OROSO
Páx. 11
Pazos presenta un libro sobre a antiga liña de ferrocarril Santiago-A Coruña
C RÓ N I CAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 85 - Xaneiro 2021
COMARCA Cerceda e Oroso piden cribados para minorar o incremento de positivos
TRAZO
Ordes adiántase ás restricións impostas pola Xunta para Galicia O crecemento do número de positivos na comarca motivou que os Concellos de Cerceda e Oroso lle pediran ao Sergas un cribado da po-
boación, mentres que Ordes adiantouse á Xunta de Galicia na aplicación de medidas restritivas como o peche dos parques infantís, o adianto da
hora de peche do comercio ou a clausura das actividades deportivas e culturais. Todas elas aplicaranse tamén a toda a comarca, xunto
Trazo e Val do Dubra crean unha brigada medioambiental
ao peche total da hostalería e os ximnasios, coas reunións sociais limitadas a convivintes e a mobilidade reducida Páx. 2 ao concello.
Páx. 4
CERCEDA
Naturgy estuda facer unha central de hidróxeno verde en Meirama Páx. 5
TORDOIA
Nace a iniciativa Tordoia Verde
O Camiño Inglés únese ante o desafío do Ano Santo
Páx. 10
Páx. 7
COMARCA
A rapazada desfrutou das festas do Nadal Páxs. 11 e 13
CRÓNICAS - Xaneiro 2021
2
Actualidade ORDES Toda a comarca pasa ao nivel máximo de restricións ata o 17 de febreiro
Ordes pecha os parques infantís e suspende as actividades de ocio FRADES
O Concello entregou dúas máscaras infantís reutilizables O Concello de Frades entrou 2 máscaras infantís reutilizables tanto ao alumnado do CPI de Ponte Carreira como aos nenos e nenas de Abellá que estudan no colexio de Xanceda (Mesía). O alumnado de estudos superiores puido recoller as súas máscaras na casa do concello.
OROSO / CERCEDA
Os Concellos de Cerceda e Oroso solicitan un cribado a Sanidade Diante do incremento do número de casos positivos nas últimas semanas, os alcaldes de Oroso, Manuel Mirás, e Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, solicitaron á Consellería de Sanidade un cribado masivo dos seus respectivos municipios. “Este tipo de cribados serven para detectar positivos ocultos e cortar a cadea de contaxios”, apunta Mirás Franqueira.
TORDOIA
O Concello reparte dúas máscaras ao alumnado do CPI Pecalama O Concello de Tordoia entregou dúas máscaras homologadas e reutilizables ao alumnado do CPI Pecalama. Posteriormente, acudiu ao domicilio do alumnado que estuda noutros colexios para entregarlles cadansúas máscaras.
O Concello de Ordes foi un dos últimos en entrar no estado máis elevado de restriccións na nosa comarca. Unha situación que motivou a toma inmediata de drástricas medidas de control por parte do alcalde, José Luís Martínez Sanjurjo, que se adiantou uns días ás medidas que vén de anunciar a Xunta de Galicia e que estarán vixentes en toda Galicia ata mediados de febreiro. A primeira medida foi a suspensión de todas as actividades deportivas e culturais que se desenvolven en instalacións municipais, tanto as programadas polo Concello como as organizadas por parte dos clubs ou asociacións. A única excepción serán os deportes federados. Nesa mesma liña de actuación, o Concello acordou pechar ou precintar todos os parques infantís e zonas de xogo en espazos abertos mentres dure o estado de alarma. Iso si, de momento mantén aberta a piscina municipal Ivaán Raña Fuentes, cun horario adaptado ao toque de queda e un estrito protocolo de utilización das instalacións.
poden asistir veciños e veciñas de Ordes. Ademais, a atención ao público no Concello de Ordes realizarase mediante medios telefónicos e telemáticos. Nos casos excepcionais en que a persoa precise acudir presencialmente a algún departamento municipal, deberá solicitar cita previa no 981 680 002.
Comezou a vacinación na residencia
Así mesmo, mentres Ordes estea no estado máximo de restriccións, non será preciso o pago da zona azul. O control horario realizarase mendiante o emprego do disco, cun tempo máximo de estacionamento de 90 minutos. Finalmente, o Concello de Ordes informa do mantemento do mercado local dos mércores e da Feira da Adina, se ben a Policía Local extremará a vixilancia, recordando que só
MEDIDAS EN GALICIA A directiva de AECOR propuxo adiantar o peche dos locais comerciais ás 18:30 horas “para así poder contribuír o máximo posible a dobregar canto antes a curva ascendente de infectados”. Unha medida que desde o mércores 27 de xaneiro será obrigatoria para toda a comarca e ás 18:00 horas (salvo supermercados, farmacias e tendas de alimentación). Ao peche desta edición, a Xunta anunciara o peche total da hostalería (salvo servizo a domicilio), a prohibición de reunións de non convivintes e o peche de ximnasios, bibliotecas, museos e centros culturais. Medidas que estarán vixentes ata o 17 de febreiro.
CERCEDA Un 7,38% máis que durante a primeira onda do coronavirus
Sogama tratou 70.000 kg de residuos sanitarios da segunda onda da covid Sogama tratou no seu Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña) 69.800 quilos de residuos sanitarios de baixo risco (buzos, luvas, máscaras desbotables e asimilables) procedentes de centros adscritos ao Sergas, un 7,38% máis que na primeira onda. Para iso habilitou no seu complexo industrial cercedense unha planta específica e provisional, onde estes refugallos son triturados e acondicionados para convertelos nun combustible CDR, que é valorizado enerxeticamente na planta termoeléctrica a máis de 850ºC, temperatura que permite eliminar, coas máximas garantías medioambientais, patóxenos e outros axentes nocivos. Sumando os dous períodos de máxima incidencia do coronavirus, Sogama eliminou, mediante a súa transformación en enerxía, 134.800 quilos de residuos sanitarios de baixo
En total, Sogama leva eliminado 134.800 quilos de residuos sanitarios
risco, evitando o seu depósito en vertedoiro; unha opción, a menos recomendable, da que tiveron que facer
uso aquelas comunidades que non dispoñen de plantas de valorización enerxética de alta eficiencia.
CRÓNICAS - Xaneiro 2021
3
Actualidade OROSO
Máis de 118.000 € para arranxar a rede viaria da Gándara e Deixebre CERCEDA
O Concello arranxa a ponte que conecta a aldea de Vilar coa AC-523 O Concello de Cerceda vén de reforzar a seguridade da ponte que conecta a aldea de Vilar coa AC-523, en Morzos. Os traballos consistiron na instalación dunha novas tubaxes para o paso da auga e na colocación de sendas varandas de seguridade a ambos lados da ponte, que volverá a estar operativa en breve.
ORDES Trenor e Martínez Sanjurjo, en Merelle
A Xunta investiu máis de 120.000 euros en melloras no polígono de Merelle O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez, visitou o polígono empresarial de Merelle en Ordesno que a Xunta investiu máis de 120.000euros para levar a cabo
a renovación das infraestruturas viarias deste parque empresarial. Gonzalo Trenor lembrou que no 2020 se investiron máis de 852.000 euros en nove parques empresariais, entre eles Ordes e Oroso
O Concello de Oroso vén de iniciar as obras para renovar a rede viaria dos lugares de Oroso de Abaixo (A Gándara) e A Igrexa (Deixebre). Uns traballos orzamentados en 118.420 euros e que terán unha duración aproximada de tres meses. “As obras forman parte do plan integral de renovación e mantemento dos servizos e infraestruturas municipais, posto en marcha polo Concello de Oroso no casco urbano e nas parroquias, e damos desta forma resposta ás demandas veciñais”, explica Luis Rey, concelleiro de Obras.
CRÓNICAS - Xaneiro 2021
4
Actualidade OROSO
TRAZO Mellorará o servizo que recibe a veciñanza de ambos municipios
O Concello anuncia máis paradas para o transporte metropolitano
Trazo e Val do Dubra crean unha brigada medioambiental
O Pleno Extraordinario sobre o transporte metropolitano solicitado polo PP orosán lonxe de achegar postura rematou aumentando o nivel dos reproches entre Goberno e oposición. O Concello informou de que “tras os cambios realizados pola Xunta de Galicia nas liñas deste ano, negociou co Concello de Santiago varios cambios no percorrido inicial para incluír máis paradas no centro da cidade” e que están pendentes de aprobación definitiva. Ademais, o alcalde, Manuel Mirás, explicou que “o que queremos é impulsar co Concello de Santiago e outros municipios limítrofes un consorcio comarcal de transportes para ter un servizo realmente bo, xa que o transporte metropolitano non cubre as nosas expectativas”. Pola súa banda, o voceiro do PP, Alexander Doval, insistiu en culpabilizar ao Concello de Santiago da problemática existente co transporte metropolitano e asegurou que “non comprendemos o voto en contra do PSOE e BNG á nosa proposta, cando suporía unha mellora no servizo para todos os veciños de Oroso”. Dende o PSOE de Oroso, explicaron que “nin o PSOE nin o BNG votamos en contra de que haxa máis paradas, votamos en contra da proposta absurda do PP porque esas paradas xa foran conseguidas polo noso alcalde: unha na cotorna do Campus Sur e outra a carón do CHUS”. Así mesmo, lembrou que “foi a Dirección Xeral de Mobilidade quen montou todo este lío pola redución de paradas no rural e os cambios feitos”.
Os Concellos de Trazo e Val do Dubra veñen de crear unha brigada medioambiental para ofrecer un mellor servizo aos veciños e veciñas de ambos municipios. De feito, ambos Concellos veñen de investir máis de 120.000 euros na adquisición dun camión basculante con grúa, un camión dotado de gancho multilift con 6 caixas intercambiables e un remolque dotado dun equipo de limpeza a presión e dun equipo de desatranques. Un material que foi inspeccionado polo delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, durante unha recente visita a Val do Dubra, toda vez que esta maquinaria foi adquirida grazas a unha achega de 84.000 euros da Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental. Tanto a alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, como o primeiro edil de
Os Concellos de Trazo e Val do Dubra investiron máis de 120.000 € en maquinaria
Val do Dubra, José Manuel Varela, destacaron a importancia de contar con estes novos equipos, que ademais contan con distintivos ECO, polo
que estes investimentos van na liña dos Plans de Acción contra o Cambio Climático (PACES), recentemente aprobados por ambos municipios.
TORDOIA
A Xunta inicia traballos de limpeza no rego da Xunqueira e no río Pontepedra
Retíraranse árbores caídas na canle e atoamentos na parroquia de Cabaleiros
Augas de Galicia está a desenvolver estes días traballos de conservación e limpeza treitos interurbanos do río Pontepedra e do rego da Xunqueira. Os labores forman parte das intervencións que leva a cabo Augas de Galicia nas áreas con risco potencial significativo de inundación.
MESÍA
A Deputación achega 58.000 € á Aula da Natureza de Mesía
Formoso destaca “o gran labor divulgativo” da Aula da Natureza de Mesía
A Deputación da Coruña apoia con 58.277,40 euros ao Concello de Mesía para o financiamento da programación anual que se leva a cabo na Aula da Natureza do Museo Etnográfico das Brañas de Valga durante o ano 2021. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o al-
calde de Mesía, Mariano Iglesias, asinaron o convenio de colaboración. que permitirá programar cursos, conferencia, exposicións, xornadas e visitas durante todo o ano. González Formoso destacou o “gran labor divulgativo que leva a cabo esta Aula da Natureza, tamén no ámbito educativo”.
CRÓNICAS - Xaneiro 2021
5
Actualidade CERCEDA Veciños das Encrobas reclaman que se informe dos proxectos que se barallan
Naturgy estuda construír unha central de hidróxeno verde en Meirama Case sete meses despois do peche definitivo da central térmica de Meirama, aínda se descoñece cal vai ser o futuro plan industrial para Cerceda. De feito, Naturgy continúa lanzando propostas de futuro das que so está confirmada a construción de dous parques eólicos, que suman unha potencia de 70 megavatios. A maiores, a multinacional anunciou tamén a posible construción dunha planta de biogás e. coincidindo coa entrada do novo ano, dunha planta que hidróxeno verde, producido empregando enerxías renovables. Unha planta que tería uns 50 megavatios de potencia e que depende da asignación de fondos europeos. Iso si, a nova central semella contar co apoio da Xunta, que informou da presentación dunha planta das mesmas características entre as candidaturas a obter os fondos europeos. Cesar o ocultismo Esta falta de certidume e información oficial preocupa aos veciños e veciñas das Encorbas, que volven erguer a voz dispostos a dar a batalla na defensa das súas vivendas, das súas
OROSO
Pesar polo pasamento de Pedro Suárez, fundador de Protección Civil en Oroso Os veciños non se fían dos anuncios de Naturgy, “o lobo vestido de cordeiro”
terras e de toda a contorna. “Agora que pecha a térmica, pensabamos que iamos poder vivir tranquilos por fin, despois de todos estes anos de contaminación, de ter que tragar con todo o carbón que caía enriba das nosas hortas, con todas as molestias que padecemos…. Sen embargo, parece que a rapiña empresarial do sector enerxético non ten límite e agora, os mesmos que hai máis de corenta anos destrozaron o noso val, (daquela
chamábanse Fenosa, agora chámanse Naturgy) pretenden seguir destrozando o noso día a día e poñendo en perigo o noso futuro en nome de supostos proxectos verdes que moito tememos que de verde non teñen nada”, denuncian. Por iso, reclaman que Naturgy, o Concello de Cerceda e a Xunta informan xa publicamente de cales son os proxectos que hai enriba da mesa para esa zona.
Fondo pesar no municipio de Oroso ao coñecerse a nova da morte de Pedro Suárez Lorenzo, ex traballador municipal, integrante da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oroso, do que foi un dos seus fundadores, e militante do PSOE orosán. Sempre disposto a botar unha man, Pedro era unha persoa moi apreciada no municipio. O alcalde, Manuel Mirás, en nome do conxunto da corporación manifestou o seu profundo pésame e enviu unha agarimosa aperta á súa familia, achegados e amigos.
CRÓNICAS - Xaneiro 2021
6
Actualidade MESÍA
ORDES
O BNG pide conexión coa AP-9 en Visantoña
O Concello aposta polo emprego de medios electrónicos na relación cos administrados
O BNG levará ao Parlamento, como emenda aos orzamentos da Xunta para 2021, a proposta de acometer unha conexión coa AP-9 en Visantoña. Os nacionalistas lembran que no último pleno municipal, o BNG presentou unha moción neste sentido, que foi aprobada por unanimidade. “O seu logro suporía un avance nas conexións do noso rural con cidades, do que se verían beneficiadas moitas veciñas e veciños tanto de Mesía como de Carral, Abegondo e Ordes”, apuntan dende o BNG local, quen lembran que este enlace xa fora demandado anos atrás pero non se chegou a executar.
FRADES
O Concello adhírese ao convenio para tramitar as sancións da Covid-19 O Pleno de xaneiro de Frades ratificou a adhesión do Concello ao convenio entre a Xunta e a Fegamp para a tramitación dos procedementos sancionadores relacionados co incumprimento das medidas de prevención para a loita contra a Covid-19. O concelleiro de Economía, Manuel Ferreiro, explicou que “cada vez que as forzas de seguridade tramitan unha demanda deste tipo, a envían ao Concello correspondente para que inicie o procedemento sancionador. E os Concellos pequenos non temos capacidade nin recursos para tramitar estes procedementos”. Na sesión tamén se aprobou a Conta Xeral de 2019.
O Concello de Ordes informa de que, desde o 1 de xaneiro, non admitirá a presentación presencial de documentos na oficina de rexistro por parte de persoas xurídicas, entidades sen personalidade xurídica, profesionais colexiados/as e persoas que representanten a algunha das anteriores. As comunicacións deberán realizarse vía telemática.
CERCEDA Recibiu unha achega de 25.000 €
COMARCA
Gonzalo Trenor visita a empresa Porto-Muíños, dedicada á comercialización de algas
Frades e Mesía reciben 14.000 euros para elaborar plans de emerxencia fronte á seca
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a empresa Porto-Muíños en Cerceda, unha das firmas beneficiarias do programa Galicia Exporta Dixital, a nova liña de axudas da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación reforzada e adaptada ás necesidades que ten o tecido empresarial como consecuencia do novo contexto económico provocado pola pandemia da covid-19. Trenor puxo en valor o traballo de todo o equipo desta empresa dedicada á comercialización de algas que recibiu unha achega de máis de 25.000 euros para levar a cabo a elaboración dun catálogo
TORDOIA
ORDES
O BNG reclama o abastecemento de auga para o lugar de Liste
Novos equipamentos para mellorar a conservación do arquivo municipal
O BNG de Tordoia reclama a realización das obras necesarias para que a veciñanza de Liste (Numide) poida contar canto antes co servizo de abastecemento de auga. Así, veñen de presentar unha iniciativa para que se inclúa esta obra no Plan Único de Concellos POS+ 2021. “Agardamos que o PP acepte a petición e deste xeito Liste poida contar canto antes co servizo de abstecemento de auga nos seus domicilios”, apuntan.
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o alcalde de Ordes, José Luís Martínez, visitaron o arquivo municipal, que vén de mellorar o grao de conservación dos seus documentos grazas á incorporación de novos equipamentos de almacenaxe. Anxo M. Lorenzo puxo de manifesto a importancia desta compra que permitirá “reordenar o fondo documental do arquivo municipal de Ordes, axudando a realizar unha xestión máis eficiente deste recurso”.
dixital e a creación dunha tenda on-line Comercialización O delegado da Xunta destacou que “o obxectivo deste programa da Vicepresidencia económica é apoiar a expansión internacional das empresas galegas, especialmente de empresas con menos de 10 traballadores e os establecementos comerciais, a través de novas canles de comercialización partindo de ferramentas dixitais innovadoras . As axudas aprobadas na provincia van supor unha mobilización de 2,7M€ e o gasto medio por proxecto aprobado supera os 50.500 euros”.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de conceder sendas axudas aos concellos de Frades e de Mesía para a elaboración dos seus respectivos plans de emerxencia fronte á seca. Unhas axudas que ascenden a 14.229,6 euros, en ambos os dous casos. Estes plans de emerxencia fronte a seca son un instrumento clave para poder anticiparse e preparar solucións que garantan o abastecemento de auga á poboación. Trátase da segunda convocatoria de colaboración cos concellos nas súas competencias municipais, publicada en xuño do ano pasado, que se suma a unha primeira realizada no ano 2019, que xa beneficiou a outros 20 municipios.
Os novos armarios facilitan a orde e melloran a accesibilidade á documentación
CRÓNICAS - Xaneiro 2021
7
Actualidade TORDOIA Buscan visibilizar a conservación dos recursos naturais e patrimonio local
OROSO
“Tordoia Verde” aposta por achegar o medioambiente local á veciñanza
Nova varanda de protección na contorna da Praza da Foca
O Concello de Tordoia vén de lanzar “Tordoia Verde”, unha iniciativa municipal que nace para visibilizar a conservación dos recursos naturais e o patrimonio do municipio tordoiés, promovendo un aumento da conciencia social acerda da sostenibilidade no ámbito local. Dende o Concello que preside Antonio Pereiro, explican que esta iniciativa “ten como obxectivo achegar o noso medioambiente á poboación a través dunha axeitada información e de diferentes accións formativas de educación, sensibilización e divulgación ambiental para facer entre todos e todas un concello sostible e respectuoso coa nosa contorna natural”. Así, a primeira acción levada a cabo por “Tordoia Verde” foi a organización dun obradoiro de compostaxe, que tivo lugar o pasado 28 de decembro en quendas de mañá e de tarde. Durante o encontro, no que se fixo entrega de composteiros e remexe-
O Concello de Oroso vén de instalar unha nova varanda de seguridade na contorna da rotonda da Praza da Foca, que impide que os vehículos poidan invadir a beirarrúa. Unha actuación que forma parte do plan integral de mellora e mantemento dos servizos e infraestruturas que o Concello de Oroso está a levar a cabo tanto no casco urbano de Sigüeiro como nas parroquias. Dende o Concello sinalan que a actuación se suma ás melloras obtidas coa remodelación da rotonda da Foca, “que fixo que o tráfico sexa máis fluído na N-550”.
O Concello de Tordoia informa das actividades de “Tordoia Verde” a través da web
dores ás persoas asistentes, fíxose fincapé nas vantaxas da compostaxe doméstica, sobre todo do valor do compost que se crea a partir dos residuos orgánicos e que despois pode empregarse como fertilizante.
Deste xeito, coa compostaxe doméstica se reduce a cantidade de lixo que chegan aos vertedoiros, mellórase a calidade do chan, redúces o consumo de auga dos cultivos e se pecha o ciclo da materia orgánica.
GRUPO RAFRA DISPOÑEMOS DUN AMPLO GRUPO DE PROFESIONAIS E COLABORADORES PARA PRESTARLLE UN COMPLETO SERVIZO FISCAL, LABORAL, XURÍDICO, MERCANTIL E IMPOSITIVO
CRÓNICAS - Xaneiro 2021
8
Actualidade ORDES
CERCEDA As obras tiveron lugar durante as vacacións escolares do Nadal
O Concello desconectará do servizo municipal os farois que iluminan espazos privados
O Concello arranxa a cuberta do patio traseiro do CPI O Cruce
O Concello de Ordes anuncia que se ve “obrigado a desconectar do servizo público municipal os farois de alumeado público que iluminan exclusivamente espazos privados porque así o esixe a normativa europea para poder recibir subvencións”. O prazo máximo previsto para a desconexión da totalidade das luminarias que iluminan exclusivamente espazos privados será o 31 de maio de 2021.
ORDES
O BNG propón investir o remanente en vivendas de protección oficial, no rural e no comercio O BNG vén de rexistrar unha moción para o seu debate no pleno de xaneiro onde propoñen investir parte dos 5.223.000 euros que o alcalde de Ordes manifestou a finais de ano que Ordes dispoñía en tesourería. “Ou non sabe en que investir ou prefire aforralos antes de solucionar carencias da veciñanza”, denuncia Pablo Vidal. Desde o BNG propoñen investir 1.200.000 € na dotación de redes municipais de saneamento e abastecemento de auga no rural, 400.000 euros no impulso e dinamización do comercio e da hostalería; e outros 3 millóns para conseguir inmobles para destinar a vivendas de protección oficial.
O Concello de Cerceda aproveitou as vacacións de Nadal para acometer o arranxo da cuberta do patio traseiro do CPI O Cruce. Os materiais empregados nesta nova cuberta traslúcida achegarán moita máis claridade a todo o patio. Este arranxo está incluido dentro dunha serie de melloras realizadas polo Concello durante os meses anteriores ao inicio do curso e outras que se irán realizando ao longo deste ano. Dende o Concello de Cerceda reiteran “o noso compromiso coa educación e a vontade de traballar para mellorar as instalacións dos colexios situados no noso municipio. Un compromiso que, en ocasións, está fóra das nosas compe-
Os materiais empregados darán moita máis claridade ao patio interior
tencias pero, como administración máis próxima á cidadanía, levamos
a cabo pensando no beneficio das nosas cativas e cativos”.
MESÍA
O Concello fai o mantemento do Arboretum Ecolóxico
O xardín botánico mesián conta con 28 especies distintas e catalogadas
O Concello de Mesía realizou traballos de mantemento no Arboretum Ecolóxico, un xardín botánico específico formado por especies autóctonas galegas emprazado no Pico de Cumbraos, na finca onde se empraza o depósito de auga da traída municipal. O espazo conta con 28 especies distintas, todas elas catalogadas e cun código QR que permite ampliar información sobre cada unha delas.
ORDES
O PSOE acusa á Xunta de “esquecer ao Concello de Ordes” nas Contas para 2021 Os concelleiros socialistas ordenses Fernando Viqueira e Carmen Ferreiro mantiveron unha reunión coa responsable de Política Municipal do PSdeG, Begoña Rodríguez Rumbo, e a deputada Noa Díaz para poñer de manifesto “que o Concello de Ordes é un dos grandes esquecidos nos orzamentos da Xunta de Galicia para 2021, nos que non aparece ningunha contía para as diversas necesidades existentes neste concello”.
ORDES
Ramón Carro dálle o seu nome a unha rúa ordense Un tramo da rúa Nova, popularmente coñecida como “a rúa das árbores”, leva dende o pasado mes de decembro o nome de Ramón Carro Romero, empresario e fillo predilecto de Ordes. Un acto que tivo lugar no oitavo aniversario do seu pasamento e no que a súa viúva, Aurora Nouché, estivo acompañada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o alcalde de Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo, e diversos representantes políticos e da sociedade civil ordense e da comarca.
Aurora Nouché, con Feijóo e Martínez na rúa que leva o nome do seu finado esposo
CRÓNICAS - Xaneiro 2021
9
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Xaneiro 2021
10
xente dE aquí COMARCA
A Mancomunidade presenta a comarca como“destino rural, familiar e seguro” A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, en colaboración coa Deputación da Coruña, está poñendo en marcha un proxecto de definición conxunta da estratexia turística da comarca para os vindeiros anos. “É de interese común de todos os concellos e do sector empresarial analizar todos os aspectos que leven a unha mellora da economía e da creación de emprego na comarca”, salientan. Para converter a comarca nun destino competitivo pensan que urxe un “plan estratéxico consensuado entre o sector público e o sector privado” que sirva para “mellorar a difusión dos nosos recursos e traballar en rede”. Recordan o “riquísimo patrimonio, historia, medio natural e gastronomía que podemos e debemos pór en valor”. A Mancomunidade quere reforzar o carácter competitivo da comarca como destino logo da pandemia, para aproveitar “a proximidade ao primeiro destino turístico de Galicia que é Santiago, máxime tendo en conta os Anos Santos de 2021 e 202”. A comarca de Ordes é un “destino rural, familiar e seguro”. Por iso, fan un chamamento ás “persoas, empresas ou entidades que realicen ou teñan intención de realizar calquera acción relacionada co sector turístico, que se poñan en contacto coa Mancomunidade”. Entre as accións previstas están á posta en marcha dun novidoso sistema de venda cruzada entre aloxamentos e empresas de ocio, así como a realización de tres cursos de formación.
Gómez Noya animou a coñcer o Camiño Inglés
A presentación tivo lugar en Santiago de Compostela
COMARCA A Asociación de Concellos do Camiño Inglés presenta un vídeo promocional
O triatleta Javier Gómez Noya, embaixador oficial do Camiño Inglés A Asociación de Concellos do Camiño Inglés, entidade confirmada por 16 municipios polos que discorre esta ruta xacobea, presentou “A chamada do Camiño Inglés”, o seu primeiro vídeo promocional co que busca achegar ao público os atributos desta ruta centenaria. O vídeo está protagonizado por Javier Gómez Noya, triatleta ferrolán cinco veces campión do mundo e bimedallista olímpico, que percorre o camiño amosando as súas paisaxes máis senlleiras, patrimonio, gastronomía e outros servizos. A presentación correu a cargo do presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, quen estivo acompañado polo vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. Tamén asistiron alcaldes, concelleiros e responsables dos municipios polos que pasa esta ruta. Diamante en bruto Manuel Mirás destacou que “temos ás portas un ilusionante Ano Santo Xacobeo, o primeiro que afronta esta asociación. E estamos
Autoridades de todo signo político apoiaron a presentación do vídeo promocional
convencidos de que temos nas nosas mans un diamante en bruto que pode converterse nunha importante fonte de ingresos para os veciños e veciñas dos nosos concellos”. Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta coincidiu con Manuel Mirás en que o Camiño é “un diamante en bruto” e puxo en valor o compromiso tamén da Xunta no fomento desta ruta e dos outros 9 itinerarios do Camiño de Santiago. Alfonso Rueda incidiu no potencial desta ruta como así o acreditan os máis de 15.700 peregrinos que a escolleron o ano pasado. O presidente da Deputación ta-
mén destacou a importancia da ruta para o desenvolvemento socioeconómico dos concellos polos que pasa, xa que “axuda a crear emprego e a fixar poboación no rural”, dous retos fundamentais de cara ao futuro, máis aínda pensando na recuperación dunha pandemia que está tendo un efecto demoledor sobre o turismo. Finalmente, Javier Gómez Noya destacou que “como ferrolán, para min é unha honra contribuír e dar visibilidade a esta ruta xacobea” e apuntou que a gravación do vídeo “deume a oportunidade de facer parte do Camiño Inglés”.
OROSO Na modalidade para centros de ensino
O CEIPP Camiño Inglés recibe o Premio Camiño de Santiago 2019
Os premios foron entregados polo vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda
O CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés de Oroso recolleu o Premio Camiño de Santiago 2019, na modalidade para centros de ensinanza non universitaria, polas actividades feitas para promover o Camiño. Dende o colexio din que o premio é “un recoñecemento para todos os que pensamos que o Camiño Inglés debía ser unha das notas de identidade que caracterizara ao noso colexio. As activi-
dades realizadas nos últimos anos foron do máis diverso e contribúen ao noso coñecemento doutras linguas e culturas a partires do traballo sobre a nosa contorna, o noso patrimonio”. Dende o colexio quixeron compartir o galardón con todas as persoas que colaboraron nesta traxectoria: alumnado, profesorado, persoal do centro, familias, ANPA Carboeiro e Concello de Oroso.
CRÓNICAS - Xaneiro 2021
11
xente dE aquí OROSO Editado polo Obradoiro da Histórica e patrocinado polo Concello de Oroso
Pazos presenta un libro sobre a antiga liña de ferrocarril Santiago-A Coruña O salón de plenos do Concello de Oroso acolleu a presentación do libro ‘Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela – A Coruña”, do historiador local Manuel Pazos. O traballo, editado polo Obradoiro de Historia e patrocinado polo Concello de Oroso, repasa a historia da antiga liña de ferrocarril de 75 quilómetros, 12 estacións, dous apeadoiros e 19 túneles. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, amosa a súa satisfacción por apoiar un libro “que recolle a memoria dunha liña de ferrocarril, pero tamén a memoria dunha sociedade e dunha época. Foi unha pena perder a liña de ferrocarril da que fala este libro, xa que a conservación da súa es-
MESÍA
Manuel Mirás e Manuel Pazos presentaron o libro
trutura era compatible coa posta en marcha da Vía Verde”. Pola súa parte, Manuel Pazos destaca “a importancia que tiña o ferrocarril no tecido social e a súa vinculación con circunstancias tan galegas como a emigración, xa que moitos emigrantes marchaban no tren”. Apunta que “tiven a idea de facer o libro hai uns dous anos; quixen combinar os datos sobre a liña de ferrocarril
cun amplo arquivo fotográfico, ademais de textos e poemas de escritores e escritoras da zona, xa que o tren era tamén unha referencia para eles”. O libro pode conseguirse en: Aula 10 e Refoxos (Sigüeiro); Arume, Chocolateiro e Tango (Ordes); Libraría Pontepedra (Tordoia); Lenda (Bertamiráns); librerías Couceiro e Pedreira (Santiago de Compostela); e librerías Couceiro e Sisargas (A Coruña).
A Casa Grande de Xanceda ficha a Sara Torreiro para o seu equipo de marketing A Casa Grande de Xanceda vén de ampliar o seu equipo de marketing coa incorporación da xornalista Sara Torreiro Rodríguez, quen traballou no departamento de deseño e redacción de Crónicas. Dende aquí queremos felicitar a Sara, agradecerlle o seu traballo e profesionalidade ao longo destes anos e desexarlle todo o mellor nesta nova andaina profesional.
CERCEDA
Unha cabalgata “accidentada” As xeadas xogáronlle unha mala pasada aos Reis Magos en case toda a comarca, se ben en Cerceda a cabalgata quedou marcada polo espectacular accidente dunha axente local, que se precipitou por un barranco. Problemas que non atopou Papá Noel, quen visitou á rapazada da escola infantil, o CPI O Cruce, o CEIP Celso Emilio Ferreiro e o centro de día. Dende os Servizos Sociais agradecen á veciñanza a colaboración na doazón de produtos para o Carro Solidario.
12
CRÓNICAS - Xaneiro 2021
xente dE aquí FRADES
Tres visitas dos Reis con cita previa O Concello de Frades puido manter gran parte do tradicional programa de Nadal, coas visitas de Papá Noel ás Casas Niño e á rapazada de Preescolar na Casa, os campamentos de conciliación ou a recollida de alimentos en colaboración con Cáritas. Entre as novidades deste ano, un mercadillo de Nadal e unhas visitas aos Reis Magos a Abellás, Frades e Ponte Carreira para as que foi preciso inscrición previa para evitar aglomeracións.
MESÍA
As Súas Maxestades chegaron a todo tren Canda uns divertidos campamentos de Nadal, o Concello de Mesía programou unha visita do Paxe Real ás escolas unitarias de Olas e Visantoña, ao novo PAI, ao CPI de Xanceda e ao Preescolar na Casa adiantándose así á visita en tren que os Reis Magos fixeron por toda a vila. Un percorrido que comezou cunha nevarada en Lanzá e rematou no Hospital de Bruma tras pasar polas dez paradas nas que se anotaran rapaces e rapazas.
ORDES
Tren para os Reis, moto para Papá Noel Debido ás restricións da Covid-19, a cabalgata de Reis deste ano en Ordes foi do máis austera. As Súas Maxestades visitaron as distintas parroquias do municipio a bordo dun tren de época. Máis moderno resultounos este ano o Papá Noel, que fixo o mesmo percorrido pero en motocicleta acompañado dalgúns seguidores. O mal tempo impediu a realización de varias das sesións programadas de autocinema ao aire libre.
CRÓNICAS - Xaneiro 2021
13
xente dE aquí OROSO
Reis e Papá Noel na distancia... de seguridade Oroso desenvolveu con normalidade o seu programa de Nadal onde Zoclos volveu gañar o concurso de escaparates, cun Petiscos Doces que foi segundo e o máis votado polo público en Facebook. A campaña de recollida de alimentos de Sigüeiro Solidario foi todo un éxito; mentres que tanto Papá Noel como os Reis Magos tiveron que adaptarse á realidade actual, mantendo en todo momento a distancia.
TORDOIA
As Súas Maxestades traballaron arreo ata ben entrada a noite Como en gran parte da comarca, as xeadas matutinas tamén afectaron ao longo percorrido que agardaba en Tordoia a Melchor, Gaspar e Baltasar. Aínda así, a comitiva real cumpriu con toda a rapazada e visitou as distintas parroquias dende a mañá ata a derradeira hora da tarde. Para manter a distancia, desta vez os Reis mantivéronse na carroza e non baixaron a parolar coa rapazada presente.
TRAZO
Os Reis Magos percorreron todas as parroquias Cun pequeno atraso polas xeadas matutinas, a cabalgata de Reis de Trazo foi percorrendo as distintas parroquias do municipio, mantendo así a distancia social, evitando aglomeracións e repartindo lambonadas entre os máis pequenos. Doces como os que fixeron os asistentes ao obradoiro de galletas de Nadal, unha das actividades programadas polo Concello de Trazo para estas datas.
14
CRÓNICAS - Xaneiro 2021
DEPORTES ATLETISMO
Grandes resultados para Atlética A Silva nos campionatos galegos Brillante fin de temporada para o Club Altética A Silva-Ordes. Así, nos Campionatos Galegos de Combinadas e Medio Fondo celebrados en Pontevedra, o equipo feminino de probas combinadas proclamouse subcampioas de Galicia. Un equipo composto por María Aguiar Mosquera, Nadia González Vázquez, Diana Mosquera Suárez e María Pena Ferreiro. Pola súa banda, Juan Loureiro Mosquera proclamouse subcampión galego de 500 metros, mentres que José Domínguez e Daniel Loureiro conseguían sendos bronces nas súas categorías. Uns días antes, no Campionato de Galicia de Pista Cuberta celebrado en Ourense, o equipo volveu con 3 medallas de Plata (Alma Bello Iglesias en 60 metrose Juan Loureiro Mosquera e Noa Rey Bravo en lonxitude). Completou o póker de medallas Alejandro González, bronce en lonxitude.
Juan Loureiro Mosquera, subcampión galego de 500 metros
Alma Bello Iglesias conseguiu a plata no Campionato de Galicia de Pista Cuberta
Alejandro González Viqueira logrou en Ourense o bronce en lonxitude
José Domínguez e Daniel Loureiro, bronce nas súas categorías respectivas
O cuarteto feminino de probas combinadas proclamouse subcampión de Galicia
Noa Rey Bravo conseguiu a prata en salto de lonxitude
BÉISBOL
O Club Leones de Oroso acapara os premios Galicia Sport de béisbol Tras proclamárense campións do grupo noroeste da Liga Nacional, o Club Leones de Oroso continúa acumulando premios nas súas vitrinas. Nesta ocasión son os concedidos pola revista Galicia Sport, que premiou ata en tres ocasións aos orosáns como mellor xogador, Miguel Copero; mellor xogadora, Esther García; e mellor adestrador, Franklin Salas.
DEPORTE
Mesía presenta o primeiro circuito saudable nas Brañas de Valga O Concello de Mesía vén de presentar o seu primeiro circuito saudable, emprazado nas Brañas de Valga (Visantoña) como parte do seu programa “Móvete Mesía”. O circuito conta con paneis explicativos que guiarán aos deportistas e lles indicarán os puntos onde facer exercicios físicos de forza, flexibilidade e resistencia. O circuito parte do Museo e rodea os 800 metros da lagoa. A intención do Concello de Mesía é instalar outros circuitos saudables na Ponte Carballa (Olas) e en Xanceda, que entrarán en funcionamento ao longo deste ano. O obxectivo é adaptarse a situación actual e promover o exercicio en zonas ao aire libre e que se poida practicar de xeito individual.
TENIS DE MESA POLIDEPORTIVO
Oroso entrega bolsas individuais aos deportistas do municipio O Concello de Oroso vén de entregar as primeiras 10 bolsas de axuda a deportistas individuais que recoñecen o esforzo, dedicación e gran traballo de Sara Gacio, Sara Soneira, Pablo Figueira; Valeria Batire Guridi, Martín Fernández, Uxío Pampín, Esteban Rodríguez, Sara
Juncal, Sara Domínguez e Amancio Espiñeira. No acto participaron o alcalde, Manuel Mirás Franqueira, e o concelleiro de Deportes, Antonio Leira, quen entregaron un diploma a cada un e agradeceron ás familias o esforzo que lles adican a estes deportistas.
Sigüeiro acolleu a concentración MiniSpin da Federación Española O polideportivo municipal de Sigüeiro acolleu a concentración de MiniSpin organizada pola Real Federación Española de Tenis de Mesa e a Federación Galega de Tenis de Mesa. Cinco días de sesións dirixidas por Eduard Mayorov en colaboración con Valeri Malov e Nuria Castro, do Oroso TM, e que incluíron adestramentos, charlas técnicas, traballo físico e catro mesas de multibolas cada día.
CRÓNICAS - Xaneiro 2021
15
DEPORTES XIMNASIA Conseguiron dous ouros, dúas pratas e un bronce nun espectacular fin de temporada
Chuvia de medallas para o Ximnasia Oroso Espectacular fin de ano 2020 para o Club Ximnasia Oroso, cheo de éxitos nas distintas competicións nas que participaron despois dun ano moi complicado polas restricións da Covid-19. Abriron o camiño dos éxitos o equipo cadete formado por Andrea, Lorena, Carla e Marta no Campionato Galego Escolar, onde se proclamaron campioas do sectorial norte e subcampioas galegas. “E iso que so tivemos dúas semanas para preparar as montaxes”, salientan desde o club orosán. Ao día seguinte continuaron os éxitos no Campionato Galego Individual de promoción, onde Sabela Baluja Vázquez conseguíu o subcampionato galego. María Colinas Bello e Zaira Raña García obtiveron uns meritorios 5º e 9º postos. E, para rematar a xornada, o conxunto senior de promoción proclamábase campión de Galicia. Zaira, Noa, Xiana, Tania e Clara “estiveron fantásticas”, resaltan desde o club, “quen nos ía a dicir isto hai unhas semanas cando empezamos a adestrar”. E o 2021 semella comezar polos mesmos derroteiros, pois María Colinas conseguía a terceira posición no Torneo Online de Nadal Ximnasia Rítmica “Cidade de Ferrol”.
Zaira, Noa, Xiana, Tania e Clara, campioas galegas
Sabela Baluja, subcampioa galega
Andrea, Lorena, Carla e Marta, campioas do sectorial norte e subcampioas galegas
Mª Colinas, bronce no Cidade de Ferrol
CRÓNICAS
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes. Edita: Underwood Media, S.L. C/Romero Donallo 26 15706 Santiago. Imprime: Tameiga. Peche de edición: 21-1-2021. Depósito legal: C 900 - 2013. Director: Javier Carnota. Teléfono: 620 967 549. Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com. Exclusivista publicitaria: Eco publicidad & márketing (www.agenciaeco.es). Álvaro Filgueira. 649 419 415. afilgueira@agenciaeco.es
GRANDES OFERTAS EN VEHÍCULOS OFERTAS ESPECIAL DEL MES HASTA FIN DE EXISTENCIAS
SEAT IBIZA STYLE 1.0 80CV
SEAT ARONA FR .16 TDI 115CV
Talleres Soneira. C/ Las Casillas, 6. Ordes / Telf: 981 680 755 talleressoneira.seat / taller@talleressoneira.com