Receitas do Inframundo
Na BBS atoparรกs
Ledicia Costas
27 DE MAIO 2015
www.blogoteca.com/bbs
Ledicia Costas Naceu en Vigo en setembro de 1979. Confesa que escribe “desde que ten memoria”. A súa obra abrangue poesía, relato e novela para adult@s e para rapaces/zas. A súa primeira novela publicada cando aínda era moi noviña, foi Unha estrela no vento (2000). Logo viñeron outras obras en solitario e tamén proxectos colectivos tanto de poesía como de narrativa. Destacamos as súas colaboracións con Pere Tobaruela, asinadas como Pereledi, e que ben coñecemos @s amantes das boas historias de misterio e da novela policíaca. É unha recoñecida escritora de literatura infantil e xuvenil e conta con premios importantes, entre os que destacamos os
recibidos pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta : ● XXIX edición do Premio Merlín de Literatura Infantil de 2014. ● Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura infantil de 2014. ● Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores ao mellor libro infantil e xuvenil de 2014. Forma parte da directiva de Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e coordina, xunto con Daniel Landesa, a Revista dixital de Literatura Infantil e Xuvenil, Criaturas: www.criaturas.gal Ademais de poeta e narradora, é avogada.
Ilustrando... Victor Rivas fixo as fantásticas ilustracións de Escarlatina, a cociñeira defunta. Como no Brea Segade somos atrevid@s, imos propoñer algúns deseños que ben se poderían empregar en novas edicións da obra, que seguro terá.