XO S É M A R Í A B R E A SE G A D E
Nº 2
VENRES 22 DE MARZO DE 2013 Noticia Araño.
O tempo. Redacción 2º O trece de marzo, pola mañá, no Castro estaba todo nevado. Que frío facía! Tamén polo Vilar estaba cuberto dunha espesa capa de neve, mais aínda se vía un pouco de verde, moi pouco.
medio
ambiental
do
Redacción 4º É unha vergoña que se estean vertendo augas fecais ao río Te, habendo “tanta vixilancia por parte do Seprona”.
Vaia herdanza nos deixan os que gobernan e os maiores aos rapaces, ademais dos Como irán vestidos os habitantes do Vilar? animais que están matando! Trasladamos esta pregunta aos nosos A consecuencia de todo isto é que pouco a lectores. pouco destruímos o ecosistema: xa non Unha pregunta máis. Se vas ao Vilar, podemos ver tantas troitas e lontras coma patinarás? antes!
Se sa a a b es a lgú l n d go di l ep rim lo ei ro .
Búscase Gatiño perdido Gilber é un gato moi cariñoso. Fai unhas semanas marchouse e parece que lle pasou algo. É un gato que lle quedan 6 vidas. Penso que marchou con outros gatos. Creo que lle pasou algo! Só queda Michi na casa. Pode que Michi tamén marche? Estou moi preocupado... Morrería? Con quen estará? Alguén sabe que lle pasou? Con Gilber era todo mellor. Éramos moi amigos. Canto o boto de menos... Vístedes a Gilber por algures? Axudádeme!
As cartas Pokemon están de moda no Brea Segade Redacción 3º As cartas Pokemon puxéronse de moda este mes de marzo no colexio Brea Segade. Os nenos e nenas de segundo empezaron a traer as cartas e agora os nenos de quinto a primeiro traen as súas cartas para xogar nos recreos.
Os canciños máis bonitos Redacción 2º A miña cadela tivo os mellores cans da historia pero a noite do samaín... desapareceron. Nas casas habitan moitas cousas tenebrosas que veñen comer seres vivos. Entran polas por tas atravesándoas, e iso significa que debedes ter moito coidado e poñer alarmas en todas as portas e nas ventás, pero sobre todo, coidade as vosas mascotas. Se as tendes na casa estarán sans e salvas pero aínda así, poñede unha serie de trampas para fantasmas para que non lles pase nada.
Arde o tellado dun garito. Redacción 3º O venres 8 de marzo pola noite ardeu un garito en Fachán. O lume comezou polo tellado e estendeuse rapidamente por todo o edificio. Os donos do garito e os seus amigos, que estaban alí, apagaron o lume e evitaron unha desgraza maior.
A casa fantástica. Redacción 4º Un día pola tarde en Iñobre oíanse voces e moito rebumbio na rúa. Os veciños saíron todos ás ventás. Era unha casa con rodas, que estaban intentado levar para unha horta, pero como as pistas eran moi estreitas, a casa non viraba nunha curva! Veciños e amigos foron axudarlles. A casa era prefabricada, e, como dixemos antes, tiña rodas.Era grande, e viña en dúas metades, que despois foron unidas ao metela na horta. A casa xa tiña camas, cortinas, baño, cociña …
Un mar de mulleres.
A miña aldea Taragoña.
Redacción 4º O sábado, 16 de marzo, o grupo de teatro AIRIÑOS representou unha obra de teatro titulada MAR DE MULLERES, que gustou moito ao público asistente.
Redacción 4º Na aldea de Taragoña, onde eu vivo, hai un problema: os rapaces da miña idade non teñen parques públicos para poder xogar cos seus amigos un tranquilo venres pola tarde. Por iso quería poñer esta denuncia, xa que o concello non quere facer nada, nin sequera arranxar os espazos que están en mal estado.
A obra ía sobre o que fan as mulleres no mar. As mulleres no mar marisquean, van á batea, van pescar, fan a poxa do peixe, e despois os homes e mulleres cociñan o peixe. Ademais de iso, as mulleres vixían para que non lles rouben o marisco nas praias. Antes de haber coches as mulleres ían vender o peixe andando con cestas na cabeza as que chamaban patelas. Verdadeiramente, as mulleres fan “un mar” de traballos relacionados co mar!
Penso que esta denuncia vai axudar a que por fin o faga, e na aldea de Taragoña teñamos parques públicos, paseos,… Porque todas as aldeas deben telos, e por suposto a nosa tamén!
Furtivos rouban ás mariscadoras na praia da Torre. Redacción 3º O xoves 14 de marzo uns furtivos roubaron a unhas mariscadoras 1kg e medio de ameixa fina e 5 kg de ameixa xapónica na praia da Torre. Elas estaban distraídas collendo máis marisco para xuntalo con aquel que lles roubaron. As mariscadoras quedaron moi mal despois daquela catástrofe. Tiveron que ir ata un pouco máis alá dos paus para apañar máis marisco. Os vixiantes non viran o roubo pero si que viron ás mariscadoras que pasaban dos paus e berráronlles. Algunhas mariscadoras que din que hai roubos todos os días.
O can que tivo cinco canciños. Redacción 2º O can de Ruth tivo cinco canciños moi bonitos: un de cor branco, outro de cor negro e tres de cor gris. Cando saen afora sempre xogan á pelota. Un morreume e só me quedaron catro. Pasou un día e morréronme outros dous.
Redacción 2º Unha vez, a miña cadela apareceu diante da miña avoa e seguiuna ata Campo de Pasos. Entón, a miña avoa preguntounos se era nosa e si que era! Despois, cando nos fomos a outro sitio perseguiunos e como non nos veu, esperounos ata que volvemos. Chámase Lila e Messi é o seu mozo.
Imprime: B B S editora
Teño dous cans.
Os dous que quedaron foron o branco e o negro. Chámanse Laki e Luna. Fixéronse grandes e despois de dous anos, morreu Luna porque tiña un vulto e meu pai foi ao veterinario e dixéronlle que tíñamolo que sacrificar... E foi moi triste.
Morre unha galiña en Cespón. Redacción 3º O pasado sábado 9 de marzo morreu en Cespón unha galiña que acababa de poñer ovos de dúas xemas. Isabel, a dona da galiña, dinos: Cando vin de traballar xa estaba morta. Antes de morrer a galiña puxo dous ovos de dúas xemas, que son moito máis grandes ca un ovo corrente , dous cuartos máis grandes. Os ovos están na casa de Noelia e Irene Fernández Romero. Isabel está convencida de que a galiña morreu polo esforzo.