Verán en O Porriño 2017
Agosto: Festas na Honra a San Paio
Pontellas Festas na Honra a San Paio 11, 12, 13, 14 agosto 2017
O Porriño 11 Venres Típica Sardiñada acompañada por un grupo musical.
12 Sábado Ás 13:30 h Gran Tirada de Fogos de Artificio Ás 22:30 h Gran Verbena amenizada por Orquestra Abanico e Grupo Aramio
13 Domingo Ás 10:30 h Saída do Ramo dende a Abelenda acompañado pola Banda de Música de Redondela hasta o Recinto de Festas. Ás 12:30 h Misa cantada polo Coro Breixo de Pontellas e procesión acompañada pola citada Banda de Música, que a continuación dará un concerto. Ás 22:30 h Gran Verbena amenizada por A Roda e A Banda de Balbina
14 Luns Ás 12:30 h Misa rezada e procesión acompañada pola Banda de Música de Redondela Ás 22:30 h remate destas Grandes Festas coas Orquestras Trebaol e Ciclón
A novena dará comezo o venres 4 ás 21:00 h. A subasta dos postos o 9 de xullo ás 18:00 h. A subasta dos polos o 30 de xullo ás 18:00 h.
As sete marabillas do Porriño En 2007 o Concello do Porriño promoveu unha votación popular para escoller sete lugares destacados no municipio. As escollidas, por esta orde, foron as seguintes: Faro de Budiño, un monte formado por enormes penas de granito con paredes case verticais, visible dende todo o val da Louriña. Casa do Concello, un edificio construído entre 1921 e 1924 en estilo rexionalista. O seu autor é o arquitecto porriñés Antonio Palacios. A casa do concello do Porriño foi recentemente reformada e ampliada, a partir do edificio construído por Antonio Palacios para este uso e inaugurado en 1924. É unha edificación en pedra dotada dunha gran monumentalidade en relación coa pouca superficie que ocupa, na que resalta un pórtico na súa parte frontal, a torre ameada, a profusión de vans e a rica ornamentación. O edificio ardeu no ano 1976, destruíndose o seu interior na práctica totalidade. A reforma iniciada posteriormente remata en 1983. En todo caso, a insuficiencia espacial foi cada vez máis patente e levou á ampliación lateral do edificio en datas máis recentes.
Gándaras de Budiño, unha zona húmida creada pola confluencia do río Louro con varios regatos, creando un sistema de lagoas, brañas e bosques de ribeira. Forma parte da Rede Natura 2000. Roteiro da rocha e a auga en Carracido, un percorrido circular duns 4 quilómetros no que se atopan penedos, zonas arboradas, muíños, lavadoiros etcétera. Muíños de auga das parroquias, elementos do patrimonio popular espallados polas sete parroquias, máis de corenta atópanse restaurados.
Fonte do Cristo, outra obra de Antonio Palacios, inaugurada en 1905, de estilo ecléctico e carácter vertical, combina a pedra co ferro e a louza.
Fuente: es.wikipedia.org/wiki/Porriño
A Risca, zona de 10 hectáreas dentro do monte Gulpilleira do Porriño, con abundantes penedos de formas singulares e boas vistas sobre o val.
Sala Ingràvida Programa Agosto
Venres 1 e Sábado 2 22 h: ‘Agardando estarás ti’, Los Blanco (Estrea Teatral). Inauguración Exposición Fotografía. Venres 8 e Sábado 9 22 h: ‘A triste historia de Gustav Krunchinkrunchenberg’ (Conto Musical) Venres 15 e Sábado 16 22 h: ‘Oiseau Rebelle’, Funboa Escéncia (Teatro) Venres 22 e Sábado 23 22 h: ‘Té con Kant’, Inversa Teatro Venres 29 e Sábado 30 22 h: ‘Improperio DF’, Triatreros (Teatro)
Biblioteca
Novo horario de verán da biblioteca!!! Dende o 7 de agosto ao 1 de setembro pechará en horario de tarde, permanecendo aberta polas mañás entre as 08:00 e as 14:00 de luns a venres.