Entre cazolas

Page 1

ENTRE CAZOLAS!

Ideas para unha alimentaci贸n en acci贸n Pa铆ses investigados: Burundi e


ENTRE CAZOLAS!

Ideas para unha alimentación en acción OS NOSOS HÁBITOS ALIMENTARIOS Nós comemos habitualmente cinco veces ao día:almorzo, merenda de media mañá, xantar, merenda e cea. Facémolo porque é o que todos nos din que é o que temos que facer para estar sans.Cada día comemos algo distinto dependendo do que compren na casa ou haxa nas nosas hortas. Por exemplo en setembro tomamos uvas da vendima... As nosas familias preocúpanse de que teñamos unha dieta variada e equilibrada.Empeñanse en que comamos peixe,verduras e froita! Cando unha comida non nos gusta pedimos que nos boten pouco e comémolo. Algúns buscan trucos para non comela e ás veces o conseguen :-). Se a comida nos gusta moito e sobra, repetimos e moitos de nós comémola amodiño para saboreala mellor. Os domingos e nas celebracións especiais case todos xuntamonos cos avós, primos, tíos e demais familiares para xantar. Eses días hai moita comida e sempre sobra algo. Se veñen convidados sen avisar sempre podemos darlles de comer porque temos comida cociñada ou na despensa.Nas nosas casas cocíñase bastante cantidade de comida e se sobra comémola ao día seguinte ou dámoslla aos animais(cans, galiñas, porcos, gatos ...), non a tiramos. Na nosa clase hai unha nena celíaca que non pode tomar gluten, por iso non come como tod@s, pero ás súas comidas tamén están deliciosas e ás veces tod@s comemos coma ela. Tamén temos un compañeiro que


ten unha dieta para engordar porque está moi delgado. Os pratos máis típicos de Galicia son marisco, peixe, polbo á feira, caldo galego, lacón con grelos, empanada, as filloas e as orellas no Entroido. As nosas comidas favoritas son: pasta, pizza, bisté con patacas, hamburguesas, churrasco e ensalada.

COMPARACIÓN DOS DOUS PAÍSES Burundi está no centro de África, na rexión dos grandes lagos. Fai fronteira con Tanzania, Ruanda e a República Democrática do Congo. É un país pequeno que ten moitos habitantes (8.700.000). A súa capital é Buiumbura e é a cidade máis poboada. Burundi é un dos oito países con máis fame do mundo. O 56,8% dos nenos e nenas menores de 5 anos sofren desnutrición crónica pero tamén os adultos e adultas pasan fame extrema. As principais causas da fame en Burundi son: - Unha guerra civil que durou máis de dez anos e fixo que fuxiran do país centos de miles de persoas. Enfrentou a dúas etnias, os tutsi e os hutu. - A seca debida á falta de chuvia - A pobreza do terreo pola seca e porque non se cultivou durante os anos da guerra. - A falta de terra para todos os habitantes do país, son moitos e o país é pequeno. - A falta de saídas ao mar, que fai difícil que comercien con outros países. Burundi é un país que sempre viviu da agricultura, no que se cultiva principalmente café, millo, batata, sorgo, algodón, azucre, mandioca e té. O café e o azucre son os cultivos máis importantes e prodúcense para exportar, para vender fóra do país, pero non se consumen en Burundi e non deixan a penas riqueza para os burundeses.


Desde que rematou a guerra Burundi recibe axuda do exterior para loitar contra a fame e para axudar á reconciliación entre as etnias que se enfrentaron na guerra. A axuda chégalles principalmente de EEUU, a Unión Europea, Suiza e Canada. Hai diferentes ONGs que desenvolven proxectos en Burundi. Nós vivimos en Galicia, no noroeste de España, no oeste de Europa. Pensabamos que en España non había fame, nós non a pasamos nin coñecemos a niguén que a pase. A profe trouxo a clase recortes de xornal con novas que falaban da fame en España e descubrimos que a realidade é outra. Un tercio dos nenos e nenas de España viven en risco de pobreza e exclusión social. España é o oitavo país da Unión Europea coa maior tasa de pobreza infantil. Máis do 21 por cento dos españois viven en situación de pobreza extrema. A fame en España afecta principalmente á infancia, aos inmigrantes e parados e é maior nas cidades que no campo. As causas do aumento da pobreza e a fame en España son a crise, a falta de traballo e os recortes en servizos sociais. Nós vivimos en aldeas, cultivamos as leiras e temos animais. Por iso nas nosas casas hai ovos, hortalizas, millo, verduras, froita, carne... "da casa". A nosa terra é rica e chove moito. Temos alimentos e non pensabamos que noutros sitios de España podían pasar fame. España está moito mellor que Burundi, pero non está ben, hai moitas persoas que viven na pobreza e pasan fame. En Burundi e en España os que máis sofren son os nenos/as, as mulleres e os inmigrantes e desprazados. Viven mellor os que poden cultivar as súas terras e producir alimentos para consumir.


ENTRE CAZOLAS!

Ideas para unha alimentación en acción SOLUCIÓNS PARA O PROBLEMA DA FAME

Na clase buscamos información sobre o traballo dalgunhas ONGs en distintos países do mundo e tamén en España, comparamos propostas e elaboramos o noso propio listado de ideas para loitar contra a fame, a pobreza e a desigualdade. Continuaremos investigando e traballando sobre o tema pero de momento pensamos que estas propostas axudarían a solucionar o problema da fame en Burundi e no mundo en xeral. Propoñemos que: - Os gobernos e as persoas dos países máis ricos doen cartos para axudar aos países menos ricos. Para conseguir que se doen cartos precísase publicidade, carteis de denuncia, mercados benéficos... É importante que tod@s saibamos que hai persoas no mundo pasando fame. - Os nenos e nenas tamén nos temos que enterar do que está a pasar no noso planeta, polo que é importante que nas escolas se fale da fame, da pobreza e da desigualdade. Nós despois tamén o falamos nas nosas casas e así axudamos a que máis xente se preocupe por este problema e queira facer algo. - Eses cartos que se consigan dos gobernos e das persoas empregaranse para axudar a países como Burundi a cultivar as terras por eles mesmos para ter alimentos. - Persoas con coñecementos irían a aprenderlles como aproveitar ben as súas leiras para que despois os nativos se poidan facer cargo dos seus cultivos e poidan vivir da agricultura e da gandeiría. - Deberían cultivar menos café e máis alimentos para os habitantes de Burundi. - Deberían pedir e conseguir mellores prezos polo café que cultivan para a exportación. E nos paises ricos deberíamos facer unha boa campaña a favor do comercio xusto e comprometernos con el. - Precisarían mercar sementes, abono, ferramentas e crías de animais. Tamén buscar xeitos de canalizar a auga desde os lagos e buscar acuíferos para poder regar nas leiras. - Tamén é importante que haxa escolas para tod@s os nenos e nenas en Burundi e en todos os países do mundo para aprender e poder vivir mellor.


Hai moito que facer, pero cremos que pode haber soluci贸ns!


ENTRE CAZOLAS!

Ideas para unha alimentación en acción RECOMENDACIÓNS SOBRE OS HÁBITOS ALIMENTARIOS

- Comer cinco veces ao día (se podemos). - Comer de todo: carne, peixe, verdura, froita, pasta... Polo menos probar a comida aínda que non nos guste. - Comer lambetadas só de vez en cando. - Non tirar a comida, gardala para outro día. - Darlle aos animais a comida que nos sobra, non tirala. - Sempre que poidamos comer alimentos da nosa horta: patacas, tomates, leituga, cenorias... - Tamén consumir carne, ovos, leite, peixe da casa ou da praza máis próxima.



ENTRE CAZOLAS!

Ideas para unha alimentación en acción ACCIÓNS

O que podemos facer para solucionar este problema? Estamos no Entroido, está semana só comenzamos a preparar o que imos facer para contribuír a solucionar o problema da fame e a pobreza pero teremos que continuar traballando despois das vacacións de Entroido. Estes días houbo moito que facer na escola e agora veñen sete días de FESTA! Estas son as ideas que xuntamos entre tod@s e as accións que queremos poñer en marcha: - Imos enviar convites ás outras clases da escola para asistir a unha presentación do traballo que fixemos en Conectando Mundos. Temos os convites preparados, repartirémolos a semana que vén.Nós teremos que repartir e prácticar o que lles imos contar. - Estamos preparando carteis para colocar por toda a escola e facer visible o problema da fame no mundo. - Queremos organizar unha recollida de comida na escola e un festival no que cobraremos como entrada un kilo de alimentos non perecedeiros. Estamos preparando unha solicitude para consultar ao equipo directivo da escola se nos dá permiso para facer esas dúas actividades. - Pedimos información ao alcalde de Rianxo sobre asociacións e iniciativas que loiten contra a fame no noso concello. Recibimos unha carta contestándonos e agora estamos preparando unha resposta agradecendo a súa colaboración. Imos continuar traballando sobre o tema da fame e a desigualdade no mundo cando remate a actividade de Conectando Mundos porque nos interesa e cremos que nós tamén podemos facer cousas para axudar a solucionar o problema.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.