Arbores do colexio

Page 1

VOLVE ROQUE!


Despois do verรกn, canso de descanso


Ergueuse un día e dixo: “Vou facer algo”


“Antes de botarme a durmir todo o inverno

Vou buscar un lerio para deixarlle algo aos nenos


Sen ter que ir moi lonxe‌ de algo de preto


Do que ven todos dĂ­as, e dos seus segredos.


E de todo o que hai, o que está máis á man…


Son as árbores do colexio… pois… por aí vou empezar!”.


Árbores, e outras plantas, do colexio de San Tomé


Flores masculinas

LAMAGUEIRO, CHOUPO NEGRO (Populus nigra) Orixinario de Asia occidental e Europa oriental. Plántase como forestal e como ornamental. A madeira úsase para facer embalaxes, chapas e pasta de celulosa. Ten pés masculinos e pés femininos. Os cultivares son híbridos ou clónicos. Os clónicos obtéñense de estacas, e todos son do mesmo sexo.

Flores femininas

Os froitos maduros ábrense para soltar as sementes, que están rodeadas de pelos finos que lle serven para desplazarse coa axuda do vento.

Os choupos do colexio pertencen a dúas variedades distintas. Os de copa alta e estreita son todos masculinos, mentras que os de copa máis aberta, probablemente Populus x canadensis, son todos femininos.


CAMELIA (Camellia japonica). Orixinaria da China, o Xapón e Corea. Cultívase, como ornamental, nos climas temperados polas flores, que saen no outono e no inverno, Coñécense máis de 3.000 híbridos, con flores de distinta forma, tamaño e cor, que vai do vermello ao branco con numerosas tonalidades e variedades xaspeadas. Moitas flores das variedades cultivadas son estériles e para conseguir novas plantas fanse esqueixes

Flor completa

froito Froito aberto amosando as sementes

Flor estéril


MOREIRA (Morus nigra). Orixinaria do suroeste de Asia. Plántase desde antigo como ornamental, para alimentar as eirugas da seda e para aproveitarlle os froitos. Os froitos en realidade son as cubertas florais transformadas, engrosadas e cheas de zume.

Inflorescencia feminina

Os“froitos” póñense encarnados antes de madurar


Flores

ARCE AMERICANO (Acer negundo). Orixinario de Norteamérica. É un dos poucos arces que ten as follas compostas e pés masculinos e femininos. Non se planta demasiado porque ten formas irregulares pero existen varios cultivares con follas variegadas.

Froitos

Froitos e follas de outono


PICEA COMÚN, ABETO VERMELLO (Picea abies). Orixinaria do norte e do centro de Europa onde forma bosques en altitudes medias. A madeira utilízase en ebanistería. Fóra da súa área de orixe plántase como ornamental. É a coñecida árbore do Nadal (as do colexio son árbores de Nadal trasplantadas).

Cono feminino

Conos maduros


XENEBREIRO (Juniperus…) NON CONSIGO LOCALIZAR A ESPECIE. Os xenebreiros son coníferas que producen gálbulos carnosos que se utilizan para aromatizar bebidas alcohólicas (xinebras). Nas montañas máis altas de Galicia medran plantas rastreiras de xenebreiro común.

Cono con flores masculinas

Gálbulos maduros de Juniperus phoenica


ALIGUSTRE, LIGUSTRO (Ligustrum lucidum). Orixinario do sur da China. Plรกntase como ornamental, pero pode convertirse en invasora. Todos os que hai no colexio naceron das sementes levadas polos paxaros dos que hai nas pistas e detrรกs do pavillรณn. Existen variedades coas follas beireadas de cor amarela. Os froitos son venenosos.


LOUREIRO REAL, LOUREIRO ROMANO (Prunus laurocerasus). Orixinario de Asia Menor. Árbore da laurisilva de climas cálidos e húmidos. Plántase como ornamental. Toda a planta é tóxica a non ser o froito, pero sí a semente que ten dentro.

Espiga de flores

Froitos maduros


LIQUIDAMBAR (Liquidambar styraciflua). Orixinario de Norteamérica. Cultívase como forestal, a madeira úsase para contrachapados e pasta, pero máis habitualmente como ornamental polo colorido das follas no outono. Existen variedades cultivadas con distintas formas de copa.

Flores. As masculinas erguidas e as femininas colgantes

Froito


LOUREIRO (Laurus nobilis). Especie relicta da Era Terciaria. Foi planta venerada e consagrada aos deuses. Con ela coroรกbanse aos heroes e aos poetas, e como premio aos bos estudantes dรกbaselle un ramo de loureiro con froitos (bagas) -o bacca laureatus- de onde ven a palabra bacharelato. ร sase como ornamental e as follas como condimento.


Conos masculinos

CAMAECÍPARIS, CIPRÉS DE LAWSON, “CEDRO” DE OREGÓN (Chamaecyparis lawsoniana). Orixinario do oeste dos Estados Unidos. Plántase como forestal e ornamental. Existen numerosos cultivares con distinto aspecto e diferente velocidade de crecemento.

Conos femininos

Conos maduros


Follas

SALGUEIRO (Salix x …). Os salgueiros hibridan facilmente entre eles polo que é habitual atopar exemplares que compartan características de diferentes especies. Os do colexio poden ser híbridos de salgueiro chorón e salgueiro branco ou salgueiro irto.

Flores femininas


CATALPA (Catalpa bignonioides). Orixinaria do surleste dos Estados Unidos. Plántase como ornamental porque resiste ben a contaminación do aire. Ten principios tóxicos.

Os froitos, como vaíñas longas, mantéñense na árbore durante o inverno


As follas seméllanse ás da mimosa e danlle o nome á planta As flores cobren á árbore de azul na primavera

JACARANDA (Jacaranda mimosifolia) Orixinaria de Sudamérica subtropical. Plántase como ornamental en áreas de clima temperado e cálido, polo seu aspecto e polas numeroas flores. É tóxica si se come e pode producir irritación da pel ao manipulala.

Os froitos discoidais e leñosos coñécense como “aplauso de mono”


ALCIPRESTE, CIPRÉS (Cupresus sempervirens). Orixinario do Mediterráneo oriental. Atópase cultivado por todo o mundo. Pode ser unha árbore moi lonxeva, ata máis de 1.000 anos, Ten unha madeira resistente e lixeira que non se altera co paso do tempo. Non arde con facilidade. Antigamente plantábase ao pé das portas das casas como símbolo de hospitalidade.

Inflorescencias masculinas

Conos maduros


CASTAÑEIRO, CASTIÑEIRO COMÚN (Castanea sativa). Orixinario de Asia Menor. Cultivado desde tempos antigos para aproveitarlle a madeira, de boa calidade; as castañas, as varas novas en cestería e a tona en curtiduría e para facer tinte de cor negra. Existen especies de castiñeiros en Europa, China, o Xapón e América do Norte. Moitos dos castiñeiros que se plantan actualmente son híbridos de castiñeiro xaponés e europeo resistentes á enfermidade da tinta ou inxertos de castiñeiro europeo sobre patróns xaponeses ou américanos.


PRADAIRO (Acer pseudoplatanus). Medra nativo nas montañas de Lugo e Ourense. Plántase como ornamental. A madeira é fina e úsase en ebanistería e torneiría.


ABRUĂ‘EIRO (Prunus spinosa). Vive en sebes, matogueiras e beiras de bosque. Produce os abruĂąos, pequenas ameixas azul negras, de sabor agredoce, que se utilizan para aromatizar augardentes


ACIVRO (Ilex aquifolium). Forma pequenos bosques nas serras orientais de Galicia. É unha planta dioica, con pés masculinos e femininos. Utilízase como ornamental e como decoración no Nadal, porque nesas datas ten os froitos maduros. A madeira úsase en torneiría e da tona sácase o visgo ou liga para cazar paxaros. Existen variedades cultivares de follas variegadas e de flores hermafroditas.

Flor feminina

Na súa área de distribución ten un alto valor ecolóxico porque ofrece alimento e acobillo a aves e outros pequenos animais durante o inverno.


COTONASTER (Cotoneaster sp) Orixinarios da área que vai desde o Mediterráneo oriental a China. Existen numerosas especies e subespecies que difiren no tamaño xeral e das follas, e na cor das flores e dos froitos. Cotoneaster salicifolius. Nativo dos bosques do oeste da China


Cotoneaster dielsiana. Ten as follas mรกis pequenas e as flores forman grupos menos numerosos


PIRACANTA (Pyracantha coccinea). Orixinaria do sudeste de Europa e do sur de China. Plántase como ornamental e para formar sebes. É un arbusto con pequenas ponlas transformadas en espiñas que se cubre de flores na primavera e de froitos alaranxados e brillantes no outono que serven de alimento aos paxaros no inverno.


EVÓNIMO (Euonymus japonicus). Orixinario do Xapón, China e Corea. Plántase como ornamental en América e Europa para formar sebes porque soporta ben as podas. Os do colexio son cultivares de follas variegadas.


CHUCHAMELES (Lonicera periclymenum). At贸pase silvestre por toda Europa. Ten unhas flores chamativas, olorosas e productoras de nectar que aproveitan os insectos pero que tam茅n chuchan os rapaces, de ah铆 o nome. Os froitos vermellos e brillantes son t贸xicos.


(Lonicera japonica). Orixinaria do leste de Asia. Plántase como ornamental, pero en algúns países convirteuse en especie invasora.

Esta é outra especie diferente, pero hai que agardar a que teña follas e flores para saber cal.


HEDRA (Hedera helix). Trepadora común que pode medir ata 50 m. é unha especie relicta da Era Terciaria que pedra por todas partes gabeando por árbores e paredes gracias ás raíces aéreas que lle xurden no talo. Existen tamén variedades de cultivo coas follas de diferentes formas ou variegadas. Florece no outono e os froitos son tóxicos para as persoas.

Hedra silvestre na valla do colexio

Hedra dunha variedade cultivada, de folla variegada, na valla do colexio


DATURA, CAMPÁS (Brugmansia…). 10 especies orixinarias das áreas subtropicais de Sudamérica. Plántanse como ornamentais polas súas grandes flores acampanadas. Ao chegar a noitiña desprenden un forte aroma que nos seus países de orixe atrae aos morcegos que son os encargados da súa polinización. Todas as partes da planta son tóxicas. Brugmansia sanguinea case vermella na boca alaranxado amarelo a verdoso o resto do tubo


PASIONARIA, FLOR DA PASIÓN (Passiflora sp). Hai máis de 300 especies distribuídas principalmente por América tropical e subtropical. Cultívase como ornamental en todos os continentes. Varias especies son cultivadas polos seus froitos. O máis coñecido e o maracuiá, o froito da P. edulis. A do colexio é a Passiflora caerulea ou flor da pasión azul, a especie máis extendida e máis resistente.

O nome de pasionaria ou flor da pasión dáselle por asociación da cor púrpura e as formas das diferentes estructuras con elementos da pasión de Cristo (coroa de espiñas, tres clavos dos pistilos…)


FORMIO, LIテ前 DE NOVA ZELANDIA (Phormium tenax). Orixinario de Nova Celandia. Plテ。ntase como ornamental e para obter febras para tecer e atar. Hai variedades cultivadas variegadas e de cor avermellado.


ADELFA (Nerium oleander). Orixinaria do Mediterráneo. Plántase como ornamental. Toda a planta é venenosa se se come.


VIDE (Vitis …). Existen unhas 60 especies de vides silvestres, distribuídas polo hemisferio norte, e varios centos, ata miles, cultivadas. A vide é unha planta trepadora que pode acadar ata 30 m de longo. Nas variedades cultivadas contrólase o tamaño coa poda para mellorar a producción de uvas. A do colexio é unha variedade de vide silvstre americana.


ROSEIRA, ROSAL (Rosa …). Existen máis de 100 especies de rosas silvestres, a maioría en Asia e unhas poucas en Europa, Norteamérica e o norte de África, e máis de 30.000 cultivares. É a planta ornamental máis cultivada do mundo. Plántase, polas súas flores e para obtención de perfume, desde a prehistoria. O cultivo de variedades empezou en Europa.

Flor e froito de roseira silvestre


BUXO (Buxus sempervirens). PlĂĄntase como ornamental para facer sebes porque soporta ben as podas. E unha planta de crecemento lento, de madeira dura e moi fina apreciada en torneirĂ­a e para facer instrumentos musicais.


HORTENSIA (Hydrangea hortensia). Orixinaria de China e Xapón. Existen numerosas variedades que se plantan como ornamentais en Europa occidental. As inflorescencias están formadas por brácteas coreadas que rodean flores masculinas e estériles por enriba e flores femininas, sen brácteas, por debaixo

Brácteas coreadas dunha flor estéril

Flor feminina xa fecundada


CORTADERIA, HERBA DA PAMPA, PLUMEIRO (Cortaderia selloana). Orixinaria da Pampa sudamericana. Plántase como ornamental polas súas panículas florais, pero é unha planta que se extende moi facilmente converténdose en invasora.


AZALEA (Azalea indica). Orixinaria do Xap贸n. Existen miles de variedades e cultivares: con flores grandes ou pequenas, sinxelas ou dobles e numerosas variaci贸ns de cor desde a branca 谩 vermella, amarela, laranxa e violeta. A铆nda que normalmente florece na primavera hai variedades que o fan no outono.


BERBERIS (Berberis vulgaris). Orixinario do sur de Europa e de Asia occidental. Plántase como ornamental e para facer sebes porque ten moitísimas espiñas. Aínda que se lle come o froito a planta é lixeiramente tóxica. Chama a atención a cor amarela da madeira. Entre os cultivares existen variedades coas follas de cor vermello púrpura.


VIÑA VIRXE (Parthenocissus quinquefolia). Orixinaria de Norteamérica. Plántase como ornamental para cubrir valos e paredes, aos que se apega coa secreción pegañenta dos discos dos gaviáns cando tocan cun obxecto, e pola cor das follas no outono. O nome de viña virxe dáselle porque ten os froitos negros e agrupados en acios que recordan aos da viña.


ABUTILÓN (Abutilon sp). Coñécense unhas 60 especies. Orixinarias dos climas cálidos e temperados do mundo. Plántanse como ornamentais polas súas flores colgantes e de cores chamativas. Hai numerosas variedades .


DIERVILLA (Diervilla florida). Ata hai pouco Weigela florida. Orixinaria de China. PlĂĄntase porque produce moitas flores e durante un longo perĂ­odo de tempo.

Froitos en desenvolvemento


SILVEIRA (Rubus ulmifolius) Medra silvestre por todas partes ocupando enseguida valos, sebes e baldíos. Os froitos, as amorias, son comestibles apreciados polos rapaces e os paxaros tamén se apañan para facer para facer doces, xaropes e marmeladas. Existen cultivares sen espiñas.


XAZMÍN (Jasminum sp). Orixinario das zonas cálidas do hemisferio norte. Existen unhas 200 especies que se cultivan pola súa abundante floración e o seu agradable perfume.


XAZMÍN AMARELO. As especies con flor amarela teñen menos flores e son menos aromáticas. Unha delas medra silvestre nalgúns lugares de Galicia de clima máis seco. Froitos de xazmín silvestre en Enciña da Lastra


BREIXO, UZ (Erica scoparia). Orixinaria da Península Ibérica e o sur de Francia. En Galicia atópase dispersa polo centro e o sur. Plántase como ornamental en algún xardín de solo rochoso.

As flores, moi pequenas, medran arredor das ponlas novas.


LILA DE CALIFORNIA (Ceanothus thyrsiflorus var repens). Orixinaria das monta単as costeiras de California.


TOXO ARNAL (Ulex europaeus). A subespecie latebracteatus é endémica de Galicia e o norte de Portugal.


Rematada esta historia, vou por outra nova

As imaxes beireadas de vermello foron collidas da internet, á espera de poder sustituílas por imáxes propias en canto as plantas o permitan. Mentras, agardo que os autores saiban disculpar o uso que estou a facer delas.

Cousiñas feitas na casa Mon Daporta


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.