BASES PARA O XXIV CONCURSO LITERARIO IES SAN CLEMENTE

Page 1

BASES PARA O XXIV CONCURSO LITERARIO IES SAN CLEMENTE 1.- O IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o XXIV Concurso Literario. 2.- Poderán participar os alumnos e alumnas do centro nas distintas modalidades (ESO a distancia, Bacharelato a distancia e Ciclos Formativos). 3.- Establécense dúas modalidades: relato e poesía. Cada participante poderá entregar un traballo en cada modalidade. Estes deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre e escritos en galego na normativa vixente. 4.- A extensión máxima para o relato é de 5 folios aproximadamente, e a mínima de medio folio, escritos a dobre espazo en letra Arial 12. Na modalidade de poesía, a extensión é libre. 5.- Os orixinais conterán só o lema ou pseudónimo, o título e o texto, e deberán enviarse ao instituto por correo postal ou entregarse na oficina de atención ao público do centro en sobre pechado, que estará identificado co lema e o título da obra. Neste sobre, introducirase outro máis pequeno, tamén pechado e identificado co mesmo lema e título da obra, que conterá os datos persoais (nome e apelidos e DNI) do participante nun papel pregado. 6.- O prazo máximo para a entrega dos orixinais é o 13 de maio de 2011 ás 14:00 horas. 7.- Haberá un primeiro premio de 100 €, e un segundo de 75 € en cada modalidade. Os premios poderán quedar desertos a criterio do xurado. Os textos premiados publicaranse na web do instituto.


8.- O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e da literatura e poderá incluír membros externos ao centro. 9.- O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer na semana das “Letras Galegas” (do 18 ao 20 de maio). 10.-A participación no Concurso supón a aceptación destas bases.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.