KATALIN KARIKÓ (1955) É unha bioquímica húngara cuxas investigacións serviron para crear as vacinas de Moderna e BioNTech contra a COVID-19. Formouse en Hungría e posteriormente migrou a EEUU, onde continuou coas súas investigacións para empregar moléculas de ARN (“ARN mensaxeiro”) como remedio contra diversas enfermidades. Na década dos 90, rexeitáronse as súas ideas e as súas peticións de financiamento porque había maior interese polo desenvolvemento dos estudos sobre o ADN como medio para
curar males como o cancro ou a fibrose quística. Pese aos obstáculos financieiros, xunto co inmunólogo Drew Weismann seguiu a desenvolver os estudos sobre o ARN para buscar unha vacina contra a sida. En 2010, a empresa Moderna, dedicada á investigación do tratamento de enfermedades infecciosas, comprou os dereitos dalgunhas das patentes de Karikó e Weissman, e o mesmo fixo BioNTech para desenvolver vacinas contra o cancro. En 2013, foi contratada por BioNTech, empresa da que na actualidade é vicepresidenta, e seguiu investigando para mellorar a técnica do ARN mensaxeiro e que os fármacos tivesen así maior eficacia. BioNTech e Moderna son coñecidas mundialmente pola súa contribución ao desenvolvemento de vacinas contra a COVID empregando a tecnoloxía do ARN mensaxeiro que K. Karikó creou a pesar das dificultades.
DIANA TRUJILLO (1981)
É a enxeñeira aeroespacial colombiana, directora de vo da misión “Perseverance”, que narrou por primeira vez en directo e en español a aterraxe dunha nave da NASA en Marte, en febreiro de 2021. Liderou tamén o equipo que deseñou o brazo robótico desa nave e construiu os dous instrumentos
(chamados Pixl e Sherloc) que axudarán a demostrar se no pasado houbo vida no “planeta vermello”. Chegou aos EEUU con 17 anos sen saber inglés e con só 300 dolares. Traballou como empregada de fogar para pagarse cursos de inglés e, máis adiante, tivo ata catro traballos para financiar os estudos de Ciencias do Espazo e Enxeñaría Aeroespacial (Universidade de Florida). Foi a primeira muller migrante de orixe hispana en ser admitida no programa Academia da NASA, e, no 2007, obtivo un emprego nesa axencia. Empezou traballando no Laboratorio de Propulsión a Chorro da NASA, onde se constrúen a maioría das naves non tripuladas. Máis tarde, incorporouse ao equipo do brazo robótico da misión “Curiosity”, cuxo obxectivo era obter información sobre a xeoloxía, a atmosfera e a posible presenza de microorganismos en Marte. É un exemplo para todas as mulleres que soñan con traballar na NASA.