Caderno
de Bitácora
Edición Especial: Revista Escolar “Laxe das Rodas” CEIP Plurilingüe de Louro Curso Escolar 2012/13
__________________________________________Louro 21 de Xuño de 2013
_____________________________________________________________________________ Este curso tivemos a sorte de achegarnos á figura e a obra do escritor francés Jules Verne . Non esaxeramos ao dicir, que quedamos abraiados da súa capacidade visionaria , pois coa súa habilidade para adiantarse ao futuro, creando novos inventos e aparellos, pareceunos un ser “case máxico”_________________________________________________________________________ Pero ademáis , coa súa boa literatura , disfrutamos de libros que nos axudaron a voar coa nosa imaxinación a países exóticos, a lugares fantástcos e mesmo a outros mundos.________________________________________________________________________ Nunca percorremos tantos Kilómetros en tan só uns poucos meses! E todo pola nosa conta, sen ter que achegaarnos a ninguna axencia de viaxe!___________________________________________ E esta revista cal se fose un caderno de Bitácora , reflexa cada un deses momentos especiais que vivimos no colexio ao longo do curso. Fotos , textos, traballos… dan fe da nosa andaina ._____________________________________________________________________ Nós tamén queremos facer nosa a proclamación que figura no epitafio da tumba de Verne “Cara a inmortalidade e a eterna xuventude”. Gustaríanos aportar algo ao mundo, que perdure algo noso; axudando a manter un espíritu xoven a través da fantasía e a ilusión .______________________________________ Sabemos que contamos con vós para volvelo a intentar de novo o curso que ven!__________________________________________________
_____________________________________________________________________________ Bo verán … e … mergulládevos nun mar de aventuras!!!!!!!!!!!!!
2
ÍNDICE BIOGRAFÍA DE XULIO VERNE…………………..4 XULIO VERNE………………………………………………9 BIBLIOTECA………………………………………………..22 CONCURSO “LAXE DAS RODAS”…………...26 CELEBRACIÓNS: Samaín , Magosto, Nadal , San Valentín , Antroido…………………………...30 XINKANA……………………………………………………36 BILINGÜES………………………………………………….42 PASATEMPOS…………………………………………….43
3
Caderno de Bitácora-Biografía
O 8 de Febreiro de 1828, Pierre Verne e Sophie Allote de la Fuye teñen ao seu primer fillo.
Xulio sería o maior de cinco irmáns.
Chamarase Xulio!
Ingresa no colexio Saint-Stanilas onde destaca en Xeografía, grego, latín e canto.
Escoitando as anécdotas que a súa mestra contaba do seu marido mariñeiro, comezou o seu interés pola escritura.
Xulio Verne estuda Dereito porque era o que quería seu pai pero a súa verdadeira vocación sería a de escritor.
Escribiu os seus primeiros versos a unha curmá da que se namorara pero… á súa curmá non lle gustou moito
4
Caderno de Bitácora-Biografía Tamén probou sorte co teatro aínda que… non tivo moita aceptación.
Cásase con Honorine Deviane Morel e ten un fillo , Michel Verne.
É introducida nos círculos literarios de París onde coñece a Alexandro Dumas.
Xulio nunca puxo freno á sua curiosidade e iso levouno a percorrer multitude de lugares nun afán inesgotable de saciar un interés por coñecer e saber sobre todo o que lle rodeaba.
...EE.UU...
...o Mar Mediterráneo...
Xulio Verne leu … e leu ...
… e leu …
5
Percorreu o Mar do Norte…
Caderno de Bitácora-Biografía
Todas estas viaxes e lecturas produciron unha explosión de creatividade literaria, a súa imaxinación e todas as súas aprendizaxes fixeron que surxiran unha gran variedade de historias nas que mezclou fantasía e coñecementos , fundando así o xénero da ciencia ficción.
6
Caderno de Bitácora-Biografía
Imaxinade dar a volta ao mundo, cando non había avión en 80 días. So un educado cabaleiro inglés Phileas Fogg co seu maiordomo Jean Passepartout osaría facer unha aposta que consistiría no dito dar “A volta ao mundo en 80 días”. Viaxando en tren , bar-
Mellor que nunca
Sr. Fogg
Atópase ben princesa Aouda?
co de vapor, elefante, zorra… vivirán mil e unha aventuras nas que a princesa india Aouda se unirá para compartir esta arriscada viaxe e así poder gañar a aposta. Para escribir esta novela “Cinco semanas en globo “Xulio Verne tivo que estudar a Xeografía de África e aprender como facer voar un globo aerostático. O periodista Samuel Fergusson, o seu amigo Kennedy e o seu criado Joe viaxan a través de África durante cinco semanas.
A onde irán eses...
O submarino máis famoso de todos os tempos foi inventado por Xulio Verne para o seu libro “20.000 leguas de viaxe submarina”. O submarino Nautilus era tripulado polo Capitán Nemo con el ían o biólogo Pierre Aronnax o seu criado Conseil e o arpoeiro Ned Land. Na súa aventura atopan monstruos mariños, grutas inexploradas, fondos de coral...
Glub!
Cinco homes escapan dunha guerra usando un globo como medio de transporte. De súpeto unha tormenta failles caer nunha illa deserta “ A Illa Misteriosa”, no Océano Pacífico. O enxeñeiro Ciro Smith e o que vai guiando ao
Glub! Glub!
grupo no que teñen que facer, a maior sorpresa é cando descubren á persoa que viviía naquela illa, O Capitán Nemo. 7
Caderno de Bitácora-Biografía Por que teño que baixar eu primeiro???
Adentrámonos nas entrañas terrestres en “Viaxe ao centro da Terra”. A Aventura comeza cando o profesor Otto Lindenbrock atopa un papel cuns extraños xeroglíficos, seu sobriño Axel axúdalles a descífralo, a súa sorpresa é que son as instruccións para viaxar ao centro da Terra. Axudados
Eeeeehhh...
polo valeroso guía Hans comeza a súa viaxe adentrándose polo cráter dun volcán en Islandia.
Na época na que viviu Xulio Verne era imposible viaxar a Lúa, eeeeh, imposible… Xulio Verne utilizou algo que lle permitiu chegar a ela… a súa IMAXINACIÓN.
Trasladámonos agora a Rusia da man de “Miguel Strogoff”. Uns soldados moi feros invaden Rusia e cortan os cables que serven para mandar telegramas (non existían os teléfonos). O Zar precisa enviar unha mensaxe ao seu irmán para advertir dos perigos pero como?. Precisan unha especie de axente secreto que viaxe so, e sexa capaz de pasar por onde estén os soldados inimigos. O correo do Zar será Miguel Strogoff. Xulio Verne morre no ano 1905 a sua tumba como non podería ser menos non nos deixa indiferentes xa que unha estatua ca sua imaxe sae das entrañas da Terra cos brazos alzados de tal maneira que cando o sol incide en elas tapa a data da sua morte… Querría deixarnos algunha mensaxe... Cómic realizado polos alumnos/as de 5º e 6º de ED.Primaria 8
Caderno de Bitácora-Xulio Verne
Durante este curso escolar o traballo no proxecto anual de Xulio Verne permitiunos ampliar o noso espectro literario, coñecer de forma lúdica a xeograf ía de todo o planeta a través das súas viaxes ,ademáis de facernos manipular mapas , brúxulas e escalas...ao mesmo tempo que coñecíamos culturas e costumes variopintas. A curiosidade de Xulio Verne incitounos a investigar e a demostrar o por que das cousas ,pero sobre todo quedounos clara unha … o ser humano posee un don maravilloso que máis que nunca , debería ser utilizado para cambiar e modificar o rumbo das cousas … _________________________________________A IMAXINACIÓN__________________________ Cada ciclo se centrou nun libro en concreto, traballando contidos relacionados con el , pero coa axuda de películas, xogos e actividades programadas no centro poidemos coñecer máis da obra deste autor , ademáis cada área fixo á súa aportación ao tema .__________________ Como sempre dende a Biblioteca se xestionaron todas estas actividades dotando ao centro con unha__ gran variedade de materiais.______ Os alumnos de ED.Infantil e 1º Ciclo de Primaria utilizaron recursos coma estes:___________________________________________________________________________
9
Caderno de Bitácora-Xulio Verne
O alumnado percorreu os países polos que pasou Phileas Fogg , coñecendo a súa cultura ao mesmo tempo que aproveitamos para traballar distintos tipos de textos .Ao final da aventura o noso Pasaporte constata a nosa viaxe ._________________________________________________________
10
Caderno de Bitácora-Xulio Verne
Dende a área de música fixemos a nosa aportación ao libro “A volta ao mundo en 80 días” traballando a variedade de instrumentos que existen no mundo, tocando distintas melodías e interpretando distintas danzas.
11
Caderno de Bitรกcora-Xulio Verne
No 2ยบ Ciclo utilizamos estes recursos...
12
Caderno de Bitácora-Xulio Verne
A lectura de “20000 leguas de viaxe submarina” fixo que os alumnos se preguntaran moitas cousas sobre os submarinos , os barcos, os submarinistas, os calamares xigantes… polo que decidimos plantexar actividades nas que os rapaces realizasen varios experimentos.
13
Caderno de Bitácora-Xulio Verne
Por que flotan os barcos? Materiais: Canicas Troncos Poliespan Corcho
Comezamos o experimento repartindo o material aos alumnos no que irán apuntando o resultado das experiencias. Primeiro comentamos o que sabemos sobre o tema , como vedes están moi concentrados na actividade ...
parafusos/tesoiras plastilina
A continuación de mostrarlles os materiais anotarán ,sin probar ,o que crean que vai a suceder , é dicir, si cren que os obxectos flotarán ou non. Despois desta primeira anotación pasamos a comprobalo e a anotar o que sucede.
Con este traballo poidemos averiguar:
A FLOTACIÓN NON DEPENDE DO PESO NIN DO TAMAÑO DO OBXECTO UN OBXECTO MACIZO FLOTA OU FÚNDESE SEGUNDO O MATERIAL DO QUE ESTÉ FEITO
Pero entón como pode flotar un barco si na experiencia anterior os obxectos de metal non flotaban? SI CAMBIAMOS A FORMA DUN MATERIAL QUE SE FUNDE, PODEMOS FACER QUE FLOTE.
Probamos agora cunha bola de plastilina e esta fúndese pero... 14
Caderno de Bitácora-Xulio Verne
Este maravilloso exemplar capturado no Mar Cantábrico foi a nosa víctima . Os alumnos de 6º realizaron a disección deste exemplar. Despois de abrir o calamar localizamos , as branquias , o saco da tinta , o sifón , a pluma , o pico de loro...
Grazas a Xulio Verne surxiu o noso interés polos calamares xigantes denominados Arquiteutis Dux. Os calamares xigantes viven a grandes profundidades pero hai un lugar non moi lonxano de aquí , en Luarca (Asturias), onde hai un museo con moitos exemplares de este tipo de calamares xa que na costa asturiana aparecen mortos calamares xigantes… no dubidedes en visítalo!!! 15
Caderno de Bitácora-Xulio Verne
Para realizar este experimento precisamos os materiais que nos presenta Sabela:
Como poden voar os globos aerostáticos?
1º-Colocamos o globo como tapón da botella.
Observamos como o globo se infla o que nos ven a demostrar que o quentar o aire este se expande .
Botellas baleiras de auga
Globos
Xeo
Auga moi quente
2º– Introducimos a botella nun recipiente no que vertemos auga moi quente e observamos o que sucede.
Si botamos xeo … ocorre o contrario.
16
Caderno de Bitácora-Xulio Verne
A VISITA DE ANGEL CARRACEDO O venres 10 de Maio tivemos a gran sorte de que o científico e investigador Ángel Carracedo, experto mundial en análisis de ADN visitara o noso centro, e a partir dun experimento con guisantes e todo o que nos ía contando logrora que os nosos alumnos entendesen un pouco mellor que raios é iso do ADN!!!_________________________ Ola rapaces a continuación iremos vendo os pasos para obter o ADN dos guisantes, a partir do cal se podería analizar a información xenética que contén, pero antes hai que ter en conta o que nos conta Ángel...
Todos os seres vivos estamos formados por células
Nas células están os cromosomas_________
Dentro dos cromosomas está o ADN_______
O ADN contén toda a información dos organismos vivos
Isto é o que precisamos...
17
Guisantes
Auga
Lavavaixelas
Piña en Almíbar
Alcol
Recipientes
Batidora
Colador
Caderno de Bitácora-Xulio Verne
1º– Botamos os guisantes nun recipiente e añadimos un pouquiño de auga____________________
A ver quen se move agora que Carracedo acaba de coller a batidora!!!!
2º– Pasámoslle a batidora e colamos a mezcla
3º-Añadimos o lavavaixelas e o almíbar da piña.
Por último introducimos nun tubo de ensaio a mezcla dos guisantes co lavavaixelas e o almibar e lle añadimos un pouco de alcol o que fará que poidamos observar o ADN dos guisantes.
18
Caderno de Bitácora-Xulio Verne
Os alumnos do 3º Ciclo leron os libros de “Miguel Strogoff ” e “Un Capitán de 15 anos” . Para completar a lectura das obras de Verne leron varias adaptacións doutros libros do autor.
19
Caderno de Bit谩cora-Xulio Verne
Planos, mapas , br煤xulas , escalas ,... os rapaces do terceiro ciclo traballaron todos estos aspectos coa finalidade dunha mellora na interpretaci贸n dos mapas e o sentido da orientaci贸n .
20
Caderno de Bitácora-Xulio Verne
Dende a área de Ed .Física traballouse a Orientación co uso da brúxula , realizando xogos de “Búsuqeda do Tesouro”. Ademáis os alumnos de 5º e 6º puxeron a súas voces para cantarnos o célebre “Xulio Verne Style”.
21
Caderno de Bitácora-Biblioteca
Como cada ano a Biblioteca do noso centro dotouse de libros, xogos , películas e materiais para que poidésemos profundizar na vida e obra de Xulio Verne . Ademáis se diseñaron múltiples actividades que nos axudaron a coñecer máis aspectos do autor e coma sempre dunha forma lúdica . A principio de curso recibimos a visita na Biblioteca dun home que se presentou como Xulio Verne … a verdade e que se parecía moito a el … e sabía moitas cousas da sua vida … Ademáis un mergullador de verdade que é monitor tróuxonos ata o cole unha escafnadra!!!!
Para afianzar todo o que nos contou Xulio Verne da súa vida o Equipo de Biblioteca elaborou un xogo da Oca.
22
Caderno de Bitácora-Biblioteca
Durante este curso seguiron en marcha tres Clubs de Lectura (dous do 3º Ciclo e un do 2º Ciclo coordinados polas mestras, Isabel , María e Cristina .Os libros que se leron foron os seguintes:
2º ciclo -Historia de una gaviota y del gato que la enseñó a volar. Luis Sepúlveda . -Pesadelo no tren chocolate . Fina Casalderrey. -Quen me quere adoptar? Fina Casalderrey. -Ti non xogas! Silvestre Gómez Xurxo. -Chamizo. Fina Casalderrey.
3º Ciclo: -Os piratas da Illa Esperanza Rivadulla Corcón -Aventuras de un amigo en la selva Alfedro Gómez Cerdá -O misterio do Faro Vello Fina Casalderrey
-As de mosca para Anxo Fina Casalderrey -Miguel Strogoff Xulio Verne -Déixao medrar Silvestre Gómez Xurxo
23
Caderno de Bitácora-Biblioteca
As mochilas viaxeiras seguiron visitando as casas de Louro pero este ano cunha nova proposta que creo que gustou a todo mundo , traer ao cole unha receita feita cos país, nais , avós, tíos… para compartila cos compañeiros da clase !!!! Imos ver algunha desas receitas!!!
24
Caderno de Bitácora-Biblioteca
Coma estes últimos anos, levamos a cabo os apadriñamentos lectores. Distribuimos a todos os rapaces e rapazas de Infantil e Primaria por parellas ou tríos, como no caso dos máis pequenos de Infantil , que van dous xuntos cun compañeiro/a do 3º ciclo. Escollen un lugar no patio e , durante vinte minutos, comparten as súas lecturas. Este ano ademais, agasallaron ao compañeiro ou compañeira correspondente cunha poesía.
25
Caderno de Bitácora-Concurso Literario
___________________________UN DÍA EN SATURNO_______________________________ _______________________________________________________________________________________ Había unha vez un home chamado Xurxo que sempre desexaba ir a Saturno. Un día contouno na súa oficina e un compañeiro chamado Xosé escoitouno e dixo:__________________________________________________________ Voulle dicir ao xefe , chamado Xoán , se pode facer un foguete .________ Preguntoulle a Xoán e dixo que si .___________________________________________ Cinco meses despois o foguete xa estaba listo e puxéronse en marcha rumbo a Saturno._________________________________________________________________ Cando chegaron empezaron a correr porque atopaton uns alieníxenas, a Xurxo acercóuselle unha alieníxena pero ao final eran boas. Á hora de durmir a Xosé ocorréuselle unha idea:_______________________ -Imos durmir no foguete!!_____________________________________________________ Ao día seguinte regresaron á Terra e cando foron á oficina Xoán botoulles unha boa bronca porque pensaban que ían estar un mes enteiro e soamente estiveran un día .________________________________________ O xefe despediu a Xurxo do traballo e cando estaba no paro adicouse a cortar herba ._____________________________________________________________________ _______________________Autora: Sara Figueiras Nieto (1º de ED. Primaria) _______________________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________________________ 26
Caderno de Bitácora-Concurso Literario
______________AS VACACIÓNS CO NAUTILUS__________________ Era o día despois de Nadal e Carlos non tiña pensado perderse as vacacións familares. Cando era hora de partir, o avó sentouse con el, co seu irmán Javi e coa avoa. Eran tantos atrás que ían apechugadísimos. A Javi parecía que lle saltaban os ollos das órbitas , e Carlos non era capaz de respirar.____________________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________________________________ Cando pensaron que aquilo non podía ir a peor, o coche parouse de repente, quedárase sen gasolina e a única gasolinera que había estaba a catro kilómetros de onde eles estaban. Intentaron chamar a grúa , pero o móvil non tiña cobertura. Entón decidiron ir a dedo. As vacacións non podían ir a peor. Como non podían seguir adiante, decidiron continuar as vacacións alí. A Praia so estaba a medio metro. Cando chegaron empezou a chover e refuxiáronse baixo una pedras. Como Carlos tiña frío, achegouse máis para atrás e chocou contra algo moi duro, miraron e… pegou tal grito que case lle para o corazón ¡ ERA O NAUTILUS! Javi non monstrou ninguna sorpresa e dixo tan campante que podían ir a dar unha volta e ata preguntou quen o alugaba. Carlos explicoulle que ninguén pero seguiron as propostas de Javi. Agora si que serían as mellores vacacións da historia. Pero , como podían sacar o Nautilus de aí? Pensaron e pensaron ata que decidiron consultar ao mesmísimo Xulio Verne, claro que so poderían falar con el a través dos libros , a biblioteca so estaba a un metro da de alí. Cando chegaron preguntáronlle á bibliotecaria onde poderían atopar algún libro de Xulio Verne.______________________________________ _______________________________________________________________________________________________ A bibliotecaria ensinoulles una sección chea deses libros. Estabamos a punto de coller un dos seus libros pero a blibiotecaria levounos a un sitio debaixo da Biblioteca que nunca pensaríamos que estivera alí e díxonos que era a filla de Nemo e que lle rebelara onde estaba o Nautilus. Preguntáronlle como sabía que buscaban o Nautilus , e díxolles que pola mirada.Alí había un pasadizo que levaba ao Nautilus e que ela estaría encantada de axudalos a sácalo para que as súas vacacións fosen inolvidables. Sara , que así se chamaba a Bibliotecaria, colleu un libro e una das estanterías abriuse como se fose una porta, que deu paso a un pasillo enorme; Sara convidounos a entrar; cando xa levaban un bo anaco camiñando viron de novo o Nautilus. A avoa preguntou como ían a saclo de alí. Sara díxolles que entraran , que llo ía ensinar. Cando todos estaban xa dentro do nautilus, Sara tirou dunha palanca e coma por arte de maxia, saíronlle patas e o Nautilus empezou a andar cara ao mar.Todos se esqueceron da mala sorte que tiveran e decidiron disfrutar da viaxe, para cando chegaran á casa ter algo que contar__________________________________________________ _______________________________________Autora: Lucía Senande (4º de ED.Primaria) 27
Caderno de Bitácora-Concurso Literario
__________________________________O POBO EMBRUXADO_______________________________ Érase unha vez unha familia de catro membros. Un pai, unha nai e dous irmáns. Eles vivían nun pequeño chalet unifamiliar con tres habitacións e dous baños. Todos eran felices e levábanse ben.__________________________________ _______________________________________________________________________________________________ Un día , unha gran noticia chegou á familia… A NAI ESTABA EMBARAZADA! Iso significaba so unha cousa: MUDANZA. Os dous irmáns estaban felices por unha parte porque ían a ter outro irmán e tristes, por outra, porque seguramente tiñan que irse a outro lugar, e xa tiñan moitos amigos aquí. Aquelo sería renunciar a todo o que tiñan, comezar de novo. Os país, ao parecer, sentían o mesmo.____________________________________________________ Comezaron a buscar casa en “ idealista.com” , tras varios intentos fallidos, atoparon a casa perfecta:__________________________________________________________ “Chalet en venta na rúa Patacas, 5 en Uada Vicus, pequeño pobo de Barcelona”_____________________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________________________________ Decidiron mudarse alí. O que ninguén sabía era que Uada Vicus significa “vila embruxada”, en latín. Sen saber o significado do nome do pobo acabaron por mudarse. Ao chegar alí a casa era un pouco rara. O cruxido da madeira soaba, pero todos pensaron que sería pola antigüidade da casa. A mudanza resultou todo un éxito, e foi difícil xa que se mudaron de Galicia a Cataluña.___________________________________________________________________________ A primeira noite ninguén foi capaz de durmir. Ah! Por certo, a nai chámase Pepa, o pai Pepe, o irmán pequeño Marcos e o maior Andrés. Todos sentían algo raro nesa casa, sería pola mudanza? Eles crían que si, pero non foi iso. Un día estaban todos durmindo profundamente cando se escoitou un ruido infernal. Parecía un monstro chorando. Ese son incorporouse aos seus soños e todos tiveron o mesmo pesadelo. Un pesadelo do que despois non foron capaces de falar.__________________________________________________ Ó día seguinte, informativos de todo o mundo e un montón de xente, ademáis dos servizos de emerxencia contemplaban o asesinato de catro persoas en Uada Vicus. Moitos lanzaron o rumor (que era certo) de que foi debido a que o pobo estaba embruxado. Ese rumor extendeuse ata considerarse certo ( que o era), así que todos abandoaron o pobo para sempre. O que non sabían era que ao habitar aquel pobo embruxado, todos estaban embruxados. Algo estraño de explicar. Nunca se volveu a saber nada do pobo nin dos habitantes, e a policía decidiu deixar o caso pechado porque non se querían meter nesas cousas._____________________________________________ _______________________________________FIN…?_________________________________________________ ______________Autor: Breixo Gómez Lamela (6º de ED. Primaria)________________ 28
Caderno de Bitácora-Portadas
Na área de Plástica os rapaces realizaron o diseño de portadas para os libros de Xulio Verne e a verdade e que contamos con ilustradores dun gran nivel .
Paula –6º
Ana –4º
Adán –6º
Fernando– 4º
29
Thais-4º
Breixo-6º
Caderno de Bitácora-Celebracións
Este ano na celebración do Samaín quixemos recuperar o mito da Santa Compaña , procesión de mortos ou ánimas en pena que pola noite percorren errantes os camiños da parroquia.A sua misión é visitar todas aquelas casas nas que en breve haberá un morto.______________________________________ Como ven sendo costume a colaboración dos país/nais nesta actividade segue sorprendéndonos cada ano pola súa orixinalisade, deixámosvos unha mostra das cabazas decoradas.________________________________________________
Cabazas ED.Infantil
Cabazas 2º Ciclo
Cabazas 1º Ciclo
Cabazas 3º Ciclo
30
Caderno de Bitácora-Celebracións
Gañadora do 1º Ciclo: Aitana
Gañadora do 2º Ciclo: Mariña
Gañadora do 3º Ciclo: Claudia
31
Caderno de Bitácora-Celebracións
Para celebrar o Magosto organizamos un concurso que consistía en “tunear ” o debuxo dunha castaña, como se pode ver surxiron múltiples ideas._______________________________________
32
Caderno de Bitácora-Celebracións
Como cada ano o EDLG organizou o concurso de “Postais de Nadal”. Este curso a postal gañadora coa que felicitamos as familias foi a de Aday , con ela mostramos os gañadores de cada ciclo.____________________
Postal gañadora: Aday Tajes Búa
Gañadora 1º Ciclo:Ana
Gañadora ED. Infantil: Julia
Gañadora 3º Ciclo: Claudia Tajes
Gañadora 2º Ciclo: Lucía Senande 33
Caderno de Bitácora-Celebracións
Para celebrar San Valentín concocamos a 3ª Edición do concurso de debuxo “Quérote en verso” para o alumnado de Infantil e 1º ciclo, e para o 2º e 3º ciclo, as “Declaracións con humor ”, este ano en formato carta .Estes son os traballos gañadores.________________________________________________________________
Iria
Naira
Querida Sabela: Tu sonrisa es una poesía y me recuerdas a mi tía . Tu pelo es sedoso y no se parece al de un oso. Tus ojos son verdes y lloran cuando te pierdes. Tus piernas son veloces como dos tigres cuando te comen De Raúl Uxía Sendón 34
Caderno de Bitácora-Celebracións
Para celebrar o Entroido convertímonos en personaxes dos libros “20.000 leguas de viaxe submarina” e “ A volta ao mundo en 80 días”, peixes , calamares, mariñeiros, chinos, mexicanos, árabes… perorreron as rúas de Louro._________________
35
Caderno de Bitácora-Xinkana
“A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS”
Os rapaces recrearon o rescate da princesa Aouda ,por Phileas Fogg e Passparteut, nas profundidades dunha selva da India , no momento no que a través dun ritual a princesa sería queimada .
36
“MIGUEL STROGOFF ”
Que xa ven o oso por aíííí , que xa ven o oso por alaaaa ...
Recreamos o despacho do Zar , onde a Miguel Strogoff lle comunicaron a súa misión . Os rapaces cantaron a canción “Oso pardo” e xogaron coas matriuskas cos ollos tapados.
37
Caderno de Bitácora-Xinkana
“CINCO SEMANAS EN GLOBO”
Trasladámonos aos ceos do Continente africano para vivir unha viaxe emocionente en globo.
38
“VIAXE AO CENTRO DA TERRA”
Na nosa viaxe ao Centro da Terra atopámonos con Luci … que nos fixo realizar unha proba con barro. 39
“20.000 LEGUAS DE VIAXE SUBMARINA”
Mergullámonos no fondo dos oceános para coñecer ao Capitán Nemo capitaneando o Nautilus. O Capitán pídenos que fagamos unha reproducción do seu submarino pero resúltanos un pouco dif ícil!! 40
“DA TERRA A LÚA”
So nos quedaba o espazo, unha viaxe a lúa para rematar este percorrido que a obra de Verne nos permitiu realizar. BOA VIAXE!!!
41
Caderno de Bitácora-Bilingües
O noso centro pasou este ano a formar parte da rede de Centros Plurilingües de Galicia . Asignouse un lector , neste caso lectora , Becci , que estivo con nós dende o mes de Outubro ata o mes de Maio. A coordinadora de Plurilingües Luz Torregrosa Regueira xunto con María e Mariela que forman o equipo, diseñaron un horario para intentar sacar o maior partido da estancia de Becci no noso centro. Así Becci estivo presente na área de Ed . Física , nas Clases de Plástica do 1º Ciclo, nas de Inglés e nunha actividade plástica que se deseñou cos alumnos de ED.Infantil .
42
Caderno de Bitácora-Pasatempos
Une os puntos seguindo a orde dos números do 1 ao 60 e despois colorea .
Axuda a Pluto a atopar o camiño ata a tenda de campaña , pon en práctica o teu sentido da orientación!!!
43
44