Guia verán 2013

Page 1


INFANTIL TÍTULO: Grisela AUTORA: Anke de Vries EDITORIAL: Kalandraka

Sinxela fábula que trata sobre a importancia de ser un mesmo. Non importa tanto como nos vean os demais, senón a autoestima. TÍTULO : Que che gustaría ser? AUTORA : Arianna Papini EDITORIAL : Kalandraka

Álbum no que na narración vanse sumando personaxes encadeados entre sí. Rebeca soña con ser un peixe, ao peixe gustaríalle ser unha curuxa, ésta admira as cualidades do crocodrilo... A imaxinación permítenos ser canto queiramos. Entre unhas páxinas e outras introdúcense pistas visuais para participar no xogo creativo. TÍTULO : O zoo de Xoquín AUTOR : Pablo Bernasconi EDITORIAL : Kalandraka

Hoxe Xoquín decidiu converterse en inventor, pero non en inventor de aparatos útiles ou milagrosos, non. En inventor de animais. De animais divertidos, rosmons ou amigables, que o fan compañía na súa pequena casa-taller.


INFANTIL TÍTULO: Nicolás AUTOR: Txabi Arnal Gil EDITORIAL: Edebé

Nicolás procede de Sudán e, aínda que é un rapaz alto, atlético e negro como o ébano, non é un campeón africano de natación, pero si un heroe, un verdadeiro SUPERHEROE.

TÍTULO: Colección “Cousas de cans” AUTORES: Pepe e AbrahamCarreiro EDITORIAL: Edicións Do Cumio

Contos sinxelos para ler e tamén aprender. Os seus personaxes son diferentes cans. Ademais das súas aventuras, ao final do libro explican as características de cada unha destas razas. TÍTULO: Por qué los gatos no llevan sombrero AUTORA: Victoria Pérez Escribá EDITORIAL: Thule ediciones

Preguntácheste algunha vez por que tes tantas cousas? Por que os gatos non levan sombreiro? E as árbores, por que non teñen petos? Por que nos teñimos o pelo? Cantas cousas levas enriba que non son túas? Quítaas e sé ti mesmo, sexas o que seaxs. E sobre todo, si eres un gato, non te poñas un sombreiro!!


1º ciclo TÍTULO: Fafarraios AUTORA: Gloria Sánchez EDITORIAL: Xerais (col Merlín)

Os números -ou fafanúmeros- lévannos polos trinta e tres poemas que constitúen este libro. Algunhas detas composicións pasean personaxes fantásticos, piratas, bruxas, lobos feroces, dragóns ou vampiros; outras xogan con crocodilos, abellas, pombas ou galiñas; outras sentan á mesa con obxectos máis cotiáns, como os garfos ou os coitelos... TÍTULO: As aventuras da mazá vermella AUTOR: Jan Lööf EDITORIAL: Kalandraka

Un clásico dos nosos días que desprende diversión. Un cúmulo de casualidades pode facer posible o imposible, mesmo que unha falsa mazá se converta na máis apetitosa. TÍTULO: City Kid AUTOR: Alex Fito EDITORIAL: Bang ediciones (col. Mamut)

Cómic no que un rapaz e a súa familia múdanse dun pequeno pobo a unha gran cidade. Aínda que está aburrido da súa tranquila vida do pobo, dalle pánico ir vivir a outro sitio cun modo de vida para él descoñecido. Grazas aos consellos do seu avó e ao cariño dos seus pais, consegue adaptarse e coñecer novos amigos.


1º ciclo TÍTULO: Lendas da noite de San Xoán AUTOR: Carlos Labraña EDITORIAL: Everest

Na noite de San Xoán celébrase unha das festas máis ricas en lendas, crenzas e costumes da nosa cultura. É unha noite...

TÍTULO : El niño y la bestia AUTORES : Uwe Heidschötter y Marcus Sauermann EDITORIAL : Picarona

Moitas cousas cambian cando mamá «se converte» nunha bestia. Por que mamá está tan triste? Por que se converteu en mamá-monstro? Esta historia explica, desde o punto de vista dun neno, como despois da separación dos seus pais, a nai se convirte nun “monstro” TÍTULO : La gran ola AUTORA : Véronique Massenot EDITORIAL : Juventud

Un día de temporal, unha ola xigantesca deixa a Naoki, recén nacido, na barca de Taro. Pasan sete anos e Naoki continúa sendo pequeno, moi pequeno. Para medrar, deberá voltar ao océano? Encontrará a resposta grazas a un fabuloso peixe plateado...


2º ciclo TÍTULO: La increible historia de... la abuela gánster AUTORA: David Walliams EDITORIAL: Montena

Queres coñecer á avoa de Ben? Seguro que che parecerá a típica avoíña de manual: ten o pelo branco, leva dentadura postiza, garda o seu pano na manga da blusa... E algo máis... é unha ladroa de xoias perseguida a nivel internacional!

TÍTULO: Esmeralda. Rumbo al horizonte AUTORA: Sara Rojo EDITORIAL: Macmillan

Entretido cómic para superar os malos momentos e vivir emocionantes aventuras, Lina conta con Esmeralda, un dragón que é máis cunha mascota. Pero todos queren separalas. Conseguirán seguir xuntas? Acompáñaas nesta fantástica aventura.

TÍTULO: Nacer AUTOR: Xulio Gutiérrez EDzITORIAL: Faktoría K

A forma asombrosa na que se reproducen e coidan ás súas crías doce especies de "Animais Extraordinarios".


2º ciclo TÍTULO: El misterio de la caca de perro abandonada AUTORA: Anna Cabeza EDITORIAL: Bambú

Ascensión, Carmen e Rosalía non son unhas avoas correntes. Viven con Marcelo, o neto de Ascensión, e comparten con el un curioso pasatempo: resolver misterios.

TÍTULO : Zeralda e o dragón AUTOR : Agustín Fernández Paz EDITORIAL : Editorial Galaxia

Un libro sobre o terrible dragón Smaug, que ten aterrorizada á xente da comarca, pois ataca de cada pouco aos seus habitantes e rouba canto haxa de valor. Zeralda, a princesa de Moebia, decide vingarse del.

TÍTULO : O monstro das profundidades AUTOR : Manolo Uhía EDITORIAL : Everest Galicia

Nunha pequena vila da costa galega, unha das dornas non volveu ao porto logo da xornada. Algo misterioso fixo envorcar a barca e Manolo perdeu a vida. Desde ese día, Noliño, fillo do mariñeiro desaparecido, non deixa de pescudar a causa da morte de seu pai


3º ciclo TÍTULO: Non hai escapatoria AUTOR: Tim Bowley EDITORIAL: Kalandraka

Dez relatos sobre intrigas, amores, feitizos, aventuras, perigos... Lecturas audaces para traspasar as fronteiras da realidade.

TÍTULO: A verdadeira historia da mosca da tele AUTOR: Jan Lööf EDITORIAL: Kalandraka

Hai moscas que non se conforman con ser moscas e queren ser estrelas da televisión. A que non sabías que hai unha mosca que se coa nos programas de máxima audiencia? Unha mosca á que lle gusta xogar cos convidados. Pero iso si, aos convidados da tele non lles gusta nada que a mosca os amole... TÍTULO : Rick 1. Como sobrevivir en una familia de chiflados. AUTORA : Antje Szillat EDITORIAL : Anaya

Ola, chámome Rick, teño once anos e xogo ao hockey sobre xeo. Vivo co meu pai e o seu colega Wutz nunha casa cen por cen de tíos. ¡Ata o noso gato Gismo é un macho! A miña vida era xenial… ata que o meu pai se namorou precisamente da miña profesora ....


3º ciclo TÍTULO: Señor Meco AUTORA: Mar Guerra EDITORIAL: Xerais

Manu non entende como o seu irmán prefire arrodearse dun feixe de follas impresas no canto de andar de troula. Manu e Xan son xemelgos, pero do máis diferentes. Mais cando coñezan ao señor don Meco, un emigrante africano que traballa na praza do barrio, todo mudará nas súas vidas. TÍTULO : Na procura do tesouro de Kola AUTORA : Edna López EDITORIAL : Edebé

Na Illa Kola a seca provocou que os cartos deixasen de ter valor. Todo se medía pola auga e con ela vendíase e comprábase. Alí, Omar, un rapaz orfo, recibe, das mans dun estraño mensaxeiro con forma de oso, unha carta case indescifrable na que se fala do famoso Tesouro de Kola.

TÍTULO : Sálpock, o val dos Cegos AUTOR : Álvaro López EDITORIAL : Demo Editorial

Unha historia de aventura, acción e fantasía nun mundo post-apocalíptico. Inclúe un mini-xogo de rol baseado no cómic. Obra para todos os públicos que resultou finalista no Concurso Castelao 2011 da Deputación da Coruña.


Para toda a famila TÍTULO: A nena e o grilo nun barquiño AUTOR: Magin Blanco EDITORIAL: Fol Música

Libro con CD. Divertido, interactivo e moi, moi pegadizo. Trece historias acompañadas cada unha dunha canción.

TÍTULO: En Cabárceno se oye cantar AUTORA: Susa Herrera EDITORIAL: Montañas de papel ediciones

Dez animais cobran vida ao ritmo da música. Un marabilloso percorrido pola fauna e os sons dos cinco continentes. Libro con CD e DVD.

TÍTULO: 230 juegos ¡para toda la familia! AUTORA: Isabelle Bertrand EDITORIAL: Combel

TÍTULO : 1001 Juegos de inteligencia para toda la familia AUTORA : Angels Navarro EDITORIAL : Anaya


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.