REVISTA ESCOLAR. CURSO 2017-2018

Page 1

ALBORADA DO LEREZ Curso 2017-2018

CEIP Manuel Vidal Portela

UN ANO DE ARTISTAS



Agora toca recoller e facer balance do curso quebrematou. Eu particularmente

estou moi satisfeito porque os proxectos que tivemos ao principio foron desenvolvidos con éxito. Traballamos o mundo da arte a través do proxecto “A biblioteca dos artistas”. Por tal motivo artistas coma Antón Sobral e Kike Ortega tiveron o detalle de acercarse ao centro e atender ao noso alumnado. Fomentamos os principios da conservación do medio ambiente e o uso responsable. Colaboradores coma Amancio acercaronse ao colexio para producir setas a partir de serrín ou borras de café. A experiencia foi emocionante: como pode ser que de uns restos orgánicos sen valor se poden sacar setas. Estes son só dous exemplos da gran cantidade de traballos realizados ao longo do curso. Porque podíamos citar os obradoiros, roteiros, visitas culturais, xornadas de convivencia,… Pero de entre todas elas quero destacar a excursión de fin de etapa do alumanado de 6º de e.p. ao Norte de España. Unha vez máis a comunidade educativa traballamos para recadar fondos cos que cubrir os gatos da viaxe. Foi un traballo que durou todo o curso e no que tivemos que aportar todos algo. Pero os resultados están aí, unas experiencias valiosísimas que nunca van esquecer. Foi un auténtico traballo colaborativo. Un exemplo para os nosos alumnado Agora marcha un grupo de rapaces/zas para o instituto. O noso traballo terminou para que o continúen os seguintes e seguro que dentro dun tempo acercaranse ao ceip manuel vidal portela para saúdarnos e contarnos como lles vai. Non nos queda máis que desexarlles sorte para a súa nova etapa. O director.


OS QUE CHEGAMOS ESTE ANO Mamá, papá!!! Xa pasou un ano e estamos moi ledos neste cole tan grande, con tantísimos nenos e nenas, coas nosas profes tan cariñosas que nos axudaron, sacáronnos o medo e fixeron que medraramos un montón. Ao principio tiñamos un pouco de medo ... e vos tamén, ah que sí? Deixarnos aquí despois de tres anos sen separarvos de nós nin un pouquiño. Para o ano xa temos que subir as escaleiras, pero non vos preocupedes porque xa as subimos moitas veces. Nestas fotos parece que algún e algunha estabamos asustados, pero diso nada. Bueno, un poco desconfiados sí pero pasada a primeira hora xa entendemos en que consistía esto. CHUPADO.

Nas próximas páxinas ides ver algunha das cousas que fixemos este curso. Algunha foron moi difíciles pero CONSEGUÍMOLO!!! porque traballamos moito, moito todos e todas xuntos. Papá, mamá, ainda nos quedan 8 anos así que ata aquela queremos que esteades moooooi tranquilos. Bicos.


CORRELINGUA Este curso foi o noso primeiro Correlíngua. Preparamos os dorsais e neles escribimos o lema deste ano: “A língua non para”.

Participamos na festa con outros coles da zona. Levamos a nosa pancarta, estivemos co dragón e merendamos na Ferrería despois dun longo percorrido acompañados da música.


Andamos moito tempo por Pontevedra, por sitios que xa coñeciamos porque xa nos levarades vos moitas veces.

Bailamos, cantamos, subimos ao escenario recoller os agasallos e soltamos globos coa nosa mensaxe. Voltamos para o cole moi contentos e contentas.

ALUMNADO DE 4ºA e 4ºB EDUCACIÓN INFANTIL


O curso escolar que acaba de rematar estivo, coma cada ano, cheo de experiencias novas que deseguido queremos amosarvos nunha escolma de imaxes que esperamos sirvan para refrescar a memoria e poder lembrar as vivencias que tivemos xuntos... Como o primeiro Ê o primeiro, imos amosar unha imaxe dun intre normal de traballo cotiå. Porque... non pensedes que todo foi festa! Os mestres tamÊn nos poùían tarefas, fichas e, como non, exames. Velaquí tedes un deses momentos.

EmpezĂĄmosche ben!

đ&#x;‘ş đ&#x;‘¨ đ&#x;˜‚ đ&#x;˜„ đ&#x;˜ą

☀ ⛴⛹ đ&#x;?„ đ&#x;?źđ&#x;?—

đ&#x;ŒŽ đ&#x;?&#x; đ&#x;Ž? đ&#x;?–đ&#x;?—


As clases non sempre se daban na aula. Moitas veces recibimos a visita de persoas que nos falaban de diversos temas que, previamente ou a posteriori, traballamos cos mestres. Aquí tedes algunhas desas ocasións.

Aquñ Aquí,

pouca broma... Pero resulta moi interesante.

CHARLA SOBRE A DIETA SAUDABLE E O DEPORTE QUE TAMÉN NOS VEU BEN.

VISITA DA POLICÍA NACIONAL: RISCOS DA INTERNET. UNHA CHARLA MOI OPORTUNA

OBRADOIRO: UN UNIVERSO DE LENDA


NAS CELEBRACIÓNS DO COLE, PARTICIPAMOS EN TODAS E CANTAS ACTIVIDADES SE ORGANIZARON... ESTO É O NOSO!

Samaín

to Magos

Entroido

Paz


SESIÓN DE CONTACONTOS PARA OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 1º DE PRIMARIA

Xincana da semana das Letras Galegas. Non vos foi nada doado pero demos feito todas as actividades.

ð&#x;‘Œ


Tamén fixemos unhas cantas actividades fóra do cole...

TEATRO EN INGLÉS: FUNDACIÓN ABANCA

Exposición no Pazo da Cultura de Pontevedra

...E moitas veces compartimos estas experiencias con outros compañeiros do cole...

VISITA DA SELECCIÓN ESPAÑOLA FEMININA DE WATERPOLO


creamos


Contestamos moooitas preguntas. Chupadas!!!

Aprendemos cousas sobre MarĂ­a Victoria Moreno... e mesmo xogamos.


Moito tivemos que cruzar á outra beira do río. Tanto foi, que o Pazo da Cultura e ata o noso veciño cole da Xunqueira 2 serviron de extensión natural do noso propio centro, coma se dun espazo propio se tratase. O profe José Manuel, do C.E.I.P. A Xunqueira 2, invitounos a unha representación de monicreques creados nun obradoiro impartido por el a nenos e nenas de 5º e 6º.

Aquí estamos no Pazo da Cultura, nunhas actividades que deseñaron arquitectos!!! Chámase LUDANTIA. Resultou preciosa: xogar, pensar e cooperar. Toma paloma! Detrás desta folla están algunhas das nosas construccións.


Hai que escoitar antes de empezar. Os xogos teñen instruccións pero parecen divertidos. QUE ACABE PRON TO !!!

PRECIOSO. QUE PASADA!!!

Xuntos, podemos! O espírito de cooperación foi unha constante para acadar o obxectivo proposto. Estaría ben ter algo desto na escola.


Guai!!! MatemĂĄticas a tope. MatemĂĄticas simpĂĄticas!!!!

Os de 5ÂşA imos quedar aquĂ­ a enredar. Volveremos mĂĄis adiante, pois ainda queda moito que contar.

đ&#x;‘ť


Un ano cheo de visitas no noso cole Primeiro veu un señor, pero non lembramos como se chamaba. Si sabemos a que veu: ensinarnos a plantar cogumelos en borras de café, serrín e torosde madeira.

Pensamos que se cansou moito porque tivo que explicalo moitas veces para infantil, 1º, 2º .... Uf! E contouno tan ben que conseguimos un montón de setas todo o ano.

Pero algo fallou... nas borras de café case non tivemos colleita.


Tamén viñeron uns pintores porque as profes da biblioteca este ano organizaron moitas actividades que tiñan que ver cos artistas.


Por iso despois fixemos pinturas tan preciosas coma estas.


No Nadal apareceu polas portas un velliño regordiño con barba branca e traxe vermello: PAPÁ NOEL...

TROUXONOS CARAMELOS E GALLETIÑAS DE CHOCOLATE QUE NOS DURARON MOI POUQUIÑO NA BOCA.


CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Todos os nenos e nenas de 1º ciclo baixamos á biblioteca para escoitar a un contacontos co que pasamos unha hora de risas. Era moi divertido anque nalgún momento quixo que pasásemos medo.

Volve pronto cunha nova historia. Encantounos!


PINTANDO A MOLDES Este curso un dos artistas traballados na aula foi Manuel Moldes. Analizando as súas obras descubrimos novas cores, formas, sensacións e falamos dos sentimentos que nos producían.

Entre todas e todos decidimos pintar os seus guerreiros. Eleximos as cores que íamos utilizar para despois facer da obra de Moldes a nosa propia.


Así é como quedaron as nosas obras. ¿Que sentides vós ao velas? Nós disfrutamos moito facéndoas, agora opinade vós...

ALUMNADO DE 4ºA e 4ºB EDUCACIÓN INFANTIL


Agasallos para Antรณn Sobral Os nenos e nenas de 3ยบ ciclo agasallaron a Antรณn sobral con debuxos e palabras en agradecemento รก visita que lles fixo para ensinarlles a pintar o mar.


Verbateca QUE IDIOMA MÁIS BONITO TEMOS. VIÑERON DÚAS PROFES A ENSINARMOS MOITAS PALABRAS EN GALEGO. NÓS SABIAMOS ALGUNHAS PERO APRENDEMOS MÁIS DUN XEITO MOI DIVERTIDO. amor odo bONECA XEONLLO

xoaniña

eto ningu P res

ESTIVEMOS NA BIBLIOTECA E CONSEGUIMOS TODOS O PUNTOS E FOMOS MOI RAPIDÍSIMOS.

fame

sos

ri sor

Bolb

MESTRA Xouba

oret

ra

a

Cataventos

ei erd

avoa

c

papaventos

amallós

Carballo peto


VISITA AO CAFÉ MODERNO As nenas e os nenos de infantil de 5ºA e 5º B fomos coas nosas profes Elena, María e Rosa de visita ao Café Moderno de Pontevedra.

Unha monitora moi amable ensinounos as fotografías duns fotógrafos moi prestixiosos sobre animais salvaxes collidosnalgún momento xusto das súa vidas.


Ao saír as profes ensináronnos a Praza dos Músicos. Dixéronnos os nomes dos personaxes pero eu só me acordo duns poucos como Castelao que era un médico escritor. Fixemos unha foto diante deles.

O músico que toca o violín chámase Manuel Quiroga.

Volvemos ao cole un pouco cansados pero moi contentos.


Día da paz, 30 de xaneiro Foi unha das celebracións nas que participamos todo o colexio. Tivemo un pouquiño de todo: murais, poemas, decoración, relaxación, música, pombas e ao final un gran mural adicado ao pintor pontevedrés Manuel Moldes.

En infantil fixemos esta árbore da Paz e tamén moitos murais, pero como non caben todos poñemos só estes dous.

NOS CANTOS DAS ESCALEIRAS DE SUBIDA OS MAIORES ESCRIBIRON POEMAS DE GLORIA FUERTES. E SABEDES? AINDA PERDURAN A DÍA DE HOXE.


ESTE FOI UN OBRADOIRO MOI CHULO DUN GRUPO DE RELAXACIÓN CHAMADO “INNER PEACE”. TRATÁBASE DE SENTIR AS NOSAS EMOCIÓNS NUN ESTADO DE RELAXACIÓN INTERIOR... UNS NON O CONSEGUIMOS DE TODO PERO OUTROS SIIIIIIII!!!!!

As nenas e nenos de 2ºciclo leron, debuxaron e escribiron moito, e para o Día da Paz fixeron este mural de Gloria Fuertes.

Alfonso e Antonio de 4º recitaron o poema SÍ A LA PAZ de Gloria


Durante toda a semana estivemos preparando o baile e a canción da Paz. Este ano serviunos a canción de Juanes PAZ, PAZ, PAZ. Aprendemos moi ben a letra e a profe de música Alicia ensinounos o ritmo e a coreografía. Por iso nos saiu perfecto bailando xuntos e xuntas 397 persoas... e as profesoras e profesores tamén.

E soltamos unha chea de pombas con desexos de saúde, ledicia, comida, tranquilidade... Todo iso que escribimos na nosa saba da Paz. Ogallá se cumplan.


Entre todas e todos pintamos 9 sabas brancas con rotudas, témperas e ceras para honrar a Manuel Moldes. Cando a chuvia nos deixou subímolas xa todas xuntas e colgámolas nas ventás da escola.


A revista de 2Âş a Somos as nenas e nenos de 2Âş A do CEIP Manuel Vidal Portela. AquĂ­ estamos no photocall que fixemos coas postais de Nadal de eTwinning.

Como este foi o ano dos artistas, a profe falounos de moitos pintores e decidimos imitar a un que se chama Kandinsky, un pintor ruso que empregaba unhas cores moi rechamantes.


Despois duns meses volvemos a pintar outros cadros. A profesora ensinounos cadros doutro pintor que se chamaba Luis Seoane. Pintaba gaiteiros, marisco, músicos, bodegóns pero ao final nós pintamos as mulleres. E levamos un cadro para regalarlle aos avós e avoas da residencia Saraiva de Pontevedra.


Tamén escribimos moitos contos. Estas son as portadas dalgúns deles

Este é o conto de Óscar Wilkinson, que como ainda non sabía galego nin castelá escribiuno en inglés.


escola asociada á unesco arquitectura popular patrimonio material Un dos proxectos deste curso foi o estudo da arquitectura popular de Galicia. O Equipo Unesco convidou ao alumnado e as familias a pescudar sobre cruceiros, horreos, pombais, fontes, petos de ánimas... e pouco a pouco foron chegando moitas mostras desta arquitectura dende distontos puntos do país. Comopoñelos todos non é posible, fixemos esta selección.

HORREOS


CRUCEIROS

Tamén nos trouxeron mostras dos cruceiros de Hío, Pereiro de Aguiar e varios de Pontevedra


Lavadoiros


fontes

Petos de animas


reloxos

Pombais


roteiros pola cidade No noso cole temos moito costume de saír a aprender polas rúas de Pontevedra. Ás veces imos acompañados por un guía do Concello que nos vai explicando e lévanos por sitios que descoñe ciamos.

Este guía é Roberto. Ademáis de explicarnos cousas sorprendentes, ás veces ponnos a proba.

Tamén nos contou divertidas historias coma a do escritor espadachín que perdeu un brazo nunha pelexa en Madrid.


E a dos cañóns dos barcos afundidos en Rande ou a historia da rúa do Peixe Fritido. E tamén nos contou un segredo: o cruceiro da Praza da Leña non é tan antigo como parece, pero non se pode dicir... Non vaia ser que os turistas deixen de vir!!!

Nesta parada final contounos que aquí, ao lado da igraxa de San Bartolomé, está a casa do Demo. Como os pontevedreses somos moi festeiros en agosto facémoslle unha festa para telo contento. Foi unha visita moi diver tida.


Outras veces somos os alumnos os que facemos de guía para os compañeiros e compañeiras doutras escolas.

Podemos levar de paseo a Frida Kahlo por Pontevedra a facer o roteiro de Castelao.

Ou imos a Vilagarcia de visita e levamos un libro acordeón feito por nós.


Os de 5º B aprendemos fóra da escola O alumnado de 5º B aprendemos a facer o libro acordeón no Pazo de Cultura nun taller sobre Page Tsou, impartido pola profesora da Facultade de Educación Itzíar Ezquieta. Alí aprendimos a retratar as cabezas das persoas vistas dende atrás.


Cando rematamos con unha empezamos con outra. Volvemos con Itzíar Ezquieta, nun obradoiro sobre ilustradores Mexicanos, “Pintacuentos”, no 6º edificio do Museo de Pontevedra. Tirados no chan, inspirámonos para facer as nosas obras de arte sobre as que inventar novas historias.


O derradeiro traballo do alumnado de 6Âş foi tamĂŠn reciclando trozos de madeira recollidos na Praia polo alumnado e reproducir tiny houses como a artista eslovena Nika Domnik da que puidemos compartir un taller impartido na escola dos nosos socios de Slovenia. Foi moi louvada nas redes socias, Facebook e twitter pola propia artista e membros da rede de embaixadores eTwinning.


Rosalía de Castro Rosalía de Castro é a nosa escritora máis coñecida. Naceu en Santiago e morreu en Padrón. Tivo unha vida un pouco triste e tamén tivo pouca saúde, pero os seus poemas quedaron conosco para sempre. Está enterrada no convento de Santo Domingo de Bonaval, en Santiago de Compostela. O 24 de febreiro nós celebramos no colexio o Día de Rosalía. Os de 1ºA fixemos un poema ilustrado que se chama “Adiós ríos, adiós fontes”.


Os nenos e nenas de 2º ciclo fixemos rosiñas de papel para Rosalía con mensaxes que logo fomos levarlle a escultura dela que temos en Pontevedra. Tamén lle cantamos.


A FESTA DO MAGOSTO

Esta festa tan tradicional sigue a ter moito éxito no entre os nenos, nenas e profesorado. Tanto que ata os profesores xubilados aproveitan o día para volver á escola. Cada un e unha de nós traemos un puñado de castañas uns días antes e botámolas nos caldeiros. Algúns esquecémonos de picalas e logo estoupan ao asalas.

Ao chegar o día os profesores e máis Adrián encargáronse de asalas. Hai que dicir que algunhas quedaron crúas e outras estaban torradas pero a nós deunos o mesmo.


Ata que as castañas se poñen a punto, o rapaces e rapazas xogamos a case todo o que nos organizan o resto das profesoras: ao paracaídas, sacos, a rá, aos aros... Que pouco dura este tempo!!!


Non queremos deixar a ninguén atrás pero é que sodes moitos e moitas.

Ata aquí chegou o día.


libro de receitas A profesora Mari Carmen Moledo e o equipo de Normalización Lingüística propuxéronnos facer un libro de receitas do magosto ben completiño con menús variados nos que apareceran un primeiro prato, un segundo e a sobremesa. Non foi de todo doado pero ao final conseguímolo. Estamos encantados/as co resultado e tamén nos enche o peito o feito de que está redactado en galego.

De seguido imos deixarvos uns cantos exemplos que podedes facer nas vosas casas.


Imos cuns primeiros pratos moi saborosos.


TamĂŠn se pode elexir unha crema de cabaza.


Como segundo prato popóùennos unha carne




Para a sobremesa sempre queda sitio no noso estĂłmago. Que comedoriĂąos somos!!!



o noso entroido Foi un dĂ­a divertido, cheo de cor e de arte. Os disfraces foron de pintura, de escritores, mĂşsica...


o alumnado que marcha do cole

Estivemos no colexio 9 anos e despedímonos cheos de alegrías pero con moita morriña. Deixamos aquí amizades, risas, trastadas, aprendizaxes, libros, excursións, profes, algún que outro choro... Pero temos que seguir medrando e aprendendo.


Volveremos a miĂşdo para vervos a todos e todas, profes incluidos, a ensinarvos as nosas notas, o noso bo comportamento, os nosos hĂĄbitos de estudo e esforzo... MoitĂ­sima sorte para to dos e todas vos. Bicos


Excursiรณns

Os nenos e nenas de 1ยบ ciclo foron a un cรกmping de O Grove.

O alumnado de 2ยบ ciclo foi a Bergando, a marisquear en Lourido e ver os petrรณglifos das Croas.


Profesoras que marchan

Estela, Mari Carmen e Elvira. Que sexades moi felices nesta nova andaina.

Mela

Laura

MarĂ­a

Sarai

Yanett

Vanesa


UNS PASATEMPOS MOI DOADOS


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.