ordes
Páx. 11
Promoven unha Academia de Turismo da Comarca de Ordes
C RÓ N I CAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 93 - Setembro 2021
CERCEDA As contas de 2021 aumentan nun 18% a cantidade destinada a obras
COMARCA
Aprobado un orzamento de 9,9 millóns, dos que 2,3 son para investimentos O Pleno do Concello de Cerceda vén de aprobar os orzamentos de 2021, que ascenden a 9.929.872 euros e
destinan 2.307.182,93 euros a investimentos, segundo explicou o alcalde, Juan Manuel Rodríguez. Unhas contas
que suben case 1,5 millóns con respecto ao orzamento de 2020 e que incrementan nun 18% a cantidade desti-
nada a inversións e obras. Os orzamentos foron aprobados polo PSOE e cos votos en conPáx. 3 tra de PP e BNG.
A Xunta renova os dous obradoiros duais de emprego Páx. 4
frades
Adxudicado por 343.000 € o centro sociocomunitario de Ponte Carreira Páx. 5
TORDOIA
O Concello mellora a contorna da Igrexa de Viladabade
COMARCA Un vertido de 200.000 litros de xurro en Trazo deixa sen auga a Compostela e novo episodio de aves mortas en Vilagudín
Un setembro prexudicial para o medio ambiente
Páx. 9
OROSO
Páx. 2
Manuel Souto gaña o Slalom de Monterroso Páx. 15
CRÓNICAS - Setembro 2021
2
Actualidade CERCEDA
TRAZO Tardou día e medio en chegar ao Tambre dende o regato de Portaferreiros
O Concello alega ante o proxecto do parque eólico de Meirama
Un vertido de 200.000 litros de xurro deixa sen auga á comarca de Santiago
O Concello de Cerceda emitiu as súas alegacións con respecto ao parque eólico Meirama, un proxecto consistente en 13 aeroxeradores e 49,50MW de potencia. Nas alegacións sinálase que a distancia real con respecto aos núcleos de poboación é inferior á que figura no proxecto, xa que 4 dos aeroxeradores quedarían a unha distancia inferior aos 500 metros. O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, declara que “a tramitación destes proxectos non é competencia do Concello e estamos sometidos a un gran desamparo, que fai moi urxente a modificación do plan sectorial eólico de Galicia, que é absolutamente extemporáneo. Hai que adaptarse á situación actual, reconsiderando a distancia ás casas e tendo en conta as particularidades de cada territorio”. Impacto ambiental Con respecto ao Estudo de Impacto Ambiental, o Concello de Cerceda sostén que no radio de 5Km faltarían por incluírse 3 parques eólicos e no radio de 20Km, outros cinco, o cal faría necesario repetir o estudo para definir os efectos acumulativos. Por outra banda, fanse requirimentos significativos de aspectos vencellados á hidroloxía, hidroxeoloxía, fauna, paisaxe, saúde e agricultura. Ademais, en canto á documentación presentada, o Concello sostén que se debe completar en maior medida. O Concello de Cerceda fai tamén fincapé en que a mesma promotora está a tramitar un parque eólico moi próximo, o das Encrobas. Algún dos muíños do de Meirama está mais preto do outro parque que dos muíños do seu propio parque, polo que o trámite actual non sería de aplicación se se trataran os proxectos como un conxunto, como dada a realidade se entende que debería ser. Juan Manuel Rodríguez sinala que “cando falamos de eólica si, pero non así, ao final no que consiste a idea é nun novo plan sectorial eólico, así como nunha concepción en base á cal o interese público das zonas afectadas non estea sometido a estas iniciativas. Por enriba diso ten que estar a busca de acordos económicos favorables para os afectados, ao igual que hai que primar o respecto aos núcleos habitados, o benestar da xente, a sostibilidade e a responsabilidade social”.
Como é posible que un vertido de 200.000 litros de xurro dunha explotación gandeira na parroquia de Santa María de Trazo ao regato de Portaferreiros poida chegar ao río Tambre un día e medio despois e deixar sen abastecemento de auga a media comarca de Santiago? Esta é a pregunta que se fixeron moitos veciños e veciñas dos municipios afectados (Trazo, Santiago, Ames e Brión) e á que aínda non hai resposta. Porque aínda que ao principio se falaba de que o vertido tivera lugar o venres 10 de setembro, o certo é que foi na tarde do xoves 9 de setembro. Así o corroboran distintos grupos de WhatsAppp de Trazo, que xa falaban do gran número de peixes mortos no regato de Portaferreiros, como finalmente o propio 112 Galicia, quen emitiu unha alerta ás 21:00 horas á que responderon técnicos de Augas de Galicia e membros da Garda Civil. Cinco días despois de terse producido o vertido, a conselleira de Infraeastruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, daba as primeiras explicacións aos alcaldes dos municipios afectados pola contaminación das au-
Medidas establecidas por Augas de Galicia para conter o vertido de xurro en Trazo
gas do río Tambre: Santiago, Ames e Brión. Tres municipios que mantiveron puntualmente informados aos seus veciñas e veciños dende a mañá do sábado. Unha actitude que contrasta coa ofrecida polo Concello de Trazo, que optou por informar sobre os preparativos para o concerto de Leilía. Finalmente, a Xunta constatou a estabilización dos parámetros das augas do río Tambre e traballou sobre o terreo para evitar arrastres do Portaferreiros coas choivas, freando o xu-
rro con gabias de contención de 150 metros con alpacas de gran tamaño que absorben a contaminación. Unha vez contido o vertido, tocará esixir responsabilidades. Por unha banda temos ao gandeiro, que mesmo fala dunha sabotaxe, mentres as autoridades non son quen de determinar se é ou non é reincidente nestes casos. Por outra, haberá que coñecer se o dispositivo anticontaminación ou o tempo de resposta foron os correctos. Todo dependerá de se investiga ou cae no esquecemento.
ORDES A Xunta veda a pesca deportiva nas augas do encoro ordense
Investigan a causa da alta mortandade de aves no embalse de Vilagudín A Xunta de Galicia vedou a pesca deportiva nas augas do encoro de Vilagudín tras os episodios de mortandade de aves, na súa maioría gaivotas, rexistrados a principios de setembro e para evitar afeccións á fauna ictícola neste encoro. A Consellería de Medio Ambiente indicou que, segundo as primeiras observacións e episodios similares, unidas á variabilidade da dieta das gaviotas patiamarillas e as condicións meteorolóxicas desta época do ano “suxiren unha posible intoxicación”. Por iso, axentes medioambientais recolleron animais vivos, que foron trasladados ao centro de recuperación da fauna silvestre de Oleiros (A Coruña) onde “evolucionan favorablemente” e se toman mostras para determinar a causa deste episodio de mortandade masiva. Pola súa banda, Ecoloxistas en Acción, denuncia “o desleixo da Conse-
Ecoloxistas en Acción denuncia a morte de 50 aves e o envelanamento de centos
llería de Medio Ambiente ante o episodio de contaminación das augas do encoro de Vilagudín que causou a morte de alomentos 50 aves e o envelenamento de varios centos”. No seu reconto, suman 50 aves mortas, 20 enfermas moi debilitadas,
20 debilitadas que aínda voan ou se moven, 30 que voa e unhas 200 gaivotas pousadas na zona. A organización ecoloxista solicita a Medio Ambiente que indague nas causas da contaminación e adopte medidas para evitar novos episodios.
CRÓNICAS - Setembro 2021
3
Actualidade CERCEDA As contas de 2021 aumentan nun 18% a cantidade destinada a obras
ORDES
Aprobado un orzamento de 9,9 millóns, dos que 2,3 son para investimentos
O Concello dotará de saneamento á Castiñeira e de auga a Raxide e Darefe
O Pleno do Concello de Cerceda aprobou os orzamentos de 2021, que ascenden a 9.929.872 euros e destinan 2.307.182,93 euros a investimentos, segundo explicou o alcalde, Juan Manuel Rodríguez. Unhas contas que suben case 1,5 millóns con respecto ao orzamento de 2020 e que incrementan nun 18% a cantidade destinada a inversións e obras. Os orzamentos foron aprobados cos votos a favor do PSOE fronte aos votos en contra dos grupos da oposición, que protagonizaron a anécdota da sesión xa que ningún dos seus voceiros puido asistir á sesión plenaria máis importante das que se celebran cada ano no municipio. Juan Manuel Rodríguez puxo en valor os orzamentos presentados e pediulle á oposición que valore “o movemento que está habendo, tendo en conta o peche da central térmica, a situación da Covid-19 ou a merma de ingresos do parque acuático derivada desta situación”. Así, o alcalde explicou que na elaboración do orzamento
O Concello de Ordes vén de licitar un proxecto por 364.592 euros para dotar de saneamento ao núcleo da Castiñeira e de abastecemento de auga a Raxide e Darefe (Parada). Un proxecto que inclúe melloras do firme e a recollida de pluviais en Orellán de Abaixo (Ardemil) e no Casal (Ordes). O Concello prevé que as obras poidan estar rematadas a finais de 2021.
FRADES
O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, durante o debate plenario de orzamentos
de 2021 “fomos en todo momento moderados” e puxo como exemplo o Aqupark: “temos uns ingresos de 361.000 euros e nos orzamentos tiñamos contemplados 350.000”. Ademais, criticou que o PP non apoie ao Concello na negociación do convenio con Sogama. “O convenio
está en 750.000 euros e non vou cometer o erro de orzamentar menos do que solicito. As toneladas non van a menos e o prezo do lixo tampouco, así que non imos tolerar que o único que vaia a menos sexa o convenio porque iría contra a responsabilidade social”.
A Xunta mellorará a travesía de Abellá A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar por 50.000 euros as obras de mellora do firme da AC-524 ao seu paso por Frades. Os traballos terán lugar na travesía de Abellá e consistirán na reparación do firme mediante unha capa de rodadura de 5 centímetros de espesor.
CRÓNICAS - Setembro 2021
4
Actualidade COMARCA A selección de persoal realizarase o 27 de setembro
A Xunta renova os dous obradoiros de emprego existentes na comarca
ORDES
A Xunta remata as obras dunha senda peonil na estrada AC-413 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rematou a construción dunha senda peonil na estrada autonómica AC-413, ao seu paso por Ordes. Os traballos, cun investimento de máis de 48.000 euros, consistiron na execución dunha senda peonil entre o inicio da estrada e o punto quilométrico 0+350. O itinerario está formado por tres tramos, cun ancho de 1,8 metros, de formigón cor terrizo.
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, vén de clausurar o obradoiro de emprego Brañas do IlloRío Samo III, organizado polos Concellos de Frades, Mesía e Ordes e que contou cunha achega da Xunta da máis de 346.000 €. Un obradoiro que durante 9 meses formou a 20 persoas desempregadas nas modalidades de actividades auxiliares e conservación de montes e en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. Unha clausura que tivo lugar o mesmo día no que a Xunta daba a coñecer a concesión dunha cuarta edición deste obradoiro dual de emprego que, cunha achega de 346.946 euros, formará a outras 20 persoas nas mesmas especialidades (actividades auxiliares e conservación de montes, e repoboación forestais e tratamentos silvícolas) durante outros nove meses. Cerceda-Trazo-Tordoia Días despois chegaba a confirma-
Gonzalo Trenor clausura do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó-Río Samo III
ción tamén de que a Consellería de Emprego e Igualdade concedía un novo obradoiro dual aos Concellos de Cerceda, Tordoia e Trazo. Ao igual co anterior, será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses con incentivos á contratación. A diferenza radica nas especialidades que se impartirán: actividades
auxiliares en conservación e mellora de montes (nivel 1) e montaxe e reparación de sistemas microinformáticos (nivel 2). Aquelas persoas interesadas en participar en calquera destes dous obradoiros poden anotarse na Oficina de Emprego que lles corresponda antes do 27 de setembro, data na que se procederá á selección de candidatos.
CRÓNICAS - Setembro 2021
5
Actualidade FRADES O Concello prevé co centro estará construído en 150 días
OROSO
Adxudicado por 343.000 € o centro sociocomunitario de Ponte Carreira
O Concello actualizará o PXOM para aumentar a reserva de solo para vivenda protexida
O Concello de Frades vén de adxudicar por 343.683,56 € as obras do centro sociocomunitario de Ponte Carreira á empresa JSTOP Obras e Servizos SL. Unha actuación froito dun convenio asinado entre o Concello e a Consellería de Política Social, que achegará 200.000 euros en dous exercicios. O Concello achegará o resto con fondos propios. O centro sociocomunitario de Ponte Carreira dará servizo aos veciños e veciñas do municipio e nel se poderán levar a cabo actividades lúdicas e sociais, así como formación. O Concello pretende que dea servizo, especialmente, aos maiores de 60 anos, que representan o 42% da poboación do municipio. A adxudicación da obra vén de ser ratificada polo Pleno municipal, cos votos a favor do PP, a abstención do PSOE e o voto en contra do BNG, que insisten na súa preferencia por un centro de día. O alcalde, Roberto Rey Martínez, explica que “queremos que os no-
O Pleno de Oroso aprobou unha actualización do PXOM para fixar no 10% a reserva de solo para a construción de vivenda protexida, fronte ao 6,4% fixada como mínimo pola Xunta. “Temos un PXOM que permitiu a Oroso un desenvolvemento racional e proporcionado, combinando as dotacións de uso público coas que contamos, o chan para proxectos industriais e a promoción inmobiliaria, axustando a vivenda protexida ás demandas do mercado”, explicou o alcalde, Luis Rey. Pola súa banda, o PP propuxo unha revisión completa do PXOM, denunciando que o Grupo de Goberno reducía a porcentaxe de reserva de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública do 30 ao 10%. “Consideramos que é o momento de poñerse a traballar nunha revisión completa do documento para que resolva as necesidades dos cidadáns”, apuntou o voceiro popular, Alexander Doval.
Parcela onde se emprazará o centro sociocomunitario de Frades
sos veciños e veciñas dispoñan dun punto de encontro onde poder facer todo tipo de actividades, dende pilates e ximnasia, ata dispoñer dun centro para os nosos maiores con acceso a servizos como os que actualmente prestamos a domicilio a persoas de-
pendentes: fisioterapia, podoloxía e perruquería”. Así, lembrou que un centro de día só estaría aberto a dependentes de grao 2 ou 3, mentres que este centro sociocomunitario estará aberto a todas as persoas maiores do municipio.
GRUPO RAFRA DISPOÑEMOS DUN AMPLO GRUPO DE PROFESIONAIS E COLABORADORES PARA PRESTARLLE UN COMPLETO SERVIZO FISCAL, LABORAL, XURÍDICO, MERCANTIL E IMPOSITIVO
CRÓNICAS - Setembro 2021
6
Actualidade CERCEDA/OROSO A obra contará cun orzamento total de 210.000 euros e terá unha lonxitude de máis dun quilómetro
Cerceda e Oroso melloran os seus colexios Os Concellos de Cerceda e Oroso veñen de realizar importantes labores de mantemento e melloras nos seus centros escolares que van máis aló das súas competencias como administracións locais, toda vez que o Ensino é unha competencia autonómica. No caso de Cerceda, o seu alcalde Juan Manuel Rodríguez asegura que “é un pracer colaborar con dous colexios que forman parte das nosas vidas e estar a disposición das súas demandas. Aínda que a regulación e administración da ensinanza reglada é competencia da Xunta, contribuir a protexela debe ser sempre unha das maiores bandeiras”. Así, no CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro realizáronse illamento e pintado das aulas, rehabilitouse arquitectonicamente unha aula e se limparton os patios para que se puideran pintar xogos. No CPI O Cruce, procedeuse á limpeza das aulas e zonas comúns, acondicionouse un muro limítrofe coa piscina e se retirou o cableado antigo, que foi substituído por unhas novas conexións eléctricas.
Ambos alcaldes coinciden en destacar que teñen que asumir competencias que non lles corresponden en materia de ensino
Así mesmo, podáronse as árbores do patio, acondicionouse o baño, a aula e o patio de infantil; se derrubou e acondicionou a antiga biblioteca; e se repararon as persianas nas aulas que o precisaban. A maiores, están en fase de execución as obras de acceso ao colexio, cunha mellora na zona de aparcadoiro cunha capa de aglomerado, a ampliación do camiño de acceso e a dotación de servizos de alumeado, saneamento, reco-
llida de pluviais e abastecemento de agua, así como a ampliación da beirarrúa na AC-400. 22.000 euros en oroso No caso de Oroso si que cifraron o investimento realizado nos centros de ensino co gallo do inicio do curso 2021-2022: un total de 22.000 euros. Así llelo comunicaron o alcalde, Luís Rey, e a concelleira de Ensino, Isabel Fernández, aos pais e nais da aula
de Deixebre do CRA, onde este curso se comezará a impartir o primeiro ciclo de Educación Primaria. Unha reunión na que lles explicaron as reformas realizadas e escoitaron as súas demandas e suxestións. Finalmente, o acalde Luis Rey comprometeuse “a manter e potenciar a aposta do noso concello polo ensino público e polos centros do rural, moi necesarios para manter os servizos nas parroquias”.
FRADES Xunta nunha unidade mixta a 4º e 5º de Infantil
Educación non acepta as peticións da comunidade educativa De nada serviron as reunións coa Xunta, as manifestacións da comunidade educativa, o apoio total de todos os partidos da corporación municipal... Finalmente, a falla dunha única matrícula propiciou que a Consellería de Cultura, Educación e Universidades xuntara nunha unidade mixta o alumnado de 4º e 5º de infantil, de 18 alumnos/as. David Mosquera, representante dos pais e nais afectados, pedíalle á Xunta unha “excepcionalidade” que non chegou: “se por un alumno se quita un docente, isto non é apoiar o rural”. Un punto no que incidiu Belén Mato, presidenta da ANPA O Fopo,
quen lembrou que “no rural os alumnos que empezan non adoitan ir ás garderías nin traen uns hábitos adquiridos e pensamos que iso pode frear o camiño que xa teñen andado os de 5 anos”. A derradeira concentración diante do CPI Ponte Carreira contou coa presenza dos distintos grupos políticos que compoñen a Corporación Municipal de Frades, encabezados polo alcalde Roberto Rey Martínez, así como representantes de CIG Ensino encabezados polo secretario nacional Suso Bermello, e a deputada autonómica socialista Belén Rodríguez Rumbo.
CRÓNICAS - Setembro 2021
7
ACtuAlIdAde oRoSo O Concello licita máis de 262.000 euros en obras de mellora nas parroquias
FRADES
Porto Aiveira terá un circuíto para bicis
o consultorio médico de Abellá reabre a súas portas o 28 de setembro
O Concello de Oroso vén de iniciar as obras de construción dun circuíto “Pump track” para bicicletas que terá unha lonxitude de máis de 800 metros e un ancho variable de entre 2,4 e 6 metros. Un circuito petición do Club Ciclista Oroso ao Concello, xa que será unha zona onde practicar saltos e piruetas. “Considerámolo unha boa iniciativa para fomentar os hábitos de vida saudables e o deporte entre os nenos e nenas”, explica Antonio Leira, concelleiro de Deportes, quen lembra que dentro desta aposta, e tamén en Porto Avieira, o Concello vai poñer en marcha tamén un novo circuíto de lecer e multideporte ao redor do campo de hípica e de béisbol.
Utilizarase zahorra e materiais axeitados á contorna natural para o circuíto
mElloRAS En ESTRADAS Por outra banda, o Concello confirmou o remate das obras de renovación do aglomerado nos lugares de de Vilar de Abaixo (Deixebre), e Zan e A Costa (Trasmonte), nos que investiu máis de 60.000 euros. “Con esta actuación, damos resposta ás demandas veciñais e melloramos a seguri-
dade viaria nestes camiños, tanto dos vehículos como dos peóns”, explica o alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde. Por outra banda, durante este mes de setembro o Concello de Oroso licitou máis de 262.000 euros en obras de mellora de camiños nas súas parroquias. Así, cun orzamento de 187.502, sacouse a licitación as obras
de ampliación do viario que une os núcleos de Piñeirón e Carollo, en Cardama. Así mesmo, destinaranse outros 75.223 euros na renovación do aglomerado en Cabanas-Sar (Os Ánxeles), San Román de Abaixo (Pasarelos), Ventosa (Cardama), Oroso Pequeno (A Gándara) e O Barral (Villaromarís). SAnEAmEnTo E AbASTECEmEnTo Finalmente, o Concello de Oroso vai investir 185.000 euros na mellora da rede de abastecemento de auga e saneamento dos núcleos dos Carballos (Deixebre) e Campo de Cabanas (Oroso). “Un dos piares da nosa acción de Goberno é a mellora e renovación continua dos servizos e infraestruturas públicas”, sinala o alcalde, Luís Rey. Ambas actuacións forman parte da actuación conxunta no rural orosán anunciadas o pasado mes de xullo polo Grupo de Goberno socialista e que inclúen distintas obras que suporán un investimento próximo aos 900.000 euros.
O Concello de Frades informa de que o consultorio médico de Abellá volverá a abrir as súas portas á veciñanza o martes 28 de setembro e seguirá prestando os seus servizos no mesmo horario de antes da pandemia, é dicir, martes, xoves e venres polas mañás. Así llo vén de confirmar a Xerencia de Atención Primaria de Santiago ao alcalde, Roberto Rey Martínez, quen agradece que se cumpra co comprometido hai meses. “Levamos tempo mantendo conversas coa Xerencia e dicindo que tiñamos o seu compromiso de que o consultorio de Abellá volvería a abrir despois do verán. E finalmente así vai ser”. Antes da reapertura, o Concello fará unha pequena actuación no interior para adaptar as instalacións aos protocolos anti-covid. “Ao final demóstrase que todo o que levamos dicindo sobre o consultorio era verdade: que a Xerencia non se plantexaba o seu peche e que era tan so un peche temporal”, sinala Rey.
Actividades para nenos/as CPI de Ponte Carreira
lUnS
mARTES
Xogos psicomotrores (3 a 7 anos). 15:20 / 16:20 h. patinaxe (iniciación e perfeccionamento). 17:15 / 18:30 h. badminton. 18:30 / 19:20 h.
XoVES
PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA CRIANZAS E PERSOAS ADULTAS Información e inscricións:
981 695 567
www.concellodefrades.es pRAZAS lImITADAS medidas de seguridade segundo o protocolo Covid vixente no momento
Fútbol Sala (prebenxamín a infantil). 15:20 / 17:20 h.
Debuxo e pintura. 15:20 / 16:20 h. Zumba Kids (pendente de horarios).
VEnRES multideporte (7 a 12 anos). 15:20 / 16:20 h.
mÉRCoRES Fútbol Sala (prebenxamín a infantil). 15:20 / 17:20 h.
SÁbADoS mecanografía Informática No multiúsos, pola mañá.
Actividades para persoas adultas PILATES ponte Carreira Luns. 19:30 / 20:30 h. 20:30 a 21:30 h. multiúsos Frades Venres. 19:25 / 20:25 h. Galegos Venres. 20:35 / 21:35 h. Abellá Venres. 21:45 / 22:45 h.
XIMNASIA DE MANTEMENTO nas parroquias. 12 persoas. Luns. 16:30 / 18:20 h. Venres. 16:30 / 19:20 h. ZUmbA. Pendente horarios. Pavillóns de Ponte Carreira e Abellá. TAllERES DE mEmoRIA. SEnDEIRISmo InFoRmÁTICA E mECAnoGRAFíA
CURSOS
Apicultura,Poda e inxertos, Sulfatos ecolóxicos, Manipulación de alimentos, Google my Business (potenciar o meu negocio en internet), WhatsApp Business (para o comercio), Cociña, Benestar animal, Nutrición e dietética, Mozo de almacén, Conservación e envasado de alimentos, Arte floral, Cestería, Restauración e tapicería de mobles, Repostería, Patchwork, Bixutería con pasta fria, Inglés..
8
CRÓNICAS - Setembro 2021
Actualidade ORDES Suporán un investimento de 400.000 euros
Licitada a humanización das rúas Mediodía e Víctor González Faya O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez, anunciaron a licitación das obras de humanización das rúas Mediodía e Victor González Faya, que contarán cun investimento de case 400.000 euros para levar a cabo a súa mellora integral. As intervencións que se propoñen no proxecto son a demolición de beirarrúas e demolición, explanación e limpeza do terreo; logo levarase a cabo a pavimentación e o asfaltado, A obra contempla tamén a reposición das tubarías de pluviais e augas residuais. Ademais, instalaranse un novo equipo de alumeado exterior e nova sinalización viaria para rematar con pintura da superficie da calzada.
COMARCA
A Xunta concede axudas para 2 casas do maior en Tordoia e outra en Frades A Xunta vén de conceder axudas para a creación de 71 casas do maior na comunidade, tres delas na nosa comarca que suporán un investimento de 45.000 euros. En Tordoia, os centros beneficiados son Casa do Maior de Pedralonga e Casa do Maior O Dolmen; mentres que en Frades o proxecto denomínase Eryna. Estas casas do maior funcionan como pequenos centros de día e permiten que os municipios que non contan con recursos de conciliación poidan ofrecer terapias e actividades ás persoas maiores dentro da súa contorna.
ORDES
O BNG alega contra os proxectos de eólicos Meirama e As Encrobas O BNG de Ordes vén de rexistras as súas alegacións aos proxectos dos parques eólicos Meirama e As Encrobas, nos que aprecian “un posible fraude na tramitación”. Ademais, fan fincapé no “grande impacto paisaxístico que suporá a implantación destes parques eólicos na contorna”, segundo Pablo Vidal, voceiro do BNG.
CRÓNICAS - Setembro 2021
9
Actualidade TORDOIA O Concello investirá máis de 220.000 euros en dúas sendas peonís
MESÍA
O Concello acondiciona a contorna da Igrexa de Viladabade
A Xunta remata a primeira fase da ampliación da rede de abastecemento de auga
O Concello de Tordoia vén de rematar as obras de acondicionamento e mellora da contorna da Igrexa de Viladabade, dentro da súa política de mellorar os arredores das igrexas das distintas parroquias do municipio. Os traballos consistiron na renovación da capa de rodaxe con aglomerado tanto da estrada como da zona de aparcamento. Semanas atrás, as actuacións de humanización tiveran lugar en Leobalde, onde se construíu unha senda peonil desde Abongo. Sendas peonís Dende o Goberno que preside Antonio Pereiro, adiantan que a próxima actuación terá lugar na parroquia de Castenda, onde se proxecta unha senda entre A Tarroeira e a Igrexa. A seguinte, en Andoio, unirá O Castiñeiro coa Igrexa de San Mamede. Dúas actuacións que suporán un investimento de 101.808,3 euros e 120.398,39 euro, respectivamente.
Acondicionamento da Igresa de Viladabade (arriba) e senda peonil
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, rematou as obras da primeira fase de ampliación da rede de distribución de auga no concello de Mesía. A titularidade das novas infraestruturas foi entregada ao Concello. Con esta actuación, que supuxo un investimento de máis de 576.000 euros, dótase de abastecemento á zona oeste do municipio, chegando nesta primeira fase á parroquia de San Cristovo, así como a unha parte das parroquias de Visantoña e Olas. Na actualidade a parte leste do concello xa dispón de abastecemento. Os traballos centráronse na construción dunha rede de subministro a través da execución do novo ramal principal, desde o anel existente que se dirixe ata Visantoña ata a estrada AC-223. De aí parte a canalización principal e varios ramais. Esta intervención permitirá dar servizo a un total de 1.224 habitantes equivalentes para o ano horizonte 2042.
CRÓNICAS - Setembro 2021
10
Viaxe a Portugal por auga e terra Un grupo de 55 veciños e veciñas de Frades participou nunha excursión a Portugal, organizada polo Concello en colaboración con Vagalume Ocio e Tempo Libre. Unha viaxe na que participaron o alcalde, Roberto Rey Martínez, e os concelleiros de Cultura, Carlos Portos, e Maiores, Jesús Francos.
A expedición dividiuse en dous grupos: vinte deles fixeron unha ruta en caiac polo Cuquedo ata Fortaleza e Valença do Minho, lugares que estaban sendo visitados neses intres polos 35 participantes na excursión, que desfrutaron dunha mañá de compras. Tras xantar, visitaron Vilanova de Cerveira.
FRADES
CERCEDA
xente dE aquí
Ensaios para o video de Anacleta
O Dolmen de Cabaleiros recibe visitas de múltiples lugares Pontevedra, Rodeiro, Suíza, Cea, Xaén... son só algúns dos lugares de procedencia das persoas que vistaron do Dolmen de Cabaleiros durante este verán. Unhas visitas guiadas organizadas polo
TORDOIA
unha moucha interesada na reciclaxe. Para promover a súa campaña, gravará un videoclip cunha canción no que a rapazada bailará ou actuará como figurante.
OROSO
Rapaces e rapazas de Cerceda, de entre 5 e 13 anos de idade están a ensaiar no Museo do Moucho, dúas veces por semana, para participaren no videoclip de Anacleta,
Concello de Tordoia, en colaboración coa Deputación da Coruña, que tiveron lugar os sábados, domingos e festivos destes tres últimos meses e que rematarán o próximo 30 de setembro.
Éxito dos tapóns solidarios “Axuda a Burundi”, mentres que a segunda foi para Matías Rey, un rapaz que precisa axuda para financiar as custosas terapias que precisa a través de “Tu ayuda=mi ilusión”.
FRADES
TRAZO
Dúas toneladas de tapóns de plásticos leva recollidos o Concello de Oroso cos dous “corazóns solidarios” instalados no municipio. A primeira tonelada foi doada á ONG
Obradoiros de Saúde e Benestar Emotiva despedida dos tres grupos de mulleres de Restande que participaron nos Obradoiros de Saúde e Benestar organiza-
dos polo Concello de Trazo, que xa confirmou que continuará con estas actividades na parroquia de Xavestre.
Récord en Frades: 60 nenos/as nos Campamentos de Verán Unha gran “Festa oitenteira” no polideportivo municipal de Ponte Carreira serviu para poñer o punto e final aos Campamentos Municipais de Verán do Concello de Frades, que pechan despois de ter marcado un novo récord de parti-
cipación: 60 nenos e nenas, de entre 4 e 12 anos, durante os meses de xullo e agosto. Unha festa que, como todo o campamento, tivo lugar cumprindo as distintas medidas de prevención fronte á Covid-19.
CRÓNICAS - Setembro 2021
11
xente dE aquí COMARCA O seu obxectivo é formar a empresas e emprendedores/as no sector turístico
A Mancomunidade promove unha Academia de Turismo da Comarca A presidenta da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Susana García, vén de presentar o proxecto da Academia de Turismo da Comarca de Ordes. O obxectivo desta iniciativa, posta en marcha co apoio da Deputación da Coruña, é formar a empresas e emprendedores/as de toda a comarca no sector turístico, achegándolles as ferramentas necesarias para facer do turismo un reclamo local e unha fonte de ingresos para os veciños e veciñas. De feito, a Mancomunidade leva xa tempo traballando nunha estratexia turística conxunta para os seus sete concellos, pois o turismo é unha interesante fonte de promoción e de ingresos para a veciñanza. A Academia de Turismo inclúe dúas accións diferenciadas: Clases Maxistrais e
TORDOIA
O Concello incorpora unha axente de Igualdade ás actividades
Presentación da Academia de Turismo da Comarca de Ordes, na Praza de Abastos
Mentorizacións, para as que contan cun amplo plantel de formadores/as cunha ampla experiencia en cada un
dos subsectores do turismo. Para participar só hai que anotarse en https:// mancomunidadeordes.gal.
O Concello de Tordoia, en colaboración coa Deputación da Coruña, vén de contratar unha axente de Igualdade, que se incorporou durante o verán ás actividades do campamento de conciliación baixo a lenda: “Por un verán en igualdade”. Os seus obxectivos no municipio serán sensibilizar e loitar contra a violencia de xénero, promover a igualdade e poñer en marcha todas as accións específicas que sexan precisas.
OROSO
GóisOrosoArte con aroma a despedida O Centro Cultural de Sigüeiro acolle unha nova edición do certame internacional GóisOrosoArte, que reúne obras de artistas procedentes de 25 países distintos que “lle ensinan aos veciños a súa visión da realidade”, explicou o alcalde
orosán, Luís Rey. Unha edición na que se realizou un recoñecemento tanto ao ex alcalde de Oroso, Manuel Mirás, como á súa homóloga portuguesa, Lurdes de Oliveira, que este mes deixa a Presidencia da Cámara de Góis.
CRÓNICAS - Setembro 2021
12
María do Carme Nouche Porro celebra o seu 110 aniversario María do Carme Nouche Porro (Barbeiros, 17-9-1911), veciña da Senra (Poulo), ven de celebrar o seu 110 aniversario, acompañada pola súa familia e veciños/as. O alcalde
ORDES
TRAZO
xente dE aquí
de Ordes, José Luís Martínez, entregoulle un ramo de flores e, xunto á AAVV de Poulo, unha placa conmemorativa. Carme é a segunda persoa máis lonxeva de Galicia.
Leilía enche de música a Carballeira de Chaian
Os Xoves de Praia de Frades encheron nove autobuses Unha media de 50 veciños e veciñas de Frades participaron este verán na iniciativa “Xoves de Praia” que, durante nove días tivo lugar na praia de Barraña. O autobús recolleunos por parroquias e
FRADES
ciñas, respectando os protocolos Covid, desfrutaron dun gran espectáculo musical, co que Leilía está a celebrar o seu 30 aniversario.
OROSO
A Carballeira de Chaián quedou pequena para acoller o concerto que Leilía ofreceu o pasado 11 de setembro. Centos de veciños e ve-
trasladounos ata Boiro. Na derradeira excursión estiveron acompañados polos concelleiros de Cultura, Juan Carlos Portos; Benestar Social, Ánxeles Álvarez; e Turismo, Jesús Francos.
A “Semana Cultural” orosá leva á mocidade ao Aquapark dades a carpa instalada a carón da alameda de Gois. Unha xornada na que os máis novos e novas puideron gozar das atraccións acuáticas do parque cercedense.
FRADES
TORDOIA
A mocidade de Oroso desfrutou dunha excursión ao Aquapark de Cerceda, organizada polo Concello no marco da súa “Semana Cultural 2021”, que encheu de activi-
Xincana de Igualdade O alumnado do campamento de conciliación participou nunha xincana de igualdade, na que traballaron a linguaxe non sexista, os roles e estereotipos de xénero, a corres-
ponsabilidade e a violencia de xénero. Na última xornada, a técnica de Igualdade de Tordoia deulles unha charla sobre estes xogos para que interiorizaran os conceptos.
Éxito do festival folclórico O festival folclórico organizado polo Concello de Frades para promover a Feira de Ponte Carreira resultou todo un éxito. Durante a mañá, a música correu a cargo de Os Viqueiras de Ordes.
Pola tarde, a actuación dos monicreques de “Os Monifates no Camiño” precedeu a una animada foliada protagonizada por Embruxo Gaiteiros, Sarillo de Aiazo e Bouba Pandetereiras.
CRÓNICAS - Setembro 2021
13
PUBLICIDADE
14
CRÓNICAS - Setembro 2021
FÚTBOL
XADREZ
DEPORTES
Visita de técnicos do Deportivo O V Torneo de Xadrez Concello de Cerceda reúne a 91 xogadores
Un ouro e dúas pratas no Campionato de Doma Clásica
Os cursos de natación de Frades reúnen a 57 persoas
As amazonas ordenses Estela Ventureira Fraga, Sara Meijide Tobío e Julia Viaño Tobío obtiveron tres medallas no Campionato Galego de Doma Clásica, que tivo lugar no Club Hípico Cemar de Mondariz. Julia Viaño conseguiu a medalla de ouro na categoría AP, mentres que Estela Ventureira Frada logrou unha medalla de praza na categoría alevín. Completou o trío de medallas no Campionato Galego de Doma Clásica a amazona Sara Meijide Tobío, que conseguíu outra presea de prata na categoría Rider 1.
Un total de 57 persoas, 44 nenos e nenas e trece persoas adultas, participaron nos Cursos de Natación organizados polo Conce-
Grandes resultados do Oroso TM
Dous bronces para Lara López no Campionato de Europa
Excelentes resultados da rapazada do Oroso TM tanto en Galicia coma no País Basco. En Cangas, o benxamín Iago Viqueira chegou a semifinais e subiu ao podio; mentres que os xuvenís Martín Fernández e Uxío Pampín xogaron a final
do torneo, gañando este último por 3-2. No País Basco, no Circuíto de Mozos da Zona Norte, Naiara Otero proclamouse subcampioa alevín feminina; mentres co benxamín Sasha Malov foi subcampión alevín.
Lara López Fernández vén de conseguir dúas medallas de bronce no Campionato de Europa de Nacións de Salvamento e Socorrismo, que tivo lugar en Castellón. Ademais das medallas en relevo de sprint e relevo de ocean mixto, a deportista ordense case consegue a súa terceira medalla en relevo de ocean feminino (4ª). A maiores conseguiu unhas meritorias clasificacións no resto de probas que desputou: sprint (6ª), 100 metros remolque de manequín con aletas (8ª), bandeiras (10ª) e carreira con esquí de salvamento (13ª).
NATACIÓN
éxito de participación: 91 xogadores de toda España e de moito nivel. A vitoria foi para Aleksa Strikovic, seguido por Fernando Sánchez.
llo de Frades na piscina municipal de Papucín durante os meses de xullo e agosto. O alcalde, Roberto Rey, entregou os diplomas.
SOCORRISMO
CICLISMO
HÍPICA
A quinta edición do torneo de Xadrez Concello de Cerceda, puntuable para o Circuíto Intercomarcal da Deputación, resultou un
Técnicos do RC Deportivo da Coruña visitaron o campo de fútbol de Vista Alegre, onde compartiron unha xornada de adestramentos cos prebenxamíns, benxamíns, alevíns e infantís da SDC Órdenes.
CRÓNICAS - Setembro 2021
15
DEPORTES MOTOR O piloto orosán, capitán do Oroso Motor Sport, impúxose a Manuel Trevín
XADREZ
Manuel Souto estrea o seu Peugeot 205 gañando o Slalom de Monterroso
Xadrez Ordes bota a andar o vindeiro mércores 6 de outubro
Chegar e bicar o santo. Iso si, despois de moitas semanas de intenso traballo preparando o coche pero o certo é que o estreo do Peugeot 205 do Oroso Motor Sport non puido ser mellor, toda vez que Manuel Souto gañaba con autoridade a oitava edición do Slalom Concello de Monterroso. O piloto orosán levou a vitoria nesta proba do Campionato Galego de Slalom, que reuniu a un total de 31 pilotos en terras lucenses. O dominio de Souto e o seu Peugeot 205 quedou claro dende os entrenos, pois marcou o mellor tempo en ambas mangas. Uns entrenos nos que tamén destacaron os que ao final serían os seus dous grandes rivais polo triunfo: Manuel Trevín e Sergio Pena. Clasificación final De feito, o primeiro golpe douno o BMW Compact de Manuel Trevín cun tempo de 2: 15:458, seguido por Pena e Souto a pouco menos de dous segundos. Na segunda e derradeira
Os mércores serán día de xadrez en Ordes. A partir das 19:00 horas do 6 de outubro, o local municipal da Rúa Reconciliación, 5-7 acollerá as clases de xadrez, impartidas por Roberto Patiño, campión galego deste deporte. As clases desenvolveranse de acordo aos protocolos Covid, polo que será preciso levar máscar, manter a distancia de seguridade e hixienizar constantemente as mans. As persoas que estean interesadas en sumarse á iniciativa poden inscribirse no mail xadrezordes@gmail.com ou nos teléfonos 620 082 859 e 651 365 375.
Manuel Souto gañou o 8º Slalom Concello de Monterroso estreando coche
manga oficial, Manuel Souto parou o crono en 2:16:219, o que lle valeu a vitoria. Manuel Trevín e Sergio Pena completaron o podio. Completaron a
clasificiación Mario Saa, Manuel Cabado, Sergio Fernández, Daniel Mellado, Sergio Novo, Alberto López e Maikel Rivas.
BALONCESTO
O equipo orosán estrea categoría infantil O Baloncesto Oroso Obradoiro Camiño Inglés bota andar unha nova temporada na que estrea unha nova categoría: a de infantil. Desde o Club informan que aínda quedan prazas libres para nenos/as de 7 a 11 anos. Información: 981 927 901.
TENIS DE MESA
Concentración en Oroso de 25 xogadores galegos e portugueses Un total de 25 xogadores do Oroso TM e TM Monteporreiro, así como do club portugués CTM Mirandela, adestraron no polideportivo de Sigüeiro. Un encontro que é froito dun convenio entre os tres clubs e que permitiu que 9 xogadores galegos tamén viaxaran a Portugal.
CRÓNICAS
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes. Edita: Underwood Media, S.L. C/Romero Donallo 26 15706 Santiago. Imprime: Tameiga. Peche de edición: 20-9-2021. Depósito legal: C 900 - 2013. Director: Javier Carnota. Teléfono: 620 967 549. Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com. Exclusivista publicitaria: Eco publicidad & márketing (www.agenciaeco.es). Álvaro Filgueira. 649 419 415. afilgueira@agenciaeco.es