O Porriño Festas do Cristo 2022

Page 1

4 FESTAS DO CRISTO 2022 PROGRAMA Producción editorial SETEMBRO

PRESENTACIÓN

DEPORTIVA

Praza Arquitecto Antonio Palacios

PRESENTACIÓN

Praza Arquitecto Antonio Palacios

PRESENTACIÓN

DEPORTIVA

Praza Arquitecto Antonio Palacios

CINEMA

RABBIT

Praza Arquitecto Antonio

Círculo

Praza Arquitecto Antonio Palacios

6 FESTAS DO CRISTO 2022 Luns 19 • 18:00 h
E EXHIBICIÓN: UNIÓN
ATIOS CF
Martes 20 • 18:00 h
E EXHIBICIÓN: UNIÓN
ATIOS CF
• 18:00 h PRESENTACIÓN E EXHIBICIÓN: CD PONTELLAS
Palacios • 20:00 h FESTA INFANTIL CON MICKEY MOUSE
Recreativo Cultural Mércores 21 • 18:00 h
E EXHIBICIÓN: PORRIÑO INDUSTRIAL CF
• 20:30 h
INFANTIL NA RÚA: PETER
Avenida de Galicia Xoves 22 • 18:00 h PRESENTACIÓN E EXHIBICIÓN: PORRIÑO BALONCESTO BASE
8 FESTAS DO CRISTO 2022

Xoves 22

• 22:00 h

CONCERTO: TREIXADURA

Rúa Domingo Bueno - Deputación de Pontevedra. Musigal Venres 23

• 18:00 h

PRESENTACIÓN E EXHIBICIÓN: TAEKWONDO

Jo vhen sport e club leon&fam carrera Praza Arquitecto Antonio Palacios

• 22:00 h

CONCERTO: COQUE MALLA

Exterior Pavillón Municipal dos Deportes

• 23:30 h

LOURO VALLEY FESTIVAL

Sábado 24

• 12:00 h

PREGÓN FESTAS DO CRISTO

A cargo de Alfonso Pato Praza Arquitecto Antonio Palacios

• De 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 21:00 h

ANIMACIÓN DE RÚA

• 18:00 h

ESPECTÁCULO INFANTIL DE MARIONETAS: TITIRICIRCUS

Compañía Tanxarina Títeres Praza Arquitecto Antonio Palacios

FESTAS DO CRISTO 2022 9

CONCERT

BANDA DE MÚSICA

DE TORROSO

MONTANDO CRISTO FESTIVAL

Zålomon Grass / Inmates / Zona Zero / The Broke Praza de San Sebastián

12:00

SOLEMNE

Amenizan: Brillat, Banda de Gaitas San Xoán de Paramose Banda da Agrupación Musical do Porriño

INFANTIL: OS NOVOS MÚSICOS DE

Animar-T Barrio de San Bieito

10 FESTAS DO CRISTO 2022 Sábado 24 • 20:00 h CONCERTO:
XUVENIL
• 21:00 h
• 21:00 h CONCERTO: GISELA
KIDS • 22:00 h ORQUESTRA M3 ORQUESTRA ATENAS Domingo 25 •
h MISA
E PROCESIÓN
• De 18:00 a 21:00 h ANIMACIÓN DE RÚA Rúas da vila • 18:00 h TEATRO
BREMEN Compañía
FESTAS DO CRISTO 2022 11
12 FESTAS DO CRISTO 2022

Domingo

• 20:00 h

CONCERTO: BANDA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO PORRIÑO

Praza do Cristo

• 21:00 h

CONCERTO: BANDA DE GAITAS SAN XOÁN DE PARAMOS

Praza Arquitecto Antonio Palacios

• 21:30 h

ORQUESTRA PARÍS DE NOIA

ORQUESTRA AMÉRICA

Luns 26

• 12:00 h

MISA DE CAMPAÑA

Amenizan: Grupo Parroquial Santa María do Porriñoe Banda de Música Cultural de Arcade

• De 18:00 a 21:00 h

ANIMACIÓN DE RÚA

• 20:00 h

CONCERTO: BANDA DE MÚSICA CULTURAL DE ARCADE

• 21:30 h

ORQUESTRA LA DIMENSIÓN

ORQUESTRA EL COMBO DOMINICANO

FESTAS DO CRISTO 2022 13
25

h

EXHIBICIÓN: CLUB XIMNASIA RÍTMICA PORRIÑO

Pavillón Municipal dos Deportes

h

EXHIBICIÓN: CLUB PATÍN EN LIÑA PORRIÑO

Praza Arquitecto Antonio Palacios

h

CERTAME TES TALENTO?. SEMIFINAL ADULTOS

Praza Arquitecto Antonio Palacios

E EXHIBICIÓN: CLUB BALONMÁN

Praza Arquitecto Antonio Palacios

PEPO SUEVOS

Martes 27 • 18:00
• 19:00
• 20:00
Mércores 28 • 18:00 h PRESENTACIÓN
PORRIÑO
• 21:00 h MONÓLOGO:

• 19:00 h

XELA CONTRA O DRAGÓN TRAGA-VERBAS

Cía. Títeres Cachirulo. Rede de Dinamización Lingüística

Praza Arquitecto Antonio Palacios

• 20:00 h

CERTAME TES TALENTO?. SEMIFINAL ADULTOS

Praza Arquitecto Antonio Palacios

Xoves 29
16 FESTAS DO CRISTO 2022
FESTAS DO CRISTO 2022 17 Venres 30 • 19:00 h BATALLA DE GALOS • 21:00 h MONÓLOGO: ISI Praza Arquitecto Antonio Palacios • 22:30 h CONCERTO: TANXUGUEIRAS • 23:00 h FESTA REMEMBER (RADIO 8)
Sábado 01 de outubro • RALLY RÍAS BAIXAS. 55 EDICIÓN Praza Arquitecto Antonio Palacios • De 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 21:00 h ANIMACIÓN DE RÚA • 20:00 h CONCERTO: BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE REDONDELA Praza Arquitecto Antonio Palacios • 22:00 h ORQUESTRA AMÉRICA SL ORQUESTRA TRIUNFO OUTUBRO 18 FESTAS DO CRISTO 2022
FESTAS DO CRISTO 2022 19
Domingo 02 • 10:00 h DÍA DO CICLISMO. MARCHA CICLOTURÍSTICA Club Ciclista Avanza e Master da Louriña Praza Arquitecto Antonio Palacios • Pregón ás 12:00 h FESTA DOS CALLOS. XXIX EDICIÓN Establecementos hostaleiros • De 12:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h ANIMACIÓN DE RÚA • 17:30 h ESPECTÁCULO INFANTIL: PETISCOS DE LINGUA Compañía Migallas Teatro. Rede de Dinamización Lingüística Praza Arquitecto Antonio Palacios • 19:00 h CERTAME TES TALENTO? Final infantil e adultos • 20:00 h CONCERTO: BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE SALCEDA • 22:00 h ORQUESTRA LOS PLAYER´S 20 FESTAS DO CRISTO 2022
FESTAS DO CRISTO 2022 21
22 FESTAS DO CRISTO 2022

Que visitarPorriño

O Patrimonio Cultural do Porriño ten mostras de interese en cada un dos apartados en que o clasificamos, dende o patrimonio dos camiños co paso por este concello do Camiño Portugués ao arqueolóxico coa importancia e a cantidade de restos conservados do xacemento paleolítico de Budiño. O industrial pode representarse pola antiga fábrica de curtidos da Guía, o bibliográfico e documental nos libros parroquiais de nacementos e defun cións dende, o inmaterial pola supervivencia de antigas tradicións como a dos ramos de San Brais de Budiño, o Xogo da ola no Entroido porriñés e as Rondallas ou Ranchos de Reis. Hai un rico patrimonio etnolóxico nos muíños destacando os grupos da Laxe en Cans, do Castro en Atios, os do Cotiño en Budiño, os de Filgueiras en Chenlo, os do monte da Cañota en Mosende e o Muíño de Pousadela en Pontellas; e tamén de cruceiros e petos de ánimas. Cabe destacar a importancia do patrimonio arquitectónico. Na parte relixio sa, as igrexas e capelas de orixe medieval reconstruídas na Idade Moderna que se espallan por tódalas parroquias conservándose a maior antigüidade no románico de Budiño; na arquitectura civil, os cinco pazos de Mosende, Pontellas e Budiño, e de época máis recente, todo un conxunto de casas, soportais e edificacións diversas da vila do Porriño. O grupo máis sobresaínte ten relación coas obras deseñadas polo arquitecto Antonio Palacios: A Fon te de Palacios, na praza do Cristo, foi inaugurada en 1905; a Botica Nova

FESTAS DO CRISTO 2022 23

que proxectou para o seu irmán Pepe Palacios foi rematada en 1912; o Templete de San Luís para o Metro madrileño foi deseñado en 1919 e trasladado en parte ao Porriño en 1971; e o Pazo do Concello construído entre 1919 e 1924 que, sen dúbida, é a obra máis importante das realizadas polo arquitecto na súa vila. Xunto coa casa onde naceu Palacios, estas obras conforman o roteiro local patrimonial do afamado porriñés.

E tamén a rotundidade do patrimonio natural e pai saxístico porriñés brillando especialmente o monte Castelo de Cans onde estivo o castelo de Miravel, o Faro de Budiño e as Gándaras de Budiño. A posta en valor das formacións graníticas e das vistas pano rámicas tivo en Ramón Cabanillas e os irmáns José e Antonio Palacios os pioneiros defensores da Ruta dos Penedos, tal como a nomearon en 1930 a Ruta dos Penedos. As Gándaras de Budiño é un espa zo dun importante valor natural formado por lagoas, regatos e o propio río Louro, nun terreo de fauna e flora excepcional. Tanto os bosques de ribeira, as turbeiras, como a zona pantanosa aportan datos de grande interese científico que se estenden ás aves migratorias, os réptiles coma o sapoconcho común e outras especies.

24 FESTAS DO CRISTO 2022
FESTAS DO CRISTO 2022 25
26 FESTAS DO CRISTO 2022

Camiño de Santiago

Nas inmediacións de Orbenlle parte o itinerario alternativo que evita o paso do polígono industrial desde setembro de 2013. A alternativa comeza 300 metros despois do punto quilomé trico 106.048 a Santiago. É unha entrada á man esquerda, xunto ao cartel. Esta variante descende lixeiramente entre tupida vexetación ata o vao da Ponte Baranco, sobre o Lou ro, e cruza posteriormente un paso de inverno. Desde este punto, un camiño de terra entre viñedos e arboredos alcanza unha pista asfaltada, que se interna pola parroquia de San Xurxo de Mosende, visitando os lugares de Monte, Vides e Cruceiro.

Outro posterior paso de inverno, coñecido polos veciños como ‘paso de Botate’, desemboca nun camiño terroso. Despois, unha pista local accede á parroquia de Santiago de Pontellas xunto ás casas de Centeáns. Aquí, unha ‘cruz de mortos’ dá paso a un magnífico cruceiro, situado sobre o an tigo Camiño Real a Vigo. Nesta variante agardan aínda máis sorpresas, como a capela de San Campio e o seu cruceiro, así como tamén a Quinta do Adro ou da Inquisición, onde o trazado se separa do Camiño Real. Unha estrada local con carril peonil para ciclistas conduce desde este punto ao ca

rreiro que segue o ronsel do río Louro (non crucedes o río aínda que vexades frechas, progresade sempre coa canle á dereita!) e que alcanza o mesmo albergue de peregrinos do Porriño (Km 19,2).

Itinerario polo polígono Atravesamos Orbenlle por pista asfaltada ata a área de des canso xestionada pola Asociación Cultural A Lagoa (Bar).

FESTAS DO CRISTO 2022 27

O escenario torna por completo a partir de aquí xa que se interpón no noso camiño o polígono industrial As Gándaras que, desafiante, nos espera abaixo. Atravesámolo por unha recta anódina e infinita próxima aos tres qui lómetros para despedilo xunto a unha pasarela labiríntica que salva as vías do tren e lévanos ao pé da N-550 (km 15,4). Xunto á estrada hai varios ba res, cafeterías e empresas de servizos. Atopámonos na parroquia de Atios, e se a recta do polígono era longa e aburrida non o é menos a que vén a continuación. Superámola e deixamos a N-550 pola esquerda, xunto ao marco 99,408 km, para entrar no Porriño pola rúa Manuel Rodríguez, onde a estrada se bifurca e hai que tomar á dereita para chegar ata a praza de San Sebastián. Nesa zona atópase a capela do mesmo nome, que marca a orixe da zona onde naceu o municipio. Aínda que o seu valor histórico está vinculado ao nacemento do concello, é sinxela en canto a arquitectura, posto que foi construída polos propios veciños para poder oír misa diaria e evitar desprazamentos. Se o peregrino ten uns minutos é aconsellable desviarse á man dereita ata a zona verde que se ve ao final da rúa. Nela pódese atopar o pavillón de acceso á estación de metro que estaba situado na Gran Vía de Madrid. A compañía do metropolitano decidiu a súa retirada e ante o risco de desapa rición foi trasladado en 1971 ao concello do Porriño. A estrutura foi proxectada polo famoso arquitecto porriñés Antonio Palacios no ano 1919 e estaba composto por dúas estruturas diferentes, unha de granito moi traballado e outra de ferro forxado e cristal. Con todo, no traslado perdeuse a parte de ferro. Regresando ao traxecto orixinal, o peregrino de berá continuar pola mesma rúa ata atoparse coa capela de San Bieito, onde

28 FESTAS DO CRISTO 2022

antigamente se realizaba o merca do da vila e onde chegou a situarse unha pequena alameda. A capela foi levantada a finais do século XIX e posteriormente restau rada e ampliada a comezos do XX. É un edificio de reducidas dimen sións con planta de cruz latina. Se o camiñante ten ganas dun pouco de arte urbana, sería posible desviarse á man esquerda pola rúa da Ola, onde se pode ver o gran muro da rúa Cando cheo de graffitis. Continuando pola zona, na que destaca a pedra en todas as cons trucións, o peregrino entra no cora zón urbano da vila e é recibido pola capela de Santa María. Atópase en pleno cruzamento de Ramón González con Manuel Rodríguez e, segundo parece, foi levantada a mediados do século XVI. Foi cam biando de advocación e estivo de dicada a San Xurxo nun comezo. En 1778 parece que estaba dedicada

FESTAS DO CRISTO 2022 29

á nosa Señora da O pero desde 1809 a denominación céntrase en Santa María. O peregrino pode proseguir o seu percorrido en dirección á praza Arquitecto An tonio Palacios, onde se atopa o edificio do consistorio, obra do porriñés máis famoso. Unha estatua del sentado nun dos bancos da zona rende homenaxe a este prolífico arquitecto, o mellor embaixador do granito do Porriño. Este edificio é a obra máis importante do arquitecto no seu concello e estaba dedicado á súa nai. A edificación, levantada nos anos 20, substituíu o consistorio orixinal, que se atopaba en estado ruinoso. O proxecto foi entregado gratis ao concello grazas á xenerosidade de Ramón González.

O traxecto continúa polas rúas empedradas, que terminan xusto na zona da ca pela do Cristo e a fonte de Palacios. A fonte foi construída en honor a un antigo cruceiro e ten dous corpos, un primeiro con base octogonal para salvar o desnivel da praza e logo unha parte superior na que se asenta unha base e se erixe a fonte.

Os caños de auga están alternados con elementos ornamentais con motivos flo rais moi vistosos. Coroa a fonte unha columna de corte clásico que termina nun capitel con decoración vexetal sobre a que se levanta a estatua dun paxe, obra do mestre Cerviño. A fonte data de 1904. Detrás da fonte pódese acceder a través dunha escalinata á capela do Cristo, o cuarto recinto relixioso que apareceu no núcleo urbano. A súa construción foi grazas a Servando Ramilo Neves, que doou o terreo para a capela e o parque, ademais de sufragar os gastos do recinto.

As obras termináronse en 1899 e a súa inauguración, un 17 de setembro, marcou unha cita clave no calendario porriñés, que agora nesas datas celebra as súas populares festas patronais. Os peregrinos decidirán se continúan o traxecto ou se aloxan nun dos albergues de peregrinos, ou outras alternativas de hospedaxe que se ofrecen no municipio. Se o rumbo é en dirección a Redondela, aínda quedará atravesar un pequeno tramo da zona urbana antes de penetrar na N-550.

30 FESTAS DO CRISTO 2022

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.