Centro Xuvenil Abeiro
Campamento Urbano 2004
Descubrindo Añuroca
O retrouso do himno do Campamento Urbano 2004 do Centro Xuvenil Abeiro dicía algo así como “Vente connosco ao urbano, xuntos para descubrir, Añuroca e amigos e a ti”. E así tentamos que fora. Xuntámonos para esta actividade cento dez nenas e nenos de entre oito e catorce anos e cincuenta animadoras e animadores o dous de agosto. Estabamos ledos e un chisco nerviosos. Agasallámonos cun caramelo na entrada que, de socato, trasladounos a unha cidade fachendosa de si, acolledora de todo aquel e aquela que é de fóra, festeira e cuns cidadáns sensíbeis á diversidade, ao medio ambiente, á paz, á solidariedade… A cidade chamábase Añuroca e as súas alcaldesas fóronnos amosando día a día as súas rúas, xentes, costumes, gostos, deportes… dun xeito lúdico e divertido. A través de grandes xogos sensibilizámosnos coa problemática medioambiental da súa cidade, que por certo, ben se asemellaba á nosa; tomamos conciencia da realidade dos conflitos militares simulando unha guerra que pasara non había moito tempo naquela cidade (non se alonxaba, de seguro, coa de Iraq, Sudán, Chechenia,
UNHA
Afganistán…); coñecimos a realidade de Jôao, un neno angolano e unha institución que lle bota unha man, Lar de Noite, coa que colaboran e solidarízanse moitos seseñuroc, descubrimos pegadas doutras culturas na nosa; percorrimos barrios, lugares e recunchos de Añuroca… E todo isto ao tempo que íamos coñecendo a xente nova, algunhas de lugares tan distantes coma Ecuador, Arxentina, Uruguai, Sáhara, Venezuela…, ou de lugares e escolas da nosa cidade que nos soaban pouco, coas que compartimos viaxes á praia de Cabanas, camiñatas pola costa, encontros con outras nenas e nenos de Galiza en Silleda ou coas que participabamos ao frees-gol, balón-poste, lacrost, pano cego… ou experimentamos a nosa creatividade, ao máis puro estilo expresionista de Max Ernest, realizando unha composición artística, un chaveiro, un portafotos, unha carteira, un brinquedo… ou expresándonos corporalmente a través da maquillaxe ou o movemento. En fin, como dicía o himno que cantabamos todas as tardes, tiñamos gañas de ilusión e no urbano puidemos compartir, rir e soñar grazas a todos vós. Unha forte aperta e agardámosvos en Abeiro. José A. Rodríguez (director do C.X. Abeiro)
Sirie Otla Etnom
Otla Etnom Azo Azo Uoñabal Sollamso Otla Etnom Sollamso Añivle Arieñidrasa Sollamso Otla Etno Uoñabal Nazro Uoñabal a Etnom Nazro Nazro Añivle Solenom Añivle Arietiaga Uoñabal Arietiaga Arieñidrasa Otla Etnom Azo Solenom Sirie Arietiaga Otla Etnom Solenom Uoñabal Sirie Uoñabal Uoñabal ñivle Nazro Solenom Arietiaga Sirie Uoñabal AzoArieñidrasa NazroAzo Sollamso Solenom Sirie Sirie Añivle Añivle Solenom Otla Etnom Añivle Arietiaga Sollamso Arietiaga Arieñidrasa Sollamso Sollamso Sollamso Arietiaga Sirie Arieñidrasa Arieñidrasa Arieñidrasa Arietiaga Uoñabal Solenom Azo SolenomSollamso Arietiaga rie Arietiaga Otla Etnom Nazro Arie SolenomUoñabal Otla EtnomAñivle Sirie Nazro Azo Solenom AñivleAñivleAñivle SolenomAzo Arietiaga Uoñabal Arietiaga Arieñidrasa Otla Etnom Arietiaga Sirie Otla Etnom Uoñabal Sirie Nazro ñivle Uoñabal Uoñabal Solenom Azo Sollamso Arietiaga Sirie Uoñabal Arieñidrasa Azo Solenom Sirie Sirie Nazro Añivle Añivle Solenom Otla Etnom Añivle Arietiaga Sollamso Arieñidrasa Arietiaga Sollamso SSollamso ollamso Arieñidrasa Arieñidrasa Arietiaga Sirie Arieñidrasa Arietiaga Uoñabal Arietiaga
Arietiaga
Uoñabal
Solenom
idrasa
Uoñabal
Arieñidrasa
Azo
Añivle
Sirie
Solenom
Sirie
Arieñidrasa
Solenom
Uoñabal
Solenom
Sirie
Sollamso
Sirie
Solenom
Añivle
Sirie
Nazro
Sollamso
Sirie
Arieñidrasa
Solenom
Sirie
Añivle
Añivle
Añivle
Nazro
Uoñabal
Arietiaga
Sirie
Otla Etnom
Nazro
Nazro Arietiaga
Nazro
Otla Etnom
Solenom
Añivle
Sirie
Añivle
Añivle Otla Etnom Azo
Arietiaga
Otla Etnom
Arietiaga
Nazro
Nazro
Arietiaga
Arieñidrasa
Solenom
Otla Etnom
Uoñabal
Arietiaga
eñidrasa
Añivle
Otla Etnom
Uoñabal
Uoñabal
Azo
Solenom
Otla Etnom
Solenom
Otla Etnom
Nazro
Arietiaga
Sirie
Uoñabal
Uoñaba
Uoñabal
MEGABEIRO
Número 4
Centro Campamento Urbano 2004 Xuvenil Descubrindo Añuroca Abeiro
DÚAS
2 de Agosto Visitamos a cidade de Añuroca Entramos no campamento con moitas gañas de o pasar ben e un chisco nervosos. O primeiro que fixemos foi dar os nosos datos na secretaría, alí mandáronnos facer distintas probas como saber canto mediamos en bolígrafos, o peso que levantabamos, a lonxitude dos nosos chimpos, as pulsacións por minuto que tiñamos, o tamaño dun dos nosos pelos en dedos, os sons que escoitabamos nese momento,…Pasamos, logo, ao teatro e puidemos ver a través dunha montaxe como fora o campamento urbano do ano pasado. Amais, as animadoras convidáronnos a un caramelo e… de súpeto, apagáronse as luces, escoitamos berros e ruídos arreguizantes…e cando todo voltou a amainar e as luces se acenderon apareceu unha señora no escenario. Preguntounos se sabiamos onde estabamos. Eu coidaba que na Coruña. Levaba, esta, caxato e unha banda cruzaba todo o seu corpo. Presentouse coma a alcaldesa de Añuroca e que era na súa cidade onde nos atopabamos nese preciso intre, pois os seseñuroc, cidadáns de Añuroca, trasladárannos para coñecer a cidade a través dos caramelos. Convidounos, daquela, a xogar e facer grupos os cales tiñan nomes estranísimos Sollamso, Otla Etnom, Nazro, Azo, Añivle, Sirie, Arietiaga, Arieñidrasa, Solenom e Uoñabal. Aprendimos os nomes das rapazas e rapaces que participabamos no campamento dun xeito divertido e conquerimos as súas sinaturas co limón-limón, as palmadas, a cesta de froitas, o inquilino,… Á tarde, a alcaldesa quixo compartir o himno da súa cidade con todas as que alí estabamos. Coido que o retrouso dicía algo así como… “Vente connosco ao Urbano, xuntos para descubrir Añuroca e amigos e a ti”,¿non si?. A letra do himno estaba escrita nuns grandes anacos de papel que termaban varias animadoras. Logo, a primeira autoridade da cidade, animounos a participar en distintos obradoiros que tentaban amosar costumes e obxectos típicos dos seseñuroc (maquillaxes, brinquedos con material de refugallo, chaveiros, marcapáxinas, monicreques, portafotos, carteiras con papel de banda deseñada, papiroflexia, expresión corporal, masaxes, peluches…). Na fin do día practicamos deportes tradicionais (ringo, freesbe-gol, pano cego, xadrez, lacrost, tocados, bandeiras, balón poste) eran un chisco raros, mais algúns tiñan certas semellanzas cos nosos.
3 de Agosto Añuroca e o medio ambiente Añuroca é unha desas cidades que unha se abraia ao pasear polas súas rúas e prazas. Non hai nin borralla e dá gosto ver á súa cidadanía como separa os seus residuos, utiliza a auga responsablemente, recicla o papel e o aceite… En Santa Margarida, o pulmón verde da cidade, os seseñuroc aprendéronnos que todos os seres vivos son importantes para a vida no noso planeta, incluídos aqueles que non aprezamos ou non nos gostan; que a auga é un ben limitado e moi importante para a vida e que hai que loitar contra aqueles que a emporcallan e a contaminan; que ao ar botamos moitos fumes contaminantes que provocan ambientes onde respirar é moi custoso e nos que apenas diferenciamos os variados e diversos cheiros da natureza e que, amais, eses fumes están a estragar esa pequena teíña que nos protexe das raiolas do sol; que os envoltorios, papeis, bolsas… son para tirar nas papeleiras e non no chan… E todo isto fómolo aprendendo a través dun grande xogo no que fixemos de couza e de morcego, no que atoutiñamos diferentes obxectos que estaban colocados en distintos caldeiros con augas de río de montaña, de río de cidade, de río ao carón dunha fábrica, de mar de porto, de marea negra…,no que uliscamos paos, pedras, herbas, recollimos lixo, enchimos baldes de auga coas nosas bocas, fixemos todo tipo de ruídos…
Añuroca e amigos - Nun verán moi bación - tiñas gañas de ilusión - eu lembreite en Abeiro - fliparemos mogollón - Vente pronto canda o mar - Añuroca aquí está - agardando cós rapaces disfrutar - Un caramelo transportounos a unha cidade especial - despois de tantas aventuras ónde iremos parar - Vente connosco ó urbano - xuntos para descubrir - Añuroca e amigos e a ti (bis) - No urbano poderás - compartir rir e soñar e na xuntanza xa verás - Unha cidade pra mirar - e os 10 barrios visitar - moitos nenos, a alcaldesa, unha pucha e un carné - Un caramelo transportounos a unha cidade especial - despois de tantas aventuras ónde iremos parar - Vente connosco ó urbano - xuntos para descubrir - Añuroca e amigos e a ti (bis)
Número 4
MEGABEIRO
T R E S
Centro Xuvenil Campamento Urbano 2004 Abeiro Descubrindo Añuroca
MEGABEIRO
Número 4
Centro Campamento Urbano 2004 Xuvenil Descubrindo Añuroca Abeiro
CATRO
4 de agosto Añuroca é unha cidade pacífica Os nosos petos rebordaban de cartos, mais o futuro que tiñamos era ben negro, a ameza da guerra ensombrecía as nosas vidas. Os problemas cos outros barrios non os dabamos solucionado e a palabra apenas existía. Avións bombardeiros, granadas, tanques, fusiles... foron as nosas inversións, esquecéndonos completamente dos nosos enfermos e centros de saúde, dos nenos e nenas e das escolas, das estradas e das pontes, de sementar a terra, da xente humilde… Sollamso e Uoñabal, Sirie e Añivle, Nazro e Azo, Arietiaga e Solenom, Otla Etnom e Arieñidrasa combatían duramente con todo tipo de armas e ruídos sen se decatar da destrución que ocasionaban.
Ao final do xogo, e en pequenos grupos, recontamos o número de baixas, o número de infraestruturas esborralladas, avaliamos as nosas actitudes e os nosos sentimentos e contrastamos as necesidades que temos nós, rapaces e rapazas da Coruña, respeto ás necesidades que poden ter rapaces e rapazas que se achan nestes intres no medio dunha guerra. A alcaldesa de Añuroca, finalmente, convidou-nos a rexeitar e erradicar todo tipo de guerras e tomar a palabra como único xeito de resolver os conflitos. Animounos, amais, a berrar “Nunca Máis!” e a loitar contra as guerras cun xogo, o xogo dos globos de auga, co que deixamos o asfalto húmido e embranquecido da auga e da fariña.
Número 4
MEGABEIRO
5 de agosto Coñecendo os arredores de Añuroca A bisbarra de Añuroca ten moito que ensinar e os seseñuroc fixeron de bos guías, este día, para compartiren connosco os tesouros da costa de Oxed e Ebrol. Estes son lugares espidos e abertos ao mar, onde o vento peta duro. Inda así, as matogueiras mistúranse con terreos salferidos de eucaliptos, carballos, castiñeiros…e entre estes habitan o raposo, o porco bravo e moitos outros animais.
Desde o alto de Ebrol contemplamos con prismáticos a entrada da ría de Soznateb, na súa bocana dexergamos algún barco fondeado e puidemos ver as bateas de mexillóns e as granxas de peixe. Logo do roteiro, fomos cara Sanabac. Alí entre o piñeiral e a praia, gozamos xogando, cantando, enzoufándonos coa area e, sobre todo, bañándonos.
C I NC O
Centro Xuvenil Campamento Urbano 2004 Abeiro Descubrindo Añuroca
MEGABEIRO
Número 4
S E I S
6 de agosto Añuroca conformámola xente diversa Añuroca ten un lema que di que nela ninguén é forasteira. Os seseñuroc explicáronnos que a súa cidade é moi diversa e que os seus costumes, tradicións, lingua…foron arrequecidos por toda a xente que foi chegando e residindo ao longo da súa historia na devandita cidade. As culturas, formas de pensar, crenzas…das súas xentes son todas tidas moi en conta e a atmosfera que se respira nas súas rúas trasládannos a unha cidade tolerante e moi respetuosa. Os seseñuroc convidáronnos ir até Atnup Ainimreh, e alí fronte ao mar, realizamos un xogo no que tiñamos que acadar obxectos que utilizamos a miúdo e que teñen orixes noutras realidades, pobos e culturas do noso planeta e cromos que reflectían aspectos da vida cotiá de distintos lugares da Terra. Mais para obter estes cromos tivemos antes que superar moitas probas como por exemplo apagar velas a unha certa distancia, pasar o balón entre as pernas de todas as persoas que conformabamos cada grupo sen as tocar, mollar unha esponxa nun caldeiro e escoala nunha botella, cantar unha canción tendo a lingua de fóra…e así até cincoenta probas. Ao final do xogo, axuntámonos os distintos grupos e coñecimos un chisco máis aquelas culturas que representaban os cromos (cultura islámica, xitana, latinoamericana, asiática eafricana) e estivemos a descubrir de onde procedían aqueles obxectos de todos os días (almofada, calculadora, reloxo, tixolo…).
Centro Campamento Urbano 2004 Xuvenil Descubrindo Añuroca Abeiro
Número 4
MEGABEIRO
9 de agosto Añuroca solidaria En Lwanda, a capital de Angola, no continente africano, vive un amigo dos seseñuroc. Chámase Joâo. Añuroca axuda a que este e moitos amigos del poidan sobrevivir a través dun proxecto chamado Lar de Noite que é unha grande casa onde poder durmir, limparse e comer algo todos os días. Jôao contounos moitas cousas da súa vida mentres xogabamos e íamos realizando as distintas probas, aínda que tan só ao final do xogo entendimos todo. Para isto tivemos que compor todas as pezas do puzzle daquela carta que comezaba cun “Ola! Eu son Jôao, teño 11 anos…” Á tarde, a alcaldesa volveu, unha vez máis, como todas as tardes, a compartir o himno da súa cidade con todas as que alí estabamos. Xa cáseque todos o sabiamos. E seguiunos animando na participación dos obradoiros e nos deportes tradicionais da súa cidade. Realmente, víanse cousas moi “chulas”: enredos do máis orixinal, chaveiros que asemellaban feitos por artesáns, maquillaxes dos máis terroríficos, equipos moi metidos nos xogos…
SE T E
Centro Xuvenil Campamento Urbano 2004 Abeiro Descubrindo Añuroca
MEGABEIRO
Número 4
Centro Campamento Urbano 2004 Xuvenil Descubrindo Añuroca Abeiro
OITO 10 de agosto Coñecendo a cidade de Añuroca Un plano no que aparecían fotos desta fermosa cidade, salferido de preguntas e probas, foi a única información que a alcaldesa nos deu para descubrir a engaiolante Añuroca. Eu, xunto ao meu grupo Sirie, tocoume chegar até un barrio chamado Arreplafa. No camiño de ida, e mentres iamos procurando aqueles lugares que sinalaban as fotos, os nosos berros de ledicia e as nosas cancións asolagaban as rúas da cidade ante a ollada atónita das saseñuroc. De súpeto, a choiva fixo presenza e o noso abeiro non foi outro que a ponte que atravesa
un lugar chamado Ortac Soñimac. Alí sacamos os nosos bocatas e bebidas e xantamos. Á tarde, e antes de voltar, realizamos unha descuberta do barrio por medio dun grande xogo chamado “A misión imposible”. Dicirvos que cáseque superamos todas as probas (acadamos o número de teléfono da asociación de veciños, soubemos canto custaba unha barra de pan, achamos o nome de cinco salóns de belleza e de cinco librarías, contamos os contedores de reciclaxe…) e isto quedou reflectido nunha das cartolinas que se colocaron no campamento base. Por certo, ese día non os tiñamos de pé.
Número 4
MEGABEIRO
NOVE
Centro Xuvenil Campamento Urbano 2004 Abeiro Descubrindo Añuroca
11 de agosto A creatividade e Añuroca As saseñuroc e seseñuroc son moi amantes do arte e de todo aquilo que teña que ver coa creatividade e dende ben pequechas aprenden debuxo, pintura, escultura, artesanía… Leváronnos a ver unha exposición de surrealismo dalgúns devanceiros deles. Que pasada! O que máis gustou foi que logo, nós, convertímonos, por uns intres, en pintores e fixemos unhas composicións que…mi madriña! E que dicir dos traxes de bolsas
de lixo que cortamos e cosimos para a festa do derradeiro día do acampamento. Parece ser que houbo grandes modistos e modistas que se interesaron polas nosas obras e chamaron para preguntar por canto vendiamos aquelas obras de enxeñaría.
MEGABEIRO
Número 4
Centro Campamento Urbano 2004 Xuvenil Descubrindo Añuroca Abeiro
D E Z
12 de agosto Añuroca e Azilag Ben cedo marchamos e a ben lonxe nos levaron aquel día no que o sol non se deixou ver. As nosas arelas estaban en gozar dunha carballeira, en camiñar por congostras e bañarnos nas augas frías do Azed, amais de coñecer rapaciñas e rapaciños vidos doutros lugares de Azilag, concretamente de Ogiv, Esneruo e Aletsopmoc. Mais os desexos fustráronse por mor do tempo e o que ía ser un día para saborear o campo, quedou nun día metidos nuns grandes pavillóns. Iso si, “a mal día, boa cara”, e resultou que non paramos de xogar ao ringo, ao futbolín, ao paracaídas, ao levantamento de pesas, ao brilé… até o xantar. Na sobremesa, as nosas voces competiron con outros acampamentos e agasallámoslles aos nenos e nenas alí presentes o segredo mellor gardado e preparado, o noso himno. Non desentoamos, e aínda que as condicións de son non eran as mellores, deixamos o listón moi alto.
13 de agosto Festa en Añuroca Lucía, Samuel, Judith, Alba, Bárbara, Raquel, Beatriz, Andrea, Belén, Carlos, Óscar, Fernando, Silvia, Natalia, Alexandra, Álvaro, Marco, Eugenia, Alejandro, Celia, Ruth, Paula, Sergio, Olalla, Rocío, Alberto, Clara, Adriana, Belén, Isabel, Verónica, Ahmed Mahmud, Hamdi, Pedro, Xián, Lucía, David, Nuria, Carla, Yaiza, Lorenzo, Susana, Mª Carmen, Ana, Kenia, Carla, Maghfud, Tomás, Paloma, Marcos, Camila, Iago, Elia, Ángela, Silvia, Natalia, Arturo, Cristovo, Carmen, Iria, Jacobo, Isabel, Luis Enrique, Óscar, David, Jacobo, Roberto, Rubén, Marina, Aida, Sergio, Elisa, Antía, María, Olalla, Andrea, Diego, Mª Cristina, María, Daniel, Víctor, Tatiana, Pablo, Raquel, Santiago, Miguel, Adrián, Diego, Andrea, Emma, Miguel, Rebeca, Daniel, Irene, Andrés, Nadia, Alejandro, José Antonio, Andrés, Desirée, Marcos, Javier, Carla, Melani, Antía, Alberto, Nuria, Andrea, Martín, Ana e máis eu despedímonos dos seseñuroc e das saseñuroc cunha grande festa na que non faltaron xogos, música, comida e bebida. A alcaldesa falounos con bágoas nos ollos e comentou que estiveran encantados da nosa estadía na súa cidade e que agardaba vernos moi pronto. Logo, de sotaque, e entrementres xogabamos cuns globos, estes comezaron a estoupar, no seu interior había uns riquísimos caramelos que axiña engulimos e non sabemos cómo voltamos aparecer en A Coruña, a nosa cidade. Ao noso redor estaban as nosas nais, pais e responsábeis, aos que convidamos a compartir aqueles riquísimos alimentos que nos trouxeramos de Añuroca.
Número 4
MEGABEIRO
ONCE
Centro Xuvenil Campamento Urbano 2004 Abeiro Descubrindo Añuroca
Añivle Solenom Otla Etnom Añivle Arietiaga Arietiaga Sollamso Arieñidrasa Arieñidrasa Sollamso Sollamso Sollamso Arietiaga Arieñidrasa Arieñidrasa Uoñabal Azo Sirie Arietiaga irie Arietiaga Solenom Añivle SolenomSollamso Otla Etnom Arietiaga SolenomUoñabal Otla EtnomAñivle Sirie Nazro Nazro Ari AñivleAñivle SolenomAzo Arietiaga Azo Solenom Arietiaga Uoñabal Otla Etnom Sirie Otla EtnomArietiaga Arieñidrasa Uoñabal Sirie Añivle Uoñabal Nazro Uoñabal Solenom Azo Sollamso Arietiaga Sirie Uoñabal Arieñidrasa Azo Solenom Sirie Sirie Nazro Añivle Añivle Solenom Otla Etnom Añivle Arietiaga Arietiaga Sollamso Arieñidrasa Sollamso Sollamso Sollamso Arietiaga Sirie Arieñidrasa Arieñidrasa Arieñidrasa Arietiaga Uoñabal Solenom Sirie Solenom Azo Solenom Otla Etnom Añivle Sirie Nazro Nazro Ar Nazro Uoñabal Arieñidrasa Uoñabal Arietiaga Arietiaga Uoñabal Uoñabal Otla Etnom Nazro Arieñidrasa Sollamso Arieñidrasa Sirie Nazro Sollamso Sirie Sirie Solenom Añivle Soleno Añivle Nazro Sollamso Azo Solenom Azo Otla Etnom Azo Añivle Sollamso Azo Arieñidrasa Azo Nazro Nazro N azro Arieñidrasa Arieñidrasa
eñidrasa
Arietiaga
Uoñabal
Arieñidrasa
Añivle
Añivle
Nazro
Sirie
Nazro
Arieñidrasa
Sirie
Sollamso
Añivle
Azo
Azo
Añivle
Añivle
Nazro
Nazro
Uoñabal
Uoñabal
Azo
Solenom
Solenom
Sirie
Sirie
Otla Etnom
Nazro
Nazro Arietiaga
Sollamso
Otla O tla Etnom
Arietiaga
Añivle
Añivle Otla Etnom
Solenom
Azo
Sirie
Sirie
Azo
Añivle
Sirie
Sollamso
zo
Sirie
Arieñidrasa
Solenom
Arieñidrasa
Solenom
Añivle
Sirie
Otla Etnom
Solenom
Otla Etnom
Nazro
Uoña
Arietiaga
Sirie
Uoñabal
Uoñaba
Arieñidrasa
Sollamso
Sollamso
Sollamso
DOCE
Centro Campamento Urbano 2004 Xuvenil Descubrindo Añuroca Abeiro
E así remata o Urbano... Para os animadores e animadoras de Abeiro, o Urbano significou moito. Foron moitas as actividades que fixemos, os lugares nos que nos divertimos xogando e a xente coa que compartimos as gañas de descubrir Añuroca. Cada día tiña algo novo co que aprender e desfrutar xunt@s. Queremos agradecerche que apostaras pola nosa alternativa de verán no Tempo Libre, e máis aínda se xa levas tres anos connosco. Contamos contigo para as vindeiras edicións do Urbano, e lembra que tes un sitio en Abeiro tódolos días do ano con novos amigos e novas actividades para ti. Os animadores e animadoras de Abeiro.
Entidade patrocinadora: Intersport Gudi Subvención da Deputación de A Coruña Entidades colaboradoras: Decoración Nós, Telecopy, Nacional VI, Libraría Sisargas e Libraría Salesiana
Arieñidrasa