Memoria plambe 2014 15

Page 1

Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

1

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

A luz do faro vai esmorecendo. Temos que repoñer o queroseno porque as reservas empezan a escasear anque o barco non chega a illa ata setembro. E vai ser un barco dos novos así que deixaremos varada a dorna a remos sempre coa posibilidade de botar man dela cando o peixe desborde as redes. Faros, queroseno, lentes de Fresnel, cóncavas e convexas, opacas, traslúcidas e transparentes, coma as miles de palabras que escribimos e lemos ao longo destes 9 meses. Foi bonito pero non foi broma, e non descartamos recuperalo –ou máis ben aproveitalo– o curso que ven. Fíxose moito do programado pero quedan cousas por rematar e nunca se sabe se o mellor ainda está por chegar. O curso pasado visitáronnos "fareiros" expertos en metodoloxía das áreas de comunicación lingüística que nos reviraron algunhas ideas que criamos bastante boas, e resultou que non. Todo se pode mellorar. A experiencia profesional dá moito saber pero non podemos deixar de lado a literatura e aos profesionais de verdade, eses que entran nas aulas para investigar e saen delas para contarnos aos docentes a través da fala e da escrita que hai ainda maneiras mellores e eficaces para ensinar. E este ano puxémonos a practicar aquelo que nos contaron. Nas seguintes páxinas desta memoria tentaremos resumir moi resumidiño o que o gran proxecto deu de sí. Máis, antes de rematar, por si acaso alguén se cansa e deixa de ler, como coordenadora da biblioteca durante os últimos catro anos, quero agradecerlle a TODO o Claustro de San Tomé a total colaboración que sempre tivo co equipo da biblio, a disposición para aceptar as propostas, a melloría e ampliación que fixo delas, a paciencia por “aguantarme” e asumir máis traballo do que lles correspondía... e sempre cun sorriso na boca, sin unha mala palabra, sin pecharme as portas, sin miradas atravesadas... Agradecerlle tamén ao equipo directivo flexibilidade no horario da coordenadora para poder facer todiño o que se levou adiante cos 400 alumnos/as da escola. Ah!, e tamén por asumir a chea de cartos que non cubriu o orzamento do PLAMBE. Aos membros de todos os departamentos por colaborar nas redaccións, maquetados, dixitalización, traduccións, montaxes... Ás persoas que visitaron a escola a petición nosa para profundizar en algúns aspectos. E por suposto, ás profesoras/es que sempre estiveron no equipo. A coordenadora 2


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Somos 15 persoas. Cada ano sumámonos algún máis e aceptámonos todos/as. A relación do profesorado e as funcións concretas de cada un son: 1. Victor Pache Hermida. Profesor de Infantil 2. Tamna Piñeiro. Profesora de apoio de Infantil e coordinadora do ciclo 3. Marisa Fraga Boedo. Profesora de relixión 4. Encarna Fariña Otero. Profesora de 5º de primaria 5. Elena Silvoso de la Maza. Profesora de Infantil 6. Susana Oubiña Feijoo. Profesora de Infantil 7. Obdulia Blanco Prol. Profesora de 4º de primaria 8. Laura Paz. Profesora de Infantil 9. Laura García. Profesora de Infantil 10. Mar Pérez García. Profesora de Infantil 11. Camino Cascallana Crespo. Profesora de 4º de primaria. Coordenadora ciclo 12. Javier Pérez Porto. Orientador e director do centro 13. Manuel Felpeto González. Profesor de ed. Física e coordenador de tics 14. Mª Carmen González González. Profe de P.T. 15. Elvira García Sumay. Profesora de PT e coordinadora do equipo

3


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Cada membro do equipo tivo unha adicación horaria, por parte da xefatura de estudos, de 1 hora semanal para realizar as funcións atribuídas na primeira reunión (4–9–2014) O horario de asistencia dos cursos á biblioteca dentro da xornada lectiva foi o seguinte:

Os martes cada 15 días, reunión do equipo de biblioteca. A coordenadora dispuxo de 5 horas semanais

A relación de tarefas para cada persoa do equipo é a que segue:  Victor e Susana: catalogan o que falta e os novos fondos.  Tamna, Lula e Marisa: arranxan a biblioteca, ordenan e arromban os libros “recuperables”.  Encarna: da de baixa en Meiga os libros expurgados  Lula, Tamna e Encarna: atención editoriais.  Manuel: mantén o blog e carnets de todo o alumnado 4


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

 Elena, Mar e Laura P: espurgan e toman referencia dos libros espurgados a repoñer.  Elena, Camino, Laura G., Javier, Elvira: dinamización  María: Imprime e reparte a información.  Javier, Manuel e Elvira: redacción do proxecto lector, escritor e investigador do centro.  Elvira: elaboración deste proxecto, elaboración memoria final pequenos proxectos para as aulas.

e

 Todos: facemos propostas, acordamos, animamos… A profesora María, por mor dun accidente que a segue mantendo de baixa, tivo que deixar o equipo e a súa función asumiuna a coordenadora.

 Mantemos unha sesión lectiva semanal para a asistencia de cada un dos cursos á biblioteca, para: ler, consultar na bibliografía escrita e na rede, facer préstamo e/ou aquelas actividades propias da biblioteca organizadas polo profesorado titor.

INF. 5A 3ºA

INF. 4 B

Nalgunhas horas coincidiron cursos con profes do equipo A xestión do préstamo  Faise na hora de biblioteca que está incluída no horario en todas as aulas.  As tardes de luns a venres (agás os martes) de 16:00 a 18:00 horas. 5


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

 Fíxose o préstamo de biblioteca no 3º trimestre para as aulas de 5 anos para introducilos neste uso.  O préstamo rematou no mes de xuño.  Fixéronse os carnés de lectura para todo o alumnado.  A pesares de todo, seguimos vendo a necesidade de poñer en práctica algunha outra actividade motivadora que chame aos rapaces/zas a vir máis a miúdo polas tardes. Outras xestións moi importantes:  Mantivemos ao día o blog LECTORIÑO, a onde os remitimos para ver o contido do traballo sobre os proxectos: bibliosantome.blogspot.com  Mercamos un ordenador novo para volcar nel todo o sistema MEIGA.  Reunímonos ou aproveitamos as reunións do profesorado ata 14 veces no curso. Nestas reunións informamos dos pequenos proxectos a decidir, repartimos as tarefas cando aqueles se aprobaban, organizamos os horarios para a realización das semanas de experimentos, as xornadas de arqueoloxía, as visitas de expertos ás aulas...  Coordinámonos coa xefatura de estudos e a dirección para desenvolver as propostas (compras, subvencións, asistencia a cursos do PLAMBE e de coordinadores), apoios do profesorado adscrito aos ciclos para as saídas, modificación de horarios segundo as visitas ao colexio.  Puxémonos en contacto e logramos traer á escola a César Portela; ao Patrón Maior da Confraría de Cambados; A Julio Santos, o último mestre de Ons; ao grupo CEO ABERTO experto en espectáculos de electricidade; Xaquín Cores, electricista da empresa SALVADOR CORES; Miguel Prego, experto en drons; ao profesor e alumnado de tecnoloxía do IES Asorey de Cambados, gañadores do premio europeo de robótica; ao inspector José María Alén que nos falou de radiofrecuencia; Ángel, o arqueólogo do Concello de Cambados e Olga, directora da Compañía de Teatro Caracol.  Proporcionamos información sobre tipoloxías textuais: textos informativos, enumerativos, argumentativos, literarios e expositivos acompañados de actividades e documentación impresa.  Elaboramos unha importante Constelación Lectora sobre a temática dos faros, e mercáronse os libros.  Xestionamos as visitas dun fareiro a San Tomé, pero esta pretensión fracasou xa que un deles enfermou e o outro non se atreveu. 6


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

 “Negociamos” con Gráficas Salnés a impresión de 250 exemplares dunha obra literaria.  Logramos editar a novela “El faro de corazONeS”, escrita por Manuel Felpeto, ilustrada por Elena Silvoso e subvencionada en parte polo CEIP San Tomé.  Xestionamos as subvencións para a edición do libro anterior coa Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cambados.  Conseguimos a edición completa da obra O Faro de Corazóns en galego, subvencionada polo Concello.  Xestionamos e conseguimos da Deputación Provincial de A Coruña a colección de litografías de faros desa provincia.  Logramos a colaboración do “profesor emérito” Mon Daporta Padín para a redacción e ilustración dun libro sobre os faros galegos.  Xestionamos cunha compañía navieira de O Grove a viaxe da excursión de fin de curso a Ons. A nosa intención era viaxar alí con todo o alumnado pero non o logramos. Por un ou outro motivo só foi o alumnado de 5º de primaria.  Falamos coa Autoridade Portuaria de Marín para que nos autorizase a entrar no recinto do Faro de Ons. Lográmolo, e o fareiro deixounos entrar co alumnado ao pequeno museo que teñen dentro das dependencias do faro.

7


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

TODO o traballo do equipo da biblioteca estivo dirixido a: – Desenvolver os obxectivos que nos propuxeramos no proxecto PLAMBE – Axudar ao profesorado con informacións e propostas didácticas para poder desenvolver o traballo de competencia lingüística sobre todo na área de lingua castelá pois, por unanimidade, acordouse suprimir o libro de texto desa asignatura. Temos que partir de que a Biblioteca foi o centro motivador e de recursos do proxecto aprobado polo claustro e o Consello Escolar. Arredor deste proxecto xirou moita parte do quefacer pedagóxico deste ano para o desenvolvemento das competencias básicas do alumnado: LER, ESCRIBIR, PENSAR, RAZONAR, CREATIVIDADE, APRENDER A APRENDER, MANEXO E COMPETENCIA DIXITAL, ESTÉTICA, VALORES… – Continuamos durante todo o ano co curso de formación en centros e tivemos as docencias de Laura Goldar sobre obradoiros de escrita, que o profesorado levou á práctica nas aulas, e Victor Moreno que nos falou dos traballos por proxectos e do proxecto lector.

1. CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS DE CARA AO PROFESORADO Partiamos dos seguintes obxectivos 1. Facilitar a través da formación no centro unha mellora no coñecemento das tipoloxías textuais. 8


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

2. Reflexionar sobre as estratexias de ensino–aprendizaxe e levalas á práctica nas aulas. 3. Formarnos como docentes innovadores ofrecendo recursos alternativos ao libro de texto. 4. Quedar a disposición do Claustro para escoitar dificultades, axudar e cantas propostas consideren necesarias. Para facer a valoración destes obxectivos, elaboramos a seguinte enquisa que cubriu anónimamente o Claustro de San Tomé.

9


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

Os resultados podemos velos nas seguintes grĂĄficas.

10

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

11

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

12

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

C

13

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

14

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

15

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

16

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

2. CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS DE CARA AO ALUMNADO Os obxectivos pretendidos para o alumnado foron traballados directamente dentro das programacións de linga castelá das aulas, anque non só repercutiron nesta área pois transferíronse as sociais, naturais (Coñecemento do Medio), aprender a aprender, tics, galego, inglés, música e mesmo á relixión. 1. Favorecer a expresión oral en pequeno e gran grupo 2. Ler e comprender distintos tipos de textos 3. Ser capaz de redactar os textos traballados sobre as temáticas que o profesorado titor programe. 4. Aumentar o gusto por ler para informarse, formarse e disfrutar. Para esta valoración tamén fixemos unha enquisa ao alumnado a partires de 2º de primaria.

17


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

18

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

19

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

3. CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS DO EQUIPO DA BIBLIOTECA – Mercamos literatura infantil e xuvenil en galego, castelán e inglés. – Mercamos unha moi boa e completa enciclopedia con acceso a contidos da rede e actualizada dixitalmente. – Mercamos literatura específica sobre faros, case toda ela en castelán. – Organizamos charlas de formación na escola sobre obradoiros de escritura, escritura de todo tipo de tipoloxías, proxecto lector e criterios para avaliar a lecto escritura dende Infantil a sexto de primaria. – Ambientamos, decoramos e fomentamos a estética dos corredores. – Fixemos un expurgo importante –pero non completo– dos fondos. – Conseguimos a visita á escola de persoas expertas no tema central deste curso. – Fixemos un espectáculo de “Raios e Centellas” para 2º e 3º ciclo. – Propuxemos, organizamos e fixemos experimentos. – Avanzamos —pero non demos rematado– o PLEI de centro. – Axudamos aos titores proporcionando lecturas con actividades de comprensión e modelos para escribir textos. – Adaptamos con SAAC varios contos populares. – Dinamizamos os proxectos con libros LIM, power points, exposicións... – Colaboramos e organizamos conmemoracións, festas e celebracións comúns na escola. – Colaboramos con outros departamentos e eles coa biblioteca. – Fixemos un faro de 7 metros que foi e será un dos elementos motivadores deste curso (e de seguro o do ano que ven no que o tema elexido será a literatura de medo e misterio)

20


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

4. CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS DA BIBLIOTECA DE CARA ÁS FAMILIAS – Fomentamos o uso e aprecio das familias do noso centro pola asistencia á biblioteca escolar dos seus fillos e fillas. Este obxectivo ía incluído na orde do día da reunión que o profesorado tivo ao inicio do curso coas familias. – Colgamos no blog LECTORIÑO e na Webb do centro toda a información relacionada coa biblioteca, traballos e eventos. – Insistimos por diversos medios (notas informativas, recomendacións lectoras…) en que as nais e pais deben ser modelos de bos lectores nas súas casas.

5. CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS DA HORA DE LER

– Ler de forma autónoma e por pracer sen pedir nada a cambio.

Parécenos que desta sí que comezamos a ver certos cambios do noso alumnado, polo menos nos máis maiores. A nova metodoloxía de tratamento da literatura dentro da aula á hora de traballar as competencias lingüísticas na area de castelán semella dar un novo interese a estes 20 minutos de lectura. É máis, as titoras constatan que unha parte do alumnado reclama máis tempo para ler. Hai menos ruído na aula, menos paseos, pouco cambio de libro. Consideramos tamén moi importante que en case todas as aulas a partires de 3º é a titora a que atende a clase a esta hora, e que nas clases hai libros interesantes que eles decidiron ter alí. Pode que todo xunto e sumado de lugar a esta situación esperanzadora.

21


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

6. INTEGRACIÓN DO PROXECTO NA PROGRACIÓN DE AULA

22

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

No mes de outubro comezamos o proxecto que foi recollido dentro do Plan Anual de Lectura e na programación xeral anual (PXA). O quefacer da biblioteca deste curso organizámolo nos seguintes apartados, en coordinación en moitos casos cos demais departamentos do centro: 1º Trimestre ________________________________________________________ 1. Presentación ao Claustro, por escrito, do Proxecto. 2. Presentación e motivación para o alumnado 3. Elaboración da Constelación Lectora e adquisición de literatura 4. Aportación de lecturas comprensivas e modelos textuais 5. Organización da quincena de experimentos sobre a Luz , óptica, cerebro e visión. 6. Organización da visita de César Portela, arquitecto de faros 7. Elaboración do almanaque 2015 8. Organización do Belén 2º Trimestre __________________________________________________________ 9. Palabras e Faro da Paz 10. Visita do Patrón Maior da Confraria de Pescadores 11. Un Mar de Faros no Antroido 12. Proxecto El Faro de CorazONeS 13. Visita de Julio Santos 14. Textos argumentativos e enumerativos

23


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

3º Trimestre __________________________________________________________ 15. Experimentos de electricidade 16. Exposicións na escola 17. O alumnado decidiu e traballou: textos prescritivos, poéticos. A entrevista 18. Celebración o Día do Libro Colaboración con outros departamentos da escola ___________________________________________________________ 19. Nadal: música, inglés, Tics e extraescolares 20. Día da Paz: música e relixión. 21. Letras Galegas: normalización lingüística e música. 22. Día do Libro: música. 23. Faro de Corazóns: normalización lingüística e Tics. 24. Excursión a Illa de Ons Outras actuacións ___________________________________________________________ 25. Adaptación de 6 contos populares a SAAC 26. Elaboración de libros LIM sobre tipoloxías textuais 27. Montaxe e gravación dunha curísima metraxe: Os reis enfarados Formación ___________________________________________________________ 28. Plambe Santiago 29. Sesións de Coordenadores en Sanxenxo 30. Laura Goldar 31. Victor Moreno 32. Manuel Felpeto 33. Elvira García Despedida _____________________________________________________

24


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

1. Presentación ao Claustro, por escrito, do Proxecto. O 4 de setembro do 2014 o equipo da biblioteca xuntouse para elaborar o proxecto anual. Como o acordo sobre o tema xa fora tomado no mes de maio, algúns dos membros de equipo traballaron nesta idea durante o verán. Así pois xa tiñamos unha boa relación de bibliografía, xa leramos algúns deses libros, pescudamos alguns dos contidos a incluir, contactamos con posibles expertos sobre a temática. Polo tanto, foi doado e rápida a redacción que lle entregamos ao profesorado para introducir a posteriori as modificacións. Non imos repetir o redactado no punto II desta memoria pero sí imos retomar o mapa conceptual da páxina 19 onde detallamos a implicación da biblioteca no desenvolvemento das competencias básicas.

25


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

2. Presentación e motivación para o alumnado Comezamos facendo unha montaxe que subimos a Lectoriño para que os titores/as as presentaran nas aulas.

O alumnado tiña que ir deducindo polas imaxes que vía de que se estaba a tratar. Daquela non empezaramos a decorar, nin sequera a falar de faros. Non foi precisamente doado, pois as imaxes seleccionadas adrede daban lugar á confusión, pero o obxectivo que pretendiamos (poñer en funcionamento o pensamento lóxico-deductivo) finalmente cumpliuse. Neste primeiro contacto cos faros chegounos a colaboración de Mon Daporta Padín quen mandou á Rata Luisa e á familia a pasear polas costas galegas. Pedirámoslle un libriño e apareceunos con 3. Ten ben gañados os cartos da "pseudo xubilación"

26


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Nesta primeira entrega Luisa chega por casualidade a un faro. O fareiro cóntalles que hai ducias deles pola costa e con tal motivo Mon agasállanos con outro capítulo de 54 páxinas de vixiantes do mar.

27


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

3. Elaboración da Constelación Lectora e adquisición de literatura Como diciamos, traballamos no verán e nas librerías Paz e Seijas de Pontevedra conseguimos unha boa relación de títulos. Logo de descartar os que non se axustaban por idade ao noso centro, o equipo de biblioteca leu e compuxo unha sinopse de cada un deles para elabora a constelación lectora, idea que nos veu dada do curso de formación feito no ano 2013-2014.

Buscamos sobre todo libros en castelán anque tamén tiveron o seu sitio os de galego e inglés pois a profesora Guadalupe colaborou nesta actividade aportando os libros sobre "lighthouses"

28


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Pero ademáis da presentación das portadas coas súas sinopses, falámoslle aos nenos destes libros. Esto deu lugar mercar todos os títulos presentados e que as profesoras titoras, a partires de 3º, colleran e leran o libro polo que se decantara a súa titoría para ver as posibilidades que lle ofrecían no traballo dentro da aula.

Ademáis destes títulos mercamos: - O misterio do faro vello - El faro de los corazones extraviados - El faro del viento - Marta ten a solución (traducido por nós ao castelán) . La Luz - La energía - Phares - La gaviota y el faro Descartamos os cómics "Trazos de Xiz" e "El Faro" de Paco Roca. Máis tarde chegaría "El faro de CorazONeS" pero esta é unha historia para máis adiante.

29


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Lecturas feitas nas aulas: 6º B: El faro de los acantilados e o relato sobre faros do libro de Agustín Fernández Paz "Tres pasos polo misterio" 6º A: El faro del fin del mundo 5º A e B: El naufragio el Sirio 4º A: El hijo del farero, El faro del viento 4º B: El faro del viento, El hijo del farero 3º A: El faro del viento, El guardián del faro 3º B: El guardián del faro, El faro del viento 2º A: El guardián del faro

4. Aportación de lecturas comprensivas e modelos textuais Dende a biblioteca púxose a disposición do profesorado a seguinte información: a. ENSINAMOS A FACER RESUMES DUN RELATO Aproveitando un dos relatos cursos do libro "El faro del viento" , fixemos un documento para o profesorado -que tamén expuxemos no corredor de 2º e 3º ciclo sobre a técnica de resumo. Son 8 páxinas escritas. Trátase de que facer o resumen (en 6-8 liñas) seguindo unha técnica moi doada pero efectiva. Non imos poñer aquí todo o proceso. Deixamos só unha imaxe do pasillo. Para máis información, ir ao almacén de lectoriño.

30


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

b. UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE A POESÍA PARA 1º CICLO

TEXTO LITERARIO: A POESÍA

PARA 1º CICLO

1. Competencia lingüística A poesía a. Estructura textual b. El verso c. La estrofa (conjunto de versos) d. La rima (musicalidad) e. Lectura: entonación, énfasis, modulación, pausa. Comprensión lectora literal e inferencial. Vocabulario. Comparación y metáfora. f. Escritura: organización, borradores, reescritura, texto definitivo Gramática a. El sustantivo: común/propio; masculino/femenino; singular/plural b. Mayúsculas y minúsculas (1º de primaria) c. Mayúsculas: reglas ortográficas (2º de primaria) d. A sílaba e. Familia de palabras 2. Aprender a aprender: a. Organización de la información en cuadros sinópticos b. Memorizar c. Esquema de llaves: que aprendí 3. Competencia digital: a. Busca de información en la red

31


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

TEXTOS SOBRE LOS QUE PODEMOS TRABAJAR

O PROCESO: 1. Xa sabemos que debemos empezar polas ideas previas. 2. Tamén sabemos que temos que apuntar as aportacións dos rapaces 3. Xa sabemos como debemos presentar a información: títulos, imaxes, un verso… 4. Xa sabemos que hai que ler e entender. 5. Falar despois de ler, nunca traballar xa: falar de poesías, de faros, de palabras difíciles, dos versos, da estructura da poesía, da rima…. dunha maneira que para eles supoña razonar, pensar, discutir, rebatir… 6. Logo ven: facer borradores, reler, mellorar os textos, escribir, ….. Nós dende a biblioteca imos darvos ideas para: 1. Comprensión lectora 2. Traballo gramatical 3. Metodoloxía

32


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

1. Comprensión lectora (Preguntas pechadas ou, se queredes, abertas. É importante razonar despois as respostas.)

1. ¿Cuántos nombres propios aparecen en el poema? a) Tres

b) Cinco

c) Muchos

O, escribe los nombres propios que aparecen en el poema. 2. ¿Qué años tendrá Carlo? a) Diez

b ) Veinte

c) Cuarenta

3. ¿Qué hay en Cabo Ortegal? a) Una construcción luminosa b) Un barco que alumbra c) Una persona llamada Carlo 4. ¿Dónde crees que está Cabo Ortegal? a) Cerca del mar b) En una montaña c) En Madrid 5. ¿Quién será Carlo? a) Un marinero b) Un farero c) Un investigador 6. ¿Con qué alumbra Carlo al barco? a) Con una linterna b) Con una hoguera muy alta c) Con una bombilla potente 7. ¿Por dónde va Marco? a) Por mar b) Por tierra c) Por aire 8. ¿En qué se parecen los nombres de Marco y Carlo? (Puede haber más de una respuesta) a) En que son nombres de persona 33


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

b) En que se escriben con mayúscula c) No se parecen en nada d) En que tienen dos sílabas e) Otros; ________________________________________________ 9. ¿Qué significa la palabra “navegar”? a) Nadar en el agua b) Flotar en el agua un barco c) Avanzar un barco por el agua 2. Gramática

1. Secuenciación temporal do poema

2. Texto enumerativo: escritura de listados de rimas Si non lles saen moitas, podemos ir a google, escribir palabras terminadas en “arco”, “aro”… e saen moreas. Ainda que nós vos damos este cadro, é mellor que primerio escriban palabras nun folio, na libreta, no encerado… e despois pensar en como organizalas.

(Aquí o alumnado está lendo, pensando, buscando, relacionando, escribindo, poñéndose de acordo e organizando a información. LEMBRADE: TODO O QUE POIDAN FACER ELES NON LLO DESCUBRAMOS/FAGAMOS NÓS)

34


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

3. Texto literario Coas palabras escritas, en grupos, fan pareados ou tercetos. Esquema didáctico: 1. Elixen algunas das palabras anteriores (barco, charco, faro), e ao lado esciben un adxectivo (palabra que dí como pode ser ese nome): Barco – fantasma, pirata, grande, pesado, viejo, de papel, velero, Charco- profundo, pequeño, sucio, mugriento, contaminado, barroso, redondo, Faro: alto, brillante, luminoso, antiguo, bonito, encendido, apagado…. 2. Unir eses dous sintagmas facendo que rimen: El barco pesado Varó en un charco de barro 3. Poema comezando un verso coa última palabra do anterior En el charco hay un barco Un barco de papel, De papel de la libreta La libreta de Manuel. 4. Buscar rimas cos nomes deles + unha familia de palabras (instrumentos musicais, comidas, transportes, peixes, animais….) Antón toca el trombón, Y Antonieta toca la pandereta Daniel desayuna miel, Come un pastel Y al melocotón Le saca la piel. Adela viaja en avión Pero Andrés Va siempre en camión

35


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

5. Poema con acrósticos (ainda que non teñan moito sentido) (Nome+cor+verbo+palabra+nome+ …) (o criterio poñédelo vos Bengalas Amarillas

Ballenas

Cuervo

Azules

Relucen

Rompen

Como

Cien

Oro

Olas

Añil Busca Ocio

Poden facer o mesmo coas letras dos seus nomes

4. Nomes propios

Clasificamos eses nomes propios. Preguntámoslle a eles ou senón propoñémolo nós directamente. Posible clasificación do esquema anterior (según os nomes que eles aporten)

36

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

Ou darlles o cadro incompleto para que o alumnado o complete por grupos

5. A regra das maiúsculas

Tamén se lle poden presentar escritos en prosa para que se fixen nas maiúsculas:

Trátase de que eles vaian descubrindo cales van con maiúscula e por que. Ao final deben acordar a regra ortográfica:  Ao principio de escritura  Despois de punto  Nomes propios

Ao remate, faise un resumo colectivo e escrito onde se recolla o aprendido

37

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

1. Comprensión lectora (Preguntas pechadas ou, se queredes, abertas. É importante razonar despois as respostas.)

1. ¿Qué serán las “luces de los mares”? a) Las luces de los barcos b) Las luces de las islas c) Las luces de los faros d) Las luces de los peces 2. ¿Qué seres imaginarios aparecen en el poema? a) Dragones b) Mujeres con cola de pez c) Peces voladores 3. ¿A quiénes alejan los faros? a) A las sirenas b) A los marineros c) A los barcos 4. Fíjate en el verso que dice : “ O los alejan con sus pestañeos”. ¿Qué serán los pestañeos? a) Cuando la luz de los faros se apaga y se enciende b) Cuando la luz de los faros abre y cierra los ojos c) Los ojos de los fareros 5. ¿Por qué las rocas del mar entristecen a la gente? a) Porque si hay rocas no se pueden bañar b) Porque si hay rocas no hay marisco c) Porque si hay rocas los barcos pueden hundirse

38


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

6. ¿Qué serán las “altas torres derechas? a) Los faros b) Los mástiles de los barcos c) Las torres de los campanarios 7. Para ti, ¿qué nos quiere decir esta poesía? a) Que los faros ayudan a volver a los marineros a casa sanos y salvos b) Que todos los faros alumbran mucho cuando la noche es oscura c) Que cerca de los faros hay sirenas y rocas peligrosas

Encuentra la palabra FARO escondida en las siguientes oraciones  Se fundió la bombilla de la farola  El sofá roto está en el salón.  Mi amigo Rafa ronca mucho  Me estafaron otra vez

2. Gramática 1. Familia de palabras de faro e mar 2. A sílaba Volvemos ós cadros para activar as ideas previas (desto xa falaron en infantil) Traballamos sobre a primeira estrofa

Trátase de que descubran palabras curtiñas, curtas e máis longas. Leas a profe, fai fincapé nas sílabas… e tratarase de concluir ao final da actividade que saiban como se componen as palabras. LETRA – SÍLABA – PALABRA Logo poden traballar en grupo a segunda estrofa co mesmo criterio

39


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Ao remate, faise un resumo colectivo e escrito onde se recolla o aprendido

3. O número (singular e plural)  Case todas as palabras están en plural.  Determinar ao final da actividade o significado de singular (un) e de plural (máis de un)  Poñer as palabras en singular  Reescribir unha estrofa en singular 4. Comparación e metáfora Compara: as lámparas do faro con ollos de serea Metáfora: sustitúe A luz do faro por Luces do mar.

Ao remate, faise un resumo colectivo e escrito onde se recolla o aprendido.

Posible exemplo:

Tamén o poden copiar na súa libreta e/ou redactalo a mono de texto informativo: Los nombres propios son………………………………………………………….…. Pueden ser…………………………………. Y siempre se escriben con …………………………………………………………

40


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

1. Comprensión lectora (Preguntas pechadas ou, se queredes, abertas. É importante razonar despois as respostas.)

En el faro de Ons viven dos Antóns. En el Cabo Ortegal vive Marcial. En Touriñán, don Adrián, y en Ribadeo, Amadeo. Todos ellos son fareros, desde Isla Pancha a Cabo Silleiro. Alumbran desde Galicia los barcos del mundo entero. 1. ¿De cuántas personas se habla en el poema? a) De cuatro b) De ocho c) De cinco 2. ¿Qué profesión tienen todos ellos? a) Son Torreros b) Son marineros c) Son patrones de barcos 3. ¿Cuántos versos tiene esta poesía? a) Dos b) Ocho c) Cuatro 4. ¿Y cuántas estrofas tiene? a) Dos b) Ocho

c) Cuatro

5. ¿Cuál de los lugares que se citan es un trozo de tierra rodeado por el mar? a) Cabo Ortegal b) Cabo Silleiro c) Isla Pancha 6. 7. ¿Sabes dónde están todos estos lugares? a) En Pontevedra b) En Galicia c) En Andalucía 8. ¿Qué misión tienen Antón, Marcial y Amadeo? a) Vigilar el mar b) Vigilar el funcionamiento de los faros c) Vigilar los barcos 9. ¿Qué ve todos los días don Adrián? a) Barcos b) El sol 41


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

c) El mar 10. ¿Por qué a Adrián le llaman don Adrián? a) Porque será un hombre muy listo b) Porque será un farero mayor c) Porque le gusta mucho su profesión 11. ¿Cómo será la vida de los fareros? a) Tranquila b) Peligrosa c) Emocionante 12. Vuelve a leer la segunda estrofa del poema. ¿Qué querrá decir: Alumbran desde Galicia los barcos del mundo entero? a) Que los faros tienen una luz muy potente b) Que cerca de esos faros pasan barcos enormes c) Que cerca de esos faros pasan barcos de todo el mundo 13. ¿Te gustaría ser farero? a) Si b) No

c) No sabes

d) Depende

14. Explica tu respuesta anterior:

Agora estaría ben que lles ensinásemos ao alumnado todos eses sitios en Google Earth

2.

Gramática 1. 2. 3. 4. 5. 6.

Nomes propios O verso e a estrofa Contar sílabas dos versos sin máis (nada de sinalefas, diéresis, sinéresis…) Campos semántico do relevo: cabo, illa, cantil, golfo, … Lectura de significados Escritura propia de significados…..

Todos os resumos téñense á vista na aula para consultalos cando sexa preciso. Non se tiran, anque si podemos recollelos e volvelos a sacar se fan falta. Tamén serven para modificalos a medida que aprenden máis sobre eles. Outra cousa importante é ensinarlles a organizar ben a información dende pequenos, acostumbralos aos cadros, a destacar o importante, empregar cores, suliñados… Son técnicas de traballo que lles axudarán a aprender a aprender durante toda a escolaridade.

42


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

C. O TEXTO INFORMATIVO

O TEXTO INFORMATIVO CADRO DE PARTIDA

43

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

A finalidade que agrupa aos textos informativos é a de comunicar, adquirir información xeral sobre un tema, suceso, acontecemento… Para distinguilos de outros tipos de texto (expositivos coa finalidade de profundizar no coñecemento, estudar), dicir que os textos informativos dan información xeral sin profundizar exhaustivamente nela. Os autores (Lluis Maruny, Maribel Ministra e Manuel Miralles) inclúen neste tipo de textos todos os comprendidos no xornalismo (diarios, revistas, folletos, noticias, reportaxes, entrevistas, artigos, anuncios …). Tamén inclúen as cartas que recibimos e emitimos, xa que teñen a finalidade informar de algo concreto.

 Coñecer e transmitir información de carácter xeral.  Comunicar as características principais dun tema, sen gran profundización.         

Xornais, revistas, suplementos xornalísticos Libros de divulgación Folletos Noticias Artigos, reportaxes, entrevistas Anuncios, propaganda Avisos, bandos, anuncios públicos Correspondencia persoal e comercial Invitacións

 Moi diverso, según o tema:  Cartas persoais para anunciar, pedir, comunicar…  Cartas comerciais: promocionais, bancarias, …  Anuncios públicos: campañas, peches de estradas, reparacións, oposicións, … 44


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

     

2014-15

Invitacións: voda, comunión, aniversario, actos públicos, … Noticias: locales, internacionales, sanitarias, deportivas, sucesos, … Entrevistas: políticas, deportivas, culturais, solidarias, … Folletos: de exposicións, turísticos… Anuncios: apertura de comercio, festival,.. Revistas: do corazón, infantiles, xuveniles, literarias, …

Con características específicas de cada modelo  Textos en prosa  Disposición vertical e horizontal  A doble columna  Con imaxes…

Características morfolóxicas e sintácticas variables en función do modelo

Emprego de índices de aproximación ao contido:  Titulares  Entradiñas  Sección do xornal  Fotos e imaxes  Tipografía… Identificación do tema da información: bando, accidente, aviso, invitación literaria, entrevista a un famoso…. Identificación da idea xeral: o Madrid gañou a copa de Europa, casan Lola e Andrés, Mon Daporta publicou outro libro, O director de San Tomé fala na TVG…. Identificación dos detalles principales: lugares, datas, horas, lesións, resultados, presos……….

  

Pasamos agora a resumir os esquemas didácticos da noticia, a carta e invitación

45


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

A NOTICIA

   

Basado en feitos reais Destaca detalles significativos Escasa opinión persoal do escritor Estructura clásica: Que pasou, cando, onde, por que e as súas consecuencias  Clasificación das noticias: seccións do xornal     

 

   

Titulares destacadps que resumen o esencial: entradas, subtítulos, tipografía en función da importancia da noticia. Indicadores: data e lugar da noticia. Sinatura, axencia, corresponsal, xornalista, fotógrafo.. Presencia de fotos ou gráficos cos seus pés de foto correspondentes. Escritura en columnas Nos medios audiovisuais:  Formato dos telediarios, partes de radio, programas informativos…  Resumo oral das noticias destacas que se desarrollarán de seguido, apoiadas por imaxes, videos, corresponsais….

Titulares:  Frases curtas, sintéticas, con elementos para chamar a atención do lector: voz pasiva, impersoais, elisión do verbo, xogos de palabras… Texto en formas nominais, con complementos de precisión (vocativos (Manuel, o héroe da noite), adxectivos relativos (Manuel, que é o can da familia,) Formas verbais en indicativo para expresar simultaneidade (Manuel, que é o can da familia, saltou sobre o agresor)

Emprego de elementos contextuais (fotos, imaxes, debuxos) de aproximación á lectura Emprego de titulares como resumo da noticia Ler subtítulos, os pés de foto, datas… para ampliar a información do título Identificación de que, como, onde, cando, por que e as consecuencias do acontecido.

46


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Provocar situacións na aula que xustifiquen o uso de textos informativos: noticias importantes, información sobre o tema que se estea a traballar, elaboración dun documento sobre algún aspecto importante, novas do pobo, da comunidade…

Presentación, manexo e desglose dos xornais: que é, para que serve, que se escribe nel, as seccións, os formatos. Cales coñecen os rapaces, … (Ideas previas) Esta actividade non se pode facer unha sola vez. Hai que manexar o/os xornais con asiduidade na aula.

Lectura do xornal

Selección de noticias según conveña para o traballo posterior (ou continuado) na aula.

Lectura de noticias:

 

Explicar o obxectivo da lectura: Informarse, comprobar información, datos, contrastar noticias en distintos periódicos.

Lectura do titular: ideas previas, hipótesis, diálogo… de que pode ir…

Lectura da noticia

Identificar os datos de que, cando, como-…

Resume oral da noticia.

Escritura en borradores 

Explicar sobre o que se vai escribir (noticia para o tablón de anuncios do cole, seguimento dunha noticia ao longo dun tempo, noticias sobre a nosa escola ao longo dun trimestre….)

Clarificar entre todos as partes da noticia que sempre deben estar presentes.

Escritura de borradores

Revións

Mellora de textos

Escritura definitiva do noticia Arquivo, reproducción ou edición da noticia

47


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Infantil  Localizar nomes nos titulares  Relacionar fotos con noticias  Identificar letras ou palabras completas nos titulares  Completar titulares con palabras móviles  Reflexionar sobre os titulares: tipoloxía, tamaño, cores, onde van escritos…  Falar sobre as partes da noticia  Acordar o tema sobre o que escribir unha noticia  Escribir o titular dunha noticia  Escribir unha noticia Primaria  As actividades anteriores  Escribir un listado das seccións dun xornal  Elaborar un mural coas seccións do xornal  Clasificar titulares de noticias según as seccións do xornal e colocalas no mural  Ordenar noticias locales, autonómicas e estatais  Facer o seguimento dunha noticia  Escribir pés de foto  Organizar a redacción dunha noticia, sección ou xornal  Escribir unha sección de libros, películas, xoguetes… recomendados.

A CARTA

 Ideas previas: que é a carta, para que sirve, como se escribe, tipos de cartas.  Partes da carta.  Vocabulario da carta formal e da carta informal  Manexo de cartas  Tipo de papel  Lugar, data, destinatario saúdo, mensaxe, despedida, sinatura, P.D.  Sobre: enderezo, remitente, sello. Código postal 48


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

 Formas sintácticas de cortesía: saúdo, presentación, despedida.,  Verbos: en presente, pasado, futuro e condicional  Frecuencia de formas interrogativas directas (carta informal) e indirectas (carta informal)   Identificación do destinatario, data e remitente  Identificación do tipo de carta:  Persoal: amigos, familiares  Formal: comercial, oficial, informativa, de petición, de solicitude…  Identificación do tema e circunstancias importantes  Identificación das formas de cortesía, presentación, saúdo, despedida  Identificación da resposta que se espera por parte do remitente

 Ideas previas  Observación de modelos de cartas  Observación das partes da carta. Escritura pública. Distinguir entre carta informal e formal fixándose nas fórmulas de cortesía  Redacción de fórmulas de cortesía según o tipo de carta: Estimados señores, querido amigo, ola, bos días, … Atentamente, un abrazo, un saúdo…  Explicitar consignas: que tipo de cartas escribiremos, que necesitamos para escribilas e envialas, onde buscamos a información do destinatario, onde botamos as cartas………  Escritura de borradores  Revisión e reescritura  Escritura definitiva  Arquivo ou envío de cartas

49


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

50

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

Estructura carta informal: identificar as partes.

51

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

Estrutura carta formal: identificar as partes.

52

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

53

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

Antes de ler. (Pódese facer en gran grupo, pos parellas, individual….) Neste caso é individual e ainda que falemos, o nenos/a vai escribindo. É moi importante gardar esta información inicial para comparala co que aprendeu ao final de todo o proceso.

Imos traballar un texto que vai dentro desto De que pode tratarse? Que sabes ti das cartas?

E dos sobres?

Que outras cousas queres saber sobre elas? Desta lista de palabras, cales teñen que ver coas cartas? Escribir

Recado

Comerciais

Sellos

Libreta

Enviar

Persoais

Xogar

Enderezo

Móbil

Correos

Ordenador

Linguaxe

Remitente

Avisos

Sabes como poden ser as cartas? 54

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

 Persoais  Comerciais  De agradecemento  De despido  De felicitación …..    

Imos ler agora unha carta

Dentro dun sobre atopamos este papel escrito

Vilagarcía, venres 25 de febreiro de 2012

Querido Antón: Por fin atopei o álbum de fotos dos seres vivos vertebrados que che prometín. O meu marido metérao nun baúl do faiado, por iso non daba con el. Anque é un pouco antigo, os animais non cambiaron e seguro que lle sirve á túa filla. Xa están todos clasificados polo tipo de alimentación. Espero que lle guste e lle sirva. Un abrazo grande

Manuela

Falamos sobre o que lemos. Entre todos clarificamos significados ou acudimos ao diccionario……. 55


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

DESPOIS DE LER Podemos empezar cun traballo de comprensión lectora Que tipo de texto é este? a) Unha noticia b) Unha invitación c) Unha carta Que tipo de carta pode ser? a) De felicitación b) Persoal c) Bancaria Unha carta componse de 5 apartados como os do esquema seguinte. Escribe ti o nome de cada un

Sinatura Mensaxe Saúdo Despedida Data

Agora que xa sabes as partes dunha carta, es capaz de identificar cal das seguintes imaxes corresponde a unha carta?

56


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

1. Quen escribe esta carta? a) Antón b) Manuela c) Non o podemos saber 2. Onde vive a persoa que escribe a carta? a) Nunha aldea b) Nunha vila c) Nunha cidade 3. Cal é o estado civil de Manuela? a) Solteira b) Casada c) Divorciada 4. De que clase de animais se fala na carta? a) De animai vivos b) De animais en fotos c) De animais con esqueleto 5. Que palabra che axudou a contestar a pregunta anterior? a) Vertebrados b) Seres vivos c) Alimentación 6. Da seguinte lista de animais, rodea os que seguro que están no álbum VACA

MOSQUITO

BOLBORETA

LEÓN

PORCO

CARACOL

XURELO

CALAMAR

SERPE

MEDUSA

XABARÍN

MEXILLÓN

GATO

ARAÑA

GALIÑA

7. Que significa a palabra CLASIFICAR? a) Dividir b) Ordenar c) Gardar nun álbum 8. Como están clasificados os animais desta colección? a) En herbívoros, carnívoros e omnívoros b) En salvaxes e domésticos c) En aéreos, terrestres e acuáticos.

57

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

9. Según esta clasificación, intenta completar o seguinte cadro con nomes de animais

10. A filla de Antón fixo esta outra clasificación que ti tes que completar

58


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

11.Agora imos escribir un texto no que recollamos toda a información do cadro anterior

Onde se meten as cartas para poder envialas por correos? a) Nunca caixa con moitos sellos b) Nun sobre c) Nun buzón da rúa Falamos dos sobres.

Do anverso e do reverso. Que se poñerá en cada caso. Distintos tipos de sobres. En que se parecen todos, en que son distintos………….

59


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados Agora miramos este sobre onde Manuela enviou a carta

60

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

61

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados Neste sobre está escrito o enderezo pero non o remitente. Quen será o remitente?

a) Ti b) Manuela c) Sofía, a filla de Antón

Cos datos que tes, escribe o remite deste sobre

Por que pode ser importante poñer o remitente?

Sabes o que son e para que serven as estampiñas de abaixo

Se te fixas, cada sello ten un prezo distinto. Por que será? 62

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados a) Porque mandar unha carta custa en función do destino a onde se envíe b) Porque hai que pagar según o peso da carta c) Porque depende do tipo de sobre no que se envíe a carta d) Depende da oficina de correos desde onde mandemos a carta

O prezo dos sellos de correos para cartas no ano 2013 é o seguinte 

Para envíos ordinarios nacionais 0,37 € , ata 20 gramos de peso.  O seguinte grado en peso para envíos nacionales é de 0,52 €  Para envíos ordinarios á unión europea 0,75 €  Para envíos ordinarios aol resto del mundo 0,90 €

Para que serve este cadro? a) Para mirar os horarios de correos b) Para saber o prezo dos sellos de correos c) Para saber o custe dunha carta según o seu peso e tipo Cal é o peso da carta con menor custe? a) 20 gramos normalizada 63

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados b) 20 gramos urxente normalizada c) Calquera peso da carta non urxente Ata que peso podemos mandar unha carte urxente? a) Ata 2 kg b) Ata 1 kg c) Ata ½ kg Que tipo de carta chegará antes a destino? a) Unha carta normalizada de 51 a 101 gramos b) Unha carta urxente normalizada c) Unha carta urxente certificada Que tipo de medida empregan en correos para determinar o valor dunha carta? a) b) c) d)

As unidades de masa As unidades de capacidade As unidades de tempo As unidades de lonxitude

Canto me custará mandar dúas cartas ordinarias de medio quilo?

Cal é o billete menor co que podo pagar ese envío?

Devolveranche algo? a) Si, 50 cts.

b)

Si, 1 €

c) Non. É o prezo xusto Unha carta ordinaria tarda arredor de 2 días en chegar a destino. 1. Que día recibirá a carta Antón?

64

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

2. Se un día ten 24 horas, cantas horas pasarán ata que Antón reciba a carta? 3. Como Antón non estaba na casa, o carteiro deixoulle unha nota para que fora a recollela a correos. Antón saiu da casa a esta hora

e recolleuna a esta hora.

Así pois:

a) A casa de Antón queda moi lonxe de correos b) Antón foi andando a recoller a carta c) Era unha carta urxente e foi correndo Canto tempo lle levou o camiño exactamente?

a) 5 minutos b) Un cuarto de hora c) Cinco minutos e 7 segundos

Si despois de recoller a carta volveu directamente á súa casa, cantos segundos andou en total? Elixe a operación que che resolve este problema e calcula os segundos a) (5 x 2) x 60 + (7 x 2) = b) ( 5x 2) + ( 7x2 ) = c) ( 5,7 x 60) =

Que hora marcaría o reloxo cando chegou á casa? Hora na que saiu da casa

Hora á que volveu á casa

Agora que xa sabes moitas cousas sobre a carta, imos escribir unha, pero antes debes pensar: -

A quen lla vas mandar.

-

Que lle vas contar

-

Para que lla mandas 65


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados -

Non esquezas ningunha parte.

-

Tes que cubrir o sobre completo.

2014-15

Da mesma maneira tratamos, dende a biblioteca e o equipo de redacción do proxecto lector, escritor e investigador, os textos informativos, enumerativos, argumentativos e prescritivos, pero non imos deixar aquí toda esa información senón vannos saír máis folios que a operación Gurtel.

66


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

D. PÓSTER PARA O ALUMNADO E PÓSTER PARA O PROFESORADO

67

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

68

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

CONECTORES (Nas tarefas de escrita resulta moi oportuno telos á vista do alumnado. Pouco a pouco vanse facendo con eles, amplíanos e acaban asimilándoos)

69


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

E.

2014-15

AVALIACIÓN DA LECTURA E DA ESCRITURA POR CICLOS

Dende o equipo de redacción do proxecto lector, escritor e investigador entregámoslle a todo o profesorado as plantillas e avaliación que nun futuro integrarán o noso PLEI, pero están ainda por discutir e mesmo amañalas á lei LOMCE. Poñemos só un exemplo.

70


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

71

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

5. Organización da quincena de experimentos sobre a Luz , óptica, cerebro e visión Entre o 17 e o 30 de novembro fixemos no cole as experiencias de óptica e visión. Pasaron por elas os 400 nenos e nenas de San Tomé e para iso contamos coa colaboración de todo o profesorado, o equipo de Tics e os membros do equipo da biblioteca sin os que esto sería imposible. Como sempre dende hai varios anos o cole quedounos pequeno. Non temos sitio onde xuntar a un grupo sen estorbar a outro por iso decidiuse que estas experiencias se fixeran na entrada, un lugar incómodo para nós pero era donde menos molestabamos. Baixo o título " É MAXIA? NON. É CIENCIA" quixemos dárlle outro aire ao estudo da óptica, a luz, o cerebro e a visión. Primeiro explicámoslle ao profesorado en que ían consistir os vindeiros días.

72


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tom茅 de Cambados

2014-15

Iniciamos sempre cunha pequena explicaci贸n sobre o que despois iamos facer para situar ao alumando nas tareas.

E por suposto desde infantil ata 6潞

Traballamos con lentes c贸ncavas e convexas

73


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Descompuxemos a luz e vimos como chocaba e se desviaba.

E aparecía o arco iris

As lupas dábanlle a volta ás imaxes e volvían a recompoñelas

74


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

2014-15

Miramos microscopio...

polo

Xogaron cos expellos planos,

E cos curvos.

75


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

Aumentaron lumĂ­nica

2014-15

a

"potencia"

E xogaron caleidoscopios

Profundizamos e multiplicamos cos espellos.

76

cos


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Traballamos as densidades do aceite, da auga, da glicerina,

E acabaron facendo mesturas para comprobar as leis da reflexión e refracción

Cando remataron os experimentos de óptica fixemos unha exposición co contido básico estudado: lentes cóncavas, convexas, prismas, reflexión, refracción, espellos planos e curvos, corpos opacos, traslúcidos e transparentes e a lente de fresnel. O mesmo proceso rexiu as experiencias de cerebro e visión.

77


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Aquí está un grupo de Infantil de 5 anos tentando descubrir que dúas imaxes se agochan no debuxo da pantalla.

Un dos xogos máis divertidos foros as imaxes impresas con plantilla que semellaban que os debuxos cobraban movemento.

Chamaron a atención tamén os libriños que nós demos en chamar cine de dedo.

Xogando ópticos

78

cos

círculos


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tom茅 de Cambados

2014-15

O Kamisibai deunos moito xogo para ensinarlle aos pequenos moitas ilusi贸s 贸pticas

Cos maiores xa nos metemos en profundidades

79


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Para máis información sobre estas experiencias remitimos ao lector a bibliosantome.blogspot.com

6. Visita de César Portela ao colexio O martes 2 de decembro tivemos o pracer de contar na escola co arquitecto César Portela. Foi o diseñador do faro de Punta Nariga e a pesares de todas as súas ocupacións aceptou encantado vir falarlle aos rapaces de 5º e 6º sobre o proxecto fareiro. Contactamos con el por diversos motivos anque o principal foi o traer a unha personalidade relacionada cos faros para que os alumnos o coñecese. Contounos como contactaron con el, as veces que visitou o sitio, o respecto profundo que lle ten ao medio no que traballa... Viña moi ben organizado con imaxes exclusivas dos seus deseños e outras nas que se inspirou. Destacamos, entre o moito que dixo, algo no que tanto insistimos nós co alumnado: cando ten que enfrontarse a un proxecto ármase de lápiz e mil papeis en branco para trazar, borrar, dibuxar, rachar e volver a empezar mooooitas veces. Ata chegar ao ordenador e ao deseño informático, colle lápiz e papel. Iso deixounos "noqueados", aos nenos, 80


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

digo. Igual que a profesora que sempre nos dí: antes fai o borrador e resulta que ten razón (Palabas textuais dunha alumna de 5º).

7. Almanaque 2015 O trimestre estaba avanzado e nas titorías xa se traballara moito. O equipo da biblioteca fíxolle a proposta ao claustro: elaborar un almanaque de faros. Na parte dianteira había que colocar a foto do faro galego, o no mes elexido, buscar as efemérides arredor dos faros do mundo, priorizando sempre os galegos.

81


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

A segunda parte do traballo consistiu en redactar un texto, a elexir polos titores, referido aos faro traballado. Esta proposta organizouse do seguinte xeito:  Infantil: a portada e a contraportada ilustradas con 12 faros galegos Elección de faros e textos: – Xaneiro: 4º B. Cabo Vilán. A carta – Febreiro: 4º A. Illa Pancha. Rimas con Illas Pancha – Marzo: 5º A. Faro de Cabo Silleiro. Noticia – Abril: 6º B. Faro da Ila de Ons. Texto expositivo: flora e fauna de Ons – Maio: 2º B. Descripción

Punta

Frouxeira.

– Xuño: 3º A. Punta Nariga. Poema – Xullo: 2º A. Faro de Fisterra. Lenda – Agosto: 1º B. Faro de Cabo Home. Ficha técnica – Setembro: 1º A. Faro de Estaca de Bares. Noticia – Outubro: 5º B. Faro de Punta Roncudo. Táboa estadística. – Novembro: 3º B. Torre de Hércules. Lenda. – Decembro: 6º A. Faro de Sálvora. Relato curto

82


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

7. Organización do Belén Dende a biblioteca propuxoselle ao Claustro a construcción dun faro que nos servise, ademáis de para o Belén, para concentrar arredor del as vindeiras actividades de animación e motivación. Unha vez aceptada, os equipo de extraescolares e biblioteca comprometéronse á construcción dun faro e as titorías encargaríanse de encher con figuras de plastilina e outros detalles o entorno. De aí saíu o faro que miramos nestas imaxes 83


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

84

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

85

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Pero de súpeto empezaron a agromar faros nas aulas, nas casas. e o que ía ser un Belén illado nun faro converteuse nun arquipélago fareiro.

86


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

9. Palabras e Faro da Paz A participación nesta conmemoración grupal transcorreu de dúas maneiras: 1º. Unha presentación titulada "25 palabras de Paz" para o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria, no ximnasio, o día 30 de xaneiro, e de segudo, outra presentación para o resto da primaria. O contido de cada unha consisteu en imaxes de faros animados dos que, ce cada luzada saía unha palabra de Paz en galego e noutro idioma do mundo.

2º. Durante esta semana o alumnado trouxo e pintou candansúa pedra branca. A escola tamén mercou material pois quedámonos escasos. Pintaron como quixeron e co que quixeron. Todas esas pedras xuntas colocáronse no chan armando a forma dun faro.

87


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

Foron os alumnos, coas súas titoras os que colocaron as súas pedriñas. Ademáis destas e outras celebracións, os ciclos agrupados fixeron os seus propios murais polos corredores.

88

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Mural de 2º ciclo

10. Visita do Patrón Maior da Confraría de Pescadores Esta visita foi reclamada polas titoras do segundo ciclo. No seu estudo dos sinais marítimos e os barcos, consideraron oportuno buscar persoas que coñecera o mundo das luces do mar e dos barcos, como se moven estes polas augas de día e de noite. O significado das luces dos portos e as cartas mariñas. Desta maneira logramos contactar con Ruperto Costa que veu acompañado do seu segundo.

89


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

A sesión estaba moi ben preparada, pero Ruperto e o seu acompañante sorprendéronno s moi gratamente porque non só contaron quenes eran, que facían, as súas preocupacións polo sector da pesca e do marisqueo, pola importancia de educar no respecto ao medio mariño en canto ás capturas, aos tamaños, ao peso… senón que nos entusiasmaron falándonos e ensinándonos sobre os barcos, o sentido das cores das luces dos barcos, de faros, boias e balizas… . E como sempre pasa en San Tomé, a charla resultou tan interesante que non tiveron problema en volver uns días despois para explicarlles aos de 3º ciclo e someterse ás súas preguntas.

90


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

11. Un mar de luces no antroido Como todos os anos. a festa de antroido organízase arredor do proxecto da biblioteca e todo o colexio participa nel. Organizado por niveis este ano apareceron, como non, disfraces de faros (6º), pero tamén lembraron a etapa dos experimentos da luz. Así tivemos científicos (4º), electricistas (3º), vagalumes (infantil), soles (1º), traxes irisados (2º), bombillas (5º) e sombras (especialistas).

Os nenos, nenas e profes de 6º recurriron á Estatua da Liberdade, antigo faro de Manhatan.

Un equipo de electricistas de 3º ben equipados do alumnado de 2º

A descomposición da luz nos CDs motivou os traxesdo alumnado de 2º 91


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

A luz natural do sol estivo presente nos traxes de 1º

Vagalumes de Infantil Aquí debaixo agóchase a autoridade do cole.

92


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

Científicos de 4º coa profe Lula

Tres sombras ou, como deron en chamarse, tres CHUPALÚS

Rematamos coas bombillas de cores de 5º

93

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

12. El Faro de CorazONeS Chegamos ó asunto!!!, pero é que nos sentimos moi orgullosos del.

Antes de rematar o 1º trimestre, o profesorado comentounos que ainda que os libros que estaban a traballar eran bos, non había ningún en concreto que falase da vida no faro, do traballo do fareiro, das relacións entre a xente, e desta "queixa" xurdeu a idea: _ Pois se hai que escribir un, escríbes - dixo Manuel _ Pois se hai que ilustralo, ilústrase - propuxo Elena

94


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

_Pois se hai que maquetar, maquétase - dico a coordenadora _E os cartos? _Os cartos búscanse. E foi así como cada un se puxo á faena. Logo dun erro inicial -no que o autor comezou escribindo en galego e tiña que ser en castelán-, do proceso de documentación por parte de Manuel, das mil correccións, lecturas de varios membros do Claustro... en 2 meses tiñámolo na imprenta. O título débese a que Manuel Felpeto mira cada noite, dende a súa casa de Cambados, alumear o faro de Ons. En 189 páxinas e 6 ilustracións relátanse dúas historia paralelas entre o fillo do fareiro de Ons, Martiño, e Lía, unha nena de San Tomé. Dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º a obra está moi ben documentada, e algún dos personaxes que aparecen no libro seguen vivos e tivemos o gusto de coñecelos na Escola e máis en Ons.

Contraportada do libro

95


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Dúas ilustracións de Elena Silvoso

Este libro non está á venda anque sabemos que hai certo interese por el por parte de algunha editorial, pero iso xa é cousa do autor. Imprimíronse 250 exemplares, subvencionados entre o CEIP San Tomé e a Deputación de Pontevedra. Ten Depósito Legal e ISBN. O editor do libro é o CEIP San Tomé. Tamén iamos ter unha dotación económica do Concello de Cambados mais, ao leren o libro, decidiron facer eles unha autoedición de 500 exemplares. Como o querían en galego, o autor, a maquetadora e o equipo de N.L. fixeron a traducción. O libro en galego repartiuse polos centros educativos de Cambados, quedaron varios exemplares na Biblioteca Municipal e o resto foi entregado ao CEIP San Tomé.

96


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tom茅 de Cambados

2014-15

Noticia do Faro de Vigo sobre o libro de Manuel Felpeto

A nova apareceu nos medios de comunicaci贸n comarcais e nos xornais, m谩is ainda cando se fixo a presentaci贸n na biblioteca municipal do Concello de Cambados.

97


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

Foto da presentación na Biblioteca Municipal: o autor, o alcalde, Elena, Javi, o director do CEIP San Tomé e ... Julio Santos

98

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Acompañando á obra literaria, o propio autor elaborou unha guía didáctica para o profesorado.

Introducción: El faro de CorazONes es un libro pensado para trabajar en el aula y abarcar con él diferentes contenidos curriculares, sobre todo en el área de lengua. El fin último es que en cada capítulo los alumnos puedan escribir y crear, para ello se realizan varias propuestas que sirvan al maestro como orientación sobre hacia dónde enfocar el tema de escritura. Los aspectos curriculares relacionados con la ortografía o la gramática pueden trabajarse a lo largo de todo el libro, pudiendo organizarse de la manera que mejor convenga al maestro. De todas formas, hay capítulos que se prestan mejor a profundizar en un determinado aspecto, por eso se refleja en la propuesta que se muestra a continuación. 99


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

PROPUESTA DE TRABAJO PARA EL FARO DE CORAZONES

Capítulo 1 -

Hay una referencia al poema “A Mariñeira” de Ramón Cabanillas. Se puede buscar el poema, leerlo y tratar su temática. También se puede aprovechar para conocer a Ramón Cabanillas.

-

Vocabulario relacionado con el mar: nasas, pleamar, encallar, acantilados, lubina, faneca…

-

Los tiempos verbales: hay verbos en pasado, presente y futuro

-

Figuras retóricas: metáfora; “se batían en una dura pelea…” y personificación; “se escucha a las almas pedir clemencia…”

-

La descripción (sobre todo de personas)

-

Las leyendas: hay una referencia a la existencia de numerosas leyendas sobre el Buraco do Inferno. ¿Conocen alguna leyenda de su pueblo o aldea? ¿Y de algún otro lugar?

-

El adjetivo

-

El diálogo

-

Signos de interrogación y admiración

-

Espacios: Ons y Santiago. Se hace referencia al Buraco do Inferno, se puede ver en youtube un vídeo en el que se puede ver cómo es en su interior: http://www.youtube.com/watch?v=ZfIfoxzrqy4

Capítulo 2 -

Patrones/as de lugares: la Valvanera, Virgen del Carmen…

-

Expresiones coloquiales: “no te me cases…”

-

Las islas

-

Vocabulario: zarandear, fornidos, bajamar…

-

Preguntas finales: se pueden responder para comprobar si la historia seguirá por donde ellos piensan.

Capítulo 3 -

La descripción de personas y de rutas. Pueden describir el camino que recorren ellos desde su casa hasta el colegio. También pueden planificar desde el colegio hasta un lugar determinado.

-

La vida en el castro: se pueden leer los cómics de Os Barbanzóns

-

Descripción de la escuela

100


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

-

El museo: diferentes tipos de museos, experiencias en museos… Se podría ver la película –un fragmento, como marca la ley- “Noche en el museo”. (No tiene nada que ver con el libro, es una comedia que tiene como escenario un museo)

-

La despoblación: no afecta solo a las islas, muchas escuelas del interior se están cerrando por la falta de alumnado. Se puede hablar de las escuelas unitarias o de cómo sería la vida en un lugar en el que apenas hay niños.

-

Ventajas e inconvenientes del turismo

-

Vocabulario: tutelar, provistos, ubicar…

-

El pensamiento positivo

-

Preguntas finales: se pueden responder, como en el capítulo anterior y seguir ideando lo que puede suceder a partir de ese capítulo

Capítulo 6 -

Pesca de altura: características, especies que buscan, períodos que pasan en el mar…

-

El dictado

-

La rata Luisa, de Mon Daporta.

-

Vocabulario relacionado con el laboratorio.

-

Los juegos de mesa: se puede trabajar el texto prescriptivo con las reglas de los juegos

-

Los oficios relacionados con el mar, los denominados “indirectos”, como las rederas.

-

Lavadero /lavadora

-

Hábitos para quedarse dormidos

Capítulo 8: -

Las travesuras: pueden escribir sobre alguna anécdota o travesura que hayan hecho. Pueden hacer una carta de confesión, un texto narrativo, una petición formal de disculpa…

-

Expresión “in fraganti”. ¿Alguna vez os han pillado “in fraganti”?

-

La ironía: “cogían prestada…”

-

Los motes –con cariño, evidentemente-

-

La hipérbole: “echaba humo por las orejas”

-

Árboles de A Pastora. ¿Salida didáctica? Tenemos un ppt estupendo de Mon Daporta sobre los árboles de A Pastora en el blog de recursos.

-

Álvaro Cunqueiro: “el camposanto más melancólico do mundo”. Cunqueiro tuvo mucha relación con Cambados, ¿saben el porqué? 101


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

-

Santa Mariña Dozo: recientemente las ruinas han sido elegidas entre los cementerios más bonitos de España. Es una construcción peculiar, de estilo gótico marinero, es una imagen muy frecuente de las guías turísticas, ha sido utilizada en televisión como escenario y se presta para hacer algún tipo de relato.

-

Diálogo Lía-Xan: conversaciones que nos resuelven dudas. Puede pasar inadvertido, pero Lía dice “Gracias”, esa palabra anticuada que casi no se emplea hoy en día.

-

Capítulo 11 -

Actividades conjuntas: cosas que pueden hacer todos juntos y pasarlo bien

-

“El espionaje”: ¿Alguna vez espiaron a alguien? ¿La curiosidad provocó que hicieran algo similar?

-

Recetas de cocina: “Pulpo al estilo Ons”. En el programa de Telecinco “Tapas y Barras” elaboran esta receta con Palmira Acuña, dueña del bar Acuña, de Ons.

-

http://www.telecinco.es/tapasybarras/temporada-01/pontevedra/Mario-SandovalPontevedra-Pepe-Solla_5_1899525008.html?itemId=3

-

La exposición oral

-

Expresión coloquial: “por patas”

Capítulo 19 -

Hábitos de higiene

-

Anglicismos: shorts

-

Tribus urbanas y movimientos juveniles: hippies y scouts

-

Melide: playa nudista

-

Los reencuentros

-

Los cámpings, acampadas...

-

“¿Qué pensaría la gente de él?”. Reflexión sobre si nos importa o nos condiciona lo que los demás puedan pensar de nosotros

Epílogo -

La TV por dentro: ¿Cómo se prepara un programa? El auténtico Andrés nos puede decir cómo prepara los vídeos para “El Día Después”

-

La carta

-

Las sorpresas

-

Los finales felices

-

¿Otro final?

Elena Silvoso contribuíu á guía didáctica no apartado da Ilustración. 102


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Portada Aparecen las dos construcciones más importantes de la obra: el faro de Ons y la Torre de San Sadurniño. Se puede elucubrar sobre la misma y sobre la información que transmite. ¿Llega la luz del faro de Ons a la Torre? Muchos pueden pensar que no, ya que entre la isla de Ons y Cambados se interpone la península de O Grove, pero justo entre el faro y la Torre coincide el istmo de A Lanzada, lo que hace posible que lleguen los destellos.

Ilustraciones Tanto la portada como el resto de las ilustraciones tienen algo en común, hay un elemento que se repite en todas ellas, aunque en algunas está más escondido. Puede que no resulte fácil averiguarlo, así que podemos dar pistas: - Es algo muy importante en toda la historia - Tiene que ver con la temática de la misma - Aparece en el título Sí, es un corazón. No siempre aparece en la imagen principal de la lámina, o sea que hay que realizar un ejercicio de agudeza visual para encontrarlo.

103


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

104

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

105

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

O resultado de todo esto é que xa se está lendo nas clases e ten unha aceptación inmellorable.

13. Visita de Julio Santos a San Tomé Julio Santos é o penúltimo mestre de Ons que un día tivo que abandonar a illa por falta de nenos e nenas. Agora está xubilado e vive en Marín. Pareceunos importante convidalo a falar cos nosos nenos e sometelo ás preguntas que prepararan previamente despois de traballar a entrevista. Julio Santos é Dº Xulián, o mestre de " El Faro de CorazONeS". Como mestre que foi e que é fíxonos rir e a moitos deixou asombrados: só unha hora de luz eléctrica ao día, a falta de medios para socorrer nos naufraxios, a desesperanza do día en que chegou a Ons coa sús muller Loli pois a xente non quería un home de mestre, posición moi xustificada, no home imprescindible no que se converteu para os habitantes da illa, a introducción do futbito en Ons -disque esa modalidade de fútbol naceu na illa-, e tamén naceu alí a escola mixta, a primeira do estado español, eso sí, sen perdir permiso as autoridades educativas pois ben sabía que non llo ían conceder, defensor da igualdade de 106


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

oportunidades para nenos e nenas, practicante ou enfermeiro para o que se formou un pouco no hospital de Pontevedra... É un home feliz pero lembra os seus anos na Illa de Ons como os máis felices da súa vida. Alí, naquela terra onde non había nada estaba todo: amizade, cariño, confianza, axuda, patacas, moitas patacas, cacheiras, raxo, leite, chourizos, ovos... Alí naceu a súa primeira filla e foi por ela polo que tivo que volver a Marín, como facían moitos dos habitantes de Ons aos que as mareas malas, as saídas sen volta certa no día, as separacións das familias... levou aos mariñeiros a invertir en casas en Beluso para residir alí os días en que o mar non lles permitía regresar. Desta maneira os colonos foron deixando a Illa aos poucos ata chegar o día no que case non quedaban nenos nin nenas como a súa filla. Así foi como Dº Xulio Santos chegou no ano 1970 á Illa de Ons desesperanzado e foise tres anos despois cheo de amigos e recordos. Contounos parte desa vida como mestre na Illa, mestre de ata 50 nenos, nenas e mozos, todos xuntos naquela escola. Bueno, mestre, practicante, "confesor", compañeiro... un máis dos poboadores de Ons.

E sí, tivo a amabilidade de acompañar a Manuel e a Elena na presentación do libro na Biblioteca Municipal. Tamén nos enviou o libro "Historias de Milo" do que é o autor.

107


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

14. Textos argumentativos e enumerativos De novo o equipo da biblioteca, dentro do curso de formación no centro, elabora e entrega ao profesorado un documento por cada tipoloxía textual citada. Ademáis da información básica, sempre se complementa con modelos de actividades que poden servir de exemplo o ben poñelas en práctica nas aulas.

O TEXTO ENUMERATIVO. CADRO DE PARTIDA

108


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

A miúdo, nenos e adultos precisamos recordar o que temos que facer, comprar, empaquetar, levar; saber que película botan, en que cadea, a que hora; coñecer o horario dos trens, a marca dun coche, o nome dunha rúa, o enderezo dun museo, o prezo de… Atopar un dato nun escrito, ler un rótulo da rúa, dirixirnos dentro dun hospital, dun centro comercial, atopar un libro na biblioteca……………….. Todos istos textos teñen unhas características definidas, escríbense cunha estructura determinada e lense de distinta maneira a outros tipos de textos. Pola súa función e relevancia cómpre traballalos na escola dende infantil ao resto de toda a escolaridade obrigatoria.

 Lembrar datos  Etiquetar e clasificar  Anunciar acontecementos         

Localizar informacións Ordenar, arquivar Comunicar resultados

Listas en xeral (nomes, compra, libros, materiais…) Etiquetas Horarios (cine, tren, escola, actividades, comerciais,… Axendas personales Guías (teléfonos, urbanas, museos, percorridos…) Formularios e impresos (matrícula, inscricións, …) Carteis (anuncios, búscase, véndese, publicidade…) Índices (libros, atlas, contos, revistas, …) Procesos (pasos para… traballar cun programa, facer unha receita, montar un xoguete…)  Catálogos (comerciais, de exposicións, de prezos…)  Libros (diccionarios, enciclopedias, atlas…)  Menús (de restaurante, informático, …)

109


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

 Nomes (de persoa, familas de palabras, campos semánticos, xeográficos, técnicos…..)  Títulos (xornais, contos, películas, programas, seccións de supermercado, bibliotecas, …)  Cifras (prezos, horarios, teléfonos, vivendas, matrículas, carnets de biblioteca, distancias, tempos, cantidades, ordinais….)  Disposición (vertical, horizontal, cadros, esquemas, táboas)  Marcas gráficas (guións, asteriscos, chaves, flechas, rectas, comas, dous puntos…)  Escritura en columnas  Mestura de textos: un texto enumerativo (índice) dentro dun texto expositivo      

Constuccións sintácticas baseadas no substantivo Estructuras repetitivas Léxico temático Campos semánticos definidos

Lectura rápida, barrido buscando un dato Uso de criterios de ordenación: numéricos (páxinas, idades, alturas, horas…), alfabéticos (diccionarios, listas de nomes da aula, índices de atlas…), temáticos (tomos das enciclopedias, catálogos pictóricos, sección de charcutería do catálogo do súper…)

Buscar as situacións nas que sexa necesario ler e escribir:  Nomes nos libros, nos percheiros, nas carpetas.  Nomes nas estanterías do material  Nomes nas listas dos compañeiros  Nomes dos profes turnos de recreo, biblioteca…  Nomes que completan unha frase.  Nomes para titular imaxes, debuxos

Buscar situacións nas que sexa necesario apuntar…  Materiais que hai que traer á clase  Deberes  Datas finais de…  Datas de exames 110


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

 

2014-15

 Libros sobre un tema en concreto  …… Aproveitar as situacións favorables para elaborar carteis de:  Festas, festivais,  Excursións  Concursos  Convocatorias  Préstamos  Búscase…  Precísase …

Nomes escritos (nomes propios, do material, os pés de páxina, os rótulos da clase, rótulos da rúa…) Determinar as relacións entre os nomes e os temas (Estes nomes compoñen a lista dos alumnos de 3ºA; estes substantivos refírense ao estudo do espacio; este pé de foto non se corresponde coa imaxe, estes datos indícannos a resolución dun problema de matemáticas….) (As ideas previas)

 

Unhas veces en gran grupo e outras en grupos de traballo Falar, debatir, discutir… como  Organizar unha información  Elaborar un listado (do máis barato ao máis caro, do máis fácil de conseguir ao máis difícil; en orden alfabética, en cuadros, esquemas, con imaxes, con etiquetas …)  Como organizar o cartel, o anuncio: tipo de letras, cores, que ten que levar obrigatoriamente, como distribuílo, vertical ou horizontal, …  Elección de títulos  Organizar o índice  …

 

Recoller as decisións do apartado anterior por escrito Recoller por escrito:  Materiais que se necesitan  A función de cada membro do equipo na elaboración do texto.

   

Primeira escritura do texto a elaborar Reler: ver si as palabras elexidas son as correctas Ver si o texto se axusta á estructura textual Correxir, cambiar…

111


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

 

Debe ser grupal O profesor/a adopta a acitude de moderador e axuda a pensar:  Que se pode cambiar  Que se pode mellorar  Estades seguros/as da adecuación do contido?  Podedes consultar no diccionario, no libro de…  Non vos parece que se repite moito….  Si leo todo esto afogo. Sabedes que falta aquí?

Debe presentarse:  Axustada á estructura textual  Ser coherente co tema  Ben organizada no espazo según o formato elexido  Co vocabulario correcto  Lexible (en función da competencia/idade do alumnado)  Sen faltas de ortografía e ben puntuado.  Limpo e con boa estética

 

Recoñecer o nome persoal entre outros moitos Rotular o material propio (mochila, mandilón, carpeta…) según a proposta do profesor/a (repasando as letras, pegando etiquetas, escribindo autónomamente, … Escribir nome e apelidos nas fichas de traballo Escribir nomes e apelidos coas maiúsculas correspondentes Rotular as diferentes partes da aula Elaborar horarios da aula Escribir os nomes do profesorado que lle da clase Escribir os nomes das…  Partes do corpo  Dos xoguetes  Dos xogos de mesa  …..

     

112


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

        

      

2014-15

Alumnos que faltan/ que están, compañeiros de grupo Xogos preferidos Títulos de contos Películas que viron Regalos de Reis Listas por campos semánticos (compra, materiais, vehículos, comidas, cidades, escolas do entorno, nomes masculinos, femeninos, familiares, seres vivos, animais acuáticos……..) Listado das normas da clase Lista do proceso para preparar a mochila Cadros de dúas entradas:  Compañeiros e datas de cumpleanos  Compañeiros e idades  Nomes propios e sexo  Animais salvaxes e domésticos; herbívoros e carnívoros… Esquemas/cadros…  Adxectivos, substantivos e verbos  Horarios da semana: pola mañá e pola tarde; sábados e domingos  Menús semanais  Horario personal de estudo e tempo de lecer Listado do material necesario para distintas actividades:  Ir de excursión  Tarefas para a casa  Elaborar carteis… Lista do que imos ver/ou vimos nun museo Lista de libros que len en cada trimestre… Lóxicamente: primeiro hai que mirar carteis e programas e diseccionalos (cores, partes, disposición, contido, función…) Ideas previas. Programa dos festivais de nadal, antroido e fin de curso Programa dunha escursión Programa de experimentos Carteis para:  Anunciar exposicións no cole  Anunciar a perda dunha mascota, dun obxecto persoal,  Anunciar unha celebración.  Promocionar a lectura  Unha campaña solidaria  Coidar o xardín  …

113


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

        

      

2014-15

Alumnos que faltan/ que están, compañeiros de grupo Xogos preferidos Títulos de contos Películas que viron Regalos de Reis Listas por campos semánticos (compra, materiais, vehículos, comidas, cidades, escolas do entorno, nomes masculinos, femeninos, familiares, seres vivos, animais acuáticos……..) Listado das normas da clase Lista do proceso para preparar a mochila Cadros de dúas entradas:  Compañeiros e datas de cumpleanos  Compañeiros e idades  Nomes propios e sexo  Animais salvaxes e domésticos; herbívoros e carnívoros… Esquemas/cadros…  Adxectivos, substantivos e verbos  Horarios da semana: pola mañá e pola tarde; sábados e domingos  Menús semanais  Horario personal de estudo e tempo de lecer Listado do material necesario para distintas actividades:  Ir de excursión  Tarefas para a casa  Elaborar carteis… Lista do que imos ver/ou vimos nun museo Lista de libros que len en cada trimestre… Lóxicamente: primeiro hai que mirar carteis e programas e diseccionalos (cores, partes, disposición, contido, función…) Ideas previas. Programa dos festivais de nadal, antroido e fin de curso Programa dunha escursión Programa de experimentos Carteis para:  Anunciar exposicións no cole  Anunciar a perda dunha mascota, dun obxecto persoal,  Anunciar unha celebración.  Promocionar a lectura  Unha campaña solidaria  Coidar o xardín  …

114


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

 

2014-15

 

A axenda propia das actividades da escola Axendas con compañeiros e amigos: enderezos, teléfonos, datas de cumpleanos. Idem coa familia Axendas con datos de interese do concello: teléfonos (escola, centro médico, taxis, correos, bombeiros, emerxencias, escola de música, auditorio…); actividades (extraescolares, celebracións, ofertas lúdicas do concello.

        

Organizarse nos estudos Preparar un examen Abrir, traballar e gardar un documento en word Buscar e copiar imaxes de internet Organizar unha pequena festa de cumpleanos Solicitar información turística Preparar un pastel Poñer a funcionar un electrodoméstico Organizar un traballo

115


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

COMPAÑEIROS/AS DO CURSO

 NOME

DATA DE ANIVERSARIO

ANO TELÉFONO

A B C D E F G H I J K L M N Ñ O P Q R S T U V W X Y Z

COMPAÑEIROS/AS DO CURSO DO MÁIS NOVO AO MÁIS VELLO Data de nacemento

Nomes e apelidos

116

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

PROCESO: COMO FACER UN DOCUMENTO EN WORD 1. No escritorio, picamos co botón dereito do rato e ábrese unha ventá 2. Picamos en archivo

nuevo documento de Word

3. Agora eleximos o tipo e o tamaño de letra nas ventanas superiores 4. Xa podemos empezar a escribir. 5. Unha vez que rematamos, gardámolo. 6. Imos á ventá archivo

gardar como

e ábrese un desplegable.

7. Eleximos onde queremos gardalo: no escritorio, no pen drive… 8. Dámoslle a gardar e xa podemos pechar o documento

CARTEL DUNHA CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE XOGOS DE MESA

117

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tom茅 de Cambados

CARTEL DUN CONCURSO ESCOLAR con preguntas de comprensi贸n

118

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

119

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Por suposto toda esta información -sobre todo as actividades e preguntas de comprensión- deberán ser seleccionadas polo profesorado según o nivel académico do seu alumnado, e de ningunha maneira supón obligación de practicalas.

120


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

O mesmo se fixo co texto argumentativo pero non imos deixar aquí toooooda a información. Só uns cadros serán suficientes

121


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Como propostas de actividades propuxemos, entre moitas, as seguintes: Da 3, 4, ... razóns para defender unha postura: • Que o recreo dure máis • Ir de excursión a Ons ou a Manzaneda • Vivir nunha illa ou no continente • Ser unha persoa alta ou baixa • Vivir nunha casa unifamiliar ou nun piso • Poñer o despertador en punto ou 5 minutos adiantado. • Ter can ou gato • Ter animais na casa ou non telos • Ter tele no cuarto ou non • Floreros con flores naturais ou de plástico • Elexir ou ser elexido Algúns destes textos atópanse colgados nos blogs das titorías ou en Lectoriño.

15. Experimentos de electricidade O obxectivo destes experimentos -experiencias- foi introducir ao alumnado na comprensión, manexo e construcción de pequenos circuitos eléctricos. Ademáis, pretendemos que aprenderan nocións básicas de electricidade, a súa importancia e os coidados a ter con ela. Desta volta o lugar elexido para desenvolver as experiencias foi a biblioteca. Conseguimos a colaboración de un experto electricista quen, ademáis de pasar con nós unha mañá enteira, montounos todas as máquinas que mercaramos. Esta persoa é Xocas Cores. Nun primeiro momento das sesións explicoulles a corriente alterna e continua, os voltios das pilas e da corriente das casas. Os elementos necesarios para construir un circuito e tamén unha máquina con motor. 122


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Ensinoulle pilas e baterias de distinta voltaxe; circuitos dunha casa, o mecanismo de tempo dun semáforo, o funcionamento do faro con enerxía solar, o funcionamento dunha ponte levadiza, dun xenerador eólico, dunha serra de charcutería e ata da formación de cores a partires dos 3 primarios.

123


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

E máis tarde, pouco máis tarde, chegou o momento de probar.

124

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

Os horarios foron estes

Tamén estivo con nós Miguel Prego co seu dron e o láser.

125

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Para contar cousiñas de radiofrecuencia chegou José María Alén

E sobre robótica falaronnos os alumnos de 4º da ESO do IES Asorei. Trouxeron os robots feixos con pezas de Lego, cos que gañaron un premio europeo sobre robótica.

A todos eles lle mandamos o noso agradecemento por colaborar co proxecto

126


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Da sección de imáns, electricidade estática, lámpadas e luz negra encargáronse os membros do equipo da biblioteca.

127


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Tamén co alumnado de infantil fixemos experiencias de electricidade, pero esta vez con aparellos que armamos nós con materiais reciclado. Este material expúxose durante días na entrada da escola para que todo o alumnado o pudera disfrutar e manexar.

A electricidade sabe a cosquillas

128


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

E despois de todo isto, tocoulle o turno aos alumnos de 6º. Coas súas profesoras Adela e Vanesa fixeron aparellos eléctricos e máis tarde expuxeron e explicaron aos compañeiros de 3º, 4º e 5º. Nós aproveitámolos para levalos ás clases dos pequenos.

129


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Cada experiencia ía acompañada dunha ficha prescriptiva que se lles facilitou dende a biblioteca.

16. Exposicións na escola Tanto o departamento da biblioteca como o resto dos titores/as implicáronse un ano máis na decoración de aulas e pasillos, e mesmo organizamos exposicións cos traballos de escritura e plásticos que foron saíndo das clases. Co fin de non extendernos demasiado neste documento, imos resumir estas actividades. 130


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

a) Decoración dos pasillos de Infantil Cada aula decorou as súas portas cun dos faros galegos que eles mesmos elexiron. Non foron decoracións casuais, pois dentro das aulas estábase a traballar precisamente ese faro.

Rapaces de Infantil de 5 anos B traballando no Faro de Illa Pancha. Ao lado a obra rematada. Do mesmo xeito fixeron o resto dos cursos de infantil

Faro de Cabo Vilán. Infantil de 4 anos A

131


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

Torre de Hércules con Xerión debaixo Infantil de 4 anos B

2014-15

Cabo Home coa caracola. Traballo das aulsa de Infantil de 3 anos.

Por último, o faro de Punta Nariga, do alumnado de 5 anos A.

132


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

En segundo ciclo, con motivo da lectura do libro “El hijo del farero” decidiron decorar o chan cunha rosa dos ventos. Tamén saíu destas clases unha nova exposición de faros feitos nas sesións de plásticas e rematados nas casas coa colaboración das familias. Cada un máis orixinal co outro pero todos moi ben traballados, e vese a man das nais e país na súa execución.

133


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

17. Traballos do alumnado Outro capítulo interesante foron os textos escritos polo alumnado logo de traballar as distintas tipoloxías textuais. Estes expuséronse, por fin, nos pasillos á vista de todos pois parecíanos moi interesante sacar os traballos das aulas, do mesmo xeito que sacamos a biblioteca fóra do espazo físico. Temos así, textos expositivos sobre naufraxios de 5º; traballos sobre o guión, textos comparativos de Lope de Vega e Calderón, receitas, escritos literarios, textos enumerativos sobre os achádegos das catas de arqueoloxía, testos prescriptivos dos experimentos, poesías e cartas.

Paneis expositivos sobre naufraxios

Cartas de 1º de primaria

Argumentacións de 2º

134


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Receita do polbo estilo ONS do alumnado de Infantil de 5 anos

Rimas de 4º

E rimas de Infantil de 3 anos

Argumentacións de 1º

135


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

Textos argumentativos de 5º sobre vivir ou non vivir na Illa de Ons

Máis cartas. Si se aprecia un importante cambio na escrita destes textos

Relatos curtos Escritos por 3 nenos: un inicia a historia, o seguinte continúa retomandoa onde a deixou o 1º e o 3º fai o desenlace.

136

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Outra experiencia moi bonita foi o traballo sobre os guións que fixeron os alumnos/as de 6º

Artigos de opinión sobre as visitas á escola.

137


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tom茅 de Cambados

Redacci贸ns

Fichas sobre textos enumerativos

138

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

Un traballo precioso de 2Âş: escritura de borradores e escritura definitiva

Entrevistas

139

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

Poesía

Biografías

140

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Contos ilustrados e ideados en Infantil

Caracol Rosa

A lobiña Catalina de 3 anos

18. Celebración do Día do Libro Foi unha celebración especial pois este ano adicámosllo a Manu e a Elena. Comezou cunha entrevista que lles fixo Marta de 5º cos nenos de primaria no ximnasio. Despois diso, a profe Mónica de música, xunto con parte do alumnado de 5º e 6º agasalláronnos cunha interpretación do libro acompañados de música, e ao final autor e ilustradora ocuparon o seu sitio para asinar libros e marcapáxinas.

141


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Como actividade colectiva de todo o cole, a profe Elena preparou unhas estanterías con libros debuxados. Alí todos e todas esribiron o título dun libro que leran ou estivesen lendo.

142


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Por último, ambientouse o entorno do faro cos libros mercados este curso.

Colaboración con outros departamentos da escola ___________________________________________________________ Hai que dicir que, anque as propostas saen da Biblioteca, non sabemos ben quen colabora con quen proque as actividades van en paralelo. Para poder ver todo o que sigue, deixamos os enderezos dos blogs da escola:  santomeextraescolares.blogspot.com  englishsantome.blogspot.com  santomemusica.blogspot.com Ou a páxina do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsantome 143


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

19. Halloween O departamento de Inglés coas profesoras Guadalupe e Lucía foron as primeiras en implicarse no proxecto "Os faros e a Luz". De feito, na organización desta festa deseñaron un faro de cabazas para ambientar o entorno da exposición. E non faltaron outros faros cabaza aportados polo alumnado

20. Nadal: música, inglés, tics e extraescolares Nestas datas de Nadal, todos os departamentos traballaron arreo co alumnado para facer o que se fixo. Dende MÚSICA, a profe Mónica foi a dinamizadora de todo o festival de Nadal, pero o que nos importa destacar nesta parte foi a panxoliña que Mónica arranxou para todo o alumnado.

144


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Non quedaron atrás os alumnos de INGLÉS coas súas felicitacións de Nadal

145


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

O equipo de ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES encargouse de deixar así o Belén. As figuras fixéronse en plastilina e foi un labor das titorías.

E non podía faltar o Faro de Ons

146


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

O equipo de EXTRAESCOLARES aproveitando as figuriñas de plastilina, fixo unha curtametraxe: Os reis enfarados.

21. Día da Paz: música/inglés e relixión A profesora Marisa foi a encargada e aproveitar algunhas das súas sesións de relixión para pintar cos rapaces as pedriñas da Paz, pois os titores/as non daban feito con tanto xogo.

147


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

E aquí amosamos o mural integrado por inglés e música.

22. Día do libro Nenos e nenas de 5º, ensaiados pola profesora de Música, honran a Elena e a Manuel cunha interpretación do Faro de CorazONS adapatada por Mónica e a Biblioteca

148


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

23. Letras Galegas: normalización lingüística e música Como todos os anos, o colexio participou coas actividades organizadas polo Concello de Cambados para celebrar o Día das Letras. Esta colaboración consistiu na elaboración dun panel sobre o autor honrado e unha ofrenda a Ramón Cabanillas no Paseo da Calzada.

149


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

O DEPARTAMENTO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA é o encargado da organización do panel e este ano, aproveitando o eslogan de " Figueira Valverde, o Faro da Cultura Galega", propuxeron o mural que se ve a continuación e no que, ou pintando, ou escribindo e decorando, participou todo o alumnado.

Así quedou o mural

150


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

A ofrenda no Paseo da calzada correu a cargo do alumnado de 3º, acompañado polas titoras Pili e Mari Carmen e a profe Mónica

24. Excursión á Illa de Ons O xoves 4 de xuño pechamos o proxecto do ano coa excursión á Illa de Ons. Acompañaron ás titoras e ao alumnado dous membros do equipo de biblioteca. A mágoa que nos quedou foi non lograr levar ata alí á maior parte dos rapaces. Tal vez o máis interesante da viaxe foi ser recibidos polo fareiro, entrar no faro e ver o alicatado da contrucción tal como o pintou Elena; o mechero que encendía Martiño; os rombos da lanterna dende onde Paco e Martiño

151


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

mandaron o sinal de corazóns, as escaleiras de caracol tan como se describen no libro...

Con todas as fotos que fixemos na illa estamos a preparar unha exposición para que os nenos/as que están lendo o libro poidan ver como era a escola, o patio, a costa pola que caeu o barril de queroseno, a horta do faro, o Buraco do Inferno, o mirador de Fedorentos. Coñecer a Cesáreo...

152


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Colaboración das familias ___________________________________________________________ Tamén contamos coa axuda das familias para facer algunhas das actividades que propuxemos. Como? 1. Aportando materiais para ambientar a habitación do fareiro

2. Axudando na elaboración dos faros para as exposicións

Un faro caracol feito por un pai, en Infantil 153


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

3. Preparando os postres de Antroido

Outras actuacións da Biblioteca ___________________________________________________________ 1. Adaptamos 5 contos con SAACs Continuando co compromiso asumido hai anos de ir pouco a pouco facendo unha pequena biblioteca para o alumnado con dificultades de comunicación e expresión, este curso fixemos a adaptación de novos títulos empregando os pictogramas de ARASAAC (www.catedu.es/arasaac/) 1. Carapuchiña vermella 2. O sapoconcho Andrés 3. A ratiña presumida 154


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San TomĂŠ de Cambados

4. Os tres porquiĂąos 5. Carola, a carteira centola

2. Elaboramos libros lim

155

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tom茅 de Cambados

3. Traballamos co arque贸logo do Concello

156

2014-15


Memoria OS FAROS E A LUZ. Ceip San Tomé de Cambados

2014-15

Formación ___________________________________________________________ A coordenadora do PLAMBE asistiu ás xornadas de formación celebradas en Santiago así como a 2 encontros de coordenadores de cursos de formación de profesorado en centros, celebrados no hotel Carlos I de Sanxenxo. O Claustro de San Tomé, na súa maioría, asistiu a:  Dous obradoiros de escritura a cargo de Laura Goldar, no Ceip San Tomé.  A ponencia de Victor Moreno na biblioteca do noso colexio.  As charlas sobre "como moverse na rede" impartidas polo noso compañeiro Manuel Felpeto.  As charlas sobre tipoloxías textuais celebradas en San Tomé, impartidas pola coordenadora do PLAMBE.

Despedida ___________________________________________________________ Despois de 4 anos como coordenadora do equipo da Biblioteca chegou a hora de deixalo, de cambiar. Así pois, a partires de setembro contaremos cunha nova coordenadora, Laura García, ese barco novo, potente, que come o mar cos motores diesel; ese barco do que falaba ao principio deste documento. Tócalle a ela dirixir o faro electrificado anque sabe que sempre contará coa axuda e o traballo do antigo faro de queroseno.

San Tomé, 9 de xuño de 2015

157


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.