Guia de usuari@s

Page 1

NORMAS DE USO Na biblioteca podemos ler, escribir, estudiar, debuxar, buscar información; e para todo iso, é necesario manter certo silencio, permitindo o traballo e a lectura de todos e todas. É moi importante coidar os libros, non dobralos, engurralos, manchalos... Os libros que levas en préstamo deben voltar en perfecto estado; se o perderas ou estragaras, deberás repoñelo ou abonar o seu importe. Se atopas algún libro en mal estado deberás comunicalo ás axudantes da biblioteca para que o garden na caixa de reparacións. Os ordenadores poderanse utilizar, tras pedir permiso ao profesorado encargado da biblioteca, para buscar información ou consultar o catálogo. Non haberá máis de dúas persoas no mesmo ordenador. Toma a túa merenda do recreo antes de entrar na biblioteca. Respecta ás axudantes da biblioteca e pídelles axuda se buscas algún libro concreto; elas son as que mellor a coñecen e poderanche orientar. A orde dentro da “biblio” é fundamental. Coloca os libros no lugar onde o colliches co lombo para fóra. Se non sabes, pide axuda ás colaboradoras. As sillas tamén deben quedar recollidas cando nos vamos.

ESPAZOS O espazo é reducido; por iso, é importante manter a orde para permitirnos utilizala ao maior nº de usuari@s. Zona de Literatura: Nestas estanterías están os libros de fición: narrativa, poesía, cómic, teatro, contos, ... ordenados por niveis lectores. Zona de Coñecementos: Libros de temáticas diferentes (natureza, historia, xeografía...) organizados pola CDU. Zona de Consulta: Nesta zona están os libros de información xeral como enciclopedias, dicionarios, atlas,... que non se poden levar en préstamo. Zona de Lectura e Traballo:No centro da sala hai mesas e sillas con 25 postos. Como o espazo ao redor é xusto, é moi importante sentarse ben para deixar paso aos compañeir@s que deben levantarse. Zona de Ordenadores: Os dous ordenadores con acceso a internet son para facer consultas. Hai dous taburetes xunto a eles; xa que só poden traballar dous alumn@s ao mesmo tempo. Zona de Infantil: Esta zona está dotada con mobiliario axeitado para alumnado de infantil; por iso debemos reservala para uso exclusivo deles . Zona de Préstamo:As mesas da entrada onde debemos acudir para o préstamo. Zona de Exposición: Nos expositores dentro ou fóra da sala aparecen novidades ou libros recomendados. Lembra: non se poden levar mentres estean alí.

HORARIO E PRÉSTAMO HORARIO A biblioteca está aberta: Durante todo o horario lectivo para uso do alumnado co seu titorado en quendas asignadas. Durante os recreos, en que funcionará o servizo de préstamo. Tódolas tardes de catro a seis, agás os martes, que abrirá no recreo de medidodía.

PRÉSTAMO INDIVIDUAL Debes entregar o carnet (que gardarás na aula, non se pode levar á casa) para levar libros. Só o alumnado de 1º ciclo o gardará na propia biblioteca. Podes levar dous libros durante quince días. As películas ou CDs prestaranse só a partir de 3º curso, dende o venres ata o luns seguinte. Os libros de consulta non se prestan e tampouco aqueles que leven unha indicación específica. PRÉSTAMO AULA Un lote do mesmo título durante o tempo necesario. Un lote de títulos diferentes durante un mes. Libros informativos durante o tempo do desenvovlemento do tema (dúas semanas). Estes libros son retirados polo profesorado deixando rexistrada a súa retirada.


Tódolos materiales da biblioteca están catalogados cun programa informático. Este permítenos etiquetalos para facilitar a súa organización na sala, ademais de rexistrar o préstamo.

BIBLIOTECA ESCOLAR

Os libros informativos levan na parte superior do lombo a pegatina correspondente ao tema do que trata (que aparecen dentro da roseta)

CEIP A RAMALLOSA

GUÍA RÁPIDA PARA USUARI@S DESPISTAD@S

IDENTIFICACIÓN DOS FONDOS

Tódolos documentos catalogados levan unha pequena etiqueta na parte inferior do seu lombo onde aparece estes datos: - nº da CDU - 3 letras maiúsculas do apelido do autor/a

82 - NG / / LOB sop

- 3 letras minúsculas do título

ORDENACIÓN E COLOCACIÓN

Nas estanterías sobre as que figura o cartel LITERATURA están todos os libros deste tipo colocados por orde alfabética segundo os niveis lectores. Hai varias seccións dependendo dos xéneros: narrativa (galego e castelán.), poesía, teatro, cómic, contos, inglés,..; e algunhas temáticas (medo, outros pobos,...)

Esta etiqueta aparece no libro titulado “Sopa de rato” de Arnold Lobel.

Nas estanterías co cartel COÑECEMENTOS están os libros informativos agrupados segundo as materias da CDU.

Ademais os libros de literatura levan unha pegatina de cores na parte superior do lombo para sinalar o nivel lector.

Na estanterías co cartel CONSULTA atópanse dicionarios, atlas, enciclopedias,...

VERDE

LECTORES. EXPERTOS

Na zona de infantil hai caixóns onde están os libros para eles identificados cunha figura de distintas cores que coincide co caixón ao que pertence para orientalos na colocación.

VERMELLO

LECTORES AUTÓNOMOS

PUBLICITAR O QUE ACONTECE NA BIBLIO!!

AMARELO

PRIMEIROS LECTORES

Mediante os taboleiros e expositores fanse chegar ao lectorado as novidades, libros de interese e traballos realizados polo alumnado.

CLASIFICACIÓN DOS FONDOS

Tódolos documentos clasíficanse polas materias das que tratan (CDU). A cada materia correspóndelle un díxito do 0 ao 9 que podes ver nesta roseta colocada na parede da nosa biblio.

Tamén na páxina web publicamos. Nela ademais poderás consultar o catálogo e comprobar se temos o libro que queres ou opinar sobre algún que teñas lido. Consúltaa. http://centros.edu.xunta.es/ceipdaramallosa/

A QUE MOLA A NOSA BILBLIO !! PERO, SABES UTILIZALA ? SE NON É ASÍ, LE ESTA PEQUENA GUÍA SEN TARDAR, APRENDERÁS MOITO SOBRE ELA E SOBRE CALQUERA OUTRA QUE VISITES.

O NOSO CORPO NECESITA COMER, A NOSA IMAXINACIÓN NECESITA LER.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.