Para ti. Guía de actividades 2014/2015. Concello de Dumbría

Page 1

dumbria.com

para min, para tí, para ela, para vos, para nos, parapara ti eles, para vos, para todos, para min, GUÍA DE ACTIVIDADES DUMBRÍA 2014/15


para min, para ti, para ela, para vos, para nos, para vos, para eles, para todos, para min, Esta publicación está feita para ti, para darche a coñecer todas as actividades do Concello e onde se desenvolven. Queremos que coñezas todas as posibilidades.

Apúntate a unha ou a varias; e se xa estás inscrito, descubre outras novas.

dumbria.com


Queridos veciños e veciñas de Dumbría, quero animarvos a que fagades uso de todos estes servizos e actividades, xa que están feitos para vós.

para todos

Esta publicación é un breve recordatorio informativo de todas as instalacións e actividades que ó longo destes anos foron dando forma ó noso querido concello. Penso que para chegar a ser unha comunidade saudable e feliz hai que preocuparse por proporcionar á xente espazos e actividades para gozar do tempo libre, para ilusionarse con proxectos persoais, para medrar practicando un deporte, para aprender e para compartir afeccións. Creo que o esforzo levado a cabo durante todo este tempo está dando os seus froitos, que todos os veciños poden gozar dunha ampla oferta de actividades e das instalacións que co tempo imos acondicionando e mellorando para o voso uso. E que dicir das escolas deportivas, que tantas alegrias nos dan, os triunfos, o recoñecemento..., estamos conseguindo deportistas cun alto nivel de tecnificación, é para sentirse orgulloso. E tamén nos divertimos, facemos sendeirismo, bailamos, facemos teatro, aeróbic, Kaiak, falamos inglés, aprendemos informática, melloramos a nosa formación, reciclámonos, imos de festa; e o mellor é que o facemos durante todo o ano. Este gran proxecto, do que todos formamos parte chámase Dumbría; que é o que en realidade todos queremos construír, unha Dumbría mellor, con xente orgullosa de vivir nela porque ten posibilidades. Somos unha comunidade viva, unha xente con ganas de facer cousas. José M. Pequeño Castro Veciño e Alcalde de Dumbría

Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

5


para ti 10

Onde desfrutar

11 12 13 14 16 17

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO REFORMADO PISTA DE PÁDEL XIMNASIOS, PISCINA E CAMPO FÚTBOL CASAS CULTURAIS BIBLIOTECAS E AULAS DE INFORMÁTICA CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE RUTAS DO MONTE PINDO CENTRO DE RUTAS E INFORMACIÓN O PEREGRINO OFICINA DE TURISMO ABERTA TODO O ANO ÁREAS RECREATIVAS

deportivas

23

AERÓBIC E ZUMBA XIMNASIA DE MANTEMENTO SENDEIRISMO ESCOLA MUNICIPAL DE VOLEIBOL ESCOLA MUNICIPAL DE PIRAGÜISMO KAIAK NA FERVENZA ESCOLA MUNICIPAL DE CICLISMO

24

ESCOLAS DE FÚTBOL

20 21 22

culturais

Que desfrutar

25

DUMBRÍA SPEAKS

26

ESCOLA DE TEATRO DUMBRÍA A ESCENA DUMBRÍA EN BRANCO E NEGRO CURSOS DE INFORMÁTICA CLASES DE MANUALIDADES CLASES DE APOIO ESCOLAR CLASES PARA ADULTOS TALLERES DE MEMORIA CURSOS DE COCIÑA CURSOS DE TÉCNICAS DE BUSCA DE EMPREGO ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA EN FAMILIA ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS DO VERÁN

27 28 29

para todos 30 31 32 33

ESCOLA MUNICIPAL DE GAITA, PANDEIRETA E BAILE TRADICIONAL

eventos

33 34 35 36 37

FESTAS INFANTÍS ENTROIDO NADAL FESTA DA FAMILIA FESTA DA PRAIA DE ÉZARO I CONCURSO CABALAR en Berdeogas EXCURSIÓNS CULTURAIS DUMBRÍA NA REDE

7


Onde desfrutar

4 5 9 10

Berdeogas

A Vacariza

Vila Flores A Grixa

Cernado

Rebordelo

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO PISTA DE PÁDEL XIMNASIOS, PISCINA E CAMPO FÚTBOL CASAS CULTURAIS BIBLIOTECAS E AULAS DE INFORMÁTICA CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE RUTAS DO MONTE PINDO CENTRO DE RUTAS E INFORMACIÓN Ó PEREGRINO OFICINA DE TURISMO ÁREAS RECREATIVAS PARQUES INFANTÍS E PISTAS POLIDEPORTIVAS

A Farrapa Vilar

O Campo de Berdeogas

Pazo

Barrio Novo A Mota

Xerpe

Trutín A Senra Bustelo Folgosa Buxán A Grixa Piñeiros Prado Altalamaña A Cancela

Salgueiros 4 5 9 10

Figueiroa

Alvarellos

Sanxumil

Caforra

Estimán Cheo

Dumbría

O Conco As Carizas

Castro

A Boudañeira Sarteguas

Chaín

Sábade

Salgueiros

1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10.

A Pedriña

1 3 4

7

Paradela

Hospital

Vilar A Carballa Vilar do Paraíso O Carboal

O Logoso

Martín A Grixa Casanova Castro A Filgueira Cerván

Anseán

As Touzas Vilafernández

Vilar A Rebouta

O Brazal

9

O Arrueiro Olveira

Lucín

Figueiroa

Busto

Regoelle

Olveira

5 9 10

Ferrio

3 4 5 9 10

O Couquiño A Boudañeira

9 10 Olveiroa Olveiroa

A Ponte Olveira

A Pelexa Xestosa

As infraestruturas e servizos son imprescindibles para o desenvolvemento das actividades e proxectos. O concello de Dumbría ó longo de todos estes anos volcouse no labor de dotar e modernizar todas as parroquias con Casas de Cultura, Bibliotecas, Aulas de informática, Equipamentos, etc...

Buxantes

4 5 9 10

Miñóns

As Covas

As Teixoeiras

San Crimenzo

Tamén con grandes proxectos como a Área Deportiva e Cultural do Conco, ou a posta en valor de espazos naturais como a Área de Vilafernandez coa Aula da Natureza, ou o CIR un novo espazo divulgativo e interactivo sobre o Monte Pindo e a Fervenza do Ézaro... tamén aproveitamos os recursos naturais do noso concello organizando eventos deportivos ó aire libre, roteiros, etc...

O Ézaro 4 5 9 10

Santa Uxía O Ézaro

6 Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

2 8

9


o

pavillón polideportivo

ximnasios, piscina e campo de fútbol

pavillón polideportivo cuberto está totalmente reformado e adaptado para o desenvolvemento de diversos deportes de equipo e para celebrar torneos e campionatos de voleibol, fútbol sala..; así coma para o uso da pista para todos os que desexen xogar nela.

o p x

pista de pádel unto á Fervenza do Ézaro e con vistas ó Monte Pindo, dispós da pista de pádel ó aire libre. É totalmente gratuíta e dispón de duchas e vestiarios. Practica este deporte en auxe, nun entorno único.

Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

o

noso Concello conta con dous Ximnasios Municipais equipados con modernas máquinas cardiovasculares e de fitness. Descubre unha nova forma de adestrar no Conco e tamén na Casa de Cultura de Olveira.

ara os amantes da natación, o complexo polideportivo do Conco alberga a Piscina Municipal de Dumbría; piscina semiolímpica ó aire libre, que esperamos sexa cuberta en breve. A Escola Municipal de Natación imparte as clases nestas instalacións.

Campo de Fútbol Municipal é a sede dos adestramentos das distintas escolas municipais de fútbol de Dumbría. Constitúe un lugar de referencia na Costa da Morte para o adestramento dos rapaces neste deporte .

11


bibliotecas

p

casas culturais ara cubrir a ampla oferta cultural, social e de actividades do concello, contamos cun total de 6 centros, distribuídos polas parroquias do Concello, e abertos ó longo de todo o ano para o teu goce.

Cursos de cociña, manualidades, informatica, inglés, talleres de memoria, escola de teatro, exposicións ... son algunhas das propostas que che ofrecemos nas nosas “casas de encontro” .

a

rede Municipal de Bibliotecas conta con 5 puntos de lectura, estudio e préstamo de libros. Se es socio poderás beneficiarte de todos os servizos das Axencias de Lectura e da Biblioteca Municipal.

aulas de informática

d

e luns a venres con acceso libre a internet, nas Casas de Cultura e a Biblioteca Municipal. Podes apuntarte ás clases ou dispoñer dos equipos para o teu uso persoal.

Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

13


centro de interpretación de rutas o monte pindo

v

ivimos nun ámbito privilexiado. Aínda que son moitos os atractivos da nosa paisaxe, dous lugares destacan pola súa singularidade, o Monte Pindo e a Fervenza do Ézaro, considerados Puntos de Interese Xeomorfolóxico. O CIR é un centro de interpretación de rutas, adicado a estes dous enclaves, no que a divulgación e a información interactiva e audiovisual son as claves do centro. Situado estratexicamente no Ézaro, o CIR pretende dar cobertura informativa a todos os visitantes interesados e axudarte a percorrer as rutas de sendeirismo. Agárdante curiosidades, segredos, mitoloxía, as rutas de onte e de hoxe e, sobre todo, unha forma sorprendente de coñecer estas marabillosas paisaxes naturais.

Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

Dúas plantas para descubrir a historia, a flora, a fauna e moito máis... Todas as rutas: “Castelo do Pedrullo”, “Ruta das Peixeiras”, “Olladas ó Atlántico”, “As pegadas da Historia”, “A Pedra Cabalgada”... Con toda a información que precisas.

Este novo e fermoso proxecto está a piques de abrir as súas portas ó público. Achégate antes de facer a túa ruta e terás unha visión diferente destes míticos lugares.

15


centro de rutas e información ao peregrino

e

a

oficina de turismo berta todos os días do ano, este edificio consolídase como punto de referencia para os turistas que nos visitan. Situada no lugar máis emblemático e de maior afluencia do noso concello, este punto de información promove o turismo dun xeito eficiente.

ste novo espazo foi creado para concentrar a información acerca do Camiño de Santiago, dun xeito útil e sintético para os peregrinos, e para mostrarlle ás xentes do mundo os atractivos do noso concello. Ademais, este edificio está pensado para que tamén nós gocemos del, polo que tamén funciona como punto de encontro e de partida das rutas a pé polo concello.

Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

áreas recreativas

c

ontamos con espazos ao aire libre dotados para o lecer de nenos e maiores, con parques infantís en tódalas parroquias e fermosas áreas recretativas, coma a Aula da Natureza en Vilafernández e a Carballeira de Berdeogas, que constitúen un modelo de integración e respecto pola natureza.

17


Que desfrutar d c e

eporte, unha das nosas prioridades dende o Concello; por iso desenvolvemos para ti toda unha infraestrutura de lugares, equipamentos e actividades, e promovemos as escolas deportivas, para que as goces e aprendas a vivir novas experiencias, descubrindo novas capacidades e medrando con ilusión. Escolle a túa. ultura, outro dos nosos pilares. Dumbría leva moitos anos ofrecendo ós seus veciños unha gran variedade de actividades lúdicas e culturais, que dean cobertura a todas as idades e para todos os gustos. Cremos que o investimento en cultura é necesario para manter unha comunidade saudable e con proxección de futuro. ventos, para gozar e reunirnos. Por iso cada ano seguimos creando novas iniciativas, mantendo as actividades e eventos que demandan os veciños e mellorando os equipamentos e as instalacións, reciclándonos en todos os proxectos para ser un concello moderno e aberto ó mundo.

Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

deportivas AERÓBIC E ZUMBA XIMNASIA DE MANTEMENTO SENDEIRISMO ESCOLA MUNICIPAL DE VOLEIBOL ESCOLA MUNICIPAL DE PIRAGÜISMO KAIAK NA FERVENZA ESCOLA MUNICIPAL DE CICLISMO ESCOLAS DE FÚTBOL

culturais DUMBRÍA SPEAKS ESCOLA DE TEATRO DUMBRÍA A ESCENA DUMBRÍA EN BRANCO E NEGRO CURSOS DE INFORMÁTICA CLASES DE MANUALIDADES CLASES DE APOIO ESCOLAR CLASES PARA ADULTOS TALLERES DE MEMORIA CURSOS DE COCIÑA CURSOS DE TÉCNICAS DE BUSCA DE EMPREGO ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA EN FAMILIA ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS DO VERÁN ESCOLA MUNICIPAL DE GAITA, PANDEIRETA E BAILE TRADICIONAL

eventos FESTAS INFANTÍS ENTROIDO NADAL FESTA DA FAMILIA FESTA DA PRAIA DE ÉZARO I CONCURSO CABALAR en Berdeogas EXCURSIÓNS CULTURAIS DUMBRÍA NA REDE

19


a d

chegarse á natureza, ó patrimonio e á cultura da Costa da Morte facendo camiño. De abril a xuño participa nas “Andainas Costa da Morte”, e nos meses de verán apúntate ás “Subidas ó Monte Pindo”. Descubre Dumbría paso a paso, desde dentro.

aeróbic / zumba ivírtete e ponte en forma ó ritmo da música facendo aeróbic e zumba, e benefíciate das cualidades tan saudables deste exercicio cardiovascular. De novembro a xuño, en todas as casas de cultura.

ximnasia de mantemento

é

sendeirismo

o exercicio mínimo que hai que facer para manterse san. Está demostrado que practicar deporte mellora a túa calidade de vida. Coa axuda do monitor conseguirás ter un corpo forte, áxil e flexible e sentiraste mellor. Esta actividade desenvólvese en todas as Casas de Cultura.

Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

e.m. de voleibol

u

n referente galego e nacional deste deporte, a Escola Municipal aporta cada ano xogadores ás seleccións. Somos sede de campionatos de españa e concentracións. No Volei-Praia organizamos campionatos galegos absolutos e nacionais. Apúntate e descúbrenos.

21


e.m. piragüismo

a

Escola Municipal de Piragüismo de Dumbría xa é un referente a nivel nacional. Somos sede de varios campionatos galegos e do campionato de España de Augas Bravas. Seguimos exportando deportistas, coma o dumbriés campión galego absoluto que está concentrado no Centro de Alto Rendemento de La Seu D´urgell.

e

a

kaiak na fervenza ste ano inauguramos os “Roteiros en kaiak guiados á fervenza do Ézaro”. Foi un éxito rotundo e imos repetir. Verás a Fervenza en primeira liña. Ademais, esta actividade forma parte do programa Mar Galaica, de turismo escolar. De maio a setembro, +Info. na oficina de Turismo do Ézaro.

o

e.m. ciclismo Escola Municipal de Ciclismo de Dumbría adestra nenos e nenas a partir dos 6 anos e compite a nivel galego nas distintas categorías. A nosa xeografía é idónea para a práctica deste deporte, por iso se celebran probas federadas anuais en Dumbría.

subida ó mirador, btt, desafío do atlántico... Club de Ciclismo destaca pola organización de probas federadas como rutas BTT, o Campionato Galego de Ciclocross, Escolas e Cadetes en Carretera, Marcha Cicloturista Desafío do Atlántico, Rallie XC, MiniBTT. A Federación Galega de Ciclismo entregou ó noso concello unha distinción en recoñecemento polo seu labor na organización das distintas probas. Conseguimos que no 2012 a Volta a España pasara por primeira vez na historia por Dumbría, sendo final de etapa a subida ó MIrador de Ézaro; e ó ano seguinte repetiron, pasando por varias localidades do concello. O mundo, descubriu Dumbría.

Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

23


n

torneos de fútbol o mes de xuño celébrase o Memorial Manuel Andújar, torneo de Fútbol Base Prebenxamín, Benxamín e Alevín.

escolas de fútbol

a

postamos forte polo deporte a través das Escolas Municipais. A escola de fútbol de Dumbría é un referente a nivel galego, tanto polo número de deportistas coma polo nivel das diferentes categorías. Os seus xogadores/as adestran nunhas modernas instalacións. Os equipos Infantil e Cadete compiten nas máximas categorías a nivel autonómico, en Liga Galega e División de Honra, respectivamente. O Primeiro equipo milita na Preferente Autonómica desde a tempada 2011-2012.

Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

o

dumbría speaks programa Dumbría Speaks, con profesorado nativo, é un espazo de comunicación para aprender inglés; falar, xogar, divertirse, escoitar música, ver películas ou tomar un café... é o xeito de falar inglés dende o primeiro día. Para todas as idades, dende bebés ata adultos. Ademais, dada a importancia do inglés para o futuro dos nosos nenos, o concello leva dende o ano 2004 impartindo clases de apoio escolar neste idioma. De outubro a xuño en todas as Casas da Cultura .

25


escola de teatro

p

o

ara nenos e adultos; apúntate e descubrirás a maxia do teatro. Técnicas de expresión oral e corporal, interpretación, exercicios de improvisación...

en branco e negro proxecto naceu do amor polo noso concello, de coñecer o noso pasado, ver quen somos e o que fomos. Xa temos no arquivo fotográfico máis de 500 imaxes recompiladas, coas que se fará, entre outras cousas, unha exposición itinerante. Colabora neste proxecto e envía as túas fotos.

cursos de informática

n e

ste ano celebráronse as primeiras Xornadas de Teatro “Dumbría a Escena” onde participan compañías galegas do máximo nivel e tamén ten cabida o teatro afeccionado. Con monólogos, títeres, teatro infantil, obradoiros... Esta nova iniciativa para apoiar a cultura e o arte resultou ser un éxito rotundo.

Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

o noso concello hai tempo que estamos “conectados”; en todas as Casas de Cultura de outubro a xuño, profesores cualificados imparten clases de informática para nenos maiores de 3 anos e para adultos. Cursos de: alfabetización dixital, iniciación á informática, procesador de textos, folla de cálculo, base de datos, edición de fotografía e video, creación de publicacións, internet, redes sociais, búsqueda de recursos, trámites on-line, compravenda, creación de blogs, APPs para móbiles, posicionamento de empresas na rede, creación de páxinas web...

27


clases de manualidades

a

creatividade fomenta o desenvolvemento intelectual, e axuda a resolver os problemas do futuro. Nas clases de manualidades para adultos do concello impártense diferentes cursos entre os meses de outubro e maio.

clases de apoio escolar

p

ara axudar ós rapaces a estudar e afianzar os coñecementos adquiridos na escola, impartimos clases de apoio escolar para todos os niveis obrigatorios. Apúntate, mellora as túas técnicas de estudo e sairás gañando.

Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

clases para adultos

e

stán enfocadas a todos aqueles e aquelas que queren seguir ampliando a súa formación e precisan un apoio nos seus estudos. Se non tés o graduado en Educación Secundaria, axudámoste a sacalo. Levamos 4 anos con esta iniciativa e 44 persoas obtiveron xa o título. Os horarios son de tarde-noite.

talleres de memoria

c

oidamos dos nosos maiores para que sexan donos das súas vidas e participen dun xeito máis saudable da vida social. Nestes obradoiros trabállase a autoestima e a estimulación cognitiva, a través de exercicios de orientación espacial e temporal, linguaxe, cálculo mental e memoria.

29


animación á lectura

cursos de cociña

d

m

urante todo o ano no concello de Dumbría vénse organizando unha serie de actividades enfocadas a xerar interés pola lectura. Contacontos, visitas guiadas polas bibliotecas, o día da biblioteca e do libro, celebracións no día das Letras Galegas.

ergullarse no fascinante mundo da cociña, abrir o padal a novos sabores e mesturas, intercambiar receitas, aprender novas e moito máis. Nos vindeiros meses en tódalas casas de cultura. Estade atentos ás inscricións.

e

curso de técnicas de busca de emprego xisten técnicas comprobadas que axudan a conseguir un emprego máis facilmente; como confeccionar un curriculum, preparar unha entrevista, a carta de presentación, busca por internet. Neste curso trataremos estas nocións básicas.

Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

t

en familia odos os días xorden dúbidas de como afrontar cuestións de índole educativa, as rabietas, o sono, os medos, a imposición de normas e límites, a importancia do xogo e da estimulación temperá, etc. “EN FAMILIA” é unha actividade que propón a participación de pais e nais en obradoiros formativos, enfocados a resolver de forma construtiva os retos e conflitos cotidiás. Este programa contén ademais actividades lúdico-educativas para os nenos e nenas ata os 6 anos.

31


c a

p

actividades de verán

e.m. gaita, pandeireta, e baile tradicional ara a difusión e promoción da cultura tradicional galega e en colaboración co asociacionismo local, esta escola municipal dá clases de gaita, pandeireta e baile tradicional. Apúntate e o ritmo te atraparate.

oa chegada do bo tempo ampliamos e centralizamos a oferta lúdicocultural no complexo deportivo do Conco. Durante o verán sempre temos unha proposta para que desfrutes do tempo libre.

púntate ós Cursos de Natación, Actividades deportivas, Obradoiros de Reciclaxe, de Cociña, de Manualidades, Xogos populares, deportivos e de mesa, contacontos, Bibliopiscina e acceso a internet ... e English Summer (actividades lúdico-didácticas con profesorado nativo). E para que poidas asisitir a todas as actividades, o Concello pon á túa disposición un servizo de autobuses dende todas as parroquias.

Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

festas infantís

ó

longo do ano organizamos distintas festas infantís, que serven como un lugar de encontro para todos os nenos do concello. Festa de fin de actividades, de Nadal, fin de curso, fin de actividades de verán. Para que os rapaces das distintas localidades do concello se coñezan, interactúen e aprendan co xogo, con actuacións de teatro, maxia, novo circo,...

33


o

entroido Entroido de Dumbría está consolidado como un dos máis populares da Costa da Morte. Concurso de comparsas e disfraces con importantes premios en metálico, actuacións musicais, e ambiente festivo. Vai preparando xa a túa participación.

nadal

c

elebrámolo por todo o alto, con obradoiros de manualidades para nenos e adultos, cine, campionatos de ping-pong, festa infantil, visita do paxe real, elaboración de tarxetas navideñas e da carta ós reis.... Como ves no Nadal non paramos.

Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

e

festa da familia sta gran xuntanza dos veciños de Dumbría na fermosa Carballeira de Berdeogas coverteuse nun referente na Costa da Morte. Esta gran romaría que cada ano atrae a máis xente, reúnenos a todos ó son das gaitas, do bo xantar, de actuacións e actividades para nenos e maiores, nun ambiente entrañable, acolledor e divertido.

festa da praia

a

Festa da Praia do Ézaro conta con unha longa traxectoria, avalada polo gran éxito desta celebración que ten lugar a primeira fin de semana de agosto; xogos populares, regatas de chalanas, baile do cañoto, inchables, sardiñada e o Campionato Galego Absoluto de Volei Praia.

35


concurso cabalar

e

ste ano estreámonos co 1º concurso cabalar de Dumbría, que foi toda unha sorpresa e un éxito. Este gran evento celebrouse na Carballeira de Berdeogas con exhibicións de doma, concurso morfofuncional en distintas categorías, o gran espectáculo do baloncesto a cabalo, e pulpeira, romaría e grupos de gaitas.

excursións culturais

d

umbría é un concello moderno e aberto ó mundo, por iso apostamos pola cultura e o coñecemento como formas de expansión e de crecemento. Viaxar é unha forma de entender o mundo, de abrir a mente, de conectar e coñecer outras xentes e culturas, por iso cada ano seguimos promocionando as viaxes e excursións a distintos lugares.

Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

n

dumbría na rede a páxina oficial do concello www.dumbria.com podes acceder a toda a información actualizada de todo o que che poida interesar; actividades, proxectos, horarios, festas e eventos, bolsa de emprego... Tamén estamos nas redes sociais para todo o que queiras comentar. WEB: www.dumbriaecultura.blogspot.com www.cfdumbria.com www.piraguismodumbria.org www.desafiodelatlantico.com www.pinterest.com/DUMBRIA

REDES: Twitter: @ConcelloDumbria @DumbriaeCultura @voleydumbria Facebook: facebook.com/ConcelloDeDumbria facebook.com/ClubCiclistaDumbria Youtube: dumbriaecultura

37


APĂšNTATE + Info. > Oficinas Municipais > Casas Culturais > 981 744 001

dumbria.com


dumbria.com

para min, para tí, para ela, para vos, para nos, parapara vos, todos para eles, para todos, para min, GUÍA DE ACTIVIDADES DUMBRÍA 2014/15


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.