XOGOS OLÍMPICOS NA ANTIGÜIDADE E REPOSICIÓN NO SÉCULO XIX

Page 1

XOGOS OLÍMPICOS

- ORIXE DOS XOGOS OLÍMPICOS: OS XOGOS PANHELÉNICOS - PROBAS OLÍMPICAS NA ANTIGÜIDADE - RESTAURACIÓN DOS XOGOS OLÍMPICOS NO SÉCULO XIX


XOGOS OLÍMPICOS

O espírito competitivo e de superación animaba aos gregos en todas as manifestacións da vida. Competición dicíase en grego agón e de aí o termo agonístico, que caracterizou sempre á cultura e á civilización grega. Precisamente este espírito competitivo explicaría por un lado a perfección alcanzada polos gregos na arte, na literatura, e, en xeral, en todas as manifestacións culturais e por outro, o nacemento e desenvolvemento do deporte en Grecia. O valor dos xogos foi múltiple: representou unha manifestación relixiosa de acatamento aos deuses, contribuíu ao desenvolvemento harmónico do corpo e da alma, favoreceu a amizade dos pobos e cidades e buscou a unidade dos helenos. Na

antigüidade

celebrábanse

distintas

competicións

deportivas e nelas rendíaselles culto aos deuses. Dependendo de onde se celebraran os xogos, dedicaríanse a deuses diferentes. Catro eran os xogos panhelénicos (nos que participaban habitantes de toda Grecia) máis importantes:


XOGOS OLÍMPICOS

Xogos Olímpicos Celebrábanse en verán, no santuario de Olimpia, cada catro anos e estaban adicados a Zeus. Duraban cinco días.

Santuatio de Olimpia

As probas que celebraban eran atléticas, de combate ou hípicas e tamén coincidindo con estas celebracións tiñan lugar certames de poesía, música, canto e narracións. O premio que recibían os atletas vencedores era unha coroa de oliveira, unha folla de palma e unha banda branca para cinguir na fronte. A cerimonia de coroación celebrábase ante o templo de Zeus. O nome do vencedor poñíase nunha lista que fora feita polo Consello Olímpico.

Xogos Píticos Eran os máis famosos despois dos Olímpicos. Celebrábanse tamén cada catro anos -sempre no terceiro despois dos xogos olímpicos-

no santuario de Delfos, e estaban dedicados ao deus

Apolo. Segundo a lenda neste lugar instaurouse o culto a Apolo, xa que foi nese mesmo santuario, onde este deus matou a serpente Pitón, de aí o nome de Xogos Píticos.


XOGOS OLÍMPICOS

Templo de Apolo

Ao principio, as competicións que tiñan lugar en Delfos eran só musicais, e foi a principios do século VI a.C., cando se engadiron as atléticas e as hípicas. Os preparativos e a organización dos xogos corría a cargo da Anfictionía, unha liga de cidades que sempre foi a responsable da custodia do santuario. Os vencedores eran recompensados cunha coroa de loureiro, árbore sagrada de Apolo. Celebrábanse durante cinco días, cunha duración similar aos Olímpicos

e

mantivéronse

ata

finais

do

século

IV

a.C.


XOGOS OLÍMPICOS

Os Xogos Ístmicos Celebrábanse no itsmo de Corinto (de aí a denominación de “itsmicos”), en torno a un santuario dedicado ao deus do mar, Poseidón; de aí que tamén se lles chame “Poseidonios”.

Datan do 690 a.C. e celebrábanse cada dous anos en abril, no segundo e cuarto de cada olimpíada. Os encargados de organizar estes xogos eran as autoridades da cidade de Corinto, agás no século transcorrido despois de que os romanos destruíran Corinto, que se fixo cargo da súa organización a veciña Sición. No 44 a.C Xulio César volveu fundar esta cidade e deulle o dereito de volver organizar xogos. Os vencedores destas competicións eran recompensados cunha coroa de apio seco, pero dise que anteriormente e tamén na época romana a coroa dos vencedores era feita cunha rama de piñeiro tomada do piñeiral sagrado que rodeaba o santuario de Poseidón. Celebrábanse competicións deportivas e musicais que se alternaban con cerimonias relixiosas.


XOGOS OLÍMPICOS

Os Xogos Nemeos Son os menos coñecidos , celebrábanse en Nemea, na honra de Heracles, quen conseguiu matar o león que asolaba a cidade. Tiñan lugar cada dous anos, nos anos segundo e cuarto de cada Olimpíada, nos meses de xullo ou agosto

.

Estadio de Nemea

O programa deportivo tiña competicións hípicas,​atléticas, pentatlón,​pancracio,​puxilato, loita e tamén probas artísticas. Había tres categorías de competidores: nenos, mozos e adultos.9​ A afluencia de público durante as celebracións era masiva: nos estadios podían xuntarse nada menos que 40.000 espectadores). Os vencedores eran premiados cunha coroa de apio verde.


XOGOS OLÍMPICOS

XOGOS OLÍMPICOS ORIXE Ao grego Heracles, chamado Hércules en Roma, atribúeselle a súa orixe, por iso nas metopas do templo de Zeus en Olimpia aparecen os doce traballos de Heracles. Era un heroe que pola súa fortaleza física alcanzou o rango divino e converteuse en protector do deporte. Os primeiros Xogos Olímpicos tiveron lugar no ano 776 a.C. e desde entón celebráronse cada catro anos ata o 393 d.C.

Hércules Farnesio

CONVOCATORIA E PREPARACIÓN DOS XOGOS OLÍMPICOS Cando comezaba o ano olímpico tres heraldos sagrados, chamados espandóforos, é dicir, portadores da tregua, recorrían as ágoras de todas as cidades de Grecia anunciando a próxima celebración dos xogos e o inicio da “tregua sagrada”, que duraba tres meses. A “tregua sagrada” Consistía en garantir aos atletas e aos espectadores o desprazamento e o retorno aos seus lugares de orixe sen que perigasen as súas vidas a pesar dos conflitos que puideran existir. O respecto a esta tregua, que supoñía a parálise dos conflitos bélicos, fixo posible que os xogos olímpicos se celebrasen durante moito tempo cada catro anos.


XOGOS OLÍMPICOS

Os atletas que querían participar nos xogos debían entrenar dez meses antes, o último mes xa na Élide, capital da rexión, a 57 Km de Olimpia. O Consello Olímpico era o encargado de organizar os xogos. Este consello estaba formado por dez xuíces, chamados helanódikas, que tiñan como misión administrar o tesouro de Zeus, seleccionar aos atletas, supervisar os seus entrenamentos, dirixir os ritos de purificación,

clasificar

e

inscribir

aos

participantes,

dirixir

o

desenvolvemento das probas, conceder premios e impoñer sancións. Antes de competir, aos deportistas esixíaselles facer unha dieta rigorosa,

na cal o elemento básico era a carne, controlaban a

hixiene, o sono, as relacions sexuais e o seu réxime de vida.

Calendario olímpico Os xogos duraban, como xa se mencionou con anterioridade, cinco días e celebrábanse en verán. Iniciábanse co xuramento olímpico que atletas, entrenadores e acompañantes facían ante a estatua de Zeus, diante do templo dedicado a esta divinidade.

Estatua crisoelefantina de Zeus, Fidias (s.V a.C)


XOGOS OLÍMPICOS

O primeiro día, pola mañá, realizábanse as cerimonias, desfiles e actos relixiosos e pola tarde celebrábanse competicións de mozos, naquelas probas en que existía esta modalidade: carreiras, loita, boxeo e pancracio. O segundo día, dedícabase á proba considerada máis espectacular, a de cuadrigas, seguida da de cabalos de monta. A competición ía precedida dun vistoso desfile, que marcaba o inicio dos xogos. Todos os carros participantes facían a súa entrada no hipódromo nun desfile encabezado polos helanódikas e precedidos por un heraldo e un trompetista. Pola tarde as probas hípicas coincidían coas probas do pentatlón: tres destas, lanzamento de disco e xavelina e salto de lonxitude, eran exclusivas do pentatlón; as dúas restantes, a carreira do estadio e a loita eran independentes e tiñan lugar o cuarto día. O terceiro día estaba dedicado aos actos religiosos. As ceremonias remataban cunha gran procesión na que participaban xuíces, sacerdotes, embaixadores das cidades, atletas, entrenadores...A procesión detíñase diante do altar de Zeus, onde se sacrificaban cen bois (hecatombe) e parte da súa carne era ofrecida a Zeus e outra era consumida nun banquete pola noite. O cuarto día, realizábanse probas atléticas: pola mañá as carreiras e pola tarde, loita, boxeo e pancracio. O quinto día, estaba dedicado á proclamación e coroación dos vencedores, ante o templo de Zeus. O vencedor era coroado cunha coroa de ramas trenzadas de oliveira. Só recibía premio o vencedor. A clausura remataba cun novo banquete sagrado que os helanódikas ofrecían

aos

vencedores

e

aos

embaixadores

das

cidades.

As probas atléticas e de loita celebrábanse no estadio e as hípicas no hipódromo.


XOGOS OLÍMPICOS

O Código Olímpico

Era un conxunto de condicións esixidas aos participantes nos xogos:

Ser grego e libre, non escravo, nin meteco (estranxeiro).

Non estar perseguido pola xustiza.

Non ter transgredido a “Tregua Olímpica”

Ter entrenado durante os dez meses anteriores na súa cidade e un mes intensivo na Élide.

Inscribirse un mes antes.

As faltas de puntualidade son motivo de exclusión.

Debe competirse nu. Os entrenadores tamén.

Está prohibido matar ao rival.

Son condutas punibles sobornar ao rival ou deixarse sobornar.

O atleta que quede sen contrincante será o vencedor.

O atleta que se sinta maltratado poderá apelar ao Consello Olímpico.

Non se poden anular as decisións arbitrais.

Os helanódikas (xuíces encargados da organización) non poden participar.

As mulleres casadas non poden acudir aos xogos.

A covardía ante un rival será castigada.


XOGOS OLÍMPICOS

O Santuario de Olimpia O recinto sagrado estaba situado no centro dun bosque, o Altis, ao pé dunha colina dedicada ao deus Zeus. No santuario de Olimpia destácanse dous grandes templos, un dedicado a Zeus e outro á súa muller Hera.

Plano de Olimpia

No Templo de Zeus, os gañadores recibían os premios,

os

que vencían nas probas de pentatlón tiñan dereito a unha estatua neste

templo e ao regresar ás súas polis eran recibidos como

heroes. No interior da construción

atopábase a colosal estatua

crisoelefantina (de ouro e marfil) de Zeus, obra de Fidias, o famoso escultor do Partenón de Atenas. Esta estatua, hoxe desaparecida, foi considerada unha das “Sete Marabillas do mundo”.


XOGOS OLÍMPICOS

Reconstrución do templo de Zeus en Olimpia

No Templo de Hera ardía unha chama mentres que duraban os xogos.

Ademais había outros edificios que non tiñan unha finalidade estrictamente deportiva, como: - O Bouleuterion: era a sede do Consello dos maxistrados da Élide, a cidade encargada de organizar os xogos e dos helanódikas (árbitros nos Xogos Olímpicos).


XOGOS OLÍMPICOS

- Os Tesouros: eran pequenos edificios en forma de templo onde se gardaban as ofrendas que as cidades gregas ofrecían a Zeus.

Instalacións deportivas: - O estadio constaba dunha pista estreita e longa, que medía 192,27 metros de largo e 28,50 de ancho. No estadio tiñan lugar as probas atléticas, as de combate e o pentatlón. - O hipódromo estaba situado ao sur do estadio, actualmente non queda nada del. Estaba constituído por unha pista rectangular cunha barreira central arredor da cal corrían os cabalos. Nel tiñan lugar as probas hípicas: carreiras de carros tirados por dous cabalos (bigas), por catro (cuadrigas) e monta. Os carros ían guiados por un cocheiro ou auriga. - A palestra (de παλή, loita atlética) era o lugar onde se exercitaba a loita. Era un edificio cadrado que medía 66,75 metros de largo e 66,35 de ancho e estaba rodeada por un pórtico de columnas. - O ximnasio (de γυμνός, nu) era o lugar onde os atletas competían e entrenaban nus. Medía 200 metros de lonxitude cun pórtico de columnas no centro.


XOGOS OLÍMPICOS

PROBAS OLÍMPICAS NA ANTIGÜIDADE Dividíanse en 4 competicións deportivas distintas e dentro de cada una delas disputábanse varias disciplinas. Coñecíanse coma

como

agóns (palabra que deriva de agonía y supoñía o esforzo que tiñan que facer os competidores para gañar e contentar os deuses). Máis adiante incorporáronse tamén probas artísticas.

Atletismo - Carreiras de velocidade Estadio: proba de velocidade sobre a lonxitude da pista, 192,24 m. É a competición máis antiga que se coñece e equivale á carreira de 200m de hoxe en día. Diaulo: carreira de ida e volta ao estadio. Equivale á carreira actual dos 400m. Dólico ou carreira de fondo: consistía en dar vintecatro voltas ao estadio, uns 4600m. Hoplítica: trátase dunha carreira con armas: os participantes levaban coiraza, helmo e grebas, e dicir, utensilios propios dun soldado, sobre un percorrido de 400m. - Salto de lonxitude: formaba parte do pentatlón, polo menos en Olimpia. Os gregos praticábano levando nas mans unhas pesas chamadas halteras que lles servían para darse impulso e saltaban ao ritmo da frauta dobre ou “aulós”. - Lanzamento de disco: realízase de forma similar ao de hoxe en día. O disco era primeiro de pedra e despois de bronce e pesaba entre un e seis quilos e medía entre 16.4 e 34 cm.


XOGOS OLÍMPICOS - Lanzamento de xavelina: a xavelina era de madeira cunha punta de metal e medía uns dous metros de lonxitude. Cara a metade tiña unha correa cun nó corredizo no que metían os dedos índice e medio para enviala o máis lonxe posíbel. Pentatlón Era unha combinación de cinco probas: salto de lonxitude, lanzamento de disco, lanzamento de xavelina, carreira de velocidade e loita. As tres primeiras non eran independentes, senón que unicamente entraban no programa dos Xogos Olímpicos na modalidade de pentatlón.

Probas pesadas - Loita: consitía en derrubar ao adversario tres veces. Untaban os corpos con aceite e area para agarrarse mellor. Distinguíase unha categoría de adultos e outra de mozos. - Puxilato: é o precursor do boxeo moderno. Os combatientes protexíanse os dedos, as mans e os antebrazos con correas de coiro de tres metros de lonxitude. Arremetían un contra outro ata que un caía. Non había categorías por pesos, nin división en asaltos, nin límite destes. - Pancracio (“loita total”): era unha mestura entre o puxilato e a loita. Nesta proba todo estaba permitido, agás morderlle ao adversario, meterlle os dedos nos ollos, no nariz ou na boca e rabuñalo coas unllas.


XOGOS OLÍMPICOS

Probas hípicas - Monta de cabalos: realizábase sen silla e sen estribos. - Carreira de bigas (carros tirados por dous cabalos). - Carreira de cuadrigas (carros tirados por catro cabalos). Foi a proba máis antiga, popular e perigosa. Cada carreira de carros, en bigas ou en cuadrigas, consitía en facer un percorrido de 12 voltas ao hipódromo, que tiña uns 400 m. de lonxitude. Ao principio e ao final da pista había uns postes que debían rodear, o que era una manobra difícil e perigosa, pese a que só corrían catro cabalos de cada vez. A victoria era para o dono dos cabalos e non para o auriga.

Auriga de Delfos, 474 a.C.


XOGOS OLÍMPICOS

A muller e os xogos Celebrábanse en Olimpia uns xogos nos que só participaban mulleres, chamados Xogos Hereos e estaban adicados á deusa Hera. Nesta competición, que era unha carreira, as mulleres debían levar o cabelo solto e unha túnica que lles chegaba aos xeonllos e deixaba un ombro ao descuberto. Ás vencedoras concedíanlles unha coroa de oliveira e unha parte da vaca sacrificada a Hera.


XOGOS OLÍMPICOS 776 a.C-2012

Abolición e restauración Os Xogos Olímpicos foron abolidos por un edicto do emperador Teodosio no ano 393 d.C , no que ordenaba o peche de todos os santuarios, templos e lugares de culto paganos. Pierre de Coubertin, pedagogo francés partidario de introducir o deporte na escola, foi quen instaurou os Xogos Olímpicos da Idade Moderna, no 1896, data na que se celebraron en Atenas como homenaxe á terra na que naceron e para poñer de manifesto que querían ser herencia e continuación dos antigos Xogos Olímpicos.

Coubertein quería reducir as tensións que enfrentaban aos países, unindo a todos os deportistas do mundo nunha competición, na que o importante non era gañar, senón participar. Elixiu como lema para os xogos unha frase en latín que reflicte o estímulo de superación dos deportistas: “Altius, citius, fortius” (Máis alto, máis rápido, máis forte”).


XOGOS OLÍMPICOS

Creou a bandeira olímpica formada por cinco aneis de cor azul, negra, vermella, amarela e verde sobre fondo branco, que simbolizan os cinco continentes unidos polo espírito do deporte.

Fundou o C.O.I. (Comité Olímpico Internacional), institución encargada de organizar os Xogos. Nos momentos previos á celebración dos xogos, ao igual que na antigüidade, acendíase unha antorcha sagrada para simbolizar pureza, xustiza e paz entre as nacións. Un dos aspectos que máis se asocian aos Xogos Olímpicos Modernos é o ritual da chamada chama olímpica. Este foi proposto por

Pierre

de

Coubertein

inspirándose

nunha

modalidade

de

carreiras, chamada carreira das antorchas, que se celebraba durante as Panatenas, festas celebradas en Atenas en honor á deusa Atenea.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.