*As actitudes lingüísticas en Galicia. Avance de resultados

Page 1

As actitudes lingüísticas en Galicia Avance de resultados OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010 www.consellodacultura.org/observatorio


O Observatorio da Cultura Galega anticipa hoxe co gallo da XII edición dos ‘Encontros para a Normalización Lingüística’ un avance dos resultados do estudo que se está a levar a cabo no Consello da Cultura Galega sobre as actitudes lingüísticas en Galicia no ano 2010. O informe que será publicado nos vindeiros meses recolle aspectos moi variados sobre a actitude dos galegos cara a lingua e percorre apartados como a normativa, ensino, administración e vida política, toponimia ou bilingüísmo, entre outros. A enquisa realizouse em decembro de 2009. A mostra dirixiuse á totalidade da poboación adulta residente en Galicia con 18 anos de idade cumpridos.

A seguir amosamos algúns resultados:

O 70,8% de persoas están, en xeral, de acordo con que os pais deberían falarlle máis galego aos seus fillos

Case un 90% dos enquisados consideran que cando lles falan en galego o correcto é responder na mesma lingua .

Máis do 80% dos enquisados está en desacordo con que o galego non é necesario porque nos entendemos perfectamente en castelán.

Un terzo da poboación está en desacordo con que a lingua usada nas familias deba ser o factor determinante para decidir a lingua principal do ensino dos seus fillos, mentres un a metade está máis ou menos de acordo. O resto móstrase indiferente.

8 de cada 10 galegos está de acordo, bastante de acordo ou totalmente de acordo con non separar en aulas ou centros distintos aos alumnos por cuestión de lingua.

Practicamente a totalidade da poboación recollida na mostra, é favorable a que o sistema educativo garanta que os estudantes sexan capaces de usar correctamente o galego

OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010


Un 86,1% está de acordo en que os funcionarios das Administracións que prestan servizos en Galicia teñen que saber expresarse correctamente en galego.

No que respecta ao deber dos políticos galegos de empregar o galego na súas intervencións públicas, máis dun 75% da poboación galega está de acordo con esta afirmación.

En liñas xerais, obsérvase unha actitude bastante positiva de cara ao bilingüismo, xa que case o 90% da poboación galega opina que é posible unha situación de igualdade nas competencias lingüísticas.

A un 67% da poboación gustaríalle que o galego estivese máis presente na vida pública en Galicia.

A Xunta de Galicia, a familia e o sistema educativo, son para os galegos os tres piares nos que se fundamenta a protección do idioma.

Analízanse tamén as actitudes xerais da cidadanía con respecto á maior presenza do galego en diferentes ámbitos, que son moi favorables nos seguintes: nos medios de comunicación (61,8%), en asociación privadas, clubs deportivos, colexios profesionais (54,7%), no ámbito xudicial, das notarías, rexistros da propiedade, no da avogacía (55%), no ámbito sanitario (56%), por parte dos corpos e forzas de seguridade (56%), nas celebracións relixiosas (50%), nos produtos de entretemento para os rapaces e a xente nova (58%), na banca (54%), no comercio: etiquetado, publicidade (56,1%).

OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.