro «San Antonio», que o levou ata A Coruña, onde quedou ingresado no Hospital Militar...” J.F. Buchanan sorriu mentres lía o informe confidencial do consulado que tiña sobre a mesa do seu despacho. “Un junkers menos...” pensou mentres servía un vaso de scotch ao xuíz Chinto. Aqueles carballeses eran feirantes, businessmen, e parecían dispostos a vender parte da produción da súa mina, sen que o souberan eses antipáticos alemáns. A oferta do inglés tiña un prezo moito máis favorable e os nazis non ían gañar aquela guerra... contra o mundo.
*O volframio en Galicia volve estar de moda recuperándose a memoria histórica das minas, con rutas turísticos, artigos e incluso películas como Lobos Sucios, estreada mentres preparaba esta colaboración. Todos os personaxes deste conto están inspirados en lecturas de distintos artigos e do libro de Jesús María Reiríz La Coruña en la Segunda Guerra Mundial, Editado por Librería Arenas, A Coruña, 2007. http://elpais.com/diario/2008/06/09/galicia/1213006705_850215.html http://www.turismocarballo.com/info.php?id=411&idioma=gl&sec=59 http://www.elidealgallego.com/articulo/area-metropolitana/james-bond-wolfram-ysubmarinosfinisterre/20150119231151226131.html http://www.finisterrae.org/info.php?informacion=84&idioma=es&sec=20 (Marzo 2016)
SAN XOÁN 2016
41
SAN XOÁN 2016
42
XAN FRAGA
ROMANCE DE CASTRELO DE MIÑO nha das achegas demográficas que recibiu Carballo no século XX foi a dos ourensáns. E dentro destes, os de Castrelo de Miño. Basta citar algúns nomes míticos na hostalaría como O Mexillón, Casa Ginés, As Conchas…
U
Cúmprense agora 50 anos dun feito histórico ante o asolagamento dunhas terras moi produtivas no Ribeiro, pola empresa Fenosa. As reaccións e protestas sucedéronse de tal xeito que forman parte fundamental da historia galega do século pasado. O 15 de maio de 1966 no Hotel Roma de Ourense, nun acto de solidariedade cos afectados (ademais de despedir a Celso Emilio Ferreiro que partía para o exilio venezolano), don Ramón Otero Pedrayo simbolizou moi ben o significado de tal acontecemento. O cantautor Miro Casabella compuxo posteriormente un fermoso romance a xeito de cego (ver texto), nunha liña moi ferreiriana que xa forma parte da memoria colectiva deste país. Recentemente o noso compañeiro do instituto Alfredo Brañas, o pintor Xulio García Rivas, nunha homenaxe ao compositor de O meu país realizou un cadro excelente que reproducimos aquí como lembranza dun feito memorable na historia contemporánea de Galicia. ROMACE DE CASTRELO DE MIÑO Miren, señores, que historia dun pobo do noso Ourense, que ten xuez, secretario e tamén señor forense. Cheio de uva e amor, era un val tan fermosiño, era en Galicia unha flor, era Castrelo de Miño. Hastra que chegou o día, nunha mañá moi fermosa, en que chegou a Castrelo o conde señor Fenosa. Ademiraba aquil conde, non as ringleiras do viño, senón o embalse futuro do meu Castrelo de Miño. Cando en Castrelo se soupo as intencións daquil conde, SAN XOÁN 2016
43
SAN XOÁN 2016
44
o pobo en irmandade ante a infamia responde. Estas verbas dixo o conde: -Si les jodo que más dá, a mí lo que me interesa es la electricidá. O rei todopoderoso, Paco o executador, era amigo daquil conde, Pedro o Inundador. -Que el embalse se construya, dixo Paco entusiasmado, alí mandou cabaleiros para impoñer o mandado. Pedradas mandou o pobo, que lles foron de perilla pros que enchen de auga a Castrelo e dan luz a Castilla. Fíxose logo o embalse, pagaron a patacón, a vila un pedregallo e a xente na emigración. Ista foi a triste historia dun pobo do noso Ourense que ten xuez, secretario e tamén señor forense. Letra e música: Miro Casabella
SAN XOÁN 2016
45
SAN XOÁN 2016
46
SAN XOÁN 2016
47
SAN XOÁN 2016
48
FARRUCO GRAÑA
PALCO DE HONOR ada mañá, ao se erguer, Xoán Antón contemplaba as montañas da Garganta, do Mondigo e do Xistral desde a ventá da súa cociña. Orientada cara ao poñente, nun edificio de sete alturas ao que ningún outro lle facía o feo de se interpoñer entre el e a paisaxe, un balcón xeitosiño permitíalle gozar dunha brisa dourada que vernizaba a costa mariñán. A fachada da Casa do Mar de Burela provocaba un pequeno destello de luz que anunciaba a saída do sol dun domingo de paixón cristián e resaca pagán. Ao noso amante da montaña e das paisaxes de altura nin unha nin outra efeméride lle afectaban. Acababa de chegar das Canarias, despois de ter percorrido os montes do Teide e de ter visitado a illa de Hierro, e tocaba descansar para comezar unha nova semana de traballo.
C
Amante do bo café, Xoán Antón tivo saudades durante os últimos sete días da súa marca preferida: cafés El Gallego . Por moito que o nome poida facernos crer na súa orixe galega, en realidade o seu fundador é un emigrante da vila asturiana de Tineo que foi facer as Américas e regresou cunha fortuna que puxo a producir con varias empresas por toda a cornixa cantábrica. Tamén achou de menos a súa vasilla preferida, a última dun xogo de café que lle regalara a súa amiga Mila, una oleira de Buño xa retirada. O lema, “ A vila da vida na Costa da Morte ” coroando os bordos do
SAN XOÁN 2016
49
SAN XOÁN 2016
50
Xoán Antón odia os microondas; repúgnalle o baño de ondas electromagnéticas sobre os alimentos ou bebidas que fora consumir.
prato, lembráballe as súas vivencias no monte do Ézaro, no cabo Fisterra e con Man, o alemán de Camelle. Por nada do mundo lle perdoaría a ninguén que lle rompera esa derradeira vasilla do café. Por nada do mundo se perdoaría perder ese seu símbolo bergantiñán.
Ao longo dos últimos dez días Xoán Antón logrou desvincularse completamente de todo fío inforloxismo e defensor conse- mativo (xa fora clásico, vía televisión, radio ou xornais de papel, cuente dunha vida natural, xa fora informático, xornais dixitais ou redes sociais). A súa prefire tomar sempre o intensa vida política como responsábel comarcal na Mariña da café ao dereito de facer. nova forza política do nacionalismo de esquerdas en Galiza mantíñao moi pendente de todo chío que se puidera xerar nas redes ou que mesmo el puidera argallar no seu apaixonado afán por espelir os vellos usos da política tradicional. Lonxe quedaba o diálogo institucional coa vella dereita a finais do 90. Agora tocaba firmeza, rupturismo, acción. Xa! Sen contemplacións. Pouco importaban os cadáveres políticos que foran quedando polo camiño. Este é o momento! Precisamente, nunha discusión moi acalorada no seu salón decidindo quen ía ser apoiado para encabezar a lista electoral por Lugo, foi cando lle rompeu o último prato do xogo de café de Buño. Queimou a man esquerda ao agarrar a vasilla para evitar que se esnaquizara. Vaia desgusto! Menos mal que lograra salvala. Desde entón, mimouna con sumo coidado.
Como bo militante do eco-
Xoán Antón odia os microondas; repúgnalle o baño de ondas electromagnéticas sobre os alimentos ou bebidas que fora consumir. Como bo militante do ecoloxismo e defensor consecuente dunha vida natural, prefire tomar sempre o café ao dereito de facer. Ben: a verdade, que queren que lles diga: iso máis que nada é ter moita arte no xeito de tomar o café, pero el prefería adornar a xustificación cunhas boas doses de ecoloxismo militante. Se puidera dispor dunha motoserra xigante peneiraría todos os aeroxeradores que balizan os cumios da Gobia, do Mondigo e do Xistral. Non é domingo de resurrección? Pois que renazan os nosos montes ceibes de tanta estada quixotesca! Os ecos tremebundos dunha voz de resaca cabreada con todo, sobre todo coa nefasta combinación de alcohol e sangue, érguense por entre as fachadas da rúa Irmáns Suárez Couto. Xoán Antón mira de esguello cara a abaixo e deixa entrever un sorriso retran-
SAN XOÁN 2016
51
SAN XOÁN 2016
52
SAN XOÁN 2016
53
Com o se fora o úl timo queiro. Leva a vasilla co café á boca e goza do calor e do sabor s i na l d e v i d a , X o án A n t ó n do seu primeiro pracer do día. Mira coma sempre cara a Foz e no n so l t o u a v a si l l a . F ic o u Burela saboreando a fugacidade do ceo rubién do amencer. im pe rt érr it o á esp er a d a Que tonalidade tan distinta da dos ceos canarios! O anoitecer o n da xu s t i c e i ra . A m o t o s e do venres na illa de Hierro deparáralles unha gama de rr a co a q ue so ñaba fe nvermellos, azuis e violetas ben fermosos, tan só suspendidos dend o os aeroxeradores por un leve tremor de terra que lles permitira gastar a broma quixote sc os no n pas ab a da fin do mundo que cada vez andaba máis preto. Váisenos ir dun laio inoce nte á b eira a illa ao carallo, meu!, chanceaban entre si os afeccionados á da f or z a de st rut iva d a montaña de " Pena Tallada ". Mesmo ao despegar o avión e na t u re za c a n d o s e r e b e l a volver experimentar unha leve sensación de inestabilidade ba e enc ol er iz ada re cl alles permitiu a mofa de liscar a fume de carozo do arquipélago, maba o que er a s eu. non fora ser o demo! Pero o café había que saborealo paseniñamente. Sempre amodiño, coma se fora ser o último; o derradeiro. Só así se pode chegar a gozar do pracer dun bo café. Apurando o último grolo decatouse do voo dunha andoriña. Ergue de novo a mirada cara a Garganta e comeza a notar a presenza de cada vez máis aves que apresuradamente foxen cara ao interior. Un gris escuro comezou a dominar os ceos mariñaos. O mar, prato e case branco e cristalino, semellaba retirarse bruscamente deixando á vista as penas que tanta dor tiñan provocado nas familias de pescadores da contorna. Xoán Antón estaba absorto. O peón pesaroso seguía, inconsciente do que estaba a ocorrer, inconsciente de todo, a deambular pola rúa. Os ollos do noso montañeiro case lle saían das súas órbitas. Unha onda xigante acababa de se tragar os Farallóns e comezaba a devorar Burela e Foz. Como se fora o último sinal de vida, Xoán Antón non soltou a vasilla. Ficou impertérrito á espera da onda xusticeira. A motoserra coa que soñaba fendendo os aeroxeradores quixotescos non pasaba dun laio inocente á beira da forza destrutiva da natureza cando se rebelaba e encolerizada reclamaba o que era seu. Nin sequera foi quen de ir buscar a cámara para tirar unhas fotografías que pendurar no facebook para dar testemuña do que estaba a ocorrer. Quería vivir o momento. Sen se separar daquilo que máis pracer lle provocaba na súa vida. Sentíase un espectador privilexiado. Só. Ante o mar enfurecido. Pero seguro, na altura dun sétimo andar. Palco de honor.
SAN XOÁN 2016
54
SAN XOÁN 2016
55
SAN XOÁN 2016
56
FERNANDO CABEZA PEREIRA
NOITE MEIGA s últimos raios de sol daquel 23 de xuño tinguían de vermello os ceos de Carballo, mentres o Nissan X-trail da garda civil patrullaba as rúas da vila. No seu interior Xosé e Alejandro conversaban tranquilamente: -A verdade é que isto de traballar a noite das cachelas non é moita cousa –protestaba Álex, dende os mandos do todoterreo. -Si, tes razón, sobre todo para a xente coma ti, que roldades os trinta anos. Nós, os que estamos preto da xubilación, xa nos importa un pouco menos -Xosé sorría, ao tempo que falaba.
O
O cheiro a fume, sardiñas e churrasco, provocado polas cacharelas de San Xoán, que ardían en todos os recunchos da vila, impregnaban o aire por completo. Centos de columnas de fume erguíanse decenas de metros sobre os ceos, mirase na dirección que se mirase. O ambiente nas rúas era puramente festivo, como era habitual ano tras ano. -Sabes de que vai a tradición de facer cachelas a véspera de San Xoán? –preguntoulle Xosé ao seu compañeiro, tratando de mitigar o aburrimento daquela xornada tan tranquila. -Sóame por onde van os tiros, pero a verdade que a historia completa non a sei –respondeu Álex, invitando o seu compañeiro a que lla contase. -A festividade está relacionada co solsticio de verán en moitas culturas, pero aquí, en Galicia, a historia é moito máis arrepiante. A lenda di que a noite de San Xoán é unha noite máxica, na que o máis aló comunícase coa terra dos vivos. É dicir, durante está noite ábrese unha porta entre os dous mundos. A maneira de protexerse dos entes que cruzan esa porta é A silueta, de cor prender cachelas despois da media noite, unha vez chegue o día 24, e saltalas nove negra coma o carbón, veces. -A verdade é que é interesante e ata foise erguendo pouco chega a asustar, menos mal que só son lendas. Hoxe xa nos ha chegar con alguna pouco, ata que, des- ha pelexa de xente bébeda, non nos fan falla entes malignos deses –contestou pois de dous intermi- Álex, mentres sorría. -Si a verdade e que ten pinta de que... nables minutos, se O son da emisora de radio interrompeu a Xosé na metade da frase. Dende o outro podía apreciar algo lado escoitábase a voz dun home: -Central a unidade 23, temos un aviso parecido a unha figu- urxente. Acaba de chamar un rapaz moi asustado, contando que unha persoa ra humana de pé caeu nunha cachela. Xosé observou o seu compañeiro con mirada desconcertada, agarrou o interfono e respondeu:
SAN XOÁN 2016
57
SAN XOÁN 2016
58
-Onde foi? -No barrio de San Cristovo. Ao lado do parque infantil. Unha ambulancia está xa de camiño, pero ides ser os primeiros en chegar. Álex pisou o acelerador a fondo, mentres poñía a sirena do vehículo a toda potencia. Ningún dos dous garda civís dixo nin unha palabra durante o tempo que tardaron en chegar ao seu destino. Pouco máis de dez minutos despois, coa noite xa caída sobre a vila, o todo terreo detívose ao lado do parque infantil. Afastada varios metros, ardía unha cachela de máis de cinco metros de alto. Fronte a ela, as sombras dun grupo de rapaces, recortadas polo lume, tentaban achegarse á cachela sen éxito.
Álex pisou o acelerador a fondo, mentres poñía a sirena do vehículo a toda potencia. Ningún dos dous garda civís dixo nin unha palabra durante o tempo que tardaron en chegar
-Onde está? Onde está a persoa que caeu? –berrou Álex segundos antes de chegar á súa posición. Ao escoitar a voz do garda civil, o grupo de rapaces detívose de súpeto. -Alguén cae..., alguén caeu na cachela, aínda está aí! –logrou dicir un deles, tatexando e entre suspiros. Álex e Xosé dirixiron a mirada cara ao lume de forma simultánea e alí estaba. No medio e medio das lapas xacía un corpo humano totalmente inerte. -Meu Deus. Era alguén do voso grupo?Quen é? –dixo Álex, ao tempo que colocaba as dúas mans sobre a cabeza. Durante uns intres, os rapaces miráronse entre eles, totalmente desconcertados. Despois de varios segundos de confusión, o mesmo rapaz que lle contestara a Álex, contou os seus compañeiros co dedo e dixo: -Non..., non pode ser... Esa persoa non é ningún de nós, eramos..., eramos sete e seguimos estando todos. Ademais, por aquí non pasou ninguén que non foramos nós dende que prendemos a cachela. Xusto despois daquelas desconcertantes palabras, un silencio sepulcral, só roto polo rítmico crepitar das lapas, invadiu a escena por completo. Os sete rapaces, Álex e Xosé, quedaron petrificados, mirando a estraña silueta, desvirtuada polo lume que a rodeaba. De súpeto, algo aconteceu. O presunto corpo humano comezou a se mover moi, moi amodo. O principio semellaba que era un efecto óptico creado polo lume, pero segundo a segundo, comezaba a apreciarse que aquilo, fose o que fose, estábase movendo de verdade. -Estase movendo –dixo un dos rapaces, abraiado. A silueta, de cor negra coma o carbón, foise erguendo pouco a pouco, ata que, despois de dous interminables minutos, se podía apreciar algo parecido a unha figura humana de pé. Mais había algo que non encaixaba. O lume non deixaba claro a envergadura daquilo, pero, dende a posición de Álex, aquel tipo, se é que era un tipo, parecía medir máis de tres metros de alto.
SAN XOÁN 2016
59
SAN XOÁN 2016
60
De súpeto, un terrorífico son saíu do medio das lapas. Era algo parecido a unha persoa berrando con unha mordaza na boca. A voz cravouse nos oídos de Álex coma un lóstrego, provocando que un calafrío lle recorrese as costas de arriba a abaixo. Deseguido, e sen que ningún dos arrepiados espectadores conseguise reaccionar, a silueta deu un paso adiante, deixando o lume atrás. Aínda con esas, ninguén foi quen de fuxir, nin mesmo de dicir unha triste palabra. A única reacción foi un tímido e inútil paso atrás dalgún dos rapaces. Iso non podía estar a pasar, tiña que ser un pesadelo. A figura de máis de tres metros de alto seguiu avanzando entre a escuridade, directamente cara á posición de Álex. Foi exactamente despois do terceiro paso, cando un dos farois próximos iluminou a metade da súa faciana e Álex puido apreciar aquela tétrica visión. Non era humano. O rostro era de cor branca, tan branca como a mesmísima neve e, os ollos, de intensa cor vermella, proxectaban unha mirada diabólica. Parecía vestir unha longa capa de cor negra, que remataba na parte superior nunha carapucha que escondía os seus cabelos. Cando menos de dous metros separaban a silueta dos dous garda civís, aquel diaño abriu a boca de par en par e botou un terrorífico berro afogado. O son fixo a Álex reaccionar por fin, quen, aterrorizado, logrou desenfundar a súa arma regulamentaria. Sen dubidalo nin un segundo, pechou os ollos e baleirou o cargador no peito daquela mala besta. Ninguén moveu un músculo. Todos, absolutamente todos os que presenciaran aquela diabólica escena ficaron petrificados, mirando o corpo inerte daquel ser. Sen tempo a que ninguén reaccionase, uns trinta segundos despois de que a ultima bala impactase no peito daquel diaño, púidose escoitar un berro de pavor a uns vinte metros da cachela. O que nun principio parecía ser algo illado, transformouse, de súpeto, nun voceo que procedía de todas as cachelas espalladas pola vila, como se Carballo enteiro estivese a berrar de medo. Xosé mirou a Álex con pavor, e dixo en voz alta: -A porta entre os dous mundos está aberta.
SAN XOÁN 2016
61
SAN XOÁN 2016
62
SAN XOÁN 2016
63
SAN XOÁN 2016
64
MIGUEL SUÁREZ FUENTES
CARLOS BAUTE: EL BUZÓN DE TU CORAZÓN esde o outro lado do Atlántico, Venezuela máis concretamente, chega a Carballo, para realizar un alto no camiño da xira deste verán, o cantautor caraqueño Carlos Baute.
D
Coñecido pola maioría de todos nós pola cantidade de temas con ritmos e letras pegadizos e bailables, Carlos Baute ten outra vertente máis romántica que tamén é ben coñecida polos fans que o agardarán na capital de Bergantiños.
Con raíces españolas por parte de pai e, como non ía a ser doutro xeito, galegas –de Ourense teño entendido–, Carlos Baute dou os seus primeiros pasos como músico nunha formación de rapaces cun nome moi venezolano, Los Chamos. Con eles gravou o seu primeiro disco de estudo: Con un poco de amor. Logo desta primeira incursión no mundo artístico, Baute comezou a traballar noutros ámbitos, como o mundo da moda ou a interpretación, da que salientamos a súa participación en series televisivas como ¡Ala… Dina!, Mis adorables vecinos ou Aida; presentador en galas da pequena pantalla ou en programas doutros formatos como Saturday Night Live ou Elígeme; como xuíz en talent shows como ¡A bailar! ou Bailando por un sueño e recentemente en Arxentina, tamén como xurado, na versión porteña de Tu cara me suena. Pero volvendo ao mundo da música, no que o noso protagonista parece sentirse máis cómodo, e ademais é ao que profesionalmente se dedica, volvemos a mirada atrás, a 1994, para descubrir ao Carlos Baute cantante en solitario, adquirindo unha prematura madurez con dous traballos moi ligados ao folclore venezolano, Orígenes I e Orígenes II (este último só publicado en Venezuela). Pero o que o fixo despegar a nivel internacional foi o seu terceiro traballo, Yo nací para Querer… o determinante na carreira do venezolano. Con el acadou os primeiros discos de platino e a ansiada, por moitos músicos, proxección internacional, facéndose visible noutros países de latinoamérica e proxectándose noutros lugares como España, un novo mercado que acabaría converténdose no seu país matriz como centro da súa carreira. Deste álbum destacamos temas como “Mi medicina”, “Mueve, Mueve” ou a balada “Te quise olvidar” composta integramente por el. No ano 2001 Dame de Eso, será o título da súa seguinte produción e tamén do tema homónimo, incluído no disco, moi bailable e festeiro, que
SAN XOÁN 2016
65
SAN XOÁN 2016
66
acompañaba a este traballo composto por 10 cortes que mesturaban estes temas pop-latinos con baladas moi do estilo do cantautor. Con temas como “Amar a dos”, “Angelito” ou “No quiero nada sin tu amor”, Carlos Baute regresa sobre esas cuestións que tanto o “perturban” como é o amor e o desamor. En plena voráxine de cantantes suramericanos desembarcando en España e contaxiándonos con melodías que provocaban o movemento de cadeiras e de bailes, desenfadados e desenfreados, que nos levaban ata o esgotamento nas festas, pistas de baile e pubs, así como en radios que pinchaban sen parar música latina, chegamos a 2004, que é un ano moi importante para Baute, xa que desde este momento será el o encargado da produción íntegra dos seus próximos traballos ata o día de hoxe, controlando todo o proceso creativo de principio a fin. Neste ano lanza o quinto disco da súa carreira, e primeiro no novo proceso de realización, que leva por título Peligroso. Compuxo todas as cancións do disco e agora, ademais, xa forma parte da familia Warner Music, e remátao en Los Ángeles. Deste álbum forman parte temas como “Rosa me roza”, “Chiki, chiki”, “Me enseñaste”, “Que te vaya bien” ou “He sido un falso”. Como vemos, o amor, as ganas de vivir e a ledicia son a mensaxe que transmite de novo este disco. Xa en Madrid, ao ano seguinte, en 2005, o venezolano grava o seu sexto álbum titulado Baute. Novas cancións e novas temáticas engádense á súa xa consagrada carreira. “Te regalo” será o tema principal da serie televisiva chilena Versus, e unha canción moi importante e cunha mensaxe apelando ao sentido común será “Quien dice que no duele”, onde o cantante fala de conflitos, inxustizas, desamparo e diferenzas sociais. Ademais, neste traballo asinado co seu apelido, non podían faltar o seu estilo propio en cortes como “Devorándote”, “Tu me quemas” ou “Mal de amor”, entre outros. O 2006 é o ano do compilatorio, Grandes Éxitos, no que Carlos Baute xunta nun traballo as cancións máis importantes para el e para a súa carreira. As cancións que todos os seguidores xa coñecen e que agora poden ter reunidas nun álbum, ao que incorpora dous temas inéditos: “Vivo enamorado” e “Estás hecha para mi”. Sen dúbida un éxito de vendas con cantigas de todos os estilos e para todos os gustos. Pero se hai un traballo polo que Carlos Baute será recordado para sempre é a primeira das cancións que está incluída no seu sétimo traballo de estudo, De mi puño y letra. Non se trata doutra que “Colgado en tus manos”. Un hit sen precedentes na carreira do cantautor e que rematará de elevalo ao máis alto das listas de éxitos, co dueto con Marta Sánchez. Con esta canción Carlos Baute acadou 27 números 1 en Promusica e 7 en Los 40 Principales, máis dun millón de descargas dixitais e conseguiu que este single fose un dos máis vendidos da historia da música en España e Hispanoamérica. Un traballo redondo que finalizou cunha gravación dun disco en directo no que participarían Marta Sánchez, Nek, Álex Ubago ou Pastora Soler, entre outros, no ano 2009 baixo o título Directo en tus manos. Logo de dous anos de xira e concertos con De mi puño y letra, preséntase Amarte bien, unha selección das máis de corenta cancións que compuxo ao longo do tempo que estivo xirando e das que elixiu só doce. Delas salientan “Amarte bien”, “Cuando tu no estás”, “Quédate un
SAN XOÁN 2016
67
SAN XOÁN 2016
68
SAN XOÁN 2016
69
SAN XOÁN 2016
70
poquito más” e, por suposto, outro dos éxitos que máis se escoitou deste oitavo álbum, “Quien te quiere como yo”. Con este traballo Carlos Baute volve posicionarse como un cantautor de referencia, a nivel latino, valorado moi positivamente pola revista americana de referencia Billboard e conseguindo un dos trofeos máis importantes da música en español, o facho de prata do Festival de Viña del Mar en Chile. Co éxito debaixo do brazo e arrasando en todas as listas de vendas e sobre todo de radio –xa que en Latinoamérica ten moitísima importancia o posicionamento nas listas radiofónicas– e logo de varios concertos en Arxentina, México, Porto Rico, Paraguai, etc., Carlos grava con Rasel “Me pones tierno”, un tema polo recibiría un disco de ouro e que incluíu nun traballo compilatorio editado só para Arxentina que levaba por título Un poqutio más. Chegamos a En el buzón de tu corazón, último traballo do artista e que a axencia de comunicación de Baute describe como un “paquete de cancións tan solventes e cheas de contido que levaron ao propio autor a cambiar de rexistro vocal en varias delas, explorando deste xeito unha nova forma de cantar e de buscar novas tesituras”. Parece ser que a nova situación persoal de Carlos Baute influíu dun xeito importante neste cambio que se traduciu nun álbum moi íntimo e persoal, moi emotivo con moita franqueza. Con temas como “Qué quieres tu de mi”, onde as letras son directas e as frases van de fronte, sen dar razón a malos entendidos. E outros como “De qué me servirá la vida”, “Te ruego mi perdón” ou “Espero no sientas rencor”, no que se deixa influenciar polo folclore venezolano e mexicano. E así corre a historia profesional de Carlos Baute, entre a composición, a presentación de novos traballos como o último sinxelo “Perdimos el control”, que coproduciu con David Bustamante, e a súa incursión no mundo das plataformas dixitais, como a súa canle de YouTube El mundo de Baute, onde publica vídeos de contido variado coa intención de mostrarse máis preto do seu público. Así quere presentarse en Carballo preto dos e das súas fans para cantar o mellor do seu repertorio e facer que a capital de Bergantiños volva a ser o centro da música internacional e onde, como di a letra de “Prometo hacerte feliz”: “…lo mejor de mi lo he guardado tanto tiempo, esperando este momento…”, se cumpra aquí. Por certo, felicitámolo porque acaba de recibir en maio o Premio Latino de Oro ao mellor cantante latinoamericano que outorga a Fundación Mundo Ciudad, da que forman parte Luís de Olmo, David Meda, Eduard Punset ou Álex de la Iglesia, entre outros. Carlos Baute actuará o 25 de xuño na Praza do Concello.
SAN XOÁN 2016
71
SAN XOÁN 2016
72
SAN XOÁN 2016
73
SAN XOÁN 2016
74
SAN XOÁN 2016
75
II CLASSIC CAR CARBALLO DOMINGO 12 DE XUÑO que comezara hai un ano con dous amigos tentando xuntar un grupiño de coches clásicos, rematou reunindo cento vinte e seis espectaculares xoias. Si, 126! Un número incrible, pero aínda máis incrible foi a calidade das persoas participantes. Non nos referimos só aos coches, que os houbo de todas as décadas dende o ano 1917 ata o 1990 e de todos os estilos. Algúns son modelos únicos no país e incluso en Europa! Vehículos que pertenceron á aristocracia, a escoltas de xefes de estados, a estrelas do cine...
O
Pero, como apuntabamos, tamén falamos da calidade humana. Xente de todas as idades e condicións. Xente que veu doutras provincias. Xente que se puxo a restaurar o coche para telo perfecto para o día. Que ata nos chamaban dos talleres para dicir que non daban feito a pintar, tapizar ou arranxar coches. Xente, en definitiva, fantástica que comprendeu que nos vimos desbordados con tanto coche e con 240 amigas e amigos a xantar. Entenderon sen protestar ante os erros da xuventude e axudaron a que entre todos o I Classic Car fose un gran día. Esa mesma xente que, dende o mesmo momento en que rematou a pasada edición, xa preguntaba ansiosa cando ía ser a próxima. Pois aquí estamos! Convertidos
SAN XOÁN 2016
76
agora en Asociación Cultural Vehículos Clásicos – Classic Car Carballo. Unha nova aventura que acaba de comezar a rodar, pero que xa conta con numerosos apoios e que se materializará o día 12 de xuño no II Classic Car. Na pasada edición xa nos colocamos no mapa de xuntanzas de clásicos e pola porta grande. Este ano será o da consolidación e converterá a Classic Car nun clásico no mundiño e nun referente. E, coma clásico que é, manterase a idea inicial. Xuntanza nun punto carismático do concello e almorzo, atravesar Carballo para tomar o aperitivo en Razo e paseíño pola costa, xantar de confraternización e exposición dos vehículos na Praza do Concello. E, por suposto, como non!, achega de alimentos non perecedoiros ou artigos de bebé, de todos os participantes, á Cruz Vermella de Carballo. Na pasada edición xuntáronse 350 kg de alimentos e hai que superalos. Para iso facemos un chamamento e animamos a todas as persoas que acudades ao evento, sexa participando ou como público, a colaborar con esta iniciativa solidaria. Graciñas de antemán. Esperámosvos a todas e todos o 12 de xuño! ITINERARIO DA II CLASSIC CAR CARBALLO 9.30 h: Xuntanza con almorzo en La Base – Motorclub, en Artes. 11.00 h: Saída rumbo a Razo con paseo por rúas carballesas e aperitivo no restaurante O Cordobés. 13.30 h: Paseo pola costa de Razo – Baldaio e, novamente, paseo polas rúas carballesas con destino a Artes, ao Pazo de Vilar de Francos. 14.00 h: Xantar no Pazo de Vilar de Francos. 17.00 h a 21.00 h: Exposición dos coches na Praza do Concello e música do Dj Frank Fairlane.
SAN XOÁN 2016
77
SAN XOÁN 2016
78
BEATRIZ FRAGA
PEDRA BEZOAR
V
aloradas como rareza e expostas nunha peaña de ouro e xemas, as pedras bezoar eran o orgullo dos gabinetes de curiosidades ou cuartos das marabillas nos que se gardaban as coleccións dos naturistas durante os séculos XVI e XVII. A palabra bezoar vén do persa padzahr (pad, protexer e zahr, veleno), da palabra badzher do árabe, e do hebreo beluzaar. Significa “contraveleno”, ou “antídoto”. A pedra ou “xema” bezoar debe o seu nome á Capra aegagrus aegagrus, unha subespecie de cabra salvaxe que habita nas montañas de Turquía, o Irán e o Afganistán. O animal adopta ese nome dos bezoares, as bólas de fibra ou pelo que se forman no seu estómago. Pulverizadas e mesturadas cun líquido (viño), para facilitar a súa inxestión, estas pedras actuaban, segundo a crenza popular, tal como o faría hoxe en día o carbono activo fronte a moitos tóxicos, é dicir, reducindo a absorción do veleno e neutralizando a súa toxicidade. Estes antídotos comezaron a empregarse no Oriente Medio para ser introducidos logo en Europa polos árabes. Tal era a lei que se lle tiña ás propiedades destas pedras que debido á súa escaseza, “alugábanse” como amuletos protectores para celebracións coma vodas ou banquetes. Os bezoares auténticos adoitaban estar en poder de reis e aristócratas como consecuencia do seu prezo elevado.
As pedras máis valoradas montábanse en pequenos pés de ouro e xemas. No Museo de Historia da Arte
de
Viena
consérvase un valioso exemplar....
Consideradas como tesouros, arredor deste talismán creouse unha artesanía, que elaboraba un tipo de recipiente específico para albergar estas “masas ou cálculos”, chamados os bernegais. Eran copas, xeralmente de prata ou ouro, con dúas asas en forma de G maiúsculo que tiñan no fondo unha pestana que suxeitaba a pedra. Como rarezas, consérvanse bernegais feitos de cristal, tal é o caso do bernegal do tesouro de Luís de Francia (1661-1711), que se pode ver no Museo do Prado. As pedras máis valoradas montábanse en pequenos pés de ouro e xemas. No Museo de Historia da Arte de Viena consérvase un valioso exemplar cunha peaña de ouro e esmeraldas. Tamén se conservan bezoares montados en prata, auténticas filigra-
SAN XOÁN 2016
79
SAN XOÁN 2016
80
Debuxo de Beatriz Fraga
nas, a modo de colgantes ou ben como aneis. Estes pequenos “seixos” actuaban como amuletos. O médico e botánico sevillano Nicolás Monardes Alfaro (Sevilla 15081588) escribiu un Tratado de la Piedra Bezaar no que exaltaba as súas virtudes. En 1567, o cirurxián francés Ambroise Paré, médico da casa real puxo en práctica un experimento para demostrar a ineficacia da pedra bezoar. Aconteceu que un cociñeiro da corte do rei Carlos IX, foi collido in fraganti roubando prata. Condenado á forca, o preso, coa esperanza de verse librado da morte ou cando menos de non ter que ser sometido a escarnio público, permutou a condena. De acordo co rei o ladrón consentiu en ser envelenado coa condición de que, inmediatamente despois de tragar a apócema, lle fose administrado como antídoto o po da pedra bezoar. O médico demostrou a ineficacia da pedra xa que o preso morreu. Aínda despois do experimento do francés Paré, as pedras bezoares seguiron sendo admitidas como remedios na farmacopea londiniense ata mediados do secúlo XVIII. Hoxe en día, sabemos que as pedras bezoares son “masas” que se forman no intestino ou no estómago dalgúns animais e, raramente, no dos homes, e que están formadas por fosfato de calcio, area e pelos.
SAN XOÁN 2016
81
SAN XOÁN 2016
82
De tamaño variado e de textura diferente, as pedras bezoares
De tamaño variado e de textura diferente, as pedras bezoares soen ser de cor parda ou amarelenta, aínda que as máis prezadas, pola excentricidade da súa cor, son as que se forman no interior das serpes: pequenos seixos con forma de ovo e da cor do topacio azul, ou augamariña. No século XIII, no Lapidario (tratado médi-
soen ser de cor parda co e máxico acerca das propiedades das pedras en relación coa astronomía) do rei
ou amarelenta, aínda Afonso X o Sabio, cítanse tres variedades de pedra bezoar; a primeira de cor parda
que as máis prezadas, amarelenta, a segunda (máis dura que a
anterior), de cor amarela e a terceira,
pola excentricidade da mate e de cor parda. As tres, segundo o súa cor...
tratado citado, son efectivas contra a mordedura de animais velenosos e contra a rabia, aínda que a última ten a propiedade engadida de ser eficaz contra os que padecen a enfermidade da melancolía e o entumecemento dos membros.
Pero, volvendo aos gabinetes de curiosidades, ou das marabillas, o emperador Carlos I tiña entre a súas máis prezadas pertenzas coleccións de caixas con pedras bezoares; Felipe II, na Camara do Tesouro, conservaba bezoares traídos da India e, en Portugal, Catarina de Austria tamén as tiña no seu gabinete das marabillas. Actualmente podemos atopar bezoares nas coleccións da Farmacia do Palacio Real de Madrid e no gabinete de curiosidades da familia Salvador no Instituto Botánico de Barcelona. Pedro Franco Dávila, primeiro director do Museo do Real Gabinete de Ciencias Naturais en época de Carlos I achegou unha abundante colección de pedras bezoares de diversas procedencias que se engadiron ás que xa tiña o monarca traídas das colonias americanas. Hoxe en día, forman parte da colección do Museo Nacional de Ciencias Naturais.
SAN XOÁN 2016
83
SAN XOÁN 2016
84
MIGUEL SUÁREZ FUENTES
DANCING QUENN: UN TRIBUTO A ABBA
A
Comisión de Festas de San Xoán 2016 retoma a fórmula que tantos éxitos lle fixo colleitar noutras ocasións, a da banda tributo. É dicir, a dunha formación musical que homenaxea a outra aliñación, tamén musical, mundialmente coñecida. Ao igual que o ano pasado nos visitaron Brothers in Band, o grupo galego que, despois do orixinal, máis se parece á banda de Mark Knofler, chegando incluso a confundir o teclista de DireStraits –GuyFletcher– con eles mesmos ou, como hai uns anos con Good Save the Quenn / Dios Salve a la Reina, a agrupación arxentina que tributaba os magníficos Queen, este ano visitará Carballo ABBORN, o tributo ao grupo sueco ABBA. Como fago por norma á hora de escribir estes artigos, intento buscar e cotexar información de moitas fontes coa sa intención, de ofrecerlles aos lectores e lectoras outro punto de vista, obxectivo e entretido, sobre o que o mundo da música pode ofrecer de boas a primeiras. Nesta ocasión aconteceume o mesmo. Nunca pescudara a fondo sobre os grupos tributo e a verdade é, que salvo obviedades que saltan á primeira vista, existe outro mundo aparte no que parecen vivir os integrantes e seguidores desta tipoloxía de formacións musicais. Primeiro, dicir que existen dous tipos. Aqueles grupos que son clónicos dos orixinais, é dicir, que “copian” integramente ao grupo en todo: posta en escena, coreografías, música, vestiario, movementos, etc. E, en segundo lugar, os que apostan polo rigor musical en estado puro e duro, sen fixarse noutros complementos ou accesorios, como xa dixen. En ambos casos correctos, ao meu modo de ver, e que xa visitaron Carballo nas dúas vertentes. Estas bandas, que versionan os seus grupos fetiche para deleite de milleiros de seareiros que as seguen, veñen sendo desde hai uns anos a esta parte, un fenómeno musical sen precedentes en España, xa que se diferencian das orquestras que habitualmente vemos nas festas amenizando sesións vermús e verbenas e porque, ademais, supoñen unha grande fonte de ingresos e de traballo para moitas persoas que se moven con elas. Esa diferenza entre as orquestras e estas bandas reside en que mentres as primeiras son como unha jukebox e tocan todos os hits do momento, estas bandas están centradas única e exclusivamente nun músico ou grupo musical de éxito recoñecido, cunha lexión de fans e unha traxectoria internacionalmente abalada.
SAN XOÁN 2016
85
SAN XOÁN 2016
86
Por outra banda, nos tempos que estamos a vivir onde cada euro que se inviste por parte da administración pública debe facerse de maneira consecuente e responsable, esta é unha alternativa de ocio do máis zumenta, exitosa e que sempre deixa bo sabor de boca. Os tributos ofrécenlle á xente unha forma de lecer que doutro xeito non poderían gozar. Cobren un oco para moitas xeracións que non teñen espectáculos á súa medida, xa que a música actual non lles di nada e, porque acceder a un concerto homenaxe é moito máis accesible que asistir ao orixinal, igual porque xa non existe, por disolución ou desaparición do artista. E aquí chegamos a outro punto moi importante para este tipo de bandas, que son máis rendibles canto menos actividade teña o orixinal, xa que xera ansiedade pola imposibilidade de velo e, polo tanto, a necesidade de cubrir a nostalxia que nos produce a súa ausencia. Tal é o caso que nos trata, ABBA, ou outros como Michael Jackson, Pink Floyd, Nirvana, Genesis, etc., salvando honrosas excepcións como AC/DC, U2 ou The Rolling Stones, que aínda en activo, enorgullécense de teren as súas propias bandas tributo sen que estas lles fagan sombra. E deste xeito, desde Eslovaquia chegan a Carballo ABBORN, un espectáculo que homenaxeará ao grupo sueco por excelencia, ABBA. Grandes embaixadores da música pop, dance e rock europea dos anos setenta e oitenta, ABBA, que deixaron unha pegada moi importante no mundo da música xa que, á parte do seu estilo inconfundiblemente disco –vestiario, coreografía, ritmos e estética– quedarán para o recordo cancións emblemáticas que perdurarán para sempre na historia da música.
SAN XOÁN 2016
87
Os eslovacos achegan unha montaxe multimedia que esteticamente recordaranos moito ao cuarteto sueco composto por Frida, aquí Helena, Agnetha, na voz de Edina, Benny, substituído por Donald e Björn que se encarnará Ladislav. Con eles, viaxan tamén dous compoñentes máis que completan esta formación que se creou hais máis de 15 anos e que levan ás costas máis de 2000 concertos vistos por máis de 500 000 espectadores de todas as idades. Expectantes, agardaremos en Carballo para ver este tributo a ABBA e así volver bailar e, como non, cantar, temas como “Waterloo”, “Knowing me, knowingyou”, “Take a chace on me”, “MammaMia”, “SuperTrouper”, “Chiquitita”, “VoulezVou”, “Gimme! Gimme! Gimme!”, e como non, o tema que da nome á xira deste grupo, “Dancing Queen”. Antes de rematar este documento non me gustaría facelo sen reflexionar sobre un asunto que todos os expertos e estudosos sobre a música se están a facer e que a min, persoalmente tamén me interesa. Non é outro que o porqué do éxito destas bandas tributo en directo, con grandes producións e aforamentos ata a bandeira, versus a “preguiza” de escoitar a novas formacións. Falta de curiosidade e cultura musical? Unha industria musical que tira cara a formatos máis económicos e de fácil e rápido consumo? Falta de interese en novos letristas e músicos por abaratamento de custos? Non lles podería ser de todo sincero. O que si lles propoño, sen marxe de reflexión posible e só salvando os gustos persoais, é que non perdan o concerto de ABBA Dancing Queen Show Live, unha cita para nostálxicos, fans e curiosos do grupo sueco, da man dos eslovacos ABBORN que contan, ademais, co beneplácito e bendición dos seus alter ego ABBA. ABBA Dancing Queen Show Live, 24 de xuño na Praza do Concello.
SAN XOÁN 2016
88
XAN X. FERNÁNDEZ CARRERA
CARBALLO VILA TERMAL este ano 2016 cúmprense 300 anos do redescubrimento dos baños de Carballo, un feito esencial para a capital de Bergantiños. A parroquia de San Xoán de Carballo é moito máis antiga, creouse, como moitas outras de Galicia, durante a época medieval. Esta parroquia foi nos seus inicios unha freguesía humilde tanto na súa extensión (7,5 km2 ), como no seu número de habitantes. Se a comparamos con outras que actualmente forman parte do concello de Carballo, coma a de Rus (24,3 km2) ou a de Sofán (23,7 km2), ou mesmo Bértoa (13,1 km2) ou Cances (12,5 km2), comprobamos a súa reducida extensión (Nogueira Esmorís; 1998: 115). Tamén sucedía co número de veciños, mentres que Rus ou Sofán a comezos do século XVII, pasaban dos cen, a parroquia carballesa tiña trinta e un. Humildes tamén eran as súa rendas, que se repartían entre o reitor (párroco) e o mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago. Nesta época San Xoán de Carballo era anexo de Santa María de Ardaña (Hoyo, del; 1607: 252).
N
Cento cincuenta anos despois, é dicir, a mediados do século XVIII, a situación da parroquia carballesa pouco mellorara con respecto á etapa anterior, contaba por estas datas con 65 veciños/as, cando Sofán pasaba dos 200, e superada tamén pola de Bértoa (72) ou Sísamo (90). Nestes momentos o señorío da parroquia de Carballo ostentábao Antonio Parga y Gago, marqués de San Xoán de Carballo. A parroquial estaba situada no lugar de Cernide, a carón do antigo cemiterio. Era aquel un templo modesto e de reducidas dimensións, de estilo barroco. A súa situación estaba centrada con respecto aos núcleos de poboación da freguesía, xa
SAN XOÁN 2016
89
SAN XOÁN 2016
90
que todos eles se atopaban na beira esquerda do Anllóns, agás o da Lagoa que quedaba na banda dereita, por iso era o máis illado, posto que os seus habitantes tiñan que atravesar o río para comunicarse co resto da parroquia e as condicións da pontella para cruzalo non sempre eran axeitadas (Fernández Carrera; 1992:13). Ademais a vía principal de comunicación neste tempo pasaba pola outra banda do Anllóns, era o camiño real procedente da Coruña, e desde A Laracha, cruzaba por Vilaño, Verdillo, Feira de Verdillo, A Brea, e dirixíase á ponte Lubián. Neste século XVIII, concretamente no ano 1716, será cando se produza o redescubrimento dos baños que permaneceran soterrados posiblemente desde época romana, un acontecemento transcendental na historia da parroquia de Carballo, pois este feito significará a orixe da vila carballesa (Ortega; 1857: 51). Foi a partir desta data cando comeza a formarse este núcleo arredor do manancial descuberto. A través dun longo preito que comezou no ano 1776 entre o veciño José Moscoso Caamaño e o párroco Domingo Antonio Rodríguez Cancela, motivado por que este último construíra unha casa a carón dos baños agora descubertos, chegou ata nós abundante información sobre estas augas termais, coñecidas neste momento polo nome de baños de Bértoa da Lagoa (Fraga Rodríguez; 1999: 69). Nun principio foron de propiedade municipal, ata que no ano 1851 pasaron a pertencer a Pedro Sanjurjo Pérez, fillo do médico-director do balneario. A situación das instalacións neste momento eran moi precarias, así se recolle na documentación da época. Os pozos nos que se bañaban os enfermos “presentaban el aspecto del más horrible calabozo en donde no entraba más luz que la que penetraba por unos agujeros, formados por piedras desprendidas” (Ortega; 1857: 37). O novo propietario encarga un proxecto para levantar un novo edificio de planta rectangular, cun vestíbulo que comunicaba co cuarto do médico-director e coas dependencias destinadas aos bañistas, e a través dun corredor, tamén co salón de descanso. O exterior era de
SAN XOÁN 2016
91
SAN XOÁN 2016
92
paredes lisas, recebadas, deixando ao descuberto os remarques de granito das aberturas (Ortega; 1857: 39). As obras realizáronse ao longo do ano 1852. Por estes anos a incipiente vila de Carballo dividíase en dous núcleos ou barrios: un arredor dos baños, composto polo balneario, a capela da Virxe da Estrela e as casas de hospedaxe para albergar aos bañistas. E un segundo núcleo situado máis ao sur, arredor da actual praza de Galicia, no que se situaban as vivendas de funcionarios do xulgado, comerciantes e demais veciños (Madoz; 1845: tomo I, 362)). Por estes anos, e a iniciativa do propietario dos baños, será cando se trace a nova estrada comarcal 552, que permanecía parada na “Costa das Comiñas”, a tres cuartos de legua do sur de Arteixo, coa intención de “facilitar el arribo de los enfermos a los baños de Carballo” (Ortega; 1857:29). O trazado desta vía significou o abandono do antigo camiño real e o nacemento de novos núcleos de poboación a longo desta nova estrada. Tamén converteu a Carballo no centro viario da comarca de Bergantiños. Polo tanto, a consolidación desta vila virá dada por unha serie de acontecementos coma o de converterse na capital do concello e cabeceira do partido xudicial da comarca a partir de 1836, o ser un lugar de atracción de bañistas non só procedentes da comarca, senón da cidade da Coruña e doutras partes de Galicia, e tamén por ser centro comercial e de comunicación dos concellos da redonda. Carballo nun principio carecía de feira, pero unha vez que o núcleo comezou a consolidarse creouse unha que se celebraba o terceiro domingo de mes. Logo pasará a ser o segundo domingo, substituíndo a que había en Rus, e a partir de 1941, tamén absorberá a de Verdillo que tiña lugar o cuarto e quinto domingo, a máis importante que se celebraba na comarca (Fraga Rodríguez; 1999: 87). Pero resulta que este novo núcleo carecía de igrexa parroquial, tan só tiña como edificio relixioso a capela da Virxe da Estrela, situada a carón do Balneario. A parroquial de Cernide, ademais de ter unhas reducidas
Rio Anllóns, Parque da Estación
Xan Fernández
SAN XOÁN 2016
93
SAN XOÁN 2016
94
dimensións, estaba afastada da nova entidade de poboación, de aí que no ano 1858, se solicitase ao arcebispo santiagués a autorización para a construción dun novo templo. Fai o proxecto o arquitecto Faustino Domínguez, técnico provincial, e rematarán as obras en 1864 (Domínguez Pallas; 2005: 87). A baixa calidade dos materiais utilizados, ante a falla de recursos dos que dispoñía a igrexa nestes tempos posteriores á Desamortización, xunto coas irregularidades cometidas polo encargado das obras, fixeron que o novo templo tivera curta vida, sendo pechado ao culto en 1886 (Domínguez Pallas; 2005: 91). Haberá que agardar ata 1924 para que Carballo dispoña dunha nova igrexa parroquial. Durante ese tempo intermedio os actos relixiosos celebráronse nun local provisional construído onde actualmente se sitúa a rúa San Xosé. Os anos vinte do pasado século, representaron momentos de prosperidade e avance para a vila carballesa. “El caserío es moderno y de buena apariencia y gusto, extendiendose a lo largo de las carreteras que atraviesan la villa y que forman sus calles principales, trazadas a cordel y con buenas aceras. Así desaparecieron las antiguas, estrechas y mezquinas callejas, por lo que la población presenta un aspecto alegre y pulcro”(Carré Aldao; 1926/1930: 26) . Tamén se refire aos edificios máis emblemáticos cos que contaba naquel momento Carballo. “La Casa Consistorial es moderna y de vellísimo aspecto, con su torre central. Ella y la iglesia honran a Carballo, que puede envanecerse de contar con dos tan soberbios edificios, que para si quisieran capitales importantes” (Carré Aldao; 1926/1930: 27). Este Carballo moderno, ben trazado e de aspecto harmonioso terá a súa etapa negra na década dos anos setenta do pasado século, momento no que desaparecen os edificios do concello, da igrexa neorrománica e do balneario coa zona verde de arredor. Ante a falla dun plan urbanístico que protexera estes edificios históricos e ordenara as novas construcións, a vila foi vítima da crúa especulación, que levou por diante o mellor do seu patrimonio arquitectónico. Mais hoxe Carballo estase a recuperar daquel duro golpe e mira cara ao futuro con optimismo e con gañas de se converter nunha cidade de novo trazado con rúas amplas, espazos verdes e novos edificios públicos que prestan unha variada oferta de servizos, que lle achegan unha agradable calidade de vida aos seus cidadáns e cidadás (Fernández Carrera; 2013: 75) . Pero esta ollada optimista cara ao futuro non debe levar ao esquecemento do seu pasado baseado no redescubrimento das súas augas termais, por iso nos parece axeitado o novo slogan colocado nas estradas que dan acceso a este núcleo que di: “Carballo vila termal”. BIBLIOGRAFÍA CARRE ALDAO, E.(1926/1930): Geografía General del Reino de Galicia. Provincia de La Coruña (Vol. VI-T.3º), Barcelona. DOMÍNGUEZ PALLAS, D. Mª (2005): “O proxecto arquitectónico de Faustino Domínguez Domínguez para a igrexa de San Xoán de Carballo”, en Revista San Xoán 2005, Comisión de festas de San Xoán FRAGA RODRÍGUEZ, X. M. (1999 e 2012): Crónicas de Carballo I e IV; Asociación Lumieira, Carballo. FERNÁNDEZ CARRERA, X. X. (1992): “Nacer nos Baños Vellos”, en Revista San Xoán 1992, Comisión de Festas de San Xoán. FERNÁNDEZ CARRERA, X. X (2013): Guía de Carballo; Concello de Carballo HOYO, J. del (1952): Memorias del Arzobispado de Santiago (1607) ; Edición de A. Rodríguez e B. Varela Jácome; Porto Editores, Santiago. MADOZ, P. (ca. 1845): Diccionario General-Estadístico-Histórico de España y sus posesiones de Ultramar; reed. facsimilar, Madrid. NOGUEIRA ESMORÍS, G. (1998): A Comarca de Bergantiños. Estudio demográfico (1887-1996), Deputación Provincial de A Coruña. ORTEGA, I. (1857): Memoria de los Baños Minerales de Carballo; Imprenta del Hospicio, A Coruña.
SAN XOÁN 2016
95
SAN XOÁN 2016
96
ANTÓN VECINO
ROCKIN´CARBALLO
O
Rockin´ segue medrando, e outro ano máis a multitude de estilos musicais tomará o Rego da Balsa o 17 de xuño. Será o punto de partida das festas patronais do San Xoán 2016, e que mellor comezo que rock&roll. Polo escenario desfilarán os madrileños Sex Museum, unha das bandas míticas do panorama musical nacional, que xa leva máis de 3 décadas enriba dos escenarios, con 14 discos ás súas costas, e que traerán a Carballo Big City Lights (Tritone 2014), isto é, o último LP, todo un percorrido polo son do garaxe rock, tocando a psicodelia dos 60, plasmado nos teclados de Marta Ruiz, a voz atronadora de Miguel Pardo, e coa contundente sección rítmica capitaneada por Javier Vacas e Roberto Loza, sen esquecer os salivazos de rock que cospe a guitarra de Fernando Pardo. Escoltados polo maños Tachenko, outras das bandas da escena indie nacional, será o contrapunto do festival, con son máis suaves e delicados. Cada canción que escriben e interpretan, adoita acabar nun hit, capitaneados por Sebas Puente e Sergio Vinade, atraerán a unha lexión de fans, que de feito contan con moitos por estas terras.
Los Bengala
SAN XOÁN 2016
97
Antes subirán Los Bengala, tamén de orixe zaragozana. Son un dúo, batería e guitarra ao mais puro estilo de The White Stripes ou os actuais The Black keys, que andan no limite do rock puro e duro sen concesións en castelán, con letras mordaces. Son unha das bandas máis irreverentes enriba dos escenarios, que non deixarán indiferentes a ninguén. Tamén na mesma liña aterran no festival Nave Nodriza, o trío coruñés que despois dun puñado de ep´s presentan o 30 de abril Ap est a (Grabaciones de Impacto 2016), cancións endiañadas, ritmos frenéticos e adrenalina, moita adrenalina. Pero antes Aula 11, para quen non os coñezan son de Carballo, teñen 18 anos e, aínda que non se afeitan, xa esnaquizan tímpanos. Despois de tocar o ano pasado no Sereas e Piratas, gran colaborador do Rockin´, este ano teñen a alternativa no escenario do Rego da Balsa. Poden parecer sen táboas, pero xa están tocando por sitios tan dispares coma Madrid, despois de gañar un concurso de Radio 3, e este ano poderemos velos antes na final de bandas emerxentes do Festival S.O.S. Murcia, algo que xa fala por eles mesmos. Xogan na casa e iso é un punto ao seu favor. Ademais dunha responsabilidade, que seguro superan con nota porque medran a pasos axigantados, chegan co ep publicado Esta noche No. Acabarán por confirmar o que se espera deles, que xa son unha realidade.
Tachenko
SAN XOÁN 2016
98
Nave Nodriza
SAN XOĂ N 2016
99
SAN XOÁN 2016
100
Pechará Antondj, que o ano pasado xa foi o encargado de facelo, cunha selección do mellor garaxe rock, pop rock, indie rock ou electrónica. Dará o punto e final un asiduo da marcha carballesa e de festivais coma o Gijón Sound, Nordestazo rock e V de Valares, ou salas coma o Soho en Xixón, CooperClub en Burgos e Submarino Bar en Malpica, e colaborador tamén de varias revistas dixitais coma Indienauta ou Mondosonoro. Traerá os novos temas da actualidade que están soando nas mellores salas nacionais, mesturado cos grandes hits de sempre.
Antondj SAN XOÁN 2016
101
SAN XOÁN 2016
102
Sex Museum
Aula 11 SAN XOÁN 2016
103
SAN XOÁN 2016
104
DÉSIRÉE M.ª DOMÍNGUEZ PALLAS
O PREITO ENTRE O MOSTEIRO DE SAN MARTIÑO PINARIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E A CASA DE MONTAOS POLO SEÑORIA XURISDICIONAL DO COUTO DE RUS
C
ontinuando co decidido afán de sacar á luz datos relevantes que permitan reconstruír, aínda que sexa a pequenas pinceladas, a interesante historia da nosa contorna, este ano preténdese dar a coñecer a Real Carta Executoria expedida pola Real Chancelería de Valladolid a favor do mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago en relación ao preito contra dona Beatriz Bermúdez de Castro, señora da casa de Montaos, e don Francisco de Menchaca, o seu xenro, sobre a posesión dos bens sitos na Barciela, Berreo, Chaián, Xavestre, Rial, Lema, Rus, Sofán e Entrecruces, entre outros lugares . Os monxes alegaban como proba que as escrituras de foro outorgadas polo mosteiro a favor dos antepasados da citada casa nobiliaria para posuír os ditos bens perderan validez en tanto que rematara o prazo establecido nelas: "pola vida de don Pedro Bermúdez e dúas voces máis". Efectivamente, o primeiro herdeiro na casa de Montaos do referido don Pedro foi o seu fillo don Fernando e, trala súa morte en 1569 sen descendentes, o seguinte na liña sucesoria foi o clérigo don Antonio Bermúdez de Castro, seu irmán, que viña a ser a terceira e última "voz" permitida. Cando en setembro de 1575 o mosteiro presentou a demanda na Audiencia de Galicia –que daquelas tiña a súa sede en Santiago de Compostela antes do seu traslado definiti- O terrible crime do vo á Coruña– para obrigar a casa de que faciamos menMontaos a devolverlles as rendas cobradas ilicitamente (uns 250.000 marabedís, ción tivo lugar pousegundo os seus cálculos) e a restituír as anos máis posesións dos bens, casais, lugares, xuris- cos dicións, sinecuras e padroados en cuestarde, durante unha tión, don Antonio –tío da herdeira, dona Beatriz– levaba falecido dous anos. das habituais viaxes Así, pois, pretendían que os Bermúdez de Castro lles devolvesen non só o couto de Rus, coa súa xurisdición civil e criminal e o señorío e vasalaxe de todos os lugares e propiedades sitos na parroquia, senón tamén do couto de Boiro de San Vicenzo do
SAN XOÁN 2016
de Lucrecia entre Galicia e Valladolid
105
Rial e o de San Pedro de Sorrizo. Dos pertencentes ao actual concello de Carballo tamén reclamaban os casares de Gontián de Sofán, a devesa de San Paio e o lugar de Vilela sitos, como sabemos, en Entrecruces, así como o de Castrillón pertencente á parroquia de Lema. A sentenza da Chancelería de Valladolid, confirmatoria da outorgada pola Audiencia de Galicia favorable ao mosteiro, ten data do 26 de abril de 1586 e a raíz dela expídese a Real Carta Executoria que xa mencionamos o 23 de febreiro de 1591 pola que se pretende facer cumprir o sentenciado. Con ese mesmo fin, un mes máis tarde o citado tribunal comisiona a Diego de Posada, notario e rexedor da vila de Llanes (Asturias), para ser o xuíz executor . O 9 de maio xa estaba en Santiago, procedendo entón a realizar as dilixencias oportunas mais atópase cun feito imprevisto dado que chega ao seu coñecemento que don Francisco de Menchaca leva máis dun ano desaparecido por ter asasinado a súa muller. En efecto, as testemuñas citadas para dar información do acontecido relataron parte da historia da familia Montaos que é a seguinte e que reproducirei brevemente: Dona Beatriz era a filla única de don Gonzalo Gómez Pérez Bermúdez de Castro, gobernador de Capua e Maestrante de Campo de Cabalería do vicerrei de Nápoles, e de dona Camila Carrafa, filla do Duque Ariano. Cando recibe o señorío de Montaos tras o falecemento de seu tío don Antonio o 23 de agosto de 1573 –como xa comentabamos en liñas anteriores– parte desde Italia a España xunto co seu home, Lelio Grisón, e as súas tres fillas: Lucrecia, Camila e Ana. En contra do que se puidera pensar, o seu destino non foi Galicia, senón Valladolid, establecéndose alí para estar preto do rei (Felipe II) e da súa Corte. A partir dese momento comezan os preitos cos seus parentes galegos pola posesión do morgado en tanto que alegaban que non lle pertencía por ser estran-
SAN XOÁN 2016
106
SAN XOÁN 2016
107
xeira e por corresponderlle a don Fernán Pérez de Lanzós –"lexítimo herdeiro" segundo el–, entre outros pretendentes. En 1584, recoñecida xa como a señora de Montaos tras as sentenzas favorables outorgadas ao respecto, concertou o matrimonio de Lucrecia co valisoletano Francisco de Menchaca, comendador de Torres y Cañamares na Orde de Santiago. Segundo as capitulacións matrimoniais, dona Beatriz aceptou doar e traspasar o estado e morgado de Montaos, Peñaflor e terra de Lestrove, Dubra, Caión, Val de Rus e Vilarprego á súa filla a cambio dunha pensión anual de 1.000 ducados. O terrible crime do que faciamos mención tivo lugar poucos anos máis tarde, durante unha das habituais viaxes de Lucrecia entre Galicia e Valladolid. Nesa ocasión acompañábana os seus fillos, Gaspar e Beatriz. Partiran de Santiago en dirección á citada cidade castelá cando, o 1 de decembro de 1589, á altura da ponte de "Velazar", chegando ao condado de Benavente, Francisco de Menchaca ordena deter o coche de cabalos e, axudado por un tal Pedro de Gaona, entra nel e apuñala a súa muller ata a morte diante dos meniños. Falecida Lucrecia, fugado Francisco ao reino de Aragón e tendo renunciado previamente dona Beatriz ao señorío, os dereitos sobre o morgado de Montaos recaeron en Gaspar, que daquelas contaba tan só cuns meses de vida. Neste desgraciado contexto familiar é onde debemos encadrar, por tanto, este preito e explicaría en gran medida o aparente deixamento manifestado pola parte perdedora durante todo o proceso. Nos meses que seguiron á chegada do xuíz asturiano practicáronse notificacións, autos, informacións e demais dilixencias necesarias ata a sentenza condenatoria pola que Diego de Posada obrigaba aos Bermúdez de Castro a restituír 17 anos de rendas atrasadas. Tiñan que devolver,
SAN XOÁN 2016
108
O seguinte paso foi proceder a levar a cabo
os
autos
de
posesión de todos os lugares reclamados.
por exemplo, os 70 reais anuais (ou o que é o mesmo: 38.080 marabedís) pagados polos vasalos do couto de Santa María de Rus, os 720 ferrados de trigo e as 64 galiñas pola renda dos lugares de San Sadurniño que levaban os caseiros Francisco Ribeiro e Rodrigo de Aldemunde , ao igual que o cobrado en metálico polas penas de cámara impostas polos xuíces aos condenados nesa xurisdición. O seguinte paso foi proceder a levar a cabo
Mencionando só os os autos de posesión de todos os lugares situados
no
reclamados. Mencionando só os situados
actual no actual concello de Carballo, hai que
dicir que o citado xuíz realizou as pertinentes dilixencias no lugar de Caxín da parroquia de Rus, coa presenza de frei Alonso de Santamaría, en representación do mosteiro de San Martiño Pinario. Así, o 20 de outubro de 1591 e ante Tomé de Vilariño, veciño de Entrecruces e arrendatario do monte e devesa de San Paio, procédese á toma de posesión deste mediante un acto simbólico consistente na entrega por parte de Diego de Posada ao citado frei Alonso da póla dun carballo existente na dita devesa. Ao día seguinte, foron ata o lugar de Vilela da mesma freguesía e nesta ocasión o "sinal de posesión" consistiu en meter ao freire dentro das casas de morada de María do Rego e Gregorio Carabel.
concello de Carballo
Mención especial merece a toma de posesión do couto de Rus posto que as dilixencias realizadas para levala a cabo incluían valiosa información como a demarcación dos límites da xurisdición . Grazas a iso sabemos que comezaba no porto da Parameira, que de alí ía a dar ao outeiro de "Pousafoles" para descender logo á "Pedra da Toca", seguindo polo petón de Arganosa, a pedra da "Cabeza de Teixeiro" e pola portela de "Castro do Ourego" ata dar no marco do Ourego, de alí á "mámoa de Alcaverta", a continuación á "pedra branca da Peniquiera" e dende este punto ía a dar á pedra que está cabo de "Castelo da Cabra" para logo tirar cara ao Castro de Barís e o marco da Gándara de Rus. Unha vez neste punto, subía a delimitación pola braña arriba ata dar co foxo da "Camposa dos Ferreiros", de alí á pedreira que está cabo da "braña dos Raposos" e logo ao "pego" de Soutullo, pasaba a continuación xunto a agra do lugar de Pazos, tras os foxos da braña da Telleira, e a pereira de María Gorgulla para seguir pola pedreira do Outeiro e o espiño e "casalino" denominado "da Bayobeira" situado xunto ao camiño francés que vai para Santiago, continuando polo dito camiño arriba ata dar nos barreiros de Lebosende, entre o lugar de Pereirovello e o monte de Valiñas, de alí ao lugar de Cotaro ata unha fonte que esta xunto ao couto de Erborís, logo ao casal do outeiro de "Míguez" e "Peracarneira" ata, finalmente, chegar ao linde co couto de Ferrol pertencente tamén ao mosteiro de San Martiño Pinario. Ademais de con esta xurisdición, confinaba con outras pertencentes ao arcebispo de Santiago, á propia casa de Montaos e co xulgado de Berdillo de xurisdición real. Así mesmo, segundo a testemuña citada –un tal Juan Pombo, veciño do lugar de Ramil da mesma freguesía–, o couto fora demarcado "ante os seus ollos" en época de Don
SAN XOÁN 2016
109
SAN XOÁN 2016
110
Fernando Bermúdez de Castro, arredor duns 60 anos atrás, e que a dita demarcación xa a recordaban xeracións anteriores. De novo, tras a sentenza favorable ao mosteiro compostelán, a toma de posesión da xurisdición tivo lugar o 16 de agosto de 1591 no lugar de Caxín. Despois das notificacións oportunas, o xuíz executor faille entrega a frei Alonso de Santamaría da vara de xustiza do meiriño que lle devolvera quen desempeñara previamente o cargo: Roi de Breixo. Unha vez nas súas mans, entregoulla a Juan Rodríguez do Moíño que polo presente acto quedaba nomeado como o novo meiriño e xustiza ordinaria do dito couto de Rus. Non obstante, a posesión xurisdicional non quedou completada toda vez que o referido Roi de Breixo, a sabendas de que se procedería a executar a sentenza en contra dos Bermúdez de Castro, con gran celo sacou e levou da cárcere de Rus a cadea, griletes e "presións" para escondelos na veciña xurisdición de Ardaña, pertencente á casa de Montaos. Tiveron que reclamar estes obxectos e para iso abríronse as dilixencias necesarias para dar información sobre a existencia da dita cárcere no couto. Grazas a iso, sábese que estivo en poder de Fernán do Seixo pero tamén que estivo situada na aldea de Nogareda e noutras casas da parroquia que foron compradas co recadado das penas pecuniarias con que foron castigados Pedro de Sende e outros vasalos (fol. 343 v.). Finalmente, condenouse o antigo meiriño a devolver estes obxectos cunha pena económica de 10 ducados e de seguido, o escribán asignado ao val de Rus, Domingo Fernández, procede a dar conta de todos os procesos formados contra os habitantes do couto nun interesante listado de causas. Por último, para non estendernos máis neste interesante preito de máis de 600 follas, cabería apuntar simplemente que se tomou posesión do lugar de San Sadurniño de Rus que daquelas habitaban Alonso de Aldemunde e Juan de Deus, o seu xenro, así como Francisco Ribeiro, tecelán, e o seu fillo político, Rodrigo de Aldemunde. Xunto cos lugares de Gontián e Vilariño, sitos na freguesía de San Salvador de Sofán, procédese a facer entrega tamén do lugar de Castrillón de San Cristovo de Lema onde vivía Domingos Casco. Neste caso, o acto de posesión concretouse coa entrega ao freire dunha pedra do casal de Pumar e outra do lugar de Rus habitado por Juan da Regueira de Pardiñas. Sirvan, pois, estas liñas para rememorar feitos esquecidos do noso pasado.
SAN XOÁN 2016
111
SAN XOÁN 2016
112
HENRIQUE MARIÑO
PUMAR: “A LINGUA É A PATRIA ONDE NOS EDUCAMOS TODOS” osé Pumar Gándara (Buxán, Val do Dubra, 1931) marchou estudar con catro anos a Santiago, onde foi ordenado sacerdote. Logo escribiu en once tomos manuscritos a historia de Bastavales, unha titánica tarefa que repetiu cando chegou a Seavia. “Alí había un tesouro na lingua galega, tanto na fraseoloxía como na entoación, e tratei de recollelo”, lembra este cura ilustrado, hoxe residente en Carballo. “Todo iso estase perdendo, porque veu a televisión e a radio, que fire a lingua materna de Bergantiños, de modo que os seus xiros e topónimos quedan moi afectados”. A continuación, a segunda parte de Pumar, unha entrevista biográfica (a primeira está publicada na revista de San Xoán de 2015).
X
Vostede sostén que a patria é a terra e os mortos que xacen baixo dela. Iso é de Cunqueiro. A patria é o pasado, o presente, a vida, a cultura e mesmo o medio físico. Tamén a lingua, non? Claro que si. A lingua é a patria onde nos educamos todos. Por iso hai que conservala. Non podemos desclasarnos, sobre todo os que nacemos falando galego. No tempo en que estiven no seminario, tiñamos un profesor que pertencía á elite compostelá e na casa falaba en castelán. Logo estudara en Roma e non tivera contacto co noso idioma. O noventa por cento dos seminaristas eramos da aldea e falabamos en galego. Pero cando viamos un profesor, tiñamos que cambiar. El, que non entendía algunhas frases en galego, botábanos un sermón, porque parecíalle que nos facía rurais e degradaba á clase sacerdotal. “Los chicos que vienen al seminario tienen que perder ese tonillo rural”. Aínda que non o comprobei, oínlle dicir a xente informada que no concordato de 1851 entre a Santa Sede e Isabel II houbera unhas cláusulas secretas polas cales os curas non predicarían na lingua propia do país, sobre todo en Cataluña, País Vasco e Galicia. Pero vostede daba misa en galego… Empecei niso en Bastavales, aló polo 1965. Daquela, Quiroga Palacios, cando era cura, xa escribía en galego na revista Logos (nome dado por Amor Ruibal), porque tiña certa facilidade para comprender o que era o galego. Asinaba os textos baixo o pseudónimo de Fernando Pazos. Non estaba prohibido dar misa en galego? Non, pero era estrañísimo facelo. Naquel ambiente pechado, mesmo podía parecer ofensivo.
SAN XOÁN 2016
113
SAN XOÁN 2016
114
Entón vostede foi un pioneiro. Ah, si… Como tamén o foron Barros Gómez, Cebrián Franco, Ferreiro García, Vicente Ferreirós, Espiña Gamallo e Morente Torres, estes dous últimos tradutores do Novo Testamento ao galego, polo que recibiron o Pedrón de Ouro. Foi posible grazas ao pulo do Concilio Vaticano II e á presenza de Quiroga Palacios. Despois veu Suquía e pronunciou unha homilía en galego en Pontedeume que marcou época, porque era vasco, pero falaba éuscaro, como seu pai. Cando morreu este, no seu enterro pronunciou unha homilía en éuscaro que publicou no boletín oficial de Santiago. É dicir, que era más comprensivo coa lingua galega que moitos galegos. Custoulle traballo, pero falou no noso idioma nunha parroquia onde había un cura que só falaba en castelán. Os pobres cregos resistíanse porque pensaban que supoñía degradar a liturxia. Cre que a Igrexa, como institución, soubo evolucionar nos últimos anos ou quedou anquilosada? O Concilio Vaticano II foi unha aurora, pero de nós esperábase que foramos un pouco máis decididos á hora de aplicalo. No campo da liturxia, permitiu o uso das linguas vernáculas. Houbo que traducir todos os libros, aínda que mentres non se fixo oficialmente, circularon uns subsidios, que eran traducións improvisadas. Por exemplo, en Carballo, que é unha poboación rural, a liturxia é en galego, claro que si. Pero eu celebro no Colexio das Monxas todos os días e resulta que as monxiñas, que son todas galegas, fíxese ben, falan castelán. Eu dígolles: “Pero muller, vós, cando iades á escola, que falabades?”. E respóndenme: “Pues mire usted, es que nos han educado así”. Claro, recibiron unha presión enorme… Logo veu unha superiora de Ourense que o entende e dou un pregón en galego, polo que agora síntome autorizado para misar en galego en días como o Apóstolo ou as Letras Galegas. Moitas veces explícolles palabras e conceptos para que vexan que o galego non é unha cousa chapurreada, senón que é unha lingua que ten por detrás o latín e que mesmo ten vestixios do grego, para darlle autoridade ó noso idioma. Aínda que falan castelán, de vez en cando meten cantos en galego. Lembro que a primeira vez que unha monxa me escoitou falar en galego, veu tremendo á sancristía: “Pero vostede, pero vostede...?”, díxome asustada. Porén, eu fálolles en galego adrede, porque elas son da Laracha, de Sofán e de Artes… Hai excepcións, claro. Agora que hai moitos uruguaios, por non ofendelos e tratalos ben, don José e máis eu falámoslle en castelán, pero xa é unha cuestión persoal. Antes falaba do perigo de desclasarse...
Si te educan para ser un líder ou unha persoa dominante… Date conta de que daquela nas parroquias o único que había era o cura, porque os mestres vivían moi pobremente, a expensas da xente, que lle levaba broa, fariña, ovos… Aí tes o dito: “Pobre como un mestre de aldea”. O cura era a referencia da parroquia e querían que fora un individuo preparado, e parece que a preparación consistía en que esquencese a súa orixe galega e que adquirise, digamos, un nivel superior, como se consideraba daquela ao castelán. Nós viñamos todos da aldea e eramos galegofalantes, pero no seminario estaba castigado o falar galego. Era unha norma superior ratificada por superiores que, pola súa vez, eran de clase superior, polo que querían que os alumnos tamén fósemos así.
SAN XOÁN 2016
115
SAN XOÁN 2016
116
Monteneme, preto da Eira das Meigas
SAN XOร N 2016
Antonio Fernรกndez
117
soas veñen á igrexa a un funeral ou queren ser padriños nun bautismo. Pero eu non lles vou dicir: “Oe, que teño aí un papel que ti firmaches!”. A orientación sexual non está pelexada coa fe relixiosa. Claro que non, poden ser tan crentes como outros, pero a batalla presentouse así. Zapatero estivo ás voltas coa lei de liberdade relixiosa, pero ao final non a sacou adiante. Manda moito a Igrexa? Non o sei [risos]. Eu non a vexo mandar tanto. Se manda é pola opinión pública. Agora o Estado non lle dá os fondos que lle daba antes. Hoxe recibimos o 0,7% da declaración da renda, pero ningún cura ten nómina do Estado. Desde hai uns anos, aspiramos a autofinanciarnos. Pero aquilo de quitar os crucifixos das aulas quedou en nada. Mire, nos cuartos do internado das monxas, que reciben moitos rapaces con dificultades familiares que lle manda a Xunta, mesmo marroquís, non hai ningún símbolo relixioso. E os nenos van á misa e ao catecismo se queren. O papa Bieito moi pouco durou. É que entrou xa maior. Xoán Paulo entrou con 58 anos e Bieito, con 78. Non sei se podería aguantar máis, porque eu vin como o levaban nun carriño polo Vaticano e dábame pena. Despois de que se filtrasen as súas cartas confidenciais, supostamente roubadas polo seu mordomo persoal, ben puido pensar: “Meu deus, onde me metín!”. Iso tamén. Ao ser unha persoa maior, non controla todo. Ao pobre vírono indixente e abusaron del. Foi boa cousa que o novo papa fose latino? Ben, si, americano. A ver se conserva ese frescor. A nós, europeos, parécenos que os suramericanos son un pouco máis lixeiros. Pois a ver se conserva esa lixeireza e esa liberdade para poder dicir “isto si, isto non”. Pero desfacer o que está feito custa moito, porque o sistema é moi pechado. Se te portas dun xeito determinado, todo está garantido, pero se queres empezar a romper por aquí e por alí, desfás o petate. Aínda que é moi difícil de romper, porque ten séculos de existencia. E loitar contra iso… Non direi loitar contra iso, senón renovalo ou rexuvenecelo. Por exemplo, como pode haber no Vaticano dúas mil persoas empregadas? Non o concibo, porque se aínda fose unha fábrica de coches… Non pode ser: se hai moito traballo, hai que delegalo ás conferencias episcopais. Pero claro, iso suporía paro ou protestas. En moitas dioceses, ao melloriño chámano para Madrid ou para Roma. En certo modo, quedamos descabezados, porque se hai unha persoa que vale, enseguida a promoven para un cargo superior. Logo chegan alí e cobren uns papeis, miran uns libros e informan sobre isto ou sobre o outro, pero na diocese tiñan un labor pastoral máis importante. Velaí o traballo de don Xosé, unha persoa con gran poder de convocatoria.
SAN XOÁN 2016
118
Ilustración
Manuel Pazos
Volvendo ao de antes: a Igrexa estase sabendo adaptar aos novos tempos ou peca de conservadora nalgúns aspectos, aínda a costa de perder novos fieis? Nós tampouco somos a Consellería de Cultura [risos], á que lle conviría que todos falásemos galego en todos os ámbitos. Torres Queiruga, gran galeguista e o membro da Real Academia Galega más antigo, ten lembrado que cando entrou na RAG había quen falaba castelán. Hai moitos da Consellería que, cando saen á rúa ou van tomar un café, falan castelán… Quéroche dicir que nós avanzamos, aínda que hai cregos que non. O cura de Cances, Jesús Antelo Quintáns, que é do Val do Dubra coma min, xa non ten outra lingua que o galego. Dicíame: “Din que ti e máis eu votamos ao Bloque porque falamos galego” [risos]. Sabe dios como é iso... El tamén é un líder da lingua galega por fidelidade á súa terra. Isto, no campo da lingua, pero hai outros aspectos. Por exemplo, a muller na Igrexa non está aceptada en canto a funcións sacerdotais como debera estar. Isto é un sentimento común ou, polo menos, moi maioritario entre o clero. Na parroquia de Carballo, as mulleres son maioría en Cáritas, na liturxia… Alá arriba, as miñas monxiñas len todo elas, porque eu da vista non ando ben. Aínda que o fan en castelán, claro que si. Deberían poder ser ordenadas sacerdotes? Claro, mais, mais… As monxiñas len o evanxeo e dan a comuñón. Eu bautizo, pero todo o resto fano elas. Con isto da crise, parece que tamén hai un ERE na freguesía, non? Hai unha perda de crentes, si. Aí atrás, con motivo do matrimonio homosexual, recibíronse moitas baixas, aínda que despois esas mesmas perSAN XOÁN 2016
119
SAN XOÁN 2016
120
XOSÉ PUMAR GÁNDARA
O ARQUITECTO FREI MANUEL CAEIRO
EN BERGANTIÑOS coincidencia e conxunción de persoeiros cultos como foron Vega y Verdugo (1623-1696) e Domingo A. de Andrade (Cee 1639Santiago 1711) introduciu o barroco en Compostela e xurdiu unha escola de arquitectos que son a gloria de Galicia nos séculos XVIXIX.
A
Vega y Verdugo era un cóengo compostelán (1649-1672) de estirpe madrileña. O barroco na catedral puido parecer un estilo alleo ás tradicións cristiá e xacobea. Os prexuízos cederon ante aquel sabio cóengo fabriqueiro. Andrade formouse percorrendo importantes academias de España e completaría a súa formación cos coñecementos recibidos de Vega y Verdugo. E así tivemos unha quenda de grandes arquitectos na Catedral: Casas Nóvoa, Ferro Caaveiro, Fernández Sarela..., unha xeración que cubriu o século XVIII. Á beira destes grandes mestres formáronse outros no obradoiro de San Martiño Pinario que atendían ás obras dos mosteiros e conventos de Compostela. Tiñan na cidade grandes edificios a conservar, ampliar e restaurar. Ademais numerosas parroquias dependían destes centros de vida monacal ou mendicante. Así, San Martiño Pinario, Santo Domingos de Bonaval, San Francisco do Val de Deus, San Paio de Antealtares. Benedictinos foron os arquitectos Gabriel Casas, Manuel Casas e Francisco de Velasco; franciscano, foi Manuel Caeiro, e dominico, Manuel de los Mártires. Queremos referirnos a Manuel Caeiro. Couselo Bouzas (vide Bibliografía, pax. 205), achega datos sobre este arquitecto nacido en Cuntis no 1739. A súa obra máis importante foi a igrexa conventual de San Francisco, para a que dera planta e comezara Simón Rodríguez (Couselo, pax. 581). Dous anos antes, Pérez Costanti fixera un catálogo de artistas en Galicia nos séculos XVI e XVII. Revisa con gran esforzo protocolos aos que puido chegar nas cidades galegas. Couselo, ademais, visitou arquivos parroquiais e recibiu información de párrocos da súa confianza. A Xunta de Galicia reeditou ambas obras. Gran favor para a nosa cultura. II Tiven a sorte de ser alumno de don Xosé Couselo en Historia da Igrexa. Polo que falamos na aula, non transcendía que o profesor fora gran investigador no eido das artes galegas. Aló por 1943, merquei o seu
SAN XOÁN 2016
121
SAN XOÁN 2016
122
Galicia Artística. Era un dos poucos exemplares que quedaban. Descubrín xa, sendo rapaz, un mundo novo. Lembro que unha vez estaba Couselo contemplando fixamente o retablo maior de San Martiño Pinario. Achegueime a el, indiscreto eu, e recordeille que aquela gran obra de Casas e Romai, tíñaa el moi estudada no seu libro. Pero díxome, remarcándoo, que tivera un erro na atribución dunha determinada imaxe. Non recordo cal me dixo. Cando don Xosé non ía á catedral, pola súa ancianidade, celebraba misa no oratorio de San Bertomeu, do pazo de Raxoi. Charlabamos un anaquiño ao remate da misa. Era moi crítico, e con fundamentadas razóns. Contoume que, en determinada parroquia da nosa diocese, había catro esculturas representando aos catro evanxelistas. Chegou por alí un famoso artista galego e pediulle ao párroco que lle deixase levar dúas para reproducilas no seu obradoiro. Favor que acadou e despois devolveu os modelos que levara. Pasou por alí Couselo, o párroco amosoulle os evanxelistas e o visitante sentenciou: estes dous son novos, non son irmáns dos que permaneceron na parroquia. Asistín ao enterro de don Xosé (1869-1942) que foi nun serán soleado, de febreiro, na súa parroquia natal de Santa Comba de Cordeiro-Valga. III En Seavia e en Erbecedo tivo Manuel Caeiro importantes intervencións. En Seavia deu plano para a fachada que hoxe ten a igrexa parroquial. Era o ano 1791. Foi axustada en 6.000 reais, que aportou o mosteiro de San Paio, ao que pertencía o dereito de presentación do cura vicario, así como as rendas do seu couto que era, aproximadamente, a metade da
SAN XOÁN 2016
123
SAN XOÁN 2016
124
Un forte lóstrego caeu sobre a torre e tivo que ser reparada. Puxeron pararraios. Foi no ano 1896, e custou 3.793 reais.
parroquia. Os fregueses colaboraron coas carrexadas (Libro III de Fábrica de Seavia, fols. 26 e 26). As madeiras viñeron da devesa real, preto da igrexa. Fíxose tribuna, que non había. Houbo aproveitamento do penal que correspondía á casa rectoral, arrimada á igrexa. A obra é sinxela, sen pretensións, cubre toda a fronte, ben ancha, das tres naves románicas que, daquela, tiña a igrexa. Hai hoxe sinais visibles no interior da conexión da fachada coas naves deterioradas ata a obra de 1913 que hoxe presenciamos no corpo da igrexa.
Na obra presentada por Caeiro vai tamén a base para a espadana que, en 1868, sería reemprazada pola torre, obra que dirixiu o mestre Xosé Sánchez, de Traba, e custou 6.400 reais (Libro IV de Fábrica, fol. 41 e ss.). Aproveitaron as campás da espadana pero trouxeron unha nova, de 37 arrobas, que custou 7.400 reais, obra de Dámaso Palacios. Esta sonora campá leva o nome de Santa Bárbara. Un forte lóstrego caeu sobre a torre e tivo que ser reparada. Puxeron pararraios. Foi no ano 1896, e custou 3.793 reais. Contan que neste suceso puido perder a vida o ancián párroco Sr. Rodríguez Espasandín. Tiña el un arame desde a campá maior deica a súa habitación. O venerable clérigo, envolto nas mantas aquela noite, en nada se viu afectado. Tan só o gran susto que levou. A outra intervención de Manuel Caeiro foi en Erbecedo. Daquela, a igrexa parroquial estaba na paraxe coñecida como A Erbedeira, mesmo onde hoxe, e desde 1943, se ergue a capela da Nosa Señora dos Miragres, que aproveitou aquel sitio. En novembro do 1791 veu por terra a igrexa, da que xa se sabía que estaba en perigo de derrubamento. Como o mosteiro de San Paio e o cabido de Santiago percibían, por metade, as rendas do beneficio, van sufragar, tamén por metade, a reconstrución. Os veciños han facer as carrexadas. Deu o plano frei Manuel Caeiro. Mestre canteiro foi Gregorio da Pena, de Arcos, Cuntis (Couselo pax. 511). Custou a obra, 6.000 reais. En 1866 hai o traslado da igrexa para o emprazamento actual na aldea de Silván, no centro da comunidade parroquial (Libro II de Fábrica de Erbecedo, fol 55 e ss.). O cardeal García Cuesta en visita pastoral feita o 4-11-1865, dispuxo que a igrexa fose trasladada a un lugar máis accesible para a freguesía, (coidamos que sería idea suxerida polo párroco e a meirande parte dos veciños). Opuxéronse os veciños de Cereixa e Abelenda, que alí tiñan máis preto a igrexa. Resulta favorecido no cambio o 70 % da veciñanza. Cede gustosamente o terreo en Silván don Ramón Castro Arias, da Coruña. Ata el, pensamos, chegaría a propiedade da capela do Santo Anxo e campo anexo, por herdanza familiar, a partires do avó de don Paulo Anxo Aldao e Breixo. Os apelidos femininos vanse perdendo en favor dos consortes varóns, anque as propiedades sexan das súas esposas.
SAN XOÁN 2016
125
SAN XOÁN 2016
126
Hai constancia de que no ano 1641 xa existía a capela fundada polos Aldao Breixo, propietarios de grandes extensións en Silván. Mentres a parroquial estivo en Erbedeira, esta pequena capela (reconstruída e ampliada no tempo) era un centro de culto de fácil acceso para boa parte da parroquia. A clausura da vella parroquial foi dramática pola oposición das aldeas máis próximas á Erbedeira. No 1871 os ladróns roubaron todo o enxoval litúrxico de valor que había na igrexa, agora xa en Silván. Esta nova localización fixo que popularmente a parroquia fose coñecida como “Silván”. Telleiras, panaderías, fogueteiros, pasaron a ser “de Silván”. Resulta , pois, que a intervención de Caeiro foi no deseño da igrexa antiga. Na actual foron aproveitados materiais, retablos, espadana, fachada, procedentes da anterior. Temos así unha construción que chamaremos arte popular e que nos permite deducir como foi a igrexa antecesora. Reconstruír a igrexa en Silván custou 8.590 reais. Feita polo mestre canteiro de Traba, Xosé Touceda. Mestre carpinteiro foi Xaquín Espasandín, de Seavia, quen desarmou o tellado da vella e cubriu a nova. Percibiu 1.060 reais. Pintou o retablo e imaxes o pintor de Santiago Andrés Cardama. Cobrou 2.100 reais. IV Todos os gastos e iniciativas que houbo en Seavia e en Erbecedo despois da Exclaustración (1835) e Desamortización (1836), xurdiron nas propias parroquias que tamén asumiron os gastos correspondentes. Os fondos de Fábrica, os donativos dos fregueses, foron os protagonistas das obras. Lembremos que a Academia de Bellas Artes de San Fernando, de Madrid, foi fundada no 1752. Esta academia non estivo afortunada na reforma da fachada da Acibechería da Catedral (1757-1769) xa empezada por arquitectos composteláns tan acreditados como Ferro Caaveiro e Fernández Sarela. Ben á vista está o que pretendían estes e a nova orientación, neoclásica, que deu á obra Ventura Rodríguez. Louvanza, pois, para aos nosos arquitectos. A Escola de Arquitectura de Madrid foi fundada no 1844. En canto os seus titulados foron chegando, os organismos oficiais tiñan que acollelos como funcionarios especializados. O mesmo pasou no arcebispado de Santiago. Conclusión: os nosos arquivos parroquiais, agora integrados no Arquivo Diocesano, teñen un tesouro de datos para completar a Historia Artística de Galicia. Ademais de información xenealóxica, estatística, toponímica... da nosa terra. Moi importante isto se temos en conta que o Rexistro Civil para toda España, por lei do 1870, empezou a rexer no 1-1-1871. Pero os arquivos parroquiais de algunhas parroquias empezaron nos últimos anos do século XVI. BIBLIOGRAFÍA COUSELO BOUZAS, J. (1932): Galicia Artística en el siglo XVIII y primer tercio del siglo XIX; Imprenta del Seminario, Santiago.
SAN XOÁN 2016
127
SAN XOÁN 2016
128
XURXO BORRAZÁS
PACO, IN MEMORIAN
O
de Paco víase vir, para que negalo? Ata daquela nunca padecera mal ningún pero, xa se sabe… Quen nunca tivo un achaque, cae o primeiro en combate. Os últimos días botáraos deitado e practicamente inmóbil, calado, arfando e respirando a pesar. Ela limpáballe as lagañas da xunta dos ollos, aloumiñábao, bicábao. “Ai Paco, meu Paco! Que me vas deixar soa a lidar coa vida.” Pisáballe a comida e dáballa cunha culleriña do café ata que a el lle foi posíbel inxerila, ao final Amalia simplemente mollaba o dedo en auga e humedecíalle os labios. Medíalle a febre na fronte e refrescábao con toallas molladas, facíalle masaxes suaves e delongadas, contáballe paso a paso o que fixera na rúa coa intención de distráelo, por onde camiñara, a quen vira, que comprara… Unha dedicación tan absoluta que parte da tristeza de Paco parecía vir da impotencia para corresponder o agarimo, coma se el se sentise culpábel por non podela acompañar ata o remate dos seus días. Así foi ata a mañá en que ela estricou o brazo na cama e o sentiu frío. Tocoulle a cara e o lombo e, asustada, permaneceu deitada de costas a el durante case media hora, chorando e mordendo a almofada. O cancro detectáranllo apenas dúas semanas antes e a veterinaria ofrecéralle poñer fin ao sufrimento aquel mesmo día cunha inxección. Ela opuxérase espantada e volvera para a casa con Paco no colo. A morte, sabendo que é o acontecemento máis seguro da nosa existencia, no momento da verdade sempre acaba por parecernos incríbel. Xa falecido e trala desnutrición das últimas horas o corpo de Paco pareceulle a Amalia tan lixeiro coma o dun paxariño. Cando a filla llo trouxera á casa doce anos antes ela tiña setenta. Desde cativa na aldea non tivera can na casa e a idea pareceulle unha extravagancia pero aceptouno, por uns días. Así llo propuxera a filla, para facerlle compañía trala morte do seu home atropelado cando ambos paseaban xuntos, confiando en que o animal a obrigase a saír da casa tres veces ao día. “Aínda non ten nome” dixéralle, “podes poñerlle o que queiras”. “Vaise chamar can” respondera a nai. “Can?” “Si, pero con k: Kan”. “Que máis ten iso? Valo escribir?” “Que sei eu! Por se acaso”. Xa cando o dicía sabía que lle ía quedar Paco e a cousa ía ser asunto deles dous. Kan ía ser o nome oficial, para as vacinas e o chip. Ás dúas semanas eran inseparábeis e compartían comida, cama e bañeira.
SAN XOÁN 2016
129
SAN XOÁN 2016
130
Agora, de morto, gañoulle medo. Coma se en vez de morto a tivese abandonado ou se perdese en terra estraña. Levou unha alfombra ao balcón, pousouno alí, pechou a porta e ollouno a través do cristal. Chamárona do servizo de atención da Cruz Vermella. Estaba ben, si, regular. Que tal dos mareos? Saíra hoxe dar o paseo? Se precisaba algo xa sabía, podía chamarlles. Por que lle falaban tan alto? Por que súa filla se empeñara en contratarlle ese servizo? Co anoitecer saíu ao balcón e notouno teso. Meteuno nunha bolsa do lixo e esta dentro doutra, vestiuse, peiteouse e baixou á rúa. Sabía que a artrose non lle ía permitir erguer o brazo para botalo nun colector, tería que pousalo a carón do verde escuro, como facía sempre coa varredura. Por sorte pasaba un cativo duns once anos e pediulle que a axudase. O rapaz colleu a bolsa e guindouna con forza e estrondo no colector case baleiro. “Moitas grazas, guapiño”, dixo, e o rapaz seguiu o seu camiño. “Amalia, que foi?” preguntoulle unha veciña ao vela chorar tentando atopar a chave do portal da casa. “Nada, nada. Cousas de vellas”. “Que raro sen o kan”. “Si”. De volta no piso apañou as correas, a cesta, as mantas, o pratos, o bebedoiro, o xampú, os cepillos, os brinquedos... Meteuno todo noutra bolsa e volveu baixar. Ata as tantas da mañá desfixo os traxes de gancho de Paco e con eles fixo un tapete mentres escoitaba a radio. Cando rematou doíanlle os dedos, lavouno nunha tina con xabón e tendeuno. Levaba máis dun día sen probar bocado e non fora á praza. Na cociña non atopou nada que comer sen antes preparalo pero na alacena descubriu que esquecera tirar a comida de Paco, as latas e as galletas. Agardaría á mañá. Abriu unha bolsa de Royal Canin mini adult, uliuna e volveu chorar a fío. A xente chamáballes penso pero ela e Paco sempre lles chamaran galletas. Mordeu a punta dunha. Non tiñan peor sabor que as múltiples medicinas que lle receitaban a ela para a artrose, os mareos, o azucre ou o estómago. Ao día seguinte no almorzo tomou unha cunquiña delas con leite, coma cereais. As latas de carne aseguraban ser baixas en sal, ían ben cun arroz en branco, arrimándolle unha cebola e unha cenoria coci-
Á semana decidiu que precisaba
un
can
substituto.
Paseou pola porta dos supermercados ata que na porta dun Gadis viu un palleiriño de cor café con leite atado a un sinal de tráfico
SAN XOÁN 2016
131
SAN XOÁN 2016
132
da, coma albóndegas: todo lle sentaba ben. E se non fose así que? Que lle ía pasar? Morrer? Case lle daba a risa. Á semana decidiu que precisaba un can substituto. Paseou pola porta dos supermercados ata que na porta dun Gadis viu un palleiriño de cor café con leite atado a un sinal de tráfico. Ollou derredor, desfixo o lazo da correa e estaba a aloumiñalo para que a acompañase de bo grao e sen ladrar cando o can a trabou na man e se puxo a montar escándalo. A dona saíu da tenda e desfíxose en desculpas con Amalia, pediu un desinfectante na caixa, explicou que o animal estaba vacinado, non tiña que preocuparse. Ao ver as marcas dos caíños na man da anciá case lle dá unha volta. Ofreceuse para acompañala ao médico, deulle o seu teléfono. “Non mo explico” laiábase. “Nunca antes mordera a ninguén”. “Non é nada” tranquilizouna Amalia. “Estaba ceibo e achegueime a el pero ao non coñecerme... Pobres, que entendemento teñen”. “A partir de agora vas quedar na casa, oíches, Daisy? A ver se así aprendes” rifoulle a muller. Ou sexa que era unha cadela. E chamábase Daisy. A moi palleira arregañoulle os dentes ata que Amalia a ollou en fite uns segundos. Daquela a agresora, vencida, baixou as orellas, choromicou e enroscouse atemorizada atrás das pernas da súa dona, coma se a mirase un pitbull.
SAN XOÁN 2016
133
SAN XOÁN 2016
134
SAN XOÁN 2016
135
SAN XOÁN 2016
136
SAN XOÁN 2016
137
GABRIEL PÉREZ SUÁREZ
LEMBRANDO O PAN DE CARBALLO ando un chega a traspasar os noventa anos e xa non ten nada en que pensar, nin espera nada da vida que lle resta, acoden en ocasións á súa memoria cousas e feitos que lle ocorreron na súa mocidade. Unha desas cousas que un bota de menos, e que, por outra parte, lle deron moito prestixio a Carballo, é o pan. Si señores e señoras, podemos dicir que aqueles que non probaron os moletes que aló polos anos cincuenta se elaboraban en Carballo coa fariña do trigo que se colleitaba en Bergantiños e se moía no muíño do Quinto, non poden discernir entre a calidade cos que se fan agora. Que sabor, que olor e que color tiñan aquelas pezas de pan co teto e a codia rechinante! Parecía que nos invitaban a comelos.
C
O pan que se fabricaba daquela era cocido en fornos de leña ou de toxo; tiña a codia tostadiña e o miolo cheo de ollos. A calidade era moi semellante en todas as tafonas, pois a materia prima viña da mesma procedencia. Os moletes, a diferenza dos de hoxe, conservábanse frescos durante varios días e o olor que desprendían espraiábase por toda a vivenda. Elaborábase con fermento da mesma masa, natural, nada de química, e cocíase despois de deixar repousar a masa na artesa durante varias horas. Sentimos con moito pesar ter que dicilo, pero o pan de Carballo que nos venden hoxe, salvo moi poucas excepcións, non ten nada que ver con aquel que tanta fama lle deu en Galicia aos molestes carballeses. Non cabe dúbida que o traballo e o reparto que se fai hoxe co pan, non se parece en nada co sacrificio que representaba cocer e saír vender todos os días, chovese ou nevase, o pan por toda a comarca. Os panadeiros locais acostumaban a saír ao amencer con cabalos e as alforxas ou cestas cheas de moletes para prover a clientela que cada un tiña e que lle era fiel. Había tamén panadeiras que levaban os moletes en cestas grandes, rodeadas cun pano branco para evitar que as pezas de pan non caesen. Situábanse na beirarrúa entre a farmacia de Javier e a zapataría de Crespo, e alí acudían a mercar o pan as xentes que pasaban por Carballo. En canto a nós é unha obriga neste momento nomear uns famosos artesáns panadeiros como Cerviño, Ventura, O Barrendeiro, Eirín, Sabina, María de Pailos, Castiñeiras e algúns máis que agora non lembramos, aínda que tiñan a mesma sona. Acode á nosa mente, por ser un feito simpático, un panadeiro chamando O Lerio. Este señor repartía o pan por Carballo nun carro con cabalo e, cando volvía para a súa casa ao terminar o reparto, o cabalo sen que ningúen llo ordenara, paraba en todos os bares onde o Lerio tiña por costume escanciar unha cunca de viño do Ribeiro...
SAN XOÁN 2016
138
SAN XOÁN 2016
139
Ilustraciรณn
Alberto Varela Ferreiro
SAN XOร N 2016
140
SAN XOÁN 2016
141
EL COMBO DOMINICANO 11 DE XUÑO EN CARBALLO COMO ANTICIPO DUN SAN XOAN ESPECTACULAR
ambiente de San Xoán estenderase este ano a todo o mes de xuño e mesmo aos primeiros días do mes seguinte, tras a decisión da comisión de trasladar a Festa do Bosque ao primeiro domingo de xullo. O venres 17, na fin de semana previa á Semana Grande de Carballo, celebrarase o Rockin’, o festival máis alternativo do San Xoán. Peroo Concello de Carballo, a proposta dun grupo de empresarios dos sectores da hostalería e a distribución, quere reforzar aínda máis o ambiente festivo do mes de xuño coa actuación da orquestra El Combo Dominicano o sábado 11 na Praza do Concello.
O
O Concello de Carballo decidiu aproveitar a oportunidade de contar nesa dataconcreta cunha das orquestras máis demandadas nos últimos anos polos afeccionados ás verbenas e que actuou por última vez na Praza do Concello no San Xoán do 2011.Coa actuación de El Combo Dominicano, tanto o goberno municipal como os sectores da hostalería e a distribución pretenden contribuír á revitalización da hostalería nocturna e a paliar a perda de tirón dos sábados noite.
SAN XOÁN 2016
142
O espectáculo arrancará ás 22.30 horas coa actuación dun dj. A actuación de El Combo Dominicano comezará ás 23.30 e prolongarase ata as 03.30 horas, cun descanso que será animado polo dj. Dende o Concello de Carballo agárdase que a presenza da popular orquestra na vila reforce o atractivo da vila como punto de encontro de milleiros de persoas e supoña un revulsivo para o sector da hostalería. Un grupo de culto El Combo Dominicano será a primeira dunha serie de grandes orquestras que pasarán pola Praza do Concello de Carballo durante as festas de San Xoán, aínda que cando falamos de El Combo, máis ca dunha
143
144
orquestra estamos a falar dun grupo de culto que ten unha auténtica lexión de seguidores en Galicia e, por suposto, en Carballo. Aínda que o éxito de El Combo disparouse nos últimos anos, a presenza da orquestra no noso país remóntase ao 1991, cando os seus fundadores chegaron dende a República Dominicana como integrantes do conxunto de ritmos latinos Orquídea Robinson. O cambio de nome e a primeira xira polo Estado español chegaron ao ano seguinte. Tras un breve retorno a terras dominicanas, El Combo regresou en xaneiro de 1994 e estableceuse definitivamente na illa de Gran Canaria, na que, malia viaxar ao longo do ano por todo territorio peninsular, teñen a súa base. Se algo hai que destacar desta orquestra é que foi quen de conquistar e de fidelizar a un público de todas as idades. Unha das claves do seu éxito son as coidadas coreografías: os integrantes de El Combo son grandísimos bailaríns. Pero o que realmente os distingue dos demais é un estilo propio e un amplo repertorio de música latina tamén propio. Cumbias, bachatas, salsa, merengue… Non hai ningún ritmo que se lles resista. O 11 de xuño teremos en Carballo aos músicos de El Combo Dominicano dispostos a contaxiarnos o seu swing. Seguro que o conseguen!
SAN XOÁN 2016
145
SAN XOÁN 2016
146
JOSÉ LUÍS FRAGA ÁLVAREZ
AS ORQUESTRAS DO SAN XOÁN a está aquí o San Xoán e este ano bailaremos ao ritmo de catro orquestras do mellor do panorama galego. O día 23, despois das cachelas, comezará a verbena coa Orquestra Trébol, que naceu para a boa música o 7 de novembro de 1948, e que realizou a súa primeira actuación no Casino ferrolán, onde foi orquestra titular durante moitos anos. Trébol contaba daquela con sete compoñentes, a diferenza de moitas outras, que contaban con dez.
X
Algúns vanse e outros incorpóranse, e por esta orquestra pasaron bos músicos e cantantes como Tito Calviño, José Manuel Cabral, Ángel Lorrey, Ampara Sánchez, Silvia Fernández e agora María Jesús Fraga e o seu director Javier Bardanca, os dous carballeses. O 24, día do patrón, tócalles actuar aos Trovadores, que naceu no ano 1953 da man do seu director Alfonso Saavedra. As súas orixes atópanse na desaparecida emisora de Radio Juventud. Por ela pasaron grandes cantantes, entre eles Pucho Boedo e Carmen Cubaner. Interpretan todo tipo de música moderna, sen esquecer, por suposto, a música de sempre. Actualmente esta orquestra con máis de 60 anos de historia está formada por 14 compoñentes. O día 25 é a vez da orquestra Israel, que nos fará gozar da súa música de todos os estilos cun espectáculo de luces e son, música para moverse sen parar en toda a noite. E o 26 chega a orquestra La Fórmula, formada en 2015 e que vai dar moito que falar nas verbenas galegas. Chegan cun espectáculo de luces e sons e con cantantes consagrados no panorama das verbenas, como Jorge, da Panorama, unha voz feminina que cantou na París de Noia e moitos máis que veñen de grandes orquestras galegas. Así que, para finalizar, só pedir que gocedes destas orquestras na Praza do Concello.
SAN XOÁN 2016
147
SAN XOÁN 2016
148
LUÍS GIADÁS
TITANIO NA ALTA DE ENTRECRUCES: TESTEMUÑAS ace muchos años, todavía estudiante en la bellísima Fonseca –la que se quedaba sola, triste y llorosa con los libros en los Montes de Piedad– llegaron a la farmacia de mi padre dos hombres, con tres piedras de color negro, para que yo las analizase. Me conocían de verme allí, en la farmacia de Tinitos, Constantino Enríquez Gundín, el que jamás dejó salir a nadie sin medicamentos por no tener dinero.
H
En la Facultad me habían enseñado a analizar los minerales y me puse a comprobar cuales serían. En un carbón grande hice un agujero, pedí un soplete a un vecino conocido, lo fundí y se puso de color violeta: era titano. Acompañé a los hombres a Coruña, a la Jefatura de Minas y denunciamos el filón. Con poca inversión, en unas canaletas pasamos el mineral para limpiarlo. Lo ofrecimos a una compañía situada en un bajo que hacía esquina a la entrada a la residencia de estudiantes, que luego llevaría al muelle de Balarés” (Javier Enríquez Riveiro, 30 xaneiro 2014). “Traballei na mina, neste mesmo prado, á dereita entre A Espanadeira e O Meixonfrío, de 1961 a 1968, desde os nove ata os dezaseis anos. Entrei gañando catro pesetas a hora (os adultos gañaban seis) e cheguei a traballar, no verán, dezaseis horas, dobrando quenda. Había filóns de titanio no monte e lugar de O Cótaro, en Vilarello e mais en Ouxés, no río que fai fronteira entre os concellos de Carballo e Tordoia. Inda hoxe, cando chove brillan neste prado as areíñas de cor azulona do titanio. Seriamos daquela quince ou vinte obreiros, a metade mozos e mozas, vindo de Meixonfrío, O Cótaro, Piñeiro, Lebosende e uns cinco ou seis de Bardaos, Tordoia, veciños do xefe da mina, Marcelino García Castro, ao que alcumaban “Galvao” polo parecido con Henrique Galvao, o secuestrador do “Santa María”. O meu traballo era palear terra (a pala era máis grande ca min) ata o trommel ou bombo criba, no que caía a grava para un lado e o resto ía ás mesas separadoras, que se abaneaban e, nun caixón, caía a area e, noutro, o titanio, que era máis pesado. Cavábase un pozo duns cen metros cadrados para sacar a auga, chupada con bombas ata o lavadoiro: o lodo que saía destes campos mineiros luxaba os prados e secaba as herbas, polo que protestaron os vecinos… en van. O titanio que saía do caixón da separadora era levado en tractor ata a estrada A Silva-Santa Comba e, de aí, un camión transportábano
SAN XOÁN 2016
149
SAN XOÁN 2016
150
Alta de Entrecruces
ata o porto da Coruña. Nada de oficina: neste prado había unha barraca de madeira para cambiarnos a roupa. Houbo invernos nos que se conxelaba o pozo e tiñamos que romper o xeo. Unha mañá moi fría, estabamos enchendo a mangueira de auga e puxémoslle o chupón, a válvula que pecha a mangueira, e este caeu no fondo da auga xeada, a dous ou tres metros de profundidade. Dixo o “Galvao”: “ O que baixe a traerme o chupón, págolle o xornal de todo o día”. Baldomero Gesto, un mozo de vinte e tantos anos, apuntouse: “Eu vou”. Tirouse ao pozo e, ao pouco, saíu co chupón baixo o brazo. Aquel día marchou para a casa cedo, co xornal diario no peto” (José Cameán Muíño, 16 xuño 2015). “Nesta Casa de Calvelo paraban a durmir os cinco ou seis mineiros de Bardaos, xunto con “Galvao”. Cando estiven seis meses de palista na mina, tiñamos unha Northern, unha pala cun cazo que pesaba baleiro trescentos quilos: lanzaba a terra coa inercia cara á tolva, de aí ao trommel e despois á separadora. O primeiro camión da mina era dos Canedo da Silva era un Leyland e creo que está nunha nave aínda. As mulleres gañaban sete pesetas á hora, traballando duro coa pa, e os homes oito, no barreiro. Ata 1969 ou 1970 estaba activa a mina. Un veciño foi quedando as pebidas de ouro que atopaba entre o titanio que minaba e gardándoas en caixas de mistos. Marchou traballar a Suíza e alí vendeunas” (Ramiro Calvelo, 16 xuño 2015).
SAN XOÁN 2016
151
SAN XOÁN 2016
152
MERCEDES QUEIXAS
TRAÍAS NO BICO DO CORPO Traías no bico do corpo un berce de verzas. O bambán das cadeiras trazaba no harmónico mandil encadrada a hexemonía do teu ser prófugo dos labores da casa ese deslugar en inmaculado feminino sementando coas unllas na terra o non das mulleres
SAN XOÁN 2016
153
Fonte na Estaciรณn.
Antonio Fernรกndez
SAN XOร N 2016
154
SAN XOÁN 2016
155
SAN XOÁN 2016
156
MARÍA DE LA PAZ-MERCED- DÍAZ LISTA
A MIÑA NENA BONITA AOS MEUS PAIS NAS SÚAS BODAS DE OURO Miña nena piroca, bonitiña que gustiño o abrazarte arrouparte nos meus brazos acurrucarte no meu peito docemente. Comezas a sorrir picarona, todo se volve sosego aceptación, amor, sinxeleza paz, tenrura. Ti sénteste arroupada e eu reconfortada. A vida deixa de ser dura para encherse de dozura ao abrazarte, estar tan preto de ti todo é ledicia. Miña nena bonita, piroquiña estaría así o resto da miña vida arroupándote contra a meu peito sinxela e tenramente contigo. Co desexo de que celebredes ben as Festas SAN XOÁN 2016
157
IN-TI-MI-DANDO Terra sen Sol, baixo unha capa de plástico ganas de saír de aí, medo, desprotección..., e pasa o tempo. Baixo unha capa de cemento armado, comprimida, doente ganas de saír de aí, de disolverme, o medo fréame. Nai, son a túa nena só iso, humilde e dignamente iso. Nai Terra, son a túa nena merezo honra e hónrome, e quero saír aínda que rompa o establecido en min. Sol, canto te botei de menos sentirte, a túa proximidade, a túa presenza... Canta dor, canta tristeza, canta rabia a miña prepotencia é impotencia, quixera que fora aceptación, sinxeleza. Nai Terra, Sexo, Corazón nutrir a miña alma Mostrarme a miña verdade sairei con risas de tanta estupidez, e con lágrimas Nada hai fora de min, non intento cambiar nada os outros tamén son eles e as súas circunstancias Só quero sentir e dirixir a miña vida con amor e confianza. ENTI ENMI DANDO Hai un Sol dentro de min no meu Corazón, na miña entraña nas miñas palabras, na miña risa... E puxéralle unha muralla VAIA, VAIA! Penso que non era de verdade, só imaxinaria. O SOL, a CHUVIA, as ESTRELAS Os Demais... Eu A VIDA nun sorriso nunha lágrima nun abrazo bendicila, honrala ate que un día ME VAIA... Bendicila e honrala como Deus ou a Deusa mandan desde o Corazón e as entrañas.
SAN XOÁN 2016
158
SANTIAGO PAZOS
DENDE RAZO ATA BALDAIO, VOU E VEÑO, VEÑO E VOU
Vou e veño, veño e vou, dende a Cabreira de Razo ata a lagoa de Baldaio, cantaba un arao común navegando no crecho dunha onda. Vou e veño, veño e vou, dende Malpica ata Caión, van cantando uns golfiños xogando ás agochadas ao redor das Illas Sisargas. Cediño, calquera mañá do estío as gaivotas, ollando expectantes cara ao Monte Neme coma unha masa inerte de corpos aparvados que non van nin veñen, invaden os areais de Razo. E eu, que quixen facer da miña vida unha obra de arte completa, admirando a infinita paisaxe oceánica sentado a carón da capela de Santa Irene, doume contade que os efectos corrosivos que por mor do pasar do tempo vanme enchendo corpo e alma de noxenta mediocridade, nunca poderán deixar mácula nesa fermosura inexpugnábel. Así, deambulando pola natureza, mentres vou e veño, ou veño e vou, sinto envexa por tanta grandeza cando miro ao lonxe o inmenso Atlántico.
SAN XOÁN 2016
159
SAN XOÁN 2016
160
SANTIAGO GARRIDO
MEIGAS LONXE! uizais sexa mellor escribir sobre o San Xoán do pasado que sobre o do futuro. O que virá, é predicible. As cousas serán como serán. Pensamos que dentro de 15 anos o Saltamontes seguirá no San Martiño co seu animoso locutor avisando do “saltito hacia arriba”, “saltito hacia abajo”, “la batidora”. Non hai mecanismo hidráulico no mundo que aguante tanto, a enxeñaría industrial débelle moito a este feirante. Seguramente os xamóns e a moto da tómbola verdadeira seguirán estando na praza e do que non hai dúbida é que no chan, debaixo dos sobres da rifas, se agocha unha civilización que emerxe unha vez ao ano e que se alimenta da enerxía dos soños domésticos que non se compren e máis dos pelos dos bonecos xigantes que cambian de mans con efecto placebo. En tres lustros, a actuación principal será criticada especialmente polos que non a viron, que aproveitarán para lembrar que as festas de 15 anos si que eran boas, que daquela todos estaban de acordo co que se traía e que se enchía a praza, “non como agora”. Finalmente, no paseo principal do xardín, un coñecido posto de patacas afianzará a súa posición comercial nas festas con colas de clientes que seguramente comezarán na rúa do Túnel. E pouco máis. O futuro pode quedar así.
Q
Outra cousa é o pasado. Aí si que podemos imaxinar o que ocorreu, porque a memoria é moi traidora e fráxil, rómpese cando non o esperas. Cos anos, nela, vanse abrindo buracos, fochancas e, por moito que as cubran nunca terán a mesma firmeza. Co San Xoán aínda temos a sorte de que, como é un feito moi claro, definido, as lembranzas parecen máis (a)pegadas a nós, pero tampouco hai que confiarse. Eu si lembro perfectamente os meus primeiros, que non foron en Carballo, senón na miña parroquia de Zas. Ducias de anécdotas, coma todo o mundo. A miña preferida é a de cando chegou a luz pública ao lugar: en pleno San Xoán de hai 30 anos. Creo que o que conectou o
SAN XOÁN 2016
161
SAN XOÁN 2016
162
botón dos farois era en segredo devoto do realismo máxico e quixo contribuír con aquela luminosidade inesperada á noite do 23. Lamentablemente, o viño barato que a aquelas horas xa corría polas cuncas non deixou celebrar como se debería a feliz coincidencia e, se pasa agora á mínima historia, é porque aquelas luces aínda me alumean na conciencia de que chegaba por fin o progreso. O primeiro de Carballo entroume tamén por aqueles anos, a mediados dos 80. No instituto Alfredo Brañas, cos compañeiros do pobo. Como eses días xa remataban as clases, lembro ter chegado á casa, comer e volver a coller o Finisterre para aproveitar a tarde polo centro, sabendo que pola noite tería un veciño co que podía vir de volta. Esa era outra do San Xoán: xuntaba a xente de todas partes, insólito descubrimento para quen as festas eran un radio de acción de non máis de dez parroquias. Foi precisamente nese instituto onde o San Xoán adquiriu para min a forza mística, diría antropolóxica, que lle faltaba. E todo grazas ás clases do profesor Xelucho Abella, que me encargara un traballo sobre a Eira das Meigas do Monte Neme. Non vou repetir aquí todo o que se ten falado sobre ese lugar e os ritos que seica se facían na noite de San Xoán e seguramente tamén en moitas máis. Está todo escrito no imaxinario dos contos e da verdades, na tradición dos medos. O caso é que tiven que ler, preguntar, inventar e intuír que era o que se desenvolvía alí, nese día D no que o fume asolaga todos os tellados ata que regresa o sol. Cumprín, saquei boa nota. E de paso prendeume a chama do misterio (que aínda a teño viva).
SAN XOÁN 2016
163
Días despois, aproveitando que tiña unha Derbi de catro marchas, das que andaban, decidín comprobar que había de certo no que eu tan convencido explicara na clase. Así que collín a máquina, só, aí polas 9 da tarde noite, disposto a emprender unha viaxe de máis de 30 quilómetros ata Cances, e de aí cara arriba da montaña máxica. Tiña experiencia de percorridos máis ou menos longos: á Silva, a Corme, a Vimianzo, tamén a Carballo. Pero nunca de noite e moito menos só. Menos mal que cadraba a sábado e a escusa era ir de marcha a Baio. Pero na AC-552 tirei cara a Bergantiños. Esa si que era unha viaxe iniciática, e non as melosas de Los 5 ou de Los Hollister que lera na EXB. E por riba, sen casco. Non se pode ir tan desprotexido a atoparte coas meigas que parolan co demo e seica teñen tales poderes que poden aniquilarte coa mirada. Pero eu fun. Decidido, sen ningunha dúbida, sen volta atrás, consciente da miña valentía e de superar os medos internos para toda a vida, ademais do propio desafío persoal e de indagación profunda nunha investigación da que podería falar durante anos e anos. Si, ben. Pero a vida éche moi contraditoria. Na Agualada dei volta, por suposto. Foi alí, onde empeza a baixada cara a Vieite, onde se ve o Monte Neme. Parei a miña FD, mirei ao lonxe, e non sei se era a friaxe ou os mosquitos nos ollos ou algo, pero no bico do monte pareceume distinguir un resplandor tal que me entrou pola faciana, metéuseme por todo o sistema nervioso e, se non me chego a erguer do asento, creo que tamén me cala a moto estoupando a buxía. Tal era a forza e a ameaza que lle vin nun intre eterno ao que se argallaba no Monte Neme e dende tanta distancia. Regresei para a casa amodiño e coa sensación de que algunha meiga quedaba alí ríndose de min, co meu ánimo científico bastante esfarelado, pero sabendo que polo menos tiña todo o futuro por diante para explicar aquela historia absolutamente real.
SAN XOÁN 2016
164
IGNACIO SILVA
O CUPCAKE upoño que sen querelo son un moderno. Só por tentar estar á marxe de modas e parvadas sociais que cada pouco forman rebumbio no meu maxín, non deixo de ser alguén que aspira po de diferenciación polo narno da autosuficiencia. Pois pode que si. Miro un espello e vexo a imaxe reflectida dun moderno. Peiteado no que os sucos capilares poderían ser aptos para as patacas. Pantalón estreito e cinguido a unha perna comprimida. Camisa aberta en V que agocha unha planicie láser tras a letra da vitoria. E barba coidada e poboada. Logo decátome de que o espello ao que me miro non é ao uso. Reflicte imaxes, si. Pero tan só as que eu quero amosar. No meu discurso de bar afeo as etiquetas. Porén, nese espello son eu o que me etiqueto a carón dun viño carísimo e un prato cuxo título podería ser a novela máis profunda de Camus. Por exemplo. Moitas veces, cando miro as faces dese espello, sinto que estou na ruela do gato. Observo esa deformación que Valle Inclán usaba para o seu esperpento, sendo consciente por algún segundos, precisamente, de que eu podería escintilar entre as luces daquela bohemia. O meu particular esperpento resúmese en que non recordo gozar daquel viño. Entendo que era bo. Así o dicía a aplicación de viños que sempre consulto antes de pedir. Noventa e sete puntos. Tiña que ser bo. Teño, entón, un recordo que faga estremecer o meu cerebro? Non. Co prato de non sei que sobre leito de non sei canto, pásame o mesmo. Recordando aquel momento no espello máxico non sinto nada. E vendo a imaxe, a verdade é que semella que estou na máis absoluta felicidade. E tamén semella que un lote de xente tamén se alegra por min, a xulgar polas marcas de polgares que aproban a miña fantástica vida.
S
Supoño que si, que son un moderno sen sabelo. Outra imaxe do espello, que paso na monotonía do taxi. Festival. Aí si que gozo cousa bárbara. Ou iso se supón. Non lembro o grupo que estaba a soar nese momento, pero sei que pensaba que molaban. Si. Usaba ese verbo no meu cerebro: molar. En teoría odio á xente que escoita radio fórmulas e reggeaton. Gústanme máis os grupos con menos cabida no panorama mediático montado. O que se chamou de toda a vida música comercial. Por que? Porque son diferente. E cando digo diferente, o que o meu cerebro quere dicir é que son mellor. Ou iso é o que quere pensar. Normalmente deixo que pense iso en baixiño, porque a min non adoita a desgustarme. Aí está outra característica que me fai pensar na miña descoñecida até agora modernez. Son moi permisivo comigo. E entre pensamento e pensamento, chego á conclusión de que Mozart debía ser un reggeatonero da época. Ou polo menos un Bisbal ou un Justin Beaver. Supoño que naquela época habería algún outro moderno aldraxándoo. Coa perruca un pouco cara a un lado, quizais. Ou co lunar móbil un pouco máis ao lado dos beizos do habitual. Un transgresor que escoitaría a outros músicos que nunca pasaron á historia. Obviamente todos os demais tiñan que estar errados. O taxi segue andando e diviso unha zona de barracas. Non sei en que pobo estou, pero éme o mesmo. No medio da catarse que estou a sufrir,
SAN XOÁN 2016
165
SAN XOÁN 2016
166
un relampo inexplicable ataca os meus pensamentos. Pídolle baixar. Pago e comezo a camiñar. Se cadra todo isto tería máis sentido nun blabla car. En fin, non se pode ter todo. Nese intre ía nun taxi. A O meu particular zona da feira está aínda un pouco lonxe e eu sigo co meu espello nas mans. Nun esperpento acto totalmente automatizado miro para el. Repito este movemento centos de resúmese en que veces ao día. De súpeto unha notificación de que alguén me etiquetou. O título da non recordo gozar imaxe é “De festa. Pasándoo en grande”. É un amigo meu. Estamos cun coñecido futdaquel viño. bolista. De aí si teño un recordo. Foi hai dous días escasos. Recordo que o vimos e Entendo quixemos sacar unha foto con el. Non puxo moi boa cara, pero accedeu. Nin o que era bo. escoitei falar. E mira agora, resulta que é o noso amigo. De feito, tamén está etiquetado co seu nome de conta oficial, e xa hai polgares a esgalla e coma cen comentarios. Xeralmente entornaría os ollos cando contase esa historia. E con algún aire de suficiencia, diría algo coma “si, coincido moitas veces cos xogadores do equipo tal... Non sei quen é bastante parviño, pero hai que aguantalo..., e non sei quen máis é bo tipo”, coma se os tratase habitualmente. O certo é que o outro recordo dese momento de hai dous noites, é que me aburrín coma nunca. E aí estou, “de festa, pasándoo en grande!” Unha forza indescritible lévame ao pequeno dispensador de tíckets no que soa con forza música que en teoría non aturo. Pido unha entrada, e o home dáme unha ficha con mirada fría. A viaxe anterior á miña quenda está a piques de rematar. Unha sirena. Aí vou. Monto. E os bufidos da maquinaria lévanme cara a arriba nun movemento espasmódico. De súpeto todos os meus pensamentos viran de golpe. Xa non vivo a novecentos quilómetros da miña casa. Xa non teño espello máxico. Vou vestido cun chándal con xeonlleiras das de pasar o ferro por riba para que se peguen. Ao meu lado un amigo da clase que ri coma un tolo polos movementos do Saltamontes no que estou agora mesmo montado. Felicidade completa. Preocupacións mínimas. Tan só quero gozar do San Xoan até o último día da festa. Ninguén me pode roubar iso agora. A realidade que me arrodea é diferente, pero non só montado neste trebello dun pobo que non sitúo nunhas festas que non coñezo. Toda a miña realidade está influenciada por eses espellos deformadores. Así que agora estou fóra diso. Agora estou en Carballo, de neno, gozando coma nunca dun movemento sen sentido. Agora son feliz. E, por fin, despois de moito tempo, comprendo o significado da madalena de Proust. Tan só teño medo de que mañá, de novo, a madalena se converta en cupcake.
SAN XOÁN 2016
167
SAN XOÁN 2016
168
SAN XOÁN 2016
169
PROGRAMA DO SAN XOÁN 2016 30 LUNS
10 VENRES
Rexenera Fest (Do 30 de maio ao 5 de xuño) II Festival Internacional de Arte Pública de Carballo. Pintura, conferencias, masterclass, roteiro e concertos entre outras actividades. www.rexenerafest.gal Organiza: Concello de Carballo
Adriana Díaz, Ama, Antonio Taracido, Cristina Castro, Emilia Rodríguez, Esther Chamoso, Eva Facal, Isa Fernández, Laura Tova, Lola Oviedo, Manuel Eirín, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, Peter Kramer, Risé, Santi Picos, Teresa Candal e con Paco Souto, Viki Rivadulla, Nolo Suárez e Peter Schneider como artistas convidados/as. Acto amenizado polo grupo Chicharrón
3 VENRES
Ata o 30 de xullo Carballo por Etapas 3º andar Pazo da Cultura (Do 27 ao 29 de maio e do 3 ao 5 de xuño). 11 SÁBADO Ruta gastronómica polos locais da vila para 17.00h Exhibición de bailes de salón deportivo ofrecer o mellor da nosa cociña. e ritmos latinos de Carballo Organiza: Concello de Carballo Colabora: Axober Organiza: AXC Arume de Berdillo Colabora: Concello de Carballo e Club de 18.00 h Obradoiro de observación e convivencia Baile Azúcar & Swing Senda Nova Pazo da Cultura Organiza: AA Senda Nova 19.30 h Exhibición de capoeira Colabora: Concello de Carballo Alumnado de Carballo e profesores/as e gra4 SÁBADO duados/as de España, Brasil e Portugal T orneo de F útb ol Bib eróns Cons ervas Calvo Organiza: Asociación Capoeira Bergantiños e Abadá – Capoeira (Fase Final) Colabora: Art Surf Camp, Ceip X. San Luís Organiza: Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz Romero e Concello de Carballo Colabora: Concello e Conservas Calvo Praza do Concello Campo de Fútbol As Eiroas Torneo de Fútbol Benxamín Conservas Calvo Organiza: Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz Colabora: Concello e Conservas Calvo Campo de Fútbol As Eiroas
5 DOMINGO
22.00 h DJ MARTÍN Organiza: Concello de Carballo Praza do Concello 23.30 h ACTUACIÓN COMBO DOMINICANO Organiza: Concello de Carballo Praza do Concello
10.00 h Día da Bicicleta Saída e chegada na Praza do Concello Organiza: La Voz de Galicia Colabora: CC Carballo e Carballo Deporte
12 DOMINGO
9.30 h Classic Car: II Xuntanza de coches clásicos Carballo Saída de Vilar de Francos e percorrido polas Torneo de Fútbol Benxamín Conservas Calvo rúas de Carballo cara a Razo. De 17.00 a 21.00 Xuntanza na Praza do (Fase Final) Organiza: Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz Concello e música co Dj Frank Fairnale Colabora: Conservas Calvo e Carballo Deporte Organiza: AC Vehículos Clásicos Classic Car Campo de Fútbol As Eiroas Colabora: Concello de Carballo Praza do Concello 18.00 h XXXV Día da Muiñeira 11.00 h Festival Fin de Curso (Batizado- Troca Organiza: Asociación Cultural Nemeth de Cordas) Colabora: Concello de Carballo Praza do Concello Alumnado de Carballo e profesores/as e graduados/as de España, Brasil e Portugal 10 VENRES Organiza: A. Capoeira Bergantiños e Abadá 21.00 h. EXPOSICIÓN: Mare Mágnum Colabora: Art Surf Camp, Ceip X. San Luís Romero e Concello de Carballo Inauguración. Exposición colectiva de creadores/as vinculados a Carballo . Pazo da Cultura
SAN XOÁN 2016
170
SAN XOÁN 2016
171 17 VENRES
19 DOMINGO
18 . 00 h X II T orneo F 7 Al evín Conc el l o d e Carballo José Luis Vara Olveira Organiza: Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz Colabora: Concello e Conservas Calvo
Organiza: Escola da Rúa Colabora: Concello de Carballo Pazo da Cultura 18.00 h Exhibición Taekwondo ITF
Campo de Fútbol As Eiroas 17.00 h A Maxia da Solidariedade co Mago Álex Organiza: Cruz Vermella Carballo Colabora: Concello de Carballo e Mago Álex Biblioteca Rego da Balsa (con entrada solidaria) 21.00 h Festival Fin de Curso Asoc. Nemeth Organiza: AC Nemeth Colabora: Concello de Carballo Pazo da Cultura 21.00 h ROCKIN’ AULA 11, NAVE NODRIZA, SEX MUSEUM, TACHENKO, LOS BENGALA e DJ ANTÓN Concerto rock Rego da Balsa (detrás da Estación Vella)
18 SÁBADO 10 . 00 h X II T orneo F 7 Al evín Conc el l o d e Carballo José Luis Vara Olveira (Liguiña) Organiza: Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz Colabora: Concello e Conservas Calvo Campo de Fútbol As Eiroas 16.30 h Peche do programa exercicio físico para maiores Organiza: Carballo Deporte Colabora: Concello de Carballo Complexo Deportivo Carballo Calero
Con Adriana Lista, Rubén Remuiñán, Adrián Torres, Jorge Gago, Pastor Carracedo e o alumnado da AC e Deportiva Narani
Organiza: ACD Narani Colabora: Concello de Carballo Praza do Concello 21.00h Exhibición de Bailes de Salón Deportivo e Ritmos Latinos de Carballo Organiza: AXC Arume de Berdillo Colabora: Concello e C. Baile Azúcar & Swing Praza do Concello
22 MÉRCORES 1 2 . 3 0 h P a s a r r ú a s a c ar g o d o G r u p o d e Gaiteros Arume 20 . 30 h C o n c e r t o d a B a n d a M u n i c i p a l d e Carballo Praza do Concello 21.00 h PREGÓN
DO SAN XOÁN.
EDELMIRA RODRÍGUEZ CARRACEDO, xornalista
Praza do Concello
23 XOVES 19.00 h CONCURSO DE CACHELAS 1.500 Euros en premios e subvencións Ata as 23.00 h o xurado percorrerá as cachelas Barrios de Carballo 23.00 h Verbena coa ORQUESTRA TRÉBOL
17.0 0 h I Concurso de Baile tradicional AC Nemeth Organiza: AC Nemeth Colabora: Concello de Carballo Praza do Concello
19 DOMINGO 1 0 . 0 0 h 1 0 K Ca r b a l I o : V I C a r r e i r a P o p u l ar Concello de Carballo Saída e chegada na Praza do Concello de Carballo Organiza: Concello de Carballo Praza do Concello 11.00 h SEMIFINAIS E FINAIS DO XIITorneo F7 Alevín Concello de Carballo José Luis Vara O. Organiza: Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz Colabora: Concello e Conservas Calvo Campo de Fútbol As Eiroas 18.00 h Festival Fin de Curso do alumnado de danza Escola da Rúa (con convite)
Praza do Concello
24 VENRES 11.30 h Pasarrúas coa da Banda M. de G., G. de Gaiteiros Cances e Meigallos da Nosa Terra 12.00 h Pasarrúas coa Charanga Ruada.com 12.30 h Misa solemne en honra a San Xoán, cantada pola Coral de Bergantiños A continuación, procesión acompañada pola Banda Municipal de Carballo Igrexa P. de San Xoán Bautista 14 . 00 h C o n c e r t o d a B a n d a M u n i c i p a l d e Carballo Rúa da Coruña 19.00 h Batukada Malandros Escola de Samba 23.00 h Concerto CARLOS BAUTE Praza do Concello 00.30 h Verbena coa ORQUESTRA LOS TROVADORES Praza do Concello
SAN XOÁN 2016
172
SAN XOÁN 2016
173 25 SABADO
26 DOMINGO
11.30 h Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas AC Lembranzas de Bergantiños e Cuarteto de Música Tradicional da AC Nemeth 12.00 h Pasarrúas da Banda de Música Eduardo Pondal de Ponteceso 12.30 h Misa solemne en honra ao Santísimo S a c r a m e n to , c a n ta d a p o l a C o r a l d e Bergantiños A continuación, procesión acompañada pola Banda de Música Eduardo Pondal de Ponteceso Igrexa P. de San Xoán Bautista
23.00 h Verbena coas orquestra LA FÓRMULA Praza do Concello 00.30 h Gran sesión de FOGOS DE ARTIFICIO. Pirotecnia Rocha Agra da Lagoa
14.00 h Concerto da Banda de Música de Arzúa Rúa da Coruña 18.00 h XIX DESCENSO DO ANLLÓNS 2.100 Euros en premios e subvencións. Patrocinio: Casa Francisco e Reneymar Saída do Bosque do Añón ao Parque do Anllóns
27 LUNS 20.30 h Misa solemne en honra á Nosa Señora do Perpetuo Socorro Igrexa P. De San Xoán Bautista Día dos Nenos e Nenas nas Barracas Descontos nas atraccións Parque do San Martiño
28 MARTES Día dos Nenos e Nenas nas Barracas Descontos nas atraccións Parque do San Martiño
19.00 h Festival de Fin de curso do alumnado de música e danza da Escoala da Rúa Organiza: Escola da Rúa 19.30 h Concerto Infantil e familiar con Paco Colabora: Concello de Carballo Nogueiras Brinca Vai! De aquí e acolá Praza do Concello Colabora: Concello e Deputación da Coruña 1 VENRES Parque do Anllóns-Palco da Música CAMP IONATO DE E SP AÑA DE AUTOCROSS 21.00 h XX MOSTRA DE HABANERAS (Do 1 ao 3 de xullo) Coral Polifónica Neria Costa da Morte e Coral Organiza: Club Rally Coruña e Escudería Polifónica Liceo de Noia, Coro Infantil de Voces Coruña Colabora: Concello de Carballo Brancas e Coral Polifónica de Bergantiños Circuíto Municipal do Motor Organiza: Coral Polifónica de Bergantiños Colabora: Comisión de Festas de San Xoán e 3X3 Hóckey Patíns (Do 1 ao 3 de xullo) Concello de Carballo Pazo da Cultura Organiza: Escola Lubiáns de Hóckey a patíns 23.00 h Verbena coa orquestra ISRAEL Colabora: Concello de Carballo Pavillón Carballo Calero Praza do Concello 00.00 h Concerto ABBORN (TRIBUTO A ABBA) 3 DOMINGO Dancing Queen Abba Show Live Praza do Concello 02.00 h Verbena coa orquestra ISRAEL 12.30 h FESTA DO BOSQUE Praza do Concello Durante todo o día haberá un amplo programa de actividades para todas as idades 26 DOMINGO Bosque do Añón 11.30 h Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas Falso Escuadro e Grupo de Gaitas San Cristovo 13.00 h Sesión vermú con EVA e CAMILO 12 . 00 h Pas arrúas d a Band a Mun icip al de 16.30 h Concurso de sobremesas e licores Gaitas de Carballo caseiros 12 . 30 h M isa s olem ne en honra á V irxe do Patrocina: Confitaría San Luís Carme A continuación, procesión acompañada pola 17.30 h Xogos Populares 18.30 h 112ª Edición do Campionato Mundial Banda Municipal de Gaitas de baixada de augas doces de barcos de papel Igrexa P. de San Xoán Bautista 19.00 h Espectáculo de cirso-teatro acrobático Inscricións a partir das 17.30 h DESASTRONAUTS-CIRCO EXPRESO Patrocina: Tien21-Electrodomésticos Lorama “Un día de Praia” 19.00 h Animación musica a cargo de Dj DAVID Colabora: Concello e Deputación da Coruña 21.00 h Concerto de A BANDA DE BALBINA Praza do Concello 18.00 h Pasarrúas coa Charanga Ruada.com
SAN XOÁN 2016
174
BASES DO CONCURSO
112 BAIXADA DE BARCOS DE PAPEL FESTA BOSQUE 2016 A ORGANIZACIÓN DA FESTA DO BOSQUE 2016 ACORDOU CONVOCAR O “112 CONCURSO MUNDIAL DE BAIXADA DE BARCOS DE PAPEL POR AUGA DOCE”, ACONTECEMENTO QUE SE REXERÁ POLAS SEGUINTES
BASES
1. O «112 Concurso mundial de baixada 7. A organización solicita dos/as particide barcos de papel por auga doce» é un
pantes que sexan orixinais e destaquen
convite aberto a todas aquelas persoas que
no deseño e no acabado dos barcos.
queiran participar, sen que se vaia estable-
8. Para motivar e recoñecer o esforzo
cer ningún tipo de discriminación ou limitación por parte da organización.
2. Todas as persoas que se inscriban
dos/as participantes establécense as seguintes categorías cos seus correspondentes premios:
deben participar cun BARCO DE PAPEL feito de maneira artesanal.
CATEGORIA
PREMIO
a.- Orixinalidade
Trofeo conmemorativo
papel (en todas as súas variantes, cores,
b.- Velocidade
Trofeo conmemorativo
tramas, formatos, tamaños...), cartón e
c.- Para todos/as os/as participantes en xeral
cartolina.
Recordo da Festa do Bosque 2016
3. Os materiais que se admiten pola organización para construír o barco son:
4. Non se admitirá ningún modelo de barco que estea construído con outros materiais tales como plástico, madeira, poriespán ou cartón-pedra.
9. O xurado estará constituído por cinco persoas elixidas ao azar entre o público asistente á Festa do Bosque 2016.
5. Está totalmente prohibida a motoriza- 10. A entrega dos premios realizarase ción dos barcos de papel. Non se admitirá ningún tipo de propulsión para os barcos participantes. Non se poderán propulsar nin con medios mecánicos, nin eléctricos,
ao finalizar as probas deste concurso.
11. Por último, establécese a data e lugar do concurso:
nin electromagnéticos e tampouco as persoas poderán actuar directamente sobre
Lugar de celebración Bosque do Añón – Carballo
eles para provocar propulsión.
6. O único elemento físico que poderán
Día de celebración:
levar os/as participantes é unha vara longa
Domingo, 3 de xullo de 2016
de madeira ou plástico que se utilizará
Hora de celebración
ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE para desen-
18:30 horas
caixar o barco no caso de que embarran-
Inscrición
que na beira do río ou contra as pólas ou
Verbalmente na beira do río no momento do concurso
toros que atravesen o río.
SAN XOÁN 2016
175
BASES DO CONCURSO
SOBREMESAS DA FESTA DO BOSQUE 2016 A ORGANIZACIÓN DA FESTA DO BOSQUE 2016 ACORDOU CONVOCAR O “CONCURSO DE SOBREMESAS DA FESTA DO BOSQUE 2016”, ACONTECEMENTO QUE SE REXERÁ POLAS SEGUINTES
BASES
1. O «Concurso de sobremesas da Festa 7. Para motivar e recoñecer o esforzo do Bosque 2016» é un convite aberto a
dos/as participantes establécense as
todas aquelas persoas que queiran parti-
seguintes categorías cos seus correspon-
cipar, sen que se vaia establecer ningún
dentes
tipo de discriminación ou limitación por
Pastelaría San Luís.
premios,
patrocinados
pola
parte da organización..
2. Todas as persoas que se inscriban deben participar cunha SOBREMESA (doce ou salgada) feita de maneira non industrial nin comercial.
3. Non se admitirá a concurso ningunha
CATEGORIA
PREMIO
a.- Sabor
Trofeo conmemorativo
b.- Presentación
Trofeo conmemorativo
sobremesa que se sospeite pola organi-
8. O xurado estará constituído por cinco
zación que foi adquirida en comercio ou
persoas elixidas ao azar entre o público
tenda ou feita de maneira industrial..
asistente á Festa do Bosque 2016.
4.
Cada persoa que se inscriba só
poderá presentar unha sobremesa ao concurso.
5. O momento de inscrición para parti-
9. A entrega dos premios realizarase ao finalizar o concurso.
10. Por último, establécese a data e lugar do concurso:
cipar neste concurso será entre as 13.00 h e as 16.00 h do domingo 3 de xullo de 2016.
Lugar de celebración Bosque do Añón – Carballo
6. A organización solicita dos/as partici-
Día de celebración:
pantes que sexan orixinais e destaquen a
Domingo 3 de xullo de 2016
sobremesa que presenten a concurso
Hora de celebración
polo seu sabor e pola súa presentación.
16:30 horas Inscrición Na mesma festa, entre as 13:00 h e as 16:00 h
SAN XOÁN 2016
176
BASES DO CONCURSO DE CACHELAS SAN XOÁN 2016 XXIX EDICIÓN Co obxecto de promocionar unha das manifestacións culturais máis importantes da celebración do San Xoán e recuperar unha tradición popular, a Asociación Cultural San Xoán, entidade organizadora das Festas de San Xoán 2016, organiza o XXIX Concurso de Cachelas, no que poderán participar os concursantes que cumpran as seguintes bases: PRIMEIRA.- Poderán concorrer todos os grupos que o desexen, que deberán inscribirse no Museo de Bergantiños (981 702 077) antes das 13.00h do día 18 de xuño de 2016.
sivo ou materiais onde interveña o plástico, nin tampouco se poderán utilizar árbores autóctonas, como carballo, acivro, loureiro, castiñeiro...
SEGUNDA.- As cachelas deberán situarse na zona urbana de Carballo ou zonas limítrofes (en caso de dúbida consultar coa organización).
Coa inscrición cada equipo deberá entregar unha declaración na que se fará constar que coñecen e aceptan as bases deste concurso, que cumprirán coas normas de seguridade que se establezan e que eximen de responsabilidades á organización polos accidentes ou contratempos que puideran ocasionar e os que puideran sufrir os membros do equipo. Os menores de idade entregarán tamén unha declaración asinada polo pai, nai, titor/a, autorizándolles a participar. Estes impresos facilitaránselle coa inscrición.
Situaranse onde non supoñan ningún perigo para o contorno, a unha distancia prudencial, segundo o volume da cachela, de edificios, coches, tubaxes de gas, mobiliario urbano e nunca debaixo de liñas eléctricas, nin próximas a rastroxos, árbores ou outras zonas inflamables. Nas proximidades deberá dispoñerse de extintores, mangueira, cubos de auga ou outros medios para o control do lume. Os integrantes do grupo son responsables do cumprimento das normas de seguridade precisas.
Non poderán estar elaboradas con materiais plásticos, botes de spray, pneumáticos, gomaespuma, artificios pirotécnicos e, en xeral, calquera produto inflamable, explo-
TERCEIRA.- As 20 primeiras cachelas inscritas que participen no concurso e non resulten premiadas correspóndelle unha axuda de entre 20 e 50 euros , segundo determine o xurado en función da súa calidade. Se o xurado considera que a súa calidade non é suficiente poderán non ter dereito a esta axuda.
SAN XOÁN 2016
177
CUARTA.- O xurado estará composto por membros da Comisión de Festas ou persoas designadas por esta.
1º Premio: 600 euros (aplicaráselle a retención fiscal corespondente)
2º Premio: 250 euros 3º Premio: 175 euros
QUINTA.- A valoración das cachelas realizarase, antes da súa queima, entre as 19.30 h e as 23.00 h do día 23 de xuño. Para realizar a valoración das cachelas o xurado terá en conta a orixinalidade do deseño e a súa elaboración (tamaño, materiais empregados, calidade da execución...).
4º Premio: 125 euros Así mesmo, o xurado poderá outorgar accésits por un valor de 150 euros se o considera pertinente.
SÉTIMA.- A entrega das subvencións pola participación nesta convocatoria realizarase durante a
SEXTA- As cachelas gañadoras recibirán os premios que se sinalan a continuación, e o xurado poderá deixar deserto algún deles se o considera oportuno:
visita do xurado ás cachelas e os premios entregaranse despois do percorrido.
OITAVA.- A participación nesta convocatoria supón a plena aceptación destas bases.
ORGANIZA: COMISIÓN DE FESTAS SAN XOÁN 2016 COLABORA: CONCELLO DE CARBALLO
INSCRICIÓN Ata o 18 de
Xuño Museo de Bergantiños de martes a venres de 12:00 h a 14:00 h. e de 17:00 a 19:00 h. sábados e domingos de feira de
SUBVENCIÓN POR PARTICIPAR
2O/50 euros
12:00 h a 14:00 h.
SAN XOÁN 2016
1ºpremio:600euros 2ºpremio:250euros 3ºpremio:175euros 4ºpremio:125euros Accesit 150 euros
178
BASES DO DESCENSO DO ANLLÓNS SAN XOÁN 2016 XVI EDICIÓN Co obxecto de recuperar o protagonismo que o Río Anllóns ten na celebración das Festas de San Xoán e ofertar actividades que combinen o carácter lúdico co participativo, a Asociación Cultural San Xoán, entidade organizadora destas Festas, convoca o XIX Descenso do Anllóns, no que poderán participar todos aqueles equipos que cumpran as seguintes bases: PRIMEIRA.- Poderán concorrer os equipos compostos por 3 ou máis membros que se inscriban no Museo de Bergantiños (981 702 077) antes das 13.00 h do día 18 de xuño de 2016. Coa inscrición cada equipo deberá entregar unha declaración na que farán constar que coñecen o percorrido, que aceptan as bases deste concurso, que cumprirán coas normas de seguridade que se establezan e que eximen de responsabilidades á organización polos accidentes ou danos que puideran ocasionar ou que puideran sufrir os membros da embarcación. Os menores de idade entregarán tamén unha declaración asinada polo pai, nai, titor/a, autorizándoos a participar. Estes impresos facilitaránselle coa inscrición. SEGUNDA.- As embarcacións deberán estar construídas artesanalmente e poderán ser propulsadas por calquera medio (remo, vela, pedais, etc.), exceptuando a propulsión mecánica a motor. Recoméndase que os participantes leven os pés e o corpo cuberto co fin de evitar rozaduras e dispoñan de prendas secas para cambiarse ao final do percorrido. Durante o percorrido os membros da embarcación manterán unha conduta respectuosa co río e co seu contorno e procurarán non
causarlle ningún dano preservando o medio natural. Non poderán deixar restos da embarcación no río. No caso de que algunha parte desta se desprenda, os participantes serán responsables da súa retirada do río e das súas inmediacións. TERCEIRA.- Os participantes deberán percorrer o tramo do Río Anllóns comprendido entre o inicio do Bo sque d o Añó n (Pont e de B é r t o a ) e o P a r q u e d o A n ll ó n s , tendo en conta que, dado o baixo nivel de auga nalgunhas zonas, algúns tramos do percorrido deberán realizarse navegando e noutros a tripulación deberá transportar a embarcación. No circuíto haberá varias metas voantes e os participantes deberán efectuar varias probas de habilidade. O Descenso farase o día 25 de xuño a partir das 18.00 horas. CUARTA.- É obrigatorio que, como mínimo, a metade dos membros de cada embarcación permanezan sobre ela durante todo o percorrido. Permitirase o descenso de todos os membros só para salvar algún obstáculo determinado e só durante trinta segundos. O xurado poderá decidir se o incumprimento destas bases dá lugar ou non a algunha penalización ou descualificación.
SAN XOÁN 2016
179
QUINTA.- Haberá dúas metas. Na primeira, no inicio do Parque do San Martiño, puntuarase a velocidade da embarcación, e na segunda, no Parque do Anllóns, a súa orixinalidade e a simpatía da tripulación. Para a valoración da embarcación e da tripulación teranse en conta tamén, aínda que de forma secundaria, o seu estado ao inicio do percorrido. As embarcacións que non alcancen a segunda meta nun tempo máximo de 90 minutos, poderán ser descualificadas, se o xurado así o considera oportuno. SEXTA.- As 25 primeiras embarcacións inscritas que finalicen o percorrido no tempo establecido, recibirán unha subvención por un importe de 30 euros . SÉTIMA- O xurado estará composto por membros da Comisión de Festas ou persoas designadas por esta. OITAVA.- As embarcacións que cheguen á meta optan aos seguintes premios que se sinalan a continuación, podendo o xurado deixar deserto algún deles se o considera oportuno:
1º Premio á embarcación máis orixinal: 300 euros 2º Premio á embarcación máis orixinal: 200 euros 3º Premio á embarcación máis orixinal: 100 euros 1º Premio á tripulación máis simpática: 200 euros 2º Premio á tripulación máis simpática: 100 euros 1ºPremio ás probas de habilidade: 100 euros (Premio patrocinado por Reneymar) Premio á embarcación máis veloz: 100 euros (Premio Patrocinado por Casa Francisco)) O xurado poderá outorgar accésits por un valor de 250 euros. (Colabora Mercadona)
NOVENA.- A entrega das subvencións e dos premios de participación nesta convocatoria realizarase con posterioridade á celebración do descenso. DÉCIMA- A participación nesta convocatoria supón a plena aceptación des-
tas Bases. ORGANIZA: A COMISIÓN DE FESTAS SAN XOÁN 2016
COLABORA: CONCELLO DE CARBALLO +info / 981 704 300 / 981 702 077
INSCRICIÓN Ata o 18 xuño Museo de Bergantiños de martes a venres de 12:00 h a 14:00 h. e de 17:00 a 19:00 h. sábados e domingos de feira de 12:00 h a 14:00 h.
SUBVENCIÓN
3O euros PARA AS 25PRIMEIRAS EMBARCACIÓNS INSCRITAS
SAN XOÁN 2016
1350 euros
en premios
180
FESTAS DO MUNICIPIO DE CARBALLO 2016 LUGAR
FESTA
DATA
CARBALLO Núcleo urbano
San Xoán A Brea (Festa do Pan) San Cristovo Milagrosa Pilarica
Do 22 ao 26 de xuño 9 e 10 de xullo 1 e 2 de agosto 2, 3 e 4 setembro 11 e 12 de outubro
ALDEMUNDE
Santo Antonio Santa María Magdalena
17 de xaneiro 23 de xullo
ARDAÑA
O Sacramento Remedios e Vilamaior Nosa Señora
2 e 3 de xullo 24 e 25 de setembro 15 de agosto
ARTES
San Xurxo S. Antonio de Vilar de Francos Perpetuo Socorro Os Milagres Santa Lucía
23 de abril 13 de xuño 4 e 5 de agosto 8 de setembro 13 de decembro
BERDILLO
O Socorro San Lourenzo As Dolores
21 de maio 10, 11 e 12 de agosto 17 e 18 de setembro
BÉRTOA
Santa. María Santa Eufemia
14, 15 e 16 de agosto 16 e 18 de setembro
CANCES
San Pedro San Campio
4 e 5 de xullo 4 e 5 de outubro
ENTRECRUCES
San Paio S. Pedro en S. Paio de Entrecruces Corpus Christi A Nosa Señora do Carme San Xinés (baixa)
15 de xaneiro 29 de xuño 10 de xuño 16 de xullo 25, 26 e 27 de agosto
GOIÁNS
San Paio Santo Estevo San Ramón (Goiáns-Xoane)
16 de xaneiro 26 e 27 de decembro 7,8 e 9 de setembro
LEMA
San Cristovo e Sacramento O Carmen Mexilloada Santa Irene
10 e 11 de xullo 16 de xullo 13 de agosto 16, 17, 18 de setem
SAN XOÁN 2016
181
NOICELA
Stmo. Sacramento Romería Galega en Imende Festa do Berberecho en Imende Santa María
28 e 29 de maio 3 de xullo 21 de agosto 10 de decembro
OZA
O Carme e Stmo. Sacramento Santo Antonio S. Brais, S. Roque e Prto. Socorro San Breixo Santa Lucía
15, 16 e 17 de xullo 10 de xuño 9, 10 e 10 de setemb 1 de outubro 13 de decembro
RAZO
San Xoán Santo Hadrián Santo Antonio Santa Mariña Festa dos Bañeiros San Roque San Martiño
24 de xuño 15 de xuño 4 de agosto 3 de agosto 27 de agosto 9 de novembro 8 de novembro
REBORDELOS
Candeloria e San Brais San Salvador Neno Xesús Santa Lucía
31 xaneiro e 1 febre. 6 e 7 de agosto 7,8 e 9 de agosto 13 de decembro
RUS
Santísimo Sacramento San Pedro de Ferrol Os Milagres en San Sadurniño Santa María Santa Eufemia e San Mateo
7 de xuño 29 e 30 de xuño 8 e 9 de setembro 15, 16 e 17 agosto 17 e 18 de setembro
SÍSAMO
Santiago Apóstolo O Carme Virxe da Presentación Santa Bárbara
25, 26 e 27 de xullo 19 de xullo 15 de novembro 6 de decembro
SOFÁN
San Paio en Paradela San Brais O Socorro San Bieito en Paradela Santo Adrián da Piña San Pedro en Paradela A Nosa Señora do Carme da Piña San Salvador Festa do Tarambollo San Antonio en Prearada O Rosario
15 de xaneiro 3 de febreiro 6 de maio 11 de xuño 16 de xuño 29 de xuño 16 de xullo 6, 7, 8 e 9 de agosto 9 de agosto 10 de agosto 7 de outubro
VILELA
San Miguel
29 de setembro
SAN XOÁN 2016
182
AGRADECEMENTOS A Barbería de Beni
140
Balneario de Carballo
121
A Cova
127
Bar Bristol
119
A de Pako
49
Bar Ginebra
91
A Escola da Rúa
55
Bar Piscis
A Fragua de Mo
99
Barco dos Soños
55
A Ledicia
57
Bema
68
A Pedra
121
Bercauto Multimarca
Abanca
165
Berius Abogados
Abertal
25
BigMat Rega
103
Admon. Lotería Alexandra
49
Blanco Casa
123
Afico Asesoria Agro Bergantiños
147 32
133
6 35
Bodegas Carballo
25
Botas Bikes
113
Agrobotica
103
CCA Carballo
Agropecuaria As Airas
167
Café Bar Galicia
159
Aislamientos San Juan
71
Café Bulevar
140
Triptico
Alberto Barreiro C. Dental
151
Café Colón
127
Alda Tattoo
140
Café de Maná
129
Alejandro Martínez e Hijos
145
Café Valle Inclán
125
37
Cafetería Abastos
133
Alenca Almacenes Agro
155
Cafetería Carty
Amaro Asesores
143
Cafetería Pazo Cultura
Ana Arán Peluquería
159
Cafetería Sinagoga
49
27
Calvelo regalos
55
Arco Iris
143
Calvelo Seoane
55
Arquitec
17
Calvo
Asador Pedra Furada
17
Carballo Limpo
Aper Seguridad
Ascensores ThyssenKrupp
85 138
Contraportada 123
5
Carmen Mosquera
54
Asesoría Cervantes
68
Carnicería Daniel
172
Atelier Boutique
95
Carnicería Pepe
49
Carpintería Gómez
15
Aura Carballo
115
Autocares Cancela
93
Casa Francisco
138
Autocares Rey Varela
91
Casal Gestoría
135
Autoservicio Familia
83
Cax Carballo
79
143
CCB Gadis Hiper
59
Ave Paraiso
54
CDTF Psicoloxía
113
Axober
65
Cervecería Arboleda
143
Autotres
SAN XOÁN 2016
183
Cervecería Bombonera
74
Frutas Celia
Clinica Dental María Gómez
57
Gadis
74
Clínica Podolóxica
54
Gende Estudio
83
Clinicas San Pablo
147
General Optica
33
Codiber Gas Bergantiños
103
Gesavar Rótulos
Confeccións Bautista Construcc. Damaso Ferreiro Construcc. López Cao
133
167
32
Gestagua
45
131
Gestiber
61
Gestionamos
31
41
Convistas
136
Gestoria Dominguez Castiñeira
93
Cortinas Estrellita
115
Glass Drive
73
Cristalería Carballesa
135
Herfraga
Croa do Castro
149
Hidro Heccar Horbesa
Digiled
9
Dimolk
27
IDM Pereira
Disboa
25
Imprenta Europa
Diyesca
135
Indugal
138 63 119 99 contra 26
Discoteca Al Lio
29
Inmovenda
Don Clic
95
Instalaciones Tasende
95
Dourado&Fernández
17
Jardinería Suso
26
E Pulse
32
Javi Teijeiro Fisioterapia
E.S. Bértoa
159
Jepomar
113
154 26
E. S. As Labradas
35
José Freijeiro
109
E.S. Mingacho
63
Kasa Klandestino
145
Eduardo Eiris
167
Eduardo Fuentes/Oza Motor
65
Konstrues
89
Lavamax
109 149
Electro Sat Beiga
155
Librería Brañas
Electrofón
149
Limpiezas José Luis
62
Elvira Corredoira
83
Maiela Artesanía
123
Emiliano
61
Maracana
145
Esencia
91
Marmolería José Rey
129
Estanco Milagrosa
37
Marmoles Gumersindo
155
Europa Muebles
29
Martinez Dans
93
Farmacia Veterinaria
73
Mas que Tinta
125
Ferretería Arán
26
Mecanizados Carballo
51
Ferretería Roma
140
Mercería Rosa
31
Ferrolar
15
Merliño Xoguetería
154
Florería Taibo
132
Metalurgica BB
15
Fontanaría Arán
149
Modas San Juan
32
Forno Novo
68
Motor Carballo
51
Foto Pombo
77
Motos Añón
79
SAN XOÁN 2016
184
MRW
115
Restaurante Rio Sil
129
Multiopticas
77
Riel Xpress
9
NaturHouse
51
Rocio López
61
Neañomar
33
Rodaben
161
Neumáticos Rodríguez
51
Rúa Concepción Arenal
106
O Candil
135
Rúa Coruña
134
O Mexillón
145
Rúa D. Varela Esquina Gran Vía
111
O Pataqueiro
62
Ocaso Seguros
136
Opticalia Enriquez
31
Rúa Hórreo
46-47
Salus Fisioterapia
125
Seguros Toñito
123
Ortodix
168
Sito Mariño
133
Orixe Centro de Psicoloxía
127
Smart Surf
91
Para Ti Cosméticos
109
Sole Martinez
121
Pazos Tau
149
Son Press
155
Peluquería Olga- Paula
103
Style
125
Pementa Rosa
68
Sueiro
Pico Blanco
54
Suelnor
13 136
Pirotecnia Rocha
151 Supermercado Froiz
79
Pizza Tutto – Delicias
170 Supermercados Lidel
165
Placasa
161 Susa Suárez
Poligono Industrial
93 Talleres Desiderio Facal
Praza de Abastos
81 Taller Repostería Tomasa
Proquiber
143 Tanatorios Grupo Bergantiños
Psicotecnico Alfredo Brañas Puentega Carpinteiros Puertas Hercules
85 Tanatorios San Antonio 154 Teiron
68 147 61 72 2 127
74 Tien 21 Carballo
151
Pubs Zona Estrella
101 Tintorería Iglesias
91
Quiosco Carballo
154 Todo Lar – Re 100 Galicia
R. Vazquez y Reino
Portada Interior Tourline Express
Ralarsa
167 Varela Celebracións
Rama Moda
109 Veterinaria Arnela
Rebalcar Recrecidos del Norte
Contra Interior Viajes Costa Azul 113 Viaxes Alén
Reneymar
22 Viaxes Mar de Menta
Renault Caeiro
43 Vicente Pombo Seguros
Reset Informática
147 Xestoria Queijo
Restaurante Cima
109 Xolda Centro Ocio Inf.
Restaurante Oasis
13 Xorima Bar
SAN XOÁN 2016
159 95 115 79 33 143 6 89 67 154 154
185
Descenso do Anllรณns 2015
SAN XOร N 2016
186
INDICE Saúdo do Alcalde
1
Saúdo Comisión
3
Pregón. Luís Fraga
7
Ilustración. Alberto Varela Ferreiro
18
Fútbol. José Manuel Pèrez
19
Jazz. José Manuel Pérez
21
A Festa do Patrón. Poema de Manuel María
23
Pancho Puskas en Carballo. Xan Fraga
24
Barro. Rosalía Fernández Rial
28
O teu San Xoán. Foto gañadora Instagram 2015
30
San Xoán de Tungsteno*. Alberto Varela Ferreiro
34
Romance de Castrelo de Miño. Xan Fraga
42
Palco de Honor. Farruco Graña
48
Noite Meiga. Fernando Cabeza Pereira
56
Carlos Baute: El buzón de tu corazón. Miguel Suárez Fuentes
64
II Classic Car Carballo.
75
Pedra Bezoar. Beatriz Fraga
78
Dancing Quenn: Un tributo a Abba. Miguel Suárez Fuentes
84
Carballo Vila termal. Xan X. Fernández Carrera
88
Rockin´Carballo. Antón Vecino
96
O preito entre o Mosteiro de San martiño Pinario. Désirée M.ª Domínguez Pallas
104
Pumar: “A língua é a patria onde nos educamos”. Henrique Mariño
112
O Arquitecto Frei Manuel Caeiro en Bergantiños. Xosé Pumar Gándara
120
Paco, In memoriam. Xurxo Borrazás
128
Lembrando o pan de Carballo. Gabriel Pérez Suárez
137
Ilustración. Alberto Varela Ferreiro
139
El Combo Dominicano. Como anticipo dun San Xoán espectacular
141
As orquestras do San Xoán. José Luís Fraga Álvarez
146
Titanio na alta de Entrecruces: Testemuñas. Luís Giadás
148
Traías no bico do corpo. Mercedes Queixas
152
A miña nena bonita. M.ª de la Paz-Merced- Díaz Lista
156
Dende razo ata baldaio, vou e veño, veño e vou. Santiago Pazos
158
Meigas Lonxe!. Santiago Garrido
160
O Cupcake. Ignacio Silva
164
Programa San Xoán 2016
169
Bases Concurso da Baixada de barcos de papel
174
Bases Concurso de Postres da Festa do Bosque
175
Bases Concurso de Cachelas
176
Bases Concurso do Descenso do Anllóns
178
Festas do Municipio de Carballo
180
Agradecementos
182
Índice
186
Créditos
188
SAN XOÁN 2016
187
O banco de Razo.
Antonio Fernรกndez
SAN XOร N 2016
188
AGRADECEMENTOS: Aos Patrocinadores Opticalia Enríquez, Cartel da Festa Persoal da Concellería de Cultura Persoal da Oficina Municipal de Turismo Protección Civil de Carballo Policía Local Brigada de Obras Consorcio Provincial de Bombreiros Servizo Municipal de Limpeza Garda Civil
A COMISIÓN DE FESTAS DE SAN XOÁN, QUERE AGRADECELLES A TÓDOLOS AUTORES, AUTORAS E ENTIDADES QUE PARTICIPARON NESTA PUBLICACIÓN A SÚA INESTIMABLE COLABORACIÓN.
EDITA: COMISIÓN DE FESTAS SAN XOÁN 2016. CARBALLO IMPRIME: IMPRENTA EUROPA - CARBALLO PORTADA E CARTEL: JUAN DIEGO INGELMO BENAVENTE DEPÓSITO LEGAL: C-2196-2016
SAN XOÁN 2016
portada16:portadasanxoan16
14/06/2016
9:02
Pรกgina 1
14/06/2016
9:02
Pรกgina 2
SAN XOAN 2016
portada16:portadasanxoan16