Xornal BBS 11

Page 1

DE EXCURSIÓN A CORUÑA. Redacción 5º O día 18 de xaneiro, os nenos e nenas de 5º e 6º fomos de excursión a Coruña. Visitamos a Domus, a Casa das Ciencias e o planetario e tamén fomos ao Acuarium. Nel vimos unha quenlla que se chamaba Gastón que xa estivera nun acuario de Francia. Pasámolo moi ben, sobre todo á volta no autobús, onde o condutor Benito puxo música e todos empezamos a cantar e bailar. Chegamos moi cansos, pero contentos.

SAÍDA AO SALÓN DO LIBRO. Redacción 4º O mércores 15 de marzo fomos ao Salón do libro de Pontevedra a ver a nosa maqueta que contén os libros que cada clase fixo. Este ano o Salón do Libro trata do mundo que queremos e 4º eliximos a Saúde e falamos sobre a saúde dental e física, a saúde das cidades, do planeta... Antes de ir demos un paseo por Pontevedra: vimos parte a muralla de Pontevedra, coñecemos que antigamente, as prazas lles poñían o nome do tipo de industria, como a praza da leña, a do ferro... vimos un castelo, un instituto, incluso vimos unha estatua de Valle-Inclán e nos sacamos fotos. No salón do libro, mentres os de 1º e 2º escoitaban un conto, nós coñecemos a Anxo Fariña que nos ensinou o truco do CO e nos dou dúas follas para facer un libro. Comemos nun parque e fomos ao museo, onde nos deron un libro dos Bolechas co avó que falaba da vida de Castelao. Merendamos nun parque onde nos fixemos a última foto.

C. E . P. XO SÉ M ARÍA B RE A SE G ADE

VENRES 7 DE MARZO DE 2017 SELECCIÓN FEMININA DE SANTIAGO SUB 12 Redacción 6º Ao club de fútbol de Taragoña mandáronlles unha mensaxe convocando a Marta Domínguez, alumna de 6º do noso centro, para facer unhas probas coa Selección Feminina de Santiago Sub 12. Na primeira proba fixeron partidos entre todas as nenas que estaban convocadas e dixéronlles que lles enviarían unha mensaxe ao club para saber se debían acudir ás segundas probas. Ao cabo de 2 ou 3 semanas, esa mensaxe chegou, convocando a Marta para a segunda parte das probas. Foi a facelas con moita ilusión, vendo que, das 21 nenas que inicialmente estaban convocadas, só acudiran 9 nesta fase. Despois de 3 semanas volveron recibir noticias, esta vez para confirmar que a nosa Marta era membro da Selección. Empezou a adestrar o día 1 de decembro no campo de Villestro. O seu primeiro partido foi o día 6 do mesmo mes. Dende o noso colexio desexámoslle moita sorte e forza. A BIBLIOTECA TEN NOVOS MOBLES Redacción 1º

EN OURILLE Redacción 2º O sábado día 1 de abril, en Ourille, unha señora que se chama Rosa cumpriu 96 anos. Estivo rodeada de toda a súa familia. As fillas da súa neta lle pintaron o pelo de cores cunhas ceras e aínda hoxe non lle sae a cor morada. Tivo moitísimos presentes e ata a súa neta non lle dou un presente porque pensaba que xa eran moitos. O que máis lle gustou foi unha cadea, e o segundo que máis lle gustou, unha manta para o sofá e para ela. E así está todos os anos da súa vida que é toda perfecta e só lle faltan catro para cumprir os 100.

Nº 11

COMEZA A PRIMAVERA Redacción 1º

Chegaron novos mobles para a BBS: catro cadeiras e O día 20 de marzo empezou a primavera. Os primeiros catro triángulos para facer unha mesa redonda. Son días choveu, fixo vento e frío e ata caeu pedrazo. Non brandiños e de cores. Molan moito! parecía primavera. Abril comezou con sol e boas temperaturas. A ver se o resto da primavera segue así.


APRENDENDO RCP NO BREA SEGADE ACCIDENTE NA PARADA DO AUTOBÚS. Redacción 4º O domingo 19 de marzo do 2017, na parada do autobús do cruce de Traba, un home que vive cerca da parada do autobús, tivo un accidente. Despistouse e saíuse da estrada, chocou coa parada e rebentoulle unha roda. Despois foise contra os contedores do lixo. Saíu do coche e estaba ben. Cambiou a roda e foise.

Redacción 6º O día 21 de marzo @s nen@s de 5º e 6º puideron gozar duns cursos de RCP (reanimación cardiopulmonar). Estas charlas tiveron lugar nunha aula do terceiro piso, sedo impartidas por Daro –pai de Nico– e Fernando, seu compañeiro de traballo. Ensináronnos como actuar en caso de emerxencia, falando dos pasos que debemos realizar se alguén se desmaia ou sofre algún tipo de accidente, que non sexa tan grave que non debamos intervir. Despois da charla, pasamos á práctica cuns bonecos preparados para tal fin.

DÍA DA POESÍA NO BREA SEGADE. Redacción 6º O martes 21 de marzo celébrase o Día da Poesía. @s alumn@s do Brea Segade gozaron dunha mañá moi completa e divertida. Primeiro acudiron ao Auditorio de Rianxo para ver a obra A frautista de Hamelín. Ao chegar de volta ao colexio, todas as clases recitaron algún poema para os demais nenos e nenas. Os de 6º elixiron dous: “Leer” de Carmen Gil e “Basta” de Elvira Riveiro. Ademais, esa semana, os axudantes da Biblioteca de 5º e 6º, durante a Hora de Ler, foron polas aulas recitándolle aos compañeiros. Que viva a Semana da Poesía.

Deixamos constancia para os lectores dos pasos a seguir e así compartir esta experiencia con todo o centro: • • • •

Achegámonos de fronte e falamos co ferido. Iniciamos a estimulación e chamamos ao 061 ou pedimos a alguén que chame. Será de vital importancia coñecer o lugar exacto no que nos atopamos, para que a axuda chegue o antes posible. Abrir as vías respiratorias e comprobar se respira, utilizando a manobra de fronte-queixo, e o proceso de MES: Mirar, escoitar e sentir. Se non respira avisar ao 061 da situación e comezar coa RCP ata que chegue a axuda.

LEDICIA COSTAS NO BREA SEGADE. Redacción 5º O xoves 30 de marzo, visitou o noso cole a escritora Ledicia Costas. Veunos a falar dos seus libros titulados: Escarlatina,a cociñeira defunta e Esmeraldina, a pequena defunta. Díxonos en que se inspirou para escribilos, contounos cousas sobre a súa vida e finalmente asinounos o libro.

AS

ESTUDANTES DO

I.E.S. FELIX MURIEL

QUEDARON CUARTAS NAS

Redacción 5º A semana pasada asfaltaron, no Araño, a estrada que vai desde A Cruz ata o parque. Os operarios do concello tiñan máquinas polo medio e tivemos que esperar a que as apartaran para poder pasar co autobús do colexio.

DÍA DO AUTISMO. Redacción 2º O domingo moitas persoas puxeron globos azuis nas súas casas para apoiar á xente que ten autismo. As persoas con autismo teñen dificultade para relacionarse cos demais. Este día celebrouse en todo o mundo e tamén en Rianxo e Taragoña. Escolleuse a cor azul porque o mar é azul, e as veces está calmado, enfadado, alegre, triste... como as persoas.

OLIMPIADA

FILOSOFÍA. Redacción 6º As irmás Alicia e María Fernández, e maila súa compañeira Amanda Mariño, do IES Félix Muriel, que participaron na Olimpíada de Filosofía, lograron facerse co primeiro posto de Galicia e coa cuarta posición a nivel estatal na categoría de vídeo. A súa curtametraxe Fillos da nosa mente, a derradeira máscara, expoñía a metamorfose dun humano que se convertía nun robot, intentando retratar así a metáfora do afán insaciable da sociedade polo progreso tecnolóxico e o punto no que o individuo perde a súa humanidade.

ESTRADA ASFALTADA.

Imprime: B B S editora

DE

MEDRAN AS LEITUGAS DE 1º E 2º Redacción 1º As leitugas de 1º e 2º están nun invernadoiro. Plantáronse en xaneiro e agora están grandes. Os nenos e nenas de Primeiro agardan que medren máis para comelas en ensalada.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.