Libros que veñen e van 2015

Page 1

Moz@s e adult@s A neve interminable Agustín Fernández Paz. Xerais Misterio nun hostal solitario no que un equipo de guionistas escribe os guións dunha nova serie de televisión.

La analfabeta que era un genio de los números Jonas Jonasson. Salamandra Divertida novela que narra como grazas ao seu privilexiado intelecto unha rapaza africana sae da miseria e vive incribles aventuras por todo o mundo.

Atila Inacio e Iván Suárez. Demo editorial. Nova entrega da vida de Castelao en banda deseñada.

Os cruceiros do concello de Rianxo Xesús Antonio Gulias. Toxosoutos Para descubrir e coñecer a riqueza da nosa realidade máis próxima.

Música Déixao andar... Carapaus. Pezas populares e composicións baseadas na nosa música tradicional para cantar, bailar e facer festa.

A gramola gominola Galaxia. Punk, rock, reggae, blues, heavy metal, pop, ska e country para rapaces/zas. A bailar!

LIBROS QUE VEÑEN E VAN Convidámosvos a baleirar a BBS este verán, a buscar e rebuscar entre os andeis ata atopar os mellores libros para acompañarvos no tempo de lecer que xa está aquí. Esta é a nosa proposta: libros de matemáticas, de cociña e de aventuras, poesía e tamén música para escoitar e bailar. Libros para pensar, para soñar, para xogar, para descubrir... para gozar das vacacións. Libros que “veñan e vaian con vós” neste verán! Boas vacacións e boas lecturas!

BOLETÍN INFORMATIVO DA BIBLIOTECA BREA SEGADE

LIBROS QUE VEÑEN E VAN

Biblioteca Brea Segade As bolsas de lectura de verán agardan por vós na biblioteca entre o 22 e o 30 de xuño, en horario de mañá.

Este verán : ► Feira do libro en Rianxo entre o 23 e o 26 de xullo, con presenza das bibliotecas escolares e municipal

► B.P.M.“Castelao” de Rianxo Horario Mañás

De luns a venres 09:30-14:00

www.blogoteca.com/bbs Xuño 2015


Primeir@s lector@s

Lector@s autónom@s

O xardín de Irene Xosé Neira Vilas. Edicións Embora Poemas sobre a natureza con alegres e coloridas ilustracións de Leandro Lamas.

Lector@s expert@s

Inmundicia e roñoso Ledicia Costas. Tambre Estrela e Max andan nos colectores do líxo na procura de roupa e comida., unha tarde os da banda do Carolo empúrranos dentro dun colector e atrancan a porta. Alí, descobren un mundo insólito.

Ovella descarreirada Marilar Aleixandre. Xerais Poemas que falan da vida cotián, da natureza que nos rodea, das pequenas cousas e de cousas insólitas.

Imos buscar un tesouro Janosch. Kalandraka Imprescindible Janosch! Calquera das catro obras do autor publicadas por Kalandraka son unha boa escolla, clásicos que tod@s os nen@s deben coñecer.

Rubicundo María Canosa. Xerais Cada noite Erea espertaba co renxer da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. Non lle sorprendía que subise na súa bicicleta e comezase a viaxe enriba da árbore do seu xardín . Intriga, aventura e fantasía da man dunha nena de nove anos.

La increible historia de la abuela ganster David Walliams. Montena Tes que coñecer á avoa de Ben, pelo branco, dentes postizos e tamén ladroa de xoias perseguida a nivel internacional.

Cor animal Agustín Agra. Faktoría K As habilidades, costumes e curiosidades dunha trintena de animais representados coa técnica do collage .

Xeados Colección cociña infantil e familiar. Ouvirmos O verán é tempo de xeados, de experimentar e pasalo ben tamén na cociña. Calquera título desta colección é un acerto.

O avó de Zulaimar Juan Carlos Méndez Guedez. OQO Zulaimar non logrou que as súas amigas lle prestasen os seus avós. Entón, decidiu construírse un avó para ela.

El fantasma que odiaba las matemáticas Rafael ortega de la Cruz. Nivola Unha nena que odia as matemáticas e un neno fantasma resolverán problemas matemáticos. Anímaste?

Misterio en el vestuario de fútbol Luisa Villar Liébana. Macmillan Algo raro pasa no equipo de “Las gallinas coloradas”, é o mellor do mundo e non paran de perder e perder.

Albert Ole Lund Kirkegaard. Sushi books Albert é un neno un pouco salvaxe, aventureiro e atrevido e sempre o cachan en situacións comprometidas. Pero no fondo é bo rapaz.

Los calcetines invisible

del

hombre

Alex Shearer. Macmillan Non respetar os carteis de “Non tocar” durante unha excursión escolar ao Museo dos Horrores pode traer consecuencias terribles e divertidas.

Mis primeros sudokus

El increíble viaje del cero

Violeta Fernández Villalba. Nivola Sudokus para xogar coas matemáticas e aprender de xeito divertido.

Rafael Ortega de la Cruz. Nivola N e c e s i t ar ás r es o l v er e n i g m as matemáticos para poder ler esta historia.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.