INCENDIO NUNHA CASA. Redacción: 3º O pasado sábado, houbo lume cerca da casa de Joaquín, ata tivo que vir a policía e non se sabía de onde viñera o incendio. O lume estaba indo cara a praia, non se sabe como foi. Estaban os cans do Perico a ladrar. Ao final, o pai de Joaquín foi ver que podía facer e tivo que acabar chamando por teléfono. C . E .P . XOS É M A R ÍA B R E A S E GAD E
SOPA DE PLÁSTICO. Redacción: 2º
DESAPARECE UNHA CADELA EN PARADELA. Redacción: 4º B
Na clase de 2º traballamos sobre o medio natural. Unha das cousas máis interesantes foi o traballo sobre a "sopa de plástico". Trataba dun científico que atopou unha mancha no océano Pacífico, examinárona de cerca e descubriron que era unha gran mancha formada por lixo. Era enorme, máis grande que España! Chamárona Sopa de plástico. Fai que os animais mariños a confundan con comida e morran envelenados. Sabedes o que tarda en descompoñerse unha bolsa de plástico? 150 anos!, unha botella de plásticos, 450 anos!, unha lata de coca cola, 200 anos! e unha botella de vidro 1000 anos!
O xoves 12 de marzo houbo unha estraña desaparición en Paradela dunha cadela de 4 meses. Suponse que desapareceu pola mañá. Despois dunha longa busca non se encontrou. Pénsase que a levou alguén. Publicouse en Facebook e en Twitter. Agora búscanse respostas. TRISTE SUCESO. Redacción: 3º Cerca da miña casa aconteceu unha morte. Era un home moi velliño, estaba nunha leira co tractor e un veciño decatouse de que o tractor estaba funcionando foi mirar e veu ao home, foino saudar e non lle contestou, chamou á ambulancia e aos policías. Dixéronlle que non se podía facer nada por recuperar a súa vida.
Por iso é tan importante reciclar! Recorda: amarelo, azul e verde! Volverá o ano que ven?
NOVA MARQUESIÑA NA BURATA Redacción: 4º B Na parada de autobús da Burata, chamada Bar Romero, colocaron fai tres semanas unha marquesiña. Despois de que os pais solicitaran no concello unha marquesiña para a parada da Burata, por fin viñeron colocala. Pero, ao final, non serviu de moito porque o autobús non pode parar ao lado da marquesiña debido a que o condutor considera que hai perigo de accidente, xa que hai unha curva perigosa.
NECESITAMOS PASO DE PEÓNS NAS PEDRIÑAS!. Redacción: 6º En Taragoña, nas Pedriñas, necesítase un paso de peóns porque alí collemos a parada moitos rapaces e cando vimos do colexio temos que cruzar a estrada sen ningún paso de peóns. De momento non ocorreu ningunha desgraza pero como sigamos aí, algún día vai ocorrer! Necesitamos unha solución xa!
Nº 6
VENRES, 27 DE MARZO DE 2015 LEANDRO E OS NÚMEROS. Redacción: 2º Rocío, a prima de Mateo de 2º é escritora. Veu a contarnos o conto que escribiu titulado Leandro e os números. A Leandro non lle gustaban os números ata que lle aprenderon a facelos con formas: o 2 é un pato, o 4 unha cadeira ao revés, o 1 é un soldado… O libro ademais está dedicado a Mateo. Grazas por vir Rocío! CONECTANDO MUNDOS. CANDO OS DEREITOS SE FRUSTRAN. Redacción 5º Desde a última semana de xaneiro os nenos e nenas de 5º estamos traballando en Conectando Mundos, un programa educativo de Oxfam Intermon no que participamos escolas de todo o mundo facendo actividades na clase e tamén en internet. Este curso o tema son os dereitos sociais. Estamos aprendendo moitas cousas doutros países e tamén do noso e temos un reto que superar cada semana. Algunhas veces escribimos preguntas para outras escolas, outras veces relacionamos fotos, pasamos cuestionarios ás nosas familias... Cando acabemos de recoller información imos facer murais explicando o que descubrimos sobre os dereitos sociais e os diferentes países do mundo que investigamos. ESPABILADO. Redacción 6º O día 14 de marzo Sergio atopou un gato que saltaba polas árbores e polos tellados. Sergio ía andando para Asados coa súa irmá, pero, inesperadamente, o gato púxose diante deles. Entón decidiron levalo para a súa casa e puxéronlle de nome Espabilado. Agora forma parte da súa familia!
A ECLIPSE DE SOL. Redacción 5º O venres 20 de marzo sucedeu algo magnífico: unha eclipse solar! En Galicia foi onde mellor se veu de toda España, a Lúa tapou case o 80% do Sol, por iso se lle chama eclipse parcial. A eclipse total só se veu nunhas illas de Dinamarca. Puidémola contemplar desde as 9:00 ata cerca das 11:00. Parecía que un ratiño lle estaba a comer un anaco pouco a pouco ao Sol. Tivemos que usar lentes especiais para poder vela sen danar os ollos. A próxima eclipse será o 21 de agosto de 2017 e será parcial. Despois haberá que agardar ata o ano 2026. Despois da eclipse as mareas volvéronse tolas!
CHARLA SOBRE ROCHAS E MINERAIS. Redacción 5º O pasado mércores 18 de marzo, Rafael, o avó de Tahira, veu á nosa escola para informarnos un pouco mellor sobre as rochas e os minerais. Temos na escola unha parte da súa colección. Explicounos moitas cousas, como por exemplo, como se forman as rochas, cantos tipos de rochas hai, e ata nos falou das minas. Sabíao todo e os nomes das rochas e minerais saíanlle de corrido. Logo da charla, Rafael deixounos ver os minerais que tiña expostos sobre a mesa. Custoulle moito tempo reunir toda aquela colección e aínda ten máis na casa. Cada rocha e cada mineral tiña o seu nome etiquetado. Canto esforzo!
Redacción 4ºA Gabri cóntanos como foi a chegada a casa da súa irmá Bea. Cando a miña irmá chegou a casa démoslle bicos, abrazos, etc. Despois miramos como tomaba o biberón, como a bañaban, como a vestían e a nosa nai decidiu chamarlle Bea. Ao día seguinte xogamos con ela e despois deixámola e fomos xogar fóra e cando chegamos a miña nai estaba con ela a durmir. Despois espertou e tomou o biberón outra vez e comezou a rirse. A miña nai cámbialle o cueiro e xoga con ela, lévaa a pasear e pásao moi ben. É moi boa e agora é grande, xa ten un mes!
Redacción: 6º Ultimamente a Garda Civil de Tráfico encóntrase en estradas, autovías e incluso pistas. Este sábado, 14 de marzo, tráfico estivo facendo o control de alcoholemia durante todo o día na recta do Araño. Os controis eran en: Parrillada Barbanza, Bar Nova Era e Mesón A Casilla. Aínda que a moita xente non lle gusten eses controis, moitas veces son necesarios porque hai xente que colle o coche bebido e é un gran perigo para a saúde pública. Tamén fixeron control sobre o uso do cinto de seguridade e os asentos infantís. OS ZOMLINGS CHEGAN AO BREA SEGADE. Redacción: 4ºB
XORNAL BBS
Unha nova moda invade a escola. Hai unha nova moda no colexio chamada Zomlings. Son uns pequenos bonecos de plástico e veñen nunha casa. Valen 1 euro e están á venda nas librerías, quioscos, etc. A idea de traelos á escola foi de alumnos de 2º e 5º. Hai que ir rapidamente a compralos, que se esgotan.
Colabora co teu xornal. EXCURSIÓN AO SALÓN DO LIBRO Redacción: 2º Os nenos de 2º, 4º e 5º tivemos unha excursión ó Salón do Libro e ó Museo de Pontevedra. Pasamos todo o día de leria! Pola mañá visitamos o Salón cunha monitora que nos ensinou moitas cousas sobre a ciencia ficción. Con Anxo Fariña fixemos un obradoiro de viaxes espaciais super chulo! A comida a fixemos nun parque e despois puidemos xogar un pouquiño todos xuntos. Pola tarde visitamos o Museo de Pontevedra aínda que xa estabamos un pouco cansos. Sabedes que hai unha parte dedicada a Castelao? Merenda da tarde e para casa! Pasámolo super ben! Cando repetimos?
OS PUNTOS DE LUCAS. Redacción: 4º A
O SUBMARINO QUE VIAXOU AO SALÓN DO LIBRO DE
PON-
TEVEDRA.
Imprime: B B S editora
A MIÑA IRMÁ.
SEGURIDADE NAS ESTRADAS.
O outro día Uxía, Lucas e Iker foron xogar. Primeiro xogaban cunha pelota pero Iker e Lucas preferiron coller un pau de vasoira, roto e oxidado. Entón xogaron con iso. Lucas pasoulle a Iker e Iker a Lucas, pero este non estaba atento. Entón o pau deulle na fronte. Agachouse boca abaixo poñendo as mans na ferida, pero cando se levantou e tiña as mans cheas de sangue e asustouse. Así que Uxía saíu correndo a chamar polo seu pai. El estaba a durmir e asustou moito. Levou a Lucas para a clínica de Rianxo. Alí puxéronlle tres puntos. Cando Lucas chegou a casa cambiouse de roupa, pois tiña a camisa e o pantalón cheos de sangue. O venres 13 de marzo foi ao médico para que lle quitasen os puntos.