Unidades Didácticas Galego 25N 2015

Page 1

25 de noviembre - Día Internacional Para La Eliminación de la Violencia Contra Las Mujeres

STES

INTERSINDICAL

1

UNIDADES DIDÁCTICAS

25 de Novembro 2015

Propostas Didácticas

Educación Infantil, Primaria, E.S.O., Bacharelato e F.P.A.

STEs·INTERSINDICAL Organización de Mujeres

2015


25 de novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

STES

INTERSINDICAL

UNIDADES DIDÁCTICAS

2015

2

Elaboración e Coordinación: Organización de Mulleres de STES-i Organización de Mulleres da Confederación Intersindical Área de Publicacións da Confederación Intersindical Deseño e maquetación: Mario Padilla. Área de Publicacións da Confederación Intersindical. Edición e Distribución: Confederación Intersindical. C/ Carretas, 14, 7º F, 28012 MADRID. Tel.: 91 523 14 78. Fax: 91 532 22 80. Correos electrónico: o. mujeres@stes.es | publicaciones@intersindical.es Web: www.stes.es Colaboraron na elaboración destas propostas didácticas: Mª Mar Almeida, Azahara García García, Mª Luz González Rodríguez, Isabel González, Pilar López Gómez, Juana Navarro, Mavi Oliver, Pía Outeiriño, Ana Río y Sandra Serra Teruel. Esta publicación ou calquera parte dela pódese reproducir e distribuír libremente, aínda que nos gustaría que nos citásedes.

25 de novembro


25 de novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

STES

INTERSINDICAL

3

2015

UNIDADES DIDÁCTICAS

índice Xustificación e obxectivos Educación Infantil Seguimos en loita contra as violencias machistas Educación Primaria. Primeiro Ciclo (1º a 3º) Pequenas e grandes Educación Primaria. Segundo Ciclo (4º a 6º) A miña mochila violeta

Páx. 5 Páx. 8 Páx. 10 Páx. 10

Educación Secundaria. Texto introdutorio Educación Secundaria. 1º ESO Educación Secundaria. 2º ESO Educación Secundaria. 3º ESO Educación Secundaria. 4º ESO

Páx. Páx. Páx. Páx. Páx.

Bacharelato

Páx. 23

FP e FPA. Formación de Persoas Adultas

13 14 17 19 22

Páx. 25

material complementario Libros Películas e documentais Manifesto 25 Novembro

Páx. 29 Páx. 29 Páx. 31

25 de Novembro 2015

Propostas Didácticas

Educación Infantil, Primaria, E.S.O., Bacharelato e F.P.A.

STEs INTERSINDICAL

Organización de Mulleres


25 de novembro - Dテュa Internacional para a Eliminaciテウn da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDテ,TICAS

STES

INTERSINDICAL

2015

25 de novembro

Seguimos en loita contra as violencias machistas

4


25 de noviembre - Día Internacional Para La Eliminación de la Violencia Contra Las Mujeres

STES

UNIDADES DIDÁCTICAS

INTERSINDICAL

5

2015

Xustificación:

A Organización de Mulleres da Confederación Intersindical, outro 25 de novembro máis, Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, fai un chamamento a todos os axentes da comunidade educativa invocando a transcendencia e potencialidade que a educación encerra para erradicar unha das maiores e máis perniciosas lacras en todas as partes do planeta: a violencia que se exerce cara ás mulleres. Unha violencia que se produce en todos os ámbitos da sociedade. De xeito explícito a través dos malos tratos, os feminicidios, a explotación e tráfico con fins sexuais, nos conflitos armados ou no acoso sexual; e de xeito simbólico a través dos medios de comunicación, a violencia desculpada nas tradicións culturais e relixiosas ou a violencia institucional tolerada e silenciada. Con esta finalidade dirixímonos a vós, alumnado, profesionais da docencia e da orientación nos centros, e ofrecémosvos esta nova contribución a esta tarefa educativa mediante esta proposta didáctica, con actividades para traballar na aula estruturadas por ciclos: infantil, primaria, secundaria, bacharelato e educación para persoas adultas. Con estes materiais pretendemos contribuír a configurar un curriculum non sexista, onde se supere a histórica invisibilidade das mulleres e onde se ensine e se aprenda a construír a igualdade entre mulleres e homes. Queremos achegar materiais e estratexias que permitan detectar e combater situacións e condutas que levan á violencia contra as mulleres; materiais e estratexias que fomenten, ao mesmo tempo, cambios cognitivos, emocionais e actitudinais que nos fagan quen de construír unha convivencia entre todas as persoas rexida polos principios de xustiza social, equidade e igualdade. Concienciémonos e eduquemos as nosas mozas e mozos para iso. ¡Seguimos en loita contra as violencias machistas!

Contidos:

• Formas de violencia contra as mulleres. • Roles e estereotipos sociais que contribúen á violencia contra as mulleres. • Novas tecnoloxías e redes sociais como instrumentos para exercer violencia contra as mulleres. • Violencia simbólica: os padróns de beleza feminina, a publicidade e os medios de comunicación. • Prevención de violencia de xénero a través da educación en igualdade. • Consecuencias da desigualdade de xénero na nosa sociedade. • Linguaxe sexista. • Micromachismos: a sutileza das novas formas de violencia.

Obxectivos:

• Educar na igualdade como instrumento para previr todo tipo de violencia cara ás mulleres, potenciando actitudes de respecto cara ao feminino. • Definir, visualizar e identificar todas as formas de violencia que se exercen sobre as nenas e mulleres. • Desenvolver un espírito crítico diante dos costumes, crenzas e prácticas sociais lexitimadas pero que implican violencia contra as mulleres. • Dotar de estratexias que permitan detectar as actitudes violentas e os nesgos sexistas cara ás mulleres nas contornas máis próximas (familia, amizades, traballo, centros educativos…)


25 de novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS

STES

INTERSINDICAL

2015

• Reflexionar criticamente sobre todos aqueles mitos que minimizan o problema da violencia de xénero (superioridade “natural” do home, “o amor pódeo todo”, compatibilidade entre amor e maltrato, o amor require entrega total e perda de intimidade, o amor é posesión e exclusividade, etc…). • Reflexionar sobre a desigualdade e disimetría entre sexos no ámbito social, laboral e económico como causa da violencia de xénero. • Coñecer os mecanismos e protocolos de actuación diante da violencia machista. • Detectar a linguaxe sexista máis agresiva nos medios de comunicación, libros de texto, música, arte, etc., e desenvolver estratexias de deconstrución dese tipo de linguaxe. • Detectar a violencia simbólica que se exerce socialmente contra as mulleres e desenvolver unha actitude de rexeitamento fronte a ela. • Reflexionar sobre as novas formas de violencia cara ás mulleres a través das redes sociais. • Recoñecer a violencia de xénero como un problema social que nos afecta a todas e todos e desenvolver actitudes de loita activa contra esa violencia. • Adquirir unha imaxe axustada de cada quen, co fin último de manter unha autoestima axeitada. • Concienciar o alumnado para compartir e asumir responsabilidades, familiares e sociais, de forma conxunta e evitando estereotipos sexistas..

Competencias básicas:

1. Competencia en comunicación lingüística - Usar a linguaxe para a igualdade e a construción de relacións iguais entre homes e mulleres. - Analizar os actos comunicativos que implican invisibilización ou violencia cara ás mulleres. 2. Competencia matemática: - Realizar exercicios nos que, mediante o cálculo de salarios, porcentaxes de representatividade feminina, cupos e cotas de poder, se poñen de manifesto as disimetríassociais e laborais existentes actualmente entre mulleres e homes. 3. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico: • Solicitar información sobre distintos aspectos da vida cotiá, tanto en documentos impresos como on-line, onde se revele unha realidade incontestábel como é a permanencia de relacións de desigualdade entre homes e mulleres, así como un trato discriminatorio nos planos laboral, social, económico, etc. • Reflexionar e elaborar propostas de intervención para erradicar esas desigualdades. 4. Tratamento da información e competencia dixital - Elaborar fichas, cartaces, vídeos, gravacións musicais, Power- Points facendo uso responsábel das novas tecnoloxías, a partir da procura e selección de información por medio de internet. 5. Competencia social e cidadá: • Relacionarse coas demais persoas para resolver conflitos de forma pacífica. • Valorar e respectar as achegas das mulleres á sociedade. 6. Competencia cultural e artística: - Analizar o uso da imaxe das mulleres en reproducións artísticas, cine, textos literarios, pezas musicais, etc., co fin de poñer en contacto o alumnado con ese patrimonio cultural e permitirlle que detecte os nesgos sexistas que as diversas manifestacións dese patrimonio poidan conter. 7. Competencia para aprender a aprender: 25 de novembro

Seguimos en loita contra as violencias machistas

6


25 de noviembre - Día Internacional Para La Eliminación de la Violencia Contra Las Mujeres

STES

INTERSINDICAL

7

UNIDADES DIDÁCTICAS

2015

- Desenvolver a capacidade de aprender por si mesmos e por si mesmas, a través do traballo en equipo entre iguais, a investigación e a observación da realidade cotiá. 8. Autonomía e iniciativa persoal: - Fomentar a autoestima, dignificar e apreciar o feminino para así romper estereotipos sexistas e favorecer a autonomía das persoas para tomaren as súas propias decisións.

Metodoloxía:

Ao longo da Unidade Didáctica utilizaremos unha metodoloxía activa e participativa que propicie no noso alumnado, por unha banda, cambios nas actitudes individuais, nos seus coñecementos e nas súas habilidades para eliminar as ideas erróneas que están presentes no fenómeno da violencia de xénero, e, por outra banda, que o capacite con estratexias para detectar e recoñecer as distintas formas de violencia cara ás mulleres e os posíbeis casos de maltrato que atopen ao seu redor. Así pois, a presente Unidade Didáctica fai uso de técnicas que promovan o cambio nas ideas previas do alumnado, a través da contrastación con todo tipo de fontes documentais, escritas, visuais, musicais, etc., así como coa opinión dos seus iguais, sendo esta técnica, sobre todo na educación secundaria, unha das máis eficaces para afianzar o proceso de ensino-aprendizaxe, dada a elevada receptividade a ser educados/as polos/as seus iguais. Entre as técnicas utilizadas destacamos os grupos de discusión, os xogos, o role play, a escrita creativa, a análise de documentos, películas e cancións e, por último, o debate grupal. As actividades que elaboramos traballaranse unhas de xeito individual, buscando a reflexión persoal, e outras de xeito cooperativo, propiciando a participación e o debate de alumnas e alumnos. En ambos casos tratarase sempre de potenciar a sensibilización perante este importante problema e a concienciación para unha participación activa na súa erradicación.

Criterios de avaliación:

A proposta que presentamos non corresponde cunha unidade didáctica ao uso, e, xa que logo, non pretendemos unha avaliación disciplinada da mesma. No entanto, concluiríamos con éxito os nosos obxectivos se ao finalizar o alumnado:

- Amosa actitudes de respecto cara ás demais persoas sen ningún tipo de discriminación por razón de xénero. - Recoñece e diferencia as distintas formas de violencia cara ás mulleres e nenas na súa contorna próxima. - Amosa unha actitude crítica diante de accións ou fenómenos que supoñen discriminación ou violencia cara ás mulleres nos costumes, crenzas e prácticas sociais habituais. - Coñece e utiliza estratexias para detectar e erradicar actitudes violentas e machistas nas contornas máis próximas (familia, amizades, traballo, centros educativos...). - Detecta e amosa rexeitamento cara a aqueles mitos que minimizan o problema da violencia de xénero (superioridade “natural” do home, “o amor pódeo todo”, compatibilidade entre amor e maltrato, o amor require entrega total e perda de intimidade, o amor é posesión e exclusividade, etc…). - Identifica as desigualdades entre sexos no ámbito social, laboral e económico como causa da violencia de xénero. - Coñece e sabe poñer en práctica os mecanismos e protocolos de denuncia das actitudes violentas cara ás mulleres. - Detecta usos sexistas da linguaxe en distintos medios e utiliza estratexias para corrixilos. - É capaz de detectar as distintas manifestacións de violencia simbólica cara ás mulleres, e mostra rexeitamento fronte a elas. - Considera a violencia de xénero como un problema e implícase activamente na súa eliminación. - Adquire unha imaxe axustada á súa propia existencia, pero en igualdade coa doutras persoas. - Comparte e asume a corresponsabilidade, evitando estereotipos sexistas.


25 de novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS

STES

INTERSINDICAL

2015

8

Educación Infantil Seguimos en loita contra as violencias machistas Xustificación Confeccionamos estas actividades atendendo á importancia que ten a Educación Infantil para unha educación en igualdade de condicións para todas as persoas. Neste caso, centrámonos na non discriminación por diferenzas de xénero, que aínda non están resoltas de xeito axeitado tanto a nivel pedagóxico como educativo, así como na educación para o desenvolvemento de ideas e prácticas proporcionadas para todas as persoas - dada a diversidade das aulas

Competencias básicas • • • • • •

-, sen que as mesmas supoñan que un grupo domine sobre outro. Procuramos un sistema que represente e constrúa a realidade educativa, que debe ser sometida a un proceso de reconstrución ou transformación social a través dunha educación que aposte pola igualdade de xénero dende unha visión e tratamento multidisciplinar.

Obxectivos

Competencia en comunicación lingüística. Competencia dixital. Competencia social. Competencia cultural e artística. Competencia para aprender a aprender. Competencia emocional.

Metodoloxía Metodoloxicamente, trátase de potenciar o descubrimento guiado; o traballo, tanto individual como grupal (en pequeno e gran grupo); a ensinanza recíproca e a resolución de problemas que poidan suscitarse durante a realización das actividades. A organización das mesmas debe ser flexíbel e adaptada aos diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe, sobre todo para que todas as nenas e nenos teñan as mesmas oportunidades por medio dunha atención personalizada e axustada ás súas necesidades. Apóstase por unha metodoloxía fundamentalmente activa, flexíbel, dinámica, aberta e participativa, de maneira que as actividades formuladas tratan de ser construtivas e están baseadas no xogo, na manipulación e na experimentación como sustentos primordiais.

Xerais da etapa:

a) Descubrir e construír, a través da acción, o coñecemento do seu propio corpo e o doutras persoas. b) Actuar con seguridade e aprender a respectar as diferenzas. c) Construír unha imaxe axustada de si mesmo/a e desenvolver as capacidades/ habilidades afectivas. d) Estabelecer relacións positivas cos/as iguais e coas persoas adultas; adquirir as pautas elementais de convivencia e relación social; regular a conduta, así como exercitarse na resolución pacífica de conflitos.

Xerais de área:

1. Utilizar a linguaxe oral para expresar sentimentos, desexos e ideas, e valorar o seu uso como ferramenta de relación coas demais persoas, de regulación da convivencia e como instrumento de aprendizaxe. 2. Iniciarse nos usos sociais da lectura e a escrita, explorando o seu funcionamento e valorándoas como instrumentos de comunicación, información e goce.

25 de novembro

Seguimos en loita contra as violencias machistas


25 de noviembre - Día Internacional Para La Eliminación de la Violencia Contra Las Mujeres

STES

INTERSINDICAL

9

UNIDADES DIDÁCTICAS

Recursos Os recursos utilizados divídense en 2 tipos: Materiais inventariábeis, proxector, encerado tradicional e dixital, ordenador e armario de materiais. Materiais funxíbeis: cartolinas, papel Din A4, pegamento, tesoiras, rotuladores, lápis, lápis e ceras de cores, caixas de cartón, cazos de plástico, maleta de tea, cordas e papel de diferentes texturas (celofán, seda, charol...)

Actividades 1.- Reunir o alumnado en asemblea para tratar o tema da violencia desde distintas perspectivas: - Que é violencia? Preguntamos e, a partir das respostas, comentamos se ser violento ou violenta é malo ou bo. - Como se pode facer dano? Só pegando ou hai outras maneiras? Unha vez oídas as respostas, chegamos á conclusión de que facer dano é malo e que non debemos facelo de ningunha das maneiras. A partir de aquí comentaremos que o 25N hai que telo en conta porque moitas mulleres e nenas son maltratadas e, mesmo nalgúns casos, asasinadas. 2.- Poñer no encerado dixital fotos de mulleres tristes e alegres. Analizar como nos gustan máis, identificar as tristes e as alegres. Comentar se as mulleres da súa casa están tristes ou alegres. 3.- Debuxar mulleres con caras tristes ou alegres e explicar quen son e por que se expresan así. 4.- Realizar unha exposición cos debuxos feitos baixo un lema que acordaremos entre todos e todas, consensuadamente (por exemplo: “Mellor contentas”, “Así están as mulleres da miña vida”, etc.). 5.- Repartiremos, por grupos, fotos e cartaces da Marcha do 7N impresos previamente e cortados en anacos (a cantidade de anacos dependerá do nivel). Pedirémoslles que constrúan a imaxe do quebracabezas e determinen, no grupo, aquilo que representa. En gran grupo, comentaremos o que lle parece a cada grupo o que representa o quebracabezas e insistiremos na idea de que as persoas non deben saír á rúa para loitar un día, que hai que loitar todos os días contra as violencias machistas (explicar brevemente que son). 6.- Comentamos e cantamos a canción de Andaluna e Samir “Violencia entre iguais”. 7- Convidaremos as familias ao acto do día das apertas. Ao ritmo da música iremos abrazando a quen se atope connosco de fronte.

2015


25 de novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS

STES

INTERSINDICAL

2015

10

Educación Primaria Primeiro Ciclo Pequenas e Grandes Recomendada para 1o a 3o Xustificación Con estas actividades pretendemos que os nenos e as nenas non manteñan os estereotipos establecidos e traballar a igualdade real entre homes e mulleres.

Materiais Contos da colección Pequena&Grande. Internet. Material funxible

Leremos os contos sobre estas tres mulleres: Coco Chanel, Andrey Hepburn e Frida Kahlo. Unha vez lidos, o alumnado buscará por internet información e imaxes de cada unha delas, e, a seguir, elaborarán unha colaxe sobre unha desas tres mulleres. Unha vez que lemos sobre estas tres mulleres, cada neno ou nena elixirá unha delas e explicarálles aos compañeiros/as en voz alta en que consiste o traballo de cada unha (deseñadora, actriz, pintora).

Educación Primaria Segundo Ciclo A miña mochila violeta Recomendada para 4o a 6o Materiais Material funxible, tea, rotuladores de cores

Metodoloxía Activa, con agrupamentos flexíbeis para facilitar a participación do alumnado no desenvolvemento das actividades, fomentando a intervención de todas e todos e facilitando aprendizaxes significativas. 25 de novembro

Seguimos en loita contra as violencias machistas


25 de noviembre - Día Internacional Para La Eliminación de la Violencia Contra Las Mujeres

STES

UNIDADES DIDÁCTICAS

INTERSINDICAL

11

2015

Actividades O alumnado fará unha mochila violeta, con tea morada e escribindo sobre ela “A miña mochila Violeta” Ao longo de tres semanas previas ao 25N, realizaremos actividades sobre a violencia cara ás mulleres, charlas de persoas especializadas, coloquios, exposicións de fotos, enquisas, talleres de corresponsabilidade. Nese período, cada nena e cada neno gardarán na mochila algún obxecto ou texto que os impresionase ou lles supuxese unha nova aprendizaxe. Durante a última semana, cada alumno/a presentará diante das súas compañeiras/os os obxectos ou textos que escolleu e explicará os porqués desa elección e o sentido que ten.

Loitas das mulleres Lectura das seguintes 25 leccións de feminismo para os meus fillos (extracto): Fuente: http://www.huffingtonpost.es/christine-organ/25-lecciones-feministas_b_6056940.html. Christine Organ

Das seguintes frases o profesorado elixirá aquelas que considere oportunas segundo o nivel do alumnado: 1. Feminismo non significa feminino. Significa igualdade. 2. Ser un mozo non significa que non poidas ser feminista. 3. Non pasa nada por chorar. Pero, como coas demais expresións da emoción, hai que ter coidado e facelo de forma responsábel e respectuosa. 4. Facédevos amigos das mozas. 5. Ás mozas pódenlles gustar os camións, os superheroes e “A guerra das galaxias”, do mesmo xeito que aos mozos pódenlles gustar as princesas, as festas de té e “O meu pequeno poni”. 6. As expresións “coma un home” ou “coma unha moza” non teñen ningún significado real. Ignorádeas. 7. Sede fortes e sensíbeis; non son cousas incompatíbeis. 8. Suxeitade a porta aberta ás mulleres. E aos homes. Non porque sexa unha tradición sexista; simplemente como signo de amabilidade e educación. Trátase de ter bos modais. Polo mesmo motivo, hai que colocar a cadeira cando un se levanta e baixar a tapa do váter. 9. Unha moza pode ser guapa, atractiva, mona e sexi, pero a verdadeira BELEZA procede do interior. 10. Rodeádevos de xente que vos convide a dar o mellor de vós mesmos/as. Sede cautelosos/as coa xente que queira cambiarvos. 11. Un mesmo traballo merece un mesmo salario; un mesmo salario require un mesmo traballo. Así de simple. 12. O teu sexo non te define. Nin o teu traballo, o teu coche ou a túa conta bancaria. Sede amábeiss e valentes, sede bos/boas amigos/as, esforzádevos e tratade a todos con respecto. Estas son as calidades que vos definirán. 13. Hai moitas formas de manter unha familia ademais de economicamente. 14. Aínda que a maioría dos anuncios e case todos os programas de televisión envíen mensaxes que digan o contrario, os homes son capaces de facer a cama e a coada, de cambiar cueiros e de ocuparse doutras tarefas do fogar e da crianza dos fillos.


25 de novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS

STES

INTERSINDICAL

2015

15. Non teñades medo a pedir perdón. Non indica debilidade, senón coraxe, valentía e forza. 16. Nunca deades por feito os vosos privilexios, xa sexan económicos, educativos, raciais ou culturais; e seguide loitando polos dereitos daqueles que non gozan dos mesmos. 17. Tede sensibilidade, empatía e compaixón. 18. Pode haber diferenzas entre sexos; do mesmo xeito que hai diferenzas entre todo o mundo. Isto é algo bo. Tentade non xeneralizar. E non teñades medo ás diferenzas; celebrádeas. 19. Lembrade estas leccións, non necesariamente porque unha persoa ou grupo de persoas necesite protección ou tratamento especial; simplemente porque son imprescindibeis para a xustiza, a igualdade e o respecto. Agardo que poidan cambiar o mundo. Pasiño a pasiño. En grupos de dúas persoas elixirán dúas das frases que aquí se transcriben e debaterán sobre elas. Primeiro entre eles/as e logo o debate realizarase entre o grupo clase.

25 de novembro

Seguimos en loita contra as violencias machistas

12


25 de noviembre - Día Internacional Para La Eliminación de la Violencia Contra Las Mujeres

STES

INTERSINDICAL

13

Texto introdutorio para o profesorado

UNIDADES DIDÁCTICAS

2015

Educación Secundaria A VIOLENCIA DE XÉNERO COMO ALGO ESTRUTURAL

Cando oímos nos medios de comunicación o termo “violencia de xénero” a primeira idea que nos vén á cabeza é a dunha muller morta a mans do seu esposo (ou do seu ex-, na maioría dos casos, xa que unha vez que a muller se atreveu a abandonalo é cando el, atacado pola súa propia ira, decide matala). En concreto, pensamos nas 750 mortas na última década no Estado español, ou nos 600.000 casos de maltrato que se producen cada ano (dos cales, só unha cuarta parte son denunciados). Realmente estas cifras son aterradoras, e máis tendo en conta que estamos deixando fóra destas estatísticas os casos de violencia entre parellas homosexuais, de violencia noutro tipo de relacións (non ten por que ser unha relación amorosa) ou os casos de prostitutas maltratadas por clientes. Toda agresión contra unha muller, sexa en mans da súa parella ou doutra persoa que se sente superior a esta, debería incluírse e denunciarse como un caso de violencia de xénero. Pero, por suposto, non podemos limitarnos a falar de violencia de xénero só nos casos nos que é visíbel a agresión - ben a través dun asasinato, ben a través de feridas físicas ou psíquicas-, senón que debemos entender que vivimos nunha sociedade na que a violencia é sistémica, e está tan integrada nos nosos actos cotiáns que, a maioría das veces, pasa desapercibida. O primeiro en falar deste tipo de violencia, a “violencia simbólica”, foi o teórico francés Pierre Bordieu, referíndose a un grupo de significados impostos como válidos e lexitimados pola cultura patriarcal, que parten da supremacía e dominación masculina e, xa que logo, teñen estreita relación co poder e coa autoridade. O poder outorgado aos “dominantes” é a base da violencia simbólica, que leva aos propios dominados a exercer sobre si mesmos as relacións de dominación. O que asegura a existencia desas relacións de dominación é que os dominados as ignoran como tales. Mais... que exemplos concretos podemos considerar “violencia simbólica”? Como afirma a directora da Editorial da Muller da Federación de Mujeres Cubanas, Isabel Moya Richard, exércese violencia simbólica cara ás mulleres desde a publicidade que as usa como obxecto sexual, as noticias que as reducen a vítimas ou as ignoran, os titulares sensacionalistas que fan do terrorismo

machista un espectáculo. Exércese violencia simbólica cando as mulleres do sur son tratadas con enfoques folcloristas ou xenófobos; cando se culpabiliza o amor entre mulleres; cando se confinan os chamados “asuntos de mulleres” só a determinadas seccións de xornais, programas ou noticiarios; cando a letra dunha canción grita aos catro ventos que a “castiguen”; cando a protagonista dunha serie para adolescentes só vive para o seu “físico perfecto” e vémola multiplicada en bonecas, camisetas e vasos desbotábeis... Podemos cualificar como violencia simbólica eses programas televisivos onde se invita á muller que é obxecto de violencia para facer con ela un espectáculo “da vida real”, ou eses faladoiros frívolos nos que para asumir un discurso “politicamente correcto” se tratan asuntos de especial interese para as mulleres, mais non están as súas voces e opinións, nin as das organizacións da sociedade e/ou das académicas/os que investigaron con rigor esa problemática. Atopámonos diante de violencia simbólica cando observamos nun libro de texto da escola que se silencia o papel da muller ao longo da historia, que non se mencionan nin citan obras literarias escritas por mulleres, ou que, de facelo, se confinan as escritoras nun capítulo á parte, baixo rótulos como os de “literatura feminina”. A violencia simbólica, como calquera das outras formas en que se expresa a violencia de xénero contra as mulleres, é un xeito de exercer o control, pero o que a particulariza é o feito de que contribúe de xeito decisivo a “naturalizar” a subordinación. É un recurso que lexitima socialmente a supervivencia de relacións xerárquicas de poder que potencian o considerado masculino. É dicir, contribúe a reproducir as causas da violencia machista cara ás mulleres e as nenas. Non deixa marcas visíbeis, pero as súas pegadas multiplícanse na cultura e impactan en toda a sociedade. Por iso, queremos que se denuncie todo tipo de violencia cara ás mulleres; os golpes, os asasinatos e as violacións non son máis que o reflexo máis visíbel e máis cruel de todo un sistema ao que hai que poñer freo.


25 de novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS

STES

INTERSINDICAL

2015

14

1 E.S.O o

OBXECTIVOS

• Detectar a violencia simbólica que se exerce socialmente contra as mulleres, e desenvolver unha actitude de rexeitamento fronte a ela. • Reflexionar sobre as novas formas de violencia cara ás mulleres através das redes sociais.

MATERIAIS

• Computadores con conexión a internet • Bolígrafos e cadernos.

METODOLOXÍA.

Traballarase en grupos de 3 ou 4 persoas, para fomentar o debate. Cada grupo elixirá unha portavocía para poñer en común e expoñer a toda a clase as conclusións a que chegou o grupo, tratando de recoller tamén as discrepancias que puidese haber no seu seo. Dúas sesións de unha hora de duración.

Actividade 1. Que é a cousificación da muller? 1. Procurade no dicionario a palabra “cousificar”. 2. As cousas serven, como sabemos, para ser usadas, as cousas non teñen actividade nin vida propia. Compara as seguintes imaxes e identifica cales se achegan máis á cousificación, é dicir, onde estas mulleres ou nenas teñen un papel pasivo e só serven para mostrar a súa beleza.

1

2

3

4 6

Definición de cousificar: 1. Converter algo en cousa. 2. Reducir á condición de cousa aquilo que non o é.

3.Cales das situacións da actividade anterior vos parecen máis divertidas? En cales te sentirías máis cómodo/a? En pequenos grupos, reflexionade sobre a cousificación das mulleres e súa posíbel relación coa violencia machista.

25 de novembro

Seguimos en loita contra as violencias machistas


25 de noviembre - Día Internacional Para La Eliminación de la Violencia Contra Las Mujeres

STES

INTERSINDICAL

15

UNIDADES DIDÁCTICAS

2015

Actividade 2. O poder de saber valorarnos. A autoestima 1. Seguramente escoitarías moitas veces a palabra autoestima. Que significa para ti ter a autoestima alta? Como afecta a autoestima cando nos relacionamos co resto da xente? Para seguir entendendo este concepto vexamos un fragmento da película “As mulleres de verdade teñen curvas”.

Carmen e Ana son nai e filla. Entre elas existe unha relación especial que inflúe directamente en ambas, pero Ana está a cambiar e a madurar. Todos necesitamos establecer vínculos afectivos con outras persoas e desenvolvemos actitudes e condutas, de identificación, de oposición e exploración como fonte de aprendizaxe. A autoestima non é senón o valor que nos damos a nós mesmos, o “como me vexo?“, o “como me valoro eu mesmo?”, “que imaxe teño de min?” Pero a resposta non a podemos dar sós, de forma illada, porque vivimos con outras persoas e dependemos de como nos ven e como nos valoran os demais. Ana non se deixa influír demasiado pola visión que ten dela a súa nai, imos comprobalo.

O filme pódese atopar na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=H-YEUBQ-fQE

Observa a escena do minuto 65 ao minuto 69 (1:05 a 1:09) 2. Despois de ver a escena, credes que é unha conversa típica de mozas? Se é así, por que os mozos se preocupan menos do seu físico? É moi importante o físico entre as vosas amizades? É máis importante que ter inquietudes? 3. Como Ana e a súa nai discuten tanto, mesturáronse as frases de ambas; separádeas colocando o número correspondente baixo a foto. 1. Tes que fregar os cacharros 2. Comeu a torta antes da voda 3. Unha muller pensa, ten ideas, cerebro 4. Unha nai sabe cal é o home para a súa filla 5. Vallo máis que o que teño entre as pernas 6. Hoxe en día as mozas crense moi listas, así acaban: “panzonas” 7. Os homes quérenas virxes 8. Pensas que son un can que non vale máis que para traballar 9. Somos mulleres, todas temos o mesmo 10. Queres abandonar o avó? 11. Gústame como son 12. Non es fea...se adelgazases...

…........................................... …........................................... …...........................................

…........................................... …........................................... …...........................................


25 de novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS

STES

INTERSINDICAL

2015

16

3. A maior parte das frases de Carmen pretenden chantaxear emocionalmente a Ana ou están relacionadas con tópicos e costumes. Clasifícaas nas seguintes columnas (poida que algunhas se atopen nas dúas columnas ou en ningunha) Chantaxe emocional

Tópicos e costumes

Actividade 3. Os medios de comunicación e o aspecto físico 1. Cal é o modelo e o canon de beleza occidental? Afecta de igual maneira ás mulleres e aos homes? Coidades que a publicidade ten que ver con isto? 2. Agora buscade anuncios que vaian destinados a un público feminino. Cales son os produtos máis anunciados? Facede o mesmo cos destinados a un público masculino. Enchede a táboa e discutide sobre iso. Produtos anunciados Anuncios destinados a homes Anuncios destinados a mulleres 3. Cales dos anuncios que atopaches poden considerarse machistas? As seguintes indicacións pódenche axudar a determinalo.

Un anuncio pódese considerar machista se:

• Crea modelos que consoliden roles de xénero tradicionais: Muller en casa, home ao traballo. • Amosa unha imaxe da muller asociada a uns estándares de beleza pouco reais: altas, guapas e delgadas. • Representa imaxes de control e dominación do home sobre a muller, xa sexa física, psíquica ou laboralmente, situando á muller en posición de inferioridade. • Exclúe as mulleres dos espazos de toma de decisións importantes. • Centra na muller os produtos relacionados coa limpeza do fogar. • Presenta a muller como obxecto sexual e utiliza o seu corpo como reclamo de obxectos e produtos dirixidos a homes.

25 de novembro

Seguimos en loita contra as violencias machistas


25 de noviembre - Día Internacional Para La Eliminación de la Violencia Contra Las Mujeres

STES

UNIDADES DIDÁCTICAS

INTERSINDICAL

17

2015

2 E.S.O o

MATERIAL:

- CD de Pasión Vega “Banderas de nadie” (2003) onde se inclúe o tema “María se bebe las calles” e un reprodutor de CDs. Ou ter acceso a internet e escoitar a canción a través dos altofalantes do computador. - Cuestionario para traballar sobre a canción (Anexo 1) - Material da aula: encerado, xiz ou rotulador... - Material do alumnado: caderno, bolígrafos…

METODOLOXÍA:

- Dinámica e participativa. - O grupo/clase escoitará a canción do CD ou ben através da seguinte ligazón:

https://www.youtube.com/watch?v=FCGSFlY8IQ4

- Nesta outra ligazón atópase a letra de “María se bebe las calles” de PASIÓN VEGA: http://www.quedeletras. com/letra-maria-se-bebe-las-calles/pasion-vega/40565.html

- Acto seguido, crearanse pequenos grupos de cinco ou seis persoas onde comentarán que lles pareceu a canción e cal é a súa temática principal. A/o docente apuntará no encerado o tema principal que acordase cada grupo e observaranse as coincidencias. - Contestar as preguntas do cuestionario adxunto (Anexo 1) - E para rematar, xerarase un debate sobre a temática suscitada pola canción e o cuestionario sobre a violencia de xénero, o mito do amor romántico, a figura do príncipe azul, os roles de xénero…

PERIODIZACION: 1 ou 2 sesións.


25 de novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS

STES

INTERSINDICAL

2015

18

ANEXO 1 1.- Despois de escoitar a canción, contesta as seguintes preguntas: - Cres que María é feliz? Por que? Resposta libre - María sofre malos tratos por parte da súa parella; busca a frase ou as frases da canción que reflitan esta situación: “Recuerda la primera vez que él le juró que fue sin querer”

“María escapó de sus gritos”

- Hai alguén que sexa testemuña da agonía de María? Si - Copia a frase da canción onde se fai referencia ás testemuñas: “y en los hijos que vivieron prisioneros de su miedo” - Na canción aparece a expresión, “María yo te necesito”. Quen credes que lle di iso a María? O home. - Qúerea realmente? Resposta libre. - Que coidas que quere dicir a canción con “Se bebe las calles María”? Resposta libre - Coidas que se pode equiparar á expresión “Comerse o mundo”? Resposta libre. - Achega outras frases da canción que tamén fagan referencia a este feito:

e os homes). Na canción fanse referencias a roles de xénero, asociados culturalmente á muller. Busca e apunta no teu caderno esas frases da canción:

“Ella nunca dice que no, es la esclava de su señor ella siempre lo perdona a sus pies sobre la lona, su patria es su casa su mundo la cocina y se le viene encima”

4.- Sabes que outros roles de xénero impón a sociedade aos homes? Enuméraos a continuación: - Os mozos non choran. - Os mozos son valentes, non teñen medo. - Os mozos non limpan. - Os homes teñen que manter economicamente ás mulleres. - Aois homes tenlles que gustar algún deporte. - Etc.

5.- Por que cres que existen os roles de xénero? Todas as mulleres e homes que coñeces cúmprenos? Por exemplo, todas as mulleres que coñeces son amas de casa e os homes traballan fóra do fogar? Poden as mulleres facer cousas consideradas “de homes”, e poden os homes facer cousas consideradas “de mulleres”? Razoa a túa resposta e pon exemplos.

María se fue una mañana /María sin decir nada / María ya no tiene miedo / María empieza de nuevo.

2.- Todas e todos medramos coa idea do amor romántico: un día virá a muller ou o home ideal e viviremos felices para sempre. Pero en moitos casos, iso non é así, e a persoa soñada, en realidade, non é tan perfecta. Apunta as frases da canción que fan referencia ao conto de fadas, á idea de amor romántico: “María pensó que el amor era un mandamiento de dos y esperando el primer beso se hace vieja ante el espejo” “María soñaba con ser la princesa de los cabellos de oro y la boca de fresa”

3.- Na nosa sociedade están moi enraizados os roles de xénero (actitudes, capacidades, comportamentos, papeis ou funcións sociais, e limitacións diferenciadas entre as mulleres

Resposta libre (a intención desta pregunta é que sexan conscientes de que só haberá igualdade na nosa sociedade cando rompan os roles de xénero establecidos e comprendan que homes e mulleres poden realizar as tarefas domésticas, o traballo, a práctica do deporte, en fin, calquera actividade, sen importar o seu sexo).

6.- Sabes que existe un número de teléfono contra os malos tratos? Cal é? 016 7.- Que farías se te decatases de que alguén da túa contorna está a padecer malos tratos? Razoa a túa resposta. Resposta libre. 8.- Coidas que na nosa sociedade hai igualdade entre homes e mulleres? Razoa a túa resposta. Resposta libre

9.- Que poderiamos facer para fomentar a igualdade en clase e no noso centro educativo? Razoa a túa resposta. Resposta libre 10.- Coñeces outras cancións que falen sobre os malos tratos? Cítaas: Resposta libre

(Algunhas delas son as seguintes: Beyoncé: “Se eu fora un rapaz””; Andy y Lucas: “Y en tu ventana”; Bebe: “Ella”; Bebe: “Malo”…).

25 de novembro

Seguimos en loita contra as violencias machistas


25 de noviembre - Día Internacional Para La Eliminación de la Violencia Contra Las Mujeres

STES

INTERSINDICAL

19

UNIDADES DIDÁCTICAS

3A violencia E.S.Ode xénero e os medios de comunicación o

2015


25 de novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS

STES

INTERSINDICAL

2015

Introdución Os medios de comunicación teñen unha grande capacidade para influír na toma de conciencia da sociedade sobre moitos aspectos que nos afectan e, entre eles, a violencia de xénero. Os medios de comunicación lograron que a violencia de xénero rompa a barreira do ámbito doméstico ou de parella e que se considere un problema de carácter público. Este recoñecemento por parte dos medios permitiu que a violencia contra as mulleres entrase a formar parte da axenda política de case todos os partidos e que se recoñeza como un dos motivos máis destacados de preocupación social.

A pesar de todos estes recoñecementos, o tratamento que os medios deron á violencia de xénero non sempre foi o máis axeitado, pois os medios loitan entre dous tipos de intereses enfrontados: tratar con respecto e seriedade a información que recolle feitos tan graves como a violencia de xénero fronte á necesidade empresarial de ofrecer un produto que o público consuma.

25 de novembro

Seguimos en loita contra as violencias machistas

20


25 de noviembre - Día Internacional Para La Eliminación de la Violencia Contra Las Mujeres

STES

INTERSINDICAL

21

UNIDADES DIDÁCTICAS

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Traballar con grupos de 4 ou 5 alumnos e alumnas. En cada grupo, repártese a fotocopia na que se recollen titulares dalgunhas noticias e artigos de opinión que saíron na prensa periódica sobre a cuestión da violencia de xénero. No medio da clase colocaranse diferentes xornais e cada grupo elixirá un ou dous. Tamén se deberá contar con computadores e acceso a internet para buscar información. Repártese a fotocopia na que se recollen titulares dalgunhas novas e artigos de opinión que teñan saído na prensa periódica sobre a problemáticas da violencia de xénero. Cada grupo elixe o titular da nova que máis chamase a súa atención. Contrastade a forma de informar sobre estes feitos nos diferentes medios. o Hai diferenza na forma de tratar a información? Como é tratada a mesma nova? Teñen carácter sensacionalista, salientan a dor ou a violencia? o Que impacto credes que teñen estas noticias nas persoas que as len? Convidan á reflexión, á implicación e á cooperación ou, pola contra, provocan rexeitamento, morbo ou medo? o Explicade a intención comunicativa dos diferentes emisores da nova: informar, opinar ou entreter, determinando se a forma de expresarse é obxectiva ou subxectiva. Xustificade a resposta através de exemplos dos diferentes textos. Elaborade unha nova propia seguindo estes pasos: Planificación: Recompilar información sobre a novas a través de diferentes fontes, como internet, prensa, etc. o Organizar e elaborar: Inventar un titular e escribir unha entradiña e o corpo informativo. Ter en conta que a nova debe dar resposta ás seis preguntas: Que sucedeu, a quen lle suceda, cando, onde, como e por que.

Seleccionade da fotocopia un artigo de opinión. Extraede os diferentes argumentos aducidos polo autor ou autora do artigo elixido sobre as causas que provocan a violencia de xénero e explicade que solucións achega para combatela. o Elaborade unha carta á dirección dun xornal na que reflexionedes sobre a violencia de xénero e a forma de combatela . Buscade novas nos xornais traídos a clase nas que se reflita algunha das formas de violencia que destacan as noticias, buscando aquelas nas que se amose, ademais, que existen grupos, persoas, movementos ou asociacións que colaboran na procura de solucións para erradicar a violencia de xénero. Como actividade final, farase unha posta en común das conclusións dos grupos a partir da nova e do artigo de opinión seleccionado por cada grupo. Algunhas preguntas para guiar esa posta en común poderían ser estas: o Por que se produce a violencia contra as nenas e as mulleres? o Cando xorde a violencia de xénero? É necesario que exista un vínculo entre agresor e vítima? Como debemos reaccionar? o É o mesmo a violencia física que a violencia psicolóxica? Por que con frecuencia a persoa que foi maltratada perdoa o agresor? o Que situacións de violencia son as que vos chamaron máis a atención? Por que? o Cales poderían ser as solucións? o Que vos aportou esta actividade? Como ampliación da actividade, pódese recomendar ao alumnado que vexan as novas de distintas canles de televisión durante unha semana e que recollan as relacionadas coa violencia de xénero por escrito, de forma breve.

2015


25 de novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS

STES

INTERSINDICAL

2015

22

4 E.S.O NON SÓ DOEN OS GOLPES o

Xustificación:

Trátase de ver unha serie de vídeos sobre un taller/ monólogo de Pamela Palenciano, unha moza que foi maltratada polo seu noivo desde os 12 aos 18 anos. O seu testemuño bota por terra os mitos do amor romántico e axuda a mozos e mozas a detectar os primeiros signos dos malos tratos.

Materiais

-Conexión a Internet.

https://www.youtube.com/watch?v=bHkiPUX_ oyM&list=PL4AB46D67B95D2EFA

Son unha serie de vídeos encadeados. Veremos dende o primeiro, a partir do minuto 2’50, ata o cuarto, no minuto 9’30. -Papel e bolígrafo.

Temporalización: Dúas sesións de 50 minutos Metodoloxía

- Na primeira sesión contestaranse unhas preguntas previas en gran grupo e veranse os vídeos mentres se contestan de maneira individual as preguntas propostas. - Na segunda sesión realizarase a posta en común en pequeno grupo (4-5 persoas que se xuntarán o máis libremente posíbel para que se poidan sentir cómodas comentando). Exposición e comentario posterior con toda a clase das respostas obtidas. Ademais de que usen a palabra as persoas portavoces, recoméndase deixar falar libremente tamén aos demais membros do grupo-clase, para favorecer a comunicación de experiencias vividas.

Actividades

Preguntas previas: - Se un mozo ten moitas noivas, que se di del? E se lle ocorre a unha moza? - Coidades que hai algún vídeo, canción, vídeoxogo, filme ou serie que reflita

o clásico conto do príncipe e a princesa? Poñede algúns exemplos que vísedes ultimamente. - Coidades que a bulimia é unha enfermidade que lles ocorre máis ás mozas? Cal credes que pode ser a razón? - Que son os malos tratos? Como e cando credes que comezan os malos tratos machistas nunha relación de parella? As mozas da vosa idade poden ser maltratadas? Coñecedes algunha que sexa maltratada polo seu noivo? Que accións violentas cara ás mulleres se poden dar en parellas novas? - As familias e as amizades coñecen estas situacións de malos tratos? Por que? Que opinan? - Busca o significado da expresión “chantaxe emocional”.

Preguntas:

- Estás de acordo con que ás mulleres lles ensinan a esperar e aos homes a tomar a iniciativa? Pon o exemplo que sae no vídeo e outros que se che ocorran que o demostren. - Se a algunha muller se lle ocorrese romper con este estereotipo, como as poden chegar a chamar? - Sinala comportamentos específicos de mulleres e de homes que mostren que estamos educados/as de maneira diferente. Saen moitos no vídeo, pero podedes engadir outros. - Enumera as chantaxes emocionais que o noivo de Pamela lle fai para conseguir isolala da súa contorna e así conseguir que só lle preste atención a el. - Sinala que cousas vai deixando de facer Pamela que axudan a que se vaia isolando cada vez máis e que todo o seu mundo se reduza ao seu noivo.

Acción:

- Cada grupo terá que escribir un twitter que sexa un pensamento, un meme, unha foto cun comentario, etc. que reflita unha forma sa de amor. Pode estar dirixido en xeral ou a unha persoa concreta, pero sen citala. Os twitts corrixiranse e comentaranse en gran grupo e despois todas as persoas do grupo que teñan redes sociais subiranos a facebook, twiter ou instagram como parte do traballo de clase.

25 de novembro

Seguimos en loita contra as violencias machistas


25 de noviembre - Día Internacional Para La Eliminación de la Violencia Contra Las Mujeres

STES

UNIDADES DIDÁCTICAS

INTERSINDICAL

23

2015

Bacharelato Obxectivos • Identificar violencias contra as mulleres noutros países do mundo e ser así capaces de reaccionar fronte a esas violencias. • Contrastar a violencia dalgúns países coas violencias estruturais e do cotián, incidindo nas respostas para que o alumnado sexa consciente das súas consecuencias e saiba como reaccionar ante elas. • Fomentar o gusto polo cómic e polo cine como medios de expresión das vivencias femininas. • Analizar a presenza das mulleres no mundo do cine.

Competencias básicas • Competencia social e cívica. • Competencia para a autonomía e iniciativa persoal. • Competencia en comunicación lingüística. • Competencia no tratamento da información. • Competencia dixital.

Metodoloxía A profesora ou profesor explicará ao grupo-clase que van traballar sobre un cómic e sobre unha película baseada nese mesmo cómic. Desenvolverá brevemente o argumento de Persépole (hai versión galega no catálogo de Rinoceronte Editora) e resumirá as circunstancias históricas e sociais en que a obra se desenvolve, animando o alumnado a ler a obra pola súa propia conta. A continuación, farase o visionado do filme, levarase a cabo un debate sobre o mesmo e realizaranse as actividades escritas que se propoñen a continuación.

Materiais Ordenador, proxector, folios e bolígrafos.

Criterios de avaliación • • • • •

É consciente da violencia contra as mulleres que existe no mundo. Busca información de xeito autónomo sobre o tema proposto. Discrimina os estereotipos que se dan habitualmente no cine. É consciente das particularidades dos reximes políticos doutros países. Participa activamente nos debates propostos en clase.


25 de novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS

STES

INTERSINDICAL

2015

24

ACTIVIDADE 1.

1. As e os alumnos deberán realizar un cartaz individual con frases que celebren a igualdade entre homes e mulleres e en contra da violencia machista. a) Con ese cartaz deberán facerse unha foto individual ou en grupo. b) O día 25 de novembro realizarase unha foto con todo o alumnado e profesorado no patio portando eses cartaces e baixo o lema: “O IES _________ CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA”. c) Os cartaces elaborados quedarán expostos no IES. Tamén se pode aproveitar para realizar fotografías e/ou collages que decoren o centro. d) Esta actividade terá o seu reflexo no blog do IES e nas redes sociais. 2. Visionado da curtametraxe: “Prevención da violencia de xénero entre a mocidade”. Debate e análise.

https://www.youtube.com/watch?v=4maVL0Jyvr4

25 de novembro

Seguimos en loita contra as violencias machistas


25 de noviembre - Día Internacional Para La Eliminación de la Violencia Contra Las Mujeres

STES

UNIDADES DIDÁCTICAS

INTERSINDICAL

25

2015

FP e Formación de Persoas Adultas Introdución A VIOLENCIA E O TESTEMUÑO SILENCIOSO Unha das dificultades para atallar a violencia machista e as violencias en xeral son os silencios que se xeran arredor da vítima. O silencio das persoas que son testemuñas pasivas do inferno que aquela vive: as agresións físicas e psicolóxicas cara a ela. Próximas á vítima, calan perante a barbarie. Os motivos para calar e non desmascarar o agresor e/ou denunciar na policía abranguen desde a propia vergoña, polo recoñecemento da violencia por parte dunha persoa que é moi próxima, ata o medo diante das ameazas do agresor e a paralización polo estupor. Neste contexto, máis frecuente do que imaxinamos, faise necesaria a sensibilización de todos e todas. Desta maneira, cando se dea a situación, as persoas que rodean a vítima poderán mediar, darlle apoio, denunciar, alertar... En ocasións heroes e heroínas interceden en escenas violentas públicas, pero son pouco frecuentes. É necesario que todos e todas sexamos heroes e heroínas e nos impliquemos na denuncia de calquera tipo de violencia, que eduquemos os nosos fillos e fillas, alumnado... que nos pronunciemos en calquera conversa contra calquera manifestación do sistema patriarcal abusivo que quere someter baixo o xugo machista as iniciativas vitais de toda muller, as súas expectativas laborais e sociais, as súas emocións.

OBXECTIVO:

Sensibilización contra as violencias machistas, axudar a evitalas e combatelas.

METODOLOXÍA

Expor unha situación concreta para reflexionar sobre ela e introducir mediante pequenas tarefas o xeito no que se poden detectar os malos tratos para denuncialos publicamente.

Material

- Curtametraxe ‘Silencios’. Premiada na IX edición 2015 do Certame Internacional de curtas pola igualdade e presentada o 14 de outubro en Valencia.

https://cortosilencios.wordpress.com https://www.youtube.com/watch?v=o0seLzZZ0X4


25 de novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS

STES

INTERSINDICAL

2015

26

ACTIVIDADES ANTES DO VISIONADO Choiva de ideas: trátase de imaxinar unha situación parecida á que observaremos no vídeo. Unha serie de preguntas axudarán a facerse unha idea: - Presenciaches nalgunha ocasión unha conversa violenta entre un home e unha muller? - Lembras a escena dalgunha película? - Que lle reprocha o home á muller? - Que tipo de menosprezo lle mostra? - Como transmite o home a violencia? - Como reacciona a muller? - Lembras a intervención mediadora dunha terceira persoa? - Como te sentirías ti se te vises envolta nunha situación parecida como vítima ou como testemuña? - Como reaccionarías para evitalo nun caso ou noutro?

ACTIVIDADES DURANTE O VISIONADO • A observación do vídeo farase tendo en conta as preguntas anteriormente formuladas para estar preparadas para as seguintes tarefas.

ACTIVIDADES DESPOIS DO VISIONADO • Reflexionemos:

Por que pensas que a sogra cala? Por que cres que a vítima actúa así? Como podería terse evitado esa acción violenta?

Obxectivo: Recoñecer 3.1. TIPOS DE VIOLENCIAS

Obxectivo: recoñecer os diferentes tipos de violencias.

- En primeiro lugar hai que coñecer os tipos de violencia que existen. Para iso haberá que ler a información das diapositivas 7 a 11 en: http://es.slideshare.net/cristinamonterobernal/violencia-de-gnero-maltrato-infantil-y-maltrato-hacia-ancianos

- A continuación describe e mostra con exemplos dos diálogos os diferentes tipos de violencia que observaches na curta ‘Silencios’.

3.2. O PERFIL DO MALTRATADOR

Obxectivo: recoñecer o perfil do maltratador.

O patrón de conduta do maltratador repítese unha e outra vez nunha persoa arquetipo. É importante que todos e todas aprendamos a recoñecer as características que o definen, cales son as súas estratexias para controlar e manipular a súa vítima. Se a posíbel vítima puidese coñecelas a tempo, podería evitalas ou imposibilitar futuros feitos máis violentos. Que tipo de feitos ou palabras da curtametraxe correspóndense co perfil dun maltratador? Consulta a seguinte páxina para informarte: http://dinoviolencia.blogspot.com.es/2009/01/perfil-de-un-maltratador.html

25 de novembro

Seguimos en loita contra as violencias machistas


25 de noviembre - Día Internacional Para La Eliminación de la Violencia Contra Las Mujeres

STES

INTERSINDICAL

27

UNIDADES DIDÁCTICAS

2015

3.3 AS FASES DO MALTRATO

Obxectivo: recoñecer cales son as fases dos malos tratos.

Chamamos escalada de violencia ao incremento acelerado da violencia que se dá ao final da fase de tensión e ao final da fase de reconciliación. Identificar a escalada de violencia é de grande utilidade para valorar o perigo ao que está exposta a vítima e adecuar as distintas intervencións profesionais. Cal cres que é a orde en que ocorren os feitos? a) Fase de lúa de mel b) Fase de acumulación de tensión c) Fase de explosión violenta.

Para comprobar a resposta correcta e acceder a máis información, véxase: apartado 3.1. Claves teóricas para o profesorado. Pàxinas 5-7 do Guía didáctico de Diana en la red: http://tusojos.es/sites/default/files/DIANA%20 EN%20LA%20RED%20guia%20didactica.pdf

3.4. OS SENTIMENTOS DA VÍTIMA

Obxectivo: Interiorización da situación e recoñecer os sentimentos da vítima.

Todos e todas se relaxarán pechando os ollos e tentarán recoñecer o espazo e a situación segundo se lles vaia explicando: imaxina que estás na casa despois dunha xornada de traballo, estás cansa pero aínda che queda traballo por facer, a túa sogra vive convosco, é maior e apenas pode axudarche. O teu marido....’ A continuación escoitarán as palabras do agresor no vídeo cos ollos pechados. Como te sentirías se un home te tratase así? Descríbeo, busca un adxectivo, un substantivo que reflita o que a muller sente segundo o que di e segundo o que ti sentirías se che falasen dese xeito.

3.5. OS SILENCIOS

- Le a opinión de Paqui Méndez sobre os silencios na seguinte entrevista: Mientras haya una sociedad en silencio, no cambiaremos las cosas: http://www.saoedicions.com/paqui-mendez/ e dá a túa opinión.


25 de novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS

STES

INTERSINDICAL

2015

DATOS DO FILME Web xeral de presentación dos vídeos.

http://www.cineenvioleta.org/wp-content/uploads/2015/09/NP-CORTOS-2015-ok.pdf

SILENCIOS

Jesús Méndez · España · 2014 · Color · 9'59'' · Digital. Dirección: Jesús Méndez Guión: Jesús Méndez Fotografía: Maggie Genovese, Sara López Música: Roberto Guglieri, Raúl Aguilar Montaxe: Txema Torres Produtor: Alba Ferrara, Txema Torres, Carles Isern, Manel Alija, Dani Alija Intérpretes: Marisa Paredes, Roger Pera, Alba Ferrara Produción: Dos Mentes Producciones Idioma: Castellano Subtítulos: Castellano / Inglés / Polaco / Italiano / Portugués

Sinopse

Un día como tantos, unha tarde como moitas, o meu fillo, a miña nora, a súa casa, o meu silencio...

Silencios, que conta cunha brillante interpretación de Marisa Paredes, fai un uso tremendamente expresivo do silencio fóra de campo para pór o acento na dificultade de rachalo por parte dos familiares que, día a día, son testemuñas da violencia machista. O silencio cómplice co maltratador, por parte da sociedade que rodea á vítima, é o centro desta magnífica curtametraxe.

25 de novembro

Seguimos en loita contra as violencias machistas

28


25 de noviembre - Día Internacional Para La Eliminación de la Violencia Contra Las Mujeres

STES

INTERSINDICAL

29

UNIDADES DIDÁCTICAS

2015

Que ler http://www.mujerpalabra.net/libros/listasdelibrosportemas/feminismo.htm https://hayperspectiva.wordpress.com/2011/12/27/novelistas-feministas/

Que ver SINOPSE: Ambientada no século XX e dirixida por Sarah Gavron, Suffragette céntrase nunha nova activista (Carey Mulligan, O gran Gatsby) do movemento feminista inglés. Unha muller loitadora da clase obreira, que comeza a súa protesta pacificamente e, ao non ver resultados, radicalízase ata utilizar a violencia para forzar o cambio e conseguir o dereito ao voto para a muller.

8 PELÍCULAS FEMINISTAS IMPRESCINDÍBEIS:

https://hombresmujeresyfeminismo.wordpress.com/2015/06/16/feminismo-y-cine-ii-8-peliculas-feministas-imprescindibles/

Unha aparente vida perfecta como nai e esposa. Os seus problemas comezan cando decide acompañalo a vivir a unha comunidade de xubilados e comezar unha nova vida. Dáse de conta de que está moi lonxe de ser plenamente feliz e decide atoparse a si mesma. http://sheyehs.blogspot.com.es/p/peliculas-feministas.html


25 de novembro - Dテュa Internacional para a Eliminaciテウn da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDテ,TICAS

STES

INTERSINDICAL

2015

25 de novembro

Seguimos en loita contra as violencias machistas

30


25 de Novembro de 2015 UNIDADES Día Internacional Contra ADIDÁCTICAS Violencia Cara As Mulleres

25 de noviembre - Día Internacional Para La Eliminación de la Violencia Contra Las Mujeres

STES

INTERSINDICAL

31

2015

Manifesto da Organización de Mujeres da Confederación Intersindical

Seguimos en loita contra as violencias machistas Este ano, cun número elevadísimo de mulleres vítimas de violencia machista, non queremos entrar en se esta muller ou a outra computa nas estatísticas. Iso non é o principal, porque con que haxa unha soa muller asasinada por terrorismo machista, xa son moitas, demasiadas! O noso manifesto é unha alegación por todas e cada unha das mulleres asasinadas. Porque por moito que os medios de comunicación se esforcen en diluír a magnitude do terrorismo machista, queremos deixar claro que as mulleres non morren, son ASASINADAS por HOMES nun acto de violencia. Altas, baixas, louras, morenas, españolas, estranxeiras, de clase alta, media, baixa, novas, maiores... Todas distintas, pero todas cun denominador común, un asasino que as consideraba obxecto da súa propiedade e que cre que pode dispoñer da súa vida ao seu antollo. Queremos denunciar esta sociedade que dentro dunha cultura patriarcal, mira para outro lado e permite que se produzan casos de violencia, porque “son pelexas de parella e non se debe inmiscuir nos problemas dos demais”. Xa abonda! O terrorismo machista é un problema de todas e todos, a sociedade debe tomar unha postura belixerante ante todo acto de violencia machista e non permitir nin un caso máis. Esiximos ás Administracións públicas que interveñan de maneira rápida, eficaz e contundente ante o maltratador. Que poña a disposición das vítimas todos os recursos necesarios para axudalas a superar esta situación de violencia que as rodea; e así se impidan casos como o de Sara Quella, que se suicidou ante a ineficacia e lentitude da xustiza ou o caso de Isabel Fuentes, de Verín, que despois de que supostamente sufrira unha agresión tremenda por parte do seu home, foi presuntamente rematada no hospital pola súa parella pola desprotección sufrida. Demandamos que se tomen medidas preventivas, tanto no plano educativo, porque as nosas fillas teñen dereito a vivir unha vida sen violencia, como no lexislativo, porque teñen dereito a ser protexidas contra todo tipo de violencias. Así mesmo reclamamos que se aumente a dotación orzamentaria para a asistencia e recuperación das mulleres maltratadas e das súas fillas e fillos, victimas tamén desta mesma violencia machista. En definitiva, queremos que a violencia contra as mulleres se considere unha Cuestión de Estado, que se forme a homes e mulleres para que ante caso de violencias machistas, teñan o grao de conciencia social que lles permita non mirar cara a outro lado e si denunciar calquera caso de violencia. Queremos que se deixe a demagoxia de se as mulleres asasinadas computan ou non computan nas estatísticas. Foron asasinadas, Claro que contan! Contan unha historia de sometemento, terror e impotencia; de soidade, dependencia e dor; contan a falta de apoios institucionais para axudalas, contan a falta de empatía de xuíces e fiscais... E mentres as mulleres sigan sufrindo violencias machistas, a Organización de Mulleres Intersindical seguiremos en loita contra as violencias machistas. Madrid, 25 de novembro de 2015 Organización de Mujeres de la Confederación Intersindical


25 de novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

UNIDADES DIDÁCTICAS

STES

INTERSINDICAL

LISTADO DE MUJERES Y NIÑAS ASESINADAS POR VIOLENTOS MACHISTAS DESDE EL 1 DE ENERO AL 15 DE NOVIEMBRE DE 2015 1. Teresa, 70 años, asesinada por su expareja el 12 de enero en Elche (Alicante) 2. Natividad, 64 años, asesinada por su excuñado el 12 de enero en Elche (Alicante) 3. Gisela, 69 años, asesinada por su pareja el 19 de enero en Orba (Alicante) 4. Sandra, 39 años, asesinada por su pareja el 21 de enero en Terrassa (Barcelona) 5. Egle B, 39 años, asesinada por su pareja el 4 de febrero en Ronda (Málaga) 6. Susana, 38 años, asesinada por su pareja el 12 de febrero en Valencia. 7. Hanane, 43 años, asesinada por su pareja el 9 de marzo en Xàbia (Alicante) 8. Tamara, 23 años, asesinada por su pareja el 12 de marzo en Cáceres. 9. Davinia, 31 años, asesinada por su pareja el 29 de marzo en Alhauin de la Torre (Málaga) 10. S.I., 24 años, asesinada por su pareja el 30 de marzo en Lleida. 11. G.M., 32 años, asesinada por un conocido el 11 de marzo en la zona franca de Barcelona. 12. S.I., 29 años, asesinada por su pareja el 2 de abril en Vitoria 13. Francisca, 46 años, asesinada por su pareja el 3 de mayo en Sorbas (Almería) 14. Isabel, 66 años, asesinada por su pareja el 8 de mayo en Orense 15. Genma, 48 años, asesinada por su pareja el 14 de mayo en Denia (Alicante) 16. Encarna, 41 años, asesinada por su pareja el 15 de mayo en Villaviciosa de Odón (Madrid) 17. Mº del Águila, 50 años, asesinada por su pareja el 3 de junio en Alcalá de Guadaira (Sevilla) 18. Angeles, 40 años, asesinada por su pareja el 13 de junio en Herrera de Camargo (Santander) 19. Rilma, 37 años, asesinada por su pareja el 15 de junio en Sant Antoni (Ibiza) 20. S.I., 40 años, asesinada por su ex pareja el 21 de junio en Vélez Málaga 21. R.N., 36 años, asesinada por su pareja el 22 de junio en Soria 22. S.I., 41 años, asesinada por su pareja el 26 de junio en Barcelona 23. Cristina, 14 años, asesinada por la ex pareja de su madre el 29 de junio en Villajoyosa (Alicante) 24. Beatriz, 30 años, asesinada por su ex pareja el 4 de julio en Arbo (Pontevedra) 25. Felicidad Rosa, 68 años, asesinada por su pareja el 5 de julio en Pravia (Asturias) 26. Anka, 22 años, asesinada por su ex pareja el 9 de julio en Arganda del Rey 27. Laura, 27 años, asesinada por su ex pareja el 10 de julio en Sta Cruz de la Palma 28. S.I., asesinada por su pareja el 12 de julio en Calella (Barcelona) 29. Chari, 60 años, asesinada por su pareja el 14 de julio en Mollina (Málaga) 30. Sonia, 48 años, asesinada por su pareja el 17 de julio en Gijón 31. Dolores, 41 años, asesinada por su pareja el 29 de julio en Serra (Valencia) 32. Gema, 33 años, asesinada por su ex pareja el 31 de julio en Palma de Mallorca 33. Amaya, 4 años, asesinada por su padre el 31 de julio en Moraña (Pontevedra) 34. Candela, 9 años, asesinada por su padre el 31 de julio en Moraña (Pontevedra) 35. Maryna, 45 años, asesinada por su pareja el 5 de agosto en Castelldefels (Barcelona) 36. S.I., 7 años, asesinada por su padre el 5 de agosto en Castelldefels (Barcelona) 37. Leire, 34 años, asesinada por su ex pareja el 8 de agosto en Bilbao 38. Olga, 44 años, asesinada por su ex pareja el 12 de agosto en Castelldefels (Barcelona) 39. Marina, 26 años, asesinada por su ex pareja el 12 de agosto en Cuenca 40. Laura, 24 años, asesinada por la ex pareja de su amiga el 12 de agosto en Cuenca

25 de novembro

2015

32


25 de novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

STES

UNIDADES DIDÁCTICAS

INTERSINDICAL

33

41. S.I., 68 años, asesinada por su pareja el 17 de agosto en Armilla (Granada) 42. Leire, 34 años, asesinada por su ex pareja el 8 de agosto en Bilbao 43. Antonia, 48 años, asesinada por su pareja el 27 de agosto en Noalejo (Jaén) 44. Divina, 46 años, asesinada por su pareja el 6 de septiembre en Vigo 45. Fuensanta, 42 años, asesinada por su pareja el 17 de septiembre en Valencia 46. Almudena, 39 años, asesinada por su pareja el 4 de octubre en Erandio (Vizcaya) 47. Maimouna, 23 años, asesinada por su pareja el 5 de octubre en Beniel (Murcia) 48. Silvana, 33 años, asesinada por su pareja el 5 de octubre en Vigo 49. Carmen, 45 años, asesinada por su pareja el 5 de octubre en Guardo (Palencia) 50. Iris, 35 años, asesinada por su pareja el 23 de octubre en Sta. Cruz de Tenerife 51. Concepcón, 38 años, asesinada por su ex pareja el 24 de octubre en Ponte Sampaio (Pontevedra) 52. S.I., 36 años, asesinada por su ex pareja el 24 de octubre en Fuengirola (Málaga) 53. Maria José, 71 años, asesinada por su pareja el 29 de octubre en Vigo 54. Constantina, 34 años, asesinada por su pareja el 1 de noviembre en Elche (Alicante) 55. Antonia, 28 años, asesinada por su pareja el 7 de noviembre en Baena (Córdoba) 56. Elvira, 42 años, asesinada por su ex pareja el 8 de noviembre en Llíria (Valencia) 57. Magdalena, 65 años, asesinada por la ex pareja de su hija el 8 de noviembre en Llíria (Valencia) 58. Isabel, 65 años, asesinada por su ex pareja el 9 de noviembre en Oviedo 59. Mari Carmen, 45 años, asesinada por su pareja el 12 de noviembre en Sanlúcar la Mayor (Sevilla) 60. S.I., 32 años, asesinada por su pareja el 14 de noviembre en Madrid 61. Eva, 42 años, asesinada por su pareja el 15 de noviembre en Marchena (Sevilla) 62. S.I., 61 años, asesinada por su pareja el 15 de noviembre en El Vendrell (Tarragona)

HOMBRES Y NIÑOS 1. Alejandro, 3 años, asesinado por la pareja de su madre el 9 de febrero en Rincón de la Victoria (Málaga) 2. Manuel, 57 años, asesinado por la pareja de su empleada el 3 de mayo en Níjar (Almería) 3. S.I., 10 años, asesinado por la pareja de su madre el 4 de mayo en Torrevieja (Alicante) 4. Carlos, 6 años, asesinado por su padre el 30 de junio en Villajoyosa (Alicante) 5. Sergio, 36 años, asesinado por la ex pareja de su pareja el 3 de julio en Arbo (Pontevedra) 6. Carlos, 75 años, asesinado por la ex pareja de su sobrina el 16 de julio en Sevilla 7. S.I., 12 años, asesinado por su padre el 5 de agosto en Castelledefels (Barcelona) 8. S.I., 47 años, asesinado por la ex pareja de su pareja el 9 de noviembre en Logroño

Las estadísticas oficiales solo contabilizan las mujeres asesinadas a manos de sus parejas o ex parejas. Nosotras contamos todas, no solo las de aquellas que mantenían una relación con el agresor. Los datos los vamos actualizando a medida que se confirman las primeras noticias. Nuestras fuentes son el Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad en cuanto víctimas reconocidas oficialmente, noticias de prensa y feminicidio.net para recuperar todas aquellas que los datos oficiales dejan fuera. Confiamos que llegará un día en que no tengamos que hacer este seguimiento, que hacemos para visibilizar a todas las mujeres, niñas, niños y varones que han sido asesinados por violentos machistas. Por todas las víctimas, ¡BASTA DE VIOLENCIA CONTRA LAS MUJERES! Organización de Mujeres de la Confederación Intersindical

2015


Educación Infantil, Primària, E.S.O., Bacharelato e F.P.A.

Propostas Didácticas

25 de Novembro 2015

STEs-INTERSINDICAL

Organización de Mujeres


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.