o gran libro dos
que importan de verdade
Susanna Isern · Rocio Bonilla
As tendas de campaña montadas no xardín. As luces e as grilandas
de cores penduradas entre as pólas. Unha cesta con cousas ricas por se pega a fame a medianoite. As lanternas preparadas baixo os sacos de durmir e a alegría dos cucos sobre a pel... Xa está todo listo para o grande acontecemento dos veráns! Ivet coas súas historias de medo que fan tremer mesmo a persoa máis ousada, Simón co seu sorriso enorme e un sentido do humor que fai rir ás gargalladas, Vega coas súas acrobacias circenses que deixan coa boca aberta, e Ainara cunhas ideas tolas que porán o campamento do revés. Sara e as súas amizades corricarán entre as árbores, cantarán e bailarán baixo a luz da lúa. Vivirán, un ano máis, a mellor acampada da historia. O supertesouro de Sara son as súas
AMIZADES.
Súa nai agocha a identidade secreta dunha superheroína, por iso
fai tantas cousas a un tempo e a todo meter. Seu pai é un grande artista de circo, pois é quen de facer malabares co seu traballo e pasar grandes momentos con el e súa irmá. Cando era novo, o avó foi un valente astronauta, só iso explica que saiba tanto sobre o espazo. Súa irmá é unha fada dos bosques: recende a follas de árbore! E o seu can, Wolf, entende a linguaxe das persoas. Como sabe sempre, se non, o que precisa?
Se cadra na súa casa non viven unha superheroína, un malabarista, un astronauta, unha fada e un can prodixioso... Mais a Manuel tanto lle ten. A súa é a mellor das familias. O supertesouro de Manuel é a súa
FAMILIA.
Sae da casa coa mochila chea de cachifallos e cos seus zapatos
multiaventura. Cruza a vila con disimulo e volve a vista atrás de cando en vez para asegurarse de que ninguén a segue. Entra no bosque, cruza o río chimpando de pedra en pedra e diríxese á árbore máis grande. O vello carballo ten centos de anos. O seu tronco é tan groso que nin cinco crianzas xuntas poderían abranguelo. No alto de todo está a casa da árbore, o acocho de Ana, un lugar máxico no que se sente tranquila, protexida, e no que pode deixar voar a imaxinación para escribir, pintar e soñar. Alí comparte historias e momentos inesquecibles cos esquíos e mais cos gorrións. O supertesouro de Ana é o seu
ACOCHO SECRETO.
A familia, as lembranzas, as mestras e os mestres, a natureza, os animais, as amizades, os soños... As cousas máis importantes non son as materiais. Existen SUPERTESOUROS moi valiosos que nos fan felices e que debemos coidar.
COMPLETA A SERIE CON
super
Cales son os teus?
Do tándem máis vendido que conquistou o corazón de miles de persoas.
ISBN:978-84-18304-58-3
www.editorialflamboyant.com/sostenibilidad