Programa XIV MITEU

Page 1


Cada ano, coa primavera, abrolla no Campus da Universidade de Vigo un novo estoupido de cores e recendos, pero coa primavera tamén abrollan en Vigo os froitos vizosos do traballo no teatro universitario. O teatro feito na universidade é lecer e entretemento activo, mais tamén é a demostración de que son posibles outras formas de aprendizaxe sobre a condición humana, outras formas de descubrir(nos) e de sorprender(nos). A través da Vicerreitoría de Extensión Universitaria, a formación teatral do noso estudantado é un dos esteos aos que dedica a Universidade de Vigo grande parte dos seus esforzos. É fundamental formarmos ben o noso alumnado en cadansúas titulacións, mais, asemade, e de igual xeito, queremos transmitir unha formación integral de cada persoa para que a transmisión de valores e coñecementos ao noso estudantado sexa o máis completa posible. Secasí, apostamos tamén pola necesaria formación nunha arte que axuda a desenvolver a sensibilidade, a creatividade, a liberdade, o respecto, a crítica, a emotividade e a sociabilidade; unha arte, en definitiva, que contribúe á formación íntegra do noso alumnado como persoas lúcidas, reflexivas, activas, comprometidas e independentes. Se un esteo é o da formación, o outro esteo desta actividade artística teatral sitúase no eido da promoción e, precisamente aquí, encadramos a MITEU, mostra teatral senlleira da que imos celebrar agora a súa XIV edición en Vigo. Nesta edición a MITEU conta cunha novidade importante, pois as funcións non só terán lugar no Teatro Vidal Bolaño do Campus das Lagoas, senón que, ademais, vai haber representacións no Auditorio Municipal de Vigo, mercé á xenerosa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Vigo. Coidamos que o teatro universitario é xa abondo maduro e excelente como para se mostrar á cidadanía e demostrar, deste xeito, que temos unhas compañías universitarias amadoras tan dignas, consolidadas e capaces coma as profesionais. Este ano, á parte da produción da Aula de teatro universitario do Campus de Vigo, contamos tamén coas postas en escena da aula do campus de Ourense e das aulas de teatro das outras universidades galegas, do estado español e internacionais, nunha demostración de excelencia que estamos seguros satisfará o público máis esixente. Para pór o ramo a estas liñas, como vicerreitor encargado da programación cultural da nosa universidade, quixera agradecer moi cordialmente a colaboración do Concello de Vigo e, por suposto, coma sempre, o esforzo e a ilusión de todas as persoas que ano a ano veñen facendo posible a organización e o desenvolvemento da Mostra, xente que de novo fará desta XIV edición da MITEU un novo éxito e un permanente lugar de encontro para as persoas amantes do teatro. Beizón a todos. Como xa é primavera, que abrollen tamén as funcións nos escenarios! Xosé Henrique Costas González Vicerreitor de Extensión Universitaria.


Día 17 ás 21:00 h. Auditorio do Concello de Vigo LOS NIÑOS PERDIDOS

A partir do conto de Francisco Hinojosa “A los pinches chamacos” El Fénix Producciones, México FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA Adaptación do texto

Esteban Castellanos

Dirección artística e actuación

Esteban Castellanos

Dirección técnica

David Jiménez Sánchez

Escenofonía (deseño sonoro) Entrenamento vocal

Rodolfo Sánchez Alvarado Hernán del Riego

Asesoría de iluminación

Gabriel Pascal

Vestiario

Mauricio Garmona

Asistente técnico Malabares

Deseño gráfico e fotografía

Ignacio López Castellanos Felipe Morales Cárdenas Alma Curiel

A posta en escena Los niños perdidos, responde á necesidade de facer evidente unha das

problemáticas máis importantes que afecta á nosa sociedade na gran urbe: A violencia familiar.

E unha das súas consecuencias: a violencia infantil. Os nenos perdidos instálase no terreo do humor negro e a agudeza irónica de quen acepta que vive nun mundo que non ten remedio e con

todo, intenta polo menos, pensar nos seus problemas. A posta en escena busca un ton grotesco que provoque a catarse e que exprese o sentido posmoderno exposto nos textos de Francisco Hinojosa.


Día 18 ás 21:00 h. Auditorio do Concello de Vigo NOSA SEÑORA DAS NUBES de Arístides Vargas Tradución de Santiago Cortegoso Adaptación de teatroNORMAL (Aula de Teatro da Universidade da Coruña) FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA ELENCO Sofía G. Castro, Mélani Corral, Sara Fernández Baldomir, Bea Martínez Figueroa, Lucía de Querol. Dirección Axudante de dirección Escenografía e atrezzo Vestiario Banda sonora Música “El era bo”

Rubén Ruibal Laura Mariño Sánchez Iván Casal Nieto teatroNORMAL Roberto Casteleiro Sara Fernández Baldomir

Despois de, como pouco, 20 años voando, dous exiliados, Óscar e Bruna, agardan polo inicio dunha nova viaxe. Xuntos farán memoria e sacarán á luz os recordos que lles quedan sobre o país do que algún día foron fillos. Co vals do emperador como fondo, as familias de Nosa Señora das Nubes abrirán as portas da súa historia para que Óscar e Bruna descubran que non deixan de ser máis que unha lembranza, estranxeiros en todas partes.


Día 19 ás 21:00 h. Auditorio do Concello de Vigo MONSTRO MEU CITAC (Circulo de Iniciação da Academia de Coimbra) FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA ELENCO Anabela Ribeiro, João Silva, Patrícia Antunes e Viviane Andrade. Texto Escenografía Deseño e Operación de luz Música orixinal Operación de son Deseño gráfico Ilustración Dirección

Rodrigo Santos (con poemas de Anabela Ribeiro e Patrícia Antunes) Rodrigo Santos Paula Gaitas Rodrigo Santos Vanessa Teixeira Whatever Trademark João Pereira Rodrigo Santos

Unha meniña non falaba con ninguén. Inventou un monstro para que lle fixera compañía. O monstro accedeu pero esixiu que ela non falase con ninguén máis. Un día a meniña descubriu que podía falar e decidiu librarse da compañía que inventou para si mesma. Falou, falou, falou e gritou até que entendeu que xa ninguén lle contestaba. Sentiuse soa de novo e tentou inventar o amigo outra vez. Tarde demais. Restoulle transformarse nun monstro para falar consigo mesma.


Día 23 ás 18:30 h. Auditorio da Cidade Universitaria UN NOVO MUNDO FELIZ Dramaturxia de Fernando Dacosta a partir de "UN MUNDO FELIZ" de Aldous Huxley Aula de Teatro Universitaria de Ourense. Grupo Maricastaña FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA ELENCO José Manuel Mao, Héctor Casas, Ana García, Iris G. Requejo, Ledicia Piñeiro, Marielvy Martínez, Reyes Mangue, Hernan Rapetti, Daniela Vidal, Daniel Vázquez, Borja Bobillo, Uxía González, Yu Estévez, Miguel García, Alicia Fraga, Eva Rodríguez. Luz, atrezzo, técnicos Imaxes Vestiario e complementos Deseño musical Cartel e programa Axudante de dirección

José Manuel Bayón, Rubén Dobaño Diego Blanco Tegra Renata Codda Fons Pablo Otero María Díaz

Espazo escénico, dramaturxia, dirección Fernando Dacosta Corremos, porque hai que fuxir da policía e porque as revoltas precisan de xente en primeira liña. As mentiras reiteradas, a falta de perspectiva, a pobreza extrema, levan a un mundo invivible. O caos apoderase de todo o planeta.


Día 24 ás 18:30 h. Auditorio da Cidade Universitaria CONTRA EL PROGRESO de Esteve Soler Grupo de Teatro da Universidade Publica de Navarra FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA ELENCO Inés Asensio, Javier Urtasun, María Espinazo, Noelia García, Arantxa Alonso, Diego Cantabrana, Diego Rousselon, Íñigo Arricibita, Imanol Casqueiro, Lucía Idoate, Ana Artajo, Pablo Manjón. Escenografía corporal Coreografía Deseño gráfico e iluminación Técnicos Luz e Son Vestiario Dirección

Álvaro Morais Fueradeleje Ion Martinkorena Mikel Larrea e Luís García UPNA Óscar Orzaiz

O progreso, sinónimo de avance, de seguir adiante, de mellorar a sociedade e a cultura. É algo desexable, a meta de todo pobo e individuo: evolucionar, desenvolverse, perfeccionarse. Quen no seu san xuízo intentaría ir contra o progreso? Quen pode sequera atreverse a concibir un mundo sen progreso? Quen ousaría ir en contra dun dos grandes alicerces da natureza humana? Nós.


Día 25 ás 18:30 h. Auditorio da Cidade Universitaria EL INMIGRANTE, EL NICA de César Meléndez Teatro La Polea, Costa Rica FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA Interpretación Deseño de escenografía, vestiario e atrezo Deseño de luces e audio Produción audiovisual Técnico luz, audio e imaxe Texto e dirección

César Meléndez Cristina Bruno Teatro A Polea Morcio Films Cristina Bruno César Meléndez

Monólogo baseado en feitos reais. Un ser humano en condición de rexeitamento. José Mejia Espinoza, fala con humor e profundidade cun Cristo crucificado. Mostra o rostro humano dunha migración obrigada, o terrible desarraigamento, o amargo desconsolo, os anhelos, a soidade, a alegría efémera, o amor, as carencias, a crueldade, a esperanza e a fe.


Día 26 ás 18:30 h. Auditorio da Cidade Universitaria DENTRO DO LABIRINTO dramaturxia de Pepa Barreiro a partir de A TUMBA DE ANTÍGONA de María Zambrano. Aula de Teatro da Universidade de Vigo FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA ELENCO Iria Aldomar, Paula Costa, Iván de Sousa, Jessica Silva, Cándido Paniagua, Rodrigo Rodríguez, Salvador García. Vestiario Espazo escénico Espazo sonoro Iluminación Dirección

Aula de Teatro Aula de Teatro Tribu Musical Diego Camaño Pepa Barreiro

A característica máis humana é a conciencia. E é a conciencia a que aluma Antígona, a aurora que reitera en cada unha das súas reaparicións.


Patrocina

Colabora

Organiza


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.