www.cxabeiro.org
CENTRO XUVENIL
A festa do circo de Tardes Abertas Aventura Pirata Andaina A aventura do Corpo en ADS Catecumenado Un recurso de lecer, a Sala Aberta Novas dende a Federación O Movemento Xuvenil Salesiano Equipo de Informática, Abeiro e as Novas Tecnoloxías Equipo de Formación en Abeiro Proxectos do Programa Espabila Actividades do Equipo de Solidariedade Garamallo, cara a Normalización Andaina, 7 anos crecendo contigo
MEGABEIRO
MB
Revista Megabeiro - Revista Informnativa da Asociación Centro Xuvenil Abeiro - Crónica de actividades do curso 2006-07 - CX Abeiro Rúa Don Bosco nº1, 15002 A Coruña - 981 229 943 - www.cxabeiro.org - Neste número participan: Jose Antonio Rodríguez, Isa Balsa, Antón Laxe, Ana Formoso, Laura Regueira, Belén Losada, Fran Villaamil, Ana Losada, Martín Portos, Ángel Gudiña, Fer de Llano, María Váquez, Nacho Penas, María Jesús Represas, Carlos Yáñez, André Laxe, María Díaz e Aida Mosquera - A Coruña, Maio de 2007
2
www.cxabeiro.org ÍNDICE:
Saúdo A festa do circo de Tardes Abertas Aventura Pirata Andaina A aventura do corpo Catecumenado, Iniciación I Segundo de Catecumenado Un recurso de lecer, a Sala Aberta Novas dende a Federación Movemento Xuvenil Salesiano Equipo de formación O programa espabila Equipo de Solidariedade Equipo de Informática Andaina, 7 anos crecendo contigo Garamallo
CENTRO XUVENIL 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 12 13 14 15 15
3
SAÚDO Un novo Megabeiro está nas nosas mans lembrándonos algunhas das actividades feitas dende o pasado verán. Algunhas delas teñen unha significación especial por participar todo o noso Centro Xuvenil como: a actividade de paso, a Operación Quilo ou Pombas Solidarias. Estas actividades conxuntas mostran dun modo visual o noso proceso educativo, dende os máis pequenos ata os que xa están na universidade, e tamén fálannos da nosa preocupación por sensibilizar ós nosos rapaces e a nós mesmos polos que menos teñen, comprometéndonos en buscar unha xustiza social.
No noso estilo, isto chamámolo “ambiente salesiano”, é dicir, onde cada un dos nenos e mozos se sente acollidos. No tempo libre, nos grupos e nos espazos informais, como a sala aberta, os mozos experimentan a súa propia autonomía e liberdade expresándose tal como son. Neste contexto os animadores encontrámonos con eles sendo cando se precise: pai, nai, irmá ou amigo como dicía Don Bosco. Dispostos sempre a escoitar máis que a xulgar, é como gañamos a súa confianza e transmitimoslles case sen pretendelo o que nós somos, tanto o que pensamos como o que cremos.
Tamén a nosa revista recórdanos outras actividades que vimos facendo durante o ano que sen pretender abranguelas todas van dende a aventura sobre os contos de Tardes Abertas, a aventura pirata dos Andaina, as actividades sobre o corpo dos ADS, ou a Pascua para catecumenado. E non nos esquecemos da Sala Aberta, que está sendo como o seu nome indica, aberta a todos aqueles que queiran achegarse por ela, ofrecéndolles a posibilidade da sala de música, de ordenadores e outras actividades puntuais. Neste recordo están os equipos de traballo que apoian a nosa tarefa nos distintos ámbitos e os nosos colaboradores que están sendo unha axuda imprescindible.
É o que ten a educación non formal, os contidos e as actitudes non están sistematizados, é a nosa relación cos nenos e mozos o que máis directamente os educa.
Todo isto visto por alguén alleo ó noso centro, sería unha fría enumeración de actividades que ten Abeiro. Pero para quen o vive dende dentro, sabe que todo isto soamente foi posible gracias ás programacións, avaliacións e sobre todo ó tempo que dedicamos para realizalo. Pero aínda hai algo máis, o que move o noso centro está cheo de motivacións, de esperanzas de cambiar as cousas, de relacións que establecemos co resto dos animadores e cos nosos rapaces e mozos... Este é o verdadeiro motor que fai realidade que o noso centro sexa un lugar cheo de vida onde a xente se sente a gusto.
Ser consciente disto axúdanos a valorar a gran tarefa que facemos como animadores dun Centro Xuvenil Salesiano e a importancia que ten prepararse para facelo o mellor posible. E non soamente nós, tamén os salesianos estamos nesa tarefa de descubrir a Don Bosco, un verdadeiro educador de rúa que gastou toda a súa vida para transmitirlle ós seus nenos e mozos o que el máis valoraba: a súa fe e o seu modo de facer un mundo máis xusto. El expresouno dun modo moi conciso con aquela frase: “facer honrados cidadáns é bos cristiáns”. Agora tócanos a nós esta tarefa de facer realidade o soño de Don Bosco, que non por ser bonita deixa de ser custosa. Por todo isto, vai dende aquí, o noso agradecemento por esta labor que entre todos e todas estamos a facer cos nenos e nenas, mozas e mozos d´A Coruña.
Jose Antonio e Isa Director e Presidenta do CX Abeiro
MEGABEIRO
MB
4
A FESTA DO CIRCO O primeiro trimestre do ano 2007 confirmounos, tras a imposición de panos na Casa dos Peixes, que Tardes Abertas segue a medrar. Son xa corenta e seis nenos, entre os seis e os oito anos, os que participan os sábados nas actividades. Estes e estas tardeabertianas iniciaron o trimestre cunha nova aventura. Unha animadora comentara nos días de programación que unha festa non pode verse ben desde fóra e, por tanto, convidouse aos pícaros e pícaras a pintarse a face, porse narices de pallaso, inchar globos, cantar cancións… No transcurso dos sábados, animadores e nenos
foron trapecistas, pallasos, equilibristas, funambulistas, malabaristas …e todo co único obxectivo de pasalo ben e escachar de risa entre eles e elas. Máis unha cousiña fea pasou naquel Circo de Tardes Abertas, os animais do circo eran maltratados por un domador que non tiña escrúpulos e batía neles sen parar. Só quedaba unha solución: coller as chaves das gaiolas e ceibar aqueles animais. Mais para isto houbo que superar distintas probas e pasar unhas cantas aventuras que deron coma feliz resultado unha mañá dun estupendo espectáculo circense.
Antón Laxe Tardes Abertas
www.cxabeiro.org
CENTRO XUVENIL
5
AVENTURA PIRATA ANDAINA ¡Ola compañeiros! ¿Non tendes curiosidade por averiguar que facía un gran barco no medio da sala aberta? ¿Que eran esos seres peculiares que atopábades os fins de semana? Imos tentar contarvos o grande esforzo que os nosos pequenos andainas fixeron para chegar a ser piratas, motivados polo encontro inesperado cuns corsarios que naufragaran nas nosas costas. Éstes propuxeronlles encamiñarse nunha nova aventura. Tiveron que aprender como se realiza a montaxe dun barco (cousa nada sinxela), a vestimenta dos seus tripulantes (cada un coa súa personalidade por veces algo especial) e como pode sobrevivir un bo pirata con poucas cousas. Non debemos esquecer que os andainas sempre estiveron supervisados polo Capitán Barbamesta e polo resto da súa tripulación.
piratas e o resto dos piratas con mais experiencia xa confían neles. Estes e o capitán zarparon no seu barco deixando atrás os novos piratas na búsqueda dun tesouro, pero para iso deben coñecer a Constitución dos gnomos e as súas costumes. ¿Serán capaces? Xa vos contaremos que tal foi todo. ¡Boa viaxe!
Ana Formoso e Laura Regueira Animadoras Andaina
Unha vez posto a punto o gran barco pirata, atoparon un Astrosabio que os guiaba ata as mellores riquezas do mundo, comezando polo mundo hindú. Pero este non foi o único lugar que coñeceron os novos piratas xa que pasaron por lugares tan maravillosos como os Países Escandinavos, Tierra de fuego (Argentina) e Exipto entre outros. O derradeiro lugar que visitaron foi China lugar onde axudaron á dinastía Shiang e despois de moitos sustos e grandes retos, atoparon un misterioso mapa dunha illa habitada por gnomos, para todos descoñecida. O que os nosos tripulantes, corsarios, bucaneros e grumetes non se esperaban era que meses mais tarde ían chegar a ela e quen sabe se atopar un tesouro… Nesta nova etapa da viaxe, os andainas atópanse sos na illa porque xa se convertiron en bos
MEGABEIRO
MB
6
A AVENTURA DO CORPO Imaxina por un momento tódalas cousas que podes facer co teu corpo. ¿Segues pensando? Tranquilo, xa podes parar. Estarías moito tempo e aínda así non serías quen de dar con moitas delas. Os rapaces e rapazas ADS tampouco fomos capaces, pero se nos decatamos de que temos un corpo e de que é moi importante para todos nós. Fomos conscientes de que é fundamental coidalo, de que son necesarios os momentos nos que poñemos o corpo ao límite e notamos a súa tensión, mais tamén é providencial o descanso e o relax.
famoso. Pero é realmente a publicidade, un medio de comunicación no que nos debemos ver reflexados? A nosa resposta foi negativa e intentamos cambiar moitos deses anuncios por outras versións máis reais.
Comprendemos por medio do xogo que estamos metidos nun proceso de cambio que é algo natural e que non debemos ter présa por facernos maiores. Cada rapaz ou rapaza ten o seu ritmo, e o fermoso é sentirse ben co que cada un ten. En consecuencia a imaxe que nós temos de nós mesmos e a que damos ao exterior, revela a verdadeira evolución da personalidade.
Finalmente uns bos hábitos alimenticios e unha correcta hixiene axudarannos a sentirnos cómodos no noso corpo. Son a base para todas esas actividades que facemos no noso día e son viatais para permanecer activos da mañá á noite.
A través da publicidade descubrimos os iconos, os mitos e os ídolos que temos. Moitos de nós, sentíamonos identificados con algún personaxe
www.cxabeiro.org
CENTRO XUVENIL
Sabías que as imaxes que actualmente vemos na publicidade non sempre foron as mesmas? Analisamos os distintos cánones de beleza no espazo e no tempo. A imaxe corporal evoluiu moito ao longo da historia e tamén é moi diferente segundo a cultura na que nos fixemos.
En definitiva, durante este segundo trimestre fomos conscientes de que o corpo que temos cada un de nós é o primeiro fogar. Algo que temos que coidar e respetar e que é moi importante para a nosa felicidade.
Fran Villaamil Animador de ADS
7
CATECUMENADO, INICIACIÓN I Ola a todos e todas: Como xa sabedes, nesta vida todo ten un comezo e un final. Pois desta vez, tócame contarvos como son os comezos dun novo grupo de catecumenado. Dende o pasado mes de outubro, un grupiño de 10 rapaces, (5 rapaces e 5 rapazas, ¡paridade absoluta!) levámonos vendo e pasando algún tempo xuntos. Facendo cousas, como a decoración da operación quilo, ímonos coñecendo pouco a pouco. Tamén compartimos outros momentos, como a xuntanza autonómica de Catecumenado, que este ano foi en Lugo ou a nosa primeira acampada, na que pasamos unha divertida fin de semana, aínda que un pouco pasada por auga, enchida de momentos realmente pintorescos e difíciles de esquencer.
Cada semana procuramos ter un anaco de tempo para formar grupo, a través de dinámicas, xogos ou vendo algunha peli todos xuntos. En breve teremos unha nova oportunidade de achegarnos un pouco máis e disfrutar unha semana xuntos: será no cursiño de verán, que desta vez será do 7 ao 15 de Xullo en Cambados. Os comezos sempre están cargados de ilusións e de ganas de crear algo que pague a pena. O noso grupo sen dúbida ten esas cualidades, a ilusión, as ganas de pasalo ben, a enerxía e a inxenuidade do inicio dun proxecto que ten unha grande perspectiva de futuro. A nosa tarefa é manter esa ilusión ao longo dos anos e ser quen de vivir unha experiencia en grupo que nos caracterice e nos faga un pouco especiais a cada un de nos. Ogallá que todos e todas vexades como medramos coma grupo e coma persoas. Deica a próxima!.
Ana Losada Animadora de Catecumenado. Iniciación I
MEGABEIRO
MB
8
SEGUNDO DE CATECUMENADO Para o noso grupo de 2º de catecumenado, o cursiño de 1º supuxo un punto de inflexión, de priorizar, de adquirir compromiso respecto do grupo. Este foi, é, para nós, un ano cheo de dúbidas, xa que rematamos o cole, con todo o que iso significa: que facer, onde, como… polo que optamos por adicar as nosas actividades e reunións de grupo da primeira parte do curso a tentar dar resposta a esas cuestións que máis nos preocupaban. Debatimos e informámonos sobre orientación profesional, visitas de profes de universidade, antigos alumnos que xa remataron algunhas carreiras (Dereito, Enxeñería Química, Industriais na rama de electrónica, maxisterio, Empresariais, ADE…) A pesar dos atrancos que atopamos, entre outras cousas porque somos moitos (16 rapac@s!!), a pesar das dificultades para xuntarnos, conquerimos ter conciencia de grupo e, como tal, axúdanos nas andainas e vivencias que imos tendo coma mozos e mozas pre-universitarios. Salientamos o alento e acobillo destas reunións, sendo a parte fundamental do grupo, a canle pola que seguiamos con azos para voltar e proseguir na procura de ilusións e desexos cumpridos. Participamos activamente no Campobosco Inspectorial “Soñas con ser feliz, adiante!”, que se celebrou en León no pasado novembro de 2006, preparando a presentación do mesmo en plan “clown” e aproveitando os momentos de grupo. Xa, trala xuntanza dos grupos de catecumenado de Xaneiro, en Lugo, reducimos a frecuencia das reunións, por motivos de exames e de preparación da obra de teatro do “Campaneiro de París”, na que unha parte importante da xente do
www.cxabeiro.org
CENTRO XUVENIL
noso grupo participa, pero esta frecuencia revitalizouse pasados os agobios, cos encontros de preparación para a nosa confirmación (que será o 16 do vindeiro mes de xuño) axudando a cuestionarnos/situarnos respecto da fe. Para abrirnos á mesma e celebra-la festa da vida, algúns acudimos á Pascua en Cambados. Momentos de ledicia, de relixiosidade, de reflexión, que reforzan o noso carácter, as vivencias,… aqueles momentos que deixan pegada. Estamos seguros de que, a pesar do remate dunha etapa educativa, as experiencias compartidas, o bo facer de todos e todas, levaranos a unha continuidade ó abeiro do noso compromiso, sempre coa guía dos que compartiron con nós o seu tempo libre. Agardando seguir construindo grupo e vida, un saúdo!
Martín Portos 2º de Catecumenado (Grupo Erika e Fer)
9
UN RECURSO DE LECER: A SALA ABERTA Nun proxecto xuvenil de tempo libre e de lecer non deberían faltar os gostos da mocidade (música, excursionismo, xogo, novas tecnoloxías, deporte…) e que estes se puidesen desenvolver, debería tamén favorecer a creación de grupos en torno a intereses concretos, inquedanzas, necesidades comúns…, ofrecer un espazo de encontro, promover que os mozos e mozas se intercomuniquen, aportar recursos necesarios para que sexa real a posibilidade de participación… Isto a pequena escala é a tentativa da nosa Sala Aberta, coa súa ludoteca, sala de música, sala de informática, exposicións, concertos, hemeroteca, punto de información xuvenil, rotas…, que non tenta ser outra cousa que un espazo onde os mozos e mozas poidan estar e onde se coida o ambiente e as relacións persoais. O reto, daquela, sería termos un equipo fixo que traballase con constancia e adicación este proxecto, que a sala a puideramos abrir o maior tempo posíbel e que a ela asistisen mozos e mozas alén dos da escola dos Salesianos e dos nosos destinatarios e destinatarias habituais das nosas actividades, que fose unha sala viva, con participación activa das mozas e mozos e con actividade que conectase coas necesidades deles e delas e que a Sala Aberta tivese unha función tamén social.
Antón Laxe Coordinador do CX Abeiro
MEGABEIRO
MB
10
NOVAS DENDE A FEDERACIÓN Dende Outubro do ano pasado, teñen acontecido algúns cambios na nosa Federación: a secretaría técnica pasou de Santiago a Vigo, e cambiaron case que tódolos seus membros; incluído o presidente que é Adrián Cruz, de Amencer. Tamén houbo cambios no consello permanente, nos que entramos catro ou cinco persoas novas, entre elas Antón e máis eu.
Terceiro concurso de hipercurtos contos, no que podedes escribir contos en Galego de ata 175 palabras, e no que o prazo remata no mes de Maio.
Dende a Federación séguense a ofertar as comisións, reunións sobre algúns centros de interese, e que reúnense alomenos dúas veces ao ano, en Xaneiro e en Abril; co gallo de preparar algunhas actividades para toda a Federación, por exemplo:
Tamén o pasado 15 de Abril, tivo lugar en Santiago un foro sobre Europa, no que Ruth, unha traballadora da Escola Don Bosco de Tempo Libre, falounos sobre o programa “Juventud en Acción (2007-2013)” o cal permite facer o Servizo de Voluntariado Europeo (SVE), Intercambios e máis experiencias no estranxeiro e con xente doutros países mediante 5 tipos de accións.
A comisión de Solidariedade, xuntouse para traballar os obxectivos do milenio. A comisión de Brincadeira está a preparar o próximo número, que vai saír dentro de pouco. Pero a comisión da que máis teredes escoitado falar e a comisión Galiza, que este ano oferta dous concursos nos que aínda estades a tempo de participar:
Primeiro concurso de gravacións sonoras, no que pídense gravacións de conversas cos nosos avós, sobre como se divertían nos seus anos mozos.
Por último falarvos do día da Federación, que este ano non vai a ser conxunto, e que celebraremos en Abeiro neste último trimestre, e no cal anímovos a participar. Unha aperta federativa.
Angel Gudiña Vogal de Abeiro na Federación
www.cxabeiro.org
CENTRO XUVENIL
11
MOVEMENTO XUVENIL SALESIANO Ola meu! Cómo vai todo? Agardo que che vaia ben! Quero aproveitar estas liñas do Megabeiro para presentarche o que é o Movemento Xuvenil Salesiano “MXS” do que formamos parte. Paso a presentarcho en forma de preguntas con respostas curtas... Qué é o MXS?
ñeiros nos estudos, programando actividades, estudando, desfrutando, festexando... Sirve para cambiar o que vai mal no noso contorno, comprometéndonos coa proxección e crecemento social e sirve tamén para coidar aspectos coma a interioridade, a oración, o crecemento persoal... coidar a nosa relación con Deus.
É movemento de referenza, educativo e aberto a todos. De referenza en canto que nos une a todos e todas, son as nosas “cores”; educativo por canto que tenta prestar os recursos necesarios para medrar coma boas persoas, xa sexa dende o tempo libre coma dende a educación formal da escola; e aberto a todos e todas por canto todos os que aportamos o noso tempo en clave “salesiana”, nenos, educadores, animadores... formamos parte desta grande “movida xuvenil”.
ÚLTIMA HORA DO MXS!
É xuvenil posto que está dirixido aos mozos/ as que participan nas propostas, actividades e proxectos das obras salesianas (colexios, parroquias, centros xuvenis, oratorios...)
Pasaremos, pois, 8 días entre Barcelona, Turín, Valdocco, Mornese e Colle Don Bosco -I Becchicoñecendo os lugares nos que viviu e desenvolveron a súa laboura Don Bosco e Madre Mazzarello.
É salesiano por canto promove valores humanocristiáns e fomenta a comunicación e relación co contorno en clave “donbosquiana”, tendo a espiritualidade de Don Bosco coma fundamento. E ti formas parte do MXS? Se participas nas actividades de Abeiro formas parte deste grande movemento!... sendo neno ou moza destinataria das actividades ou educador-animador das mesmas! A espiritualidade xuvenil salesiana vívese sen facer cousas extraordinarias, dende o día a día, compartindo, animando, axudando aos compa-
Coma Movemento Xuvenil Salesiano estamos a preparar o Campobosco Nacional 2007, que é unha experiencia para mozos e mozas maiores de 19 anos con experiencia en grupos de fe!. Este ano leva por lema “O voso soño nos dá vida” e terá lugar entre o 30 de xullo e o 8 de agosto de 2007.
Entraremos na casa de Don Bosco, onde viviu os seus primeiros anos, xogaremos no primeiro patio salesiano, en Valdocco -Turín-, percorreremos as rúas do Turín industrial onde Don Bosco facía de animador e visitaremos a Basílica de María Auxiliadora, a Capela Pinardi e a Igrexa de San Francisco de Sales. O prezo deste Campobosco Nacional será de 330€. Estás convidado dende xa! Apúntate!
Fernando de Llano Paz Coordinador do MXS de León SDB Coordinador do Campobosco´07
MEGABEIRO
MB
12
EQUIPO DE FORMACIÓN
O PROGRAMA ESPABILA
O que máis poderíamos destacar deste equipo é o programa de formación para novos animadores e animadoras. A súa duración é de dous anos.
¡Ola a tod@s dende Espabila! Supoñemos que a estas alturas do conto, tod@s estades ao tanto do que é o programa Espabila e o traballo que realizamos nos distintos lugares onde se desenvolve o programa. Pero por se hai algún rezagad@, resumirémolo:
Dende o principio o énfase poñémolo na figura do acompañante que é a persoa que fai o seguemento dos rapaces e rapazas no primeiro contacto coas agrupacións. O primeiro ano, despois dunha entrevista persoal co director, realízase unha alternancia entre formación e actividade nas agrupacións. É un primeiro contacto moi por riba, son meros observadores que reciben dos coordinadores e coordinadoras das agrupacións a información sobre as liñas educativas e as características dos destinatarios das súas actividades. No segundo ano ofréceselles unha agrupación para quedar mentres continúan coa súa formación. En cánto á formación de animadores e animadoras, seguimos a perfilar unha formación local conxuntamente coa oferta inspectorial e federativa.
María Vázquez Equipo de Formación
Espabila é un programa que pertence a Fundación “Juan Soñador” que consiste na animación no tempo libre con rapaces en risco social. Isto, na práctica, quere dicir que cada semana imos a distintos centros a facer actividades de tempo libre, como obradoiros, xogos, dinámicas de habilidades sociais, etc.. Dende Xaneiro, a realidade do programa na Coruña cambiou un pouco: houbo cambio de coodinador, xa que Nuria tras tres anos de estupendo traballo coma coordinadora, deixou paso a Miguel nesta tarefa. Así que na actualidade a situación do programa é a seguinte: Os luns, de 18:00h a 19:00h, Miguel, xunto con Fran Pita, Belén e Ana, imos a San José de Calasanz, e facemos as nosas actividades cun grupo de 6-8 rapaces de entre 4 e 13 anos. Os martes, Miguel vai a Roxos, centro de re-educación que se atopa en Santiago de Compostela, no que realiza as actividades cun grupo de 2-5 rapaces de entre 15 e 17 anos. E os xoves, Pina e Angela van acompañadas tamén por Miguel, á E20, na Sagrada Familia, onde realizan os obradoiros con rapaces, na súa maioría, do colectivo xitano. En breve teremos novas incorporacións de voluntarias. Animámosvos a todos a coñecer esta realidade presente no noso centro xuvenil e a participar activamente nela.
www.cxabeiro.org
CENTRO XUVENIL
Ana Losada Voluntaria de Espabila
13
EQUIPO DE SOLIDARIEDADE Como anos anteriores o equipo de solidariedade dinamizou durante os dous primeiros trimestres do ano dúas campañas de solidariedade: A campaña da Operación Kilo, e a que se leva en colaboración con Mans Unidas. A primeira delas centrouse este ano nos sen teito, a campaña titulábase Eu tamén son “cidadán”?. Nesta campaña se tentaba reflexar as dificultades que teñen as persoas sen teito para ter unha vida digna. Os obxetivos da campaña entre outros foron: coñecer a realidade das persoas sen teito e sen fogar, experimentar os atrancos dun sen teito, e transmitir a necesidade dos valores de xustiza, respecto e solidariedade cara á xente que sofre e non ten un fogar. Para isto ideouse un xogo conxunto no que participaron tódalas agrupacións do Centro Xuvenil, ambientouse o colexo e a Sala Aberta, bos días… Conxuntamente con isto levouse a cabo a recollida de alimentos os efectos de colaborar co refuxio da cidade coincidindo deste xeito lema
e institución. A segunda das actividades históricamente coñecida como “Pombas Solidarias”, tratou sobor os obxetivos do milenio e máis polo miudo no obxetivo da educacion. Este ano o lema coincidiu co de Máns Unidas “sabes ler, eles non, podemos cambialo”. Nesta campaña tentouse concienciar da dificultade que teñen os nenos de todo o mundo para acceder a unha educación básica, moitas veces truncada por conflictos armados, fame, enfermidades e descriminación por razón de sexo entre outras razóns, todo iso a través de obradoiros nos Cantóns, exposicións no centro Xuvenil e no Carrefour dos Rosais (campaña de JTM), actividades formativas cos animadores… Dende o equipo de solidariedade pensamos que ambas actividades foron moi ben acollidas polos nenos e animadores, polo que queremos felicitarvos pola vosa participación e animarvos a seguir traballando no futuro.
Nacho Penas e M.J. Represas Animadores do Equipo de Solidariedade
MEGABEIRO
MB
14
EQUIPO DE INFORMÁTICA O equipo de Informática de Abeiro é un bo exemplo de que con poucos recursos e moitas gañas se poden acadar metas (relativamente) elevadas. Formado activamente por unha única persoa, e a colaboración de bastantes máis, vén de realizar unha esforzada laboura para achegar as novas tecnoloxías a Abeiro, e viceversa. Tamén se encarga de facer que os trebellos informáticos do Centro Xuvenil funcionen (que non é pouco). Iso é bastante aburrido, e non volo vou contar agora. A función principal do equipo é coordinar o “Espazo Virtual Abeiro”, ou EVA, como demos en chamalo, que engloba a páxina web cxabeiro.org, a sala de ordenadores, e mais as computadoras de xestión. En canto á páxina web, visitádea en www.cxabeiro. org. Frecuentemente actualizada, ofrece novas relativas ao que está por acontecer en Abeiro, e tamén crónicas do realizado nas actividades
semanais, un calendario con datas sinaladas para Abeiro, ademais de fotos, ligazóns, descargas, foros de participación… Non digo máis, probade a entrar nela. A sala de ordenadores ten uns dous anos, e está dispoñible no mesmo horario e para o mesmo público que a Sala Aberta. Non ten ordenadores de última xeración, e aínda así soporta un máis que aceptable uso diario. Malia todo, non descansamos para poder tela o máis preparada posible, de cara a aproveitala ao máximo como ferramenta educativa. Como mostra, sabede que este ano se comezou un plano de formación para animadores e para rapaces de 12 anos en adiante. Con estes teremos a finais de abril un obradoiro de software ofimático, e o obradoiro de hardware para animadores xa tivo moi boa acollida, e quedou pendente unha segunda sesión. E nestas andamos, sen deixar de movernos. Xa nos veremos.
Carlos Yáñez Equipo de Informática
www.cxabeiro.org
CENTRO XUVENIL
15
7 ANOS CRECENDO CONTIGO
GARAMALLO
Ola amigas e amigos, aquí estamos os pequenos gnomos dentro deste Megabeiro para contarvos cantas cousas grandes fixemos en Abeiro. E é que o curso pasado os Andaina estivemos de celebración, 7 anos xa levamos nesta casa (agora xa oito).
Co nacemento da “comisión Galiza” na nosa federacíón deuse pulo á formación de novas comisións de eido local en cada un dos centros xuvenís do país. Así naceu Garamallo en Abeiro.
Antes os gnomiños tiñan que buscar os seus troncos noutros lugares da inspectoría pero no curso 1999/2000 empezaron a aparecer pequenos gnomos que divertían, xogaban e ensinaban a un pequeno número de rapazas e rapaces. Pero o tempo pasa e entre árbores, regras de ouro, acampadas, rastrexos, campamentos e milleiros de cousas máis pasou un montón de xente. Xente coa que medramos e compartimos moito, así que estes gnomos quixemos celebralo e que mellor ocasión que o número 7, número máxico neste noso mundo. E como non pode ser doutro xeito “Somos xenerosos e compartimos todo” e entre esas cousas a nosa ledicia de tal acontecemento. O festexamos con mazás, con xuntanzas, con gnobaias,...pero sobre todo coas persoas que por aquí pasaron, tanto nenas e nenos, como animadoras e animadores. A todos gracias por facer este camiño, por medrar 7 anos xuntos e por continuar nesta Andaina. FELICIDADES, e seguide no bo camiño. Slitz weitz!
Gnomiña Lisa
Un garamallo, chámanlle no norte das provincias da Coruña e Lugo a unha ponla de loureiro.Con ela queriamos marcar un fito: a normalización linguística e cultural tamén no noso centro xuvenil. E mesmo a pesares de sermos ao longo da nosa breve historia un equipo “reducido” en canto a integrantes, non faltou a ilusión para facermos moitas cousas: O noso autocolante “Abeiro é de tod@s, o galego tamén”, os encrucillados, as exposicións de Xaquín Marín e Manuel María, as ofrendas florais a Castelao, O escatérgoris en galego, os roteiros por distintos lugares de Galiza... e tamén todas as aportacións que dende A Coruña se fixeron á comisión Galiza para crearmos Xoga en Galego, Hipercurtos, concursos de fotografía, cadernos Galiza... Os que integramos Garamallo, Antón, Carlos Yáñez, Patri Cameán e André coidamos que co uso normal da nosa língua en Abeiro somos todo, sen ela non somos nada. Por iso é tan importante transmitirllela aos nosos rapaces e rapazas.
André Laxe Garamallo O noso idioma é a luz que ilumina o noso ser. ¡Renunciar á nosa lingua é semellante a morrer! (Manuel María)
MEGABEIRO
MB
MB
MEGABEIRO
Dende o equipo de traballo da Revista Megabeiro, queremos adicar unhas liñas para darvos as gracias pola vosa participación neste novo número. Tamén moitas gracias a todas e todos vós, animadoras e animadores, polos momentos compartidos na preparación e realización de tódalas actividades aquí recollidas. Polos encontros, as asembleas, as reunións de preparación..., e por toda a ilusión e os esforzo que poñemos día a día, desenvolvendo actividades de tempo libre segundo o estilo de Don Bosco. Tampouco esquecemos a tantos e tantos rapaces e rapazas, mozos e mozas, que nos acompañan cada día na nosa andaina. Moitas gracias por ter escollido a nosa proposta de tempo libre, e agardámosvos pronto para seguir medrando xuntos.
Aida Mosquera e María Díaz Equipo de traballo de Megabeiro
www.cxabeiro.org
CENTRO XUVENIL