A VOLTA DUNHA PROFESORA Redacción: 6º (deseño 3ºA) A mestra de inglés foise por motivos persoais (aducírona os extraterrestres) e tivo que vir outra mestra substituta. Un día de xaneiro, na clase de inglés aos alumnos aparecéuselle unha mestra substituta, porque, desgraciadamente, a outra non puido vir durante tres meses... Os nenos e nenas puxéronse tristes porque xa lle tocaba marchar e xa se acostumaran a ela. Aínda que tamén están contentos por recibir a Angharad outra vez no seu colexio.
CARS NO BREA SEGADE As cartas de Invizimals Esta semana viñeron uns policías para ensinarRedacción: 2º lles aos de 4º, 5º e 6º normas de circulación. As cartas de Invizimals están de moda Redacción: 3º B no Brea Segade. Case todos os nenos Desde o luns 7 ao xoves 10 de abril uns policías do colexio están obsesionados coas carestiveron dando clases de circulación aos alum- tas titanio, efecto 3D... nos de 4º, 5º e 6º no pavillón de educación física. Os nenos están a dicir todos os días: Cunha especie de tellas fixeron un circuíto no que había unha rotonda, sinais de tráfico, semá- - Cámbiasme a Dark tigershark max? foros e tamén un cargador para recargar os cars Dino sempre no Brea Segade e no autoque quedaban sen batería. bús. 3º B e A tiveron sorte porque finalmente tamén eles puideron montar nos cars para practicar as normas de circulación.
C . E. P. X O S É MA R ÍA BR EA S EG A D E
Nº 4
VENRES 11 DE ABRIL DE 2014 AS PULSEIRAS DE GOMA O BÁDMINTON ESTÁ DE MODA As raquetas de bádminton están moi solicitadas no recuncho dos xogos do Brea Segade.
Redacción: 5º Saíu unha nova moda que veu de Estados Unidos. Esa nova moda son as pulseiras de goma. Só tes que comprar gomas especiais para facer pulseiras. No colexio Brea Segade moitos nenos non teñen pulseiras e pídenllas ao seus amigos. Normalmente, as pulseiras que eu fago quedan así coma no debuxo. Animádevos a aprender!
Redacción: 3º B No colexio de primaria de Taragoña está a facerse moi popular o deporte do bádminton. Durante o recreo todos os alumnos poden coller no recuncho de material xoguetes coma balóns, zancos, aros,... para xogar no patio. O caso é que no último mes case todos os alumnos e alumnas do Brea Segade pediron raquetas e plumas de bádminton.
VEU XACOBO FERNÁNDEZ SERRANO Redacción: 2º O mércores 26 de marzo veu Xacobo Fernández Serrano a contarnos os contos que escribiu e que os debuxou como, por exemplo, Marcopola. Tamén dixo que ía saír o terceiro libro de Marcopola e que Demoneta se ia transformar en Dragoneta.
ROMPO O BRAZO Redacción: 3ºA Un día pola tarde caín xogando ao fútbol e rompín o brazo e tiven que ir ao hospital onde me fixeron unha radiografía para mirar si o tiña roto. Cando me dixeron que tiña o brazo roto e miña nai asustouse. Á noite seguinte tiven que operarme e de paso cambiáronme a escaiola. Dous días despois déronme de alta e fun a cafetería e comín tortilla.
Sexto e terceiro cineastas Redacción: 6º CONTOS CON RITMO
Un día despois de que se reanudaran as clases tras a ponte do Entroido, viñeron ao colexio Cris e Belén para facer unha película.
Novo can en Taragoña Redacción 4º
Redacción: 4º Contos con ritmo é un obradoiro de teatro no que se fan xogos, contos e historias sen darte conta. Xogando, xa fas unha obra! Está organizado pola Biblioteca Brea Segade e a ANPA da nosa escola.Ten lugar en dous grupos os venres 4,11 e 25 de abril e o venres 9 de maio, dous días cada grupo. Apuntouse tanta xente que houbo que facer dúas quendas!
Estes dous mozos eran amigos do titor substituto de sexto, e como sabían facer moi ben as curtas axudaron ao alumnado a elaborar unha. Uns foron os guionistas que decidiron como ía ser a película a partir dunha base. Os outros rapaces dixeron que querían actuar e repartíronse os papeis. Todo isto durou dous días.
Xa o ano pasado tivo grande éxito e este ano quixemos repetir. Esther Carrodeguas é a muller que fixo isto posible, así que lle damos as grazas. Esta actividade é para grandes e pequenos e se queres divertirte tes as portas abertas. UN POMBAL
A avoa de Aitor quería entreterse pero non sabía como. Entón un día ocorréuselle: un can!
Redacción: 5º Na casa de turismo rural da Hermida acaban de facer un pombal moi bonito. Pero aínda non veu ningunha pomba.
A cadela dun home ía parir e o avó de Aitor preguntoulle se lle vendía un can. Valeulle 50 € e tiveron que esperar un mes e unha semana. Comprouno en Beluso.
Esperemos que veñan pronto e moitas!
O can é negro, de pelo rizo e polas patas traseiras ten un pouco de pelo branco. É pequeno e bulebule. Aitor e o seu irmán van habitualmente a casa da súa avoa a xogar con el. Chámase Moro.
Redacción: 3º A Imprime: B B S editora
BIBLIOTECA BBS
CONTROL DE TRÁFICO
Onte estaba na casa de Lucas Constantino de primeiro facendo pulseiras cando a súa nai deuse conta que diante da súa casa había un control de tráfico. A GUARDIA CIVIL multou a tres persoas e mandában parar para mirar se fumaban moito ou bebían alcohol e botaron moito tempo a multar.