COMARCA
Páx. 18
Convenio para facer un estudo sobre as potencialidades do Camiño Inglés
C RÓ N I CAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 81 - Outubro 2020
CERCEDA O Concello inviste case 137.000 en dúas actuacións financiadas pola Deputación
Comezan as obras de construción da senda peonil de Alborda na AC-400 O Concello de Cerceda está a investir máis de 137.000 euros en melloras na estrada AC-400 ao seu paso polo municipio, executadas
ambas pola empresa Obras y Viales de Galicia SL (OVIGA) e financiadas con cargo ao Plan Único de Concellos “POS+ 2019” da Deputación Provin-
cial da Coruña. A primeira delas, o aglomerado dos primeiros 850 metros da travesía de Cerceda, xa está rematada. A segunda, a constru-
ordes
O Pleno dá o visto bo as alegacións veciñais ao PXOM
ción dunha senda peonil en Alborda, vén de iniciarse coa instalación da tubaxe para a recollida de pluviais. Páx. 12
Páx. 2
MESÍA
Cheo total na estrea do Punto de Atención á Infancia Páx. 6
COMARCA
Inquietude polo transporte na comarca Páx. 12
Comarca de Ordes, para vivir ben... e moito
ORDES
Páx. 15
A Xunta destina 142.000 € á atención temperá da Mancomunidade Páx. 16
CRÓNICAS - Outubro 2020
2
Actualidade TRAZO
ORDES O alcalde agarda poder aprobar provisionalmente o Plan coa maior brevidade
Pesar no municipio pola morte do ex concelleiro Eugenio Lamas Pazos
O Pleno dá o visto bo a máis da metade das alegacións veciñais ao PXOM
Gran pesar en Trazo pola morte de Eugenio Lamas Pazos, concelleiro do Partido Popular no municipio durante máis de quince anos. Eugenio Lamas deixara o seu cargo á fronte da Concellaría de Agricultura e Gandería o pasado mes de agosto por motivos de saúde. Os catro grupos políticos municipais coincidiron á hora de agradecerlle o seu traballo polo municipio e transmitirlle as súas condolencias á familia e amizades do finado.
CERCEDA
A Aula CeMIT ofrece un novo servizo de atención personalizada A Aula CeMIT do Concello de Cerceda vén de ofrecer un novo servizo de atención personalizada aos veciños e veciñas para resolverlles as dúbidas sobre o manexo dun novo móbil ou ordenador. Un servizo para o que é preciso solicitar cita previa no teléfono 981 686 209 ou por WhatsApp ao 644 529 990. O servizo inclúe dende como enviar fotos e vídos por WhatsApp ata como manexar un procesador de textos ou como acceder á plataforma educativa Abalar.
ORDES
Chus Regueiro toma posesión como nova concelleira do BNG O Pleno de setembro serviu para a toma de posesión de Chus Regueiro como nova concelleira do grupo municipal do BNG de Ordes. Regueiro incorpórase á formación nacionalista tras a renuncia presentada o pasado mes de xullo por Paula Castenda.
O Pleno municipal de Ordes aprobou por unanimidade os informes das alegacións formuladas durante a exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Do total das 644 alegacións presentadas á aprobación inicial do PXOM, 390 contan con informe favorable e outras 40 parcialmente favorable. Porén, foron rexeitadas 214 alegacións, así como outras 56 presentadas fóra de prazo. O alcalde de Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo, explicou que o Concello xa recibiu o informe favorable á aprobación inicial do PXOM, condicionado a uns pequenos cambios a petición da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. O alcalde ordense agarda poder resolver en breve os detalles pendentes nos informes de Estradas e Medio Ambiente para poder en breve proceder a aprobar provisionalmente o PXOM. Así mesmo, agradeceu a colaboración e as achegas realizadas tanto polos concelleiros actuais como polos da anterior corporación nas reunións mantidas co equipo redactor do PXOM. Os tres grupos da oposición
A sesión plenaria tivo lugar no salón de acto da casa da cultura
coincidiron en demandar unha maior celeridade na tramitación do Plan. Conta xeral Onde non houbo acordo foi na aprobación da Conta Xeral de 2019, que foi aprobada cos votos de PP e PSdeG, a abstención de UXO e o voto en contra do BNG, que criticou as excesivas modificacións de crédito realizadas e os 86 reparos formulados pola Intervención Municipal sobre
facturas. Pola súa banda, o grupo de Goberno defendeu que os orzamentos aprobados inicialmente ascendían a 9,36 millóns e que ao longo do exercicio se conseguiron distintas incorporacións que permitiron pechar as contas con 14,7 millóns de euros, dos que o 90% foi executado, segundo o informe do Interventor municipal. Así mesmos, destacou o alto grao de liquidez e solvencia do Concello, cifrado en máis de 5 millóns de euros.
FRADES En colaboración coa asociación de veciños Avelaíña
O Concello instala xogos infantís e un circuíto biosaudable en Añá O Concello de Frades, en colaboración coa asociación de veciños Avelaíña, vén de instalar xogos infantís e un circuíto biosaudable para a terceira idade no local social de Añá. Uns espazos de lecer que foron habilitados polo alumnado do obradoiro de emprego “Brañas do Illó-Río Samo III”, promovido polos concellos de Frades, Mesía e Ordes para formar a 20 persoas nas modalidades de repoboacións forestais, tratamentos silvícolas e actividades auxiliares de conservación e mellora do monte. O alumnado acondicionou o espazo para a colocación dun areeiro con tres xogos infantís: un muelle, un tobogán e un columpio, cun asento especialmente deseñado para a súa utilización por nenos e nenas de curta idade. Así mesmo, instalaron catro aparatos biosaudables para que os maiores da parroquia poidan facer exercicio ao aire libre e aumentar
O alumnado do obradoiro de emprego encargouse de instalar os xogos
o seu benestar e calidade de vida. A maiores, melloraron o peche perimetral da finca do local social de Añá e rozaron a parcela. Ademais, o alumnado do obradoiro de emprego colaborou na mellora e posta en valor das áreas re-
creativas do municipio, así como das contornas dos distintos locais sociais e lugares como a piscina municipal, a praza de Moar, os campos de fútbol de Vitre e Ponte Carreira, o punto limpo Frades-Mesía e a contorna de San Nicolau, entre outras.
CRÓNICAS - Outubro 2020
3
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Outubro 2020
4
Actualidade MESÍA
OROSO A través de rebaixas fiscais e o Plan PEL-Reactiva da Deputación
Aberto ata o 30 de outubro o prazo para pedir as axudas para transporte escolar
Oroso destinará 318.000 € a axudar a familias, autónomos e empresas
O Concello de Mesía vén de convocar as axudas para transporte escolar dirixidas a estudantes que residan no municipio e cursen estudos de bacharelato ou formación profesional fóra do municipio durante o curso 2020-2021. Unhas axudas que poderán solicitarse no Concello ata o vindeiro 30 de outubro. Máis información no 981 687 001.
TORDOIA
Espazo Común pide o arranxo da estrada de Borreiros a Pobanza Espazo Común vén de solicitar o arranxo e corrección da drenaxe da estrada de Castenda que une os lugares de Borreiros e Pobanza. Unha estrada que “representa unha vez máis o total abandono do devandito lugar por parte dos nosos gobernantes”, denuncian desde Espazo Común.
O Concello de Oroso inxectará case 318.000 euros máis na economía local para axudar ás familias con rebaixas fiscais e para reactivar a actividade das pemes e autónomos máis afectados pola pandemia do coronavirus. “Son medidas e bonificacións que suporán unha redución de ingresos para o Concello, pero consideramos que é moi necesario. Dentro das nosas competencias temos que facer todo o posible para axudar á veciñanza e grazas a unha boa xestión dispoñemos dunhas contas saneadas para afrontar estas iniciativas”, asegura Manuel Mirás, alcalde de Oroso. Así se aprobou no Pleno extraordinario do pasado 19 de outubro, que deu luz verde a varias medidas fiscais para o 2021 entre as que están unha rebaixa no IBI e no recibo do lixo, así como unha bonificación dun 60% no imposto de vehículos de tracción mecánica para os automóbiles eléctricos e híbridos. Por outra parte, tamén haberá unha bonificación de ata un 75% no imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana a título lucrativo por causa de morte a favor de descendentes e cónxuxes. Todas estas medidas fiscais terán un impacto de 177.000 euros, cos que contarán os veciños e veciñas de Oroso para os seus gastos.
Mirás destaca que as medidas son posibles grazas á boa xestión realizada
Ademais, o Concello de Oroso acolleuse ao programa PEL-Reactiva da Deputación da Coruña, do que se van beneficiar os autónomos e os establecementos de comercio e hostalería que tiveron que interromper a súa actividade polo confinamento e o estado de alarma. Serán 140.761 euros que poderán ser destinados a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da Covid-19, compra e instalación de biombos, adquisición de produtos de limpeza e protección, así
TRAZO
Instalada unha barreira metálica de protección en Viaño Pequeno
COMARCA
As unidades móbiles da ITV agrícola visitarán Cerceda e Trazo A unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas visitará os municipios de Cerceda (do 4 ao 11 de novembro na entrada do Aquapark) e Trazo (o 2 de novembro no campo de Santa Eufemia, Vilouchada). En ambos os dous casos é posible pedir cita previa a través do 902 309 000 ou a través da páxina web www.sycitv.com.
O Concello de Trazo vén de instalar unha barreira metálica de protección en Viaño Pequeno, en concreto na estrada que baixa desde a piscina municipal. Unha obra financiada pola Deputación da Coruña e que “mellorará a seguridade dos peóns e condutores”, indican dende o Concello.
como a gastos correntes. As axudas aos negocios oscilarán entre os 1.500 e os 3.000 euros, en función dos traballadores que teñan ao seu cargo. Este paquete de medidas únese a outras tomadas desde o comezo da pandemia, como o reparto gratuíto de 15.000 máscaras e material EPI (hidroxel e luvas), ou a desinfección do centro de saúde, os espazos públicos e os arredores dos establecementos esenciais, que supuxeron un investimento por parte do Concello de 100.000 euros.
CERCEDA
A Deputación licita por 166.000 € a mellora do trazado da DP-2403 A Deputación da Coruña investirá un total de 166.095,33 euros nas obras de mellora do trazado da estrada provincial DP 2403, entre os puntos quilométricos 4+680 e 4+925. As obras están en fase de licitación e permitirán corrixir as perigosas curvas existentes neste tramo, así como modificar a intersección coa estrada municipal que dá acceso ao núcleo de Ubal, onde se executará un carril central de espera que contribuirá a mellorar a visibilidade e a seguridade do tráfico na zona. A nova sección transversal da estrada estará conformada por carrís de 3,5 metros de ancho, beiravías de 1 metro en ambas marxes e un novo carril central de espera de 3 metros. O prazo de execución das obras será de seis meses a partir do seu inicio.
CRÓNICAS - Outubro 2020
5
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Outubro 2020
6
Actualidade COMARCA
MESÍA O PAI “Os Camiños” ten capacidade para 20 nenos/as de 3 meses a 3 anos
A Deputación destinará 430.000 euros para apoiar aos autónomos e pemes da comarca
Cheo total no Punto de Atención á Infancia de Mesía na súa estrea
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o vicepresidente, Xosé Regueira, e o deputado responsable da área de Emprego, José Ramón Rioboo, presentaron as principais novidades do programa PEL-Reactiva, unha nova liña do Plan de Emprego Local (PEL) que repartirá 12,5 millóns de euros entre os autónomos e microempresas da provincia para paliar a crise xerada pola Covid-19. No caso da comarca de Ordes, o PEL-Reactiva suporá un investimento de máis de 430.000 euros, dos que case 300.000 serán achegados pola entidade provincial e o resto polos sete municipios. Unhas cifras entre as que destacan especialmente as do Concello de Ordes, pois ascenden a máis de 280.000 euros e representan máis do 50% do investimento que se fará na comarca. Ségueno a distancia Oroso, con máis de 134.000 euros, e Cerceda, con 85.000 euros. “Estamos ante o plan máis ambicioso presentado en Galicia para axudar aos autónomos a facer fronte ás consecuencias económicas orixinada pola Covid-19”, afirmou Valentín González Formoso, quen agradeceu a “importante colaboración dos concellos no plan, xa que a Deputación aporta o 80% da financiación e son as administracións locais as que completaran os seus propios fondos co 20% restante”. Finalizado o prazo de adhesión por parte dos concellos, sumáronse ao PEL-Reactiva 88 dos 90 municipios da provincia con menos de 50.000 habitantes. Todos agás Dodro e Coirós, que non puideron unirse por cuestións alleas ao plan.
O Concello de Mesía vén de poñer en marcha o seu Punto de Atención á Infancia, PAI “Os Camiños”, que ofrece atención educativa e asistencial a un total de vinte nenos e nenas de 3 meses a 3 anos, en horario de 8:00 a 16:00 horas. Dende o Concello agradecen a paciencia das familias xa que “a apertura demorouse debido as circunstancias especiais que vivimos”, pero amosan a súa satisfacción por que o PAI se estree con todas as prazas cubertas. “Desde o Concello esperamos estar á altura da vosa confianza. Para elo contamos con boas profesionais e a nosa intención é non escatimar recursos nun servizo que consideramos moi necesario”, apuntan. Finalmente, agradecen a doazón realizada pola Casa Grande de Xanceda, que achegou o mobiliario da sala de berces, que está valorado en máis de 1.500 euros.
Persoal do PAI “Os Camiños” de Mesía
OROSO Mirás lamenta que o PP vexa partidistas as demandas para o Concello
A Valedora do Pobo pide neutralidade no uso dos medios institucionais PP e Goberno de Oroso seguen á lea polo uso das redes sociais e da web municipal, que levaron ao voceiro popular a elevar unha denuncia á Valedora do Pobo por un presunto uso partidista destes medios. Como era de agardar, a Valedora do Pobo admitiu a trámite a queixa e emitiu un informe que o
PP cualifican de “claro e contundente” sobre o “mal uso que desde o executivo municipal está a facerse dos medios”. Porén, o PP non desvelou o escrito da Valedora, máis aló dunha nota de prensa e da publicación en redes sociais de parte do mesmo no que fala da “necesidade de res-
CERCEDA Laracha, Carballo e Cerceda son os concellos pioneiros neste sistema
Sogama destaca a alta calidade da materia recollida no contedor marrón Sogama asegura que a boa calidade da fracción orgánica recollida a través do quinto contedor, de cor marrón, implantado nos cascos urbanos de Laracha, Carballo e Cerceda, avala a firme aposta destes concellos pola compostaxe, servindo de punto de
referencia para outros moitos que xa están a avaliar a implantación deste modelo. Os tres entes locais decidiron adherirse á planta de compostaxe industrial de Sogama para complementar o programa de compostaxe doméstica
instaurado da man desta empresa pública en máis de 700 vivendas rurais. Sogama destaca o esforzo investido polos tres concellos, tanto a nivel loxístico e de dotación de medios, como a nivel pedagóxico e de concienciación social.
pectar a neutralidade no uso das canles de comunicación institucionais”. Pola súa banda, o alcalde Manuel Mirás lamentou que o PP considere partidistas as súas demandas para o Concello en temas como o uso dos remanentes ou a limpeza dos colexios.
CRÓNICAS - Outubro 2020
7
Actualidade CERCEDA O peche de Meirama e a crise da Covid-19 reducen en case un 15% a contía dos presupostos de 2020
Cerceda aproba uns “orzamentos de ponte” O Pleno municipal de Cerceda aprobou na súa sesión de setembro os orzamentos municipais de 2020, que saíron adiante cos votos a favor do PSOE fronte aos votos en contra de PP e BNG. Uns “orzamentos de ponte”, como cualificou o propio alcalde, Juan Manuel Rodríguez, despois de que Cerceda tivera que prorrogar as contas de 2018 e mentres os técnicos municipais traballan xa na redacción dos orzamentos de 2021. De feito, o alcalde explicou que a súa aprobación, a tan só tres meses de rematar o exercicio, ten como obxecto poder acometer traballos de mantemento nas infraestruturas municipais e afrontar o pago de distintos compromisos económicos. Así as cousas, os orzamentos de 2020 ascenden a 8,4 millóns de euros, o que supón un descenso do 14,89% con respecto aos 9,87 millóns de 2018 e representan a cifra máis baixa do último lustro. Unha situación que todos os grupos municipais coincidiron en atribuír ao peche da central térmica de Meirama, se ben cada grupo fixo a súa propia interpretación.
tar as partidas de investimentos para o exercicio de 2021.
Os orzamentos de 2020 saíron adiante co único voto favorable do PSOE
O alcalde recoñeceu que o orzamento de 2020 está condicionado polo peche da central térmica, se ben os seus efectos negativos veranse máis nas contas de 2021. Así mesmo, lembrou que a situación actual da pandemia da Covid-19 tamén é un
duro condicionante, poñendo como exemplo que o Aquapark pasou de 500.000 euros de beneficio a pechar o ano con perdas. Pese a todo, confía en que as transferencias e subvencións procedentes doutras administracións poderán axudar a incremen-
menos investimentos Menos optimistas se mostran desde os grupos da oposición. O voceiro do Partido Popular, José Francisco Santos, criticou a caída do 15% das contas de 2020 pero fixo fincapé en que a partida destinada a investimentos reais se desploma nun 54%, ao tempo que advertiu do endebedamento municipal. Pola súa banda, o voceiro do BNG, Alberte Sánchez, criticou o momento no que se presentaron estes orzamentos: “cando levamos 268 días deste ano, o grupo de Goberno presenta o orzamento para o 2020, que a estas alturas xa debera ser unha conta de resultados e non unha previsión”,. Así mesmo, advertiu de que se trata dun documento “cunha diminución moi evidente con respecto aos anteriores e no que xa se apreza o que levamos anos dicindo, que no momento no que se materializara o peche da térmica a nosa economía local ía verse moi seriamente afectada”.
CRÓNICAS - Outubro 2020
8
Actualidade TRAZO
Trazo adhírese á iniciativa “Concello Emprendedor” O Concello de Trazo adheriuse ao programa “Concello Emprendedor” (Doing Business), promovido pola Xunta de Galicia de a Federación Galega de Municipios e Provincias. Unha iniciativa pola cal o Concello ofrecerá unha serie de incentivos fiscais ás empresas que decidan implantarse no municipio en función do emprego que vaian a xerar. En compensación, as Administracións Públicas terán en conta esta adhesión á hora de puntuar positivamente as propostas do Concello de Trazo na convocatoria de subvencións de carácter competitivo. O PSOE de Trazo apoiou a adhesión pero criticou que “chega tres anos tarde, fiel reflexo do atraso, paralización e desgoberno que sufre Trazo”. Así, pregúntanse “por que o Goberno do PP deixou que empresas que podían terse en Trazo marcharan a outros concellos da comarca onde si tiñan bonificacións fiscais”. Ademais, os socialistas advirten de que “xa sabemos que o costume do bipartito é culpar de todo á Covid-19 pero, acaso o virus xa estaba en Trazo no ano 2017. É o que teñen as excusas dunha nefasta xestión, que pouco ou nada se sosteñen”.
O Concello arranxou as cabezas dos tubos das pontes emprazadas nas pistas Quintá-Papucín (esquerda) e O Carballal-Papucín
FRADES Tamén acometeu melloras en Gándara e Tarrentos
O Concello inviste case 28.000 euros no arranxo de tres pontes O Concello de Frades vén de rematar o arranxo de tres pequenas pontes que resultaron danadas nos temporais do pasado inverno. As tres pontes arranxadas están situadas nas pistas Quintá-Papucín, San Mauro-Frades e O Carballal-Papucín. O concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, explica que “tratouse de pequenos arranxos nas cabezas dos tubos e algúns recheos para paliar o que levou a riada daqueles días”. Os traballos foron acometidos con 27.749 euros de fondos propios, que tamén permitiron colocar tubos para a recollida de augas pluviais na Gándara (Abellá) e executar unhas cunetas en formigón en Tarrentos (Añá).
Recheo e arranxo da cabeza do tubo da ponte de San Mauro a Frades
TORDOIA Tras unha exitosa primeira fase, ampliouse o programa ata os 66 fogares
MESÍA
Tordoia entrega á veciñanza os 25 composteiros achegados por Sogama
A Xunta adxudica por 465.000 € a primeira fase da ampliación da rede de auga
O concelleiro de Medio Ambiente de Tordoia, Óscar Liñares, vén de entregar os 25 novos composteiros achegados por Sogama entre os veciños e veciñas que se sumaron a este programa de compostaxe doméstica. Tras unha exitosa primeira fase experimental, na que participaron un total de 41 fogares, o Concello de Tordoia apostou por ampliar o programa ata os actuais 66 vivendas. A intención do Concello de Tordoia é recuperar unha práctica tradicional no rural como é a segregación dos restos orgánicos en orixe para alimento do gando e/ou conversión en compost, pero dunha forma máis cómoda e hixiénica. Para isto, Sogama subministrou durante o verá os 25 composteiros, con capacidade para
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a primeira fase de ampliación da rede de distribución de auga no concello de Mesía. Unhas obras adxudicadas á empresa Ovisa, Pavimentos y Obras, SL por un importe de máis de 465.000 euros. O prazo de execución dos traballos é de 8 meses, a contar desde o seu inicio. As actuacións pretenden dotar de abastecemento á zona oeste do concello de Mesía, chegando nesta primeira fase ata a parroquia de San Cristovo, así coma a unha parte das parroquias de Visantoña e Olas. Na actualidade a parte Este do concello dispón de abastecemento.
390 litros e que están fabricados con materiais reciclados e reciclables. O obxectivo do programa é pechar o ciclo de recuperación da materia orgánica e poñela en valor transformándoa nun fertilizante natural con excelentes propiedades para o solo e que actúa tamén como elemento protector fronte a pragas e enfermidades. Dado que a materia orgánica representa o 42% da composición media dunha bolsa de lixo, se se recicla en orixe se evita o seu depósito no contedor verde convencional, co conseguinte aforro ambiental e económico. A día de hoxe Sogama repartiu de forma gratuíta preto de 14.000 composteiros entre 350 entidades (concellos, centros educativos e colectivos sociais).
O concelleiro de Medio Ambiente fixo entrega dos composteiros
CRÓNICAS - Outubro 2020
9
Actualidade OROSO É o primeiro na comarca en facer o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía
CERCEDA
Oroso comprométese a reducir un 40% as súas emisións de CO2 no 2030
O Concello inicia un servizo gratuíto de retirada de plásticos agrícolas porta a porta
O Concello de Oroso é o primeiro da comarca de Ordes en elaborar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía (PACES), que contempla unha reducción do 40% das emisións de efecto invernadoiro no 2030, aumentando o uso de enerxías renovables e baixando o consumo enerxético. “Queremos ser pioneiros na aplicación do plan, Oroso ten un alto potencial natural e paisaxístico que temos que coidar entre todos, o respecto ao medio ambiente e a loita contra o cambio climático sempre foron prioridades da nosa acción de goberno”, afirma o alcalde, Manuel Mirás. O concello de Oroso emitiu á atmosfera, durante o ano 2014, 24.742,02 toneladas de CO2, o que corresponde a 3,34 toneladas de CO2 por habitante. O sector que máis contribúe ás emisións é o do transporte privado e comercial, responsable do 59,01%. Séguelle o sector edificios, equipamentos e instalacións residen-
O Concello de Cerceda vén de poñer en marcha esta mesma semana un servizo de retirada de plásticos agrícolas porta a porta no municipio. Un servizo que terá inicialmente un carácter gratuíto para titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras no municipio. Os interesados en participar deberán chamar ao 881 864 122 e indicar a cantidade e o punto de recollida. O plástico deberá estar limpo, sen residuos e atados en fardos, así como emprazado nun lugar accesible para o camión encargado da recollida. A primeira recollida tivo lugar o 20 de outubro, se ben haberá novas datas. Dende o Concello de Cerceda indican que “a implantación deste servizo é un puntal máis para apoiar a calidade do noso medio, a substentabilidade ambiental e a prestación de servizos aos nosos veciños”.
Mirás di que “Oroso ten un alto potencial natural que temos que coidar entre todos”
ciais cun 32,46%. O alumeado público e os edificios municipais suman en conxunto o 1,96% das emisións totais. As medidas propostas no plan prevén que Oroso reduza as emisións de CO2 nun 40% ata 2030, con respecto ás emisións de 2014. As medi-
das de mitigación contemplan os diferentes sectores que contribúen ás emisións atmosféricas e pretenden unha redución máis efectiva no sector dos transportes (60% de redución de emisións en 2030), seguido do sector residencial e terciario.
GRUPO RAFRA DISPOÑEMOS DUN AMPLO GRUPO DE PROFESIONAIS E COLABORADORES PARA PRESTARLLE UN COMPLETO SERVIZO FISCAL, LABORAL, XURÍDICO, MERCANTIL E IMPOSITIVO
CRÓNICAS - Outubro 2020
10
Actualidade COMARCA
OROSO Alcalde e delegado do Goberno trataron dos temas pendentes para Oroso
A Deputación licita por 1,9 millóns de euros as obras da vía verde
Javier Losada apoia a variante de Sigüeiro e a rebaixa das tarifas da AP-9
A Deputación da Coruña vén de sacar a licitación pública as obras de tres tramos da vía verde Santiago-Cerceda, que suporán un investimento de 1.930.374 euros. Os tres tramos que saen a licitación son o de Oroso (720.856,72 euros), Ordes (506.423,48 €) e Tordoia-Cerceda (677.094,17 €) que suman un investimento total superior aos 1,9 millóns de euros para a creación da plataforma da vía verde, que contará cunha banda de circulación para peóns de 1,5 metros de ancho e outra de 2 metros para uso ciclista. As obras, que comezarán en 2021, pretenden converter os 36,5 quilómetros da antiga liña ferroviaria entre Santiago e Cerceda na primeira Vía Verde da provincia e a de maior extensión de Galicia, creando un equipamento para camiñar ou andar en bici “que terá unha importante repercusión turística e socioeconómica para estes concellos”, afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.
TRAZO
O PSOE pídelle medidas ao Concello diante da “falta de dilixencia” da secretaria municipal O PSOE de Trazo pedíulle ao Concello que tome medidas diante do que consideran “unha nova mostra de falta de dilixencia por parte da secretaria municipal” ao ter o Pleno municipal que deixar sobre a mesa a Conta Xeral de 2019 debido aos numerosos erros que contiña a documentación presentada. Unha decisión tomada por todos os grupos municipais e que obrigou á convocatoria dun segundo pleno para a aprobación do documento, co conseguinte gasto para as arcas municipais. Os socialistas fan fincapé en que non é a primeira vez en que esta funcionaria, habilitada nacional, non cumpre coas funcións de intervención e fiscalización. Lembran que durante a exposición pública do PXOM, achegou uns planos que non se correspondían coa realidade e que incumpriu a súa función de fiscalización dos gastos protocolarios do anterior alcalde.
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, vén de visitar a glorieta da Foca en Sigüeiro, xa rematada e en funcionamento. Unha iniciativa na que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana investiu 147.000 euros para eliminar a antiga intersección, punto frecuente de retencións e situacións de risco para os peóns. Unha visita na que estivo acompañado polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, con que mantivo unha reunión de traballo para analizar as diversas propostas de infraestruturas pendentes no municipio. Neste sentido, Mirás lembrou que “preto do 20% do tráfico que pasa pola N-550 en Sigüeiro é de vehículos pesados, por iso lle pido a Fomento que impulse o proxecto da nova circunvalación en Sigüeiro polo oeste, desde a rotonda do polígono ata a bifurcación da estrada que vai ao aeroporto de Lavacolla”. Tarifas AP-9 Pola súa banda, Losada comprometeuse a apoiar a infraestrutura e ambos coincidiron na necesidade de demandar “unha rebaixa nas tarifas da AP-9 para o tráfico pesado, unha medida que tamén serviría para re-
O delegado do Goberno vistiou a glorieta da Foca de Sigüeiro
ducir que os camións pasasen por Sigüeiro”, apuntou Manuel Mirás Franqueira. Alcalde e delegado do Goberno, xunto a outros concelleiros e concelleiras de Oroso, visitaron a glorieta da Foca en Sigüeiro. “Un proxecto que serviu para alixerar o tráfico, mellorar a seguridade viaria e humanizar a contorna”, afirmaron ambos. Coa nova glorieta, “reducimos os atascos que se producen na N-550 ao seu paso por Sigüeiro polos vehículos
que van dirección Santiago ou dirección A Coruña, ademais de mellorar o problema que temos cos vehículos pesados”, apuntou Manuel Mirás. Ponte de Sigüeiro Aproveitando a visita a Oroso, o delegado do Goberno e o alcalde Manuel Mirás supervisaron os traballos para consolidar os piares da ponte de Sigüeiro, tamén rematados. Todo elo nun clima de coordialidade e máxima colaboración por ambas partes.
FRADES
O Concello investe 82.000 euros no arranxo de dous camiños municipais O Concello de Frades vén de investir 82.038,81 euros no arranxo do camiño que une a AC-524 coas localidades de Fondevila e Cheda, así como na mellora dos accesos ás localidades de Fondevila e O Canedo. Tres obras emprazadas na parroquia de Abellá e que foron adxudicadas á empresa Cosmalca SL. As obras consistiron na ampliación dun camiño de 2.530 metros entre a AC-524 Ordes-Lanzá e as localidades de Fondevila e Cheda, cuxa plataforma foi ancheada nun metro. Así mesmo, o Concello de Frades mellorou os accesos ás localidades de Fondevila e O Canedo. A actuación en Fondevila incluíu a pavimentación de tres treitos de 210 metros de lonxitude, mentres que no Canedo pavimentáronse dous treitos que sumaban 480 metros de lonxitude.
CRÓNICAS - Outubro 2020
11
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Outubro 2020
12
Actualidade COMARCA A Xunta garante a liña Vila de Cruces e A Coruña e o BNG inicia outra campaña coa liña Santiso-A Coruña
Inquietude polo transporte na comarca A entrada en vigor do novo Plan de Transporte Público de Galicia está a causar auténticos quebradeiros de cabeza a máis dun responsable político, tanto da nosa comarca como da Administración autonómica. Se o mes pasado contabamos como Mesía e Vila de Cruces unían forzas para reclamar o mantemento da liña entre a vila pontevedresa e A Coruña, agora a Xunta garante que “a liña que conecta Vila de Cruces coa cidade herculina continuará operando ata a entrada en servizo dos novos contratos, que está prevista para xaneiro de 2021”. É máis, o Departamento que dirixe Ethel Vázquez informa de que “tamén se incorporará unha conexión directa entre Mesía e A Coruña, con entrada ata Entrexardíns, aumentando o número de expedicións ao pasar dunha ida e volta por xornada a dúas. A posta en marcha desta liña MesíaMontouto-Carral permite unha conexión transversal entre estes tres concellos, así como o acceso, a través do transbordo en Carral, a un amplo número de expedicións que existen cara A Coruña”. Ademais, a Xunta destaca que o funcionamento da nova liña Boi-
Oroso presenta unha queixa formal polos cambios no transporte metropolitano
A Xunta ancuna novas frecuencias para os veciños/as de Mesía e de Ordes
morto-Mesía-Ordes-estacións de autobuses e de ferrocarril tamén permitirá enlazar estes tres municipios e mellorar a conexión da xente da comarca coas cidades da Coruña e de Santiago. Santiso-A Coruña Pola súa banda, o BNG centrou agora os seus esforzos no mantemento da liña Santiso-A Coruña, que conta con paradas en Ordes e o Me-
són do Vento. Para iso, vén de rexistrar unha iniciativa no Parlamento de Galicia para “esclarecer o que pretende facer a Xunta con esta liña e reclamar o mantemento do servizo”, explica o deputado Xosé Luís Rivas “Mini”. “Desde a Consellería a información que dan é que esta liña se vai reformular, unindo Melide con Ordes, mais non aclaran se se vai manter a conexión con A Coruña”, salienta a deputada Mercedes Queixas.
O Concello de Oroso elevou diante da Xunta unha queixa formal pola retirada de servizos e paradas nas liñas do transporte metropolitano. O Pleno acordou pedirlle un “compromiso real” para dotar o servizo de máis coberturas e frecuencias, ademais de solicitar “unha reunión cos concellos de Santiago, Ames, Brión e Teo para constituir unha mancomunidade ou consorcio de transportes, poñendo en marcha un transporte eficiente con estos municipios”. O grupo de goberno trasladou ao pleno o malestar da veciñanza polos cambios realizados sen avisar ao Concello e que supoñen moitas menos paradas nas parroquias e no centro de Santiago. As modificacións dificultan o día a día de centos de persoas que se trasladan a Santiago por motivos laborais ou académicos.
CERCEDA Investidos case 90.000 euros do Plan de Cooperación Provincial en pavimentar 850 metros da travesía
O Concello inicia a construción da senda peonil en Albarda tras rematar o asfaltado da travesía O Concello de Cerceda está a investir máis de 137.000 euros en melloras na estrada AC-400 ao seu paso polo municipio, dúas obras que están a ser executadas pola empresa Obras y Viales de Galicia SL (OVIGA) e financiadas con cargo ao Plan Único de Concellos “POS+ 2019” da Deputación Provincial da Coruña. A pavimentación dos primeiros 850 metros da travesía de Cerceda (ata a praza do Campo da Feira) xa está rematada. Na actuación investíronse 88.280 euros e permitiu mellorar a capa de rodaxe desta estrada con seis centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, de 7,2 metros de ancho. A obra completouse coa reposición da sinalización horizontal, se ben rematou levando por diante os pasos de peóns elevados colocados na zona para minorar a velocidade dos vehículos á entrada e saída de Cerceda.
Senda peonil Por outra banda, a principios de outubro deron comezo as obras de construción dunha senda peonil en Albarda, entre os puntos quilométricos 17,580 e 17,880 da AC-400. Uns traballos que supoñen un investimento de 48.859 euros. As obras comezaron coa canalizaicón dunha tubería de PVC de 400 milímetros de diámetro e a execución de 14 arquetas con sumidoiro para a recollida de augas pluviais, así como un segundo tubo para recoller o cableado do alumeado público. Unha zanxa que xa foi recheada e compactada, polo que nos próximos días procederase a construír unha senda peonil de 300 metros de longo e 2 metros de ancho. Ademais, está previsto colocar dous bancos de pedra de granito e plantar dúas árbores para que dean sombra aos peóns.
A pavimentación do primeiro tramo da travesía da AC-400 eliminou os pasos elevados
As obras de construcíon da senda peonil de Albarda comezaron en outubro
CRÓNICAS - Outubro 2020
13
Actualidade
CRÓNICAS - Outubro 2020
14
xente dE aquí TRAZO
OROSO
Convocadas as axudas para material escolar
Dúas novas estatuas en Sigüeiro en homenaxe a Góis e a Margery Kempe
O Concello de Trazo vén de convocar as axudas para sufragar os gastos de material escolar para nenos e nenas matriculados en centros de infantil, primaria e secundaria de Trazo no curso 20202021. Un prazo que estará aberto ata o vindeiro 16 de novembro no Departamento de Servizos Sociais. Para poder acceder a estas axudas, dunha cuantía de 120 euros, é preciso que o menor estea empadroado e escolarizado en Trazo, que a súa familia teña uns ingresos iguais ou inferiores ao 80% do IPREM per cápita e estar ao día no pago das obrigas tributarias co Concello de Trazo.
TORDOIA
O BNG insta ao Concello a crear axudas para escolares e para facilitar a conexión a Internet O Pleno de Tordoia aprobou unha iniciativa do BNG para crear unha liña de axudas para financiar a compra de material escolar e de protección anticovid dirixida ás familias do municipio que así o precisen. Ademais, o Concello comprometeuse a iniciar as accións precisas para conseguir unha axeitada conexión a internet en todos os puntos onde haxa alumnado, facilitando o acceso á Rede ás familias que, tendo estudantes, o precisen.
A escultura doada polo municipio de Góis colocouse na nova rotonda da N-550
A estatua a Margery Kempe está emprazada ao pé da ponte de Sigüeiro
O Concello de Oroso vén de inaugurar unha estatua de homenaxe a Margery Kempe, primeira peregrina do Camiño Inglés da que se ten constancia documental, e unha segunda escultura doada polo municipio portugués de Góis. Esta obra está emprazada na rotonda da Foca e á súa inauguración asistiron a presidenta da Cámara Municipal de Góis, María Lurdes Oliveira; o alcalde de Oroso, Manuel Mirás; e os concelleiros Isabel Fernández e Luis Rey. “Esta escultura, doada polo municipio de Góis e realizada por tres artistas, dous deles portugueses e un galego, simboliza 13 anos de irmandamento e amizade”, explicou Manuel Mirás, quen lembrou que “ao longo do ano facemos actividades culturais conxuntas, intercambios de mozos e mozas, e compartimos iniciativas e experiencias, un irmandamento do que estamos moi satisfeitos”. Pola súa banda, a presidenta da Cámara de Góis destacou “a importancia do diálogo entre dous municipios e países diferentes, sobre todo nun ano tan complicado como o 2020”. Posteriormente, a comitiva oficial inaugurou a estatua de homenaxe a Margery Kempe, primeira peregrina da que se ten constancia documental do seu paso polo Camiño Inglés e por Oroso no ano 1417. Unha estatua que está emprazada ao pé da ponte de Sigüeiro.
CRÓNICAS - Outubro 2020
15
xente dE aquí
Carmen García Calvo, 100 anos. Cerceda
María Visitación Mallo Parafita, 100 anos. Tordoia
CERCEDA / FRADES / TORDOIA
Máis de catrocentos anos de experiencia Os Concellos de Cerceda, Frades e Tordoia homenaxearon nestes días a tres veciñas centenarias e un veciño de 103 anos. Unhas merecidas homenaxes que volven a recuperarse e nas que a/o centenario reciben un agasallo en nome de toda a veciñanza. Foi o caso, este mes, de Ramiro López Cotón, o primeiro zapateiro da comarca, que cumpriu 103 anos en
Frades. Pola súa banda, Carmen García Calvo celebraba os seus 100 anos en compaña da súa irmá máis nova e a súa filla. Finalmente, dobre celebración en Tordoia onde María Visitación Mallo Parafita, de Baldaio (Andoio) e Rosa Canedo García, de A Igrexa (Viladabade), recibiron cadansúa cesta de flores polo seu cen aniversario.
Ramiro López Cotón, 103 anos. Frades
Rosa Canedo García, 100 anos. Tordoia
CERCEDA
Nova campaña para fomentar a recollida de aceite doméstico
O Concello repartiu uns dispositivos para facilitar a recollida do aceite en botellas
O Concello de Cerceda puxo en marcha unha nova campaña de divulgación sobre a recollida do aceite doméstico usado. Así, dúas monitoras percorreron o núcleo urbano e o campo da feira para animar aos veciños e veciñas a participaren na iniciativa. Os puntos de
recollida en Cerceda están nas avenidas da Coruña e de Galicia, no museo do Moucho, no Concello, no auditorio, no campo da feira, no punto limpo e nas rúas Saúl Ordás e alcalde Tierno Galván. Na Silva, os colectores laranxas están no campo da feira e na avenida da Paz
CRÓNICAS - Outubro 2020
16
xente dE aquí ORDES O delegado territorial visitou a unidade que dá servizo aos sete concellos da Mancomunidade
A Xunta destina máis de 142.000 euros á unidade de atención temperá da comarca A Xunta de Galicia destinou este ano un total de 142,682,63 euros a financiar a unidade de atención temperá da Mancomunidade de Ordes, que dende o ano 2016 presta servizo aos sete concellos da comarca: Cerceda, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo. Unha unidade que recibiu a principios de mes a visita do novo delegado territorial do Goberno galego, Gonzalo Trenor, quen estivo acompañado pola presidenta da Mancomunidade de Ordes, Susana García. Trenor destacou que “o ámbito municipal é idóneo para a prestación deste tipo de apoio aos máis novos pola súa proximidade á veciñanza e polo coñecemento da situación específica da súa poboación, tendo en conta ademais que un dos principios reitores da Rede galega de atención temperá é a descentralización e a proximidade”. Así, o delegado territorial apuntou que “a atención temperá facilítalles
antes hai máis opcións de evitar que os trastornos no desenvolvemento perduren no tempo e sexa máis difícil corrixilos”.
Gonzalo Trenor visitou o centro acompañado pola presidenta da Mancomunidade
ferramentas para gañar autonomía xa desde a infancia para que gocen
dunha maior calidade de vida cando sexan maiores. Así mesmo, ao actuar
Atención a 160 casos A unidade de atención temperá da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes ten como obxectivo apoiar o desenvolvemento infantil e a inclusión sociofamiliar dos nenos e nenas de entre 0 e 6 anos que precisan asistencia ou atención especial. Esta unidade conta como persoal técnico con dúas logopedas, unha psicopedagoga e unha psicóloga, grazas a unha axuda de máis de 142.000 euros cofinanciada polo Fondo Social Europeo. Deste xeito, ao ano atende a unha media de 160 casos en Ordes. En total, a Xunta de Galicia destinou este ano máis de 773.000 euros a financiar 11 unidades de atención temperá na provincia da Coruña, catro delas de nova creación.
OROSO
OROSO
Mercedes Peón escolle o parque do Carboeiro para presentar o seu espectáculo “Déixaas”
Brassica Rapa e Los Mecánicos levan a música ás prazas
O parque do Carboeiro foi o escenario escollido por Mercedes Peón para a presentación do seu espectáculo “Déixaas”, na que estivo acompañada por outras dúas relevantes artistas: Ana Fernández e Mónica de Nut. Tres mulleres e tres músicas interpretando unha composición sonora en formato circular, contemporánea e electrónica única no mundo que ten as súas orixes no noso patrimo-
nio inmaterial musical, simbólico e lingüístico. Un punto no que incidiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, para quen esta proposta serve para “dinamizar a lingua galega da man dunha das nosas artistas máis internacionais”. Pola súa banda, alcalde Manuel Mirás destacou que a actividade “combina cultura, natureza e lingua, tres prioridades de Goberno no noso concello”
O Departamento de Cultura do Concello de Oroso programou dous concertos ao aire libre, concretamente nas prazas Alexandre Bóveda e Isaac Díaz Pardo, prota-
gonizados por Brassica Rapa, a primeira fanfarria galega composta integramente por mulleres; e Los Mecánicos, grupo que fixo unha homenaxe ao rock hispano dos 60.
CRÓNICAS - Outubro 2020
17
PUBLICIDADE
CRÓNICAS - Outubro 2020
18
xente dE aquí COMARCA Asinado poloa Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Universidade da Coruña
Convenio para facer un estudo sobre as potencialidades do Camiño Inglés O presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, asinaron un convenio de colaboración para realizar un completo estudo sociocultural, económico, medioambiental e institucional que permita identificar os elementos máis relevantes do Camiño Inglés de cara á proposta de estratexias e accións concretas que afiancen a súa sostenibilidade. Mirás puxo en valor este convenio como un dos tres eventos máis importantes na curta historia da entidade, canda a súa propia constitución e a consecución do apoio da Deputación. “Estou convencido da gran potencialidade desta ruta e estou seguro de que, coa colaboración da Universidade da Coruña, seguiremos sumando esforzos para situar ao Camiño Inglés no lugar que lle corresponde”, sinalou Mirás, quen destacou que “este traballo vainos permitir
O presidente da asociación, Manuel Mirás, e o reitor, Julio Abalde, asinaron o convenio
moitas cousas que descoñecemos do Camiño Inglés e, sobre todo, vainos permitir coñecer as nosas fortalezas e debilidades, pero tamén as oportunidades que se nos presentan cara
o futuro”. O presidente da entidade pensa que o Camiño Inglés “pode converterse nunha importante fonte económica para os veciños e veciñas dos concellos por onde discorre”.
Pola súa banda, Julio Abalde destacou que “é importante que se visibilicen outros Camiños, non só o Francés”, sobre todo cando entramos nunha década con tres anos xacobeos. “Espero que o traballo sexa unha ferramenta moi válida para que os concellos por onde pasa o Camiño Inglés poidan planificar o seu futuro”, indicou o reitor coruñés. No acto estiveron presentes Carlos Rodríguez Carro e Pablo Abeal, profesores da UdC responsables da investigación. Rodríguez explicou que o estudo “ten como obxectivo principal a identificación dos elementos máis relevantes do Camiño Inglés para a proposta de estratexias e accións concretas que afiancen a súa sostenibilidade. Esta perspectiva ten catro piares esenciais: socio-cultural, económico, medioambiental e institucional. A información necesaria acadarase principalmente a partir do deseño e realización de enquisas”.
MESÍA
TRAZO
Un gran lazo rosa busca recadar 1.000 € para a Asociación contra o Cancro de Mama de Ordes
Os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia celebran a súa particular festa da vendima
A Casa Grande de Xanceda conmemorou o 19 de outubro, Día Internacional contra o Cancro de Mama, dun xeito moi especial: colocando un gran lazo con rulos rosas nun dos prados da granxa. Unha iniciativa que a empresa de Mesía compartiu nas redes sociais
a través dun vídeo, co obxectivo de conseguir 1.000 compartidos desa publicación, que se converterán en 1.000 euros de doazón para a Asociación Contra o Cancro de Mama da comarca de Ordes. Así mesmo, organizaron tamén visitas ao lazo.
Os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia de Trazo entraron no outono con bo pe e coñecendo un dos traballos propios destas datas: a vendima. Para iso,
a rapazada celebrou unha festa da vendima na que simularon cunhas pinzas a recollida dos racimos de uvas e mesmo procederon ao pisado das uvas nas cubetas.
CRÓNICAS - Outubro 2020
19
PuBlIRePORtAxe
Mitos e realidades sobre o suicido
A asociación Andaina PSM (Pro Saúde Mental) está a desenvolver na comarca de Ordes diversas accións de sensibilización sobre prevención do suicidio para poboación xeral e sesións formativas para profesionais de diferentes ámbitos comunitarios, como sanitario, social e educativo. No marco deste programa, financiado pola Consellería de Sanidade e Unha das cuestións que dende Andaina PSM consideramos relevante ter en consideración á hora de abordar este tema, é a discusión de certas ideas erróneas sobre o suicidio que se presentan moi estendidas na sociedade. Cando existe unha realidade da que non se fala, como é o caso, poden xurdir malentendidos ou ideas preconcibidas acerca do fenómeno. Estes malentendidos ou ideas erróneas poden dificultar a comprensión do suicidio ou até a prevención do mesmo, por iso é importante facelos explícitos coa idea de revisalos. É común o pensamento de que cando unha persoa se suicida é porque “lle deu unha arroutada/venada”, en realidade cando unha persoa toma esa determinación normalmente hai un proceso de sufrimento previo de certa duración e uns factores que fan a esa persoa máis vulnerable a tomar esa decisión. Aínda que exista un compoñente de impulsividade en maior ou menor grao, non soe ser un impulso puntual o que leva á persoa a cometelo, senón que adoita haber unha planificación que se vai concretando pouco a pouco. A medida que o sufrimento da persoa aumenta e non atopa outras saídas, a idea do suicidio vai tomando forma, incluso aínda que a persoa non o mostre ou que o seu entorno non o poida percibir. Os actos suicidas en xeral, presentan un gradiente ou un continuo, que vai dende a ideación suicida, isto é a persoa que ten pensamentos suicidas, ata a persoa que realiza comunicacións suicidas, que verbaliza a súa intención ou que manifesta que “é mellor morrer” , e finalmente, a persoa que comente un acto suicida, que pode ser dende condutas de autolesión (facerse dano a si mesma), ata unha tentativa suicidio ou a comisión do suicidio. Non todas as persoas pasan por todos estes momentos, pero en xeral, a conducta non se presenta de forma abrupta senón que a idea de suicidio se vai conformando e concretando a medida que pasa o tempo e o sufrimento non desaparece. Partindo da concepción do suicidio como unha conducta que se vai concretando gradualmente e que ten diferentes manifestacións, vemos que é posible actuar na prevención se detectamos os sinais que nos poidan estar transmitindo as persoas que sofren esta situación. Outro dos mitos habituais é “quen o fai é porque está decidido”. Sabemos que as persoas que manteñen ideas suicidas ou que realizan unha tentativa presentan unha ambivalencia, sentimentos e
en colaboración coa Mancomunidade de Ordes, elaboráronse diferentes materiais de apoio para público xeral, profesionais, afectados e familias, con información que facilita unha mellor detección do suicidio, un mellor do acompañamento emocional das persoas afectados e pautas para elaborar un plan de seguridade.
Esquema sobre os mitos e realidades sobre o suicidio e punto de información dispoñible na biblioteca municipal de Ordes pensamentos contraditorios en relación as ideas de suicidio, así por un lado queren facelo para deixar de sufrir pero polo outro non, porque implica deixar de vivir. A cuestión é que a persoa que se suicida non quere morrer, senón deixar de sufrir pero opta polo suicidio porque chega un momento en que non atopa outra solución viable ao sufrimento. Ter isto en conta, favorece que poidamos pensar en que para previr o suicidio debemos procurar formas alternativas de aliviar o malestar psicolóxico, mais tamén, vemos que toma relevancia o apoio social e emocional que se lle poida prestar á persoa, para que simplemente saiba que non está soa no sufrimento. Tamén se pensa que “falar do suicidio pode incitar a cometelo”. Este medo
a un efecto de contaxio provoca que o suicidio sexa un tema do que non se fala nin entre as persoas e familias afectadas, nin na socidade a nivel xeral. O suicidio coméntase só cando acontece pero se non recibimos información sobre os factores de risco, os sinais de alarma ou non desmitificamos as ideas erróneas, non saberemos tampouco que facer cando alguén verbaliza a súa intención ou as persoas afectadas non se sentirán en confianza para poder comunicar o que lles está sucedendo. Mentras o suicidio sexa un tabú, é difícil que as persoas afectadas poidan falar do seu sufrimento e pedir axuda, e así non poden recibir outro punto de vista, o apoio ou a axuda que precisan, e isto incrementa a probabilidade de que a persoa o cometa.
Teléfonos de interese (ante risco de suicidio): Teléfono de emerxencias: 061 Teléfono da Esperanza: 717 003 717 Feafes Galicia: 981 554 395 Andaina PSM: 981 076 405 / 698 149 915
Neste sentido, os medios de comunicación son unha parte fundamental na pervención do suicidio. A abordaxe deste tema debe seguir as recomendacións dictadas pola OMS (Organización Mundial da Saúde) e outras entidades pertinentes, de xeito que se evite proporcionar detalles concretos cando se produce unha noticia relacionada e se facilite unha información obxectiva, respectuosa coas persoas e familias afectadas e sempre indicando os recursos existentes como teléfonos de atención ou información sobre guías. Unha abordaxe responsable do problema pode contribuír a previr o suicidio. Outra das ideas que se expresan con frecuencia ante unha tentativa de suicidio é que “é unha chamada de atención”. Convimos que unha autolesión ou unha
Materiais de apoio para afectados, familiares e profesionais sobre prevención, detección de suicidio e acompañamento: https://www.andainapsm.org/que-facemos-1/ materiais/
tentativa de suicidio non é unha chamada de atención en sentido pexorativo, senón que responde a unha petición de axuda que a persoa non sabe ou non pode formular doutro xeito. A persoa procura un alivio ao sufrimento e non se ve capaz de expresar o que sinte ou de pedir o que precisa. Por iso, un acto suicida do tipo que sexa sempre é un sinal que debemos atender, pois indica que a persoa está sufrindo e precisa o noso apoio. Estes mitos resultan perxudiciais xa que fan concebir o suicidio como un feito imprevisible fronte a o que non se pode facer nada, un feito que simplemente sucede, sen aviso previo, sen explicación e do que é mellor non falar. E consecuentemente, se seguimos aceptando estas ideas non imos poder plantexar as formas de detectalo e de previlo. Por iso é importante que como sociedade nos deamos permiso para falar do tema, para discutir as ideas, para xerar espacios de debate, xa que canto máis saibamos, canta máis información útil teñamos, mellor poderemos artellar unha prevención eficaz que en definitiva, resulte en que máis vidas se poidan salvar.
20
CRÓNICAS - Outubro 2020
economía ORDES A iniciativa contou coa participación de máis de cen comercios nos que se encheron cas 1.000 tarxetas
A campaña “Volta ao cole” organizada por AECOR logra 5.000 vendas nun mes O Centro Comercial Aberto da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Ordes (AECOR) vén de organizar con éxito a campaña “Volta ao cole”, na que participaron máis dun cento de comercios que lograron unhas 5.000 vendas nun mes. O presidente de Aecor CCA, David Viaño Noia, asegura que “esta campaña foi un éxito total, non só coa participación de máis de 100 comercios, senón na resposta do público en xeral, e iso notouse na vendas. Durante todo o mes de setembro realizáronse máis de 5000 vendas directas entre todos os establecementos participantes”. Entre as case 1.000 tarxetas que se entregaron para participar no sorteo do ordenador portátil, a gañadora foi Alicia Couselo Silveira, que recolleu o premio de mans de David Viaño.
AECOR celebra o Día do Comercio con máis de 1.000 euros en premios
Alicia Couselo Silveira foi a gañadora do sorteo do ordenador portátil
A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Ordes (AECOR) organizou o pasado venres 16 de outubro o “Día do Comercio”, no que os seus establecementos asociados entregaron 5.000 rascas entre a súa clientela que representan máis de 1.000 euros en premios. As tarxetas incluían premios entre os 10 e os 60 euros e foron entregados aos clientes con cada compra. Os rascas poderanse canxear ata o 31 de novembro nos establecementos asociados. A xornada estivo amenizada polo grupo de música Embruxo Gaiteiros.
MESÍA O modelo garante a estabilidade e ventilación da cuberta
Tejas Verea fabrica unha tella talón para poñer en soportes discontinuos
OROSO
Sigüeiro Vende organiza un “Rasca e gaña” con 2.000 € en premios A asociación de comerciantes Sigüeiro Vende, en colaboración co Concello de Oroso, organiza un “Rasca e gaña” para fomentar as compras nos comercios da vila. Así, con cada compra entregaranse uns vales con máis de 2.000 euros en premios. Este vales serán canxeables do 15 ao 30 de novembro en calquera dos trinta establecementos asociados á campaña.
Tejas Verea vén de lanzar ao mercado unha tella talón, unha nova proposta deseñada para colocar en seco sobre un sistema de soportes discontinuos (rasteles) para conseguir a máxima ventilación na cuberta. Trátase dunha tella curvada con talóns de apoio na súa cara interior e colocada dun xeito que impide o deslizamento das pezas do faldón. Para facilitar a instalación deste novo tipo de tella e informar das súas característica, a empresa emprazada en Mesía puxo a disposición de instaladores e técnicos un manual de instalación propio e unha ficha de especificacións técnicas que é posible descargar da web www.tejasverea.com. Este tipo de cubertas ventiladas elevan o confort térmico, tanto en inverno coma no verán, e contribúen a mellorar a eficiencia enerxética do inmoble. Isto tradúcese nun aforro económico para o usuario e na creación de construccións e comunidades máis sostibles. Ademais, a microventilación no interior das cubertas das tellas minimiza o risco de humidades e condensacións, ao tempo que ralentiza o envellecemento das tellas.
As novas tellas de Tejas Verea melloran a eficiencia enerxética dos edificios
CRÓNICAS - Outubro 2020
21
DEPORTES ATLETISMO
Atlética A Silva-Ordes logra trece medallas no Campionato Galego Sub 14 O club Atlética A Silva conseguiu un total de 13 medallas no Campionato Galego Sub 14, desputado en Pontevedra. En total, os atletas sumaron 5 ouros, 5 pratas e 5 bronces. As actuacións máis destacadas foron as de Daniel Loureiro, que obtivo dous ouros nas modalidades de xabalina e salto de lonxitude; e Alejandro Rey, ouro en martelo con récord galego incluído (45,77 metros) e prata en xabalina. Tamén conseguiron o ouro Antía Rey (300 vallas) e Noa Rey (220 vallas). As pratas foron para Martiño Caneda (300 vallas), María Aguiar (salto de altura) e Alejandro González (salto de lonxitude). Finalmente, os tres bronces foron para Ignacio Spósito (lanzamento de martelo), Martiño Caneda (100 vallas) e Icía Ares (1.000 metros). A pouco de entrar no podio quedaron Alejandro González (80 metros lisos), Dalia López (lanzamento de martelo) e Antón Raña (80 metros vallas).
22
CRÓNICAS - Outubro 2020
DEPORTES FÚTBOL
DEPORTE
SOCORRISMO
Oroso abre ata o 29 de outubro a inscrición nas actividades deportivas
Lara López logra dúas medallas de ouro e unha de prata no open internacional de Castellón
O Concello de Oroso vén de abrir o prazo de inscrición nas actividades deportivas municipais para o curso 2020-2021. O prazo de inscrición está aberto ata o 29 de outubro e as prazas adxudicaranse por sorteo se hai máis demanda que oferta. Terán preferencia os empadroados en Oroso e os inscritos o ano pasado, que obterán un desconto. Máis información nas oficinas do Centro Deportivo de Sigüeiro (981 927 901 e 616 408 598). A oferta inclúe 18 especialidades deportivas: patinaxe, tenis, fútbol, tenis de mesa, taekwondo, zumba, atletismo, hípica, ximnasia de mantemento, ciclismo, béisbol, hockey, xadrez, pilates, ximnasia rítmica, aerobic, golf e fútbol sala. “A práctica deportiva e os hábitos de vida saudables son unha prioridade, máis de 1.000 veciños e veciñas fan algún deporte e, dentro das limitacións pola actual situación sanitaria, ofrecemos unha oferta o máis completa posible”, sostén Antonio Leira, concelleiro de Deportes.
Suma e segue. A ordense Lara López, do Club Salvamento Sada, vén de ampliar o seu medalleiro con dúas medallas de ouro e unha de prata conseguidas no VIII Aberto Internacional de Salvamento e Socorrismo, celebrado na piscina olímpica de Castellón os pasados 26 e 27 de setembro. Lara López conseguíu o primeiro posto na xeral absoluta agrupada das tres categorías cun tempo de 00:58:71, na proba de 100 metros remolque con aletas. Así mesmo, conseguíu un segundo ouro por ser a primeira na xeral da categoría xunior da mesma proba. A prata chegou na categoría xunior da proba de 100 metros socorrista, onde quedou a tan só unha milémisa de segundo de obter un bronce na xeral absoluta agrupada.
A ED Xuventude Oroso ten abertas as inscricións para a tempada 2020/21 A ED Xuventude Oroso mantén abertas as inscricións para a rapazada que queira iniciarse no mundo do fútbol nesta tempada 2020-2021. Unha oferta dirixida a nenos e nenas nacidos nos anos 2015 e 2016 e que se desenvolverá de acordo cun estrito protocolo contra a Covid-19. Máis información e inscricións nos teléfonos 646 974 375 e 679 999 036 ou no mail sigueirofc@xuventudeoroso.com. A iniciativa conta coa colaboración do Real Club Celta de Vigo e do Concello de Oroso.
FÚTBOL
O CD Mesía vende máscaras a 10 euros O Club Deportivo Mesía vén de comercializar unhas máscaras anticovid co escudo do club, que están á venda por 10 euros. As persoas interesadas en adquirir a súa só deben contactar con calquera membro da directiva ou no Facebook do Club.
CICLISMO
Natalia Raña, campioa máster 40 no Campionato Galego de Contra o Reloxo Individual
HÍPICA
Alfonso Piñeiro, subcampión galego no CCE de Taboada O ordense Alfonso Piñeiro Fernández conseguíu a medalla de prata no II Campionato Galego de Concurso Completo de Equitación (CCE), na categoría de xóvenes xinetes. Un campionato disputado o 19 e 20 de setembro nas insta-
lacións do Club Hípico La Cruz, no municipio de Taboada (Lugo). O Concurso Completo de Equitación é unha disciplina que agrupa nunha mesma competición as disciplinas de doma clásica e saltos en pista e cross.
Natalia Raña vén de proclamarse campioa master 40 no Campionato de Galicia de Contra o Reloxo Individual (CRI) - Copa Deputación de Ourense, disputado na localidade de Baños de Molgas. A ciclista ordense do Club Ciclista Corbelo percorreu os 13 quilómetros da proba nun tempo de 23 minutos e 45 segundos, sacándolle medio minuto e un minuto á segunda e terceiras clasificadas. O evento, o primeiro que ten lugar no ciclismo autonómico neste ano 2020, reuniu a case trescentos participantes baixo as máis estritas medidas de seguridade pola Covid-19. Como exemplo, as corredoras tiveron que ter postas as máscaras ata 30 segundos antes de empezar a darlle aos pedais e volver colocala nada máis cruzar a liña de meta.
CRÓNICAS - Outubro 2020
23
DEPORTES ATLETISMO Conseguiron cinco medallas de ouro e dúas de prata
NATACIÓN
Ana Abuín e Basilio Bernárdez arrasan no Nacional Máster de Cádiz
A piscina climatizada Iván Raña Fuentes volve abrir as súas portas
Gran actuación de Ana Abuín e Basilio Bernárdez, do club Atlética A SilvaOrdes, no Campionato de España Máster 2020, celebrado do 10 ao 12 de outubro no estadio iberoamericando 2010 da cidade deportiva de Bahía Sur, na localidade de San Fernando (Cádiz). Ana Abuín arrasou nos lanzamentos de martelo, disco e peso, onde conseguíu tres medallas de ouro e unha medalla de prata. Pola súa banda, Basilio Bernárdez conseguíu outros dous ouros, en triplo salto e en lanzamento de xabalina, así como unha medalla de prata en salto de lonxitude. O espectacular resultado obtido por Ana e Basilio fixo que o club Atlética A Silva-Ordes, a pesar de contar con tan só dous atletas en competición, acadara o posto noveno no medalleiro final, algo moi importante se temos en conta que participaron un total de 155 clubs e preto de oitocentos atletas procedentes de toda España.
Ana Abuín logrou 3 ouros e 1 prata. Basilio Bernárdez levou 2 ouros e unha prata
Tras unha fallida tentativa, finalmente a piscina climatizada municipal Iván Raña Fuentes volveu abrir as súas portas para a realización de actividades dirixidas e natación. Porén, o Concello de Ordes informou de que a apertura do ximnasio queda adiada á espera de finalizar diversas melloras na zona. O horario das instalacións é o habitual: de luns a venres (de 8:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 23:00 horas), sábados (de 8:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas) e domingos (de 9:30 a 14:00 horas). Iso si, será preciso seguir un estrito protocolo anticovid establecido polo Concello de Ordes para cada unha das distintas actividades que se poden realizar nas instalacións. Como regra xeral, é obrigatorio o uso de máscara en todo momento (salvo nos vasos da piscina), manter a distancia de seguridade, uxo de desinfectantes e recoméndase non estar máis de 90 minutos.
CRÓNICAS
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes. Edita: Underwood Media, S.L. C/Romero Donallo 26 15706 Santiago. Imprime: Tameiga. Peche de edición: 18-10-2020. Depósito legal: C 900 - 2013. Director: Javier Carnota. Teléfono: 620 967 549. Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com. Exclusivista publicitaria: Eco publicidad & márketing (www.agenciaeco.es). Álvaro Filgueira. 649 419 415. afilgueira@agenciaeco.es