Caderno de Campo
Revista do CEIP Pluriling端e de Louro Elaborada polo EDLG Curso 2013/14
Neste curso, tivemos a ocasión de facer unha viaxe ao infinito. Non foi no espazo sideral, senón no tempo. Coa teoría da evolución, retrocedemos ata a creación da primeira partícula do Universo e como aínda estamos nun proceso de cambio e de adaptación constantes, o noso estudo nunca remata. Pero non pensedes que nos perdemos en abstraccións e elucubracións mentais. Para comprender mellor a evolución das especies, que mellor que observar as plantas e os animais do noso entorno, de Louro. Recrearmos nas árbores dos nosos montes, observar as aves da Lagoa, fotografiar os animais… axúdanos a ter unha idea mellor do noso planeta, e sobre todo, a intentar protexelo mellor!
Aproveitamos esta ocasión para agradecer a todas aquelas persoas que nos mandaron as súas fotos de plantas e animais, grazas por compartir a vosa arte!! E grazas tamén ao señor Darwin (alá onde estea)por descubrirnos que coa curiosidade, a observación, a constancia e o espírito analítico, podemos ser máis libres e cambiar o mundo. Desde esta revista, que esperamos poda “sobrevivir” moitos anos, superando atrancos de todo tipo e evolucionando sen cesar animámosvos a…..disfrutar da natureza respectándoa e coidándoa!!
2
ÍNDICE Beagle: Viaxe á Evolución……………………………………...……….páx. 4 Teoría da Evolución de Charles Darwin…………………………………...páx.12 Biblioteca……………………………………………………………páx.22 Concurso Literario “Laxe das Rodas”……………………………………..páx.27 Celebracións: Samaín, Magosto, Nadal, San Valentín, Antroido……………..páx.31 Xinkana…………………………………………………………….páx.37 Actividades Plurilingües………………………………………………..páx.43 Saídas………………………………………………………………páx,44 Humor……………………………………………………………...páx.47
3
Beagle: Viaxe á Evolución Durante este curso escolar tivemos a oportunidade de disfrutar dunha apaixoante viaxe que ademáis de levarnos a lugares fascinantes nos permitiu acercarnos a figura dun home trascendal no pensamento dos últimos tempos, Charles Darwin, a continuación acompañaremos a este brillante naturalista embarcándonos no Beagle e compartindo as experiencias e vivencias que o levaron a escribir a Teoría da Evolución… Estas son as escalas que fixo o Beagle:
Galápagos
Chile Ciudad del Cabo
Illas Malvinas
PLYMOUTH , 27 de Decembro de 1831
O HMS Beagle, bergantín de 10 canóns da Mariña Real Inglesa, zarpou de Plymouth o 27 de Decembro de 1831. O barco estaba ao mando do capitán Robert Fitzroy, que acolleu a Darwin nel por recomendación do botánico John S.Heaslow.
ROBERT FITZROY
CHARLES DARWIN 4
As iniciais HMS Beagle significan “Her Ma-
jesty´s ship” , “O barco da súa maxestade”. A misión da viaxe do Beagle era cartografiar a costa de Sudamérica. As cartas náuticas resultan de gran importancia e saber utilizalas e entendelas é imprescindible para navegar, a ver como se desenvolven os nosos alumnos.
MONTE LOURO, Coordenadas: 42° 44′ 34″ N
5
9° 04′ 56″ O
Illa de SAO TIAGO en CABO VERDE
Aquí terá lugar o 1º desembarco. Darwin observa sedimentos de cunchas fosilizadas, moi por riba do nivel do mar, aínda cubertas por unha capa de lava de volcáns inactivos anteriores aos tempos coñecidos ata entón. Darwin interpreta isto como unha evidencia de que a historia da Terra é maior que as estimacións baseadas na Biblia. A Terra estaba formada por unha única e enorme masa continental que se coñece co nome de Pangea e que ao longo do tempo foise separando dando lugar aos distintos continentes que coñecemos hoxe en día.
Son varias as probas que demostran esta teoría:
Sudamérica e África parecen encaixar como as pezas dun puzle
Fósiles das plantas Glossopteris atópanse en rochas de Sudáfrica, India, Australia, Sudamérica e Antártida. Todas estas rexións formaban Gondwana .
O Lystrosaurus era un gran réptil que viviu na Antártida durante o Triásico. Hoxe en día, só aves, e invertebrados como os escaravellos viven na Antártida.
Tilitas da costa africana teñen uns 250 millóns de anos, cando Sudáfrica era parte de Gondwana.
Crese que as montañas de Sudamérica e da Antártida antigamente formaban parte da mesma cadea montañosa.
6
BRASIL
Recorren todo o país durante un ano. Darwin sorpréndese ante a exuberancia dos seus bosques tropicais e a enorme variedade de fauna. Tamén lle chama a atención unha especie de zumbido monótono que hai sempre no aire. Eran os millóns de insectos da selva e variaba segundo a época do ano. Sabiades que o zumbido dos insectos ao voar é producido polos centos de aletadas que dan por segundo. A á de por si é unha lámina vibrante, que oscila con suficiente frecuencia, como para producir sons dun ton determinado, coma un instrumento musical. Elaboramos un instrumento que o imita.
7
ARXENTINA
Nada máis chegar, Darwin realiza un descubrimento moi importante: o GLIPTODONTE un enorme mamífero xa extinguido cun estraño caparazón óseo. Nas súas observacións suxire que os armadillos descenden dos gliptodontes, e utiliza este argumento como unha das claves determinantes para o desenvolvemento da súa teoría da evolución. MEXONYS
___________________
Sorprendímonos co ancestro dos golfiños, o mexonys e coñecemos a un antepasado da nosa especie o australopithecus.
CHILE-PERÚ
Darwin está entusiasmado pola cantidade de rochas que atopa con fósiles marinos. Tamén pode profundizar nos estudos dalgunhas especies xa extinguidas. En Chile é testigo dun terremoto e en Perú presencia a erupción dun volcán. Todo isto lle proporciona probas que demostran que a Terra está en continua actividade. Os fósiles son organismos vivos que morreron e os seus restos solidificáronse e convertéronse en rocha.Este proceso leva millóns de anos e grazas a el, hoxe podemos coñecer como foron os animais e as plantas que existiron na Terra dende que comezou a vida. Si queres facer un “fósil caseiro”, isto é o que precisas... Necesitas
2 tazas de fariña
½ taza de sal
1 taza de posos de café
½ taza de café líquido
plastilina ou arxila
cunchas, caracois, …. (poden ser de plástico) 8
ILLAS GALÁPAGOS
O grupo de illas albergaba infinidade de animais autóctonos emparentados con especies sudamericanas pero con variantes entre si. Aquí descubre a gran variedade de pimpíns que se diferenzan no seu tamaño, alimentación e forma dos picos. Parece que unhas especies substitúen a outras e que, por diversos motivos, fórmanse novas especies.
As especies adaptáronse ás condicións do seu hábitat nun proceso
que durou millóns de anos. Realizamos un xogo cooperativo no que os rapaces debían facer de depredadores e analizar os resultados da súa caza. A través desta actividade podían demostrar como a especie que sobrevivía era a máis adaptada ao medio, neste caso pola cor.
9
AUSTRALIA
É aquí onde Darwin descubre aos marsupiales, dos que unha das súas especies son os Koalas. Tamén ve por primeira vez aos ornitorrincos: “A especie máis maravillosa que existe” e da que chega a pensar que parece unha especie ideada por dous creadores. Imos ver que criaturas crean os nosos alumnos...
ILLAS COCOS
Atópanse a case 3 000 Km de Australia. Trátase de 27 illas coralinas dispostas en círculo que albergan no seu interior una lagoa de auga salgada. A tripulación do Beagle quería buscar información sobre a formación de atolóns, inmensas aglomeracións de arrecifes de coral. Darwin pensa que estes arrecifes son o resultado de afundimentos
10
CIUDAD DEL CABO
Nestas terras poderon disfrutar de ricas madeiras dos xoves pinsapos escoceses e chamativos carballos. Non podemos esquecernos dos vexetais, que coma todas as especies, foron moldeados pola evolución. Darwin no capítulo IV do libro “El origen de las especies”, explica por que as plantas “producen habitualmente dúas clases de flores : unhas abertas e coloreadas de tal modo que atraigan aos insectos , e outras pechadas, non coloreadas, desprovistas de néctar e que nunca son visitadas por insectos. Por conseguinte podemos chegar á conclusión de que, si os insectos non se houberan desenrolado pola faz da terra,
as nosas plantas non se houberan cuberto de bellas flores e houberan producido soamente flores tan pobres coma as que vemos no abeto, carballo, nogueira e nas gramíneas, espinacas, …”
PLYMOUTH
O 2 de outubro de 1836, case 5 anos despois da súa partida, o Beagle regresa a Inglaterra. A viaxe rematou. É moita a información e as mostras que Darwin reuniu e que agora deberá poñer en orde, estu-
dar e sacar conclusións.
11
A Teoría da Evolución Este curso escolar o proxecto documental que desenrolamos tivo como temática ”A teoría da Evolución” de Charles Darwin.Sen dúbida resultou apaixoante trasladarse ao momento histórico no que Darwin levou a cabo a viaxe no Beagle , e na que forxaría a Teoría que movería os cimentos do pensamento daquela época, que daba unha explicación baseada no creacionismo a aspectos tan trascendentais coma a orixe das especies e a formación da terra. Adentrándonos no tema provoca de forma inevitable unha sensación de vulnerabilidade como especie e ao mesmo tempo un non deixa de maravillarse coa dependencia dos seres vivos e destes co medio onde viven. A maior ensinanza que nos aporta este tema é que debemos coidar e protexer o noso planeta polo ben de todos. Cada ciclo traballou contidos relacionados co tema e coa axuda de películas, xogos e actividades programadas no centro poidemos acercarnos ao coñecemento da Teoría e á figura de Darwin, ademáis cada área fixo á súa aportación ao tema.
Coma sempre desde a Biblioteca se xestionaron todas estas actividades dotando ao centro cunha gran variedade de materiais. O alumnado de ED. Infantil realizou unproxecto sobre os dinosaurios e a evolución da vida:
Eixo cronolóxico onde se mostra a evolución da vida desde o primeiro organismo vivo.
12
Realizaron mĂşltiples actividades sobre Dinosaurios e as plantas:
13
No 1º ciclo: Representaron unha obra de teatro chamada “Evolucionamos as persoas?”, unha parodia sobre a evolución.
Tamén fixeron contos sobre a Prehistoria, despois de informarse sobre este período e ver como era a vida nas cavernas. Ademáis viron a película “Los Croods”
E realizaron unha saída a Lagoa de Louro para avistar paxaros.
14
Dende a área de música fixemos a nosa aportación ao tema a través da evolución da danza.
Coa súa presentación para a posta en escea...
15
No 2ยบ Ciclo utilizamos estes recursos:
E cada alumno realizou un libro coma este:
16
No 3º Ciclo levouse a cabo o proxecto de comprensión “Beagle: viaxe á evolución”, que plasmamos de
forma resumida nas primeiras páxinas da revista:
Pretendíamos con este proxecto que o alumnado fose consciente de como a partir das experiencias vividas por Darwin , e co seu análise e constatación, este chegou a crear a Teoría da Evolución.
Realizamos tamén un traballo sobre especies vexetais e animais no que en moitas actividades participou o conxunto do centro:
Como resultado desta actividade realizamos unha pequeña mostra de follas que atopamos nunha saí-
da realizada desde o colexio ata a igrexa e unha presentación sobre especies animais que foron fotografiados en Louro e nos seus arredores
Herbario Camiño da Igrexa...
17
Antes da identificación e recollida de follas , na saída, realizamos unha actividade preliminar de clasifi-
cación de follas na clase:
O día da saída cada grupo levou esta folla para recoñecer as follas das que tiñan que coller mostra.
Facemos o herbario Clasificamos
Secamos
18
Para realizar o traballo sobre as especies animais de Louro enviamos unha nota as casas para pedir a
colaboración de todo aquel que tivera fotografías realizadas en Louro ou nos arredores de especies que fácilmente poden ser recoñecidas polos rapaces. Desde aqui queremos voltar a agradecer a colaboración e felicitar as persoas que nos deixaron as súas fotos pola gran calidade e beleza. Feita unha selección de especies e almacenadas o resto das fotos para futuros traballos, o alumnado realizou a búsqueda de información para realizar a ficha técnica dos animais.
E o resultado non puido ser máis satisfactorio, transcribimos a introducción do traballo e mostramos algún dos animais fotografiados.
Cada un de nós vivimos no noso medio ambiente, en estreita relación cos animais, plantas e minerais, propios de cada realidade. A alimentación duns depende da existencia dos outros. Ese é o marabilloso equilibrio da natureza. Sabe combinar perfectamente o útil co bello. Cada ser está dotado do necesario para poder sobrevivir e multiplicarse para así perdurar a súa especie. Queremos con este traballo dar mostra da beleza das especies e do entorno que compartimos con elas a través de fotografías tomadas en Louro e nos seus arredores.
19
20
Na área de ED. Físisca, fixeron unha coreografía para a canción “A Evolución”.
E tamén aprenderon a usar o compás para orientarse.
21
Biblioteca Como cada ano a Biblioteca do noso centro dotouse de libros, xogos , películas e materiais para que poidésemos profundizar na figura de Charles Darwin e na súa revolucionaria Teoría da Evolución. Ademáis se diseñaron múltiples actividades que nos axudaron a coñecer máis aspectos do autor e a súa Teoría , coma sempre dunha forma lúdica. ACTIVIDADE INTRODUCTORIA O Equipo de Biblioteca deseñou a actividade que inauguraría o traballo anual coa figura de Charles Darwin e a súa Teoría. Organizados en grupos se fixo un xogo de pistas no que os rapaces atopaban as pezas dun puzzle que completaron e no que se formaba o rostro do naturalista. Ademáis rememorando o antigo concurso televisisvo “Un, dos ,tres”, se realizou un concurso no que os rapaces respondían a… nomes de flores, nomes de árbores, nomes de peixes… Tamén se visionou un vídeo sobre a vida de Charles Darwin.
CONCURSANTES E PRESENTADORA
AZAFATA
TACAÑONA 22
Para afianzar os coñecementos sobre a vida de Darwin, o Equipo de Biblioteca elaborou dous xogos de “Pasapalabra” que están colgados na páxina web do colexio.
Ademais disto, traballouse nos Ciclos e nas Áreas a Teoría sobre a Evolución das Especies facendo multitude de actividades e xogos, por exemplo este de “Os Ecosistemas”.
23
Durante este curso seguiron en marcha tres Clubs de Lectura no 3º Ciclo, coordinados polas mestras, Sil-
via, María e Cristina.Os libros que se leron foron os seguintes:
Barro de Medellín de Alfredo Gómez Cerdá
Os megatoxos e o aprendiz de druída de Anxo Fariña
Non é tan doado ser neno de Pilar Lozano Carballo
Perigo Vexetal de Ramón Caride
Ameaza na Atlántida de Ramón Caride
Tonecho de Rebordechao de Breogán Riveiro
Matilda de Roald Dahl
Os perfectos de Rodrigo Muñoz Avia
Algúns pudéronse ler cos E-Readers que se mercaron.
Evolución da lectura
24
As Mochilas Viaxeiras seguiron visitando as familias de Louro. Este ano cunha nova proposta: traer
ao cole un experimento feito na casa para compartir cos compañeiros/as. Como novidade este ano fíxose un “rankin” do material que ía nas mochilas que máis gustara mediante un cartel posto nas portas de casa aula coa foto de casda un e a súa opinión.
E como vimos facendo dende hai algúns anos, para celebrar o Día do Libro levamos a cabo os “Apadriñamentos Lectores”. Este ano non puidemos contar coa compañía do alumnado do terceiro Ciclo porque foran de excursión a Cantabria. Durante vinte minutos compartimos as nosas lecturas.
25
E para finalizar, este ano tivemos unha nova que nos encheu de orgullo...gañamos o Premio de Alfa-
betización Audiovisual 2013 outorgado polo Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais,ICAA, do Ministerio de Educación Cultura e Deporte polo Proxecto “O cine, outra forma de contar historias” que levaramos a cabo o curso anterior.
26
Concurso Literario “Laxe das Rodas”
“O roubo dos libros de Darwin” Un día que era pola tarde, o colexio CEIP de Louro estaba pechado. Ningunha profe estaba dentro. No patio había nenos xogando e escoitaron un ruido no cole. Era moi estrano, pero non lles interesaba o que pasaba e fóronse sen fixarse en que a ventá do ximnasio estaba rota.
Ao día seguinte, antes de que pasara o autobús, unha profe chegou; era Luz e como era moi despistada, non se fixou. Chegou outra profe que se chamaba Judith, fixouse e dixo: -Esa ventá está rota, que lle pasa?Que mal! No patio estaban todos nerviosos e falando da ventá. -Mimá!! -dicía algún. -Carai!!- dixeron outros. -Mirade que pasou! Cando Mariloli tocou o timbre saíron todos mangados. Cando chegaron á clase todos estaban falando da ventá rota e os de 2º estaban pensando niso. Unha nena chamada Yoana dicía:– O mellor roubaron algo. Lucía dixo:– O mellor roubaron algo dalgunha clase. Chegou a profe e dixo Sara: Imos investigar!!! Comezamos por 1º, fomos a clase do lado e Isabel dixo que non faltaba nada. Logo imos a 3º –dixo Yoana. Chegaron alí, preguntaron e os de 3º fixeron un lío de palabras. Polo que entendeu Judith non faltaba nada. Lucía dixo : -Imos a 4º. Lucas contestou:- Vale!!. Foron alí e todos dixeron que non faltaba nada.Sara dixo: -Mima!!! A ver se descubrimos algo.Imos a 4º dixo Martiño. Temos que ir a 5º– dixeron os outros. Chegaron a 5º moi cansos. Nada estaba todo. Foron a 6º, era o último. Outra vez nada. Xa estaba.Sara dixo: Ah!falta música, dirección, informática, biblioteca e inglés. Imos primeiro á Biblioteca. 27
Estaba Carmela e estaba moi amolada. Que pasa?-Dixo Judith. Non están os libro de Darwin. Había dez e reoubaron cinco. Era o tema que estábamos dando no cole. Isto é un desastre-dixo Carmela. Agora so falta saber quen o roubou-dixo Lucas. No momento viron un señor e Yoana preguntoulle-Como te chamas? O señor dixo que se chamaba Xabier e que era amigo de mariloli. Viña a visitala porque quería saber como vai o cole, interesáballe un montón. Chamaron á porta, era o do pan. -Ola son Asier, como vos chamades? -Eu son Andrés e estes son Martiño, Lucas, Sara, Yoana e Lucía. -Veño a traer o pan. Vivo en Louro. Voume que teño presa .Adeus! Ao día seguinte estaba a porta do patio rota. Xa estaban cansos e sara dixo: -Teño un plan. Yoana ás 15:30 aquí! Trae unha cana. Ti Lucas trae unha corda. Os outros, esperade na casa. Chegaron ás 15:30 e agocháronse. Viron a alguén, estaba disfrazado de monstro. Saíron con coidado, ataron a corda á cana. Tiran da cana e engancharon o disfraz, o monstro caeu ao chan laiándose. Chamaron á policía e descubriron que era Xabier, que non quería mercar libros e viña roubalos ao noso cole. CASO PECHADO! Os nenos foron xogar ao parque e Judith foi á casa, deitouse no sofá e viu a tele e xa se quería xubilar!
Sara Figueiras Nieto Gañadora 1º Ciclo 28
“Quen inventou a máquina do tempo?” Hai uns cinco millóns de anos unha familia cavernícola vivía nunha cova. A familia cavernícola estaba composta por: un pai, unha nai e dous irmáns xemelgas. Un xemelgo chámase Chsaschás e o outro Chischís. A Chaschás e Chischís gustáballe moito inventar cousas. Sempre facían esculturas impresionantes. Un día cando fixeron unha das súas esculturas chamaron aos seus país para que a viran. Cando estaba toda a familia xunta tocaron a escultura e
Zas!Unha luz cegadora fixo que a familia pechase os ollos e cando os abriron, non estaban na cova senón no futuro e a máquina do tempo xa non estaba. Todo o que había era diferente. Non sabían o que facer alí. A ente pasaba por alí e mirábanos con cara rara. Pero unha persoa parouse para axudalos. Deulles roupa e ofreceulles todo o que tiña. Os xemelgos Chaschás e Chischís unha noite escapáronse para mirar como era esa época, pola mañá cando viron que non estaban os país puxéronse moi histéricos e destruiron todo ao seu paso. Os país cavernícolas non atopaban aos seus fillos. Os xemelgos a medida que se ían alonxando da casa íanse facendo máis listos. Ata chegou un momento que se lles estaba caendo o pelo. Os xemelgos paráronse nun sitio e puxéronse a facer unha escultura das súas. Cando a remataron pasaron por aí seus país. Tocaron todos a escultura e ZAS! Unha luz cegadora fixo que toda a familia pechase os ollos, outra vez. Cando abriron os ollos xa estaban na súa época. Toda a familia estaba moi contenta. E os xemelgos buscaron outro oficio, o e debuxar na parede da cova. En dous días estaba a cova cuberta de debuxos dos xemelgos. Os país como non querían
ser menos uníronse aos xemelgos. E esta historia respóndeche á pregunta: Quen inventou a máquina do tempo?
Sabela Gañadora 2º Ciclo 29
Choiva de balas Ao chegar á escea do crime atopeime a inspectora de homicidios Nicky anotando na súa libreta cuberta con coiro, sobre o corpo sen vida. Cando me acheguei máis a ela pregunteille: -Entre que hora morreu? _Non sei, lembra que eu son inspectora, non forense, vaille preguntar a Lannie. Dirixínme cara a forense Lannie e pregunteille. A súa resposta foi moi clara: “ entre as cinco e as cinco e
media”. Eu sorprendinme porque nos comezamos a traballar as seis. Cando eu e a inspectora chegamos a comosaría Ryan informounos que a víctima era William Parker, o xefe da multinacional “EMPIRE”. Informamos a súa familia sobre a súa norte e cando chegamos a súa muller contestou. Decidimos investigar e descubrimos que o seu verdadeiro nome era Jennifer Stuwards, non Steffani Rodríguez. Mercara un billete de avión con destino a Boston, que saía dentro dunha hora. Mandamos coches patrulla ao aeroporto e vixiamos todas as estradas. Jennifer viunos e empezou a correr e seguina. Tras uns
poucos minutos de persecución atrapeina. Levámola no coche patrulla hacia comisaría. Cando entramos pola porta eu e Nicky fomos directos á sala de interrogatorios. Cando nos sentamos comezamos a facerlle preguntas, pero ela afiemaba ter coartada. Fomos ata o “Café Relax” onde afirmaba ter coartada, e coprobamos que a tiña. Cando volvemos a comosaría, Lannie díxonos que a bala pertencía a unha “Magnun do 44”, que nese momento estaba na propiedade de Peter Astley. Fomos a súa casa e vimos que estaba morto. Quedáramonos tres meses sen pistas, ata que recibimos unha chamada anónima que dicía que un tal Bronk estaba husmeando pola escea do crime de William. -Non pode ser—dixo Ryan. _A non ser que finxira a norte, porque non atoparon o corpo– dixen eu. Pedios unha orde de rexistro para o seu piso e tiña a “Magnun 44” do crime de William. Encerrámolo para o resto da súa vida; pero a asasino non foi el. Fun eu. Xurxo París Novo Gañador do 3º Ciclo
30
Samaín A protagonista desta celebración é a ….. Cabaza, curcubita maxima Nome común: cabaza Nome científico: curcubita maxima Carácterísticas: planta herbácea anual espontánea cultivada polo seu froito , folla, flor e semente, de talos flexibres e trepadores. Follas pentalobuladas de gran tamaño e flor amarela ou laranxa. O froito é un tipo de baia chamada pepónide Hábitat: é orixinaria de América pero no s.XVI foi introducida en Europa. Hoxe cultívase en rexións templadas e subtropicais de todo o mundo. Consúmese como verdura e forma parte do día de celebración dos defuntos en varios países.
Gañadores “Concurso Cabazas” Aday Tajes Búa Ana Fernández Vigo Mariña Tuñas Fernández
31
Caderno de Bitácora-Celebracións
Os rapaces de Louro fixeron un bo traballo , igual non me como a ningún máis
32
Magosto Castiñeiro, Castanea sativa O castiñeiro común é unha árbore caducifolia apreciada pola súa madeira e os seus froitos comestibles , as castañas. É moi común nos montes de Galicia pero non é unha ábore autóctona senón que foi introducida polos romanos. O castiñeiro e a castaña forman parte da cultura, gastronomía, etnografía e historias galegas. O magosto é unha das principais festividades da cultura e gastronomía galegas.
33
Nadal Na celebración do Nadal hai unha tradición moi importante que é a decoración da ábore. Acivro,Iles aquifolium, É un arbusto ou unha pequeña árbore, as súas follas teñen un borde fortemente espinoso e son de cor verde moi brillante polo haz. O seu froito é dunha cor vermella moi brillante e permanece moito tempo na árbore. Esta árbore foi durante moito tempo utilizada con este fin,pero dende hai uns anos utilízase o Piñeiro. O EDLG organizou o concurso de “Postais de Nadal”. Este curso a postal gañadora coa que felicitamos ás familias foi a de Lucía Senande e con ela mostramos as gañadoras de cada ciclo.
Postal gañadora:
Lucía Senande 3º Ciclo
Adriana ,5 anos
Silvia, 1º Ciclo 34
Raquel, 2º Ciclo
San Valentín Convocamos o “IV Concurso de Debuxo con Amor ” para o alumnado de Infantil, 1º e 2º e o “IV Concurso de Declaracións de Amor con Humor”, en formato de carta e destinado ao alumnado do 2º e 3º Ciclo. Esta vez a temática do concurso versaba sobre o amor a un obxecto.
Ed. Infantil: Miguel París
Querido libro de matemáticas sei que tes moitos problemas 1º Ciclo: Julia Cambeiro
por iso me das pena.
Hawai 4 de Febreiro 2011
Aínda que me berre Silvia vas no meu corazón
Querido amigo:
por iso che quero mogollón.
Ti es o que sempre está aí cando o preciso. O que wstá esperándome e o que sabe que vou chegar despois de tomarmeesa tentadora tableta de chocolate.
Cando che abro e vexo as túas restas maréome ata nas festas!
O que non se alionxa nunca do meu lado cando teño medo.
Ti o que leu comigo numerosos libros e revistas. Ti o meu amigo o retrete.
Querereiche todos os meus días e se che perdo
P.D . Prepara o papel que estou rematando o chocolate
parecerei un lerdo!
Lucía Senande ,5º
Brais Noceda, 3º 35
Entroido O noso centro encheuse de especies animais , vexetais e especies extinguidas como dinosaurios e o home primitivo… os exploradores tiveron moito traballo o día do Entroido.
Tiranosaurio Rex
Homo Sapiens Sapiens
Especies animais
Especies vexetais
Coa evolución perdéronse costumes moi boas
36
Homo Habilis
Selva Tropical
37
Seica tolearon estes rapaces!!
EXCAVACIĂ“N
38
Illas Galรกpagos
39
Camarote do HMS Beagle
40
Cova Troglodita
Ahh, jaja, boa imitaci贸n!!!
41
“Oficina do Inquisidor”
42
Actividades Plurilingües Desde esta área fixeron xogos online en inglés sobre a Evolución www. wartgames.com/themes/people/darwin.html E coa colaboración da auxiliar de conversa deste ano,Ashley Artigas, tamén fixeron un libro sobre Darwin empregando vocabulario relacionado co tema.
Desde a coordinación de Plurilingües se deseñaron as actividades de Halloween e do Día de Pascua , coa decoración de ovos. 43
SAÍDAS No primeiro trimestre deste curso académico realizamos unha saída con destino a cidade de Vigo para realizar unha visita ao Museo do mar e acudir a unha exposición de dinosaurios a tamaño real. MUSEO DO MAR Realizamos unha actividade na que pudemos comprobar a importancia da clasificación das especies animais , e como era o traballo dos primeiros naturalistas, ademáis de ver a réplica do Beagle.
44
EXPOSICIÓN DINOSAURIOS
45
SAÍDA –Recollida de follas
Colexio-Igrexa de Louro– Colexio
46
HUMOR BOA CACERÍA
ESPERA, VOUNO PUBLICAR NO MEU MURO
IMOS XANTAR??
Era hoxe???
47
COMO DEBUXAR UN CABALO
DEBUXA 2 CÍRCULOS
DEBUXA AS PERNAS
DEBUXA A CARA
DEBUXA O PELO
AÑADE PEQUENOS DETALLES
48
Intenta facer cama os naturalistas e debuxa o cabalo seguindo os pasos anteriores, jjj a ver si tes sorte
cos detalles!!!!
49
50