Introducción Dende sempre o ser humano sentiu fascinación polo Sol, a Lúa e as estrelas que “cruzan” o noso ceo. ¿Que son estes seres? ¿Que tamaño teñen e a que distancia están? ¿Como explicar o seu “movemento”? ¿Que influencia teñen sobre nós? ... Moitas son as respostas que se teñen dado na historia, pero o laborioso desenrolo científico e tecnolóxico nos vai achegando cada vez máis á realidade deste universo que nos rodea, deixándonos a cada paso máis marabillados da súa grandeza e fermosura… Vaiamos directamente ó campo da OBSERVACIÓN… O que parece dicirnos a experiencia sensorial é que os astros son fontes de luz (de diferentes tamaños) que se moven arredor da Terra como se formaran parte dunha gran bóveda esférica que xira constantemente, con un eixo intuíble que varía a súa inclinación coas estacións do ano. Hoxe sabemos que en realidade é a Terra a que xira sobre o seu propio eixo, e tamén arredor do Sol, dando lugar a ese efecto e a esos cambios de orientación. Esta foto ralentizada e este gráfico pódennos axudar a comprender mellor o que acabamos de dicir. Outro efecto óptico que nos crea a nosa perspectiva é que aparentemente as estrelas manteñen sempre a mesma posición fixada en esa “bóveda xiratoria”, que viría a ser un plano curvo no que esos puntos de luz están repartidos formando grupos dos que dende antigo imaxinación humana quixo sacar imaxes e significados… son as constelacións.
a
Pero de novo os avances no coñecemento nos sitúan noutra comprensión: en realidade eses puntos de luz que forman grupos están a diferentes distancias da Terra (enormes e moi variadas distancias…), e ademáis tamén se moven e seguen o seus propios rumbos, pero tan despacio á nosa vista que fan falta moitos anos para percibilo… Vexámolo mellor nestes gráficos, co exemplo do núcleo da constelación Osa Maior:
(e eso que neste caso as estrelas están relativamente achegadas…)
Con todo, aínda sabendo que as constelacións non son propiamente grupos de estrelas, o certo é que seguen a ser a maneira máis intuitiva e útil para situarse na observación do espacio dende a Terra, e por eso se manteñen as figuras e nomenclaturas antigas (heroes mitolóxicos, animais,…).
1