C . E .P . XOS É M A R ÍA B R E A S E GAD E
Nº 3
XOVES 5 DE DECEMBRO DE 2013 Un poste da luz cae e aterroriza Fachán.
Pánico no Brea Segade
Redacción 6º Unha asasina cun coitelo de grandes dimensións e traxe de presidiaria O forte vento deste días causa estragos en andou solta no Brea Segade o día que celeTaragoña . bramos o Samaín no colexio. Mentres algúns alumn@s permanecían agochados, outros corrían gritando polos corredores. O pánico apoderouse dos alumn@s. Entrementres faltaban sospeitosamente algúns dos mestres do centro.
Redacción 4º O frío e ventoso martes 26 de novembro caeu un poste da luz en Fachán, diante do portal da casa da avoa de Aitor o de cuarto. Ese día Aitor e o seu irmán Mikel, que está no Cruceiro, tiveron problemas para ir ao colexio. Aitor zafou porque vai en autobús Informacións chegadas á nosa redacción pero Mikel tivo que ir a andar coa súa avoa indícannos que resultou ser unha broma ata Cruceiro porque non podían sacar o do Samaín. coche.
Furacán
O pavillón fica sen unha ventá.
Grande vendaval.
Redacción 3º e 4º O luns pola noite había moita choiva e moito vento. Desde as nosas casas, víamos moverse as árbores con moita rapidez e non podíamos andar por fóra. A mañá seguinte cando chegamos a escola, os compañeir@s comentaban que o forte vento fixera romper unha ventá do polideportivo. Cando fun á clase de educación física pregunteille á profe se era verdade que rompera e ela díxome que si. Esperamos que o vento non volva a romper máis ventás.
VidA AnimaL Boni trae novos habitantes ao mundo. Redacción 4º Boni, a cadela de Noelia a de 4º, terá canciños de media estatura e posiblemente marróns. A pesar de ter unha camada de nove cans fai sete meses, volve estar preñada. Da camada anterior tivo a Lola, que seguro que se alegra cando vexa aos seus novos irmanciños.
Escapou un can en Taragoña. Patri, a de 4º, é unha amante dos animais e ten sete cans, catorce gatos, dous pavos, catro coellos, dúas vacas e un porquiño.
Redacción 4º O martes 26 de novembro ás seis e media da tarde escapou Pipo, un dos cans de Patri. Marchou escavando debaixo do valado porque os outros cans lle mordían. Patri di que lle mordían porque é o can máis novo dos que ten. A día de hoxe aínda non se encontrou. Esta é a súa descrición por Os cadeliños regalaranse. Se se o vedes: é un caniche de cor branca co pelo longo estades interesados/as avisade a e rizo. Ten un colar marrón e a súa estatura é media. Noelia no recreo ou na clase.
O galo zombi Redacción 6º Onte, no lugar de Montiño, a avoa dun alumno de sexto procedeu a decapitar un galo cun machado. O galo ao saber que ía ser cociñado correu degolado ata caer rendido no máis alá. Os habitantes de Taragoña fuxiron espavoridos ao ver ao galo sen cabeza achegarse ás súas casas. Ao parecer, segundo informacións recentes, o galo foi visto por última vez nunha fonte de comida dun restaurante local.
Nena accidentada na ludoteca
A prima de Canarias
Unha nena de 3ºB sufriu un corte pequeno no dedo o martes pasado na ludoteca do Brea Segade.
Unha visita moi agardada.
Redacción 3º Hoxe, 2 de decembro, á casa de Laura vai vir a súa prima Alicia que ten 8 anos. A súa nai está en Canarias e ten un irmán chamado Lucas que ten cinco anos. Viven con seu pai en Rianxo.
Redacción 3º A alumna A. R. R. atopábase na ludoteca porque a profesora de Inglés non viñera ese día. Nese momento estaba facendo un debuxo no encerado acompañada das súas amigas. De súpeto, quixo coller un xiz e fixo un corte no dedo. Enseguida llo dixeron á mestra Charo e despois foi á conserxería, onde lle puxeron un apósito. A. R. R. xa está recuperada.
Ela vai pasar unha semana na casa de Laura que está moi contenta pois é a súa mellor amiga. E para colmo, a Alicia GÚSTALLE A VERDURA!
Sangue e Brilé están de moda en 4º Cuarto ten novos xogos favoritos.
Redacción 3º O día estaba soleado aínda que o vento soprou no momento máis inoportuno. O profe díxonos que íamos plantar chícharos na horta escolar e mais nun viveiro dentro da clase. Nada máis chegar á escola puxemos os chícharos en remollo e os deixamos así un par de horas. Despois do recreo mesturamos terra e humus de lombriga para encher o viveiro. Cada neno encheu un vaso e sementou uns cantos chícharos. Despois regamos o viveiro e saímos a horta. Primeiro fixemos uns regos, despois deitamos uns chícharos. Tapamos ben para que os paxaros non se comeran as sementes e despois marcamos cunhas varas o lugar onde fixéramos o rego. Agora toca agardar.
Empezou xogando cuarto pero ás de quinto pareceulle interesante e xogaron elas tamén o martes. Tanto lles gustou que repetiron o mércores e o xoves. O Brilé e Sangue están de moda!
Xornal BBS, o teu xornal Imprime: B B S editora
Sementando chícharos
Redacción 4º O luns 25 de novembro un grupo de nenas de cuarto empezou a xogar a brilé e despois a sangue, xogos divertidos para xogar en grupo nos recreos, no campo de brilé e ás veces no de baloncesto. O Sangue trata de elixir países, tirar o balón ao aire e dicir un país. Quen teña ese país ten que coller o balón e despois intentar darlle con el á persoa que teña máis cerca. Trátase de conseguir que non te dean e ter o menor número de puntos posible. O brilé trata de conseguir brilar, dar co balón, a todo un equipo para gañar.
Editorial O Xornal BBS é o teu xornal. Se desta volta non participastes, non te preocupes. Cada fin de trimestre agardamos editar un novo número no que te podes estrear como redactor/a. Se tes algunha boa idea e queres que a publiquemos, fala co teu titor/a ou pregunta na biblio.
Colabora.
Chega o Nadal ao Xosé María Brea Segade Os alumnos e alumnas do colexio Xosé María Brea Segade prepáranse para o Nadal.
Redacción 3º Todos os alumn@s e prof@s do colexio de Taragoña están traballando para o Nadal de 2013. Xa están ensaiando os bailes e, @s profesor@s, decorando o escenario con luces e adornos elaborados polos nenos e nenas para preparar o festival que se levará a cabo o 20 de decembro de 2013.