ARRANCAN OS CLUBS DE LECTURA Os clubs de lectura volven funcionar un ano máis na BBS Redacción 5º O día 16 de outubro empezaron os clubs de lectura da BBS para os nenos e nenas de 5º e 6º. Hai dous grupos: Libro man e Mil libros tolos. Os clubs xúntanse cada tres semanas para comentar os libros que len e as xuntanzas sempre comezan compartindo un pastel. Os Mil libros tolos levaron A Serea da Illa negra de Agustín Fernández Paz e Vouvos Papar de Pere Tobaruela e Luz Méndez e os Libroman levaron Vouvos papar e Mortos de ningures de Pereledi. Gústanos moito estar nos clubs porque os libros son moi divertidos.
MARCHA DE BICIS EN BOIRO Redacción 5º O sábado día 15 de novembro houbo unha marcha de bicis en Boiro con case 250 participantes. Había ciclistas de Rianxo, Taragoña e Boiro. Entre eles estaban Jorge Castaño e Manuel de 5º. Pasaron por Boiro, Escarabote, Cabo de Cruz e remataron en Boiro outra vez. Ao chegar á meta déronlles bocadillos e houbo un sorteo de lotes de conserva, cascos e unha bici. Todo parece indicar que están aumentando os afeccionados/as ao ciclismo no Barbanza.
FALECE ANDRÉS LOJO, O HOME QUE ENVIOU A RIANXEIRA A RIANXO Morre un home que formaba parte da historia de Rianxo Redacción 5º O día 8 de novembro faleceu Andrés Lojo. Este señor foi moi importante, sen el a Rianxeira non estaría agora aquí. O disco da Rianxeira, que foi enviado desde Arxentina, soou por primeira vez no ano 1950 na rúa do medio, no bar Feliciano. Todo comezou cando emigrou a Arxentina para estar cos seus pais. Unha vez alí uníuse ao Coro Castelao de Bos Aires, co que gravou a Rianxeira orixinal. Mediante un barco inglés, Andrés enviounos a Rianxo un disco coa gravación. Sempre o lembraremos.
Imaxe de Fotos de Rianxo
DOUS NENOS MÁIS NA BURATA Manuel e Jorge Otero teñen novos curmáns Redacción 5º A Burata está de noraboa. O venres 21 de novembro ás 9:00 da mañá naceu Hugo, o curmán de Manuel e o mércores 26 de novembro naceu David, o curmán de Jorge Otero. Hugo e David naceron na Rosaleda en Santiago. Hugo pesou 2Kg e 400 g. e David 3Kg e 370 g. Jorge e Manuel están moi contentos.
UNHA CADELA PARA FÁTIMA Redacción 5º O domingo 22 de novembro regaláronlle unha cadela a Fátima a de 5º. Ela tiña moitas ganas dunha e por fin o conseguiu. Fátima non sabía nada, todo foi unha sorpresa. A cadela chámase Linda. É castaña e ten unha raia branca na cabeza. Ten un mes e é moi cariñosa. Cando ten fame ponse sentada e se ten sede ponse de pé. É moi pouco durmiñona, nunca está cómoda, anda todo o tempo a perseguir á xente de aquí para alá e sempre ten ganas de xogar. Gústalle moito o leite e as galletas.