Verin Festival Cortos 2017

Page 1

MEMORIA 2016 I EDICIÓN


N Ó I C A FORM

L A R E X

IN

DATA

O Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV celebrou a súa primeira edición do 5 ó 11 de decembro de 2016.

Coordinación xeral: Emilia Somoza Basalo, Concelleira de Educación, Cultura e Festexos do Concello de Verín

EQUIPO DIRECTIVO (2016) Dirección xeral: Carlos Montero Zorrilla Medios dixitais e publicitarios: Jorge Máximo Godás Limia Dirección de produción: Xosé Lois Santiago Rodríguez

LUGAR

O FIC Vía XIV tivo a súa sede territorial en Verín, desenvolvéndose en dúas salas, ámbalas dúas con proxectores HD e son Dolby Estéreo. O 98% do material recibido tiña calidade de alta definición, proxectándose nas dúas salas habilitadas para o FIC: • Auditorio Municipal (sede principal e sala de proxeccións nº 1) • Casa da Cultura (sala de proxeccións nº 2) No Auditorio Municipal celebráronse, ademais, a gala de inauguración, a gala da final e a entrega de premios.


INTRODUCIóN A Área de Cultura do Concello de Verín, despois de acadar consolidar numerosas propostas de teatro e cine na vila, apostou no 2016 por unha iniciativa audiovisual de primeiro nivel: o Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV de Verín.

Cun orzamento de 40.400€, o Festival celebrouse do 5 ó 11 de decembro no Auditorio Municipal e na Casa da Cultura, con tres categorías a concurso: Entroido, Emigración e Fronteira. Parellamente, organizáronse foros de debate complementarios, un obradoiro de realización de documentais, actividades didácticas para nenos e outras iniciativas.

MÁIS INFORMACIÓN

Páxina web: www.ficviaxiv.com Facebook: facebook.com/ficviaxiv Twitter: twitter.com/ficviaxiv YouTube: VíaXIV Festival Internacional de Curtas de Verín

CONTACTO

Teléfono: 638 077 282 Correo electrónico: info@ficviaxiv.com


QUE É

VíA XıV? A calzada romana Vía XIV cruza o val de Monterrei dende hai 2000 anos. Hoxe en día, as estradas e liñas férreas —algunhas construídas sobre a vella calzada e outras en parello ou a pouca distancia dela— dan unha idea da súa importancia e vixencia. Ó longo de todo este tempo, as vías de comunicación foron un camiño para as novas ideas, o progreso e a cultura.

O FIC Vía XIV de Verín quixo continuar ese camiño de cultura, atraendo a mirada de creadores de todo o mundo cara tres temas de especial relevancia e auténtico sinal de identidade da nosa bisbarra: o Entroido, a Emigración e a Fronteira. Para facelo posible, o Festival contou, na súa primeira edición, con 11 voluntarios dos graos de Xornalismo e Comunicación Audiovisual, que realizaron tarefas de prensa, xestión de redes sociais e produción audiovisual. Todo elo, grazas a un convenio entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Verín.


?

POR QUE

EN VERíN

Dende a primeira proxección dunha peza dun minuto en París, no 1895, ata o FIC Vía XIV de Verín no 2016 transcorreron 121 anos; tempo ó longo do cal a vila permaneceu afastada dun dos poucos formatos cinematográficos que perdurou na historia. Nembargantes, o sétimo arte está fortemente arraigado nas xentes de Verín como experiencia comunitaria, veciñal e de tempo libre, ata o punto que podería dicirse que forma parte da súa idiosincrasia. Coa celebración do FIC Vía XIV, queremos que os espectadores podan contemplar e analizar pezas únicas de todo o mundo, e que podan desfrutar dunha semana de eventos culturais complementarios. E, todo elo, de xeito totalmente gratuíto.

?

POR QUE UN FESTIVAL DE CURTAMETRAXES

Consideramos que a curtametraxe é a plataforma perfecta para darlle pulo ós novos estilos narrativos e visuais. Ademais, dadas as súas enormes posibilidades para a transmisión de ideas e emocións, este formato resulta apropiado para plasmar os conceptos das seccións que conforman o FIC.


ıMPACTO ECONóMıCO Na súa I Edición, o Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín tivo máis de 2.500 espectadores e un retorno económico valorado en máis de 70.000€. Ás proxeccións no Auditorio Municipal e na Casa da Cultura asistiron máis de 1.200 persoas. Tamén rexistraron unha gran afluencia de público o resto de actividades do Festival: conferencias temáticas previas (245 espectadores), actividades infantís (195), foros audiovisuais temáticos (328), gala inaugural (217) e gala final (310). En total, máis de 2.500 persoas. O fluxo económico xerado polos espectadores, técnicos, voluntarios e concursantes supuxo un notable incremento do consumo de bens e servizos na vila durante o Festival. Este gasto tradúcese nuns 8,50€ por persoa, resultando un retorno económico indirecto de máis de 23.000€. No que a repercusión e impacto mediático se refire, e a pesar de ser a súa primeira edición, o certame mantivo unha

presenza constante en espazos internacionais, nacionais, rexionais e locais de prensa, radio, televisión e internet. Se tivésemos que facer unha valoración económica extrapolada de todos estes datos, é dicir, se tivésemos que pagar o custo dunha campaña publicitaria con ese impacto, estariamos a falar dunha cantidade que superaría os 25.000€ (retorno inmaterial). O gasto directo realizado na vila supuxo un importante investimento económico nos seus distintos sectores produtivos e de servizos. A contratación por parte do Festival de empresas, profesionais e persoal de Verín cífrase en máis de 25.000€, mentres que a contratación de servizos para a produción (audiovisuais, iluminación, son, etc.) supera os 11.500€. Os servizos hostaleiros e de restauración valóranse en máis de 4.000€, mentres que aqueloutros vinculados á comunicación, soportes e imaxe superaron os 5.000€.


Todo iso significa que a xestión orzamentaria desenvolvida polo FIC Vía XIV en 2016 supuxo un total de gastos directos en Verín próximos ós 23.000€. Ademais, podemos afirmar que o Festival trouxo consigo un incremento da actividade hostaleira durante a súa cele-

bración. Non só é importante a cantidade de turistas que viñeron, senón tamén a súa calidade e a súa capacidade de vender ó exterior unha imaxe de marca de Verín cun altísimo nivel de calidade. Sen dúbida, podemos dicir que o FIC Vía XIV deu o primeiro paso para poñer á vila no mapa cultural internacional.


16

20 N í R E V FIC

S A T R CU

O I Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV de Verín inaugurouse o 5 de decembro no Auditorio Municipal. O acto foi presentado polo actor verinés Toño Salgado e contou coa participación do director Héctor DomínguezViguera (tamén de Verín), o director de produción Andrés Díaz, a actriz Clara Pampyn e o deseñador de créditos Javier Gutiérrez. Durante a gala proxectouse El Pozo, curta de Domínguez-Viguera protagonizado por Aitana Sánchez-Gijón. A organización do Festival seleccionou 39 traballos, todos eles de gran nivel (procedentes de Brasil, Colombia, España, Luxemburgo e México), dos 650 que se recibiron (dun total de 21 países). As proxeccións tiveron lugar do 6 ó 9 de decembro no Auditorio Municipal e na Casa da Cultura, con entrada libre e gratuíta ata completar o aforamento. Cada sección constaba de dous bloques, programados en tres horarios distintos para facilitar o seu visionado.

ENTROIDO

Bloque 1: Ikal, Taller de corazones, El quimérico espectáculo de los Bizzaneli, Cruel perdón, Dieciocho, Brice Gallagan. Bloque 2: O Moredo, La conmoción del silencio, Criaturitas, Juegos de risa, Ulises, O proxecto do meu pai.

EMIGRACIÓN

Bloque 1: Share o no Share, Kamishibai, Stalingrado, The heat wave, 17 años juntos, Donde caen las hojas. Bloque 2: Salsa, Diente de león, Cómplices por accidente, Alone, 56, Haters.

FRONTEIRA

Bloque 1: Wut, El pozo, Naara, Por eso no tengo hermanos, A prueba, El chico del diente de oro. Bloque 2: Fronteiras de enerxía animal, Sin tu latido, Restart, El dibujo, Rebelde, Polo, Vostok, Añadir contacto.


16

20 N í R E V FIC

s o i m e pr

O Festival contou cun xurado de primeiro nivel, formado por Jorge Coira (director audiovisual), Ledicia Sola (actriz), Sandra Pinho (presidenta do Cineclub de Chaves), Alberte Blanco (director de fotografía) e Emilia Somoza (Concelleira de Educación, Cultura e Festexos de Verín). Os premios entregáronse na gala final, celebrada o 10 de decembro no Auditorio Municipal. Os presentadores foron os actores Alberto Rolán e Machi Salgado (tamén verineses). Foi unha gala con actuacións de luxo, como a da nova e prometedora Marem Ladson, e a presenza dos tradicionais cigarróns do Entroido de Verín. Todos os trofeos son obra do artista local Fernando Barreira, o que lles proporciona un gran valor artístico engadido. Os premios do xurado están realizados en madeira e bronce, mentres que o do público é de cerámica.

Premio do xurado á Mellor Curtametraxe Categoría Entroido (1.000€ e trofeo) O Moredo Categoría Emigración (1.000€ e trofeo) Diente de león Categoría Fronteira (1.000€ e trofeo) Restart Premio do xurado ó Mellor Guión (600€ e trofeo) Ulises Premio do xurado ó Mellor Actor (600€ e trofeo) Cándido Uranga (Ulises) Premio do xurado á Mellor Actriz (600€ e trofeo) María Larralde (Restart) Premio do xurado ó Mellor Director (600€ e trofeo) Aitor Gutiérrez (Ulises) Premio do público á Mellor Curtametraxe (600€ e trofeo) (600 17 años juntos Premio de Honra Especial Carlos Folgoso, fotoperiodista


16

20 N í R E V FIC

s o r fo AT B E D DE

E

Emigración (6 de decembro) O FIC Vía XIV incluíu tres foros de debate con formato audiovisual, para profundar nos temas das seccións a concurso: Entroido, Emigración e Fronteira. Estes debates desenvolvéronse no Auditorio Municipal.

Fronteira (7 de decembro)

Moderador: Aser Álvarez (xornalista e produtor, director da revista Arraianos). Participantes: Américo Rodrigues (membro fundador do Núcleo de Estudos e Investigación dos Montes Laboreiro e da Asociación Portuguesa do Can de Castro Laboreiro), Daniel Maciel (antropólogo especializado en cultura institucional, arte e resistencia), Sandra Pinho (profesora de Bioloxía e Xeoloxía e presidenta do Cineclub de Chaves), Xosé Luís Méndez (político e escritor comprometido coa lingua galega), Ángel Sánchez (director do Festival Internacional de Documentais Play-Doc) y Víctor Coyote (músico, deseñador gráfico e artista audiovisual).

Moderador: Rafael Cid (director de RTVE en Galicia). Participantes: Carlos Folgoso (fotoperiodista que vive entre Galicia e a Toscana), Xurxo Martiz (especialista no exilio galego en Venezuela, o Caribe e México), Xosé Lois Leirós (emigrante retornado de Suíza e activista social) y José Antonio Silva (emigrante retornado de Suíza e emprendedor).

Entroido (8 de decembro)

Moderadora: Nora Sola (presentadora de Telemiño). Participantes: Rosa María Rodríguez Portela (dona do emblemático bar Fidel’s de Verín), Luisina (mítica entroideira e viúva do máis mítico aínda Pescadilla, que dá nome a un premio), José Rodríguez (etnógrafo, escritor e erudito), Jorge de Viana (defensor do entroido na súa máis pura esencia), Fanfán (unha das persoas máis importantes do entroido, autor de grandes montaxes entroideiros).


16

20 N í R E V FIC

S A R T OU S E D A D I ACTIV

CREA Faladoiro Café

CREA é un faladoiro café, aberto ó público en xeral, con directores e creadores audiovisuais en torno ó tema “Curtas en Galicia” que tivo lugar o 10 de decembro no café Meigallo. CREA é a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia.

Curso de documentais

Actividades infantís

A primeira edición do FIC contou tamén cun curso de documentais realizado durante os días 9 e 10 de decembro. Unha actividade formativa co obxectivo de dotar ós alumnos dos coñecementos teóricos e técnicos básicos para poder levar a cabo unha curtametraxe destas características. Incluíu unha introdución á narrativa audiovisual, as claves para escribir un bo guión, o manexo da cámara, a realización audiovisual e algunhas nocións básicas de produción e postproducción.

Os nenos tamén tiveron o seu espazo propio no FIC Vía XIV. Alumnos de Educación Primaria dos colexios Amaro Refojo, Princesa de España e María Inmaculada participaron, o 7 e 9 de decembro, en actividades especificamente deseñadas para eles, co fin de achegalos ó mundo do cinema, incentivar o seu interese pola cultura e fomentar o seu espírito crítico. Os nenos máis pequenos crearon as súas propias animacións stop motion con figuras de plastilina e aprenderon a manexar programas sinxelos de edición de vídeo no taller “A caixiña de mixtos”, dirixido por Xoán Marino. Os maiores viron unha serie de curtametraxes de temática social e humanitaria, como Diente de león ou Taller de corazones, que logo puntuaron segundo a súa opinión.

Vídeo-Mostra fotográfica Do 6 ó 9 de decembro, a sala multiusos do Auditorio Municipal acolleu unha vídeo-mostra fotográfica titulada “Migraciones”, na que o fotógrafo verinés Carlos Folgoso, a través do seu obxectivo, mostraba ó público a crúa realidade da crise migratoria en Europa, tanto en augas do Mediterráneo (cos naufraxios de 2013) como a través da ruta dos Balcáns.


CONCELLO DE MONTERREI

CONCELLO DE CUALEDRO

CONCELLO DE CASTRELO DO VAL

II EDICIÓN FIC VÍA XIV: DO 1 Ó 10 DE DECEMBRO DO 2017


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.