Experimento realizado na aula de 3º de Primaria do CEP Xosé Mª Brea Segade en novembro do 2018, dentro da campaña Novembro, mes da ciencia en galego na biblioteca. O alumnado coñeceu e seguiu o método científico para observar, recoller datos e elaborar conclusións.