ATRA BILE Nazaria, Daría e Aurora son tres irmás xa anciás que viviron toda a súa vida xuntas nunha gran casona dun pobo calquera. Esta noite de xoves están reunidas para velar o cadáver do marido de Nazaria, a única que casou, acompañadas da fiel criada de Nazaria, Ulpiana. E será ao redor deste velorio cando saian á luz as eternas querelas entre as irmás e eses segredos ocultos que permanecen alí, latexantes, durante cincuenta anos. O elemento común que une a estas catro mulleres é o difunto marido de Nazaria que permanece en escena durante todo o tempo no que se desenvolve a obra e que de unha maneira ou doutra formou parte da vida das catro mulleres, como se irá descubrindo ao longo da obra, e que sempre deixou un pouso de amargura biliosa nelas. A partir de el e das discusións que a súa propia presencia provoca, descubrirán os segredos que as catro mulleres foron gardando ao longo dos anos, e será o responsable de que afloren nelas sentimentos que constituirán un abano onde teñen cabida todas as cores do espectro sentimental: odio, amor enfermizo, vinganza, xenreira, tristura, noxo… Estes sentimentos son os que moven o fío argumental e conducen aos personaxes a unha traxedia fallida (ou case) na que desemboca a obra.
FICHA TÉCNICA REPARTO: DARÍA: SONIA RÚA NAZARIA: CASILDA ALFARO AURORA: JOSI LAGE GARDAMARINA: DAVID NOVAS ULPIANA: FRAN PAREDES TÉCNICOS: HÉCTOR PAZOS e DIEGO CAMAÑO TRADUCIÓN: XOSÉ MANUEL PAZOS MAQUILLAXE: FANY BELL MÚSICA: ANXO GRAÑA FOTOGRAFÍA E DESEÑO GRÁFICO: DIEGO SEIXO ESCENOGRAFÍA: PABLO GIRÁLDEZ DESEÑO VESTIARIO: CARLOS ALONSO DESEÑO ILUMINACIÓN: ETELVINO VÁZQUEZ CONFECCIÓN VESTIARIO: MILA ABAL OFICINA: MARÍA MARTÍNEZ DISTRIBUCIÓN: CHRISTELLE LORY PRODUCIÓN: SALVADOR DEL RÍO AXDTE. DIRECCIÓN: SANTIAGO CORTEGOSO DIRECCIÓN: ETELVINO VÁZQUEZ
Compañía de Teatro Residente en Cangas do Morrazo
Rúa Moaña 25 entrechán, 36940, Cangas, Pontevedra Tel: 986304817 - 654464360 www.teatrodeningures.com