Guía de lecturas verán 2013

Page 1

NAVEGA POR UN MAR DE LIBROS

GUÍA DE LECTURAS. VERÁN 2013 BIBLIOTECA CEIP A RAMALLOSA


PRELECTORES

SEGUIMOS A LER XUNTOS * Galiño pelado. Paula Carbonell. OQO. Un galiño que só pensa en comer e papa todo o que atopa.

* Que tal estás? Anthony Browne. Kalandraka. Aburrido, contento, triste... palabras e imaxes sobre as emocións. * Artur. Oli. Factoria K . O pitiño medra demasiado dentro do ovo e está incómodo. * Leopoldo e Casilda. D. Kulot. Factoria K. Pequenos e grandes gozan de facerse compaña.

* O soño de Matías. Leo Lionni. Kalandraka. Matías visita un museo e descobre un mundo de formas e cores.

* O cascabel da gata. Pablo Albo. OQO. A gata perdeu o cascabel, quen lle axudará a atopalo? * Niños. Pepe Márquez. Kalandraka. Grandes, pequenos, accesibles, agochados, orixinais, sinxelos... estes paxaros estrafalarios habitan en fogares dispares. Tan diferentes e á vez tan parecidas, as aves suscitan curiosidade e admiración. * O baile diminuto. Mª José Ferrada. Kalandraka. De onde saíron os animais diminutos que atravesan a mañá do xardín? Será que un día non eran nada e logo foron grilos, vermes, bolboretas?

* Tonino. Miguel Salas.OQO. Un pequeno pingüín, Tonino, que quere converterse nun auténtico beduíno. Para cumprir este soño extravagante, fuxe de casa e consegue chegar… ata Tunisia! * Ser amigos. Arianna Papini. Kalandraka. A través da relación de diferentes animais aprendemos o que significa ser amigos. BO VERÁN Á TODA A FAMILIA!


PRIMEIROS LECTORES

UN VERÁN ENTRE AMIGOS * Nadarín. Leo Lionni. Kalandraka. Nadarín, un minúsculo peixe negro, percorre o mar fuxindo dun fero atún que pretende devorarlo, Nadarín só desexa dar un escarmento ao terrible animal. * Bichitos curiosos. Antoon Kings. Blume. Unha colección de pequenos animais con divertidas aventuras. * Luis vai á praia. Guy Delisle. Factoría K. Cómic para os pequenos. * La bruja Brunilda. Valerie Thomas. Blume. Colección de libros coas historias dos encantamentos e feitizos desta bruxa que dá máis risa que medo.

* Nicomedes, o pelado. Pinto e Chinto. Kalandraka. A súa espléndida cabeleira converteuse nunha cabeza pelada. Pero Nicomedes, que non ten nin un pelo de tonto, empeza a enxeñar insólitas alternativas á súa prematura calvicie. * Verdedades. Yolanda Castaño. Biblos. A poesía nas plantas. * La gata que aprendió a escribir. Vicente. Muñoz Puelles. Anaya. Como aprendeu a gata a escribir? Que dirá nesa carta?... *Cando sexades pequenos. Uxue Alberdi. Kalandraka. Un xeito magnífico de explicar o mundo ao revés, non o dos nenos cando estes sexan grandes; senón o dos adultos ao facerse pequenos, * Amelia quere un can. Tim Bowley. Kalandraka. Os caprichos de Amelia teñen un tamaño directamente proporcional á súa astucia porque, ante a negativa dos maiores, que mellor estratexia que pedir o imposible? Unha historia de insólitas mascotas a proba de rapaces. Boas vacacións!


LECTORES AUTÓNOMOS

SOL, PRAIA, XEADO... E BOAS LECTURAS!! Desde unha estrela distante. Agustín Fdez. Paz. Anaya. Daniela na casa da súa avoa entra en contacto cun extraterrestre.

Luces en el canal. David Fdez. Sifres. SM. Premio Barco de vapor 2013. Luces extrañas pola noite e un monstro.

Mi hermano el genio. Rodrigo Muñoz. Edebé. Non é doado ser irmán dun xenio.

A noite das cacharelas. Pepe Carreiro. Toxosoutos. De onde procede a festa de san Xoán?. Cómic. Falou un queixo. Heidi Kühn Bode. Galaxia. Quererás comelo dun bocado, pero hache saír antes unha gargallada tan grande coma un queixo.

Pesadelo no tren Chocolate. Fina Casalderrey. Galaxia. Unha extraordinaria aventura no tren dos xemelgos Iria e Lino. Bocas. Animais extraordinarios. Xulio Gutiérrez. Kalandraka. En cada ecosistema miles de animales loitan pola súa vida segundo a dura lei da selección natural: "comer e non ser comido".

Contos para nenos que dormen deseguida. Pinto e Chinto. Kalandraka. Nen por moito, nen por pouco, duran canto teñen que durar. Contos exentos de insomnio dos que destaca a súa brevidade, a agudeza narrativa e o sentido do humor.

Corazón de pedra. Agustín Fdez. Paz. Oxford. Brenda sabe moito sobre dragóns, pero por que desapareceron?

Feliz verán!!


LECTORES EXPERTOS

ESTE VERÁN... ESCÁPATE CUN BO LIBRO!!

Las venas de la montaña negra. A. Gómez Cerdá. Edelvives. Unha viaxe a Perú que se converte nunha perigosa aventura. Soños de fútbol en Bangui. Ives Pinguilly. Galaxia. Unha gran promesa de fútbol, pero como chegar a xogar na selección do seu país sendo pobre? Top Secret. Angels Navarro. Edelvives Para xogar a investigar, un montón de pasatempos e actividades para desenvolver a memoria, a observación, a capacidade de descifrar mensaxes secretas e de construílas... El ladrón de mentiras. Roberto Santiago. SM. Fernando, un rapaz de doce anos, que comeza a mentir e xa non sabe como parar.

La puerta encantada. G. Stilton. Destino. Tenebroso e cheo de perigos é o camiño que Audaz deberá percorrer para chegar ao antigo Reino dos Gnomos. A verdadeira historia da mosca da tele. María Solar. Galaxia. Hai moscas que non se conforman con ser moscas e que, ademais, queren ser estrelas da televisión La esfera de cristal de murano. Leticia de Leonardo. San Pablo. Bianca e Nero son dous xemelgos que viven co seu avó nun pobo. Unha noite escoitan unha conversa entre o seu avó e un home que lle ameaza con quedarse coa súa casa a non ser que o ancián lle entregue a Regina. Entón deciden axudar ao seu avó. Non hai escapatoria. Tim Bowley. Kalandraka. Dez historias sobre amores, humores e avaricias, protagonizadas por criaturas máxicas, personaxes solitarios e membros da realeza; aventuras emocionantes e terroríficas lendas da morte.

Amor de serea. Jaureguizar. Xerais. Os galeóns de Rande desapareceron. Non hai rastro deles en toda a ría de Vigo. O Amor de Serea toleou os malvados, que están dispostos a calquera ruindade para facerse con el. Soamente o reporteiro máis valente e espelido de Galicia, Tintimán, poderá combatelos malia ter apenas 16 anos

Feliz verán!!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.