As oportunidades que ofrece a cultura para o desenvolvemento económico reciben unha atención crecente, xa que cada vez se impulsan máis programas e medidas que permitan o que se dá en chamar un cambio no modelo produtivo e preparar a transición cara a unha economía dinámica e baseada no coñecemento. O papel das industrias culturais neste cambio de modelo incide na capacidade do conxunto de actividades económicas que desenvolven para impulsar o intercambio e difusión de coñecemento, constituíndo nichos de creatividade. A evolución dos principais indicadores económicos da cultura produtiva en Galicia semella positiva. No futuro será de grande interese observar ata que punto este sistema produtivo desenvolve as capacidades que detectamos. O marco da crise económica global, que determinará ata que punto é posible unha aposta polo coñecemento como xerador de riqueza, será o banco de probas para un conxunto de actividades que constitúen unha das realidades empresariais máis prometedoras de Galicia.
(d i)
documentos & informes
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA
O sistema produtivo da cultura en Galicia, unha visión económica
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA O Observatorio da Cultura Galega foi creado no ano 2007 ao abeiro dun convenio de colaboración coa Consellería de Cultura e Deporte e o Instituto Galego de Estatística co fin de compilar as principais estatísticas culturais de interese para Galicia, detectar as necesidades informativas neste eido e constituírse no punto de referencia e coordinación dos estudos empíricos relacionados coa cultura. O seu produto principal é a elaboración dun informe anual e unha base de datos de acceso público na internet que constitúa unha ferramenta de consulta útil para os axentes culturais e o conxunto da sociedade galega. Outros obxectivos relacionados con este son a detección de necesidades estatísticas, co fin de asesorar o goberno nesta materia, coordinar as operacións estatísticas de cultura, promover a análise de datos e elaborar informes cos resultados. Unha liña de investigación destacada é a centrada na economía creativa, orientada a ponderar o peso do ámbito cultural no tecido produtivo, así como a definición de estratexias que acheguen valor engadido, creen emprego e incidan nunha economía baseada no coñecemento.
CÓDIGO BARRAS
documentos & informes
(documentos & informes)
OUTRAS PUBLICACIÓNS • As políticas culturais nas sete principais cidades galegas • Situación e perspectivas sociolaborais dos técnicos de cultura dos concellos galegos • Anuario de estatísticas culturais 2006 • Anuario de estatísticas culturais 2007 • Ocio e hábitos culturais dos galegos • O turismo cultural en Galicia
O sistema produtivo da cultura en Galicia, unha visión económica
CUBERTA d&i:CUBERTA d&i 25/06/2010 18:48 Página 1