Encontro con Ledicia Costas 2017

Page 1

O teu personaxe favorito

Na BBS atoparás

Ledicia Costas Non hai dous sen tres! Gustáronche Escarlatina e Esmeraldina? Pensas que Ledicia debería continuar coa saga? Proponlle ideas, deseña novos personaxes e tramas. Activa a túa imaxinación!

30 DE MARZO, 2017

www.blogoteca.com/bbs


Ledicia Costas Naceu en Vigo en setembro de 1979. Confesa que escribe “desde que ten memoria”. A súa obra abrangue poesía, relato e novela para adult@s e para rapaces/zas. A súa primeira novela publicada cando aínda era moi noviña, foi Unha estrela no vento (2000). Logo viñeron outras obras en solitario e tamén proxectos colectivos tanto de poesía como de narrativa. Destacamos as súas colaboracións con Pere Tobaruela, asinadas como Pereledi, e que ben coñecemos @s amantes das boas historias de misterio e da novela policíaca. É unha recoñecida escritora de literatura infantil e xuvenil e conta con premios importantes, entre os que destacamos o Premio Merlín de Literatura Infantil no 2014 e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015 recibidos pola súa obra Es-

carlatina, a cociñeira defunta.

A agardada precuela, Esmeraldina a pequena defunta, tivo tan boa acollida como Escarlatina e recibiu importantes recoñecementos como o Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura infantil de 2016. No mesmo ano publicou tamén Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015 . Colabora co Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e con eles publicou As peripecias de Extravaganza Pérez no ano 2016, primeira publicación do Salón do Libro. Ademais de poeta e narradora, é avogada.

Quedei con ganas de saber... Que che gustaría saber sobre a obra de Ledicia Costas e máis concretamente sobre Escarlatina ou Esmeraldina? Anótao e intenta saír de dúbidas o xoves 30 na BBS.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.