Adult@s Amor por catro Helena Villar Janeiro. Galaxia. Historias de amores primeiros eses que deixan a máis grande pegada no corazón. Os que non se esquecen. Amores que nos acompañarán na memoria para o resto das nosas vidas.
Contra todo isto. Manifesto rebelde Manuel Rivas. Xerais Vivimos un tempo de retroceso, de aumento das desigualdades, de subtracción das liberdade, de rearmamento bélico e abaratamento humano... Este libro está escrito contra Todo Isto.
Los pacientes del doctor García. Almudena Grandes. Tusquets. Tras a victoria de Franco, o doctor Guillermo García Medina segue vivindo en Madrid baixo unha identidade falsa. Emocionante thriller e novela de espías ambientado na nosa historia recente.
LIBROS QUE VEÑEN E VAN Chegan as vacacións de verán e un ano máis convidámosvos a LER, “Ler no verán”. Quixemos incluír nas nosas recomendacións deste curso unha pequena mostra da obra de Helena Villar Janeiro, unha escritora, rianxeira de adopción, que é referente na literatura infantil, xuvenil e de adultos/as. A poesía tamén ocupa un lugar especial na nosa proposta e desta vez, tamén o cine. Todo isto e moito máis, podedes atopalo nos andeis da BBS, na B.P.M. Castelao de Rianxo, na Feira do Libro... Animámosvos a pasar pola biblioteca antes de que remate o mes, rebuscar e encher a vosa bolsa de Libros que veñen e van.
BOLETÍN INFORMATIVO DA BIBLIOTECA BREA SEGADE
LER NO VERÁN
Bo verán e boas lecturas
Biblioteca Brea Segade
Películas para ver neste verán Despois dun ano de cine, teremos que estar atent@s a dúas das estreas máis agardadas:
Marie Loiuse Gay
As bolsas de lectura de verán agardan por vós na biblioteca entre o 22 e o 30 de xuño en horario de mañá (9:30-13:00)
Os incribles 2 e Hotel Transilvania 3.
Este verán : ►Feira do libro en Rianxo
LIBROS QUE VEÑEN E VAN
entre o 19 e o 22 de xullo.
www.bibliobreasegade.blogspot.com
► B.P.M.“Castelao” de Rianxo de luns a venres de 09:00 a 14:00.
Xuño 2018
Primeir@s lector@s
Lector@s autónom@s
Ring, ring, quen rima? Ana Mª Fernández. Hércules edicións. Poesía para descubrir obxectos e feitos da vida cotiá e da natureza.
A ansia de coello Ramona Badescu. Tambre. Que ansia terá o coello que está inquedo, nervioso e non atopa o xeito de acougar?
Apestoso tío Muffin Pedro Mañas. Anaya. Mr. Muffin probárao todo para librarse do mal cheiro que lle persegue. Ata que un día aparece Emma, unha nena que asegura ser a súa sobriña.
Cara de velocidade Marga Tojo. Kalandraka. O día a día, convertido en poesía, aventura e xogo. O cotiá, a través dos ollos dunha meniña chamada H.
Mar adiante Mª Victoria Moreno. Xerais. Imaxinas unha escola nun barco, con alumnos/as e profesores/as navegando polo mar? María Victoria Moreno imaxinouna para ti.
Eu conto, ti cantas... Mª Victoria Moreno. Xerais. Tres contos de animais escritos en verso pola autora homenaxeada nas Letras Galegas 2018.
Caja Empanada de mamut Jeanne Willis. Libros del zorro rojo. No cume da montaña vivía un orondo mamut. No val, un home das cavernas moi fraco, non deixaba de pensar en comida. Conseguirá facerse con tan apetecible manxar?
O lobo con botas El Hematocrítico. Xerais. Lobiño Feroz é o maior admirador do Gato con Botas, a estrela infantil de moda entre os animais do bosque.
As señoras cousas Helena Villar Janeiro. Galaxia. A poesía coa súa maxia consegue que todas as cousas cobren vida e se acheguen a xogar contigo.
Patrick Wirbeleit. La casita roja. Mateo recolle na rúa unha caixa de cartón. Unha vez na casa, a caixa saúdao con entusiasmo! Está viva! Ademáis, comparte con Mateo a paixón polos inventos e as manualidades. Cómic cheo de humor e imaxinación.
Superpaco y los niños poseídos Juana Cortés Amunarriz. Nubeocho. Os nenos/as de Madrid están posuídos e tomaron a cidade. Ninguén sabe a causa. Poderá axudar SuperP? Misterio, aventura, superheroes e moito humor.
Contos do sol e da lúa Helena Villar Janeiro. Alvarellos Editora Sete contos para ler a soas ou para escoitar en familia. Historias solidarias que reivindican un mundo de poesía, cor, diversidade e maxia.
Lector@s expert@s Cuentos de buenas niñas rebeldes
noches
para
Elena Favilli. Destino. Científicas, astronautas, levantadoras de pesas, xuizas, chefs... cen exemplos de determinación e audacia para as que soñan en grande.
O rapaz do vestido David Walliams. Sushi Books. Dennis vive nunha casa aburrida, nunha rúa aburrida, nunha cidade aburrida, e non ten aspiracións. Pero ten soños, e ao comezar a seguilos todo cambiará.
Street poems Fran Alonso. Xerais. Poemas inconformistas, críticos, gamberros e combativos; disparos de graffiti que poderían ser escritos nos muros e rapeados con pintura nas paredes
O libro do verán Tove Jansson. Sushi Books. Relato da amizade entre unha nena e a súa avoa octoxenaria durante varios veráns nunha illa do golfo de Finlandia.
El jinete del dragón Cornelia Funke. Siruela Cando chegan os humanos, os últimos dragóns teñen que escapar. Lung, o dragón de prata e Ben, o seu “xinete”, voan cara á aventura: a busca da beira do ceo.
Viaxe a illa redonda Helena Villar Janeiro. Galaxia. Grazas á victoria nunha orixinal competición deportiva Dores viaxará á Illa Redonda, un lugar máxico onde as fantasías poden converterse en realidades.