boletin nadal

Page 1

El pintor del sombrero de malvas. Marcos Calveiro. Ed. Edelvives. Un rapaz compartirá as andanzas do pintor Van Gogh mentres busca paisaxes para pintar. He jugado con lobos. Gabriel Janer Manila. Ed. La Galera. Novela basada na historia real dun neno que medrou cunha manda de lobos. Historia de un segundo. Jordi sierra i Fabra. Ed. SM. Un rapaz atopa ao seu primeiro amor co que intercambia mensaxes de amor á sáida da igrexa cada domingo. Compostela: una historia entretenida. Simón V. López y col.Ed. Sotelo Blanco. Fermosas ilustracións e sinxelos textos achegan de maneira amena a historia da cidade de Santiago.

L!!

ADA N O

BOLETÍN NADAL 2010 BIBLIOTECA CEIP A RAMALLOSA

B

NESTE NADAL TURRÓN MAZAPÁN E MOITOS LIBROS!!

Dende Oriente veñen, mil historias traen cos camelos cargados para nos deixaren.


LECTORES AUTÓNOMOS

Cama e conto. Gonzalo Moure. Ed. Anaya. Estas palabras son devecidas polos nenos e nenas que escoitan un conto antes de ir para a cama, pero a Malva xa non llo contan porque xa sabe ler e pode ler soa, que mágoa! A peripecia de Roi. Carlos López. Ed.Tambre. Unha aventura nas nubes. Frangulla. Gloria Sánchez. Ed. Tambre. Non é doado para este osiño polar saír adiante na súa familia sendo o terceiro e o máis pequeno. A filla do ladrón de bicicletas. Teresa González. Ed. Anaya. Serafina e a súa bicicleta pretenden abraiar aos habitantes da vila coas súas habilidades.

Se vende mamá. Care Santos. Ed. SM. Óscar está descontento coa súa nai, non é como el quixera, Poderase cambiar? Una vaca, dos niños y trescientos ruiseñores. Ignacio Sanz. Ed. Edelvives. Unha viaxe disparatada en barco cunha vaca e trescentas aves. LECTORES EXPERTOS

Lúa do Senegal. Agustín Fdez. Paz. Ed. Xerais. Unha historia de adaptación a un novo lugar moi lonxe da súa casa. Mi hermano, el genio. Rodrigo Muñoz Avia. Ed. Edebé. A Lola gústalle o fútbol e non a música, polo menos tanto como aos seus pais, músicos e ao seu irmán, un xenio.


Os Bolechas en banda deseñada. Pepe Carreiro. A Nosa Terra. Para aprender a ler cómic. Colección Cambiar y crecer. Ed. Parragón. Seis títulos que amosan con pequenos textos e fermosas fotografías os cambios de diferentes crías de animais ata que son adultos. Colección O Meu Mundo. Varios títulos. Ed. SM. Libros informativos interactivos, con solapas e sorpresas para aprender sobre diversos temas de maneira divertida. FELICES REIS E BO NADAL!!

BOLETÍN DE NADAL 2010 BIBLIOTECA CEIP A RAMALLOSA

NESTE NADAL TURRÓN MAZAPÁN E MOITOS LIBROS!!

Dende Oriente veñen, mil historias traen cos camelos cargados para nos deixaren.


PRELECTORES

PRIMEIROS LECTORES

A vella Lulula. Mar Pavón. Ed. OQO. Conto acumulativo moi divertido. A lúa ladroa. Pablo Albo. Ed. OQO. Un día o chupete desapareceu, a nai dixo que o roubara a lúa... Colección Colorín colorado. Pepe Maestro. Contos tradicionais co CD. Ed. Edelvives. A voda do Galo Pinto. Juan A. Belmontes. Ed. OQO. Adaptación do conto popular. O galo que vai de voda e se mancha polo camiño, quen lle limpará? ¡Cochinos! Mireille d'Allancé. Ed. Corimbo. Vaia panda! Como poñen a casa!

A familia C. Pep Bruno. Ed. Kalandraka. Unha familia que adora o circo a onde acoden cada tarde para manter as ilusións que a rutina diaria non permite. III Premio Int. Compostela. O robot que tiña medo dos nenos. Miguel Vázquez Freire. Ed. Rodeira. As manoplas de Carapuchiña. Inés Almagro. Ed. OQO. A Carapuchiña vaise sorprendendo de que o conto non é como ela lembraba, que pasa? Florentino, o príncipe Quino. Gloria Sánchez. Ed. Xerais. Un gorrino diferente, demasiado limpo para ser o príncipe do país dos porcos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.