PORRIÑO FESTAS DO CRISTO 2024

Page 1


SAÚDO DO ALCALDE DO PORRIÑO

Queridos veciños e veciñas, É unha honra para min darvos a benvida ás Festas do Cristo 2024, unha celebración que sempre asolaga a nosa vila de ledicia en homenaxe ao noso patrón, o Santísimo Cristo da Agonía.

Estas festas son un momento moi especial para todos nós, xa que nos unimos para celebrar a nosaidentidade, as nosas raíces, a riqueza da nosa cultura e esa historia que nos trouxo ata aquí. Por iso cada ano, ao chegar este momento, síntome enormemente agradecido de poder compartir con todos vós esa alegría e ese espírito festivo que nos caracteriza. Porque si, somos festeiros e estamos orgullosos de selo!

Este ano, o Concello preparou un programa excepcional que se estenderá por máis dun mes, con máis de 100 actividades para todos os públicos. Desde música e deporte ata actos culturais e numerosas actividades infantís, hai algo para cada un de nós. Non podemos esquecer os nosos eventos clásicos, como o concurso Tes Talento, o festival Louro Valley, A Nocturna e, por suposto, a Festa dos Callos, que celebra a súa XXXI edición pechando o noso programa de festas con broche de ouro.

Ademais, este ano é especialmente significativo, xa que celebramos dous aniversarios moi importantes. Por unha banda, conmemoramos os 150 anos do nacemento dun dos nosos veciños máis ilustres, o arquitecto Antonio Palacios, e por outro, os 100 anos da inauguración da nosa Casa do Consistorial, unha das obras máis emblemáticas que o arquitecto deixou como legado no seu pobo natal. Pero non só o Concello celebra o seu centenario, tamén hai veciñas que saben o que é un século de vida!. Por iso, este ano vai por elas, por Bienvenida, por Fermina, por Elvira e Juana da Cruz “Juaniña”, que está a piques de soplar as tres velas e será a encargada de dar o pregón de inicio a estas festas.

Non quero deixar de agradecer ás asociacións culturais, clubs deportivos, veciños e a todos e cada un de vós a vosa participación activa na organización destas festas. O voso esforzo é o motor desta celebración e o que fai que sexa un éxito.

Sen máis, convídovos a gozar de cada momento destas festas, a vivilas con entusiasmo e a celebrar xuntos o orgullo de ser quen somos. Que estas Festas do Cristo 2024 estean repletas de bos momentos e recordos inesquecibles.

Felices festas a todas e todos.

VIVA O PORRIÑO!

M. Alejandro Lorenzo. Alcalde do Porriño

31 de agosto

PROGRAMA

Trofeo Festas do Cristo de Ciclismo “A Nocturna 2024”

Organiza: Club Máster da Louriña | Colabora: Concello do Porriño.

Sábado 31 de agosto. Ás 17:00 h. Rúas da vila

2 > 15 de septiembre

Torneo de padel Festas do Cristo

Do día 2 ao 15 de setembro. Pistas de Padel Municipais

5 de septiembre

Espectáculo infantil “A Maxia dos Contos” Do Mago

Teto

Xoves 5 de setembro. Ás 19:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Monólogo de Oswaldo Digón: Outra Movida!

Xoves 5 de setembro. Ás 20:30 h. Praza Arq. Antonio Palacios

6 de septiembre

Espectáculo de narración oral e música: Tralalareira

Venres 6 de setembro. Ás 20:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

6/7 de septiembre

Merca na Rúa. XXX Feira de Oportunidades

Días 6 e 7 de setembro. De 10:00 a 20:00 h. Rúa peonil

7 de septiembre

Concerto sesión

vermú: Kedirán

Sábado 7 de setembro.

Ás 12:30 h. Praza Arq.

Antonio Palacios

Concerto: DoRoxo Presbiçian

Sábado 7 de setembro. Ás 20:00 h.

Praza Arq. Antonio Palacios

XVII Dirt-track Xacob Agra. Carreira nocturna

Organiza: Moto Club Papaya | Colabora: Concello do PorriñoSábado 7 de setembro. Ás 21:00 h. Velódromo Municipal

7/8 de septiembre

Exhibición de aeromodelismo

Días 7 e 8 de setembro. Todo o día. Pista de aeromodelismo de Pontellas

Liga Nacional de Graffiti

Días 7 e 8 de setembro. Todo o día.

Rúa Leandro Diz

7/+ de septiembre

Atios CUP de Fútbol

Días 7, 14 e 21 de setembro. Campo de Fútbol do Carballo

8 de septiembre

Festa do Monte da Risca

Organiza: Comunidade de Montes Santa. María do Porriño.

Colabora: Concello do Porriño. Domingo 8 de setembro. A partir das 11:30 h. Monte da Risca

Encontro de gaiteiros e cantareiras das asociacións

Domingo 8 de setembro. Ás 12:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Festa infantil con persoaxes infantís, inchables, obradoiros, ESPECTÁCULO MUSICAL “A bailar” e festa da escuma

Domingo 8 de setembro. Ás 17:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Espectáculo infantil: María Faltri Picadiscos

Domingo 8 de setembro. Ás 19:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

11 de septiembre

Monólogo de Damián Alonso: “Ler o prospecto antes de…”

Mércores 11 de setembro. Ás 20:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

12 de septiembre

Espectáculo infantil “Os Mundos de Elisa” Da Cía. La Compañía Espectacular

Xoves 12 de setembro. Ás 19:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Monólogo de Víctor Grande: “A vida pasa voando”

Xoves 12 de setembro. Ás 20:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

13 de septiembre

Monólogo de Leti da Taberna: “Enredada”

Venres 13 de setembro. Ás 20:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

13/14 de septiembre

Negrita Music Festival

Días 13 e 14 de setembro. A partir das 19:00 h. Aparcadoiro da rúa Progreso

14 de septiembre

Concerto sesión vermú: Los lunes al sol

Sábado 14 de setembro. Ás 12:30 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Contacontos: Os contos de MaiSon

Sábado 14 de setembro. Ás 18:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

XII Milla Porriñesa Festas do Cristo 2024

Organiza: Club Atletismo Porriño | Colabora: Concello do Porriño. Sábado 14 de setembro. Ás 19:00 h. Rúas da vila

Teatro: “As que limpan”. Da Cía. A Panadaría

Sábado 14 de setembro. Ás 20:00 h. Círculo R.C. Entrada libre

e de balde

14/15 de septiembre

II Torneo de Fútbol

Jonathan Vila

Días 14 e 15 de setembro.

Campo Municipal do Lourambal

15 de septiembre

Encontro de gaiteiros e cantareiras das asociacións

Domingo 15 de setembro. Ás 12:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Os Bolechas Deportistas: “Radiolímpica”

Domingo 15 de setembro. Ás 18:00 h. Rúas da vila

Orquestra de Cámara Galega

Domingo 15 de setembro. Ás 20:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

16 de septiembre

Presentación Club Balonmán Porriño

Luns 16 de setembro. Ás 18:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

17 de septiembre

Presentación Unión Deportiva Atios CF Martes 17 de setembro. Ás 18:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

18 de septiembre

Presentación CD Pontellas

Mércores 18 de setembro. Ás 18:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Concerto: Carla Lourdes

Mércores 18 de setembro. Ás 19:30 h. Praza Arq. Antonio Palacios

18/19 de septiembre

Obradoiro instrumental: Os nenos do Porriño co músico porriñés Pancho Álvarez

Días 18 e 19 de setembro. Ás 17:00 h. Centro Cultural Municipal

19 de septiembre

Presentación Porriño Industrial CF

Xoves 19 de setembro. Ás 19:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Concerto: Noemi

Xoves 19 de setembro. Ás 19:30 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Triangular de fútbol: CD Pontellas-CD S.S. Budiño-

AD Mosende

Xoves 19 de setembro. Ás 20:00 h. Campo Municipal do Lourambal

Monólogo de Arantxa Treus: “Sexo débil, o carallo!”

Xoves 19 de setembro. Ás 20:00 h. Praza do Cristo

Pasarrúas: Les Tambours de FEU. Da Cía. Deabru

Beltzak

Xoves 19 de setembro. Ás 22:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Verbena: orquestra El Combo Dominicano

Xoves 19 de setembro. Ás 22:00 h. Rúa Antonio Palacios

20 de septiembre

Presentación Club Ximnasia Rítmica Porriño

Venres 20 de setembro. Ás 18:00 h. Pavillón Municipal dos Deportes

Espectáculo de rúa

Venres 20 de setembro. Ás 19:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Certame Tes Talento?. Semifinal

Venres 20 de setembro. Ás 20:00 h. Praza do Cristo

Concerto: Banda de Gaitas San Xoán de Paramos

Venres 20 de setembro. Ás 21:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Concerto: Fillas de Cassandra

Venres 20 de setembro. Ás 22:30 h. Rúa Domingo Bueno

Verbena: orquestra Galilea / Carlos Crespo e Kris K Dj

Venres 20 de setembro. A continuación. Praza Central

21 de septiembre

Torneo de Tenis Festas do Cristo

Sábado 21 de setembro. Ás 10:00 h. Pistas de Tenis Municipais

Pregón das Festas do Cristo 2024: A cargo de Juaniña

Sábado 21 de setembro. Ás 12:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Animación de rúa: Batucadas, charangas, Obradoiros

infantís, xigantes e cabezudos

Sábado 21 de setembro. De 12:00 a 14:30 h e de 19:00 a 21:00 h. Rúas da vila

Concerto: Los Támega

Sábado 21 de setembro. Ás 12:30 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Circo contemporaneo: Oh-pera!. Da Cía. Zirko Txosko

Sábado 21 de setembro. Ás 18:00 h. Barrio de San Bieito

Certame Tes Talento?. Semifinal

Sábado 21 de setembro. Ás 18:30 h. Praza do Cristo

Concerto: Milladoiro

Sábado 21 de setembro. Ás 21:00 h. Rúa Domingo Bueno

Verbena: Orquestra La Banda de Ayer

Sábado 21 de setembro. A continuación. Praza Arq. Antonio Palacios

Louro Valley Festival

Sábado 21 de setembro. Ás 22:30 h. Aparcadoiro da rúa Progreso

22 de septiembre

Misa Solemne e procesión do Santísimo Cristo da Agonía

Ameniza a misa: Coral Polifónica da E.M.M do Porriño

Amenizan a procesión: Banda de Guerra da Brilat, Escuadra de Gastadores, Banda de Gaitas Os Coribantes e María Vidal

Domingo 22 de setembro. Ás 12:00 h. Igrexa de Santa María e rúas da vila

Concerto: Banda da Escola Municipal de Música do Porriño

Domingo 22 de setembro. Ás 18:00 h. Praza do Cristo

Espectáculo infantil: Pica Pica Show

Domingo 22 de setembro. Ás 18:00 h. Rúa Domingo Bueno

Concerto: Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense

Domingo 22 de setembro. Ás 19:30 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Verbena: Orquestra Gran Parada / Orquestra Kubo

Domingo 22 de setembro. A continuación

23 de septiembre

Misa Solemne de Campaña

Ameniza: Coro Parroquial. Luns 23 de setembro. Ás 12:00 h.

Capela do Santísimo Cristo da Agonía

Animación de rúa: Charangas e batucadas

Luns 23 de setembro. De 12:30 a 14:00 h e de 18:00 a 20:30 h.

Rúas da vila

Concerto: Banda de Música Municipal de Redondela

Luns 23 de setembro. Ás 13:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Concerto: Banda de Música Xuvenil de Xinzo

Luns 23 de setembro. Ás 19:00 h. Praza do Cristo

Espectáculo infantil: Pakolas

Luns 23 de setembro. Ás 19:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Concerto: Uxía & Ruibal

Luns 23 de setembro. Ás 21:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Verbena: Grupo Assia / Orquestra panorama

Luns 23 de setembro. A partir das 22:00 h. Praza Central (Grupo Assia) / Rúa Domingo Bueno (Orquestra Panorama)

24 de septiembre

Tramo Camiño de Santiago: Tui - O Porriño

Colaboran: Discamino, Club Máster da Louriña e AD Avanza

Martes 24 de setembro. Ás 18:00 h. Saída dende Tui

Presentación Festa dos Callos. XXXI Edición

Amenizan: Raúl Ben e Noemi | Colaboran: Discamino. Martes 24 de setembro. Ás 19:30 h. Praza Arq. Antonio Palacios

25 de septiembre

Torneo de Baloncesto 3x3

Mércores 25 de setembro. Ás 18:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Monólogo de Darío Mares “haberá que rirse”

Mércores 25 de setembro. Ás 20:00 h. Praza do Cristo

Concerto: Raúl Ben

Mércores 25 de setembro. A continuación. Praza Arq. Antonio Palacios

26 de septiembre

Torneo de Baloncesto 3x3

Xoves 26 de setembro. Ás 18:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Concerto: Rubén Simeó

Xoves 26 de setembro. Ás 20:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Triangular de fútbol: Porriño Ind CF-Atios CF-Vencedor

1ª Fase

Xoves 26 de setembro. Ás 20:00 h. Campo Municipal do Lourambal

27 de septiembre

Presentación Club Patín Porriño

Venres 27 de setembro. Ás 18:00 h. Pavillón Municipal dos Deportes

Concerto: Banda Ateneo Musical de Bembrive

Federación Galega de Bandas de Música Populares

Venres 27 de setembro.Ás 19:00 h. Praza do Cristo

Concerto: Coro de Cámara Gli Appassionati

Venres 27 de setembro. Ás 20:30 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Concerto: Broken Peach

Venres 27 de setembro. A continuación

28 de septiembre

Batalla de baile

Sábado 28 de setembro. De 11:00 a 23:00 h. Praza Arq. Antonio

Palacios

Concerto sesión vermú: Argonat Band

Sábado 28 de setembro. Ás 12:00 h. Praza do Cristo

Animación de rúa: Charangas e batucadas

Sábado 28 de setembro. De 12:00 a 14:30 h e de 18:00 a 21:30

h. Rúas da vila

Batalla de galos

Sábado 28 de setembro. Ás 17:00 h. Auditorio exterior do Centro

Cultural

Partido internacional do Club Balonmán Porriño

Sábado 28 de setembro. Ás 18:00 h. Pavillón Municipal dos Deportes

Concerto: Banda de Música Municipal de Caldas de Reis

Federación Galega de Bandas de Música Populares. Sábado 28 de setembro. Ás 19:00 h

Montando Cristo Festival. X Aniversario

Sábado 28 de setembro. Ás 20:00 h. Praza de San Sebastián

Verbena: Orquestra Royal Espectáculo / DJ

Sábado 28 de setembro. Ás 22:00 h. Rúa Domingo Bueno

29 de septiembre

Festa ciclista

Domingo 29 de setembro. Ás 10:00 h. Rúas da vila

Festa dos Callos. XXXI Edición

Organizan: Ahospor e Acipor | Colabora: Concello do Porriño.

Domingo 29 de setembro. A partir das 12:00 h. Hostalaría da vila

Concerto: Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas

Domingo 29 de setembro.Ás 12:00 h. Praza Arq. Antonio Palacios

Animación de rúa: Charangas e batucadas

Domingo 29 de setembro. De 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 20:30 h. Rúas da vila

Certame Tes Talento?. Final

Domingo 29 de setembro. Ás 18:00 h. Praza do Cristo

Copa Galicia Feminina de Baloncesto

Domingo 29 de setembro. Ás 18:00 h. Pavillón Municipal dos Deportes

Verbena: Grupo América de Vigo

Domingo 29 de setembro. Ás 21:00 h

Producción:

CARLA LOURDES

Es una cantautora natural de Ponferrada, El Bierzo, aunque lleva años residiendo en Vigo, Galicia. Se autodenomina gallega por adopción. Comenzó sus estudios musicales a la edad de 7 años en el Conservatorio Cristóbal Halffter, en Ponferrada. Allí, completó el grado elemental y parte del profesional de violín. También recibió clases de piano durante 8 años en una escuela privada. Hace tres años finalizó el grado 4 de canto a través de los estudios Rockschool.

Forma parte, además, del equipo de músicos que acompañan a Sabela Cereijo en la gira de su disco «Siguiendo el Juego», concretamente como corista. En 2020, sale a todas las plataformas «Sinergia», una colaboración junto a Carmen Durán escrita y grabada durante la cuarentena.

Aunque comenzó a componer a los 15 años, a sus 24 años ha decidido embarcarse en su proyecto más personal como cantautora.

Este proyecto formado por casi 40 personas, cuenta con Raúl Ben a la producción y con un equipo de músicos brillantes destacando a José Bruno, batería de Leiva, Fito y Andrés Calamaro, entre otros.

Último lanzamiento Los intentos

La canción es un reflejo de su propio monólogo interno, este que comenta sus errores sin descanso y se pelea consigo mismo. A pesar de ser una canción muy introspectiva y delicada, cuenta con un sonido de banda que conseguirá hacer bailar al oyente. Para Carla, es el inicio de una nueva ERA totalmente distinta (sin perder su esencia) y este tema es uno de los más importantes hasta la fecha. Su sonoridad nos puede recordar a artistas como Yoly Saa, Elsa y Elmar, Natalia Lacunza, Zahara o Ximena Sariñana.

FILLAS DE CASSANDRA

Se conocieron en un congreso de Feminismo Unitario en Vigo y a partir de entonces se sumaron a la formación musical de María SOA -voz, percusión y piano- y Sara Faro -voz y percusión- para formar el dúo.

Apuestan por la recuperación de melodías tradicionales y nuevas letras, inspiradas en las canciones de tradición oral, con influencias del pop, la música electrónica y la música clásica. Proponen un espectáculo teatral en el que el público es partícipe, siempre desde un punto de vista feminista y actual y en el que el piano y la percusión se apoyan en bases electrónicas.

En los temas tradicionales tienen influencia de Xosé Lois Romero y Aliboria, Leilía, Baiuca y Contrapunto de las Tanxugueiras. En las armonías hay referentes del barroco y por la parte electrónica tienen influencias de Rosalía y de Bad Gyal.

En 2022 estrenaron el tema “Lisístrata” en Luar 5y actuaron en escenarios de toda Galicia.

Fillas de Cassandra es un dúo musical gallego formado en 2022 por María SOA (A Coruña, 1996) y Sara Faro (A Coruña, 2001). Su música se basa en la tradición musical y oral, el feminismo, los sonidos modernos y la mitología griega.

Su primer disco, Acrópole (2023), parece una obra de teatro clásica con heroínas mitológicas en la que las mujeres del presente se juntan con las del pasado y sus propias experiencias con las demás. Están Antígona, Pandora, Eco, los moiras y las ninfas Dafne y Siringe.

BROKEN PEACH

Broken Peach es la banda de Soul&Rock de Vigo. Se forma como tal a principios del 2009, después de haber trabajado juntos en varios proyectos, creando una nueva forma de fusionar la música con el espectáculo. La nueva opción que este grupo nos presenta se desmarca de las típicas bandas de versiones, dándole un toque personal

a cada uno de los temas que interpretan. Su formación habitual es de 4 voces, batería, bajo, guitarra y/o piano. Una de sus mejores bazas es tener una estética extravagante, la cual da un poco de frescura visual al público. El estilo de música que interpretan va desde el soul hasta el rock, pasando por el gospel, el funky, el pop, etc.

PATRIMONIO

O Patrimonio Cultural do Porriño ten mostras de interese en cada un dos apartados en que o clasificamos, dende o patrimonio dos camiños co paso por este concello do Camiño Portugués ao arqueolóxico coa importancia e a cantidade de restos conservados do xacemento paleolítico de Budiño. O industrial pode representarse pola antiga fábrica de curtidos da Guía, o bibliográfico e documental nos libros parroquiais de nacementos e defuncións dende, o inmaterial pola supervivencia de antigas tradicións como a dos ramos de San Brais de Budiño, o Xogo da ola no Entroido porriñés e as Rondallas ou Ranchos de Reis. Hai un rico patrimonio etnolóxico nos muíños destacando os grupos da Laxe en Cans, do Castro en Atios, os do Cotiño en Budiño, os de Filgueiras en Chenlo, os do monte da Cañota en Mosende e o Muíño de Pousadela en Pontellas; e tamén de cruceiros e petos de ánimas.

Cabe destacar a importancia do patrimonio arquitectónico. Na parte relixiosa, as igrexas e capelas de orixe medieval reconstruídas na Idade Moderna que

se espallan por tódalas parroquias conservándose a maior antigüidade no románico de Budiño; na arquitectura civil, os cinco pazos de Mosende, Pontellas e Budiño, e de época máis recente, todo un conxunto de casas, soportais e edificacións diversas da vila do Porriño. O grupo máis sobresaínte ten relación coas obras deseñadas polo arquitecto Antonio Palacios: A Fonte de Palacios, na praza do Cristo, foi inaugurada en 1905; a Botica Nova que proxectou para o seu

irmán Pepe Palacios foi rematada en 1912; o Templete de San Luís para o Metro madrileño foi deseñado en 1919 e trasladado en parte ao Porriño en 1971; e o Pazo do Concello construído entre 1919 e 1924 que, sen dúbida, é a obra máis importante das realizadas polo arquitecto na súa vila. Xunto coa casa onde naceu Palacios, estas obras conforman o roteiro local patrimonial do afamado porriñés.

E tamén a rotundidade do patrimonio natural e paisaxístico porriñés brillando especialmente o monte Castelo de Cans onde estivo o castelo de Miravel, o Faro de Budiño e as Gándaras de

Budiño. A posta en valor das formacións graníticas e das vistas panorámicas tivo en Ramón Cabanillas e os irmáns José e Antonio Palacios os pioneiros defensores da Ruta dos Penedos, tal como a nomearon en 1930 a Ruta dos Penedos.

As Gándaras de Budiño é un espazo dun importante valor natural formado por lagoas, regatos

e o propio río Louro, nun terreo de fauna e flora excepcional. Tanto os bosques de ribeira, as turbeiras, como a zona pantanosa aportan datos de grande interese científico que se estenden ás aves migratorias, os réptiles coma o sapoconcho común e outras especies.

AS GÁNDARAS DE BUDIÑO

Coñécese con este nome de Gándaras de Budiño a terra chá formada pola conca do río Louro, pertencente a cinco parroquias (S. Salvador e S. Estevo de Budiño, Atios, Pontellas, Ribadelouro) de tres municipios diferentes (O Porriño, Salceda de Caselas, Tui). Constitúe unha ampla depresión (8 e 2,5 km de eixes máximos) cunha altitude media de 30 metros, encaixada entre a Serra do Galiñeiro (705 metros) ao oeste e o conxunto de alturas entre as que, pola súa morfoloxía, destaca o Faro de Budiño ao leste. A zona aparece maioritariamente recuberta por vexetación de breixo e breixo húmido sobre substrato arxiloso, formación que recibe no país o nome de gándara.

Pola súa topografía e clima, estas gándaras foron no seu día unha extensa zona húmida, con interese cinexético, o que tal vez explique a antigüidade da súa utilización para asentamento humano (existe un importante xacemento arqueolóxico do Paleolítico, datado en 18.000 – 26.000 anos a. C.

O complexo lagoa-bosque ribeirán consiste nunha banda de 2 quilómetros de lonxitude por 200-600 metros de anchura, centrado no curso do río Louro que discorre orixinando un labirinto de regatos, pozas, charcas estacionais e lagoas permanentes, como as do Fial, Centeáns e Budiño. O río actúa como drenaxe, pero en épocas de maior achega hídrica (inverno e primavera), as augas invaden o que se converte así nun único complexo palustre forestal. Parte do espazo, hoxe arborado, foi obxecto de cultivo ata épocas recentes, pero o abandono

ao que se ve sometido o medio rural está posibilitando unha volta ao aspecto que tiña antes da explotación agrícola. Sobre o resto da área, hoxe lagoa, tivo lugar o trazado do polígono industrial As Gándaras que motivou unha degradación enorme deste ecosistema.

As repoboacións nas zonas deforestadas no contorno da lagoa deben intensificarse. Todo o que supoña formar unha cortina vexetal que as ille do seu agresivo contorno industrial, axudará nestas gándaras a salvar un paraíso de fauna e flora que xustificou o apelativo de “Doñana de Galicia”, co que algún entusiasta xornalista a definiu.

CAMINO DE SANTIAGO

Nas inmediacións de Orbenlle parte o itinerario alternativo que evita o paso do polígono industrial desde setembro de 2013.

A alternativa comeza 300 metros despois do punto quilométrico 106.048 a Santiago. É unha entrada á man esquerda, xunto ao cartel. Esta variante descende lixeiramente entre tupida vexetación ata o vao da Ponte Baranco, sobre o Louro, e cruza posteriormente un paso de inverno. Desde este punto, un camiño de terra entre viñedos e arboredos alcanza unha pista asfaltada, que se interna pola parroquia de San Xurxo de Mosende, visitando os lugares de Monte, Vides e Cruceiro.

Outro posterior paso de inverno, coñecido polos veciños como ‘paso de Botate’, desemboca nun camiño terroso. Despois, unha pista local accede á parroquia de Santiago de Pontellas xunto ás casas de Centeáns. Aquí, unha ‘cruz de mortos’ dá paso a un magnífico cruceiro, situado sobre o antigo Camiño Real a Vigo.

Nesta variante agardan aínda máis sorpresas, como a capela de San Campio e o seu cruceiro, así como tamén a Quinta do Adro ou da Inquisición, onde o trazado se separa do Camiño Real. Unha estrada local con carril peonil para ciclistas conduce desde este punto ao carreiro que segue o ronsel do río Louro (non crucedes o río aínda que vexades frechas, progresade sempre coa canle á dereita!) e que alcanza o mesmo albergue de peregrinos do Porriño (Km 19,2).

Itinerario polo polígono

Atravesamos Orbenlle por pista asfaltada ata a área de descanso xestionada pola Asociación Cultural A Lagoa (Bar).

O escenario torna por completo a partir de aquí xa que se interpón no noso camiño o polígono industrial As Gándaras que, desafiante, nos espera abaixo. Atravesámolo por unha recta anódina e infinita próxima aos tres quilómetros para despedilo xunto a unha pasarela labiríntica que salva as vías do tren e lévanos ao pé da N-550 (km 15,4). Xunto á estrada hai varios bares, cafeterías e empresas de servizos. Atopámonos na parroquia de Atios, e se a recta do polígono era longa e aburrida non o é menos a que vén a continuación. Superámola e deixamos a N-550 pola esquerda, xunto ao marco 99,408 km, para entrar no Porriño pola rúa Manuel Rodríguez, onde a estrada se bifurca e hai que tomar á dereita para chegar ata a praza de San Sebastián. Nesa zona atópase a capela do mesmo nome, que marca a orixe da zona onde naceu o municipio. Aínda que o seu valor histórico está vinculado ao nacemento do concello, é sinxela en canto a arquitectura, posto que foi construída polos propios veciños para poder oír misa diaria e evitar desprazamentos.

Se o peregrino ten uns minutos é aconsellable desviarse á man dereita ata a zona verde que se ve ao final da

rúa. Nela pódese atopar o pavillón de acceso á estación de metro que estaba situado na Gran Vía de Madrid. A compañía do metropolitano decidiu a súa retirada e ante o risco de desaparición foi trasladado en 1971 ao concello do Porriño.

A estrutura foi proxectada polo famoso arquitecto porriñés Antonio Palacios no ano 1919 e estaba composto por dúas estruturas diferentes, unha de granito moi traballado e outra de ferro forxado e cristal. Con todo, no traslado perdeuse a parte de ferro. Regresando ao traxecto orixinal, o peregrino deberá continuar pola mesma rúa ata atoparse coa capela de San Bieito, onde antigamente se realizaba o mercado da vila e onde chegou a situarse unha pequena alameda.

A capela foi levantada a finais do século XIX e posteriormente restaurada e ampliada a comezos do XX. É un edificio de reducidas dimensións con planta de cruz latina. Se o camiñante ten ganas dun pouco de arte urbana, sería posible desviarse á man esquerda pola rúa da Ola, onde se pode ver o gran muro da rúa Cando cheo de graffitis.

Continuando pola zona, na que destaca a pedra en todas as construcións, o peregrino entra no corazón urbano da vila e é recibido pola capela de Santa María. Atópase en pleno cruzamento de Ramón González con Manuel Rodríguez e, segundo parece, foi levantada a

parece que estaba dedicada á nosa Señora da O pero desde 1809 a denominación céntrase en Santa María.

O peregrino pode proseguir o seu percorrido en dirección á praza Arquitecto Antonio Palacios, onde se atopa o edificio do consistorio, obra do porriñés máis famoso. Unha estatua del sentado nun dos bancos da zona rende homenaxe a este prolífico arquitecto, o mellor embaixador do granito do Porriño. Este edificio é a obra máis importante do arquitecto no seu concello e estaba dedicado á súa nai. A edificación, levantada nos anos 20, substituíu o consistorio orixinal, que se atopaba en estado ruinoso. O proxecto foi entregado gratis ao concello grazas á xenerosidade de Ramón González.

O traxecto continúa polas rúas empedradas, que terminan xusto na zona da capela do Cristo e a fonte de Palacios. A fonte foi construída en honor a un antigo cruceiro e ten dous corpos, un primeiro con base octogonal para salvar o desnivel da praza e logo unha parte superior na que se asenta unha base e se erixe a fonte.

Os caños de auga están alternados con elementos ornamentais con motivos florais moi vistosos. Coroa a fonte unha columna de corte clásico que termina nun capitel con decoración vexetal sobre a que se levanta a estatua dun paxe, obra do mestre Cerviño. A fonte data de 1904. Detrás da fonte pódese acceder a través dunha escalinata á capela do Cristo, o cuarto

recinto relixioso que apareceu no núcleo urbano. A súa construción foi grazas a Servando Ramilo Neves, que doou o terreo para a capela e o parque, ademais de sufragar os gastos do recinto.

As obras termináronse en 1899 e a súa inauguración, un 17 de setembro, marcou unha cita clave no calendario porriñés, que agora nesas datas celebra as súas populares festas patronais. Os peregrinos decidirán se continúan o traxecto ou se aloxan nun dos albergues de peregrinos, ou outras alternativas de hospedaxe que se ofrecen no municipio. Se o rumbo é en dirección a Redondela, aínda quedará atravesar un pequeno tramo da zona urbana antes de penetrar na N-550.

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.