Xornal BBS 8

Page 1

AS BIBLIOTECAS ANIMAN Á LECTURA ESTE NADAL. Redacción 6º Bibliotecas das distintas escolas de Rianxo e a B.P.M Castelao organizaron un acto para animar á lectura este Nadal e presentar a guía de recomendacións que volven a publicar, coma nos últimos anos. No acto usaron cancións, representacións dramáticas e lectura de textos de narrativa e poesía para mostrar como son os libros da guía. Do Brea Segade participaron quince alumnos/as dos cursos de 3º a 6º. Os libros que presentaron foron Xogando con gatos de Antón Cortizas e Os sabuxos divírtense no Museo Prohibido de J aureguizar. O Auditorio de Rianxo estaba ata arriba e todos se divertiron moito, o público e os nenos e nenas que participaron. Ao rematar o acto houbo unha obra de teatro a cargo dos Quinquilláns e unha balea chegou de novo a Rianxo. Foi moi bonito.

C. E . P . XO SÉ M A R Í A B R E A S E G A D E

Nº 8

VENRES 18 DE DECEMBRO DE 2015 MÁIS AVES EN RIANXO! Redacción 5º A Este verán na praia máis popular de Rianxo, a da Torre, houbo unha chea de aves: patos, garzas, gaivotas, etc. Hai xente que informa de que a praia está máis limpa e hai máis comida para as aves.

OS NENOS RIANXEIROS, SEN PEDIATRA

Desde o verán os ornitólogos veñen a ver a abundancia de aves. Tamén dixeron que xa criaron, e que os ovos dentro de pouco van escachar.

Redacción 5º A A ausencia do pediatra no centro médico rianxeiro volveu a crear malestar entre os pais da localidade. Esta é unha situación que se repite varias veces no ano, xa que o titular non ten substituto e a súa praza non se cobre. Esta situación obriga aos nenos a acudir ao médico de cabeceira dos seus pais e aos bebés a acudir ao ambulatorio de Boiro.

SENTÍMONOS OBSERVADOS. Redacción 4º No Colexio C.E.P. Xosé María Brea Segade conseguimos probas de que alí viven familias de gatos. Vímolos cos nosos propios ollos e tamén lles deixamos sempre comida. Ao día seguinte, puf! como por arte de maxia a comida desaparece. ACCIDENTE. Redacción 3 Un xabarín invadiu a estrada e chocou contra un coche… ou un coche contra o xabarín. O coche era do avó de Julia, da clase de 3º. Todo sucedeu en Taragoña. Grazas que non lle pasou nada e que o coche ten soamente un golpe pequeno.

FELIZ ANO 2016

FELICES FESTAS

Coñecemos a unha familia: o pai chamase Yilver, a nai Sombra e o fillo Sami. Se conseguimos atrapar a calquera dos tres será unha noticia estupenda porque lle ensinaremos aos nenos o grande e importante que é o noso valioso ecosistema.

O BLOGUE DE 6º Redacción 6º

Desde a creación do blogue www.cangrexeirosnaaranheira.blogspot.com , xa van mais de 5300 visitas, o que para os rapaces e rapazas de 6º é todo un trunfo. Parece que a xente se enganchou ao que se publica: cumpres, xogos, investigacións, traballos... Todos tipo de cousas. Dende o blogue pódese acceder a moitas outras páxinas como a de Interrail, aos blogues doutras clases do colexio, ao da biblioteca, a dicionarios tanto en galego coma en castelán... Os xogos serven tanto para pasalo ben como para aprender e estudar, aínda que nin te decatas. Animádevos e entrade.


TREASURE ISLAND.

CATÁSTROFE CONDUCTORA

DE EXCURSIÓN POR RIANXO.

Redacción 3º

Redacción 4º

Redacción 5º A

O xoves 3 de decembro as aulas de 3º, 4º, 5º e 6º foron de excursión ao Auditorio de Rianxo a ver unha obra de teatro en inglés. Co profe de inglés, todos os nenos e nenas practicaron as cancións os días anteriores. O grupo de teatro era de dúas persoas, un mozo e unha moza, polo que tiñan que ir chamando a nenos e nenas do público. Non estaban soamente os do Brea Segade, tamén os do Castelao. O momento mellor foi cando puxeron saias hawaianas e cantaron a canción titulada Yellow Bird… todo o auditorio púxose a cantar! A anécdota foi que, durante a obra, a un dos nenos caeulle un dente e tiveron que estar a buscalo durante un bo anaco.

Cando o recollía a súa nai de clases, un neno de 4º viu pola ventá moitos policías. Nas beirarrúas estaba unha señora apampada mirando un coche. Tiña o capó e o maleteiro esnaquizado. Cando chegou a casa non o publicaron nas noticias. Tende coidade cando conduzades. Vale!

No mes de Agosto formouse un equipo de fútbol no campo da Lomba, para que os rapaces e as rapazas puideron xogar (e gratis si es socio). Abriuse porque a directiva do club de fútbol do Taragoña quixo darlle unha oportunidade aos rapaces e rapazas de Taragoña.

MORREU XOSÉ NEIRA VILAS Redacción 2º O escritor Xosé Neira Vilas morreu en Gres, Vila de Cruces, porque era moi maior. Era un escritor fantástico. Escribiu Memorias dun Neno Labrego e tamén a obra O Espantallo A migo, representada no auditorio de Rianxo polos Quinquilláns. O seu corpo descansa en Gres.

A ÁRBORE DE NADAL Redacción 3º A semana pasada acenderon a árbore de Nadal de Boiro. Está na praza do Concello. Puxéronselle luces de adornos en cores azuis e brancos. É moi grande e na punta, arriba de todo, ten unha estrela chea de brillo. A árbore conseguiron facela tan alta poñéndolle unha plataforma central. Quedou grandiosa!

LIMPANDO O NOSO PATIO.

PRESENTACIÓN SOBRE FLANAGAN. Redacción 5º B

Imprime: B B S editora

OS CANS PALLEIROS ESTÁN DE MODA. Redacción 6º Durante o pasado mes de novembro os rapaces do C.E.P. Xosé Mª Redacción 5º B Grazas a un Brea Segade estiveron limpando e recollendo lixo para mellorar o anuncio de aspecto do patio. Cada día da semana quedaba un curso distinto. Gadis, os cans Conseguiuse un gran resultado, agora toca mantelo. palleiros puxéronse de moda en Galiza. Antes, o can de palleiro servía para protexer a casa e aos animais. Ademais, os cans de palleiro poden alardear ao lado das razas golden, dos labradores ou dos pastores alemáns porque, probablemente, é unha das razas máis antigas do mundo.

Na clase de 5º B estivemos ensaiando para unha presentación sobre Flanagan. O 1 de decembro era o día de ir á biblioteca a expoñer a presentación aos alumnos e profesores. Houbo algúns fallos porque uns días non viñan uns compañeiros e outros días non viñan outros, pero, en xeral, fixémolo moi ben, aínda que, para ser sinceros, estivemos un pouco nerviosos. Espero que vos gustara.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.