Xornal bbs 5

Page 1

O FÚTBOL FEMININO Redacción: 3º O sábado pasado no campo de fútbol de Vilas houbo un partido feminino entre o C.D. Unión e o Santiago. Gañou o equipo rianxeiro 4 a 0. Unha nena de terceiro foi a ver a súa irmá que xogou alí.

C. E . P . XO SÉ M A R Í A B R E A S E G A D E

Despois do partido foron a celebralo porque ademais de gañar o partido, tamén recibiron unha copa.

A PRESA DO SAMAÍN Redacción: 2º No xornal do ano pasado xa saíu a noticia da maníaca presidiaria co coitelo de grandes dimensións que aparecera o día do Samaín na escola. Este ano volveu! Os de sexto e quinto intentaron tranquilizar aos de primeiro e segundo pero sempre aparecía no sitio menos pensado. As mesas d@s prof@s foron o sitio máis utilizado para agocharse.

Nº 5

VENRES 5 DE DECEMBRO DE 2014

HAI DÚAS SEMANAS, UNS OBREIROS ASFALTARON A RÚA DE CARTOMIL.

OS LAPIS DE SEGUNDO: Redacción: 2º

Redacción: 4º B Anteriormente, a estrada de Cartomil estaba sen asfaltar e, por iso, as bicis, motos e coches circulaban con dificultade, pero, por sorte, hai dúas semanas viñeron uns obreiros do Concello de Rianxo asfaltala e, grazas a iso, os vehículos van perfectamente pola estrada de Cartomil.

No corredor de 2º uns lapis decoran a entrada. Un día comezaron a arrincar as puntas. Os lapis que quedaron sen punta foron os rosas e os violetas. Estamos intentando descubrir quen é o "arrincapuntas". Se descubrides algo falade cos detectives de 2º.

ACCIDENTE NO FUTBOLÍN Aitor rompe unha barra do futbolín querendo arranxalo.

Redacción 5º O martes 25 de novembro Aitor rompeu unha barra do futbolín querendo arranxala porque estaba dobrada. Aitor, Miguel e Mikel estaban xogando ao futbolín na casa, en Fachán. Miguel é o pai de Aitor e Mikel o seu irmán. O partido estaba a 3 OBXECTO VOADOR NON IDENTIFICADO.

-3. Aitor veu a barra dobrada, arreoulle para poñela ben e a barra rompeu. Aitor

Redacción: 6º Un día meu primo e máis eu estábamos mirando ás estrelas, cando de alí a un pouco vimos unha cousa estraña no ceo. Era redonda con luces verdes e vermellas e dúas bólas de cor amarela. Fomos correndo a coller unha cámara, pero cando acendemos a luz de fóra foise rápido. Non supemos o que era. Sería acaso un OVNI?

berrou e o seu pai riuse. O pai de Aitor desmontouna e arranxouna. Agora xa está ben.

AFORRO ENERXÉTICO Redacción 6º Estes días na parroquia do Araño, os veciños notamos un cambio na iluminación dos farois; o concello de Rianxo está cambiando as lámpadas por outras de baixo consumo. Comezaron pola estrada xeral e agora continúan polas aldeas. Unha das aldeas nas que xa as cambiaron foi a de Xens. Esperamos que acaben de cambialas porque é un gran aforro!


NACEN DOUS CABRITIÑOS NO MONTIÑO

A BANDA XUVENIL DE RIANXO Quedou no terceiro posto no Certame de Bandas en Santiago.

Redacción 5º Unha veciña do Montiño chamada Juanita mercou unha ca-

Redacción: 6º

bra preñada e o día 6 de novembro naceron os cabritiños.

O día quince de novembro celebrouse o VIII Certame de Bandas en Santiago e a Banda Xuvenil de Rianxo traballou moi duro: ensaiamos todos os sábados durante catro horas, dende o verán ata o mes de novembro.

Son dous, un cabritiño branco e unha cabritiña marrón clariño con manchas brancas. Á femia chámase Chocolate con leite e o macho Neve. Escolleron eses nomes Helena, Abel, Silvia e

Tocamos «Festa na Tolda», «Festa na Aldea» e «Man». O noso director está moi contento con nós. Quedamos en terceiro posto e esforzámonos todos ao máximo. Tamén demos concertos en Rianxo, Boiro e todas as actuacións saíronnos perfectas.

Andrea. Á nai gústanlle as mazás e aos cabritiños o leite da nai e as herbas.

O INSTITUTO DE RIANXO RECADA DIÑEIRO

APARECE UN CAN ABANDONADO EN PARADELA

Redacción: 4º B

Redacción: 4ºB

Alumnos de 3o de E.S.O. venden produtos de Nadal para xuntar cartos para ir de excursión a Londres.

Aparece na rúa de Paradela un estraño can abandonado, pero unha veciña acólleo.

Un ano máis, os alumnos de 3o de E.S.O. do instituto de Rianxo “IES Félix Muriel” queren ir de excursión a Londres. Como necesitan moito diñeiro, acordaron vender produtos de Nadal como galletas, torta de Santiago, queixo, polvoróns...

Hai uns meses, na rúa de Paradela apareceu un estraño can abandonado. Estaba moi sucio e ladraba á xente que pasaba xunta el, sen embargo, unha veciña con varios cans decidiu acollelo. Pasados uns días o can non parecía o mesmo: cortáranlle o pelo e comera moito. Agora pasea pola rúa de Paradela moi alegre.

Incluso teñen un catálogo para ver os produtos dispoñibles. Animádevos a colaborar!

NACIMENTO Redacción: 4º A

OS RATOS NO CAIXÓN

O sábado 22 de novembro naceu unha meniña chamada Valeria.

Redacción 4ºA

Afortunadamente, o can da miña prima comeuno e despois cuspiuno . Os ratos non volveron por agora.

A BBS DESÉXAVOS

Valeria é filla de Rocío, a veciña de Laura de 4º A. O su pai chámase David e a súa nai Rocío, que xa volo dixen antes . Valeria é unha nena preciosa. Rocío ia a un curso de parto, onde todas as mulleres estaban embarazadas… de nenas! Parece que as mozas van reinar no mundo! Ata outra noticia.

UN FELIZ

2015

Imprime: B B S editora

Na aldea de meu avó hai moitos ratos. Fai dous días ao meu avó entroulle un rato nun caixón do galpón. Por sorte mordeu o veleno e morreu. Pero ao día seguinte volveu a ver todo mordido e o meu avó cabreouse. Chamou por min para ver se viamos máis ratos pero casualmente foron para a casa do meu tío, que vive ao lado, e coméronlle un coxín da cadeira do comedor e unha manta.

XA SABE ANDAR EN BICI Redacción: 3º Diego, o irmá pequeno de Paula de terceiro aprendeu a andar en bici esta fin de semana. Primeiro probou na de Paula pero era demasiado grande, despois quitaronlle as rodiñas á súa que era máis pequena e foi todo un éxito. No soto da súa casa empezou el só a andar na bici sen rodiñas. E conta só con 4 anos de idade.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.