UN VERÁN DE PRAIA E AVENTURAS
LECTURAS PARA O VERÁN 2015 CEIP A RAMALLOSA
PRELECTORES
CÓNTAME UN CONTO
Osos -R. Krauss e M.Sendak. Kalandraka:Unha chea de osos persegue ao cadeliño ciumento, rouboulle o oso de peluche ao neno cando ía á cama. La princesa rebelde. Anna Kemp. Ed. Blume. Esta é unha historia de princesas, pero a protagonista non é unha típica princesa…
Os ratos da casa. Oli. Kalandraka Uns ratos entrañables e aventureiros. Un conto rimado que, encadeando palabras, fará rir a toda a familia.
A mellor sopa do munde. S Isern. OQO. Vai moito frío e neva. Tartaruga empeza a preparar unha sopa quentiña. Cada animaliño que vai chegando trae o seu ingrediente. Que tal saberá?
A nai da nai da miña mamá. Alejandra Schmidt Urzúa. Hércules Ediciones Este libro amósanos o proceso da fin da vida e o inicio doutra. Fálanos do camiño natural de deixar que a vida siga o seu curso, de soltar os apegos e os recordos da memoria.
La luz de Lucía. Margarita del mazo. Ed. Cuento de luz Lucía é a menor dunha familia de vagalumes. Quere brillar coma as demais, pero é demasiado pequena. Por fin unha noite a Lucía chégalle o seu momento e pode iluminar o bosque.
O avó de Zulaimar- J.C.Méndez OQO. Desexa ter un, coma as súas amigas e, coma non queren deixarlle os seus, constrúe o seu propio avó co que ten a man. Unha historia chea de dozura e imaxinación.
Feliz verán!!
PRIMEIROS LECTORES
LEMOS NO VERÁN A avoa adormecida, Roberto Parmeggiani. Kalandraka Antes de durmir, a avoa cociñaba, lía e contaba contos; logo deu en facer cousas estranas... Un fermoso libro para todas as avoas e avós que esquecen, para todos os nenos e nenas que coidan dos seus avós e avoas. O zapateiro no bosque. María José Gulín Rodríguez. Ediciones Bolanda Xermán atópase cun coello que lle pide un estraño encargo: facer zapatos para todos os habitantes do bosque. Este será o inicio dunha grande amizade.
Viaxe a Dragonia. Xan López Domínguez. Rodeira. Na escura selva de Dragonia ocúltase o único exemplar do DRAGONIS TERRIBILIS, un libro misterioso cheo de conxuros e encantamentos que permiten transformar calquera obxecto... nun dragón!
A pantufla de Celia. Concha Blanco. Hércules. Nunha tenda vive unha pantufla con forma de vaca. A xente pasae non lle fai caso. E pasou Celia que se enamorou das súas manchas brancas e negras. Pero… fatalidade! As zapatillas non se venden por separado. Conseguirá Celia a súa pantufla? A nena do parque. A. García Teijeiro. Embora. Fala dunha nena que ten como refuxio para soñar un parque. Augusta e os seus medos. Sabela Fernández. Xerais Augusta é unha nena chea de soños, pero é tan medrosa que ningún se lle cumpre. Ten medo a todo. Ela non quere sentirse así, pídelles axuda aos seus pais. Agora, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar os medos é enfrontándose a eles. Alicia en el País de las clásico recreado por Gerónimo Stilton.
FELIZ VERÁN!!
Maravillas. Destino.
Un
LECTORES AUTÓNOMOS
AVENTURAS NO VERÁN
O misterio do lixo mutante Carlos Freire. Sushi Books. Catro gatos de rúa atopan entre restos de comida unha botella cuns extraños xeroglíficos. A curiosidade por coñecer ao autor da misteriosa mensaxe levaraos a vivir múltiples aventuras, escoitar historias entretidas y descubrir os segredos do mundo da reciclaxe. As outras historias. Paula Carballeira. Galaxia. Un libro que fala desas historias que non se ven, das que están agochadas e nin sequera se sabe que existen. Historias de había unha vez e de princesas e de pantasmas e de Parecen as de sempre. Pero non. A mamá que perdeu as cóxegas. Clara Roxo. Galaxia Estaba a pasar algo rarísimo na casa. A nai, experta en rir e en rir polas cóxegas xa non o fai. Que será o que lle pasa? Os pequenos da casa intentarán descubrilo.
Os papacalcetíns. Pavel Šrut & Galina Miklínová. Sushi Books. Millóns de calcetíns desaparecen cada día misteriosamente en todas as casas. Os responsables de que existan tantos calcetíns desemparellados son uns peculiares personaxes: os papacalcetíns.
O segredo da illa negra. Agustín Fdez Paz. Xerais. Sara vive nunha aldea da beiramar, onde a pesca é o único medio de vida. Un día os barcos comezan a vir baleiros, só hai peixes nas proximidades da Illa Negra, onde habita unha cruel Serea. Uriel, o irmán de Sara, vai botar as redes nesas augas e alí cae prisioneiro da Serea. Entón Sara decide navegar ata a illa para liberar a Uriel, coa única axuda de tres buguinas máxicas.?
La aventura del octopus. Ana Alonso. Pizca de sal. Anaya. Miranda es inventora y ha creado un submarino, el “Octopus”, que puede encogerse hasta un tamaño microscópico y seguir todo el ciclo del agua.
Feliz verán!!
LECTORES EXPERTOS
UN VERÁN DE AVENTURAS
Sira e o robot. Marc Wiersma. Xerais. Galicia, ano 2050. O inglés acaba de ser declarado lingua oficial xunto co galego. Os humanos compórtanse como robots e os robots son aparellos choromicas que posúen o don da música. Sira, unha rapaza de dez anos cunha forte personalidade e moi imaxinativa, non acaba de atopar o seu lugar nesta sociedade. O corazón da maxia. Xavier Estévez. Ed. Xerais. Dúas tramas: unha realista, que transcorre nun hospital onde se coñecen dúas nenas e, outra fantástica, onde aparecen dragóns. Momentos de alegría, outros tristes e esperanzadores.
Xenaro e a negra sombra. Mar Guerra Cid. Ed. Xerais Xenaro abúrrese de vacacións e bota de menos aos seus amigos. Quen lle dera volver ao Porroutó! Que semana a que pasaron!. Como esquecer o Encarrapuchado e os seus lobos! Era un home? Un espectro? Estes e outros misterios son os que o grupo de amigos terán que resolver durante a estadía no albergue do Porroutó, antes de que o remate da Primaria os leve a institutos distintos.
El signo prohibido. Rodrigo Muñoz Avia. Editorial Edebé. Tras a desaparición de Alesandra, Jorge toma a decisión de falar sen a letra “A” hasta que a súa amiga volva. El comezará a investigar sobre a misteriosa fuxida da súa amiga.
La lección de August. R.J. Palacio. Nube de tinta. Un rapaz cunha gran deformidade na cara debe enfrontar o colexio e o rexeitamento dos compañeiros por primeira vez. A súa capacidade de superación ante a adversidade é unha lección para todos. Malos tempos para os fantasmas. Agustín Fdez Paz. Xerais. A familia de Marta alugan unha casa antiga e espazosa, sobre a que circulan rumores inquietantes. Pronto comezan a se producir misteriosos sucesos, que afectan sobre todo á vida de Marta. A nena acabará descubrindo que na casa habita un fantasma invisible, co que se pode comunicar a través do ordenador Un hijo. Alejandro Palomas. La Galera. Un misterio sobrecogedor con un niño introvertido y lector como protagonista y que no deja indiferente a nadie. FELIZ VERÁN!!