CONSELLO DA CULTURA GALEGA
RAMÓN SUÁREZ PICALLO • Escolma de textos en galego
Nas páxinas deste libro recóllese unha antoloxía dos textos escritos en galego por Ramón Suárez Picallo ao longo da súa vida. Trátase, maioritariamente, de artigos xornalísticos. Suárez Picallo viviu un tempo felizmente convulso e, ademais, escolleu participar da historia. Mais fíxoo como home de acción, como axitador obreiro, como orador en mitins e parlamentos. Non foi, nin o pretendeu, un ideólogo do galeguismo como Castelao ou Risco. Pero nunca un político espertou tanta paixón entre as clases populares, ás que el mesmo pertencía. A súa verdadeira obra perdeuse no aire. As arengas pronunciadas ante auditorios co ceo por teito.
RAMÓN SUÁREZ PICALLO ESCOLMA DE TEXTOS EN GALEGO