Xornal BBS 10

Page 1

A VELUTINAS ACHÉGANSE A CARTOMIL. Redacción 6º As avespas asiáticas se achegaron ao pexegueiro da casa dun aldeán de Cartomil, poñéndoo a el e á súa familia en perigo. Ao aldeán pareceulle que viñan polos pexegos para alimentarse, polo que chamou á garda civil rapidamente e non tardaron en chegar.

C. E . P. XO SÉ M ARÍA B RE A SE G ADE

Nº 10

A garda civil tamén pensou que viñan por alimento. O raro do asunto é que non se atopou preto o avespeiro.

VENRES 16 DE DECEMBRO DE 2016

Esperamos que se atope o niño canto antes e o leven para evitar problemas maiores.

FÚTBOL DE CALIDADE EN TARAGOÑA Redacción 6º A famosa avespa asiática, cuxa picadura é mortal, achegouse a un pexegueiro en Cartomil .

ARTISTAS ILUSTRADOR@S. Redacción 2º

O 21 ven cantar os aguinaldos!

Agardámoste.

Na clase de segundo os nenos e nenas estamos pintando as paredes cos debuxos que mais nos gustan: dragóns, paxaros, árbores. Incluso temos un espazo dedicado ao poeta rianxeiro Faustino Rei Romero. Para o segundo trimestre queremos dedicar anacos das nosas paredes a outros escritores do noso concello. O dragón é o debuxo que máis nos gusta. Un día invitamos aos compañeiros de primeiro que o viñeran ver, pensando que lles ia meter medo. A sorpresa é que non lles deu medo ningún, pero dixeron que molaba moito..

REPORTEIR@S GRÁFICOS. Redacción 1º

O equipo de alevíns do Taragoña está ofrecendo encontros moi disputados cada fin de semana. O encontro entre o CCD Taragoña alevín A contra o Boiro B acabou cun resultado final de 5-1. Os goles repartíronse da seguinte maneira: 1 gol de Nico, 2 goles de Marta e outro gol doutro xogador que non é alumno do Brea Segade. Tamén houbo un córner sacado polo Taragoña que acabou en gol en propia meta. Foi un partido no que o noso equipo xogou moi ben, o fixemos en equipo. Nas entrevistas aos xogadores víase que estaban contentos e que gozarán moito do encontro. Outro partido a destacar foi o do Taragoña A VS Taragoña B, no que o gañador foi o equipo B. Cabe destacar o grande apoio dos seguidores que tivo o partido e algunhas lesións dos xogadores que o deron todo no encontro. Xa por último mencionar o partido do sábado 26 de novembro que se disputou no campo da Lomba; o CCD Taragoña na sexta posición contra o CD Sar, que se atopa no cuarto posto da táboa. O Taragoña tivo que xogar despois dun parón ligueiro e contando con dúas baixas debido ás lesións de varios xogadores. O número 5 do Taragoña tirou dende o medio do campo e meteu gol. NA segunda metade o número 8 meteu o segundo de falta; aínda que estes dous goles non lles deron a vitoria, rematando o marcador con 2-4 a favor do Sar.

uç Hœ REPORTERI@S GRÁFICOS Redacción 1º

Temos unha exposición de libros no colexio.

Puxeron unha rampla nova no patio.

Temos unha rampla nova na entrada do colexio.


AS FOCHANCAS DA ESTRADA.

RIANXO TERÁ CINCO DESFRIBILADORES NOVOS EN INSTALACIÓNS PÚBLICAS E DEPORTIVAS.

Redacción 4º

Redacción 6º O goberno de Rianxo decidiu mercar cinco desfibriladores para edificios públicos e instalacións deportivas: dous irán a parar aos pavillóns que hai no concello, outros dous aos campos de fútbol e o último estará dispoñible na propia casa consistorial pensando en que se pode recorrer a este aparello no caso de darse algunha emerxencia no propio concello ou en algún punto próximo ao mesmo.

Na estrada de Campo Maneiro atopamos moitas fochancas e por iso fixémoslle unha entrevista a Tino o noso bedel: -Tino, canto tempo cres que leva sen asfaltar a estrada? -Fai xa tanto tempo que non me lembro cando foi a última vez que a asfaltaron. -Cal sería a solución? -Tiñan que asfaltar outra vez, as fochancas son perigosas xa que producen avarías nos coches e poden facelos saírse da estrada. -Cantas veces tes que pasar co teu coche por riba deles? -Mínimo dúas ou tres veces.

Ademais da adquisición dos aparellos, que serán externos e semiautomáticos, farase un curso de formación para que todo o persoal teña a oportunidade de aprender como manexalos. O alcalde calcula que os desfibriladores estarán en uso para o primeiro trimestre do próximo ano.

Nós cremos que a estrada de Campo Maneiro está en moi mal estado xa que segundo algunhas pescudas fai xa cinco anos dende que foi asfaltada por última vez.

ACIDENTE DE COCHE NO LUGAR DE OUTEIRO.

OS BOMBEIROS DO ARAÑO.

Redacción 2º

Redacción 5ºB

Fai uns sábados pola mañá cedo houbo un grande estrondo no Araño. Un coche investiu nun farol que hai diante da casa dunha das nosas compañeiras. A consecuencia foi que o farol caeu e o coche quedou cas rodas para arriba. Viñeron os bombeiros, o guindastre, a policía, a garda civil e protección civil.

O luns 5 de decembro, unha casa do Araño prendeu lume. O lume empezou polas sete e media da tarde, a dona da casa avisou aos bombeiros porque a cociña empezoulle a arder. Os bombeiros chegaron deseguida xunto á policía local e protección civil. Os bombeiros apagaron o lume sen que pasara a outros cuartos da casa. Aínda que non houbo moitos danos os donos da casa levaron un gran susto.

Redacción 6º O luns 21 de novembro a gata dunha compañeira de 6º de primaria do Brea Segade morreu atropelada por un coche na estrada do pobo. Outro caso similar, ocorreu o día 27, cando a cadela dunha antiga alumna do centro foi envelenada na súa propia horta. Foi operada de urxencia, pero os veterinarios non conseguiron salvala.

REPORTEIR@S GRÁFICOS. Redacción 1º

BO NADAL

NOVA RAMPLA NO COLEXIO. Redacción 4º

Imprime: B B S editora

As cintas de cores da árbore de Nadal son moi bonitas.

DEFUNCIÓNS DE ANIMAIS EN TARAGOÑA.

O Brea Segade ten unha nova rampla para o acceso de persoas en cadeira de rodas. Unha rampla que aínda esta por rematar e que lavan facendo dende xa fai varios recreos. Recreos nos que non podiamos pasar por alí. Cremos que e algo bo para o colexio e agora todos podemos elixir subir ou baixar pola rampla ou utilizar as escaleiras.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.