C .E .P . XOS É M A R ÍA B R E A S E GA D E
Nº 7
VENRES 19 DE XUÑO DE 2015 ESCARLATINA ENTRA NA LISTA DE HONRA. Redacción 5º DESPEDIDA?
VISITANDO AS PRAIAS.
Redacción BBS
Redacción 4º
Os que se van do cole.
Agachados: Rodrigo, Mario, Xabi e Sergio.
Este fin de curso, os nenos e nenas de 4º fomos de excursión por Rianxo, recorrendo as praias que van desde a Punta Fincheira ata Tanxil. Tamén visitamos os petróglifos de Os Mouchos onde podemos contemplar os cervos de grandes cornamentas.
Pero da BBS non se vai ninguén. Usuarios para sempre. Sorte!
O lugar que máis nos gustou foi a Aldea Vella de Abuín. Entramos nas casas e vimos algúns gravados nas pedras.
Fila superior: Gloria, Uxía, Marco, Irene, Nerea, Pedro, Diego, Alonso, Desi, Kevin, Carlota, Ana e Paula.
Despois comemos no cole e pola tarde vimos a película Big Hero 6, Óscar á mellor película de animación.
by 6º Dear Brea Segade school these years have been cool! You made us smile Although we couldn’t use our mobiles. We’ll make a lot of new friends, but we’ll remember you until the end.
You’ll always be in our hearts!
Ademais do profe Xosé Luís e a profe Espe, a esta excursión acompañounos Bernardo, técnico municipal de deportes e unha rapaza que estaba facendo practicas con el. Pasámolo moi ben!
RAQUEL QUEIZÁS VISITA A NOSA BIBLIOTECA. Redacción 4ºB O 2 de xuño, unha contacontos visitou o noso colexio para contarnos diferentes lendas.
Despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas, soubemos que fora nomeado un dos mellores libros do mundo pola IBBY (Organización Internacional para o libro infantil e xuvenil). A lista de honra da IBBY publícase cada dous anos e escolle algúns dos mellores libros aparecidos nese tempo. Ledicia, que estivo na nosa biblioteca o pasado 27 de maio, está a ter moita sorte xa que recibiu un montón de premios con Escarlatina.
Raquel Queizás veu ao noso colexio o 2 de xuño para contarnos diferentes lendas sobre animais.
Xunto co libro de Ledicia Costas entrou na lista Bisa Bea, Bisa Bel de Ana Maria Machado.
Redacción 2º
Raquel fíxonos viaxar coa imaxinación a tres sitios do mundo: China, África e Perú. Fíxoo moi ben, utilizando diferentes voces e interpretando os personaxes das lendas que nos contaba. Ao final, todos fixemos un baile moi gracioso. Gustoume moito a visita, pareceume divertida. ÁLEX E PATRICIA CÓNTANNOS CONTOS. Un día apareceu unha carta no taboleiro das rutinas de 2º. Era de Alex e Patricia, uns chicos que avisaban de que ían vir a contarnos contos. Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º escoitaron moi atentamente "O tío Lobo", "Sacapenas" e "11 damas atrevidas". Gustoulles moito como o fixeron e sobre todo que eles tamén puideron participar. Ademais regaloulles un sacapenas a cada clase. Sabedes o que é? Son bonequiños orixinarios de Guatemala. Se un neno ou nena non pode durmir porque ten unha preocupación, cóntallo ao sacapenas e o mete debaixo da almofada antes de ir para cama. O problema o garda o boneco e pola mañá non hai preocupación ningunha! Na clase de 2º cada día o levou para casa o encargado. O pobre sacapenas debe estar moi preocupado con todas as cousas que lle foron contando.
CONTACONTOS NO RECREO: PACO PAPÁN.
SLALOM EN TE.
DE EXCURSIÓN POR RIANXO.
Redacción 2º
Redacción 5º
Redacción 2º
O domingo 14 de xuño de 2015 ás 7:00 da mañá empezou o I Slalom de Concello de Rianxo en Te e acabou sobre ás 21:00. Pola mañá foron os adestramentos e pola tarde as probas.
En abril, houbo unha excursión ao Museo do Mar e á Biblioteca Municipal de Rianxo. No museo fíxose un xogo por equipos de preguntas sobre a costa galega. Os nenos e nenas de 1º e 2º fixérono tan ben que lles agasallaron cun paquete de ceras para cada un. No parque da tirolina merendaron todos xuntos.Despois foron á biblioteca onde Sofía, a bibliotecaria, contoulles unha historia moi chula sobre unha balea que chegou a Rianxo. Sabedes a historia? A balea quedou varada na praia de Tanxil.
Na clase de 2º prepararon un contacontos entre todos para a hora do recreo. Foi moito traballo xa que tiveron que aprender de memoria todo o texto... sobre todo Lucas e Julia que facían de Paco e dasúa nai! Tanto lles gustou que quixeron preparar máis contos pero terá que quedar para 3º xa que a biblio pecha en xuño. A mestra felicitounos polo ben que o fixeron e os convidou a merendar nun recreo zumiños e boliños con chocolate. Gustouvos como o fixeron?
Un Slalom é un circuíto de conos para coches preparados no que hai que intentar non tocar ningún cono e completar o traxecto. Se tocas penalízanche con dez segundos.
VISITA A VIGO. Redacción 5º O mércores 10 de xuño as clases de 2º, 5º e 6º foron de excursión de fin de curso a Vigo. Fomos coller o tren a Vilagarcía. O tren gustounos moito. Era moi tranquilo, as persoas quedan durmidas nel. As portas ábrense ao darlle coa man e unha voz avísache por un altofalante cando estás a chegar a unha estación e tes que baixar. Nada máis chegar a Vigo fomos a Naturnova. Alí había un museo enorme e moi espazoso. Ensináronnos un cadro de Urbano Lugrís coa paisaxe de Vigo e personaxes fantásticos. Cando acabaron de explicarnos o cadro déronnos pistas e xogamos a atopar cadros nas salas. Despois ensináronnos como se protexe un cadro cando hai que envíalo lonxe. Ao acabar fomos a un submarino (de mentira) con asentos que subían e baixaban e vimos unha proxección en 3D. Máis tarde fomos a unha sala que se chamaba “A sala dos planetas” e fixemos outro xogo. Cando saímos de Naturnova fomos xantar ao parque de Castrelos. Tiña de todo: un aneis para pendurarnos, bambáns, dúas tirolinas para facer carreiras, un rocódromo de cordas, unha cama elástica incrustada no chan, unha cunca xiratoria… Cando marchamos do parque fomos ao monte do Castro. Gustounos, na entrada había un estanque con rás e peixes. Vimos as illas Cíes, máis a paisaxe de Vigo, que era preciosa! Merendamos alí, nunhas mesas á sombra. Que día máis divertido!
Participaron 29 coches e asistiron máis de setecentas persoas. COUSAS POSITIVAS. Redacción 2º Este trimestre, en 2º, estiveron xogando a un xogo chamado "En positivo". O xogo trataba de escoller a un neno ou nena e dicir unha cousa positiva sobre el ou ela. Outro compañeiro (que tiña que estar fora da clase para non escoitar de quen se estaba a falar) con todas as respostas tiña que adiviñar de quen se estaba a falar. Saíu moi ben porque cada un escoitou cousas positivas sobre si mesmo que pensan os seus compañeiros pero que normalmente non se din. Todos dos que se falou saíron ese día moi contentos da clase.
Os policías comezaron a dispararlle pero os mariñeiros de Rianxo ataron a balea con cordas e conseguiron salvala. Mais a mesma balea tivo mala sorte e varou en Vilanova onde si que morreu.Sofía tamén lles dixo que teñen un problema na biblio xa que alNon esquezades dicir as cousas positivas ás persoas do guén morde os contos... Se ides mirade "O Incrible neno devorador de libros".O único malo foi que ao voso arredor de vez en cando! saír chovía a cántaros e... todo o mundo a pingar! NOVAS CATEGORÍAS PARA O
TALLERES OS MÉRCORES POLA TARDE.
C.C.D TARAGOÑA.
Redacción 4ºB
Redacción 5º
Os nenos e nenas de 3º, 4º A e 4º B fan uns talleres todas as tardes dos mércores. Os talleres están repartidos do seguinte xeito: na clase de 3º hai un taller de comprensión, un de pasatempos e outro de envases. En 4º A hai talleres de lóxica e comprensión e en 4º B hai de simetría e creación. Por último, na aula de informática hai un taller de Word. Ao lado das portas destas aulas hai paneis cos nomes de todo o alumnado participante e, cando un neno ou nena remata unha tarefa dun dos talleres, coloca un gomet no número de tarefa correspondente. En Word hai que facer as tarefas por orde, comezando pola número un, mentres que nos demais cada persoa pode escoller a tarefa que quere facer libremente. Encántanos ir aos talleres porque son divertidos.
Imprime: B B S editora
Os nenos e nenas de 3º e 4º participan en talleres todos os mércores pola tarde.
Este ano farán novas categorías para o C.C.D. Taragoña, entre outras as de alevín, benxamín e prebenxamín. Empezarán xogando o 1 de setembro no campo da Laxe. O anuncio está circulando por medio de carteis. Piden que os país e nais apunten aos seus fillos/as. Na nosa clase contan con apuntarse César Miguéns, Rubén e César Creo. Animádevos!
O TRABALLO DE MATEMÁTICAS. Redacción 4º B O pasado mes de maio tivemos que medir a temperatura na clase de 4º B. O pasado mes de maio tivemos que medir a temperatura diariamente na clase para facer unha gráfica de liñas na área de Matemáticas coa profe Andrea. Nunha ventá da clase tiñamos un termómetro para que o secretario ou secretaria da aula o mirara todos os días á mesma hora, e anotara no calendario a temperatura dese día. A min pareceume difícil porque tardei moito en acabar de repasar a bolígrafo todos os detalles da gráfica.