A pandemia provocada pola expansión do COVID-19 trouxo consigo a parálise ou a modificación de actividades de todo tipo programadas nas sociedades de países de todo o mundo. E o deporte viuse tamén, como non, afectado. Unha das primeiras consecuencias neste ámbito foi o aprazamento dos Xogos Olímpicos de Tokio (2020) para o ano 2021. A proximidade das datas programadas inicialmente (xullo de 2020) ós momentos de maior crecemento da pandemia non deixou outra elección. Todo parece indicar que esta vez si vai ser posible a celebración: o COI ten todo disposto para que arrinquen no país asiático o vindeiro 23 de xullo; a clausura será o 8 de agosto. Se o virus o permite, agárdannos dúas semanas intensas de deporte.
A exposición que ides ver a continuación pretende achegarvos un pouco máis ós Xogos Olímpicos. Para iso, recóllese nela información sobre os seguintes aspectos: • Breve información sobre Xapón, país que acolle a nova edición dos xogos • Os xogos olímpicos na Antigüidade • Restauración, no S. XIX, das Olimpiadas • Curiosidades sobre competicións e competidores olímpicos • Os Xogos Paralímpicos • Grandes deportistas olímpicos Ademais, na TV da entrada proxectaranse nestes días imaxes sobre os deportes olímpicos na actualidade.
ARQUIPÉLAGO DE XAPÓN
PRINCIPAIS CIDADES XAPONESAS
TOKIO, CAPITAL DO XAPÓN, é unha das cidades máis poboadas do mundo (máis de 13 millóns de habitantes) cunha altísima densidade de poboación e cun desenvolvemento urbán dos máis modernos do mundo. - Millóns de persoas desprázanse a diario desde os arredores para ir ó traballo (na área metropolitana da cidade viven ata 35 millóns de habitantes). En Tokio está a estación de tren máis transitada del mundo (Shinjuku) con 4 millóns de usuarios ó día e 36 apeadeiros, así coma o paso de peatóns máis transitado do mundo (Shibuya) polo que cruzan máis de 5 millóns de persoas cada día. - A moeda en circulación é o yen. - A lingua maioritaria é o xaponés.
Templo Sensoji (budista)
Cruce de Shibuya, uno de los barrios más modernos y activos de la ciudad
Tokyo Skytree, torre de telecomunicacións con 634 metros de altura (é a construción máis alta da cidade)
Akihabara, coñecido coma o barrio electrónico (tendas de manga, vídeoxogos, ordenadores…)
Torre de Tokio, inspirada na Torre Eiffel, con 300 m. de altura
E ESTES SON SÓ ALGÚNS DOS LUGARES MÁIS COÑECIDOS DA CIDADE DE TOKIO...